• No se han encontrado resultados

Produtos Realiter

In document DO ANO ACADÉMICO 2007-2008 MEMORIA (página 47-53)

5. Terminoloxía

5.5. Produtos Realiter

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)

O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas de xeito illado, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os vocabularios técnicos realizados ou coordinados polo Servizo, así como outros editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria.

Durante o curso 2007-08 continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos, así como coa sincronización e actualización periódica da base de datos que permite a consulta desta información dentro do dominio usc.es, a través do bUSCatermos (http://

www.usc.es/buscatermos)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL Durante este ano engadimos de xeito íntegro os seguintes traballos:

VV. AA. (no prelo) Léxico panlatino da difusión e a distribución do libro. Quebec:

Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.

VV. AA. (2007) Léxico panlatino de xeomática. Quebec: Office québécois de la

langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.

<http://www.olf.gouv.qc.ca/ressources/bibliotheque/dictionnaires/terminologie_geo matique_panl/geomatique.pdf>, [11/09/08]

Galanes Santos, I.; M. Iglesias Alonso; L. Fontán Soliño (2007) Léxico panlatino de carretillas de almacenamento industrial. Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía. <http://www.olf.gouv.qc.ca/ressources/

bibliotheque/dictionnaires/terminologie_manutention_panl/manutention_.pdf>, [11/09/08]

VV. AA. (no prelo) Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria.

Santiago de Compostela: Universidade / Consellaría do Medio Rural.

VV. AA. (no prelo) Vocabulario de medicina. Santiago de Compostela:

Universidade / Consellería de Sanidade.

O balance resultante da eliminación e reelaboración de fichas por un lado, e dos engadidos polo outro, fixo que a base de datos chegase a acadar as 150 000 fichas terminolóxicas, e por volta das 180 000 denominacións galegas.

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

O bUSCatermos é unha interface que permite consultar o BD_SNL a través de Internet, ben desde calquera equipo conectado ao dominio usc.es, ou ben a través do servizo de Proxy autenticado que a USC pon a disposición do seu persoal docente, investigador e de administración e servizos.

Unha descrición máis detallada das características de bUSCatermos pode consultarse en <http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm>.

Durante o período que estamos analizando, o volume de consultas seguiu mantendo a súa tendencia histórica crecente, aínda que descendeu en relación ao curso anterior, xa que neste desenvolvéranse dúas importantes iniciativas de difusión1 que incrementaron enormemente a utilización de bUSCatermos. Deste xeito, pasouse dun total de 28.000 consultas durante o curso 2005-06 ata as máis de 34.500 do período 2007-08.

0 5000 10000 15000 20000

Comparación consultas 2005-06 vs 2006-07 vs 2007-08

2005-06 1939 3029 1209 1997 2456 2906 2136 2845 4121 2478 894 1992 2006-07 2901 3891 3457 3778 2678 3152 4885 1641 7080 2970 1151 2446 2007-08 3703 3116 2628 2827 3394 2157 4454 2840 3041 2538 1432 2502 out nov dec xan feb m ar abr m ai xuñ xul ago set

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

1 En concreto, distribuíuse entre todo o PAS e o PDI da Universidade un tríptico informativo sobre as características e as potencialidades de bUSCatermos, e ademais, durante a segunda quincena do mes de maio permitiuse a súa consulta sen ningún tipo de restrición con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e do Día das Letras.

5.2.1 Vocabularios

Durante este curso realizáronse as revisións das maquetas e probas do Vocabulario de medicina e do Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria. Neste momento ambos os traballos xa están editados, o primeiro deles coa colaboración da Consellería de Sanidade e o segundo co apoio da Consellaría do Medio Rural, e serán presentados publicamente e distribuídos entre a comunidade universitaria nas vindeiras semanas.

Tamén se elaborou un novo traballo da serie Termos esenciais de... centrado no ámbito da “nova economía”, recuperando o traballo previo realizado para a CNL da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, quen o empregara para distribuír no centro un

“cartafol terminolóxico” <http://www.usc.es/snl/document/Cartafolneconomia-ext.pdf

> e <http://www.usc.es/snl/document/Cartafolneconomia-int.pdf >.

Así mesmo, tamén elaboramos a versión galega do Vocabulario de responsabilidad social y empresarial (VORSE), auspiciado pola Cátedra Javier Benjumea, da Universidad Pontificia de Comillas e promovido pola Asociación Española de Terminología (AETER).

5.3 Difusión de terminoloxía 5.3.1 Vocabularios e léxicos

Como xa indicamos, o Vocabulario de medicina e o Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria vanse distribuír na súa versión en papel e en soporte .pdf nas vindeiras semanas, pero os seus contidos xa se están difundindo actualmente a través de bUSCatermos.

Os Termos esencias de nova economía editáronse en formato .pdf e difúndense a través da web no enderezo <http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/nova-economia.pdf >, e tamén por medio de bUSCatermos.

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

Durante o curso 2007-2008 a Área de Linguaxes de Especialidade mantivo a súa colaboración co sitio web Canalciencia.com

<http://www.canalciencia.com> e seguiu editando a sección Un idioma preciso

<http://www.canalciencia.com/faladoiro/index.htm>, na que se comentan casos dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo

para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística. Ao final deste período chegouse aos 112 artigos publicados, que reciben unhas 6 ou 7000 visitas por mes.

Nos vindeiros meses toda esta colección de textos vai ser editada en formato libro Reverso, Comunicación, Cultura e Lingua <http://www.reversoweb.com/>.

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm

<http://www.listas.usc.es/listas/usc-lexiterm.html>, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Terminoloxía.2

Neste momento a lista chega ás 180 persoas subscritas, aínda que o volume de consultas e debates xerados decaeu en relación con anteriores anos académicos.

5.4 A difusión de información terminolóxica

Para a difusión deste tipo de información seguimos empregando o web do SNL como ferramenta fundamental, basicamente a través de dúas iniciativas, xa mencionadas en memorias anteriores.

5.4.1 O Rexistro de proxectos terminolóxicos

Desde a Área de Terminoloxía encargámonos tamén de manter e actualizar o Rexistro de proxectos terminolóxicos <http://www.usc.es/snl/term/rexistro-term.htm> que se creou durante o curso 2001-2002 e no que actualmente se inclúen 14 proxectos. Esta iniciativa é a única deste tipo existente en relación coa lingua galega.

2 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

In document DO ANO ACADÉMICO 2007-2008 MEMORIA (página 47-53)

Documento similar