• No se han encontrado resultados

TítuloAchegas do movemento polo decrecemento no contexto da crise enerxética e do cambio climático

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "TítuloAchegas do movemento polo decrecemento no contexto da crise enerxética e do cambio climático"

Copied!
14
0
0

Texto completo

(1)TRAXECTORIAS E RETOS ISSN: 1887-2417 D.L.: C-3317-2006. Achegas do movemento polo decrecemento no contexto da crise enerxética e do cambio climático Recession movement contribution to energy crisis and climate change Stefano Puddu Crespellani. Xarxa per al Decreixement (Cataluña-España). Resumo O crecemento continuado, sen límites e exponencial, é a formulación dominante no último medio século nun planeta con límites, finito. Trátase dun proxecto de desenvolvemento inxusto e imposible de estender a toda a poboación, por iso é imprescindible introducir a noción do límite nos ámbitos político e educativo á vez, tarefa que non vai ser nin doada nin agradable. O movemento social polo decrecemento promove un proceso de transformación radical porque cómpre cambiar as institucións, as mentalidades e as formas de vida colectiva. Astract The exponential increased, continuous and unlimited growth within the last half century give us the definition of a limited, finite planet. It is an unbalance development project and not possible to extend to the whole population. Therefore it is inevitable to introduce limits on the political and education levels, a tough and difficult task. The social movement for the decreasing economy promotes a radical transformation process due to necessity in changing institutions, mentalities and collective life styles. Palabras chave Decrecemento, desenvolvemento, crise, cambio climático Key-words Decreasing economy, development, crisis, climate change. ambientalMENTEsustentable ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 87. xaneiro-xuño 2009, ano IV, vol. I, núm. 7, páxinas 87-100.

(2) Stefano Puddu Crespellani. Introdución. Unha formulación deste tipo, absolutamente dominante entre as elites mundiais no último medio século, vese contradita. O 2007 foi o ano do cambio climático. Un. pola realidade física dos límites do noso. premio Nobel, un Oscar e dous informes. planeta. O exemplo do estanque de algas,. demoledores convenceron ao mundo de. moi coñecido, axúdanos a entender como. que o efecto invernadoiro non é ningunha. funciona a trampa do crecemento continu-. broma. Naquel momento, poucos escoita-. ado, é dicir, exponencial.. ran a palabra «decrecemento», aínda que xa facía un lustro que o termo comezara. Imaxinemos que temos un estanque moi. a circular, ao principio en Francia e logo. grande, onde vive unha comunidade ini-. en Italia. No entanto, este 2009 foi pro-. cialmente moi pequena de algas que, se. clamado por Ecoloxistas en Acción o ano. nada a perturba, se duplica cada día. Pode. do decrecemento. Un ascenso tan rápido. pasar moito tempo antes de que a súa pre-. non é frecuente, e pídenos que intentemos. senza no estanque sexa nin tan sequera vi-. coñecer un pouco máis que tipo de análi-. sible. Mais non hai que esquecer que teñen. se acompaña o concepto e como este nos. un tempo de duplicación dun día. Para en-. axuda a entender o escenario de crise en. cher a metade do estanque, as algas po-. que vivimos.. den tardar o tempo que se queira: un ano, ou dez, ou cen. Que tarden tanto para en-. Decrecemento foi, en primeiro lugar, unha. cher a metade do estanque non significa. especie de slogan, unha palabra-bomba,. nada. O caso é que sabemos canto tarda-. como dicía Paul Ariès, pola súa capacida-. rán en encher a outra metade, e é tan só un. de de cuestionar a relixión económica que. día. Cando o estanque estea cheo, xa non. domina no planeta, xa que ataca directa-. haberá máis espazo onde crecer. A pesar. mente o seu dogma principal: o crecemen-. diso, case ningún dos asesores económi-. to. Todos sabemos o que pasa coas reli-. cos de case ningún dos gobernantes do. xións: que se alimentan de fe. E alá onde. mundo se deu por informado aínda. Como. domina a fe, as evidencias contrarias son. di o economista Kenneth Boulding, «quen. insuficientes para cuestionar os dogmas.. crea que é posible un crecemento infinito. Este é o caso do crecemento, que non só. nun mundo finito, ou é un tolo ou é un eco-. é o mecanismo fundamental do noso siste-. nomista».. ma económico, senón tamén o imperativo a que o seu funcionamento nos obriga: un. A xénese do decrecemento procede da. crecemento continuado, sen límites e sen. confluencia entre fontes distintas. Dunha. outra finalidade que a de se manter (crecer. parte, temos a experiencia do fracaso. por crecer...).. da exportación do desenvolvemento ao. 88. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(3) Achegas do movemento polo decrecemento.... sur. Xa na segunda metade do século XX. causa do progreso. Estes fermentos, dou-. empezou a verse claro que non se trata-. tra parte, repercutían na análise e as prác-. ba apenas dun proceso de transferencia. ticas dos movementos sociais (feminista,. tecnolóxica, mais dunha empresa cultural. pacifista, ecoloxista, altermundista etc.). moito máis complexa que, en definitiva,. para daren lugar a un depósito de reflexión. coincidía cun proxecto de occidentali-. que, no seu conxunto, cuestiona a relixión. zación do mundo, como o definiu Serge. do crecemento, ao tempo que proxecta. Latouche. O proceso de descolonización. unha visión «laica» –é dicir, nin dogmática,. posterior á segunda guerra mundial inau-. nin fideística– acerca do progreso, a razón,. gurou unha estratexia –xa definitivamente. a ciencia, a técnica e as súas pretensións. globalizada– que se basea nunha nova. de dominio sobre o mundo.. colonización do imaxinario como medio para impoñer unha orde económica, so-. Así pois, se por un lado se chegaba á con-. cial e política (e, por suposto, militar ante. clusión de que o crecemento era reflexo. todo) cuxa matriz é, no fondo, pouco me-. dunha orde inxusta e ademais imposible. nos imperialista que antes. A crítica des-. de estender a toda a poboación do plane-. te proceso reuniu unha pequena comitiva. ta, polo outro insinuábase que nin tan se-. internacional de autores (o mesmo Serge. quera era desexable, posto que a partir de. Latouche, Vandana Shiva, Gustavo Esteva,. certo punto o crecemento económico non. Wolfgang Sachs...) que denunciaban a ini-. se traduce nunha mellora do noso nivel de. quidade do modelo e a imposibilidade de. vida ou nun aumento da nosa capacida-. exportalo a todo o planeta.. de de gozala, senón en todo o contrario: unha fonte de tensión, un lume cruzado de. Paralelamente, ía crecendo outra fonte. presións de todo tipo que xeran un perfil. de pensamento crítico, esta vez de matriz. de persoa –e de sociedade– heterónoma,. socioecolóxica. Eran os anos do Informe. incapaz de decidir sobre o seu propio rum-. do Club de Roma (Limits to growth) e ta-. bo. Fronte a isto, o decrecemento propón. mén da xénese do pensamento sistémico. unha sociedade máis frugal e convivencial,. (que ten en Gregory Bateson un dos seus. cunha maior conciencia dos límites. Pro-. mestres), un enfoque que levou a ciencia. pón unha alegría de vivir que se basea non. a centrar a súa atención nas interrelacións. tanto no consumo de mercadorías como. e retroaccións existentes entre os elemen-. na riqueza de intercambios, de relacións,. tos que configuran unha ecoloxía. Autores. de coñecementos.. como Ivan Illich, Cornelius Castoriadis, André Gorz, entre moitos outros, comezaron a analizar a perda de calidade de vida que as nosas sociedades experimentaban a. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 89.

(4) Stefano Puddu Crespellani. Unha mirada ao escenario das crises. Para interpretar o que está a pasar, talvez nos axude unha gráfica (Gráfica 1) que tomamos prestada dunha economista americana, Hazel Henderson, con algúns enga-. O ano 2008 vivimos a peor crise financeira. didos de colleita propia. A miúdo utilízase. que se lembre na escala planetaria desde o. a imaxe do pastel para visualizar o sistema. crack de 1929. Estamos, hoxe, nun mundo. económico. Neste caso, trátase dun pas-. en recesión con perspectivas sombrías para. tel de varios pisos, cun recheo e un re-. os anos vindeiros. Anteriormente, en España. cubrimento. Como podemos ver, na base. explotara a burbulla inmobiliaria, que leva-. do pastel atopamos as riquezas que non. ba anos inchándose desmesuradamente. O. entran na nosa contabilidade económica,. sector que en aparencia facía de locomotora. é dicir, que non están cuantificadas nin re-. da economía do noso país parou en seco.. muneradas. En primeiro lugar, a natureza,. As consecuencias deste parón seguen de-. os seus recursos naturais, a súa fertilida-. bullándose coma se vísemos un efecto do-. de e a súa capacidade de rexeneración. O. minó a cámara lenta (ou non tanto...).. sistema económico aprovéitase desta xe-. Recubrimento. Mercados de productos non producidos. Tercer andar. DIVISAS VALORES INMOBLES IRREPETIBLES. Mercados de bens e servizos. Sector. PRIVADO. Recheo. Sector. PÚBLICO. Ilegalidade Segundo andar. “Altruismo humano”. ECONOMÍA FINANCIEIRA. ECONOMÍA PRODUCTIVA. INFRA-CONTABILIZADA SOBRE-REMUNERADA. CONTABILIZADA REMUNERADA. NON-CONTABILIZADA ECONOMÍA SUBTERRÁNEA REMUNERADA. MERGULLADO/DELICTIVA Traballo. VOLUNTARIO NON MERCANTIL. ECONOMÍA INFORMAL NON CONTABILIZADA NON REMUNERADA. Primeiro andar. ECONOMÍA ECOLÓXICA. “Nai Natureza” EXTERNALIDADES. Fonte. H.HENDERSON. Reelaboración ECOCONCERN. 90. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(5) Achegas do movemento polo decrecemento.... nerosidade que procede do sol, do mar e. A terceira parte restante correspondería á. da terra sen se preocupar demasiado das. economía produtiva propiamente dita, co. consecuencias, a curto e medio prazo. Até. seu mercado de bens e servizos, que se. hai moi pouco non se contabilizaban nin os. reparte entre os sectores público e privado. inputs nin os outputs ecolóxicos, reducidos. en dúas metades máis ou menos iguais.. a externalidades, senón tan só os fluxos. Antes, con todo, temos un recheo que co-. monetarios dentro do sistema económico.. rresponde á economía subterránea, que se move na ilegalidade. Aquí atopamos todo. Como consecuencia deste descoido, te-. tipo de actividades delituosas, que non. mos indicios moi preocupantes dunha. entran na contabilidade aínda que si están. degradación ecolóxica posiblemente irre-. remuneradas, e bastante ben, por certo.. versible: a perda de bosques tropicais, o. Sen entrarmos en detalles, podemos asi-. progresivo esgotamento das reservas pes-. naturar que este recheo está a aumentar. queiras ou das terras de cultivo, a redu-. o seu volume dunha forma preocupante,. ción dramática do plancto, a extinción de. grazas –principalmente– á capacidade do. especies... Tamén se disparan alarmas no. diñeiro de circular sen deixar rastro. Por ra-. referente aos recursos, especialmente os. zóns semellantes veremos que este sector,. enerxéticos, co petróleo á cabeza. Final-. que move na escuridade sumas de diñeiro. mente, temos o problema dos sumidoiros.. astronómicas, ten vínculos bastante estrei-. De todo isto, volveremos falar logo.. tos coa parte do recubrimento superior do pastel, dedicado á actividade financeira e. O segundo piso corresponde ao altruísmo. especulativa.. humano, é dicir, a todas aquelas actividades que as persoas facemos de forma vo-. O recubrimento ten unha consistencia de. luntaria, que non están mercantilizadas, sen. escuma, xa que unha parte dos seus pro-. prezo nin recompensa, e que configuran o. dutos son máis ben simbólicos do que. sector da economía informal. Aquí temos,. materiais. Pódese considerar como un. historicamente, o traballo das mulleres e. mercado de produtos non producidos ou. a achega incalculable á riqueza colectiva. cuxa produción é moi antiga ou irrepetible,. que supón a súa actividade reprodutiva no. como é o caso das obras de arte, onde. sentido biolóxico, mais tamén simbólico.. se xera un tipo de rendas que non corres-. Segundo Henderson, estes dous primeiros. ponden a un valor engadido (unha mellora. pisos, que están fóra da contabilidade na-. nos bens), senón apenas a un sobreprezo.. cional, representan as dúas terceiras par-. Maurice Allais chamábaas «rendas non. tes da nosa riqueza global.. gañadas», e nos últimos trinta anos este foi o sector que verdadeiramente dominou a economía.. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 91.

(6) Stefano Puddu Crespellani. Isto empezou a principios dos anos 70,. O cambio climático é, posiblemente, o. cando os Estados Unidos alcanzaron o cé-. maior fenómeno de deslocalización globa-. nit das súas reservas de petróleo. Foi o pri-. lizada do noso tempo. Por suposto, xurdiu. meiro aviso, e podería ser un bo momento. de forma involuntaria, como «dano colate-. para reformular o modelo económico e a. ral» dunha forma de vida que sustenta o. súa carreira acelerada cara ao crecemento,. seu crecemento no uso masivo de com-. mais fíxose exactamente o contrario. O da-. bustibles fósiles. Se tivésemos que resumi-. quela gobernador da Reserva Federal, Alan. lo nunha frase, podería ser esta: «saíronnos. Greenspan, optou por unha etapa de desre-. as contas furadas».. gulamento sen límite no ámbito financeiro, favorecida polas TIC e a conexión dos. A comunicación e a educación, evocadas. mercados continuos de todo o mundo, o. no título do Seminario de Cambio Climáti-. que deu lugar a unha explosión de creativi-. co, son aspectos clave que debemos ter. dade especulativa sen par. Desde finais do. en conta: non esquezamos que os sínto-. século XX, as finanzas moven cada día un. mas e repercusións do cambio climático. volume de transaccións de 30 a 40 veces. son, na súa maior medida, indirectos, e a. superior ás mercadorías e servizos reais. miúdo poden confundirse cos demais fe-. que as poderían xustificar. Os altos direc-. nómenos de variabilidade climática normal.. tivos dedícanse a xerar dividendos a curto. Quero dicir que fai falta a construción dun. prazo con operacións de calquera tipo en. discurso racional e ben documentado para. beneficio dos accionistas e do seu propio. tratar o cambio climático como elemento. enriquecemento. E sabemos cales foron as. mobilizador no plano personal e colectivo.. consecuencias.. Como ben sabemos, necesitouse o consenso entre miles de científicos de todo o. Xa que logo, estamos ante un escenario. mundo para aceptar a alteración climática. de crises múltiples e superpostas. Fixaré-. actual como un feito.. monos aquí basicamente en tres: a crise climática, a crise enerxética e a crise fi-. Falamos, pois, dun trastorno global do pla-. nanceira. Non é que as demais non sexan. neta, que repercute en todos os grandes. importantes, nin as súas consecuencias. ciclos ecolóxicos con bucles imprevisibles. menos terribles: a crise alimentaria, por. e consecuencias contraditorias (excesos. exemplo, ou a humanitaria, entre moitas. de frío e de calor, aumento de inundacións. outras emerxencias, merecen a máxima. e de secas etc.). Gea púxose enferma, ten. atención. Mais estas tres son crises emblemáticas que repercuten sobre todas as demais e coadxuvan a entendérmolas..  VI Seminario de Comunicación, Educación e Participación fronte ao Cambio Climático, Valsaín (Segovia, abril 2009) [http://www.mma. es/portal/secciones/formacion_educacion/grupos_ceneam/respuestas_educ_cc/index.htm]. 92. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(7) Achegas do movemento polo decrecemento.... febre, perdeu o tempero; o seu equilibrio. biofísica ensínanos que os organismos cre-. volveuse máis fráxil, o que quere dicir que. an pequenas illas de orde a partir do con-. é máis doado desestabilizalo e máis difícil. sumo de enerxía; isto cómpre telo claro:. volvelo compensar.. crear orde sempre ten un custo enerxético. Por esta razón, todos os organismos vivos,. Ora ben, se os síntomas do cambio cli-. incluídas as sociedades, van na procura. mático son múltiples e aleatorios, a causa. dalgún tipo de subsidio enerxético, e canto. principal do fenómeno é única e bastante. maior, mellor. O descubrimento dos subsi-. clara: en pouco máis de cen anos quei-. dios fósiles é relativamente recente: diga-. mamos e devolvemos á atmosfera case a. mos que ten tres séculos. Antes –á parte do. metade do CO2 retirado da circulación e. vento, da auga corrente e da madeira como. acumulado nas reservas fósiles do planeta. combustible– a única enerxía que se em-. hai algúns millóns de anos. Os hidrocarbu-. pregaba era de tipo animal. Por suposto,. ros son, como é ben sabido, unha trans-. entre os animais había que incluír a especie. formación de biomasa vexetal, a cal, á súa. humana, en forma de escravos.. vez, se produce a partir da actividade de organismos vexetais capaces de fixar a. Non hai dúbida de que o descubrimento. enerxía solar e segregar CO2 á atmosfera.. dunhas novas formas de subsidio enerxé-. Os combustibles que se obteñen, e espe-. tico abundantes e baratas, a comezar polo. cialmente o petróleo, presentan caracterís-. carbón, e a capacidade tecnolóxica para. ticas enerxéticas especialmente interesan-. aproveitar o seu potencial (máquina de va-. tes canto ao seu rendemento, versatilidade. por e, logo, motor de explosión) cambiaron. e facilidade de transporte e de aproveita-. por completo as regras do xogo. A cuesti-. mento. Foron os aforros enerxéticos de. ón é lembrarmos que os acontecementos. Gea durante millóns de anos. Hai que ver,. dos últimos douscentos cincuenta anos. pois, como estivemos a gastalos.. –en todos os terreos, non só o económico ou militar, senón tamén o político, cientí-. Neste punto pódenos ser de axuda o con-. fico, cultural, artístico...– son impensables. cepto de «subsidio enerxético» de que nos. sen a subvención masiva de enerxía que. fala Richard Heinberg no seu famoso ensaio. reciben a industria, o transporte, a activi-. Rematou a festa (o subtítulo do cal aclara. dade agrícola ou calquera outro aspecto. deseguida que o tema tratado non é nada. da organización das nosas sociedades.. frívolo: Guerra e colapso económico no li-. Para facérmonos unha idea, o nivel de sub-. miar da fin da era do petróleo). Aquí tamén. sidio enerxético que consideramos normal. volvemos á termodinámica e aos seus prin-. nunha sociedade como a nosa equivale ao. cipios. A lei da entropía fálanos da inevita-. que nos proporcionaría o traballo de medio. ble degradación da orde. Doutra banda, a. centenar de escravos por persoa.. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 93.

(8) Stefano Puddu Crespellani. Por suposto, isto significa unha expansión. total que gastamos, e máis dun 90% no. enorme das nosas potencialidades persoais. sector transporte.. e colectivas, equivale a unha dinamización euforizante do sentimento do que somos. Aquí temos unha primeira correlación, rela-. e podemos facer, de maneira que os efec-. tivamente doada de establecer, entre crise. tos estimulantes que diso se derivan son. climática e crise enerxética. Na tempada. moi semellantes aos dunha droga (e dunha. da primavera-verán de 2008, co aumento. droga dura). Os subsidios enerxéticos dos. do prezo do cru, houbo unha primeira pro-. recursos fósiles fixéronnos moi poderosos,. ba das posibles consecuencias dunha crise. mais asemade moi dependentes, é dicir,. da subministración de combustibles para o. moi necesitados e, nesta mesma medida,. transporte: o sistema da loxística comer-. moi fráxiles. Tamén moi violentos, claro,. cial colapsouse durante unha semana e no. pois quen necesita garantirse, a calquera. noso país volvemos ver a imaxe desacou-. prezo, a súa dose de subsidio está dispos-. gante dos andeis baleiros nos supermer-. to, literalmente, a matar. E isto tamén está. cados. Ora que, curiosamente, logo a crise. moi comprobado, tanto a pequena como a. explotou por outro lado, polo das finanzas.. grande escala.. De súpeto, o sistema financeiro descubriuse insolvente. Aquí pódenos axudar a ca-. Esta dependencia está destinada a traer-. pacidade de síntese de El Roto, cando asi-. nos problemas maiores dentro de poucos. naturaba que «o capitalismo é vulnerable a. anos. Cada vez hai máis consenso entre os. un exceso de avaricia». As repercusións. expertos en que as previsións de Hubbert. sobre a economía produtiva foron espec-. sobre o cénit do petróleo e o seu posterior. taculares e inmediatas. Tamén sabemos. declive son acertadas. Non paga a pena. como se traduce isto en termos de peche. discutirmos acerca de se xa chegamos a. de empresas, despedimentos, aumento. este punto, que marca o esgotamento da. do paro, e como repercute nas economías. metade das reservas de cru do planeta,. familiares e no circuíto económico. Neste. ou se faltan cinco, dez ou quince anos.. sentido, chama a atención que a crise do. Isto, desde o punto de vista dos proce-. sistema chegara mesmo antes de se pro-. sos históricos, é irrelevante. A cuestión é. duciren problemas severos e masivos na. que estamos ante un escenario anuncia-. subministración enerxética. De certo punto. do de colapso económico a uns cantos. de vista, talvez fose unha sorte.. anos vista (entre cinco e vinte) polo declive na dispoñibilidade de petróleo, isto é, da. Por outro lado, é igualmente interesante. enerxía concentrada e transportable que. ver que o cambio climático é, pola súa vez,. este combustible nos fornece e que supón. unha emerxencia anterior á crise financeira.. unha porcentaxe moi elevada da enerxía. A constatación científica do quentamento. 94. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(9) Achegas do movemento polo decrecemento.... global dinos que este sistema é insolvente. financeiro da economía casino. Esta eco-. tamén desde o punto de vista ecosistémi-. nomía casino, en calquera caso, necesita. co. Parafraseando a El Roto poderiamos. dúas fontes primordiais de alimentación:. dicir que «o planeta é vulnerable a un exce-. unha é o petróleo; a outra, a débeda. No. so de desbaldimento enerxético», debido a. primeiro caso, estamos a gastar o patrimo-. que non pode metabolizar o incremento do. nio enerxético; no segundo, o diñeiro que. CO2 que isto supón. E, en bioloxía, o que. non temos. Ambos os dous casos mani-. non se pode nin metabolizar nin expulsar. festan problemas evidentes de insolvencia.. é tóxico.. A suma dos dous resulta extremadamente tóxica para a ecoloxía do planeta, unha. O fenómeno do cambio climático, que se. ecoloxía que, por suposto, nos inclúe.. orixina pola acumulación dalgúns gases de efecto invernadoiro na atmosfera, formula. A contundencia do diagnóstico atopa,. unha crise ecolóxica polo lado dos sumidoi-. porén, unha dificultade, e é que por moi-. ros, á vez que o declive do petróleo a for-. to que coñezamos as causas dos nosos. mula polo lado das subministracións. Con. problemas non conseguimos actuar sobre. apenas a metade dos combustibles fósiles. elas para modificalas porque dependemos. queimados, xa excedemos a capacidade. delas para ser o que somos. A síntese máis. metabólica do planeta. A obriga ecolóxi-. popular deste concepto foi pronunciada. ca a un cambio en profundidade precede,. por George Bush Jr. cando dixo, nunha rol-. curiosamente, a obriga material práctica.. da de prensa: «a nosa forma de vida non é. Noutras palabras, pónsenos por diante o. negociable». Referíase ao feito de que es-. imperativo de non seguir queimando com-. tamos dispostos a calquera sacrificio para. bustibles fósiles, antes mesmo de chegar. curarnos da enfermidade que nos aflixe,. á imposibilidade práctica de facelo por un. menos cambiar a nosa forma de vivir, que. aumento do prezo ou a falta de subminis-. xustamente é a súa causa. Unha viñeta de. tración. Un humorista italiano comprometi-. El Roto resumiuno de forma inmellorable. do co tema, Beppe Grillo, expresábao así:. hai algún tempo: a imaxe ensinaba unha. «Non fai falta rematar o petróleo para saír. reunión de altos executivos, sentados ao. da era do petróleo. Tampouco tiveron que. redor dunha gran mesa, e o que presidía. esgotarse as pedras para saír da idade de. a reunión, de pé, espetáballes aos outros:. pedra».. «A destrución do planeta é necesaria para a supervivencia do sistema, e a destrución do. Ao intentarmos pechar este resumo de tra-. sistema é necesaria para a supervivencia do. zo gordo e, por tanto, moi discutible, po-. planeta... Que facemos?». Boa disxuntiva.. deriamos dicir que a febre do crecemento nos levou, no seu punto extremo, ao delirio. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 95.

(10) Stefano Puddu Crespellani. Apostar polo decrecemento. sobre as opcións que temos e compartirmos os débiles intentos de resposta para que sexan un pouco máis fortes.. Custa crer até que punto, aos que estamos dentro deste sistema, nos custa imaxinar. No seu libro Power Down, Richard Hein-. que se poida vivir de forma diferente. Este. berg. fenómeno é o que Serge Latouche, desde. encarar a crise: a primeira, resumida nun. hai xa moitos anos, chama «colonización. titular, sería «Guerra e competición», bai-. do imaxinario». O noso horizonte mental. xo o lema «o último, sálvase». A segunda. pechouse arredor dunhas imaxes de como. opción titúlaa «Autolimitación e coopera-. teñen que ser as cousas, de como pode. ción», e é a que máis se achega á idea. funcionar a sociedade. Este horizonte en-. dun decrecemento convivencial. A terceira. márcase hoxe en día nunhas coordenadas. actitude ten un nome suxestivo: «Esperan-. de pura racionalidade económica, que en. do o elixir máxico para seguir igual», título. último termo é a racionalidade dos bene-. que parece reflectir a actitude da inmen-. ficios: cantos máis e a máis curto prazo,. sa maioría de políticos e, posiblemente,. mellor. Este cálculo, doutra banda, baséa-. dunha gran parte dos seus electores. Fi-. se nun suposto implícito moi importante:. nalmente, a cuarta posibilidade soa así:. que a subministración de enerxía estea. «Construíndo botes salvavidas», unha op-. garantida e non supoña ningún problema.. ción que ten en Noé e a súa arca o prede-. Noutras palabras, en que seguiremos dis-. cesor máis ilustre.. formulaba catro posibles maneiras de. poñendo de enerxía abundante e barata. O outro suposto é que as consecuencias. Talvez haxa máis opcións, mais estas xa. ambientais da actividade económica se. serven para o debate. Aventuraríame a di-. manteñan dentro de parámetros de com-. cir que o decrecemento está situado en-. patibilidade. Como sabemos, estes dous. tre a segunda e a cuarta, mentres que a. supostos xa deixaron de ser certos.. realidade oscila entre unha aparente preferencia pola terceira e unha substancial. Que facer pois? En palabras de Antonio. resignación á primeira. Todos os indicios. Gramsci, «crise é cando o vello non remata. de que dispoñemos nos levan a unha. de morrer e o novo non remata de nacer».. conclusión clara: as sociedades humanas. Máis recentemente, Boaventura. Sousa. experimentarán nesta primeira metade do. Santos propoñíanos, nun dos seus artigos,. século un proceso de transformación que. outra definición interesante: “as crises son. non pode ser menos que radical e que vai. momentos de preguntas fortes e de res-. mudar institucións, mentalidades e formas. postas débiles”. Nestes momentos, máis. de vida colectiva. O que está en dúbida,. que nunca, é oportuno interrogármonos. pois, non é se haberá transición, senón a. 96. de. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(11) Achegas do movemento polo decrecemento.... forma de chegar a ela: se será voluntaria. 10. Reapropiarse do diñeiro. ou forzosa, gradual ou traumática, pacífica ou violenta. O decrecemento está na. Articular este programa é, propiamente,. lóxica dos feitos, aínda que non o estea,. a tarefa que o movemento polo decrece-. aínda, na nosa forma de pensar.. mento ten diante súa nos próximos anos. Asistimos a un florecemento de iniciativas. Outro punto ineludible é que esta transi-. grandes e pequenas en moitos lugares. ción implica un proceso de relocalización. de Europa, e a uns primeiros intentos de. das actividades, un cambio que tería que ir. difundilas e coordinalas. A Eede Cidades. acompañado da creación de novos víncu-. en Transición (Transition towns) indica un. los comunitarios a escala local. Nada, por. posible camiño que pouco e pouco vai di-. suposto, está garantido, ora que esta se-. fundíndose en centros grandes e peque-. ría a dirección en que avanzarmos. Nunha. nos, tamén no noso país [http://movimien-. recente intervención en Barcelona, o pa-. totransicion.pbworks.com]. Existen cada. sado mes de marzo (2009), Serge Latou-. vez máis recursos en liña que permiten,. propoñía unha especie de decálogo. a través da internet, compartir informa-. de obxectivos mínimos para un programa. ción entre grupos que queren aplicar o. decrecentista. Ao seu entender, as formu-. decrecemento á súa realidade concreta.. lacións de fondo teñen que ser radicais,. En Cataluña, arredor do web de referencia. aínda que no aspecto práctico temos que. co enderezo [http://decreixement.net] está. estar dispostos a pactar reformas. A conti-. a tecerse unha rede de contactos e unha. nuación, resumimos os dez puntos da súa. base de datos de propostas con diversos. proposta:. grupos de traballo activos. Hai, en defini-. che. tiva, moito camiño para percorrer. Cada1. Volver a unha pegada ecolóxica susten-. quén que faga a súa aposta.. table 2. Reducir os transportes a internalizar os custos. Algúns apuntamentos finais. 3. Relocalizar as actividades 4. Restaurar a agricultura campesiña tradicional. Para rematar esta achega, intentarei resu-. 5. Repercutir o aumento da produtividade. mir algunhas consideracións que fixen no. nunha redución do tempo de traballo. debate final, despois de escoitar os outros. 6. Relanzar a produción de bens relacionais. relatorios e tamén a raíz dalgunhas inter-. 7. Reducir o consumo de enerxía nun factor 4. vencións e preguntas procedentes das. 8. Reducir o espazo da publicidade. persoas asistentes. Este resumo é difícil. 9. Reorientar a investigación tecnocientífica. porque os meus apuntamentos son moi. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 97.

(12) Stefano Puddu Crespellani. esquemáticos e o contexto da discusión. Talvez este razoamento siga sendo perti-. xa se perdeu e é imposible reconstruílo.. nente. Aquí podería abrirse un terreo de re-. Pido desculpas, por tanto, polo inconexa. flexión e de acción sen dúbida interesante.. que pode resultar esta epígrafe final.. As últimas décadas caracterizáronse por un «hedonismo da débeda» fronte ao cal,. En primeiro lugar, paréceme importante. de momento, a nosa proposta se limita a. subliñar o difícil que pode resultarnos o. unha «ética da solvencia». A pregunta é. paso dun imaxinario de abundancia, tal. se e como a sobriedade pode chegar ser. como o recibimos a diario a través da pu-. unha proposta estética, e se esta pode. blicidade, ao contexto de escaseza que a. axudar a frear a degradación da beleza. realidade progresivamente nos transmite.. que, na miña apreciación persoal, acom-. Introducir a noción do límite na nosa per-. paña a maioría de propostas destinadas. cepción e no sentido común é un reto, po-. ao consumo masivo. A miña sensación é. lítico e educativo á vez, que non vai ser nin. que o decrecemento tamén tería que dar-. doado nin agradable.. lle resposta á desolación estética crecente en que vivimos, ao baleiro que o mercado. A segunda reflexión vén da lembranza. adoita crear arredor das nosas demandas. dunha análise que durante os anos oitenta. de sentido.. faciamos dentro dos movementos sociais, acerca de tres dimensións presentes en. A terceira consideración nace do xeito en. maior ou menor medida nas distintas expe-. que se fala, a miúdo, do CO2, case coma. riencias de mobilización social: a ética, a. se fose un gas tóxico, un contaminante. estética e a política. En Italia, onde eu vivía. sen máis. Creo que, desde o punto de. daquela, eran os anos do que chamaba-. vista biolóxico, esta visión é incorrecta,. mos «o hedonismo reganiano», en referen-. xa que nós emitimos CO2 con cada res-. cia ao primeiro presidente-actor que, sen. piración e tamén o inxerimos cada vez. estar moi dotado noutros aspectos, si que. que tomamos unha auga con gas ou outro. dominaba o novo escenario mediático da. refresco parecido. O que é tóxico é o ex-. política; a nosa sensación, desde os mo-. ceso de CO2, por unha cuestión de meta-. vementos ecoloxistas e pacifistas, era que. bolismo: o que non podemos metabolizar,. a apelación á ética era insuficiente para lle. resulta tóxico. Ora ben, talvez sería máis. facermos fronte ao poder de fascinación e. importante, mesmo para o clima, limitar. persuasión dunha política dominada pola. as transaccións financeiras a través dunha. estética. Non abondaba con ter razón: ha-. taxa tipo Tobin, un señor ao que deron un. bía que atopar o camiño estético para que. Nobel por esta proposta para logo non lle. a proposta ética puidese chegar a ter re-. faceren ningún caso, isto é, revisar o sis-. percusión política.. tema de impostos ecolóxicos, actualizar o. 98. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(13) Achegas do movemento polo decrecemento.... prezo dos recursos para que inclúa o cus-. O quinto comentario facía referencia ao. to da súa substitución e outras medidas. peso da economía no ámbito do político.. semellantes.. A economía imponlle á política a súa visión da realidade cun dominio case total. Neste. Talvez é por isto que non me recoñezo na. sentido, vivimos unha extralimitación do. obsesión que ás veces se fomenta, mes-. económico que resulta tremenda, porque,. mo coas mellores intencións, pola loita. á parte do político, comeu o social. A dife-. contra o CO2, a se botaren contas en pe-. renza máis importante que Serge Latouche. quenos grupos acerca das emisións que. notou nas sociedades africanas onde viviu. aforramos, igual que se fai coas calorías.. algún tempo tiña a ver con este punto: alá. Ou ben coa proposta que se presentou no. a economía aínda estaba incluída na rede. seminario de lle asignar a cada persoa a. de relacións sociais, onde o parentesco,. súa cota anual de CO2 e establecer unha. o intercambio de favores, a reciprocidade. contabilidade rigorosa con posibilidade. e a cortesía se entrelazaban nun tecido. de comprar ou vender cotas, igual que fan. mesto e inextricable; no noso caso pasa. agora países e empresas. Ben, ás veces. ao revés, e son as relacións sociais as que. a estratexia de combater a loucura coa. están incluídas nun marco económico que,. loucura pode funcionar, como en homeo-. aparentemente, o domina todo.. patía; neste sentido, pódese intentar. Mais temos que ser conscientes do paradoxal. A cuestión, tanto polo que respecta á. que resulta todo isto, cando no fondo do. economía como á política e á sociedade,. que se trata é de facer menos.... é volver á base do pastel, onde se xera a riqueza máis vital e perdurable: na nature-. Neste punto ten a ver tamén coa cuarta. za e nas relacións. Cara á base do pastel. consideración, que comenta a idea da re-. tamén atopamos o ámbito local: mercados. dución progresiva do consumo de CO. 2. de proximidade, redes de reciprocidade. ao se lle baixar cada ano a asignación a. máis estreita. Aquí habería que experimen-. cada persoa como unha forma de baixar a. tar formas de economía alternativa, desde. escaleira: o que sucedeu este ano é que,. moedas locais até ensaios reducidos de. por causa das crises inmobiliaria, financei-. renda básica.. ra e económica que vivimos, resulta que caemos da escaleira, baixamos de súpeto. Para rematar, pedíasenos unha medida. uns cantos chanzos. Fixo máis a crise, na. concreta que calquera puidese practicar. loita para reducir as emisións de CO , que. para avanzar cara ao decrecemento, e a. todas as campañas levadas a cabo até o. miña foi esta: dedicar unha hora, de ser. momento. Talvez é triste admitilo, mais ta-. posible cada día, á contemplación; desti-. mén instrutivo.. nala, xa que logo, á beleza, á natureza, á. 2. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7. 99.

(14) Stefano Puddu Crespellani. música, ao coñecemento, aos amigos, ás persoas queridas, ao cultivo de facultades estéticas e de bens relacionais. Son cousas que, creo, nos fan decrecer, e ao mesmo tempo medrar.. Referencias bibliográficas GORE, A. (2007): Una verdad incómoda: la crisis planetaria del calentamiento global y cómo afrontarla. Barcelona, Gedisa ARIÈS, P. (2005): Décroissance ou barbarie. Lyon, Golias LATOUCHE, S. (2009): Pequeño tratado del decrecimiento sereno. Barcelona, Icaria LATOUCHE, S. (2008): La apuesta por el decrecimiento. Barcelona, Icaria LATOUCHE, S. (2007): Sobrevivir al desarrollo. Barcelona, Icaria LATOUCHE, S. (1989): L’occidentalisation du monde. París, La Découverte HENDERSON, H. (1988): «Una guida per cavalcare la tigre del cambiamento. Le tre zone di transizione» en Thompson, W. I. Ecologia e autonomia. Milán, Feltrinelli HEINBERG, R. (2004): Power down. Options and Actions for a Post-carbon World. Forest Row, Clairview Books HEINBERG, R. (2006): Se acabó la fiesta. Guerra y colapso económico en el umbral del fin de la era del petróleo. Benasque, Barrabés SEMPERE, J. e TELLO, E. (2008): El fin de la era del petróleo barato. Barcelona, Icaria. 100. ambientalMENTEsustentable, 2009, (I), 7.

(15)

Referencias

Documento similar

Assinala-se que o contexto de surgimento do MIEIB traz os marcos legais da CF/1988 que estabeleceu a creche e a pré-escola como direito da criança, dever do Estado e escolha

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

Polo que respecta á parte cualitativa do estudo (táboa 1), preténdese identificar os factores clave do colectivo LGTB e da modalidade de turismo obxecto de estu- do, que doutro

O modo de vida americano a través da animación e o comic O movemento polos dereitos civís a través do cine.. A etnoarqueoloxía e a súa aplicación no estudo das

Art. Facultades patrimoniales del deudor.–1. En el caso de concurso voluntario, el deudor conservará las facultades de administración y disposición sobre su patrimonio,

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy.. Para iso, volvemos premer

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura