• No se han encontrado resultados

2   Prego Xeral Condicións Técnicas Prego Particular 30

2.3   Prescricións en canto á execución por unidade de obra 51

2.3.3   Acondicionamento do terreo 69

3.1Excavacion de gabias para instalacións

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

Escavación de terras a ceo aberto para formación de gabias para instalacións ata unha profundidade de 2m, no solo de arxila semidura, con medios mecánicos, ata alcanzar a cota de profundidade indicada no proxecto. Incluso apuntalamento e esteamento lixeiro para unha protección do 20% mediante taboleiros, cabeceiros e codais de madeira, transporte da maquinaria, refinado de paramentos e fondo de escavación, extracción de terras fora da escavación, retirada dos materiais escavados e carga a camión.

NORMATIVA DE APLICACIÓN

Execución. CTE DB HS Salubridade

NTE-ADZ. Acondicionamento do terreo. Desmontes. Gabias e pozos

CRITERIO DE MEDICIÓN EN PROXECTO

Volume medido sobre as seccións teóricas da escavación segundo documentación gráfica de proxecto.

CONDICIÓNS PREVIAS QUE SE CUMPRIRAN DA EXECUCIÓN DAS UO

Do soporte. Comprobarase a posible existencia de servidumes, elementos enterrados, redes de servizo ou calquera tipo de instalacións que poidan resultar afectadas polas obrar a iniciar. Disporase da información topográfica e xeotécnica necesaria, recollida no correspondente estudo xeotécnico do terreo realizado por un laboratorio acreditado na área técnica correspondente, e que incluirá, entre outros datos: tipo, humidade e compacidade ou consistencia do terreo. Disporanse puntos fixos de referencia en lugares que poidan verse afectados pola escavación, aos cales se referirán todas as lecturas de cotas de nivel e desprazamentos horizontais e verticais das constricións próximas que poidan verse afectadas polas escavacións.

Do construtor. Se existirán instalacións en servizo que puideran verse afectadas polos traballos a realizar, solicitará das correspondentes compañías subministradoras a súa situación e, no seu caso, a solución a adoptar, así como as distancias de seguridade a tendidos aéreos de condución de enerxía eléctrica. Notificará ao Director da obra, coa antelación suficiente, o comezo das escavacións. En caso de realizarse calquera tipo de esteamento do terreo, presentará ao Director da obra, para a súa aprobación, os cálculos xustificativos da solución a adoptar.

PROCESO DE EXECUCIÓN

Fase de execución. Replanteo xeral e fixación dos puntos e niveis de referencia. Colocación das camillas nas esquinas e extremos das alienacións. Escavacións en sucesivas franxas horizontais e extracción de terras. Refinado de fondos con extracción das terras. Montaxe de taboleiros, cabeceiros e codais de madeira, para a formación do esteamento. Cravado de todos os elementos. Desmontaxe gradual do esteamento. Carca a camión das terras escavadas.

Condicións de terminación. O fondo da escavación quedará nivelado, limpo e lixeiramente apisonado.

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO

Ensaio destrutivo consistente na determinación. As escavacións quedarán protexidas fronte a infiltracións e acción de erosión ou desmoronamento por parte das augas de escorrentía. Tomaranse as medidas oportunas para asegurar que as súas características xeométricas permanezan inamovibles. En tanto se efectúa a consolidación definitiva das paredes e fondo das escavacións conservaranse os esteamentos realizados, que só poderán quitarse, total ou parcialmente, previa comprobación do Director da obra, e en forma e prazos que este ditamine. Tomaranse as medidas necesarias para impedir a degradación do fondo da escavación fronte a acción das chuvias ou outros axentes meteorolóxicos, no intervalo de tempo que media entre a escavación e a finalización dos traballos de colocación de instalacións e posterior recheo de gabias.

COMPROBACIÓN DE MEDICIÓN EN OBRA E CONDICIÓN DE ABONO

Medirase o volume teórico executado segundo especificacións do Proxecto, sen engadir os incrementos por excesos de escavación non autorizados, nin o recheo necesario para reconstruír a sección teórica por defectos imputables ao Contratista. Medirase a escavación unha vez realizada e antes de que sobre ela se efectúa ningún tipo de recheo. Se o Contratista cerrase a

escavación antes de conformada a medición, entenderase que se corresponde ao que unilateralmente determine ao Director da obra.

3.2. Recheo principal de gabias

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

Formación do recheo con terra seleccionada procedente a propia escavación, en gabias nas que previamente se aloxaran as instalación e se realizaran o recheo envolvente das mesmas (non incluídos neste prezo); e compactación en tongadas sucesivas de 20 cm de espesor máximo mediante equipo manual formado por bandexa vibrante, ata alcanzar unha densidade seca non inferior ao 95% da máxima obtida no ensaio Proctor Modificado, realizado segundo UNE 103501 (ensaio non incluídos neste prezo). Incluso cinta ou distintivo ou indicador da instalación, carga, transporte e descarga a “pie de tajo” dos áridos a utilizar nos traballos de recheo e humectación dos mesmos.

NORMATIVA DE APLIACIÓN

Execución:

CTE DB SE-C. Seguridade estrutura. Cimentos CTE. DB HS. Salubridade

NTE-ADZ. Acondicionamento do terreo. Desmontes: Gabias e pozos

CRITERIO DE MEDICIÓN EN PROXECTO

Volume medido sobre as seccións teóricas da escavación segundo documentación gráfica de proxecto.

CONDICIÓNS PREVIAS QUE SE CUMPRIRAN DA EXECUCIÓN DAS UO

Do soporte. Comprobarase que finalizaran os traballos de formación do recheo envolvente das instalacións aloxadas previamente nas gabias e sobre o que se terán colocado o correspondente distintivo indicador da existencia da instalación.

Ambientais. Comprobarase que a temperatura ambiente non sexa inferior a 2ºC á sombra.

PROCESO DE EXECUCIÓN

Fases de execución. Colocación de cinta ou distintivo indicador da instalación colocada no fondo da gabia. Estendido do material de recheo en tongadas de espesor uniforme. Humectación ou desecación de cada tongada. Compactación.

Conducións de terminación. As terras ou áridos de recheo haberán alcanzado o grao de compactación adecuado.

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO

As terras ou áridos utilizados como material de recheo quedarán protexidos da posible contaminación por materiais extranos ou por auga de choiva, así como do paso de vehículos.

COMPROBACIÓN DE MEDICIÓN EN OBRA E CONDICIÓN DE ABONO

Medirase, en perfil compactado, o volume realmente executado segundo especificacións de Proxecto, sen engadir os incrementos por excesos de escavación non autorizados.

3.3. Soleira de formigón en masa de 10 cm de espesor

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

Formación de soleira de 10cm de espesor, de formigón en masa HM-10/B/20/I fabricado en central e vertido dende camión, para servir de base a un solado, sen tratamento da súa superficie; realizada sobre capa base existente (non incluída neste prezo). Incluso p/p de preparación da superficie da poio do formigón, extentido e vibrado do formigón mediante regra vibrante, formación de xuntas de formigonado e pranzha de poliestireno expandido de 2 cm de espesor para a execución de xuntas de contorno, colocada ao redor de calquera elemento que interrompa a soleira, como pilares e muros; emboquillado ou conexión dos elementos exteriores (cercos de arquetas, sumidoiros, botes sifónicos, etc.) das redes de instalacións executadas baixo a soleira; e aserrado das xuntas de retracción, por medios mecánicos, cunha profundidade de 1/3 do espesor da soleira.

NORMATIVA DE APLICACIÓN

Elaboración, transporte e posta en obra do formigón. Instrución de Formigón Estrutural (EHE-08). Execución. NTE-RSS. Revestimentos de solos. Soleiras.

CRITERIO DE MEDICIÓN EN PROXECTO

Superficie medida segundo documentación gráfica de proxecto.

CONDICIÓNS PREVIAS QUE SE CUMPRIRAN DA EXECUCIÓN DAS UO

Do soporte. Comprobarase que a superficie base presenta unha planeidade adecuada, cumpre os valores resistente tidos en conta na hipótese de cálculo, e non ten blandóns, bultos nin materiais sensibles a xeadas. O nivel freático non orixinará sobreempuxes.

Ambientais. Suspenderanse os traballos de formigonado cando chova con intensidade, neve, exista vento excesivo, unha temperatura ambiente superior a 40ºC ou se prevea que dentro das 48 horas seguintes poida descender a temperatura ambiente por debaixo dos 0ºC.

Do Construtor. Disporá en obra dunha serie de medios, en previsión de que se produzan cambios bruscos nas condicións ambientais durante o formigonado ou posterior período de fraugado, non pudendo comezarse o formigonado dos diferentes elementos sen a autorización por escrito do Director da obra.

PROCESO DE EXECUCIÓN

Fase de execución. Preparación da superficie do apoio do formigón, comprobando a densidade e as rasantes. Replanteo das xuntas de formigonado. Tendido de niveis mediante toques, mestras de formigón ou regras. Rego da superficie basa. Formación de xuntas de formigonado e contorno. Vertidos e compactación do formigón. Curado do formigón. Aserrado de xuntas de retracción. Condicións de terminación. A superficie da soleira cumprirá as exixencias da planeidade e resistencia e se deixará á espera do solado.

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO

Protexerase o formigón fresco fronte a choivas, xeadas e temperaturas elevadas. Non se suspenderán as cargas previstas.

COMPROBACIÓN DE MEDICIÓN EN OBRA E CONDICIÓN DE ABONO

Medirase a superficie realmente executada segundo especificacións de Proxecto, sen deducir a superficie ocupada polos soportes situados dentro do seu perímetro.