• No se han encontrado resultados

A adición dos nenos ás novas tecnoloxías

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2019

Share "A adición dos nenos ás novas tecnoloxías"

Copied!
20
0
0

Texto completo

(1)

TS, S1D

A adición dos nenos ás novas tecnoloxías

Álvarez Bao, Arantxa Bravo Fernández, Jorge Castro Rodríguez, Raquel Cid Nieto, Claudia

Díaz Leal, Carla

1. MEMORIA GRUPAL

1.1 Resumo de tema e obxectivos

1.2 Resumo da organización do grupo e recursos empregados

1.3 Rexistro-itinerario de accións emprendidas

1.4 Pequeno test ao traballo

1.4.1 Estimación sobre os procedementos realizados polo grupo. 1.4.2 Estimación sobre o seguemento

do tema nos post e interese da clase. 1.4.3 Resultados acadados polo grupo

coas experiencias, tanto no ámbito grupal, como de coñecemento.

1.4.4 Resultados acadados polo grupo coas experiencias (grupais e de coñecementos)

1.5 Materiais

1.5.1 Bibliografía consultada 1.5.2 Documentos

1.5.3 Ligames

2. MEMORIA INDIVIDUAL 2.1 Álvarez Bao, Arantxa 2.2 Bravo Fernández, Jorge 2.3 Castro Rodríguez, Raquel 2.4 Cid Nieto, Claudia

(2)

1.1.- Breve resumo (10 liñas máx.) do tema e obxectivos a partires do Formulario entregado e actualizado no seu día. Palabras chave (até 7 conceptos en cadea que acouten o sentido do traballo).

Os obxectivos deste traballo eran profundizar na relación dos nenos e as novas tecnoloxías (NT). A sociedade foi cambiando e cada día vemos como o uso destas novas tecnoloxías (game boys, PSP, DS…) por parte dos máis pequenos é cada vez maior. Con este traballo pretendemos estudar a relación entre ambos factores así como analizar se estas novas tecnoloxías inflúen na maneira de relacionarse dos nenos.

As nosas 7 palabras clave poderían ser: nenos, novas tecnoloxías, relación, influencia, familia, adicción e abuso.

1.2.- Resumo da organización do grupo diante do traballo: reparto de tarefas, procedementos. metodoloxías e recursos empregados polos pesquisadores (25 liñas máx.)

O grupo organizouse seguindo un esquema que tentou repartir equitativamente as diferentes fases do traballo. Durante o desenvolvemento da investigación, repartíronse as diferentes tarefas permitindo que tódolos membros participaran nelas coa maior diversidade posíbel. Grazas a este método, todos participamos nunha entrevista, limos un libro, realizamos unha exposición ou fixemos un traballo de campo. Este método evitou sobrecargar o traballo dos membros do grupo.

(3)

seu traballo tiveran desenvolta unha investigación sobre o tema. Isto axudounos a acotar mellor o tema, o que nos facilitou atopar unha boa bibliografía. Para achegarnos máis a realidade, entrevistamos a diversos padres, para coñecer as súas impresións sobre o desenvolvemento do cativo e da súa relación coas NT. Por último, contactamos con asociacións que investigasen esta relación entre os nenos e as novas tecnoloxías tanto no proceso de educación e aprendizaxe como no de socialización. Estas organizacións existen, pero por agora realizan apenas vagos traballos.

1.3. Rexistro-itinerario de accións emprendidas segundo datas, da máis actual á máis antiga, detalle das acción realizadas polos membros do grupo, tentando expresar unha certa conexión entre as accións:

• O 19/04/2012 realizamos unha exposición, os cinco membros do grupo, do noso traballo para a clase no que explicamos o procedemento e a nosa metodoloxía de traballo, xunto coa información que obtivemos no proceso e as conclusións ás que chegamos.

(4)

• O 16/04/2012 achegámonos a varios parques de Santiago de Compostela para entrevistar a nais e pais de rapaces de entre os 2 e os 10 anos para saber o consumo que fan os máis pequenos das novas tecnoloxías. Os resultados foron decisivos para comprender que é a partir dos 8 anos cando os cativos comezan a facer un uso máis abusivo das novas tecnoloxías.

• O 11/04/2012 entrevistamos a unha serie de persoas na zona vella que tiñan un fillo ou unha filla de corta idade. Os resultados obtidos declaran que un 100% dos nenos teñen algún aparato pertencente ó grupo das ‘novas tecnoloxías’. E seu uso medio é de unha hora e trinta minutos diarios, aumentando considerablemente as fines de semana.

• As semanas comprendidas entre o 2 e o 16 de abril, os membros do grupo TS dedicámonos ás seguintes lecturas:

Laniado, N y Pietra, G. (2005). Videojuegos, internet y televisión: cómo evitar sus efectos perjudiciales en nuestros hijos. Barcelona: Oniro, D.L.

Durán, X.(2004). A televisión, as novas tecnoloxías e a conducta dos nenos. Santiago de Compostela: Laiovento.

(5)

Becoña, E.(2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid: Pirámide.

• O 29/03/2012 achegámonos á asociación ICE (Instituto de Ciencias da Educación) para informarnos sobre a súa liña de investigación e si podía proporcionarnos algún tipo de axuda. Descubrimos que traballan no tema da inclusión da novas tecnoloxías no entorno educativo dos nenos, pero neste momento a súa actividade está un pouco parada, polo que non nos puideron aportar moito máis. No ICE recomendáronnos como experto do tema a Eulogio Pernas, co que xa faláramos hai un mes.

• O 26/03/2012 entrevistamos a Elisardo Becoña, catedrático en Psicoloxía Clínica, na Facultade de Psicoloxía. Ó contrario que M. J. Buceta non cree que a adición sexa abundante entre os rapaces, xa que senón sentirían un gran malestar na ausencia das NT, caso que non é frecuente. Considera que o que se produce un uso abusivo das mesmas, pero non é un caso distinto ó que se viu coa aparición da televisión. Con respecto a como afecta á nosa forma de comunicación, a inclusión das NT implica unha evolución nesta área que a xente xa adaptou a súa forma de vida, polo que non podemos volver cara atrás. No referente a se achegan ou non ás persoas, depende da propia persoa e da súa reacción e comportamento ante este novo método.

(6)

Atención Temperá. Baixo o seu punto de vista, dende fai cinco anos, os nenos fan un abuso excesivo das NT, que poden conlevar a outros conflictos como trastornos do sono, problemas epilépticos ou de aislamento. Pola contra, tamén presenta grandes ventaxes didácticas para os nenos, polo que todo é cuestión de que o seu contacto con estes aparellos se faga de forma controlada polos pais.

• O 01/03/2012 entrevistamos a Eulogio Pernas profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación, experto na sección pedagóxica. Destacamos da nosa conversa co docente o seu completo apoio á inclusión das novas tecnoloxías na vida dos nenos, como instrumento altamente potenciador da súa capacidade de aprendizaxe. Xoga un papel importante o control dos pais no contido de todo o que os rapaces utilizan e a educación sobre estas destrezas que lle dan la escola.

1.4.- Pequeno test ao traballo.

1.4.1.- Estimación sobre os procedementos realizados polo grupo. Propor melloras:

Realizáronse todas as actividades sen maiores dificultades, agás nalgunha entrevista e no traballo de campo. Melloraríase o estudio dos casos preguntando ós fillos en lugar dos país, sendo estes os suxeitos estudados.

1.4.2.- Estimación sobre o seguemento do tema nos post e interese da clase. Propor melloras:

(7)

comentarios e compartían as ideas que íamos sacando á luz nos post e aportaban a súa opinión. Tal vez deberíamos haber sacado unha idea concreta das nosas actividades, unha conclusión, para ir que se debatese a través dela e non dun conxunto de contidos.

1.4.3.- Estimación sobre a relación do tema cos temas da asignatura. Acercamento e propostas: Estuda o cambio que sufre a dinámica de comunicación na sociedade e sobretodo nos máis pequenos que crecen con estas NT. Aparecen novos métodos de comunicación interpersonal, pero ¿a favorecen ou a degradan?

1.4.4.- Resultados acadados polo grupo coas experiencias, tanto no ámbito grupal, como de coñecemento. Melloras acadadas:

Acadamos unha boa organización para traballar cada un unha parte, pero ó mesmo tempo, facelo de maneira grupal. En canto coñecementos: correximos conceptos que asimiláramos como erróneos; distinguimos entre adición e uso abusivo das NT; en caso de adición, descubrimos os motivos que poden levar os nenos á mesma: os problemas na familia e sociedade levan ó aislamento nas novas tecnoloxías, non ó revés; asimilamos que é un cambio comunicativo que non se pode “arranxar”: a maneira de comunicarse entre as persoas, vai cambiando ó longo da historia, non podemos ir cara atrás.

1.5.-Materiais:

1.5.1 Bibliografía consultada

(8)

1.- O primeiro deles foi o libro de Laniado, N y Pietra, G. (2005). Videojuegos, internet y televisión: cómo evitar sus efectos perjudiciales en nuestros hijos. Barcelona: Oniro, D.L.1

Este é un libro, a modo de manual escrito para pais preocupados polas novas tecnoloxías. Con el os pais aprenden a educar aos seus fillos para preparalos para a nova era tecnolóxica. O libro consta de tres partes: a primeira fala da televisión, a segunda dos videoxogos e a última de internet. En xeral o que aprendemos con este libro é que non se pode deixar nunca sos aos nenos (sobre todo cando son moi pequenos) fronte as novas tecnoloxías e que hai que orientalos para que fagan un bo uso delas.

2.- O segundo foi a obra de Durán, X.(2004). A televisión, as novas tecnoloxías e a conducta dos nenos. Santiago de Compostela: Laiovento. 2

A obra explica o panorama actual das novas tecnoloxías e os nenos. A conclusión que sacamos del foi que, está nas mans dos pais e dos profesores vixiar aos rapaces en canto ao uso das novas tecnoloxías para que este sexa adecuado e educativo e non cree problemas do contrario é cando aparecen as adiccións.3

3.- O terceiro libro que limos foi o de Tisseron, S.(2006)

Internet, videojuegos, televisión: Manual para padres preocupados. Barcelona: editorial Graó de IRIF.SL.

Este libro trata varios temas relacionados coas novas tecnoloxías pero nos centramos máis na parta da televisión, os videoxogos e internet. Del puidemos deducir que é fundamental comunicarse co neno e saber o que pensa ou interpreta das imaxes que recibe. Se a comunicación é fluída, será mais doado.Este proceso debese comezar en idades o máis temperás posibles, pois                                                                                                                

(9)

axudará a fortalecer unha relación comunicativa a largo prazo.

4.- A última obra consultada foi a de Becoña, E. (2009).

Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid: Pirámide.4

O libro está dividido en catro partes: a primeira, máis xeral, trata sobre os máis novos e os riscos que corren ao abusar destas novas tecnoloxías; a segunda centrase xa en adiccións ás novas tecnoloxías específicas; a terceira da un paso máis e fala das alternativas terapéuticas e, finalmente, a cuarta parte comenta os aspectos preventivos tras o sometemento á terapia. Del puidemos deducir que o tema da adicción é máis coñecido por todos do que pensamos, tal vez porque pasamos por algo parecido ou porque vivimos algún tipo de trastorno mental próximo.

1.5.2 Documentos

http://www.abc.es/20110908/sociedad/abci-adolescente-figital-201109081620.html

Neste artículo do xornal ABC fálase de que a pesar de no existir datos epidemiolóxicos serios ,as consultas de adolescentes con problemas coas novas tecnoloxías a psicólogos e psiquiatras multiplícanse. Un dato interesante que nos aportou foi o de que moitos pais non son conscientes de que os seus fillos estean “enganchados” en exceso, aínda cando perciben comportamentos anormais.

http://www.europapress.es/chance/tendencias/noticia- cerca-jovenes-puede-llegar-ser-adicto-tic-20120118123352.html

Deste articulo pareceunos interesante os datos que aportan sobre as adiccións. Nel informase de que preto do 8,1 % dos rapaces sofre adicións as TIC segundo explica o estudo “De la impulsividad a la dependencia: Adicciones a

                                                                                                               

(10)

las nuevas tecnologías”, dirixido polo presidente da Asociación Española de Psiquiatría Privada (ASEPP), o doutor Salvador Ros. Ademais proporciona un perfil do adicto, algo moi útil xa que as veces é difícil distinguir entre un neno adicto e outro que simplemente abusa das novas tecnoloxías.

1.5.3 Ligames

Balthazar, Nic. (2007). Ben X. MMG Film & TV Production. Esta foi a película que escollemos para mostrarlle aos nosos compañeiros e que, con ela puidesen comprender mellor o noso traballos. Nela contase a historia de Ben, un rapaz con síndrome de asperger que carga coa cruz de ser o raro da súa clase . A súa vida no colexio é un inferno pero, cando chega a casa, atopa o seu refuxio no ordenador. Diante deste e mediante un xogo de rol, Ben pode ser a persoa que lle gustaría ser e así logra manterse vivo, deixando de ser unha vítima para converterse en heroe. Grazas ao apoio dunha rapaza que coñece no xogo, Ben toma a decisión de finxir a súa morte para deste xeito poder darlles unha lección aos seus acosadores.

A película é un claro exemplo de como as novas tecnoloxías serven para axudar aos acosadores a ridiculizar as persoas. A súa infinitude da a posibilidade de facer chegar arquivos a calqueira lugar que queramos e tantas veces como gustemos. Isto é unha cualidade que facilita o aceso a unha persoa e o contacto con ela. O cal, nun caso como este, de “bullying”, no é beneficioso en absoluto. Pero, ó mesmo tempo, son un refuxio para as aqueles rapaces máis introvertidos, é dicir, mostra o lado positivo e o negativo delas, as dúas caras da moeda.

http://www.youtube.com/watch?v=_N0Gq-IR9vw

(11)

tecnoloxías. Foinos moi útil á hora de distinguir entre adición e abuso. Distinción que tratamos tamén, como queda recollido no blogue da materia, na entrevista realizada a Elisardo Becoña. A diferencia é que neste caso, Romero fala en termos temporais. É dicir, diferencia entre adicto e non adicto polas horas que pasa a persoa diante do ordenador. Polos coñecementos que adquirimos, consideramos que a maior diferencia non radica neste detalle, aínda que tamén é revelador, pero sería máis determinante a sensación que ten o usuario. Se sinte un malestar continuado pola ausencia das NT, é sintoma de adicción, máis que pasar sete horas, por exemplo.

http://www.youtube.com/watch?v=y8RFWVXKmfk

(12)

MEMORIA INDIVIDUAL

Álvarez Bao, Arantxa

A.- Aproveitamento individual do traballo, grupo e coñecementos adquiridos.

Cun traballo conxunto, o primeiro que vai a aportarnos é unha experiencia grupal e, polo tanto, de traballo en equipo. Con relación a iso, aprendín que é inevitable o desequilibrio do nivel de traballo entre unas persoas e outras. E a importancia de evitar esto e estar sempre enterado de todo o que está pasando tanto na túa parte do traballo como da que se encarga o compañeiro para poder ter a capacidade de valorar se a súa interpretación da información é correcta, así como para poder arranxar os posible problemas que lle podan xurdir á outra persoa. Isto garantizará máis calidade no resultado final. É moi importante a comunicación grupal, e con ‘comunicación’ refírome a que un sepa transmitir as súas ideas e o material que conseguiu e que os demáis se molesten en prestar atención ó que está contanto. Esta comunicación é fundamental, senón o proceso de traballo verase altamente realentizado e deteriorado.

Por outra banda, este traballo foi para min moi importante á hora de coller práctica na labor periodística en canto a obter información a través das persoas, aproveitalas ó máximo como fontes informativas. As entrevistas foron tal vez a parte do proxecto que máis me aportou a nivel individual e de experiencia.

(13)

casos. Internet é un medio que non ten barreiras más que as que apropia persoa se impón, polo que depende do propio cativo, pero a esas idades non se é consciente de todos os conflictos en potencia que existen nese mundo. Supoño que por iso a adición ás NT é máis común nos casos de conflicto familiares, pola ausencia dunha atención parental mínima.

B.- Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

Unha vez elaborado o traballo e analizado todo o proceso destos dous meses, considero que hai un par de cousas que si podería ter en conta noutra ocasión.

Como ben diximos, escollemos elaborar as entrevistas primeiro para acotar o tema, xa que non atopabamos bibliografía ningunha. Aínda así, penso que o adecuado sería ler os libros antes de elaborar os cuestionarios da entrevista. Eliminaríamos as preguntas máis xerais ou tal vez erróneas do formulario. Tamén poderíamos haber mantido máis un contacto cos nenos e non tanto cos pais, xa que os pequenos eran o suxeito a estudar. Ademáis o tema escollido podíase enfocar de moitas formas, e nalgunha ocasión a información puido desencamiñarse un pouco por outro destes aspectos, aínda que nada esaxerado, penso. E por último, teríamos que haber organizado mellor a forma de plasmar o traballo no blogue.

(14)

Bravo Fernández, Jorge

A.- Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos

O traballo de TS foi unha experiencia moi interesante, debido a que a temática é moi actual e me gusta moito. En primer lugar, o grupo foi moi bó. Todos traballamos prácticamente por igual, aínda que eu non puiden asistir as entrevistas, tenteino compensar coas visitas aos colexios. En tanto aos coñecementos, as lecturas sacáronme dalgunhas ideas preconcebidas que eu tiña sobre os psicólogos, que habitualmente se sitúan en contra de Internet e os xogos de rol, namentres que no meu libro os defendía afirmando que eran bos para o desenrolo intelectivo do neno. Doutra banda, as entrevistas cos expertos me revelaron que na actualidade hai unha visión moi aberta as novas tecnoloxías, rexeitando algúns dos entrevistados a idea de adicción as novas tecnoloxías ou explicando que sí son positivas.

En definitiva, adquirín unha nova perspectiva do tema traballado, aínda que manteña a miña opinión persoal en tanto a certas ideas, comprendín que as novas tecnoloxías, cun uso controlado e correcto, son totalmente beneficiosas para a persoa.

B.- Propostas de mellora.: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

En canto a mellora do traballo a penas engadiría nada, seica unha maior involucración pola miña parte en procesos do traballo no que traballei pouco.

(15)

Castro Rodríguez, Raquel

A.- Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos

Gracias a este traballo púxenme ó día dos problemas e das vantaxes que traen consigo as novas tecnoloxías. Axudoume a comprender que os máis pequenos necesitan un cambio no sistema educativo en canto ás novas tecnoloxías, para que aprendan a utilizalas da mellor forma posible.

Ademais, agora sei que hai pais que están aínda moi perdidos en canto a este tema e que necesitan axuda para comunicarse cos seus fillos, que poden atopar en libros e manuais, ou incluso en internet e na televisión.

Investigando sobre este tema observei que a solución non está soamente na mellora da comunicación entre pais e fillos, senón na mellora da comunicación de toda a sociedade cos máis pequenos, xa que nos atopamos ante un cambio que afecta á forma de comunicarse de toda unha sociedade e debemos adaptarnos a el.

(16)

B.- Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

(17)

Cid Nieto, Claudia

A.- Aproveitamento individual do traballo, grupo e coñecementos adquiridos.

No referente o aproveitamento do traballo debo dicir que dende o principio pareceume interesante analizar un fenómeno de actualidade como é a relación dos nenos e as novas tecnoloxías. Aínda que nun primeiro momento pensaba que as conclusións as que chegariamos non ían ser tan diferentes o que eu pesaba (que os nenos pasan moitísimo tempo xogando coas máquinas e isto inflúe na forma que teñen de relacionarse) sorprendeume descubrir que a sociedade non funcionaba exactamente como eu pensaba. É certo que os nenos usan moito estas tecnoloxías, pero o longo do traballo démonos conta de que na maioría dos casos non existe un abuso por parte deles, sendo o uso case sempre controlado (aínda que aumenta os fins de semana). Sen dúbida a diferenciación entre uso, abuso e adicción foi unha das claves en torno as cales xirou o noso traballo.

En canto ao traballo en grupo, considero que traballamos ben entre todos tanto no reparto das tarefas como no traballo conxunto e aínda que ao principio estabamos un pouco perdidos no momento de enfocar o traballo, creo que finalmente a todos nos quedou unha idea clara do proceso e das conclusións as que finalmente chegamos.

B.- Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

 

(18)
(19)

Díaz Leal, Carla

A.- Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos

Tras investigar o tema dos novas tecnoloxías e o uso que delas fan os nenos, non descubrín ningún concepto que non soubese xa, ou polo menos nada que non oíra.Poren o que si aprendín é a comprender mellor como a sociedade non se interesa polos problemas que estas poden carrexar. As novas tecnoloxías forman parte do noso día a día e sempre hai algunha noticia relacionada con elas. Persoalmente oíra falar dos problemas de adicción as novas tecnoloxías e ademais era un tema que me interesaba moito xa que tiña persoas próximas a min que, na miña opinión estaban enganchadas a delas : un amigo meu pasábase horas ( unhas 5 horas diarias) diante do ordenador nun xogo de rol, algo que para min era incrible. Ao ir facendo o traballo fun descubrindo que agora comezan a usar este tipo de aparellos dende idades máis temperás e que os pais non poñen ningún tipo de impedimento. Pero non acababa de comprender como se chega a adicción. Cando rematamos as nosas pescudas, as miñas dúbidas quedaron resoltas. Os caso de adicción as novas tecnoloxías son escasos e o que realmente hai na sociedade actual é un abuso destas. Para evitar que as novas tecnoloxías rematen por dominar o noso día a día a solución está en poñer limites.

(20)

B.- Propostas de mellora.: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

Persoalmente do noso traballo melloraría un pouco a dinámica levada a cabo xa que ao comezo tivemos moitos problemas á hora de organizarnos. Pero sobre todo o que cambiaría sería o punto de vista dende o que enfocamos o traballo. Nun primeiro momento o grupo estibo de acordo en que o traballo sería sobre o uso que os nenos fan das novas tecnoloxías. Unha vez organizados e con todos os puntos claves a tratar así como o cronograma feito puxémonos a investigar. Tras facer varias entrevistas démonos conta de que as opinións entre os entrevistados eran totalmente opostas xa que uns afirmaba que desde facía algúns anos os nenos eran completamente adictos as novas tecnoloxías e outros afirmaban que os casos de adición eras poucos, que o que predominaba era un abuso. Isto fíxome pensar que tal vez se o noso traballo se centrase máis no debate sobre as novas tecnoloxías en vez de so o uso que fan del os nenos, daríanos máis xogo. Pero non cambiamos o enfoque porque xa tíñamos todo planificado. Aínda así o tema a tratar deu bastante de si.

Referencias

Documento similar

Pese a amplitude de horario da Escola Infantil Breogán, o equipo pedagóxico da escola considera que non é conveniente a permanencia dos nenos e ne- nas máis de 6 horas e media

Logo de varios estudos de caso e de seguimento das investigacións feitas na rexión en torno ás novas formas de xestión de recursos humanos (políticas de capacitación,

OFERTA DE PRODUTOS TURÍSTICOS DESPOIS DA CATÁSTROFE Unha vez analizadas as novas propostas que xurdiron tanto na Costa da Morte coma nos destinos de Nova York, Nova Orleáns e Phuket

A lo largo de la pandemia la confianza es imprescindible para nuestra profesión y, en muchos de los casos, nos ayudó a crear niveles de confianza más profundos con los

O termino e-learning definido pola Comisión Europea como o emprego de tecnoloxías multimedia e internet para mellorar a calidade do

Neste contexto, este traballo ten como obxectivo principal analizar, para este produto, a existencia ou non dunha relación de equilibrio no longo prazo entre os prezos dos dous

O ensino teórico, tão abstrato na educação básica como explicou Brabant (1993), transforma-se quando há novas metodologias na utilização de recursos

19 Novamente, a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo asinou un convenio co Consello Regulador da DO Rías Baixas para lograr a certificación da