Configuración do proxy web da USC

Download (0)

Full text

(1)

Configuración do proxy web da USC

Contidos

1 Mozilla Firefox 2 Google Chrome

Un ​proxy​ é un servidor intermedio a través do cal accedemos a recursos e servizos. No caso da USC, o uso do proxy web permítenos navegar cun enderezo de rede da Universidade, co que poderemos acceder a servizos limitados á rede interna.

Este manual describe o procedemento para configurar o proxy web da USC nos nosos

navegadores (Mozilla Firefox ou Google Chrome) mediante unha extensión. O sistema funciona tanto en Windows 10 coma en Linux.

O uso dunha extensión permite activar e desactivar o uso do proxy dun xeito sinxelo. Cómpre ter en conta que é recomendábel ter o proxy activado unicamente cando o precisemos para acceder a un recurso limitado á rede da USC, e nunca de forma permanente.

1 Mozilla Firefox

Para instalar FoxyProxy Standard en Firefox debemos entrar ​na web da extensión​ e premer en Add to Firefox/​Engadir a Firefox.

Unha vez instalado aparecerá o icono na parte superior dereita do navegador.

(2)

O seguinte paso é configurar a extensión premendo no seu icono e seleccionando ​Options no menú.

Na pantalla de opcións prememos en ​Add​, enchemos o formulario cos datos a seguir e facemos clic en ​Save.

Title: ​USC

Proxy type:​ HTTP Proxy IP: ​proxy.usc.es Port:​ 8080

Username:​ nome.apelido@usc.gal (o noso correo electrónico) Password:​ (contrasinal das nosas credenciais de acceso na USC)

(3)

Agora que xa temos configurada a extensión podemos comezar a usala. Abrimos unha nova aba e prememos no icono para activar o proxy da USC para a nosa navegación.

O texto ​USC​ con fondo de cor verde no icono indicaranos que a configuración do proxy está activa. Se escribimos un enderezo na barra da URL, accederemos á páxina escollida a través da rede da USC (e con IP da Universidade). Podemos verificalo na páxina

https://www.whatismyip.net​, onde vemos que navegamos cunha IP que non é da nosa operadora de telecomunicacións, senón da Universidade.

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy. Para iso, volvemos premer no icono da extensión e seleccionamos ​Turn off.

(4)

2 Google Chrome

Para instalar FoxyProxy Standard en Chrome debemos entrar ​na web da extensión​ e premer en ​Add to Chrome/​Engadir a Chrome​. Unha vez instalado aparecerá o icono na parte superior dereita do navegador.

O seguinte paso é configurar a extensión premendo no seu icono e seleccionando​ ​Options​​ no menú.

(5)

Na pantalla de opcións prememos en ​Add New Proxy​​, enchemos o formulario cos datos a seguir e

facemos clic en ​Save.

Host or IP Address:​ ​proxy.usc.es Port:​ 8080

Username: ​nome.apelido@usc.es (o noso correo electrónico) Password:​ (contrasinal das nosas credenciais de acceso na USC)

Agora que xa temos configurada a extensión podemos comezar a usala. Abrimos unha nova aba e prememos no icono para activar o proxy da USC na nosa navegación.

(6)

A cor do icono indicaranos que a configuración do proxy está activa. Se escribimos un

enderezo na barra da URL, accederemos á páxina escollida a través da rede da USC (e con IP da Universidade). Podemos verificalo na páxina ​https://www.whatismyip.net​​, onde vemos que navegamos cunha IP que non é da nosa operadora de telecomunicacións, senón da

Universidade.

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy. Para iso, volvemos premer no icono da extensión e seleccionamos ​Disable FoxyProxy.

(7)

Nota:​ en Chrome non funcionan as credencias de acceso co dominio ​usc.gal, co que deberemos empregar sempre a variante ​usc.es.

Figure

Updating...

References

Related subjects :