• No se han encontrado resultados

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE CROHN E COLITE ULCEROSA DE OURENSE (ACCU OURENSE)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE CROHN E COLITE ULCEROSA DE OURENSE (ACCU OURENSE)"

Copied!
17
0
0

Texto completo

(1)

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE CROHN E

COLITE ULCEROSA DE OURENSE

(ACCU OURENSE)

CAPÍTULO I. DA ASOCIACIÓN EN XERAL.

Artigo 1.

Co nome de ACCU OURENSE (Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense), constitúese unha Asociación de carácter civil e cos fins e obxectivos que se determinan nestes Estatutos. Constitúese por tempo indefinido, salvo disolución acordada na forma que se determine máis adiante.

A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución Española e o resto do Ordenamento Xurídico, a Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e demais disposicións legais aplicables, e de forma especial o establecido nos presentes Estatutos. Serán nulos de pleno dereito os pactos, disposicións estatutarias e acordos que descoñezan calquera dos aspectos do dereito fundamental de Asociación.

Esta entidade ten plena personalidade xurídica independiente da dos seus membros, con capacidade de obrar, de comparecer e exercitar accións ante toda clase de institucións e persoas. A Asociación non persegue no cumprimento da súa actividade ningún fin lucrativo. A Asociación conta cos medios personais e materiais necesarios para o cumprimento dos seus fins e se atopa aberta a calquera outra persoa ou persoas que reúnan as condicións e caracteres esixidos pola índole dos seus fins, e independentemente da patoloxía que padezan.

Artigo 2.

O domicilio principal e permanente da asociación radicará en: Dirección: rúa Recaredo Paz, nº: 1 – 32005

Localidade: Ourense Provincia: Ourense

(2)

Mediante acordo da Xunta Directiva, a Asociación poderá trasladar o seu domicilio dentro do territorio provincial. A Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, poderá habilitar cantos domicilios estime necesarios, subordinados ó anterior, para o funcionamiento da Asociación, así como, para o cumprimento dos seus fins e obxectivos recollidos nos presentes Estatutos.

Artigo 3.

O ámbito territorial da Asociación extendese á totalidade do territorio da provincia de Ourense, puidendo constituirse en Unión de Asociacións ou Federación con outras Asociacións de ámbito provincial, autonómico, nacional ou internacional.

Artigo 4.

A Asociación ten duración indefinida, non puidendo disolverse máis que por imperativos legais, en casos e formas establecidas nos presentes Estatutos, ou por decisión da Asemblea Xeral.

Artigo 5.

Son fins principais da Asociación:

a. Informar, orientar e asesorar ás persoas enfermas no seu aspecto bio-psico-social, intervindo mediante actuacións efectuadas por profesionais especializados.

b. Fomentar o estudio e a investigación en tódalas etapas das enfermidades inflamatorias intestinais c. Promover as accións de prevención e promoción da saúde dirixidas a toda a sociedade

d. Desenvolver actuacións de atención integral que promovan a máxima independencia nas actividades da vida cotidiana

e. Implementar as accións axeitadas dirixidas á poboación infantil e xuvenil, fomentando a participación das persoas integrantes da sección xuvenil nas actividades propias da Asociación f. Implantar as actuacións necesarias para o acollemento e mantemento das persoas voluntarias g. Establecer relación sociais entre as personas participantes, potenciando a seguridade e confianza

(3)

h. Proporcionar a información e formación necesaria para posibilitar o desenvolvemento das capacidades óptimas para convivir coas enfermidades inflamatorias intestinais

i. Incrementar a calidade e cantidade de recursos especializados para as persoas con discapacidade mediante a potenciación da rede comunitaria de recursos sociosanitarios

j. Suscribir os convenios de colaboración necesarios con entidades prestadoras de servizos sociais e de atención sociosanitaria

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artigo 6.

Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar, entre outras, as seguintes actividades: a. Desenvolvemento das intervencións sociais adecuadas para a atención integral de tódalas persoas

vinculadas á Asociación.

b. Implementación dos programas sociais, especialmente os dirixidos ás persoas integrantes da sección xuvenil, que garanten a consecución dos fins da entidade.

c. Elaboración de actuacións que proporcionen o contacto con outras persoas afectadas para compartir as vivencias, sentimentos e experiencias en grupo.

d. Mantemento da actividade de acompañamento, tanto da persona afectada como da súa familia e/ou rede social, facilitando o asesoramento e apoio que precisen.

e. Realización do seguemento social das persoas asociadas de forma que se poida dar continuidade ó tratamiento integral adecuado

f. Implantación dun conxunto de métodos e estratexias que maximicen a eficacia do rendemento das persoas socias a través de tódolos aspectos cognitivos, emocionais e conductuais.

g. Dinamización do contorno, proporcionando un sentido lúdico ás actuacións, así como un aspecto máis xovial e dinámico ás actividades que se proxecten.

h. Establecemento de mecanismos de colaboración con entidades de servizos sociais e de atención sociosanitaria.

(4)

CAPÍTULO II. DAS PERSOAS SOCIAS.

Artigo 7.

Sen prexuízo do previsto no artigo seguinte, serán socios e socias todas aquelas persoas físicas que a petición propia e cumprindo as condicións destes Estatutos, sexan admitidas pola Xunta Directiva.

Para obter a condición de socia e socio haberá de tratarse de persoas maiores de idade e con plena capacidade de obrar. Non obstante, poderán ser integrantes da Asociación na súa sección xuvenil, as persoas menores non emancipadas co consentimento documentalmente acreditado das persoas que deban suplir a súa capacidade, así como as persoas que teñan capacidade de obrar e as súas idades sexan entre os 14 anos cumpridos e os 30 anos sen cumprir. Esta sección xuvenil terá autonomía funcional e organización propia para os asuntos específicamente xuvenís.

Artigo 8.

Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de persoas asociadas:

a. Persoas asociadas Fundadoras, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

b. Persoas asociadas Numerarias, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

c. Persoas asociadas Honorarias, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de forma notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación.

d. Persoas asociadas xuvenís, aquelas persoas que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.

As persoas socias das Asociacións de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa (ACCU) provinciais, comarcais e/ou autonómicas, son membros de ACCU España, Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de España, con tódolos dereitos e obrigas.

(5)

Artigo 9.

1.- A condición de persoa socia pérdese por algunha das seguintes circunstancias:

a. Por vontade propia.

b. Pola falta de pagamento dunha anualidade das cotas establecidas na forma sinalada pola Asemblea Xeral.

c. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia da persoa interesada. d. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b e c do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, despois da audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a sús resolución se poderá recurrir ante a xurisdición ordinaria.

Artigo 10.

Tódalas persoas socias dende o momento do seu ingreso na Asociación quedan sometidos ás disposicións dos presentes Estatutos e gozarán dos mesmos dereitos e idénticos deberes, sen prexuízo do previsto no Artigo 11.

Constitúen dereitos fundamentais das persoas socias:

a. Usar e desfrutar dos servizos e avantaxes da Asociación e exercitar cantos dereitos se concedan nestes Estatutos, se acorden pola Asemblea Xeral e Xunta Directiva, ou lles recoñezan as leis. b. Participar dunha manera real e efectiva na dirección e marcha da Asociación.

c. Ser persoa electora e elixible para os diferentes cargos de goberno da Asociación e designar a unha persoa para que asista en representación do seu grupo, con voz e voto ás reunións da Asemblea Xeral, bastando para elo que esté ó corrente no pagamento das súas cotas.

d. Promover as reunións da Asemblea Xeral na forma establecida polos presentes Estatutos coidando de expresar clara e concretamente o seu obxectivo ó convocalas.

(6)

f. Censurar a labor dos Órganos de Goberno da Asociación e os seus compoñentes, sempre que sexa notificado ó Presidente da Xunta Directiva.

g. Impugnar ante a Asemblea Xeral os acordos e actuacións que estime contrarios ós Estatutos ou á Lei Orgánica 1/2002 de Asociacións (Capítulo IV, Art. 21 Apart. D).

h. Ser informada e informado da composición dos Órganos de Goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento das súas actividades.

Os asociados e asociadas honorarios e xuvenís non intervirán na dirección da Asociación nin nos Órganos de Representación dela. Os asociados e asociadas honorarios están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 11.

Constitúen deberes das personas socias:

a. Respetar e cumprir ou facer cumprir, o establecido nos presentes Estatutos e nos acordos lexítimos que adopte a Asemblea Xeral da Asociación.

b. Manter a colaboración necesaria como persoas socias en interese da propia Asociación, propagando por tódolos medios lícitos ó seu alcance a alta misión humanitaria e social que a Asociación persegue, para conseguir o coñecemento e difusión dos seus fins e, polo tanto, o máximo apoio deles.

c. Servir e aceptar con dilixencia os cargos sociais para os que fosen nomeados e participar dunha maneira efectiva nas seccións ou comisións correspondentes.

d. Satisfacer puntualmente as cotas persoais que poidan establecerse con destino á cobertura das obligacións da Asociación.

CAPÍTULO III. DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN.

Artigo 12.

A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo presidente ou presidenta, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

(7)

Artigo 13.

1.- O presidente ou a presidenta da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre as persoas asociadas e o seu mandato durará catro anos.

Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente ou vicepresidenta, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.- Ó presidente ou presidenta corresponderanlle as seguintes atribucións:

a. Ostentar a representación legal da Asociación ante calquera organismo público ou privado

b. Convocar, presidir e dirixir as sesións que celebre a Xunta Directiva, presidir as sesións da Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade en caso de empate.

c. Fixar os asuntos a tratar en cada reunión.

d. Executar os acordos adoptados pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

e. Dar o visto bo ás actas das reunións celebradas, e suscribir certificados, pagamentos e outros documentos da Asociación xunto co secretario, secretaria ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

f. Ordenar os pagamentos que haxan de realizarse con cargo ós fondos da Asociación. g. Manter informada á Asemblea Xeral das súas xestións.

h. Suscribir contratos en nome da Asociación, así como outorgar e revocar poderes a terceiros coa autorización da Xunta Directiva. Executar accións tanto civiles como penais. Aceptar doacións, legados e herdanzas, así como recibir subvencións u outro tipo de recursos que sean de carácter económico, material ou de servizos en nome da entidade.

i. Calquera outra función de interese para a execución dos Estatutos da Asociación.

O vicepresidente ou vicepresidenta terá as mesmas atribucións que o presidente ou presidenta cando se produza a substitución por causa de enfermidade, ausencia ou vacante.

(8)

Artigo 14.

1.- A Xunta Directiva estará integrada por un presidente ou presidenta, un vicepresidente ou vicepresidenta, un secretario ou secretaria, un tesoureiro ou tesoureira e un número de vogais que, sumado ós cargos anteriores non superen a quince, puidendo designar persoas suplentes para os cargos que se cresen necesarios pola Xunta Directiva. O presidente ou presidenta designará ós membros da Xunta Directiva.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación.

Non obstante, o disposto no parágrafo anterior, as persoas membro da Xunta Directiva poderán recibir unha retribución axeitada pola realización de servizos diferentes ás funcións que lle correspondan como persoas membro dos Órganos de Goberno. As condicións laborais e salariais deberán ser postas en coñecemento e aprobadas pola Xunta Directiva.

No caso de prestar servizos para a entidade persoas con relación de parentesco por sanguinidade ou afinidade, ata terceiro grao, das persoas membro dos Órganos de Goberno, a súa contratación e as súas condicións laborais e salariais deberán ser postas en coñecemento e aprobadas pola Xunta Directiva.

Artigo 15.

1.- A Xunta Directiva é o órgano executivo desta Asociación e exercerá a representación, dirección e administración da mesma, correspondendolle facer cumprir os acordos aprobados pola Asemblea Xeral.

A Xunta Directiva ostentará a representación da Asociación e estará investida das máis amplias facultades para realizar toda clase de actos e operacións en nome da mesma sin máis limitacións que as establecidas expresamente nas leis ou nestes Estatutos.

(9)

Para ser membro da Xunta Directiva se esixirá a cualidade de persoa socia ordinaria e ser elexida segundo se prevé nos presentes Estatutos.

Os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de catro anos puidendo ser reelixidos indefinidamente. O Presidente designará os cargos a renovar e ós novos membros da Xunta Directiva.

Artigo 16.

Os cargos cesarán na súa función por: a. Perda da condición de persoa socia. b. Renuncia voluntaria.

c. Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

d. Acordo de cesamento acordado pola Xunta Directiva ou decisión do presidente oo presidenta. A renuncia voluntaria non da lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día da persoa sucesora.

As vacantes que se poidan producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros hasta a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por tres persoas, que exercerán as funcións de presidente ou presidenta, secretario ou secretaria e tesoureiro ou tesoureira.

Artigo 17.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1. Programar e dirixir as actividades asociativas.

2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación.

3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

(10)

5. Proporlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para as persoas asociadas.

6. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación.

7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.

8. Nombrar o persoal que sexa preciso para a atención dos servizos da Asociación, determinando as súas función e remuneracións.

9. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novas persoas asociadas.

10. Propoñer o plan de actividades da Asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

11. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

12. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da Asociación.

Artigo 18.

1.- A Xunta Directiva se reunirá tantas veces como o convoque o presidente oo presidenta, o pola persoa que le substitúa, a iniciativa propia ou a petición de tres dos seus membros, con tres días de antelación á data proposta para a reunión.

A Xunta quedará válidamente constituida cando concurran á reunión a metade máis un dos membros en exercicio. a representación soamente poderá conferirse a outro membro da Xunta Directiva con carácter especial para cada reunión.

2.- As decisións da Xunta Directiva se adoptarán por maioría de votos calquera que fora o número de persoas asistentes presentes ou representadas.

En caso de empate decidirá o voto do presidente ou presidenta, ou na súa ausencia, do vicepresidente ou vicepresidenta e no seu defecto, o da persona designada pola propia Xunta para presidila. As votacións poderán ser nominales ou segredas.

(11)

Artigo 19.

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de conseguir delas as informacións necesarias. Formarán parte de ditas comisións o número de persoas asociadas que acorde a Xunta Directiva, a proposta da súa presidenta ou presidente.

Naquelas decisións nas que pola súa natureza requírase un asesoramento técnico, a Xunta Directiva estará asistida polas Comisións Técnicas que para tal fin se creen as cales presentarán o informe correspondente.

Artigo 20.

A Asemblea Xeral de tódalas persoas socias debidamente convocada e constituida, representa a máxima autoridad en orden de goberno e dirección da Asociación, gozando da plenitude de poderes para a realización do obxecto e cometidos da Asociación, e as súas decisións vincularán a tódalas persoas asociadas, incluso persoas disidentes ou ausentes sen prexuízo do dereito de impugnación que poidera corresponderlle.

A presidenta ou presidente e o secretario ou secretaria da Asemblea serán a presidenta ou presidente e o secretario ou secretaria da Xunta Directiva.

Artigo 21.

A Asemblea Xeral se reunirá con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten ó menos o dez por cento de persoas socias ordinarias que estéan ó corrente no pagamento das súas cotas.

Neste último caso se realizará por medio de escrito dirixido á presidenta ou ó presidente, autorizado con a sinatura das persoas solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

(12)

Artigo 22.

A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai dende o mes de xaneiro ata o mes de maio. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con quince días de antelación polo presidente ou presidenta da Xunta Directiva.

A convocatoria de Asemblea Xeral, tanto Ordinaria como Extraordinaria, se publicará nos locais da Asociación e/ou se comunicará por correo electrónico, carta postal, mensaxe o chamada telefónica, dirixido a tódalas persoas socias.

Artigo 23.

Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: 1. Aprobar o plan de actividades.

2. Examinar e aprobar a memoria anual de actividades, as contas e balances do exercicio anterior. 3. Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.

4. Examinar e aprobar as cotas. a Asemblea poderá establecer cotas extraordinarias cando a situación económica da Asociación o requira.

5. Resolver en última instancia cantas dúbidas ou diverxencias se plantexen entre as persoas socias e os Órganos de Goberno e calesquera outras cuestións que non sexan de competencia específica por lei ou estatutos, da Asemblea Xeral Extraordinaria.

Artigo 24.

Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: 1. Modificar os estatutos da Asociación

2. Elixir ó presidente ou presidenta da Asociación que elixirá ós membros da Xunta Directiva.

3. Acordar a integración nunha Federación ou Unión de Asociacións ou decidir a súa fusión con outra de similar cometido, xa sexan de ámbito rexional, nacional ou internacional.

4. Autorizar o alleamento, gravamen ou hipoteca de ben sociais. 5. Decidir sobre a disolución da Asociación.

(13)

7. Ratificar a expulsión de asociadas e asociados a proposta da Xunta Directiva. 8. Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.

9. Aprobar o regulamento de réxime interno da Asociación.

10. As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.

11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 25.

A Asemblea Xeral quedará válidamente constituida sempre que concurra a metade máis unha das persoas asociadas en primeira convocatoria ou, transcurrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de persoas asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou presidenta, a vicepresidente ou vicepresidente e o secretario ou secretaria o persoas que os substitúan.

Artigo 26.

1.- Os acordos da Asemblea Xeral se adoptarán por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 24, que requirirán maioría de dous tercios. Corresponde un voto a cada socia ou socio ordinario, excepto en caso de empate que se resolve mediante o voto de calidade do presidente ou presidenta.

Os acordos adoptados na Asemblea Xeral obrigarán a tódalas persoas socias, incluso ás persoas non asistentes. Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer ante a xurisdicción ordinaria.

2.- O secretario ou secretaria levantará o acta correspondiente ás deliberacións e acordos adoptados e as trasladará ó libro de actas, debidamente legalizado, da Asociación. As actas deben ser firmadas polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da Asamblea. A acta deberá ser leída na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría das persoas asistentes.

(14)

Artigo 27.

As sesións se abrirán cando así o determine o presidente ou a presidenta. Os membros da Xunta Directiva informarán sobre cada punto da orde do día que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos térmos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 28.

1.- O secretario ou secretaria recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro das persoas socias e terá o seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir as certificacións co visto e prace do presidente ou presidenta. o secretario ou secretaria tamén levará o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido para este efecto.

2.- Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario ou secretaria, o presidente ou presidenta designará entre as persoas vogais unha que desenvolva esta función.

Artigo 29.

1.- O tesoureiro ou tesoureira recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente ou presidenta, levará a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamento da Asociación, así como as contas de resultados e balances.

2. O tesoureiro o tesoureira teñen a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 30.

Os vogais e as vogais poderán realizar programas e propostas na súa área de actuación e desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

(15)

CAPÍTULO IV. RÉXIME ECONÓMICO.

Artigo 31.

A Asociación constitúese sen patrimonio fundacional.

Artigo 32.

A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamento será elaborado polo tesoureiro ou tesoureira da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 33.

A Asociación en razón dos seus obxectivos, opera sen finalidade de lucro e conta cos seguintes recursos: A. As cotas periódicas dos asociados e as asociadas.

B. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral. C. Os donativos, subvencións, herdanzas e legados que poidan outorgar órganos públicos, entidades

privadas ou persoas particulares.

D. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación. E. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 34.

A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado destinarase a atender as necesidades da Asociación.

(16)

Artigo 35.

Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociadas e das asociadas, durante un prazo non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 36.

Para a disposición de fondos das contas que a Asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a firma conxunta do presidente ou presidenta e do tesoureiro ou tesoureira.

Artigo 37.

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados e asociadas os recursos obtidos pola Asociación.

CAPÍTULO V. REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO.

Artigo 38.

O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes Estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da entidade estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.

Artigo 39.

Os presentes Estatutos só poden ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas dúas terceiras partes dos asociados e das asociadas.

(17)

Artigo 40.

A Asemblea Xeral Extraordinaria pode acordar a disolución da Asociación cando así o decidan as dúas terceiras partes dos membros presentes ou representados. No suposto de disolución deben designarse tres persoas asociadas liquidadoras que xunto co presidente ou presidenta e o tesoureiro ou tesoureira, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando deudas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 41.

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta Asociación.

O xustificante de doación será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.

Referencias

Documento similar

Artigo 34. Estendida a acta de constitución da mesa electoral, coas súas correspondentes copias, iniciarase a votación ás dez trinta horas, que continuará sen interrupción ata

b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e das normas que os desenvolvan... Son órganos de representación do persoal funcionario da Universi- dade

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

Mesmo sendo os fósiles máis antigos dos coñecidos, a súa estructura é xa complexa de máis como para aceptar que foran os primeiros seres vivos na Terra, polo que debemos supoñer que

a) Convocar e levantar as sesións que celebre a xunta directiva e a asemblea xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de

• Iniciativas Emblemáticas de Europa 2020 – “Unión pola Innovación”: As AEI como ferramentas para.. fomentar

Fariñas Iglesias Borja 39 Centro Galego de Atención Psicolóxica, Social e Educativa (CEGAPSE)- Ourense Fernández García Iria 59 Asociación Galega de Axuda aos Enfermos

Ademais do catálogo de procedementos, de acordo coa lei 11/2007, a Sede Electrónica ten que permitir a posibilidade de presentar calquera solicitude, comunicación ou