• No se han encontrado resultados

ORZAMENTOS PARA O CAPÍTULO DE PERSOAL. MASA SALARIAL. INFORMACIÓN, TRASPARENCIA, SOLIDARIEDADE ENTRE OS SECTORES DO PERSOALPARA AFRONTAR A CRISE E OS RECORTES CON . ..................... 1

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "ORZAMENTOS PARA O CAPÍTULO DE PERSOAL. MASA SALARIAL. INFORMACIÓN, TRASPARENCIA, SOLIDARIEDADE ENTRE OS SECTORES DO PERSOALPARA AFRONTAR A CRISE E OS RECORTES CON . ..................... 1"

Copied!
4
0
0

Texto completo

(1)

1

ORZAMENTOS PARA O CAPÍTULO DE PERSOAL. MASA SALARIAL.

INFORMACIÓN, TRASPARENCIA, SOLIDARIEDADE ENTRE OS SECTORES

DO PERSOALPARA AFRONTAR A CRISE E OS RECORTES CON . ... 1

ANÁLISE PROVISIONAL. DA SECCIÓN SINDICAL FETE UGT NA USC. PROPOSTAS ... 1

Resumo ... 1

1.- Introdución: crise e oscurantismo ... 2

2.- Reformas orzamentarias no eido de persoal. Xunta de Galicia. USC: CIFRAS ... 2

3.- Insuficiencia do complemento específico para cumplir cos recortes... 3

4.- Critica da Sección de UGT na USC aos orzamentos da Xunta : menten ... 3 5.- Propostas:mantemento do emprego, trasparencia, responsabilidade, solidariedade 3

ORZAMENTOS PARA O CAPÍTULO DE PERSOAL. MASA SALARIAL.

INFORMACIÓN, TRASPARENCIA, SOLIDARIEDADE ENTRE OS SECTORES DO PERSOALPARA AFRONTAR A CRISE E OS RECORTES CON .

ANÁLISE PROVISIONAL. DA SECCIÓN SINDICAL FETE UGT NA USC. PROPOSTAS

Resumo

Recortes e crise na Universidade son realidades cada vez máis incisivas. A USC non está a facilitar datos económicos completos, e menos aínda aos órganos de persoal (que teñen o dereito e a responsabilidade de telos e traballalos)

- Os datos publicados (Xunta, Estado, Universidades) non concordan con precisión. As xuntanzas que se están a celebrar estes días entre a coordenadora en Defensa da Universidade (na que participamos co resto das centrais e outras organizacións) este e outros temas estánse a tratar

- Segundo cales sexan os datos reais, por riba dos recortes avanzados pola xunta (5%), quedaría un desfase que supera o millón de euros na partida de persoal

- E preciso, urxente, imprescindible que os traballadores sexamos informados e que a nosa vos sexa escoitada nos órganos de representación, mesas de negociación da crise, coordenadora en defensa da Universidade, etc.

- Debemos afrontar a crise dentro da cooperación entre sectores (PAS, PDI, funcionarios, contratados, interinos), solidariedade e poñendo enriba da mesa TODAS as opcións posibles e non só as que afectan aos máis débiles.

Un grupo de profesores e PAS de UGT están a elaborar documentos de análise con propostas para o mantemento de emprego. A primeira parte do texto de análise (que iremos actualizando ) atópase na web http://www.usc.es/sindicatos/ugt

(2)

2

1.- Introdución: crise e oscurantismo

O persoal ao servizo das Universidades Galegas estamos a recibir datos parciais sobre os recortes que serán impostos. Xunto ao oscurantismo das Universidades (USC), temos acceso a algúns datos públicos, que serven de base para esta breve análise.

Vaia por diante a queixa das Centrais porque o principal dereito do que dispoñen os representantes dos traballadores para acadar acordos a prol de manter dereitos e a paz social, é decir: o dereito á información dos órganos de representación, está sendo moi seriamente conculcado. Aínda así, con base aos datos parciais e públicos dos que dispoñemos, redactamos esta análise.

2.- Reformas orzamentarias no eido de persoal. Xunta de Galicia. USC: CIFRAS

2.1 O art. 36 do proxecto de lei de Orzamentos da Xunta de Galicia, que se aprobará, con toda probabilidade o vindeiro 26 de febreiro establece que:

 as retribucións do persoal ao servizo das entidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia sufrirán un axuste no seu conxunto un 5% da masa salarial de cada entidade.

Esta redución aplicarase a todo o persoal con independencia da relación laboral e da aplicación orzamentaria coa que se financie1.

 Ordease reducir o 5% da masa salarial mediante a redución do complemento específico anual equivalente á suma das pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro, percibíndose en doce mensualidades. (art. 36 e 20.Un letra d) do proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para 2013).

2.2- Os datos orzamentarios de persoal que están publicados ou foron ofrecidos pola USC a distintos suxeitos, son::

 A USC calculou para o curso 2013 unhas necesidades de gasto en persoal de 151.185.000 euros, atendendo aos orzamentos que ían ser presentados ao Claustro.

 No orzamento USC de 2011 a cifra de gasto de persoal é de 149.260.000€2 O proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia prevé unha cifra de 143.966.000,12 euros para o Capítulo I da USC

 A comparación da cifra das previsións orzamentarias da USC e as da Xunta de Galicia presentan un desfase de 7.219.000 euros.

2.3.- A masa salarial da que informa a USC ao Instituto Galego de Estadística responde a unha cifra de 135.239.053 euros, atendendo a súa cifra en 20113 . A masa salarial non inclúe conceptos coma as cotizacións sociais e determinados gastos coma indeminizacións. O 5% de 135.239.053 é de 6.761.952,65 euros.

2.4 A determinación dos recortes, xa sexa por vía de masa salariais ou simplemente de salarios, debe ter en consideración a previsión de xubilacións, a importancia de non adiar as datas do retiro, e decir, da vida activa remunerada cos presupostos da USC (particularmente nesta crise na que ademais de evitar despedimentos é preciso ir incorporando aos novos profesionais ao labor universitario)

1 Reiteramos que os datos que contamos os sindicatos son escasos. Tras reiteradas peticións de UGT en distintas mesas de negociación de que se faciliten aos sindicatos os datos das RPTs actualizadas e da cifra da masa salarial

2 Ddatos extraidos dos orzamentos non aprobados pola USC e os que figuran na web do Instituto Galego de Estatística -IGE)

3 datos do orzamento de persoal da USC que figuran na páxina do IGE

(3)

3

Xa que logo, deducimos as seguintes CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS:

PRIMEIRO. Vai ter lugar a perda do importe do complemento específico anual correspondente ás chamadas pagas extras.

O importe deste complemento é relativamente reducido se o comparamos coa cifra de 6.761.952,65 € que debemos reducir. Asemade, a repercusión en cada colectivo é moi diferente e non é proporcional aos ingresos percibidos

 Sirva de exemplo as cifras que perciben varios colectivos neste concepto:

 Catedrático Universidade: 960 euros/ano

 Titular de Universidade ou Profesor contratado doutor: 457€ /ano

 Xerente 3.675,69€ /ano

 Xefe de servizo do PAS funcionario 1.326,83€/ano

 Posto base do grupo C1 do Pas funcionario 453,10 €/ano.

3.- Insuficiencia do complemento específico para cumplir cos recortes

3.1. Non sendo suficiente a redución do complemento específico, serán precisas medidas suplementarias da USC para axustar o seu orzamento de persoal ás verdadeiras dispoñibilidades orzamentarias que lle sinala a Xunta de Galicia.

 Non é posible a redución de partidas salariais sen incumprir as normas legais estatais e autonómicas que regulan a contía dos salarios a percibir polo persoal docente e investigador, así como o salario base do PAS.

 As únicas reducións de salarios que a USC podería afrontar legalmente sería a dos complementos que ten negociado con PAS. Tendo en conta as contías a reducir, resultaría totalmente inasumible por este colectivo.

 Xa que logo os despedimentos presentanse como unha alternativa lamentable, pero legal, para reducir o importe da masa salarial.

3.2 A USC leva anos recortando o seu equipo de persoal, mediante a non renovación de contratos de carácter temporal, tanto no PDI coma no PAS, e a non cobertura de vacantes. O GRAO DE OSCURANTISMO DA ACTUAL EQUIPA REITORAL E XERENCIAL, que viola os dereitos dos traballadores, os dereitos dos seus representantes, e o SENTIDO COMÚN que recomendaría aunar forzas para xuntos saír adiante

4.- Critica da Sección de UGT na USC aos orzamentos da Xunta : menten

As Universidades xeran emprego directo e indirecto, cun efecto na sociedade que estes orzamentos non están a valorar o respeitar. O recurte proposto dende o PP autonómico falsea a realidade dunha universidade na que conviven distintos estamentos, e persoal financiado por distintas administración, e incluso dende empresas. Propor unha fórmula directa como neste caso, cortar un 5% é un exercizo de falsedade e descoñecemento da convivencia de distintas fontes orzamentarias, de ruptura entre colectivos que levan anos (séculos) convivendo pacíficamente. Para explicar con máis detalle este epígrafe, a Sección difundirá un escrito separado.

5.- Propostas:mantemento do emprego, trasparencia, responsabilidade, solidariedade

5.1 A USC TEN OUTRO CAMIÑO. Pode reducir o importe doutras partidas orzamentarias e transferir recursos para o persoal. Non se poden aceptar máis despedimentos.

5.2. USC, e Centrais de tódolos sectores deben unirse nunha mesa que desenvolva os seus traballos como segue:

(4)

4

 Ca premisa de EVITAR DESPEDIMENTOS, e

 Baixo os principios de:

o transparencia (que se entreguen datos reais de masa salarial, aforros por posibles funcionarizacións, previsións de xubilacións, eliminación de remuneración nos postos académicos e de asesores, etc.),

o responsabilidade,

o solidariedade entre o persoal da USC

o colaboración entre as equipas de goberno da USC e as centrais sindicais, fronte as imposicións irreflexivas, inxuzstas e graves desde a Xunta de Galicia

Referencias

Documento similar

• Decisión de Execución (UE) 2016/650 da Comisión, de 25 de abril de 2016, que establece normas para a avaliación da seguranza dos dispositivos cualificados de creación de asinaturas

Estou satisfeito co desenvolvemento da avaliación non presencial posta en marcha tras a declaración do estado de alarma derivada da crise sanitaria.. Faga os comentarios e achegas

Debe sinalarse que o persoal da Biblioteca Universitaria participa en diferentes grupos de mellora da Universidade de Santiago de Compostela, como o do Plan de Formación

• Regulamento de Execución (UE) 2019/1927 da Comisión de 19 de novembro de 2019 relativo ás excepciones a ás normas sobre produtos orixinarios establecidas no Acordo

Dado que o obxectivo último do Acelerador de Transferencia é a comercialización dos resultados de investigación da USC, o apoio da AVTE poderá continuar unha vez finalizado o

Os créditos previstos para este capítulo no orzamento do exercicio 2006 ascenden a 121,22 millóns de euros, o que supón un crecemento respecto ao exercicio anterior do 5,07 %

 Persoal do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) da área de influencia da Universidade de Santiago de Compostela, para os seus fillos/as. A

• Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 por que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de