• No se han encontrado resultados

Coord. x: Coord. y:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Coord. x: Coord. y:"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  031  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro 2.  LOCALIZACIÓN    

 Nome:   CASTRO DE CRISTIMIL  Topónimo:   Castro de Mato; O

Coveliño.  Provincia:   Pontevedra  Concello:   Lalín

 Parroquia:   Cristimil (San Xurxo)  Lugar:   Cristimil

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)      

 UTM:  Fuso  29   Coord.  x:     566.565 Latitude:   42° 39' 55,398" N Coord.  y:     4.723.978 Lonxitude:   8° 11' 15,818" O  

 Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   154 - 11 Esc.  1/5.000:   0122A-0108 (malla anterior: 0122 8-1)

ACCESOS  

Saíndo de Lalín, tomámola N-525 en dirección Santiago. Pasamos o lugar de Prado, e en A Eirexe, pouco despois de pasar o P.K. 298, collemos á esquerda (ao sur) a estrada PO-6004, que vai ata Cristimil. Ao chegar ao lugar de Sanxurxo, ábrese unha pequena praza á dereita (ao oeste), na que está o Centro Social. A 100 m. deste punto, chegamos ao castro, xa que a PO-6004 continúa polo foxo leste do xacemento. 3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

 Altitude:     482 m.s.n.m.

 Emprazamento  topográfico:   Ladeira que baixa en dirección noroeste.  Utilización  do  entorno:    

(2)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN    Vexetación  

Na croa hai unha plantación de millo. Arborado (castiñeiro, carballo), e monte baixo.

 Descrición  das  alteracións:  

No sector norleste a construción dunha vivenda (coa súa conseguinte escavación), mutila parte do terraplén. Ao leste, hai un corte e un aterrazamento. A estrada PO-6004 afecta ao terraplén surleste e ao seu foxo. Cara ao oeste e suroeste, escavación no terraplén para ampliación de leiras. A base do terraplén na súa parte norte está moi afectada pola existencia dunha fonte e un lavadoiro.

 Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:       Regular:    X   Malo

:     Moi  malo:       Desaparecido:        Causas  de  alteración:  

Antrópicas (escavación, construcións, estrada e terras de cultivo) e naturais (erosión).

 Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:      Protección  física:    

 Intervención  arqueolóxica:    

 Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X 5.  MATERIAIS  

Descrición:    

Ao longo das diferentes obras e afeccións apareceron diversos materiais: Muíño circular (Meijide e Rey, 1989), e anacos de cerámica, cacharros de barro cheos de borralla e muíños de man redondos (Buxán 1989: 20) e outros materiais cerámicos (Presas 2008:278-79).

 Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X  Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:   -­‐  Museo  ou  colección  privada:  

(3)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

Castro composto por un recinto de planta oval. Ten as seguintes dimensións, no eixo NW-SE mide 60 m. (interior) e uns 95 m. (exterior). O eixo N-S mide 75 m. (interior) e 90 m. (exterior); se incluímos o foxo neste eixo, chega aos 115 m.

O terraplén rodea todo o recinto pero non se conserva na zona oeste, mentres que na leste apréciase nalgúns treitos. Ten un caída máxima duns 11 m. cara ao norte. Conserva parapeto nas zonas norleste, este, sur e arranque de surleste, acadando unha altura duns 9-10 m. ao respecto da superficie da croa. Un foxo rodea os sectores meridional e oriental do recinto, aínda que neste lado está moi modificado polo trazado da estrada PO-6004. Hai unha entrada recente -que corta o parapeto- polo suroeste que da acceso as leiras cultivadas no interior da croa.

Na imaxe do voo Americano de 1956 - 1957 non se aprecian moitas das alteracións actuáis do xacemento (estrada, etc.).

(4)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

(5)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

9.  FOLKLORE  

- “El 24 de junio salía una mujer en forma de culebra y otras veces guardaba una gallina con pollitos de oro”. (Filgueira e García 1956: 125)

- “O día 24 de xuño saía unha muller en forma de culebra e outras veces gardaba unha galiña con poliños de ouro” (Buxán 1989: 20, tomando referencia de Taboada 1965: 240).

- “Aquí viviron os mouros” (Recollido por A. Presas en 1994, Presas 2008: 278).

-“ Na fonte, que hai pola parte de abaixo do castro, teñen visto unha galiña con pitos pero, cando os querían coller, desaparecían todos” (Recollido por A. Presas en 1994, Presas 2008: 278).

- “Hai unha viga de ouro e alquitrán debaixo do castro. Se alguén atopa a de ouro será moi rico, pero se toca a de alquitrán desaparecerá todo Cristimil” (Recollido por A. Presas en 1994, Presas 2008: 278) “ Na noite meiga de S. Xoán unha xove moura, que habitaba no castro, transfórmase en cobra e baixa a bebera o río Dezao u Asneiro a 500 m do castro” (Recollido por Mº E. Vázquez en 1994; tomado de Presas 2008: 278).

-“Unha viga de ouro e alquitrán vai desde este castro ata a ponte vella de Orneiros” . (Recollido por A. Presas en 2006, Presas 2008:278).

“ No castro vive unha galiña que pon ovos de ouro e, aínda que a teñen buscado, polo de agora non se atopou”. (Recollido por A. Presas en 2006, Presas 2008:278).

“ Unha xove moura transformase en cobra para tomar o sol e baixara o río, que tanto pode ser Deza como Asneiro”. (A. Vázquez 1991, tomado de Presas 2008:278).

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X Non  axeitado:      Estado  de  conservación  actual:  

Ben conservada a zona do parapeto sur; ademais do terraplén do sector noroeste, cunha caída duns 9 m.  Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Agora hai que acceder ao castro subindo por un terraplén. Si se acondiciona a escavación recente no sector norleste, se accede sen problema á croa.

 Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):   Entidade do parapeto e os terrapléns.

 Perceptibilidade  das  estructuras:  

Boa. O castro se percibe ben dende a estrada e dende o contorno inmediato.  Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

Pódese deixar o coche ou o autobús a uns 100 mts. ao norte do xacemento. Se accede ben andando ata o pe do xacemento, pola beira da estrada. Polo interior do castro, a circulación é boa.  

(6)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

 Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Entidade do parapeto, sobre todo ó leste. Tamén podería ilustrar como unha obra pública – neste caso unha estrada- pode afectar a un ben arqueolóxico.

 Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:   Limpeza e retirada dos cultivos na croa.  

 Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

Igrexa. Fonte, lavadoiro e un caseta cun artiluxio de veterinario.   10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 590.

BOUZA BREY, F. (1952 ¿o 53?: “Dólmenes con grabados serpentiformes y hacha y rompecabezas nórdicos de la Galicia Central”. Archivo Español de Arqueología . XXVI: 143-53.

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx.34-35.

CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,universidade de Santiago de Compostela.

(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323.

EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-19 do PGOU de Lalín”.

FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954- 56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 125.

GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 42.

MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos

Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia.

PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest

VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989).

Informante(s):  

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz Lugar  e  data:    

(7)

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

GA36024031. CASTRO DE CRISTIMIL (Cristimil, San Xurxo de Cristimil).

IMG_6084. Vista desde o O.

(8)

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

IMG_6086. interior da croa.

(9)

Referencias

Documento similar

1 Hai que advertir que as materias do primeiro semestre de 2º curso directamente achegaranvos contidos e favorecerán aprendizaxes que traballaredes experiencialmente na fase

Para os efectos de establecer unha referencia normativa e definir con claridade que debe entenderse por obxecto do contrato, as institucións europeas normalizaron

Para seleccionar a cámara principal ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto, como cámaras de documentos, portátiles, videocasetes ou reprodutores de DVD, pódese empregar

Estamos na última unidade didáctica do programa, analizando como se xestiona a Seguridade Alimentaria e para iso hai que volver incidir no concepto de avaliación da calidade e

25 LCG e baseándose na declaración do denunciante-prexudicado e na localización de ambos os socios no mesmo lugar o día dos feitos denunciados (unha parada de taxis), no acordo de

A xinocrítica é anterior no marco galego ca no hispánico (Pena Presas 2016), mais non hai que perder de vista que esta posibilitaba non só deitar unha perspectiva feminista sobre os

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2017 Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura. Curso académico

Pero hai unha di- ferencia fundamental que nos fai temer polo futuro do galego máis que polo futuro do vasco: onde al í houbo, e hai, unha vigorosa reacción