• No se han encontrado resultados

TítuloIgrexas dos mosteiros e conventos de Galicia: descrición gráfica

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "TítuloIgrexas dos mosteiros e conventos de Galicia: descrición gráfica"

Copied!
259
0
0

Texto completo

(1)Descrición gráfica das declaradas monumento. 9 788445 348116. Igrexas dos mosteiros e conventos de Galicia. Igrexas dos mosteiros e conventos de Galicia Descripción gráfica dos declarados monumento. ISBN 978-84-453-4811-6. Departamento de representación e teoría arquitectónicas. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia Galego • Español • English • CD-ROM. Portada: De arriba a abaixo: plantas das igrexas de Santa María de Cambre, San Nicolás de Cins, San Martiño de Xubia, Santa Mariña de Augas Santas.

(2) Consellería de Cultura e Turismo Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Igrexas dos mosteiros e conventos de Galicia Descrición gráfica das declaradas monumento Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas Campus da Zapateira s/n 15192 A Coruña Correo electrónico: ryta@udc.es Universidade da Coruña.

(3) Conselleiro de Cultura e Turismo: Roberto Varela Fariña Director Xeral do Patrimonio Cultural: José Manuel Rey Pichel Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais: Federico Garrido Villa Coordinación: Federico Garrido Villa Servizo de Arquitectura e Etnografía:. 2. Consellería de Cultura e Turismo. Juan Antonio Naviera Seoane. Arquitecto. Xefe de Servizo. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Germán Hermida Noval. Arquitecto técnico. Xefe da Sección. Xunta de Galicia. de Restauración Rosa Mª Aneiros Rodríguez. Xefa de Negociado Restauración. Edificio Administrativo San Caetano. Mª Mercedes Fernández González. Xefa de Negociado Etnografía. 15771 Santiago. Manuel Mª Chaín Pérez. Arquitecto. Correo electrónico: icrbc@xunta.es. Victoria Rodríguez Solórzano. Arquitecta. Enrique Luis Fernández Seara. Arquitecto. Luisa Manuela Gómez Álvarez. Arquitecta. Jose Luis Espada Golpe. Arquitecto. Carmen Verdera Díaz. Restauradora. Carlos Gómez-Gil Aizpurúa. Restaurador. Jesús Iglesias Regueiro. Historiador da Arte. María Pérez Martínez. Administrativa. Ana Isabel Varela Román. Administrativa. Manuel Pérez Astray. Informático. María del Pilar Rey Angueira. Informática.

(4) Directores: José Antonio Franco Taboada Santiago B. Tarrío Carrodeguas · Texto: José Antonio Franco Taboada · Fotografía: José Antonio Franco Taboada · Coordinación e revisión dos grupos de traballo: José Antonio Franco Taboada Antonia María Pérez Naya Santiago B. Tarrío Carrodeguas · Grupos de traballo: Profesores e alumnos da ETSA da Universidade da Coruña, detallados na seguinte páxina. · Revisión infográfica: Aranzazu Paz López Elías Costal Rodríguez · Revisión do texto galego: Marisol Ríos Noya e Silvia Muíño Naveira Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña · Tradución Inglés:. Departamento de Representación. Alan Floyd Moore. e Teoría Arquitectónicas. · Deseño:. Campus da Zapateira s/n. José Antonio Franco Taboada. 15192 A Coruña. Santiago B. Tarrío Carrodeguas. Correo electrónico: ryta@udc.es. · Agradecementos. Universidade da Coruña. Ao Arcebispado de Santiago, bispados de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. Aos abades, párrocos, sancristáns e demais persoas que facilitaron as tarefas de toma de datos e fotografías de cada unha das igrexas recollidas nesta publicación.. Edita: Xunta de Galicia Maquetación: Tórculo S.L. Impresión: Tórculo S.L. ISBN 978-84-453-4811-6 Depósito legal C 1879-2009. 3.

(5) Grupos de traballo Levantamentos gráficos · Santa María de Cambre Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo, Mª Victoria de León Sanjuán, José L. Martínez Raído, Sandra Rodríguez Noriega, Alejandro Vilar Vázquez · Santiago de Mens Alumnos: Elías Costal Rodríguez, Martín Fernández Cortes, Emilio Sánchez Carrón, José Ángel Tomé Sánchez · San Xulián de Moraime Alumnos: Juan Carlos Barreiro Roca, Luis Fernández Fernández, David Fernández Nogueira · San Martiño de Xuvia Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo, Jesús Freire Pedreira · San Nicolao de Cis Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Jesús Freire Pedreira. Datos previos: Roberto Caride Fernández, Álvaro Vázquez Zurdo, Carlos Vila Santos · Sta. María de Iria Flavia. 4. Alumnos: Juan Carlos Barreiro Roca, Luis Fernández Fernández, David Fernández Nogueira. Datos previos: Jorge García Anta, Félix Iribarne Blanco, Antonio Vagace Núñez · San Miguel de Breamo Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo. Datos previos: Roberto Pérez Boga, Sergio Gómez Mateos, José Antonio Piñeiro Correa. · Sta. María de Pesqueiras Alumnos: Alfonso Naviera Grela, Julio Peinó Álvarez, Gerardo Pérez López, Paio Piñeiro Aguín · San Pedro Fiz de Hospital Alumnos: Laura Maté del Rincón, Javier Mundiña Lasanta, Paula Díaz Pita, Paula Vestido Fuentes · Santo Estevo de Atán Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo · San Miguel de Eiré Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo. Datos previos: Jorge Consuegro Negro, Lucía Pérez García, Santiago Martín Domínguez · San Fiz de Cangas Alumnos: Sonia Freire Trigo, Marlene López Pérez, Lucía Vázquez Díaz, Javier Castro Ginzo · Santo Estevo de Ribas de Miño Alumnos: Francisco Rodríguez Nieto, David Vázquez González, Sergio Louzán Saavedra, José García Varela · San Paio de Diomondi Alumnos: Marta Porca Vidal, Eva Romero Paulos, Martín Romero Valiña · Santa Mariña de Augas Santas Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo · Santa Comba de Bande. Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo. Alumnos: Antonio González Diz, Ignacio López Quiroga, Susana Rodríguez Alemparte, Manuel Rodríguez Ramos Actualización: Santiago Tarrío Carrodeguas. · San Mamede de Moldes Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo, Jesús Freire Pedreira. Datos previos: Francisco Otero Pazos, Camilo Sánchez Roa, Cristina Sánchez Pérez, Esther Sanz Trujillo. · Santo Antolín de Toques Alumnos: Mónica Martínez González, Laura Maté del Rincón, Jesús Montero Veiga. · San Xulián de Astureses Alumnos: Sara García-Buján Gallego, M. Esther González Abellás, F. Javier Gómez Herrero. · Sta. María de Mezonzo Alumnos: Begoña Botana Meijide, Olga Verónica Gómez Lale. · Santa María de Mixós. · San Francisco da Coruña. · Sta. María de Penamaior. Alumnos: Ángeles Mosqueira Vidal, José Benito Davila Fuertes, Joaquín Carrero Díaz · San Xoán da Cova Alumnos: Elías Costal Rodríguez, Pedro Soto Uruñuela. Documentación previa: Rosario Barriga Bejerano, Miriam Castro Martínez, Ana Primo de la Torre, Cecilia Sanchos Migoya. Alumnos: Aránzazu Paz López, José Manuel García Paz, Javier Fernández Carballo, Jesús Freire Pedreira · San Xes de Francelos Alumnos: Cristina Bustamante Losada, Román Corbato Pérez, Jaime Fernández García, Estefanía Vázquez Müller · San Domingos de Tui Alumnos: Mª Victoria León Sanjuán, Susana Penedo Souto, Elisa Urquijo Gómez, Alejandro Vilar Vázquez, José A. Vázquez Martín. Os levantamentos gráficos foron titorados polos profesores José Antonio Franco Taboada, Antonia Mª Pérez Naya e Santiago B. Tarrío Carrodeguas, excepto San Francisco da Coruña titorado polos profesores Miguel Pérez Cid e Javier Fraga López –actualización de Santiago B. Tarrío Carrodeguas–; Santa María de Penamaior titorada polos profesores Juan Manuel Doce Porte, José Luis Pérez Franco; e San Domingos de Tui titorado polos profesores Óscar Castro García e Margarita Lorenzo Durán..

(6) Créditos Índice Presentacións Mapa de localización. ................. ................. ................. .................. 2 5 6 8. Primeira parte: percorrido histórico. .................. 9. I· Alcance da obra. ...................... 11. ...................... 11. ...................... 14. San Bernardo de Claraval. ...................... 16. V· A arquitectura do Císter. ...................... 17. ...................... 22. ...................... 24. ...................... 26. á crise do monacato en España. Situación actual. ...................... 28. Segunda parte: igrexas dos mosteiros e conventos: Santa María de Cambre San Francisco da Coruña Santiago de Mens San Xulián de Moraime San Martiño de Xuvia San Miguel de Breamo San Nicolao de Cis Santa María de Mezonzo Santo Antolín de Toques Santa María de Iria Flavia San Fiz de Cangas Santa María de Penamaior San Xoán da Cova Santa María de Pesqueiras San Pedro Fiz de Hospital San Paio de Diomondi Santo Estevo de Ribas de Miño Santo Estevo de Atán San Miguel de Eiré Santa Mariña de Augas Santas Santa Comba de Bande San Xulián de Astureses Santa María de Mixós San Xes de Francelos San Mamede de Moldes San Domingos de Tui. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. ................. .................. 34 42 50 56 64 70 76 84 92 98 106 112 120 128 136 144 152 160 168 176 184 192 198 204 210 216. PRIMERA PARTE: recorrido histórico PART ONE: Historical Overview SEGUNDA PARTE: iglesias de los monasterios y conventos PART TWO: Monasteries and Convents in Galicia. Summary Bibliografía. ................. ................. ................. ................. .................. 223 223 247 247 255. II· As orixes do monacato A Regra de San Bieito III· A arquitectura beneditina na Alta Idade Media. O plano de Sankt-Gallen IV· A reforma cisterciense. VI· O abade Suger e o nacemento do gótico. As ordes mendicantes VII· Da crise do monacato a finais da Baixa Idade Media ás reformas da Idade Moderna VIII· O concilio de Trento e o esplendor da arte barroca en Galicia IX· De finais do século XVIII, coa aparición da arte neoclásica,. Índice. 5.

(7) 6. Director Xeral do Patrimonio Cultural Don José Manuel Rey Pichel.

(8) Os conventos e mosteiros galegos, a xeito de pequena maqueta na realidade do que sería a cidade ideal, en que se conxuga a arte e o traballo nun modelo de ocupación do territorio optimizado para o territorio de Galicia, conforman unha parte esencial da paisaxe, da historia e da memoria do pobo galego. Ao longo dos séculos, a súa evolución e os seus cambios son unha imaxe reflectida do proceso de desenvolvemento continuo, tanto do mundo espiritual e ético como do económico e político, e os seus acontecementos e episodios son os da sociedade con que conviven, de que son unha imaxe paradigmática e simbólica a un tempo. A documentación gráfica do estado destes monumentos, e en concreto daqueles que máis sufriron nos procesos historicamente recentes de desamortización e abandono, colabora a un mellor e máis profundo coñecemento. O debuxo, co seu proceso paulatino de medida, recollida de notas, esquemas iniciais, primeiros borradores e planos finais, conforma un contorno propicio para a imaxinación e a reflexión. Só a través destes procesos se descobren ás veces pequenas realidades ocultas. E, noutras ocasións, o debuxo e a súa comprobación serven para desbotar vellas teorías ou interpretacións trabucadas. A produtiva colaboración entre a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña ofrece xa ao público en xeral catro documentos exhaustivos de documentación gráfica con esta edición. O coñecemento será sempre o primeiro chanzo cara á súa valoración e conservación.. 7.

(9) San Martiño de Xuvia San Miguel de Breamo San Francisco da Coruña Santa María de Cambre Santiago de Mens San Nicolao de Cis Santa María de Mezonzo. San Xulián de Moraime. Santo Antolín de Toques. Santa María de Penamaior. Santa María de Iria Flavia. Santa María de Pesqueiras San Paio de Diamondi San Miguel San Pedro Fiz de Hospital de Eiré San Fiz de Cangas Santo Estevo de Atán San Xoán da Cova San Mamede de Moldes. Santo Estevo de Ribas de Miño San Xulián de Astureses. Santa Mariña de Augas Santas San Xes de Francelos. San Domingos de Tui Santa Comba de Bande Santa María de Mixós. Situación das igrexas e a súa relación cos camiños históricos de Santiago..

(10) Primeira parte. Percorrido histórico.

(11)

(12) I· Alcance da obra No amplo patrimonio monumental arquitectónico galego, os mosteiros e os conventos constitúen un conxunto claramente diferenciado, análogo ao das catedrais. No caso dos mosteiros, en que se incluíron as colexiatas e abadías, ademais do seu valor arquitectónico, en xeral extraordinario, destaca o seu labor civilizador conxunto e coordinado, que estruturou e potenciou no seu día o desenvolvemento económico do campo galego. A edición desta obra sobre os mosteiros e conventos de Galicia enmárcase dentro dun convenio de colaboración máis amplo, subscrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña, para a realización do inventario gráfico e levantamento planimétrico do patrimonio monumental de Galicia. Froito deste convenio foron tres publicacións anteriores: “As Catedrais de Galicia. Descrición Gráfica”, “A Arquitectura do Camiño de Santiago. Descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia” e “Mosteiros e Conventos de Galicia. Descrición gráfica dos declarados Monumento” A presente obra constitúe a segunda parte da titulada “Mosteiros e Conventos de Galicia. Descrición gráfica dos declarados Monumento”, que recollía trinta e seis cenobios incluídos na listaxe de bens de interese cultural galego1. Correspondíanse con tres casas de cóengos regulares, doce mosteiros beneditinos, once cistercienses, seis conventos franciscanos e catro dominicos. Por provincias, oito correspondían á provincia da Coruña, nove á de Lugo, once á de Ourense e oito á de Pontevedra. Nesta nova obra incorpóranse vinte e seis antigos cenobios máis, tamén incluídos na listaxe, mais incluíndo só a igrexa. Destes vinte e seis, dez corresponden á provincia da Coruña, nove á de Lugo, seis á de Ourense e un á de Pontevedra. Consecuentemente, e entre ambas as obras, recóllese un total de setenta e dous cenobios que foron declarados monumento. A máis, na obra “A Arquitectura do Camiño de Santiago. Descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia” inclúense, entre moitas outras igrexas, as de San Salvador de Vilar de Donas e a de San Nicolás dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, en Portomarín, que completarían a listaxe das declaradas monumento. Ao tratarse, polo tanto, a presente obra dunha segunda parte, optouse por incluír, con pequenas modificacións e actualizacións, a parte correspondente ao “Percorrido histórico” xa publicada na primeira obra sobre mosteiros e conventos2. As actualizacións principais refírense aos novos templos descritos a través do seu levantamento gráfico na presente obra. Os templos citados ao longo do desenvolvemento do texto e que non aparecen descritos graficamente, fórono na obra anterior, “Mosteiros e Conventos de Galicia. Descrición gráfica dos declarados Monumento” II· As orixes do monacato. A Regra de San Bieito O monacato cristián xorde en Oriente. Atribúese a San Pacomio a fundación en 323 do primeiro cenobio ou mosteiro en Tabenerra, en que a vida dos cenobitas era comunitaria, oposta á dos primeiros ermitáns ou anacoretas, como Paulo de Tebas e Antonio. As regras básicas da vida monacal enúnciaas en 357 Basilio de Cesarea nas súas “Constitucións”, orixe dos futuros tres votos beneditinos. En Occidente, o primeiro cenobita recoñecido é Martiño, primeiro ermitán en Ligugé no ano 361, que establece posteriormente o seu cenobio en Marmoutier. Pero será Bieito de Nursia, de familia nobre, o que será recoñecido como pai fundador da vida monacal, despois tamén dunha experiencia eremita en Subiaco. Non só fundou a abadía cenobítica de Montecassino no ano 529, senón que en 534 creou a Regra en que se recollen os tres votos beneditinos: estabilidade ou voto de permanencia no seo da comunidade, obediencia ao abade elixido por ela como mostra de humildade e reforma dos costumes abrazando a pobreza e a castidade e renunciando ao mundo.3 En Galicia, baixo a tradición visigoda, parece que a influencia de Cluny foi bastante débil e non consta documentación da regra adoptada na fundación dos mosteiros na Alta Idade Media, mais existen Regras hispanas como as de San Isidoro e San Froitoso, seguidores de San Pacomio e de San Bieito, que tampouco pretendían unha observancia exclusiva4. O Concilio de Lérida (546) apóiase nos Concilios de Agde e Orleáns e no seu canon III limita a discrecionalidade do abade á Regra monasterial. Considera. 11.

(13) que “para que una fundación religiosa pueda ser considerada como un monasterio, es condición sine qua non la existencia de una comunidad religiosa que viva bajo la observancia de una Regla aprobada por el obispo.” Consecuentemente, “en la Iglesia visigoda los monasterios se regían por Reglas independientes de la voluntad del abad”5. En todo caso, a San Martiño Dumiense, instalado en Galicia despois de pasar polas Galias e Roma, e a quen se lle supón a conversión dos suevos, atribúeselle tamén a potenciación do movemento monástico. Continuado o seu labor por San Froitoso a mediados do século VII, Galicia pobóase de novos mosteiros, onde non só se seguen as regras na busca dunha perfección espiritual de monxes e conversos, senón que se estende un cristianismo depurado de reminiscencias pagás entre a xente do pobo. Pero, sobre todo, poténcianse a agricultura, a gandería e os oficios en xeral, contribuíndo á repoboación do país ao instalarse en zonas antes despoboadas e afastadas dos núcleos rudimentariamente urbanos existentes. Algúns autores, xa descuberto o sepulcro do Apóstolo e trasladados os seus restos a Compostela na segunda metade do século IX, consideran que a persecución relixiosa do Califato de Córdoba fai que os monxes visigodos fuxan en gran número a Galicia, de modo que esta se cobre materialmente de mosteiros, “hasta el punto de que una especie de pasión monástica parece adueñarse de la gente: muchas pequeñas comunidades agrícolas se organizan monásticamente y grandes familias fundan monasterios familiares”6. Un exemplo único que se conserva en Galicia dun mosteiro destes primeiros tempos do monacato é a igrexa rupestre de San Pedro de Rochas, no concello ourensán de Esgos, singular monumento escavado na rocha cuxa orixe podería remontarse ao século VI. A igrexa máis antiga de Galicia, despois deste monumento, é a de Santa Comba de Bande, de trazado posiblemente do século VII, un dos edificios visigóticos de tipo bizantino máis antigos da península. Tamén poderían ter unha orixe monástica a capela prerrománica do Salvador, do século IX, relacionada co mosteiro de Samos, e a capela mozárabe de San Miguel, do século X, situada no xardín dos Novizos do mosteiro de San Salvador de Celanova.. 12. Outro interesante exemplar de arquitectura prerrománica en Galicia constitúeo a igrexa de Santo Antolín de Toques, na provincia da Coruña, que Manuel Núñez considera a única igrexa proto-románica de Galicia, obra posiblemente da primeira metade do século XI. Tamén se poden destacar os restos parciais de antigos mosteiros prerrománicos hoxe desaparecidos pero que se conservan integrados en fábricas posteriores. Un exemplo notable sería o de Santo Estevo de Atán, en Pantón, Lugo, fundado polo bispo de Lugo, Odoario, no ano 747, de que se conserva unha ventá xeminada formada por dous arcos de ferradura, seguramente visigodos, da primeira fábrica do século VIII, así como outros elementos prerrománicos xa do século X. A igrexa actual foi reedificada na segunda metade do século XII, xa en estilo plenamente románico.. Plano do mosteiro de Sankt-Gallen (San Galo). Transcrición de J. A. F. T., debuxo de J. M. Ferro 1 Igrexa abacial 2 Sala de traballo (encima biblioteca) 3 Sancristía (dúas plantas) 4 Sala óleos e hostias 5 Claustro 6 Calefactorio (encima dormitorio) 7 Baño 8 Latrinas 9 Refectorio (encima sala) 10 Cociña 11 Bodega (encima despensa) 12 Locutorio 13 Administración 14 Residencia peregrinos 15 Cervexaría e tafona peregrinos 16 Portaría 17 Residencia do abade. 18 Residencia monxes de paso 19 Cervexaría e tafona visitantes 20 Residencia visitantes 21 Escola exterior 22 Abadía 23 Sala de sangrías 24 Consultorio médico 25 Xardín plantas medicinais 26 Hospital 27 Cociña, baño do hospital e da sala de sangrías 28 Dobre capela hospital e novizos 29 Noviciado 30 Cociña e baño novizos 31 Cemiterio e xardín 32 Horta 33 Vivenda do xardineiro 34 Corral das ocas. 35 Vivenda do garda 36 Galiñeiro 37 Silo 38 Talleres 39 Cervexaría e tafona dos monxes 40 Muíño 41 Molturadeiro 42 Forno 43 Sala de gran e bocois 44 Corte bois e cabalos 45 Corte ovellas 46 Corte cabras 47 Vacariza 48 Sementais 49 Cochiqueiras 50 Aloxamento criados 51 Aloxamento compañeiros de viaxe dos señores.

(14) 25. 34. 24. 26. 28. 32. 29. 35. 31 23 27. 33. 30. 3. 2. 4. 8. 22. 37 7. 6. 18. 36. 38. 1. 9. 21. 13. 5 17. 40 12. 16. 20. 39. 10. 11. 41. 13 43. 14. 19. 42. 15. 45. 44. 46. 47. 51 50. 48.

(15) En Ourense, a fachada de San Xes de Francelos, en Rivadavia, presenta unha portada que foi primitivamente un arco de ferradura de aspecto visigodo, así como unha celosía emparentada coa arte asturiana e sobre a orixe do cal os historiadores non se poñen de acordo, excepto en certificar a súa orixe prerrománica. No ano 817 Bieito de Aniane unificou os mosteiros existentes baixo a regra única beneditina. Do primeiro terzo do século IX data a planta monástica ideal da abadía de Sankt-Gallen, e de 910 a fundación da orde beneditina de Cluny, que recolleu e reformou a regra de Bieito de Aniane e acolleu baixo a súa regra máis de mil mosteiros en toda Europa, máis ou menos autónomos, aínda que nominalmente dependentes. III· A arquitectura beneditina na Alta Idade Media. O plano de Sankt-Gallen O modelo arquitectónico dos primeiros mosteiros beneditinos remóntase ao de Montecassino, fundado polo propio San Bieito cara ao ano 529. Estableceuse, relativamente pronto, un modelo ideal, que se considera foi debatido nun Concilio propiciado por Carlomagno e reunido en Inden e Aquisgrán nos anos 816 e 817. Un dos asistentes, o abade Haito de Reichenan, envioulle un plano con este modelo ideal ao seu amigo o abade Gozberto, do mosteiro suízo de Sankt-Gallen (Santo Galo), entón na provincia carolinxia de Alemanni, en cuxa biblioteca foi arquivado. O plano constitúe un documento extraordinario, non soamente por ser o primeiro debuxo que se conserva dun mosteiro, senón tamén por ser o plano de arquitectura máis antigo que se coñece da Alta Idade Media7. O plano do mosteiro recolle unha pequena cidade relixiosa e autosuficiente, organizada en torno á igrexa abacial e ao seu claustro, que constitúen o centro desta. Está orientada segundo un eixe lonxitudinal leste-oeste que sinala a dirección de Terra Santa, co acceso principal ao mosteiro situado no lado oeste da igrexa.. 14 Ao sur desta encóntrase o claustro, constituído por un gran patio cadrado porticado, en que as arcadas se indican por abatemento, á maneira exipcia ou mesopotámica. Ao leste do claustro encóntrase o dormitorio dos monxes, situado sobre o calefactor ou sala quente de traballo, directamente conectado coa igrexa para facilitar os rezos de matíns, e co baño e latrinas situados no ángulo sueste. Ao sur do claustro, aberto directamente a este, encóntrase o refectorio dos monxes, en conexión coa cociña, situada no ángulo suroeste. Por último, cerrando o lado occidental do claustro, encóntrase a bodega, coa despensa encima. Arredor deste gran núcleo central sitúanse as numerosas dependencias complementarias do mosteiro, destinadas aos conversos, viaxeiros e a outras actividades. No lado da entrada principal, na esquina suroeste do conxunto, sitúanse as cortes destinadas ao gando, e na esquina nordeste a pousada, reservada aos acompañantes dos señores que acudían ao mosteiro. Xunto á pousada, ocupando o lado norte do conxunto, sitúanse a cervexaría, a tafona e a cociña para os hóspedes, a residencia dos visitantes, a escola exterior e a abadía. Ao leste encóntrase toda a zona hospitalaria, que inclúe na esquina nordeste un pequeno xardín de plantas medicinais, así como o noviciado e dúas capelas, situadas simetricamente. Unha conectada co hospital, que se organiza arredor dun claustro, e a outra co noviciado, tamén organizado arredor doutro claustro, simétrico co anterior. Á dereita do noviciado encóntrase o cemiterio, estruturado á maneira de xardín, e xusto no ángulo sueste, o horto, a vivenda do xardineiro, os currais e a vivenda do coidador. Por último, no lado sur do conxunto, sitúanse o silo, os obradoiros, a tafona, a cervexaría dos monxes, o muíño, o forno e outras dependencias. Posiblemente, a compactidade con que se sitúan os edificios viría obrigada pola propia limitación física do pergamiño e os edificios, na realidade situaríanse con máis folgura. Agora ben, os planos de Cluny II e de Cluny III, que considerados como organigramas, en canto a relacións entre os edificios, son moi similares ao de Sankt-Gallen, mostran unha parecida compactidade nun terreo irregular, como exemplifican moi ben as reconstrucións de Kenneth Conant co estado do mosteiro, fundado no ano 910, cara a 1050 e no período 1088-11308 respectivamente..

(16) As regras de orixe visigoda que rexían estes primeiros mosteiros completábanse coa figura específica do “pactum” ou promesa escrita entre o aspirante á vida monástica e o abade9, figura orixinal dos reinos hispanos e concretamente de Galicia. Estes “pactum” persistiron ata a supresión do rito visigodo pola acción conxunta de papas, reis e nobres, que impuxeron pouco a pouco o rito romano na península, sendo o último reino en aceptalo o de Castela, en 1078. En Galicia a importancia do avance da Orde de Cluny, traída a España no ano 1025 por Sancho o Maior de Navarra, maniféstaa sen ningún xénero de dúbidas o nomeamento en 1094 de Dalmacio, visitador dos mosteiros cluniacenses en España, como bispo de Compostela. Se ben en dita data só parecía haber catro mosteiros beneditinos en Galicia, a regra beneditina impúxose axiña, ao levar consigo a “libertas romana”, é dicir, a independencia dos poderes relixiosos e políticos locais, ao pasar a depender os mosteiros directamente de Roma a través de Cluny. O exemplo arquitectónico máis seguido nas construcións beneditinas da época foi o da propia sede madre de Cluny que, como xa se ten sinalado, seguía as directrices marcadas nos Concilios de Inden e Aquisgrán de 816-17, recollidas no plano de Sankt-Gallen. Segundo a reconstrución de Kenneth Conant, xa sinalada, de Cluny III10, no período 10881130 a igrexa abacial situábase segundo o eixe oeste-leste, aínda que neste caso en situación perimetral dentro do conxunto, o que avanzaría a disposición tipo inmediatamente posterior do Císter. Analogamente a Sankt-Gallen, o acceso principal estaba situado no lado occidental, aliñado coa entrada principal da igrexa, constituída por un gran nártice, case unha igrexa en si, flanqueado por dúas torres. A enorme igrexa que tanto chegaría a escandalizar a Bernardo de Claraval pola súa inmensidade e riqueza medía arredor de 187 metros. Tamén ao oeste do conxunto se situaba, á dereita da portería, a corte coa hospedaría arriba. Ao sur da igrexa, e separado da zona de entrada por un gran patio, encontrábase o claustro, en realidade un dobre claustro en T, conectado directamente pola porta de Galilea coa sancristía e polo extremo do cruceiro coa igrexa. Aínda podemos admirar en Galicia moitos exemplos importantes da arquitectura románica que poderiamos denominar beneditina en contraposición á do Císter. Na provincia da Coruña, o inicialmente mosteiro beneditino de San Xoán de Caaveiro11, logo de Cóengos Regulares de Santo Agostiño, conserva, aínda que perdeu o seu teitume, a pequena pero proporcionada igrexa do século XII. San Salvador de Bergondo mantén o esencial da súa igrexa románica, de teitume de madeira sobre arcos faixóns apuntados. Santa María A Real do Sar mantén, a pesar das incribles deformacións que sufriu a estrutura, a súa igrexa do século XII, coa bóveda central reconstruída no século XV, así como a ala norte do claustro. Sobrado dos Monxes, ademais da capela funeraria de San Xoán, conserva a gran sala capitular e a cociña, xa do século XIII. En Cambre mantense en moi bo estado a antiga igrexa do mosteiro de Santa María, dos séculos XII-XIII, en que destacan as súas cinco ábsidas e a gran portada occidental de mediados do século XII. En Muxía, San Xulián de Moraime conserva, entre outros elementos importantes, as portada occidental e sur, sorprendentes desde un punto de vista iconográfico. Cerca de Ferrol, en Narón, San Martiño de Xuvia conserva dunha forma excelente o conxunto das súas tres ábsidas. Tamén se conservan en bo estado as tres ábsidas da igrexa románica de Santa María de Mezonzo, cerca de Betanzos, de finais do século XII que, en conxunto, mantén a súa primitiva imaxe románica. Un notable exemplo de igrexa románica da segunda metade do século XII constitúeo a pequena igrexa rural de San Miguel de Breamo, en Pontedeume, priorado dos Cóengos Regulares de Santo Agostiño, que destaca polas súas naves abovedadas, caso pouco frecuente neste tipo de igrexas. Na provincia de Lugo, a igrexa de Santo Estevo de Chouzán mantén a súa ábsida, da segunda metade do século XII. Santa María de Ferreira de Pallares conserva completa a súa igrexa, comezada a principios do século XII, con teitume de madeira sobre arcos lixeiramente apuntados. A igrexa de Santa María de Ferreira de Pantón é anterior á súa incorporación ao Císter, como o demostra a extraordinariamente profusa decoración de seus capiteis, aínda que o seu artesoado, restaurado recentemente, é de inspiración mudéxar, do século XVI ou XVII. San Xulián de Samos só conserva, en cambio, unha portada románica, situada no ángulo nordeste do claustro das Nereidas.. 15.

(17) Tamén anterior á súa incorporación ao Císter, a igrexa de Santa María de Penamaior, en Becerreá, foi remodelada profundamente no século XVII, pero conserva, ademais de elementos puntuais, como a portada principal, o rosetón ou as ventás, as ábsidas puramente románicas. Unha transformación máis radical foi a sufrida pola igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo, trasladada a mediados do século XX pola construción do pantano dos Peares, pero que na reconstrución conservou os seus elementos románicos. A igrexa de San Paio de Diomondi, no Saviñao, pese ás desfeitas sufridas, constitúe aínda un dos máis fermosos exemplares da arquitectura románica do século XII, coa súa sorprendente fachada, composta por unha gran portada abucinada flanqueada por dous arcos cegos. Tamén no Saviñao se levanta a igrexa, moi parecida á anterior e da mesma época, de Santo Estevo de Ribas de Miño, nun emprazamento espectacular que domina a marxe esquerda do río Miño. Preto de Monforte de Lemos, en Pantón, encóntrase un dos máis singulares monumentos románicos de Galicia, San Miguel de Eiré, coroado por unha torre singular que recorda dalgunha maneira, aínda que xa no século XII, as antigas construcións prerrománicas asturianas. De monxas de San Bieito, San Fiz de Cangas mostra unha das plantas máis orixinais do románico galego, aínda que con bóvedas de cruzaría estreladas xa do século XV. No Incio, a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, probablemente de principios do século XIII, conserva unha extraordinaria portada románica de catro arquivoltas cunha orixinal moldura en zigzag. Tamén presenta unha portada de catro arquivoltas, flanqueada por dous grandes arcos de descarga, a igrexa de San Paio de Diomondi, un dos máis interesantes exemplares da arquitectura románica de tradición compostelá do século XII.. 16. Na provincia de Ourense, a igrexa de Xunqueira de Ambía é un exemplo case único de arquitectura románica do século XII, cun falso triforio e unha pequena torre redonda integrada na fachada. Na provincia de Pontevedra, o mosteiro cisterciense de Acibeiro conserva a súa igrexa, anterior á incorporación ao Císter, cun falso triforio análogo ao da igrexa de Xunqueira de Ambía, aínda que substituíu a súa primitiva fachada románica por outra cunha sinxela portada en estilo neoclásico de transición. En cambio, a igrexa gótica de San Francisco de Pontevedra incorporou na súa fachada unha portada protogótica do século XII. Mención especial merecen os impresionantes restos románicos, en proceso de restauración, da igrexa do mosteiro beneditino de San Lourenzo de Carboeiro, en Silleda, Pontevedra. IV· A reforma cisterciense. San Bernardo de Claraval Imposto Cluny, a nova reforma monástica foi propiciada desde dentro da propia Orde, primeiro por Roberto de Molesme, que fundou en 1075 en Borgoña a abadía do seu nome. Despois, coa axuda de Aubri e Esteban Harding, a nacente comunidade instalouse nun lugar pantanoso, entre Nuits-Saint-Georges e o río Saona, onde crearon un novo mosteiro coa intención de convertelo nunha abadía beneditina que cumprise estritamente a Regra de San Bieito. En 110112, a abadía instalouse nunha chaira que permitía a explotación agrícola e gandeira, a que se incorporou en 1112 ou 1113 o cabaleiro Bernardo de Fontaine, que logo sería coñecido como Bernardo de Claraval, polo nome do novo mosteiro que lle foi confiado. Con A Ferté, Pontigny e Morimond constituirían as catro abadías madre da futura e imparable expansión da renovada e extraordinariamente austera Regra beneditina. Os mosteiros regularíanse por uns textos que fixarían as novas normas: a “Carta de caridade e unanimidade”, que o primeiro capítulo xeral da Orde de Cluny aprobou en 1119, e que recollía os seus estatutos, e o “Exordio de Císter”, despois ampliado como “Pequeno Exordio”, que recollía a historia da fundación do Císter, ademais dos seus costumes relixiosos, e que foi aprobado polo Papa mediante a bula “Ad hoc in apotilici”, que constitúe de feito a acta de nacemento da Orde do Císter..

(18) Entre as particularidades da Orde estaban a autonomía financeira de cada abadía respecto aos outros mosteiros, incluído o fundador ou madre, e a autonomía para a elección do abade, sen prexuízo do control por cada abade do Císter das súas abadías filiais, que visitaba cada ano. Outra característica importante era que a dependencia directa do papado non excluía a posibilidade de intervención do bispo local en caso de necesidade, posibilidade que Cluny non permitía. Finalmente, outra característica importante do Císter foi a súa instalación en lugares afastados dos núcleos de poboación, o que fará que Galicia, en palabras de Torres Queiruga, “sentirá su influjo bienhechor en la colonización de lugares improductivos e inhabitados, en la planificación de la labor agrícola, en la promoción de siervos a colonos de numerosos trabajadores en las granjas creadas por los monasterios”13. A expansión do Císter coincidiu coa importancia político-relixiosa que alcanzou Bernardo de Claraval entre 1120 e 1153, con escritos como “Graos da humildade e da acción”, a “Apoloxía de Guillerme”, en contra de Cluny, e a súa serie de oitenta e seis “Sermóns sobre o Cantar dos Cantares”. Con Bernardo de Claraval, o Císter púxose baixo a advocación da Virxe María, e o “Salve Regina” remataba as actividades diarias das abadías, sublimando o amor profano dos trobadores da época. A cima do seu poder foi a súa arbitraxe con motivo da dobre elección papal, lexitimando a Inocencio II fronte a Anacleto II en función das súas calidades espirituais. Cando fracasou a segunda cruzada (1146-1151), tamén promovida por Bernardo, declinou a súa influencia, pero xa a Orde do Císter contaba con máis de 350 abadías, de que case a metade dependía de Claraval. Unha institución clave para comprender a razón do rápido desenvolvemento económico e a implantación social do Císter foi a dos conversos. Aínda que estes xa existían anteriormente, o Císter organizou a través dun dos seus pais fundadores, Esteban Harding, as obrigas e os dereitos destes servidores, cuxo número chegaba ás veces a duplicar ou triplicar o dos monxes. Recrutados entre os miserables campesiños da época, seguían un ano de noviciado e tomaban os votos, pero non se permitía a súa alfabetización nin a súa convivencia cos monxes, xeralmente de familias nobres. Ademais, estaban baixo a autoridade directa do celeireiro ou mordomo do mosteiro, que exercía á maneira de abade auxiliar con eles. A mellora da situación económica que se produciu do século XII ao XIV propiciou revoltas en busca de maiores privilexios e, finalmente, a súa práctica desaparición. Non obstante, a arquitectura cisterciense entendíase como un todo, polo que non distinguía entre as clases a que se dirixía nin diferenciaba a categoría das actividades que se desenvolvían nas súas dependencias, o que facilitou a posterior reconversión das instalacións dos conversos a outros usos, entre eles o de hospedaría. V· A arquitectura do Císter Se ben as primeiras construcións dun mosteiro do Císter, cando se implantaba nun novo lugar –outras veces era unha abadía xa existente a que se incorporaba á Orde– eran en madeira e de aspecto provisional, por se o lugar elixido finalmente non resultaba adecuado, pasado o tempo suficiente, polo menos vinte anos, empezábase a construción en obra de fábrica da abadía definitiva. Aínda a principios do século XVIII se conservaba o “Monasterium Vetus” de Claraval, na Champaña, como testemuñan as perspectivas de Dom Milley, de 170814. A arquitectura cisterciense revela un plan orixinal e un rigoroso control de execución, exercido desde o Capítulo xeral da Orde, que debatía amplamente as cuestións arquitectónicas. A auténtica revolución arquitectónica que supuxo no seu día foi consecuencia do ascetismo que a guiaba e que constituía o auténtico espírito do Císter, en oposición á anterior opulencia de Cluny. Este ascetismo non estaba rifado coa firmeza construtiva, dado que as obras estaban proxectadas para durar no tempo. Supuxo máis ben unha rebelión contra a ornamentación e os elementos e características “superfluos” a que chegara a arte románica da época. As Regras puntualizaban detalladamente cuestións como o lugar de implantación, en que a existencia da auga era fundamental e o carácter solitario do lugar, normalmente un bosque, que equivalía metaforicamente ao deserto dos. 17.

(19) primitivos eremitas. “No Occidente medieval, o deserto é o bosque”. Os cistercienses convertérono, pois, na súa Tebaida. Alí podían encontrar “as vastas soidades”, tan caras aos contemplativos, e tamén a madeira, que era entón o material de base para os “diferentes oficios”15. O triunfo do Císter coincidiu coa madurez da arquitectura románica, a que Claraval aplicaba os seus ideais de ascetismo. No exterior non se permitía a construción de torres, só se admitía a dun lanternón para as campás que non debía sobresaír sobre as cubertas, co que se conseguían igrexas de volumes harmoniosos, sen a presenza dominante das torres. No interior simplificábanse ao máximo capiteis e detalles, potenciando o límpido xogo espacial dos volumes baixo unha iluminación natural agora sen obstáculos. “O espazo adquire a mesma aparencia que a regra da Orde Cisterciense convertida en pedra”, como sinalan Bernhard e Ulrike Laule16. Elementos clave da arquitectura cisterciense foron a utilización das bóvedas de canón en lugar dos teitumes de madeira, tanto as de medio punto como as de canón lixeiramente apuntado e o perfeccionamento da bóveda de aresta, moitas veces apoiada en beirís sobre os muros e piares que axudaban a liberar o espazo, prefigurando a arte gótica. Como un efecto engadido, posiblemente buscado empiricamente, mellorábase notablemente a acústica do templo. Como sinala Spiro Kostof, “Non podemos esperar apreciar a experiencia devocional destas igrexas desposuídas e severas sen os ecos límpidos dos cantos das antífonas que enchían o seu espazo durante tantas horas ao día”17. Dos primeiros mosteiros orixinais cistercienses que San Bernardo fundou na Borgoña só Fontenay conserva a súa aparencia orixinal. A súa organización inspirou o plano ideal dun mosteiro cisterciense de W. Braunfels, recollido posteriormente máis ou menos literalmente, aínda que sen citalo, por outros autores.. 18. A igrexa do mosteiro tipo estaba orientada liturxicamente, é dicir, segundo o eixe leste-oeste, e coa cabeceira cara ao oriente, cara á luz da mañá, símbolo de Cristo. Era de planta de cruz latina, co brazo maior composto de tres naves de oito tramos, precedidas dun nártice. O brazo menor ou transepto estaba formado por unha soa nave de cinco tramos a que se abrían cinco ábsidas. A central era maior e rectangular e as laterais cadradas. Nas ábsidas laterais situábanse as capelas en que os monxes dicían misas privadas18. A igrexa cisterciense tipo, como Fontenay, axustábase ao que se ten denominado “plan Bernardín”, de igrexas de cabeceira plana e inscritible nunha serie de cadrados reguladores, que aluden á forma da Cidade segundo o Apocalipse. É a planta que debuxa Villard de Honnecourt na lámina 28 (fol. 14 v) do seu Caderno, no século XIII, e á que se refire con estas palabras: “Velaquí unha igrexa de planta cadrada cuxa construción foi prevista pola orde do Císter”19. No testeiro norte do transepto encontrábase a “porta dos mortos”, que daba ao cemiterio dos monxes. No testeiro sur, a porta da sancristía e, pegada ao seu muro occidental, a escaleira de matíns, ampla e recta, pola que os monxes se comunicaban co dormitorio para os oficios de noite. As naves estaban separadas por grandes piares cadrados con semicolumnas pegadas de esquemáticos capiteis, sobre os que se apoiaban tanto os arcos formeiros como os faixóns, todos eles apuntados. Os arcos formeiros definían os lisos muros de separación das naves, coroados por unha sinxela cornixa sobre a que se apoiaba unha bóveda de canón apuntada, desenvolta entre arcos faixóns de sección rectangular. Os arcos formeiros continuábanse analogamente nas bóvedas de canón transversais que cubrían as naves laterais, comunicadas entre si mediante outros arcos máis baixos. A igrexa iluminábase por ventás de medio punto ou apuntadas, situadas nos testeiros das bóvedas das naves laterais e nos testeiros da cabeceira e da fachada. As vidreiras estaban formadas segundo as Regras cistercienses, que prescribían vidros blancos sen cruces nin cores, con pezas incoloras chumbadas formando sinxelos motivos xeométricos ou vexetais. A luz agora branca reflectíase nas paredes e bóvedas encaladas acentuando o revolucionario desposuimento da arquitectura. A maior parte do espazo da nave central destinábase aos dous coros, o dos monxes na parte máis achegada á cabeceira, e o dos conversos, máis cerca da entrada. Entre ambos situábanse, dividindo claramente as zonas, o banco dos enfermos e o coro alto. Dúas portas nos extremos da nave da Epístola comunicaban o coro dos monxes co claustro e o dos conversos cun.

(20) corredor aberto, sen ventás, paralelo á galería occidental do claustro, pero incomunicado con este. Diante da fachada occidental encontrábase un nártice, que noutras igrexas se reducía a un simple pórtico. Ao sur da igrexa, con que se comunicaba directamente, encontrábase o claustro, tamén románico, cuxas galerías se cubrían con elementais bóvedas de aresta sen ningún tipo de nervios. Como sinala Schlosser, “os mosteiros conservaron invariable ata a fin do segundo gran período da historia mundial –a Revolución Francesa– o seu interior máis característico, o claustro, antiquísimo motivo helenístico-oriental”20. Os cistercienses mantiveron esta tradición, aínda que prescindindo dos historiados elementos decorativos tan queridos aos beneditinos, de que procedían. A situación do claustro nas abadías parece que obedecía ao que hoxe denominariamos consideracións bioclimáticas: nas zonas de clima frío situábanse ao sur, como no. 1 Altar Maior 2 Capelas laterais 3 Sancristía 4 Escaleira de matíns 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes 8 Banco dos enfermos 9 Porta dos monxes 10 Coro dos conversos 11 Porta do corredor dos conversos 12 Nártice 13 Claustro regular co pozo central e o lavatorium 14 Armarium dos libros 15 Collatio ou galería dos bancos 16 Sala capitular 17 Escaleira dos monxes 18 Dormitorio dos monxes 19 Latrinas dos monxes 20 Auditorium ou locutorio dos monxes 21 Paso dos monxes ao exterior 22 Scriptorium ou sala dos monxes 23 Sala dos novizos 24 Calefactorio coa cheminea 25 Refectorio dos monxes 26 Púlpito do lector 27 Torno 28 Cociña 29 Despensas 30 Auditorium ou locutorio dos conversos 31 Refectorio dos conversos 32 Paso dos conversos 33 Bodega 34 Escaleira dos conversos 35 Dormitorio dos conversos 36 Latrinas dos conversos 37 Río. Esquema de abadía cisterciense típica, segundo San Bernaldo de Claraval, a que se axusta esencialmente o mosteiro de Fontenay, na Borgoña. A partir de W. Braunfels. Segundo J.A.F.T. Debuxo de J. M. García Paz.. 19.

(21) Reconstrución do “Monasterium vetus” de Claraval, na comarca francesa da Champaña, a partir das perspectivas de Dom Milley, de 1708. Segundo J. A. F. T. Infografías de J. M. Ferro. 20. propio Fontenay e en xeral en Galicia, para aproveitar a radiación directa do sol, e nas de clima cálido ao norte, buscando a frescura da sombra da igrexa, dado que a galería que comunicaba coa igrexa era a máis utilizada polos monxes. Ao fondo desta galería, diante da sancristía, encontrábase o armarium, unha especie de nicho para gardar os libros litúrxicos ou para a meditación que, dada a súa importancia nalgunhas abadías, se convertía nunha auténtica biblioteca. Os claustros eran de planta cadrada, entre uns 25 metros de lado, como o de Fontenay, e uns 35, con arcadas abertas ao patio, en cuxo centro se situaba un pozo e sobre o céspede secaba a roupa que lavaban os monxes. Aberta á galería leste do claustro, para lles permitir aos conversos participar nos actos das grandes celebracións, encontrábase a sala capitular, no centro da cal sentaba o abade. A continuación situábase a escaleira de acceso ao dormitorio dos monxes e ás súas latrinas. Unido á escaleira, da que aproveitaba o espazo inferior, encontrábase o locutorio ou auditorium onde o prior despachaba cos monxes. A continuación situábase unha zona de paso ao exterior, que daba acceso aos xardíns, ao herbario, aos hortos e á enfermaría, despois o scriptorium ou sala dos monxes, onde se copiaban e iluminaban pacientemente os manuscritos e, finalmente, o noviciado, realmente unha dependencia da sala dos monxes. O dormitorio dos monxes situábase na primeira planta da mesma ala, coa latrina dos monxes ao fondo, que evacuaba sobre unha canle do río, regulado por unha presa. Na ala sur situábanse o calefactor, comunicado coa biblioteca, e o refectorio dos monxes, cun púlpito elevado para a lectura. Fronte ao refectorio encontrábase o lavatorium, fonte situada nun pavillón no patio fronte á galería, alimentada por outro canal do río desviado augas arriba, onde os monxes facían as súas ablucións antes de entrar no comedor21. A cociña comunicábase por un torno co refectorio e dispoñía das correspondentes despensas, comunicadas á súa vez co horto. Xunto á cociña situábase o locutorio dos conversos, onde eran atendidos polo celeireiro e onde este gardaba os seus documentos. Do mosteiro de Claraval non se conservan a igrexa nin o claustro, pero si en cambio a ala occidental do claustro, perpendicular á igrexa, composta de tres naves de catorce tramos destinada aos conversos. No semisoto situábanse a bodega e o refectorio dos conversos, separados por unha zona privativa de paso ao claustro. Na planta alta encontrábase o inmenso dormitorio dos conversos, de aproximadamente 80 metros de longo en Fontenay. Ao fondo, sobre a mesma canle do río que a latrina dos monxes, aínda que máis abaixo no curso do auga, situábase a latrina dos conversos..

(22) O plano de W. Braunfels refunde de feito os de Fontenay e Claraval para establecer o modelo ideal cisterciense, a que máis ou menos se parecían todos os mosteiros. Non obstante, nas posesións da abadía construíanse, coa mesma calidade arquitectónica, outra serie de edificios que configuraban o territorio, como o pombal, a tafona, o muíño, os celeiros, a fragua, os obradoiros dos artesáns de todos os oficios e as granxas. Sen esquecer o pavillón dos hóspedes, que acabaría integrándose nos mosteiros en torno a un novo claustro, o da Hospedaría. En Galicia existen belos exemplos, máis ou menos puros, da arquitectura románica de transición cisterciense. Dentro dos mosteiros da Orde recollidos nesta obra os primeiros exemplos importantes que hai que destacar están na provincia de Lugo. En Meira temos unha das mellores igrexas do Císter en Galicia, cuxa planta se axusta claramente ao “plan bernardín”, cunha fachada magnificamente conservada, en que incluso se manteñen as ferraxes orixinais da porta, do século XIII. No seu interior destacan sobre todo os amplos e sobrios arcos faixóns apuntados, de transición, característicos do románico cisterciense. Na provincia de Ourense encontrámonos con outra extraordinaria igrexa románica cisterciense, a de San Clodio de Leiro, que conserva tamén a súa fachada primitiva, a pesar da desaparición da trazaría do seu gran rosetón. Non obstante, o seu espazo interior foi radicalmente transformado, ao substituírse no século XVI o teitume de madeira da nave maior e os arcos faixóns apuntados que a sostiñan, por bóvedas de cruzaría de cinco claves que, a pesar da súa beleza, desvirtuaron o sobrio aspecto orixinal. En Melón, que posuía unha das maiores igrexas abaciais da Orde, comparable á de Oseira, só quedan a impresionante cabeceira co seu amplo deambulatorio, o cruceiro e un único tramo da nave maior, de principios do século XIII, pero con bóvedas tardías estreladas e de cruzaría do século XVI. Tamén se conserva, pegada ao testeiro norte do cruceiro, a capela do Cristo da Saúde, da mesma época que a cabeceira.. 21 En Montederramo críase que desaparecera toda a obra románica, pero a última restauración sacou á luz unha bela ventá pertencente á primitiva igrexa abacial, situada no segundo corpo do claustro. De Santo Estevo de Ribas de Sil consérvanse varias partes románicas do século XII e principios do XIII como a igrexa, excepto a fachada, o primeiro corpo do claustro dos Bispos e un altar, hoxe no brazo norte do cruceiro. É de destacar que, aínda que o primitivo teitume da igrexa foi substituído no século XVI por bóvedas de cruzaría e estreladas tardías, a nave mantén os primitivos arcos faixóns apuntados, ao contrario, por exemplo, que a igrexa de Meira. A igrexa abacial de Oseira conserva practicamente íntegro o interior da súa igrexa románica dos séculos XII e XIII, cos grandes arcos faixóns oxivais da nave central sostendo bóvedas de canón tamén apuntadas, propias do Císter, e unha notable cúpula no cruceiro, pero substituíu a súa fachada románica por outra de inspiración herreriana no século XVII. Conserva tamén a capela funeraria románica de San Andrés, pegada, como a de Melón, ao testeiro norte do cruceiro. En Xunqueira de Espadanedo consérvase a primitiva igrexa cisterciense, con teitume de madeira, pero a fachada románica foi substituída en 1801 por outra neoclásica. Na provincia de Pontevedra, Armenteira constitúe o terceiro exemplo, e quizais o mellor, das igrexas no estilo románico de transición propio do Císter que se conservaron completas en Galicia. Obra da segunda metade do século XII destaca pola súa cúpula octogonal no centro do cruceiro, de tradición mozárabe, as súas bóvedas de canón apuntado sobre arcos faixóns oxivais e pola súa extraordinaria fachada, cunha portada de seis arquivoltas coroada por un gran rosetón de singular trazaría. Tamén é excepcional, cun sobrio interior de similar solución estrutural, a igrexa de Santa María de Oia, aínda que perdeu a fachada orixinal, substituída por outra barroca no século XVIII..

(23) VI· O abade Suger e o nacemento do gótico. As ordes mendicantes O estilo gótico xurdiu como unha expresión do poder real nunha abadía particularmente protexida por este, a de St. Denis, grazas ao impulso do abade Suger. Cando a coroa francesa estaba practicamente reducida ao exiguo territorio da Illa de Francia, co seu centro en París, Suger foi tan providencial para a súa causa como o foi Bernardo de Claraval, o seu contrincante e á vez alter ego, para a expansión cisterciense. En palabras de Schlosser, “L’Ile de France foi en efecto a patria orixinaria daquel dialecto arquitectónico, o berce do opus francigenum que foi a expresión última e máis elevada da alma medieval, destinado a ter longuísima difusión en Europa e que sería máis tarde denominado «gótico»”22. Suger, nacido en 1081, compaxinou o servizo como conselleiro, amigo e incluso rexente de dous reis, Luís VI o Gordo e Luís VII, coas obras de reforma, tanto física como espiritual, da abadía de Saint-Denis, de que chegou a ser abade desde 1122 ata a súa morte en 1151. Erwin Panofsky, que trazou un extraordinario retrato da época e do home que chegou a ser considerado o pai da monarquía francesa23, define moi graficamente a actuación de Suger, que comezara a renovación completa da igrexa carolinxia coa construción do nártice e da nova cabeceira (1140-1144)24, como se o presidente dos Estados Unidos mandase reconstruír a Casa Branca por Frank Lloyd Wright. É preciso ter en conta ademais que na época se consideraba que a igrexa fora consagrada polo propio Xesús Cristo.. 22. En todo caso, sabemos polas súas memorias que era plenamente consciente da orixinalidade das súas novas construcións fronte ás antigas carolinxias. Como subliña Panofsky, interpretando as palabras do propio Suger, “Sentiu, e fainos sentir a nosoutros, a súa espazosidade cando fala do seu novo chevet como «ennobrecido pola beleza do longo e do ancho»; sentiu o seu sublime verticalismo ao describir a nave central de este chevet como «subitamente alzada no alto» polas columnas de sostén e a súa luminosa transparencia ao describir a igrexa como «penetrada pola marabillosa e ininterrompida luz das máis resplandecentes vidreiras»”25. Todo isto conseguiuno utilizando os elementos que deron orixe á arquitectura gótica: o arco apuntado e a bóveda de cruzaría, anunciados polos cistercienses, e os arcobotantes. Os esforzos da estrutura racionalizáronse, pasando a descansar sobre os arcos convertidos en nervios, liberando da súa pesada masa muros e bóvedas e permitindo de paso a construción de luminosas e coloreadas vidreiras, que contrastaban vivamente co ascetismo cisterciense. Esta nova arte estendeuse rapidamente, primeiro pola Illa de Francia, como símbolo arquitectónico do rexuvenecido poder real, despois por toda Francia, e finalmente ata os últimos extremos de Europa, personalizándose en diversos estilos rexionais. En palabras de Leonardo Benévolo, “O gótico é xustamente un estilo internacional que unifica, desde mediados do século XII en adiante, os métodos de construción e de acabado dos edificios en toda Europa”26. Os cistercienses, dalgunha maneira os seus precursores, sucumbiron tamén ao novo estilo, pero mantiveron os seus principios de sobriedade arquitectónica, renunciando ás características e esveltas torres ourizadas de pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas como as anunciadas xa de cedo polo Mestre Mateo. En Galicia, cunha sólida tradición románica, o estilo gótico desenvolveuse como unha lóxica evolución daquela, convertida xa no protogótico do Mestre Mateo e dos mosteiros cistercienses, e completáronse dunha maneira natural edificacións tan importantes como as catedrais de Ourense, Lugo e Mondoñedo e os mosteiros de Oseira e Melón. Nos seus mosteiros, os cistercienses, como xa se sinalou, renunciaron aos elementos quizais máis característicos visualmente do gótico, pero utilizaron amplamente os máis esenciais, como as bóvedas de cruzaría. Na maioría dos mosteiros galegos pódense encontrar exemplos de arte gótica, ás veces en épocas moi tardías. Na provincia da Coruña San Nicolao de Cis, en Oza dos Ríos, conserva a súa igrexa oxival, un dos poucos exemplos de mosteiros en Galicia que se poderían cualificar de góticos, seguramente da segunda metade do século XV, emparentada coas veciñas igrexas de Santa María de Azougue e de Santiago en Betanzos. Máis modestamente, o mosteiro de San Salvador de Bergondo amplía a igrexa coa capela de Santa Catarina, cuberta cunha bóveda de cruzaría do século XIV ou principios do XV. Na provincia de Lugo, Santo Estevo de Chouzán constrúe as naves27 e a portada norte, de 1314, e aínda conserva restos de pinturas en estilo gótico hispano-flamenco, xa do primeiro terzo do século XVI. Ferreira de Pallares levanta a capela.

(24) sepulcral dos condes de Taboada. En Meira quedan aínda os arranques, no muro sur da igrexa, das bóvedas do claustro Regular, do século XVI. Máis importantes son as galerías do claustro das Nereidas, de San Xulián de Samos, obra de Pedro de Monforte, construída entre 1562 e 1582, así como a statio ou sala do Signo, con bóvedas estreladas moi similares ás do claustro das Nereidas. Na provincia de Ourense temos as bóvedas de cruzaría tardías, do século XVI, da igrexa e do claustro Regular de San Clodio de Leiro. En Melón destacan as bóvedas de cruzaría dos primeiros tramos da capela Maior e do deambulatorio, así como as do brazo norte do cruceiro. Tamén destacan as bóvedas estreladas do século XVI do tramo central e do brazo sur do cruceiro, así como a do único tramo que se conserva, de que debeu ser impresionante nave maior. En Montederramo mantense o primeiro corpo do claustro Regular, do século XVI. En Santo Estevo de Ribas de Sil, as naves da igrexa están cubertas por bóvedas de cruzaría do século XVI, como a bóveda estrelada do cruceiro. Tamén son do século XVI as bóvedas de cruzaría do claustro dos Bispos, reconstruídas no século XVIII, claustro en que destacan os pináculos e o remate de coroación do seu segundo corpo. Un exemplo extraordinario e único en Galicia polas súas bóvedas de abano é a sala Capitular, ou das Palmeiras, de Oseira, que conta tamén co claustro gótico dos Pináculos, ambas as obras do século XV. Xunqueira de Ambía conserva á súa vez o seu claustro gótico tardío do século XVI, así como a sancristía e a capela da Mercé, as dúas con bóvedas de cruzaría do século XVI. Na provincia de Pontevedra, Armenteira cobre as galerías do seu renacentista claustro Regular ou das Procesións, do século XVI, con bóvedas de cruzaría, entre as que destaca a bóveda estrelada do ángulo suroeste. Tamén son bóvedas de cruzaría tardías as dos claustros regulares renacentistas das Procesións de Oia e de San Xoán de Poio. Pero en Galicia, a arte gótica implantouse nas florecentes cidades da man dunha nova maneira de concibir os votos monásticos, a das ordes mendicantes, concretamente as dos franciscanos e dos dominicos. Chegadas a Galicia no século XIII da man, como quere a tradición, de seus propios santos fundadores28, desenvolveron os seus principais conventos sobre todo ao longo do século XIV e principios do XV. Os templos conventuais destas ordes, aínda que serodiamente, alcanzan unha grande importancia cidadá ao converterse rapidamente en lugar de enterramento privilexiado de nobres e incluso de notables da cidade. Como sinala J. R. Soraluce, “Con tales protectores, a los que parece garantizarse así un reposo eterno sacralizado, los templos de las órdenes mendicantes adquieren en Galicia la importancia y categoría que en otras zonas y regiones corresponderían a la catedral gótica”29. Arquitectonicamente a súa parte máis característica é a cabeceira, xeralmente formada por tres ábsidas poligonais –excepcionalmente, en San Domingos de Pontevedra, por cinco– cubertas con bóveda de cruzaría, que algúns autores denominan ás veces de abano30. Ao exterior, os empuxes dos nervios son contrarrestados por contrafortes de clara tradición románica, en lugar dos arcobotantes característicos do gótico da Illa de Francia. Da conxunción desta sólida pervivencia románica coa diafanidade dos cerramentos, transformados nas coloreadas transparencias das vidreiras, engastadas en esveltas ventás, nace a orixinalidade da linguaxe gótica galega, que adapta a linguaxe internacional ás peculiaridades rexionais sen romper drasticamente coas formas tradicionais. En Galicia, pódense encontrar varios exemplos importantes destes conventos. Na provincia da Coruña, San Francisco de Betanzos conserva completa a súa igrexa da segunda metade do século XIV. San Domingos de Bonaval, a cabeceira e parte das capelas e da nave. Na cidade da Coruña encóntrase, aínda que cambiado de situación, o antigo templo de San Francisco, primitivamente situado na Cidade Vella. A reconstrución realizouse a partir das tres capelas e a cabeceira, dos séculos XIV-XV, e dunha capela do século XVI, de que se cambiou a súa posición relativa. Na provincia de Lugo, San Francisco de Lugo conserva a igrexa completa, comezada no século XIV e terminada tardiamente no XVI, así como o extraordinario claustro gótico. San Francisco de Viveiro só conserva a igrexa, de finais do século XIV e principios do XV.. 23.

(25) Na provincia de Ourense, San Francisco de Ourense só conserva a fachada e a cabeceira da igrexa, hoxe na praza de San Lázaro, e o claustro, do século XIV, xunto ao que permanecen os muros orixinais da igrexa, no seu emprazamento orixinal da atalaia de Vista Alegre. San Domingos de Ribadavia conserva a igrexa, de finais do século XIII ou principios do XIV, aínda que a cabeceira é posterior. Na provincia de Pontevedra, de San Domingos de Pontevedra só queda a extraordinaria cabeceira de cinco ábsidas, única en Galicia, do século XIV, e a arcada da desaparecida sala capitular, cuxos derrubamentos foron interrompidos pola Desamortización de Mendizábal en 183531. San Francisco de Pontevedra conserva a súa igrexa, dos séculos XIV-XV, aínda que non a súa fachada principal. Na cidade raiana de Tui, a igrexa do convento de San Domingos, coa súa ábsida central de grandes ventás oxivais, pode considerarse un templo gótico, aínda que as bóvedas da nave principal e a fachada barroca, se terminaron no século XVIII. VII· Da crise do monacato a finais da Baixa Idade Media ás reformas da Idade Moderna Paralelamente ao auxe das ordes mendicantes ten lugar, coa crise do monacato producida polas sucesivas rebelións e a deserción final dos conversos, unha paulatina decadencia dos mosteiros a partir do século XIV. Neste século, Galicia sofre á súa vez graves crises económicas, demográficas –coa peste negra (1347-1351) desapareceu un terzo da poboación europea– e sociais, que culminarán no século seguinte coas fracasadas rebelións dos Irmandiños contra a igrexa e os nobres. Pero sobre todo como consecuencia da crise producida polo cisma de Occidente (1378-1417), e o paulatino deterioro e relaxación da vida monacal, xorde en España, como noutros países de Europa, a necesidade da súa reforma, que se canaliza fundamentalmente a través da creación de dúas grandes Congregacións.. 24 Coa Idade Moderna os Reis Católicos emprenden unha sistemática política de control das institucións e da nobreza galega, creando a Real Audiencia de Galicia e nomeando toda clase de cargos públicos, como corrixidores de vilas e cidades. Este control esténdese tamén aos mosteiros, por outra parte nas mans moitas veces irresponsables dos abades comendatarios, mediante a obrigada adscrición, apoiada en Breves e Bulas papais, ás Congregacións vallisoletanas de San Bieito o Real de Valladolid, dos beneditinos, e á Xeral de Castela, dos cistercienses. Estas Congregacións nomearán a partir de entón desde Castela, polo menos nos primeiros séculos, todos os abades galegos. A primeira Congregación en xurdir foi, en 1390, a beneditina de San Bieito o Real de Valladolid, baixo o patrocinio do rei Xoán I, coa finalidade de volver á estrita observancia das normas de Cluny. Co apoio de varias Bulas papais e a oposición nalgúns casos dos abades comendatarios e dos propios monxes. En todo caso, en 1493 úneselle San Martiño Pinario, en 1505 Samos, en 1506 Celanova e Santo Estevo de Ribas de Sil, en 1518 San Salvador de Lourenzá, xa en 1540 San Salvador de Lérez e por último, entre outros, San Xoán de Poio en 1547. En total, incorporáronse a Congregación nove mosteiros principais, a que á súa vez se tiñan incorporado outros moito menos importantes, ata un total de cincuenta e oito, que pasaron a denominarse priorados32. Paralelamente a este proceso de concentración dos mosteiros masculinos, produciuse a dos femininos nun único mosteiro galego, o de San Paio de Antealtares, o que precipitou a ruína de moitos pequenos mosteiros de Galicia, de que se mantiveron en pé case unicamente, en palabras de Sa Bravo, “las iglesias que pertenecieron a los disueltos monasterios de monjas, en las que se nos ofrece unha maravillosa colección de pequeños templos románicos de la más variada factura”33. A pesar das dificultades de coordinación dunha Congregación de ámbito nacional, con moitos problemas de funcionamento, e á explotación dos recursos dos mosteiros galegos polos monxes de Valladolid, a absorción supuxo unha nova etapa de prosperidade para os beneditinos de Galicia, que durou ata a Exclaustración e conseguinte desaparición da Congregación..

Referencias

Documento similar

[r]

o bien del Terciario, h_mi servilido de cuno-licie dc roñ-�:�,ni-ento al movimiento de los

En la Hoja estudiada estos cambios se mani- fíestan fundamentalmente en los sedimentos del Lias superior- -Dogger, que mientras en las zonas mas orientales están cons- tituídos

de Madrid e Investigaciones Geológicas y Mineras (S.A.) por el que el Laboratorio de Datación por Aminoácidos de la Unidad Docente de Estratigrafía y Paleontología de la Escuela

Documentación complementaria MAGNA

- Calizas y marg¿,s (Cenornanienses) un La pista de la Mola Grosa. Se interpreta como material de rel1cno de la laguna salobre... A la izquierda se observa los e La serie

145.- Fil6n tarálo de diabasa que corta netamente las estructuras (Serie de Ordenes).... 146.- Tramos pelíticos con abundante cuarzo de exudaci6n en la Serie

Documentación complementaria MAGNA