• No se han encontrado resultados

Facultade de Dereito

In document DO ANO ACADÉMICO 2006-2007 MEMORIA (página 31-44)

4. Dinamización lingüística

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

4.4.12. Facultade de Dereito

4.4.13 Facultade de CC. da Educación

4.1 Publicacións 4.1.1 O Cartafol dixital

Durante o curso 2006-2007 a área planificou, coordinou, elaborou e publicou os números correspondentes aos meses de outubro a abril d’O Cartafol dixital. Isto supuxo:

 A elaboración de 27 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar de novas sobre a lingua tanto na USC como fóra dela

 O seguimento mensual da prensa para a elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 38 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns

 A coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla” e “Sabías que?”

 O seguimento de diferentes eventos relacionados coa lingua na USC para informar na sección “Axenda” (eventos na Universidade en relación coa lingua) Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que cuns 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS.

Tamén o Xornal electrónico da USC adoita facerse eco da publicación de cada número, e mesmo dalgunha das informacións con certo detalle.

Ademais, tamén se difunde entre o estudantado, a través da lista USC-estudantes.

Ademais, fíxoselle chegar tamén por correo electrónico a unha serie de contactos externos:

o Medios de comunicación (28)

o Centros de referencia en lingua galega (16)

o Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9) o Outros servizos lingüísticos e de normalización (31)

o Compromisos en Galicia (84) o Compromisos fóra de Galicia (14) 4.1.2 O Cartafol en papel

Planificouse, coordinouse, elaborouse e difundiuse os números 38 e 39 d’O Cartafol,.En total, redactáronse 22 artigos, mais os contidos correspondentes ás dúas seccións fixas do boletín.

Cómpre lembrar que os seus contidos son diferentes aos da versión dixital, e que non busca tanto a actualidade ou informar de actividades, como ofrecer unha panorámica sobre a lingua na USC con maior reflexión e profundidade.

A maquetación e impresión d’O Cartafol realízase na Imprenta da Universidade, a plena satisfacción por parte da Área.

Faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servizos, de acordo cun reparto proporcionado ao número de lectores potenciais en cada un deles. Nos centros en que existe comisión de normalización lingüística, é a ela á que se lle fai chegar o envío. Así dende o SNL faise un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade.

4.1.3 O Web

Os contidos relacionados coa dinamización lingüistica artéllanse arredor de catro eixes:

 Actividades

 Comisións de normalización lingüística

 O galego na docencia

 Documentos e recursos

No curso 2006-2007 completáronse todos os contidos, engadindo:

O galego na docencia

 Obxectivos

 Datos

o Datos globais da docencia na USC. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07 o Datos por titulacións. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07

o Datos por departamentos. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07 o Datos comentados. 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07

 Galeguización dos programas

o Proposta do SNL para a galeguización dos programas das materias o Resultados do curso 2004-2005

o Resultados do curso 2005-2006

 O galego, un valor para o PDI

o Galego e relación de postos de traballo de PDI

o O galego e o acceso aos corpos de funcionarios docentes universitarios o O galego e a selección de PDI contratado e interino

Documentos e recursos

 Bibliografía

 Ligazóns

 Dinamización

 Lexislación e dereitos lingüísticos

 Onomástica e toponimia

 Software

Ademais actualizáronse os contidos correspondentes a Actividades e Comisións de Normalización Lingüística.

En total, arestora o web de dinamización conta con 47 páxinas html, das cales 9 conteñen formularios interactivos, e con 75 documentos. Procurouse non superar o terceiro nivel de profundidade á hora de distribuír os contidos.

4.2 Análises, informes e propostas 4.2.1 Uso do galego na docencia

A ferramenta XesCampus proporciónanos dende o curso 2003-2004 datos referidos ao uso de idiomas na docencia na USC, a partir dos datos proporcionados nos POD, e relativos ao número de horas de docencia. A Área de Dinamización Lingüística encárgase da explotación destes datos, así como da súa publicación a través d’O Cartafol.

Aínda que cómpre considerar os datos concretos con precaución, o Plan de Organización Docente amosa as grandes tendencias sobre o uso dos idiomas na docencia.

O castelán segue sendo o idioma maioritario de docencia da USC, e o galego, a lingua da quinta parte da actividade docente. A presenza doutros idiomas non oficiais na USC na docencia suma case un 5%.

Ao debullar os datos por departamentos:

 0% de uso do galego: 20 departamentos (5 máis ca no curso anterior)

[2111] Bioquímica e Bioloxía Molecular [2112] Microbioloxía e Parasitoloxía [2116] Bioloxía Animal

[2119] Cirurxía

[2120] Ciencias Morfolóxicas [2123] Filoloxía Francesa e Italiana [2125] Filoloxía Inglesa

[2135] Física da Materia Condensada [2136] Física de Partículas

[2150] Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía [2153] Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica [2161] Enfermaría

[2168] Obstetricia e Xinecoloxía

[2174] Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses [2175] Lingua Española

[2176] Filoloxía Alemá

[2177] Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía [2178] Estomatoloxía

[2179] Xenética

[2184] Fisioloxía Vexetal

 Ata o 25% das súas horas docentes en galego: 34 departamentos (catro menos có curso anterior)

[2121] Pediatría 0,15%

[2169] Enxeñaría Agroforestal 1,76%

[2147] Química Física 2,81%

[2166] Medicina 2,84%

[2148] Química Orgánica 3,17%

[2102] Dereito Mercantil e do Traballo 3,39%

[2163] Farmacoloxía 5,13%

[2183] Botánica 5,46%

[2181] Socioloxía 6,33%

[2113] Fisioloxía 6,54%

[2167] Patoloxía Animal 7,54%

[2104] Dereito Público Especial 7,91%

[2149] Enxeñaría Química 9,20%

[2132] Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía 10,62%

[2185] Ciencias Clínicas Veterinarias 10,64%

[2110] Organización de Empresas e Comercialización 11,04%

[2101] Dereito Público e Teoría do Estado 11,31%

[2173] Anatomía e Produción Animal 11,96%

[2151] Electrónica e Computación 12,98%

[2109] Economía Financeira e Contabilidade 13,19%

[2126] Latín e Grego 13,74%

[2145] Estatística e Investigación Operativa 14,07%

[2103] Dereito Común 14,11%

[2146] Química Inorgánica 15,04%

[2143] Álxebra 16,03%

[2118] Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública 17,55%

[2108] Fundamentos da Análise Económica 17,62%

[2124] Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral 18,69%

[2180] Bioloxía Celular e Ecoloxía 20,80%

[2141] Análise Matemática 20,94%

[2137] Historia da Arte 21,66%

[2105] Socioloxía e Ciencia Política e da Administración 22,64%

[2134] Física Aplicada 23,63%

 Entre o 25% e o 50% das súas horas de clase en galego: 13 departamentos (1 máis ca no curso anterior)

[2114] Edafoloxía e Química Agrícola 25,32%

[2144] Xeometría e Topoloxía 25,66%

[2139] Historia Medieval e Moderna 29,09%

[2142] Matemática Aplicada 29,09%

[2127] Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía 30,75%

[2154] Produción Vexetal 31,32%

[2128] Psicoloxía Evolutiva e da Educación 33,36%

[2182] Ciencia Política e da Administración 38,18%

[2140] Xeografía 38,83%

[2162] Lóxica e Filosofía Moral 39,44%

[2160] Didáctica das Ciencias Experimentais 41,11%

[2133] Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación 44,64%

[2138] Historia I 45,01%

 Máis do 50% das súas horas docentes en galego: 10 departamentos (2 menos ca no curso anterior)

[2165] Economía Cuantitativa 55,27%

[2107] Economía Aplicada 56,04%

[2157] Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais 65,41%

[2130] Didáctica e Organización Escolar 66,89%

[2122] Filoloxía Galega 68,86%

[2129] Filosofía e Antropoloxía Social 69,39%

[2155] Historia Contemporánea e de América 74,58%

[2131] Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social 78,85%

[2106] Historia e Institucións Económicas 79,10%

[2152] Ciencias da Comunicación 85,19%

Ao debullar os datos por titulacións:

 0% de uso do galego: 6 titulacións (3 máis ca no curso anterior)

ENX. TÉC. AGRÍCOLA, INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS [L]

ENFERMARÍA OBSTÉTRICO-XINECOLÓXICA MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN MUSICAL LICENCIATURA EN FILOLOXÍA FRANCESA LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ITALIANA

DIPLOMATURA EN RELACIÓNS LABORAIS [L] (ADSCRITA)

 Ata o 25% de horas docentes en galego: 36 titulacións (1 menos ca no curso anterior)

DIPLOMATURA EN ENFERMARÍA 0,21%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA 1,14%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ALEMÁ 1,47%

LICENCIATURA EN MEDICINA 3,15%

LICENCIATURA EN ODONTOLOXÍA 3,42%

LICENCIATURA EN QUÍMICA 3,43%

LICENCIATURA EN CIENCIA E TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS [L] 4,65%

LICENCIATURA EN MEDICINA 5,00%

LICENCIATURA EN FARMACIA 5,04%

LICENCIATURA EN BIOLOXÍA 5,40%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA PORTUGUESA 5,47%

LICENCIATURA EN QUÍMICA [L] 6,10%

ENX. TÉC. DE OBRAS PÚB., TRANSP. E SERVIZOS URBANOS [L] 6,14%

LICENCIATURA EN VETERINARIA [L] 7,01%

ENX. TÉC. AGRÍCOLA, MECANIZACIÓN E CONSTR. RURAIS [L] 8,47%

LICENCIATURA EN FÍSICA 9,32%

LICENCIATURA EN DEREITO 9,55%

ENX. TÉC. INDUSTRIAL, qUÍMICA INDUSTRIAL [L] 9,71%

ENX. AGRÓNOMA [L] 9,83%

DIPLOMATURA EN RELACIÓNS LABORAIS 10,44%

GRADUADO EN CC. CRIMINOLÓXICAS E DA SEGURIDADE PÚB. 10,88%

ENX. TÉC. EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS 11,04%

ENX. TÉC. AGRÍCOLA, HORTOFRUTICULTURA E XARDINARÍA [L] 12,18%

ENX. QUÍMICA 13,57%

DIPLOMATURA EN ÓPTICA E OPTOMETRÍA 13,97%

ENX. TÉC. EN TOPOGRAFÍA [L] 14,29%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA CLÁSICA 15,28%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA HISPÁNICA [L] 15,49%

ENX. DE MONTES [L] 18,43%

LICENCIATURA EN PSICOLOXÍA 18,84%

LICENCIATURA EN MATEMÁTICAS 19,12%

LICENCIATURA EN ADMÓN. E DIRECCIÓN DE EMPRESAS 19,75%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA HISPÁNICA 21,61%

LICENCIATURA EN HISTORIA DA ARTE 21,65%

ENX. TÉC. AGRÍCOLA, EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS [L] 23,07%

MESTRE, ESP. EN LINGUA ESTRANXEIRA [L] 24,12%

 Entre o 25% e o 50% de horas docentes en galego: 16 titulacións (9 menos ca no curso anterior)

LICENCIATURA EN CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMÓN. 26,43%

MESTRE, ESP. EN LINGUA ESTRANXEIRA 27,19%

ENX. TÉC. FORESTAL, EXPLOTACIÓNS FORESTAIS [L] 29,46%

MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN FÍSICA [L] 29,72%

ENX. TÉC. AGRÍCOLA [L] 34,37%

DIPLOMATURA EN TRABALLO SOCIAL (ADSCRITA) 35,08%

LICENCIATURA EN ADMÓN. E DIRECCIÓN DE EMPRESAS [L] 36,62%

LICENCIATURA EN XEOGRAFÍA 38,89%

DIPLOMATURA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS [L] 39,88%

MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN PRIMARIA 41,40%

LICENCIATURA EN ECONOMÍA 42,79%

LICENCIATURA EN HISTORIA 43,24%

LICENCIATURA EN HUMANIDADES [L] 44,72%

MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN INFANTIL [L] 49,82%

MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN INFANTIL 50,00%

 Máis do 50% de horas docentes en galego: 9 titulacións (3 máis ca no curso anterior)

LICENCIATURA EN FILOSOFÍA 46,98% 53,02%

LICENCIATURA EN PEDAGOXÍA 43,39% 56,61%

LICENCIATURA EN PSICOPEDAGOXÍA 40,78% 59,22%

LICENCIATURA EN COMUNIC. AUDIOVISUAL (Coa Uvigo) 32,73% 67,27%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ROMÁNICA 26,09% 73,91%

DIPLOMATURA EN EDUCACIÓN SOCIAL 19,16% 80,84%

LICENCIATURA EN XORNALISMO 11,87% 88,13%

DIPLOMATURA EN ENFERMARÍA [L] (ADSCRITA) 0,41% 94,42%

LICENCIATURA EN FILOLOXÍA GALEGA 0,00% 100,00%

4.2.2 Uso do galego na investigación básica

Como todos os anos a Área de Dinamización estudou a principios de 2007 os resultados das campañas de axuda do ano 2006 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados (TIT).

Durante o ano 2006 beneficiáronse destas axudas:

16 teses de doutoramento (dun total de 192, o 8,3%)

5 memorias de licenciatura (dun total de 84, o 5,9%)

58 proxectos de fin de carreira (de 588, o 9,8%)

13 traballos de investigación tutelados (de 556, o 2,3%) A evolución das axudas reflíctese na seguinte gráfica:

4.3 Campañas

4.3.1 Queixas lingüísticas

Durante o curso académico 2006-2007 recibíronse queixas en relación a:

o A utilización do castelán por parte de cargos académicos (o novo xerente e a vicerreitora de Calidade).

o O servizo de westlaw aranzadi, por non estar dispoñible en galego a versión consolidada das leis galegas.

o Case nula docencia en galego por parte de estudantes dalgunhas titulacións, que ademais denunciaban unha “penalización” por usaren o galego.

Todas elas foron comunicadas á secretaria xeral.

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros 4.4.1 Coordinación

 Seguimento e actualización da aparición e composición das cnl

 Seguimento e apoio das actividades das cnl, que incluíu asistencia a xuntanzas das cnl nos centros.

 Envío de información de xeito puntual, a través de correo postal e electrónico.

 Reunión de coordinación o 27 de novembro de 2006 para informar sobre o traballo desenvolvido polas comisión de normalización lingüística no curso 2005-2006 e programar para o ano 2007.

cnl para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia.

 Labores de secretaría

4.4.2 Premios á calidade lingüística

o Concesión dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos (2005-2006):

o Seguimento na recepción dos traballos

o Coordinación e asesoramento na constitución dos xurados e no procedemento

o Comunicacións formais aos premiados/as o Xestións dos pagamentos

o Asesoramento e coordinación dos actos de entrega dos premios o Convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos

académicos para este curso 2006-2007.

o Aumenta o número de comisións organizadoras:

 Escola Politécnica Superior

 Psicoloxía

 Económicas

 Administracion e Dirección de Empresas (Lugo)

 Bioloxía

 Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo)

 CC. da Educación

 Dereito

o Reelaboración das bases do concurso

o Actualización do web: información sobre o concurso e sobre ferramentas de apoio

o Difusión do concurso: O Cartafol, notas de prensa; nos centros: reparto e envío de folletos-cartel, actos de presentación.

o Coordinación da iniciativa nos centros 4.4.3 III Concurso de Monólogos Monolingües

A Área fíxose cargo da organización do III Concurso de Monólogos Monolingües, unha actividade que impulsara os anos anteriores a CNL de Económicas, con grande éxito de público e participación.

Desta volta o concurso organizábano conxuntamente as tres universidades galegas.

Para difundilo e estimular a participación, ademais da habitual difusión a través dos gabinetes de comunicación universitarios –que enviaron notas de prensa-, contouse co apoio da Radio Galega e doutras cadeas de radio.

O concurso desenvolveuse o 29 de novembro de 2006 na Facultade de Dereito. Foi presentado por membros da NASA (Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés) e contou coa actuación de Leo i Arremecaghoná e mais Raúl Piñeiro, gañadores en anteriores

ocasións. Obtivo un discreto éxito de público (150 persoas, aproximadamente), escasa participación de monologuistas (2), e importante eco na prensa.

Dende a Área fíxose:

o Coordinación coas outras dúas universidades.

o Seguimento da organización e planificación do Concurso, Publicidade e difusión

o Xestións nos pagamentos dos premios e do mantedores-presentadores do acto.

4.4.4 Escola Universitaria de Relacións Laborais

A Área de Dinamización coordinou o ciclo de conferencias e táboas redondas

“Relacións laborais e lingua: unha oportunidade”, xunto co director da Escola, Xavier Ferreira.

o O ciclo desenvolveuse durante 8 días do mes de novembro, artellado en 16 actos. En total, foron 30 horas.

o Interviñeron 35 relatores/as entre profesionais do ámbito das relacións laborais, profesorado das universidades galegas, responsables políticos e técnicos da administración, representantes de de colexios profesionais, sindicatos, asociacións de empresarios, etc. Tamén houbo espazo para a experiencia dende Euscadi e Cataluña.

o No ciclo matriculáronse e participaron 82 alumnos/as, aos que se lles expediu un diploma e a USC lles recoñeceu 1 crédito de libre configuración.

o A Área levou o peso da coordinación dos actos, das xestións e da difusión en prensa. Contouse co apoio inestimable da administrativa do SNL, da secretaria administrativa da EURL, dos tres bolseiros do SNL, que actuaron como azafatos, e do Gabinete de Comunicacións da USC.

o A Área tamén se encargou da coordinación da xestión económica do ciclo, que ademais de financiamento da SXPL e da propia USC contaba co apoio da Consellaría de Traballo. En total, xestionáronse algo máis de 5800 euros.

4.4.5 Facultade de Administración e Dirección de Empresas

a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 4 traballos a concurso.

b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

“Comunicándomos”, correspondente ao curso 2005-2006, no mes de decembro de 2006 ao que se presentaron 5 traballos. No acto de entrega dos premios celebrouse unha unha táboa redonda sobre ‘Publicidade, empresa e lingua galega’, na que participaron o decano da Facultade de ADE, José Alberto Díez de Castro, o redactor- xefe de Localia-Telelugo, o deseñador gráfico do Grupo Revisión, Pepe Barro, e mais Vanesa Fernández, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

4.4.6 Facultade de Ciencias da Educación

Apoiamos a organización do Curso de creación de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 na sede do Campus Norte, no cal participaron 9 profesores/as (vid. EPS).

Estaba prevista a organización dunha segunda edición deste curso no Campus Sur, mais decidiuse anulalo vistos os problemas de persoal existentes no CeTA e mais a escasa matrícula do curso.

4.4.7 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

a) Concesión dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos. Neste centro presentáronse 6 traballos a concurso. O acto de entrega dos premios

organizaouno a CNL no mes de decembro, e nel proxectáronse vídeos en galego.

b) Apoiamos a convocatoria dos IIIPremios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2007.

c) Apoiamos a organización dun Obradoiro de expresión oral para PDI, dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro, ao que asistiron 8 profesores/as persoas.

d) Axudamos na edición do Calendario de termos económicos.

4.4.8 Escola Politécnica Superior

a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos

académicos para o curso 2005-2006. Neste centro presentáronse 2 traballos a concurso b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

4.4.9 Facultade de Psicoloxía

a) Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos. Neste centro presentáronse 2 traballos a concurso. A entrega dos premios realizouse no marco dos actos en honor do padroeiro do centro.

b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007.

b) Apoiamos e coordinamos, xunto coa coordinadora da CNL, Concha Losada, o Curso de elaboración de unidades didácticas en galego, co apoio da Vicerreitoría de Cultura.

Os profesores da Fac. de CC. da Educación Xulio Rodríguez e Lois Ferradás impartiron o módulo de Didáctica; Xosé Antonio Segade, catedrático de Dereito, impartiu o módulo de lexislación aplicable; o deseñador gráfico Manuel Martínez, o de deseño e maquetación das unidades didácticas; Raúl Canay –director do CeTA- o módulo de deseño da edición electrónica, e Manuel Bermúdez, o módulo de lingua.

Ademais de impartiren o curso, elaboraron unidades didácticas sobre cadanseu módulo.

No curso matriculáronse 29 persoas, das cales recibiron o diploma de aptitude 19.

Como resultado deste curso, elaboráronse 17 unidades didácticas que están no prelo.

4.4.10 Facultade de Bioloxía

a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 3 traballos a concurso. O acto de entrega dos premios desenvolveuse

b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

4.4.11 Escola Universitaria de Formación do Profesorado

a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 3 traballos a concurso.

b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

4.4.12 Facultade de Dereito

Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

In document DO ANO ACADÉMICO 2006-2007 MEMORIA (página 31-44)

Documento similar