A ORGANIZACIÓN DA ECONOMÍA MUNDIAL GLOBALIZADA UNHA ECONOMÍA

Texto completo

(1)

UNHA ECONOMÍA GLOBALIZADA

A ORGANIZACIÓN DA ECONOMÍA

MUNDIAL

(2)

ACTIVIDADE ECONÓMICA

TRAZOS

•Busca satisfacer as necesidades e desexos a través de bens e servizos a cambio dunha ganancia.

•No intercambio entra en xogo a lei da oferta dos produtores e a demanda dos consumidores.

•O conxunto dos bens e servizos producidos durante un ano nun territorio é o PIB.

FASES

•Produción

•Distribución

•Consumo

SECTORES

•Sector primario; actividades dirixidas a obter alimentos e materias primas. Son; agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal.

•Sector secundario; actividades económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados. Son; Industria, minaría, sector enerxético e construción.

•Sector terciario; comprende os servizos.

ACTIVIDADE

ECONÓMICA

(3)

ACTIVIDADE ECONÓMICA

AXENTES

ECONÓMICOS

•AS PERSOAS; achegan o seu traballo as empresas e ó Estado por un salario.

Empregan os seus ingresos en adquirir bens e servizos e tamén pagar impostos.

•AS EMPRESAS; Producen bens e servizos a cambio dun beneficio económico.

Pagan impostos.

•O ESTADO; Elabora a política económica e busca o benestar da sociedade producindo e distribuíndo bens e servizos.

FACTORES

PRODUTIVOS. O seu conxunto é o custo da

produción

•Recursos naturais; materias primas e fontes de enerxía.

•Traballo; esforzo humano utilizado para producir un ben ou servizo.

•Capital ou diñeiro necesario para;

montar a empresa, comprar máquinas, fábricas.. E investir en formación.

•Tecnloxía; conxunto de instrumentos e procedementos que permiten;

producir, organizar e distribuir os bens e servizos de forma eficaz.

ACTIVIDADE

ECONÓMICA

(4)

Concepto

•É un proceso de progresiva liberalización dos intercambios de bens, servizos, tecnoloxía, traballo e capitais entre os distintos países. As consecuencias deste proceso de liberalización son;

•O crecemento do comercio entre os países.

•Integración económica mundial o que fai que os países dependan máis das exportacións, das importacións e tamén dos investimentos estranxeiros.

•Novas potencias económicas.

•Unha globalización social e cultural; no pensamento, na forma de vida e nas modas.

Organismos da economía

mundial

•Organización Mundial de Comercio (OMC);

ocúpase das normas que rexen o comercio e velan pola súa aplicación e polo seu cumprimento. 161 países son membros da OMC

•O Fondo Monetario Internacional; asegura a estabilidade financeira. Concede empréstitos a países con problemas.

•O Banco Mundial; concede empréstitos para a reducir a pobreza e axudar o desenvolvemento dos países pobres.

•Outros organismos; G-8 e G-20 reúnense periodicamente e analizan os problemas da economía mundial.

GLOBALIZACIÓN

(5)

Liberación dos Intercambios de produtos

e dos mercados

•Liberalizar os intercambios dos produtos e evitar obstáculos como; aranceis, subvencións, limitación de artigos ou normas de calidade.

•Liberalizar os mercados financeiros, significa que os capitais dun país poda investirse noutros; na Bolsa, en empresas, en depósitos bancarios, etc.

•Para que os produtos e os capitais se movan con liberdade é necesario que os países alcancen acordos como os alcanzados na Rolda de Uruguai e a Rolda de Doha

Os transportes e as novas tecnoloxías

•A globalización sería impensable sen un desenvolvemento das infraestructuras que son sobre todo dúas; os transportes (aéreo e marítimo) e as redes de comunicación (esencialmente por satélite e Internet)

GLOBALIZACIÓN

(6)

As deslocalizacións

•É o proceso polo que unha empresa pecha factorías ou sucursais no seu país e as establece noutros Estados do mundo. Búscanse vantaxes como un menor custo laboral, menos esixencias de coidado medioambiental, menos impostos ou estar cerca dos mercados onde se quere vender. Isto provoca perdas de emprego nos países de orixe e pola contra unha mellora en inversión e emprego nos países que reciben as empresas deslocalizadas.

As empresas coa deslocalización melloran os seus resultados

GLOBALIZACIÓN

(7)

OS EFECTOS DA GLOBALIZACIÓN

O desenvolvemento do comercio

Coa globalización houbo un gran crecemento das relacións comerciais. Este crecemento beneficiou os países desenvolvidos e os países emerxentes que controlan o 85% do comercio mundial. Pola contra aumentou a competencia o que obrigou as empresas a incrementar os investimentos para seren máis competitivos.

O crecemento das empresas multinacionais

- Pola creación dun mercado mundial, polo que aumenta o número de clientes potenciais.

- Abaratamento dos custos de produción e mellora de competencia.

Normalmente a súa sede está nos países desenvolvidos e as empresas filiais nos países subdesenvolvidos ou nos países emerxentes.

O crecemento dos países en desenvolvemento

Os países en desenvolvemento teñen taxas de crecemento económico superiores ás dos países desenvolvidos. Por causas como:

Investimento de capitais, deslocalización, apertura dos mercados.

A globalización mundial

É a norteamericanización dos gustos e da demanda de ocio e cultura, co consumo de produtos estadounidense como; películas, música, videoxogos, etc. As industrias de ocio de India e Nixeria encontran demanda nos mercados rexionais.

(8)
(9)

Orixe e evolución das multinacionais

Fuente: www.kalipedia.es

(10)

O AUXE DAS ECONOMÍAS EMERXENTES

Considéranse emerxentes os países que presentan un forte ritmo de crecemento do PIB e da súa participación no comercio exterior. Este crecemento traduciuse en:

• Un gran desenvolvemento industrial.

• O crecemento da demanda interna, orixinado polo consumo dos cidadáns, empresas e o Estado, que facilita infraestruturas e servizos.

• Acumulación de diñeiro, que lles permite participar no mercado financeiro mundial e reducir a súa dependencia financeira.

• O incremento dos investimentos en I+D+i. O desenvolvemento destes países depende cada vez menos dos investimentos estranxeiros.

Dentro dos países emerxentes destaca o grupo

denominado BRICS: Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica.

(11)

AS ECONOMÍAS EMERXENTES

(12)

Vantaxes e desvantaxes dos países emerxentes

Vantaxes:

• teñen unha abundante poboación que reciben baixos salarios.

• Están ben comunicados ou nas áreas de influencia dos países desenvolvidos.

• Dispoñen de recursos enerxéticos ou materias primas básicas.

• Os Estados potenciaron o seu desenvolvemento.

Desvantaxes:

• Os baixos salarios crean grandes diferenzas sociais.

• O desenvolvemento se concreta en algunhas zonas e en sectores determinados.

• Dependen excesivamente das exportacións.

• Non se ten en conta o impacto negativo sobre o medio

ambiente.

Figure

Actualización...

Referencias

Actualización...

Related subjects :