• No se han encontrado resultados

GUÍA DIDÁCTICA "HISTORIA CONTEMPORÁNEA" 1. Descripción da materia

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "GUÍA DIDÁCTICA "HISTORIA CONTEMPORÁNEA" 1. Descripción da materia"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

1. Descripción da materia

Historia Contemporánea é unha materia obrigatoria de 6 créditos ECTS de cuxa docencia se ocupa a profesora Ana Cabana Iglesia, do departamento de Historia Contemporánea e de América no Grao Semipresencial de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Trátase dunha materia do segundo curso do grao programada para o segundo semestre que, alén de formar en aspectos centrais para calquera titulado no desempeño de calquera traballo (profesorado, axente cultural, etc.), fornece de bimbios para poder contextualizar outras materias do grao (por exemplo Historia de España, Xeografía dos Grandes Espazos Mundiais, Historia Social e Cultural de Europa II, etc.) e resulta básica para unha comprensión significativa doutras ( por exemplo, Ética e política dos Dereitos Humanos, Historia Actual, Historia da Arte II, etc.).

Segundo o horario oficial, as aulas presenciais terán lugar os martes de 16 a 17 horas e, tal como está previsto, non serán obrigatorias para o alumnado matriculado, que poderá seguir a materia a través da plataforma virtual da USC. As titorías presenciais levaranse a cabo no Despacho 118 da Facultade de Humanidades (1º andar). O horario de ditas titorías será público para ó alumnado o primeiro día do curso.

2. Obxectivos da materia O/A alumno/a deberá:

O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da Historia contemporánea Universal, aínda que con énfase no continente europeo.

O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos: políticos, económicos, sociais e culturais.

(2)

O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.

O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.

O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica. As características da sociedade actual teñen raíces no pasado recente; o sistema económico dominante (capitalista) configurouse na súa forma actual ó longo dos séculos XIX e XX; as doutrinas e cosmovisións políticas fundamentais proceden do século XIX (socialismo, liberalismo, nacionalismo…).

3. Competencias da materia.

Específicas

O/A alumno/a será capaz de:

CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.

CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo contemporáneo.

CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando as raíces de trazos do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc., etc.

CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.

CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade.

(3)

Transversais

O/A alumno/a será capaz de:

CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais dispoñibles

CT-2 Aprendizaxe autónoma.

CT-3 Elaborar por escrito contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.

CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.

4. Contidos

A materia estará organizada en 10 Unidades Didácticas:

1. O fin do Antigo Réxime: sociedade, política e economía

2. Revolucións atlántico-occidentais e o Imperio napoleónico (1775- 1814/15)

3. Revolución industrial e civilización burguesa

4. Restauración e Revolución liberal (1814/15-1848)

5. Movementos nacionalistas: unificacións de Italia e Alemaña

6. A consolidación do capitalismo: sociedade de clases e movemento obreiro

7. Relacións internacionais e Imperialismo: a Paz armada (1871-1914) 8. Primeira Guerra mundial e Revolución rusa. A reorganización territorial de Europa

9. O período de entreguerras: crise da democracia e irrupción dos fascismos

10. A Segunda Guerra mundial

(4)

Cronograma:

1ª semana Aula introdutoria 9ª semana Tema 6

2ª semana Tema 1 10ª semana Tema 7

3ª semana Tema 2 11ª semana Tema 8

4ª semana Tema 2 12ª semana Tema 8

5ª semana Tema 3 13ª semana Tema 9

6ª semana Tema 4 14ª semana Tema 9

7ª semana Tema 5 15ª semana Tema 10 8ª semana Aula non presencial:

repaso dos contidos dados

16ª semana Aula non presencial:

repaso dos contidos dados

5. Bibliografía básica e complementaria

ARTOLA, M. y PÉREZ LEDESMA, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid,Alianza Editorial, 2005.

BAHAMONDE. A.; VILLARES, R., Historia del Mundo Contemporáneo, ss.

XIX y XX. Madrid,Taurus, 2001.

BAYLY, C. A., El nacimiento del mundo moderno, 1789-1914. Conexiones y comparaciones globales. Madrid, Siglo XXI, 2010.

BRIGGS. A.; CLAVIN. P., Historia contemporánea de Europa. 1789-1989, Barcelona. Crítica, 1997.

CASANOVA, J., Europa contra Europa, 1914-1945, Barcelona, Crítica, 2011.

CASSASAS, J., La construcción del presente. El mundo desde 1848 hasta nuestros días, Barcelona, Ariel, 2005.

FERNÁNDEZ, A., Historia Universal. Edad Contemporánea, Barcelona, Vicens Vives, 2006.

FIGES, O., La revolución rusa, 1891-1924. La tragedia de un pueblo, Barcelona, Edhasa, 2010.

HOBSBAWM, E. J., Los ecos de la Marsellesa, Barcelona, Crítica,1992.

(5)

HOBSBAWM, E. J., Naciones y nacionalismo desde 1780, Barcelona, Crítica, 1991.

HOBSBAWM, E.J., Las revoluciones burguesas. Madrid, Guadarrama, 1964.

HOBSBAWM, E. J, Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1995.

HOWARD, M., La Primera Guerra mundial, Crítica, Barcelona, 2003.

LACOSTE, Y., Geopolítica. La larga historia del presente, Madrid, Síntesis, 2009.

MAZOWER, M., La Europa Negra. Desde la Gran Guerra hasta la caída del Comunismo, Barcelona, Ed. Taurus, 2001.

MOSSE, G. L., La cultura europea del siglo XIX y La cultura europea del siglo XX, Ed. Ariel, Barcelona, 1997.

OVERY, R., Atlas histórico del siglo XX, Madrid, Akal, 2009.

PAREDES ALONSO, F.J. (ed), Historia Universal Contemporánea, Madrid, Ariel, 2004.

ZAMAGNI, V., Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2001.

6. Metodoloxía do ensino.

Seguirase a seguinte metodoloxía:

-Aula introdutoria: sesión orientada a presentar as diferentes unidades didácticas ou temas que compoñen o programa da asignatura, así como a tomar contacto e obter información das competencias, intereses e motivacións do alumnado coa finalidade de artellar a docencia para unha aprendizaxe máis significativa. Tamén se tratará de solventar, de existir, calquera dúbida ou problema que poida existir sobre a USC Virtual, plataforma baseada no programa Moodle, na que se artella a materia.

-Aulas expositivas: explicación dos contidos da asignatura por parte da profesora, co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC, e presentación das liñas básicas para o desenvolvemento das actividades relacionadas coa mesma. Estes

(6)

contidos serán obxecto de avaliación mediante un exame (véxase apartado "sistema de avaliación EIXO 1").

-Aulas interactivas: os/as alumnos/as traballarán cos materias que se porán á súa disposición no Campus Virtual da USC realizando diferentes actividades (comentarios, lecturas, participación en foros, realización de probas, etc.) seguindo o cronograma establecido, o que contemplará un volume de traballo que será obxecto de avaliación particular (véxase apartado de "sistema de avaliación" o EIXO 2).

-Titorías: os/as estudantes disporán dun horario de atención presencial (ademais das realizas de modo no presencial vía ferramentas da Aula Virtual) por parte de la profesora responsable da materia a fin de que poidan realizar consultas tocantes á materia ou á organización académica.

Esta materia impártese na modalidade semipresencial do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural polo que a metodoloxía empregada combina sesións presenciais dunha hora semanal e a formación telemática a través do campus virtual da USC. Nas sesións presenciais, de asistencia voluntaria para o alumnado, a profesora expoñerá as liñas principais de cada tema, proporcionando indicacións para o estudo e a aprendizaxe autónoma dos alumnos. Algunhas das sesións presenciais dedicaranse a repaso e ó afondamento en aspectos concretos. Toda a información proporcionada e os materiais empregados nas sesións presenciais quedará a disposición do alumnado na aula virtual.

En canto á formación telemática, o/a alumno/a disporá a través da aula virtual de materiais específicos para a preparación de cada tema, así como orientacións bibliográficas e documentos de traballo. Para comprobar o progreso da aprendizaxe telemática realizaranse actividades prácticas no campus virtual. A plataforma virtual utilizarase tamén para a entrega e avaliación dos traballos individuais, así como para formular as posible dúbidas utilizando as ferramentas específicas (foro e mensaxes privadas).

(7)

8. Sistema de avaliación.

AVALIACIÓN ORDINARIA:

O sistema de avaliación terá 2 eixos:

EIXO NÚMERO 1. Proba final (exame) que se realizará na data oficial sinalada pola facultade de Humanidades: suporá o 50% da cualificación final. A nota de aprobado desta proba establécese en 5 puntos (sobre 10).

EIXO NÚMERO 2. Traballos persoais e/ou en grupo de entrega obrigatoria: 50%. A docente sinalará actividades obrigatorias en función da temática da unidade didáctica (realización dunha lectura e comentario, visionado dalgún material audiovisual e análise, etc.).

Considerarase superada a avaliación destas actividades atendendo a dous aspectos: a) criterios académicos e b) entrega en prazo. Con respecto ós primeiros estes serán:

1.- Nivel de dominio dos contidos.

2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.

3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.

4.-Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.

5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un comentario.

6.- Nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.

Será preciso ter un mínimo (2,5 sobre 5 puntos) en cada un do eixos avaliables para a superación da materia.

A avaliación positiva dun dos eixos poderá ser conservada para a

(8)

A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas que identifiquen a súa autoría.

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE (RECUPERACIÓN DENTRO DO MESMO CURSO ACADÉMICO E DE REPETIDORES/AS) 1) Exame (computará por valor del 50% da cualificación final).

2) As actividades prácticas avaliadas negativamente ou non presentadas no seu momento deberán ser entregadas na data do exame (50% da cualificación final).

O tempo de estudo e traballo persoal dependerá de múltiples factores:

nivel de comprensión lectora, facilidade de redacción, coñecementos previos, etc. polo que non existe un cómputo válido para todos/as os/as alumnos/as. En todo caso, podemos sinalar que se estima que a carga total de traballo sexa de 150 horas:

18 horas presenciais, das cales:

Sesións presenciais de asistencia voluntaria: 15 horas Exame final: 3 horas

132 horas de estudo e traballo autónomo do alumno Total de horas consideradas: 150

9. Recomendacións para o estudo da materia

Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación.

Do mesmo modo, é conveniente a lectura da bibliografía ou materiais de

(9)

apoio (presentaranse en cada tema baixo o epígrafe "Para saber máis...") xeral e da específica que achega a profesora en cada tema para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas sesións presenciais. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitalizadas.

Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión coma a presentación no aspecto formal, ó igual que a creatividade persoal e o rigor científico.

Referencias

Documento similar

Alén disto, segundo deixa ver a formulación do programa da materia, esta materia de segundo curso está conectada con calquera outra dos graos impartidos nas

Constitúe unha introdución para a Historia da lingua galega, materia do módulo de Introdución ó estudo da lingua e literatura galegas, que se dispensa no 2º curso, e tamén para

a) De ter superados os 54 créditos de FB da rama de ciencias sociais e xurídicas, o solicitante deberá cursar a materia: 106 Introdución á Contabilidade do Grao en ADE,

a) De ter superados os 54 créditos de FB da rama de ciencias sociais e xurídicas, o solicitante deberá cursar a materia: 106 Introdución á Contabilidade do Grao en ADE,

1 Tanto os obxectivos como o plan de traballo deben ser realistas, tendo en conta o nivel do alumnado ao que se oferta o proxecto (alumnado do 4º curso do Grao en Química), como

1 Tanto os obxectivos como o plan de traballo deben ser realistas, tendo en conta o nivel do alumnado ao que se oferta o proxecto (alumnado do 4º curso do Grao en Química), como

1 Tanto os obxectivos como o plan de traballo deben ser realistas, tendo en conta o nivel do alumnado ao que se oferta o proxecto (alumnado do 4º curso do Grao

1 Tanto os obxectivos como o plan de traballo deben ser realistas, tendo en conta o nivel do alumnado ao que se oferta o proxecto (alumnado do 4º curso do Grao