• No se han encontrado resultados

Produtos Realiter

In document DO ANO ACADÉMICO 2006-2007 MEMORIA (página 44-50)

4. Dinamización lingüística

5.5. Produtos Realiter

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)

O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas de xeito illado, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os vocabularios técnicos realizados ou coordinados polo Servizo, así como outros editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria.

Durante o curso 2006-07 continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos, así como coa sincronización e actualización periódica da base de datos que permite a consulta desta información dentro do dominio usc.es, a través do bUSCatermos (http://www.ti.usc.es/buscatermos)

Durante este ano engadimos de xeito íntegro os seguintes traballos:

 Puga Peralta, A. (2004) “Glosario inglés-español-galego dun texto do ámbito da química”. [Proxecto de fin de carreira] Universidade de Vigo.

 Lahuerta Mouriño, F; F. X. Vázquez Álvarez e X. L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela : Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 Servizo de Normalización Lingüística da USC (2006). Termos esenciais de recursos humanos. <http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf>, [13/12/2007].

 “Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España". <http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/22/pdfs/A12521-12566.pdf>, [13/12/07]

 VV. AA. “Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos”. Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos LexTerm. [no prelo]

 VV. AA. (2006) Vocabulario panlatino de hemodinámica. Rede Panlatina de Terminoloxía / Associazione italiana per la terminologia.

<http://www.iliesi.cnr.it/bdt_pub/casa.php>, [13/12/2007].

O balance resultante da eliminación e reelaboración de fichas por un lado, e dos engadidos polo outro, fixo que a base de datos aumentase ata preto das 138 000 fichas terminolóxicas, e por volta das 160 000 denominacións galegas.

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

O bUSCatermos é unha interface que permite consultar o BD_SNL a través de Internet desde calquera equipo conectado ao dominio usc.es. Unha descrición máis detallada das súas características pode lerse en

http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm

Ao longo deste curso, o obxectivo fundamental da Área en relación co bUSCatermos foi difundir a súa existencia entre a comunidade da USC e a sociedade galega en xeral.

Para iso, elaborouse un díptico informativo que se remitiu a comezos de abril de 2007 a todo o PDI e o PAS da institución, presentando a ferramenta e describindo as súas posibilidades básicas de uso. Ademais, durante a segunda quincena do mes de maio, e con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e do Día das Letras, a USC permitiu a consulta libre de bUSCatermos a través da Internet.

O efecto combinado das dúas iniciativas –especialmente da segunda– provocou un importante incremento do volume de consultas (vid. a gráfica ilustrativa) e que diversos medios de comunicación1 divulgasen a existencia da ferramenta.

0 5000 10000 15000 20000

Comparación consultas 2005-06 vs 2006-07

2 00 5 -06 1 9 3 3 0 2 1 20 1 99 24 5 2 9 0 2 1 3 2 8 4 4 12 2 47 8 9 4 1 9 9 2 00 6 -07 2 9 0 3 8 9 3 45 3 77 26 7 3 1 5 4 8 8 1 6 4 7 08 2 97 1 1 5 2 4 4

o ut n o v dec x a

n feb m a r abr m a

io x u

ñ o x ul ago set

Despois de comprobar que un bUSCatermos en consulta libre a través da Internet era moi ben recibido polos seus potenciais usuarios, reafirmámonos na conveniencia de intentar acadar os recursos precisos que permitan ofrecer este servizo.

Durante o último trimestre do curso establecemos contactos con diversas entidades pero, polo momento, estes non callaron en ningún acordo en firme.

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos 5.2.1 Vocabularios

Durante este curso rematamos o traballo de elaboración do Vocabulario xeral de medicina e do Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

1 Algunha da repercusión mediática dese feito pode aínda documentarse na Internet, en noticias como esta, esta, esta, esta ou esta.

2008.

Tamén elaboramos e difundimos en soporte .pdf e con licenza Creative Commons os Termos esenciais de recursos humanos

<http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf>,

aproveitando parcialmente o traballo previo difundido polo Termcat dentro da súa colección “Terminologia oberta”.

Por encarga da CNL da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais elaboramos tamén un pequeno glosario de termos relacionados coa nova economía (arredor de 250) que esta Comisión vai difundir nun soporte aínda por determinar. Durante o curso 2007-2008 estudarase a posibilidade de elaborar con este material unha publicación encadrada na colección “Termos esenciais de…”.

Pola contra, proxecto do “Léxico forestal”, continúa bastante estancado, tanto polos cambios no grupo de traballo que xa citamos nalgunha memoria anterior, como pola maior atención que o responsable da Área tivo que dedicarlles a algúns dos outros produtos. Os avances durante este curso foron mínimos.

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos

O proxecto de elaborar dicionarios temáticos personalizados partindo da información recollida no BD_SNL, co fin de poder integralos nos paquetes ofimáticos Office ou OpenOffice, seguiu avanzando. Despois de buscar unha entidade coa que desenvolver a vertente informática do proxecto (Imaxin Software), deseñouse un plan de traballo, e actualmente estanse buscando os recursos económicos que permitan poñelo en marcha.

Neste curso, tamén colaboramos coa Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación da USC na revisión lingüística e terminolóxica da localización ao galego de Horde <http://www.horde.org/projects.php>, a plataforma de correo web que emprega esta Universidade.

5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de recursos humanos

Este produto presentouse no ciclo de conferencias e táboas redondas “Relacións laborais e lingua” <http://www.usc.es/snl/dinamiza/rel_laborais.htm> que se desenvolveu en outubro de 2006.

Aínda que a súa difusión se realizou exclusivamente a través do web

<http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf> a posibilidade de dispoñer libremente da información que contén para mellorala, ampliala ou reelaborala abre unha porta para posibles difusións noutros soportes.

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

Durante o curso 2006-2007 a Área de Linguaxes de Especialidade mantivo a súa colaboración co sitio web Canalciencia.com e seguiu editando a sección Un idioma preciso, na que se comentan casos dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística.

Ata finais de setembro de 2007, levábanse publicados 96 artigos, cunha periodicidade quincenal, e cunha previsión de acadar o número 100 antes do remate deste mesmo ano. Despois do incremento continuado de visitas que a sección e os foros tiveron nos últimos anos, no período que nos ocupa a cantidade mensual estabilizouse arredor das 7000 ao mes.

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Terminoloxía.2

Neste momento a lista conta máis de 170 persoas subscritas e neste ano académico véñense formulando nel unha media de 8 ou 10 consultas por mes, das máis diversas áreas de especialidade.

2 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

In document DO ANO ACADÉMICO 2006-2007 MEMORIA (página 44-50)

Documento similar