• No se han encontrado resultados

GRUPO DE TRABALLO- Inspeccións de Traballo Tui, 24 de Abril de 2015

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "GRUPO DE TRABALLO- Inspeccións de Traballo Tui, 24 de Abril de 2015"

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

GRUPO DE TRABALLO- Inspeccións de Traballo Tui, 24 de Abril de 2015

O Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal reuniu no día 24 de Abril na cidade de Tui o Grupo de Traballo Inspeccións de Traballo e Autoridade para as Condicións de Traballo, Galiza - Norte de Portugal.

O punto partida é a necesidade de garantir a igualdade de tratamento a todos os que realiza unha prestación de servizos, calquera que sexa a súa orixe, principio que, con base a normas internacionais (entre outras as da OIT), aplicase a todos os traballadores nacionais, migrantes, desprazados ou transfronteirizos.

Os problemas relativos á garantía dos principios mínimos de trato equitativo en diferentes situacións e contextos legais, aumentaran pola falta de verdadeiros medios para asegurar unha información adecuada aos interesados, e, pola falta de cooperación e intercambio de informacións entre os servizos nacionais competentes.

Calquera estratexia de cumprimento de carácter transnacional, precisa da existencia dunha colaboración administrativa transfronteiriza coherente, sobre todo ao nivel de información e de asesoramento. Experiencias como a do EURES facilitan a prestación destes servizos, mais a nivel de información que de controle.

Intentando a través dunha mellor e mais eficaz información, facilitar o cumprimento voluntario das normas. As estruturas do EURES nas rexións fronteirizas como é o caso da nosa Euroregión, son moi importantes e implican unha asociación pluriinstitucional formada polos axentes sociais e económicos e polos servizos públicos de emprego. Por norma a súa actuación está estreitamente relacionada coa dos Consellos Sindicais Interrexionais coordenados pola Confederación Europea de Sindicatos.

(2)

Debemos traballar para unha maior cooperación administrativa de carácter global. En todo o caso, parece fundamental estabelecer criterios mais amplos de utilización e intercambio de información , ademais de áreas temáticas, e sen prexuízo de resolver adecuadamente a cuestión da confidencialidade/privacidade de datos. Así o protección de datos persoais e profesionais dos traballadores está sometido á lexislación sobre datos persoais de cada país, aínda que algúns instrumentos comunitarios conteñen regras específicas.

Temos algunhas experiencias prácticas de cooperación institucional a nivel nacional, e Transfronteirizo desde fai varios anos. Este modelo de funcionamento encadrase noutros acordos coas inspeccións de traballo que ven funcionando a nivel europeo e no seu papel de consulta, consello e controle das regras relativas ao traballo que prestan persoas de outros Estados-membros.

A título de exemplo na UE considerase, que ademais da necesidade de programas e políticas nacionais para combater os problemas do traballo non declarado, é importante desenvolver unha estratexia coordenada a nivel rexional de vixilancia e loita contra a fraude, a partir das tarefas e competencias da inspección de traballo.

O problema mais complexo relacionado coas empresas e os traballadores desprazados no ámbito da cooperación trasnacional continua a ser a aplicación das multas administrativas que xorden das actas dos inspectores nun contexto trasnacional.

Entre as experiencias de inspección e de cooperación entre España e Portugal destacan as que se realizan nas obras públicas, as campañas conxuntas de inspección en áreas ou sectores específicos e o desenvolvemento sobre a equivalencia de termos e figuras legais para a realización das inspeccións coa mellor información e comprensión paralela.

(3)

Os principais obxectivos deste encontro son os referentes ao acompañamento das accións realizadas pola inspección e intercambio de informacións sobre as áreas en que se concentra o maior número de traballadores transfronteirizos e desprazados (construción civil e obras públicas, construción naval, compoñentes do automóbil e téxtil e agro forestal) os principais obstáculos á mobilidade que enfrontan os traballadores (perda de dereitos sociais do traballador transfronteirizo, deficiencias na tramitación administrativa de determinadas prestacións, a esixencia de carteiras profesionais, etc.) e as condicións de traballo aplicadas aos transfronteirizos e desprazados coa finalidade de identificar e eliminar o dumping social.

Neste encontro das inspeccións de traballo prestouse especial atención ao sector agro forestal, pois é un dos sectores onde está a aumentar a mobilidade laboral e onde a aplicación da lexislación se torna mais preocupante.

Sectores con maior concentración de traballadores transfronteirizos:

Actualmente, a Rexión Galicia-Norte de Portugal afronta unha diminución da súa actividade económica, consecuencia da crise, que determina a diminución da cifras de mobilidade de traballadores entre as dúas áreas.

O sector en que se usan mais traballadores portugueses na Galicia continua a ser a construción civil, en contra das tendencia de diminución rexistradas nos últimos ano, este ano verificouse un lixeiro aumento derivado do período electoral que se vive en Galicia e en España. A continuación están os sectores de hostalería, transporte de mercadorías, metalúrxico e o agro forestal.

O Consello Sindical Interregional Galicia-Norte de Portugal manifesta a súa avaliación positiva sobre as visitas conxuntas das inspeccións de traballo de Galicia e Norte de Portugal, para verificar as condicións de traballo no ámbito da Euroregión, en que se realizaran as accións mencionadas nos parágrafos seguintes:

(4)

• Condicións de saúde do traballo

- Concertos con servizos de prevención - Formación e información dos traballadores

- Vixilancia da saúde; as credenciais deben ser recoñecidas por ambos países - Roupa de traballo e calzado

- Medios de protección colectiva e persoal - Coordinación de actividades

• Condición de traballo

- Salarios e outras remuneracións

- Condicións de aloxamento e alimentación - Xornadas de traballo e folgas

- Contratación

- Desprazamentos transnacionais

- Emprego de estranxeiros e autorizacións de traballo - Inscrición na REA

• Condicións de Seguridade Social

- Altas, Baixas

- Cotas para a seguridade social - Comunicación de viaxes, etc

As conclusións deste grupo de traballo que foron asumidas por unanimidade dos representantes sindicais e de administracións foron as seguintes:

- Débese reforzar o papel da acción de inspección para que estas funcionen en conxunto, con poderes de intervención, acción e sanción para que teñan unha eficacia concreta, sexa cal fora o país e a zona de inspección efectuada.

(5)

- Crear un espazo web onde se encontre con facilidade as normas relativas ás relacións de traballo transfronteirizo, e onde se poda ter coñecemento do rexistro de empresas acreditadas para ser subcontratadas.

- Promover os mecanismos de negociación colectiva en cada sector, como espazo de diálogo social para contribuír a melloría da situación sociolaboral na Eurorexión. - Activar os mecanismos de que dispoñen as administracións portuguesa e galega para coñecer as causas da sinistralidade.

- Promover mecanismos de intercambio de informacións a ambos lados da fronteira nas áreas de contratación, condicións de traballo, seguridade social, sinistralidade laboral, fiscalizade ou procedementos penais, como xa existe entre as inspeccións de traballo.

- Estabelecer un censo de fluxos transfronteirizos, facendo un seguimento a integración social e laboral das persoas traballadoras.

Dª. Maria Coutiño, en representación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e Dº José Mª Casas de Ron en representación da Dirección Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, manifestaron a máxima disposición por parte da Xunta de Galicia e da Inspección de Traballo e Seguridade Social para executar todas as tarefas de coordinación necesarias para a mellor funcionamento tanto das visitas conxuntas da Inspección de Traballo, como en xeral no ámbito das súas competencias na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

D Joaquim Silva, como Director da Autoridade para as Condições de Trabalho do Norte de Portugal, manifesta a disposición da ACT para o desenvolvemento das visitas de inspección en colaboración cos inspectores de traballo da Galicia, destacando que as accións conxuntas realizadas até o momento foron moi eficaces para mellorar as condicións de traballo dos transfronteirizos.

A título de conclusión o Consello Sindical Interregional G-NP considera que as institucións transfronteirizas e o conxunto dos axentes sociais teñen que defender os dereitos regulados nas nosas respectivas constitucións e nas normas internacionais

(6)

sexa unha realidade, a través do cumprimento das normas e condicións xa regulamentadas nos propios acordos colectivos. Ademais, temos de continuar impulsando a independencia técnica e reforzando os medios da inspección e de coordinación no ámbito da Eurorexión.

A conclusión final do grupo e que a cooperación transnacional aínda ten moito traballo por diante para avanzar, si ben nos últimos anos notase que se ten acelerado.

Os movementos xeneralizados e cada vez mais evidentes de traballadores, tanto en Europa como a nivel xeral indican que as inspeccións nacionais necesitan cada vez mais de unha colaboración institucional transnacional eficaz ademais do intercambio de boas paticas ou coñecementos. O mundo do traballo non é estático e basease cada vez mais en realidades con traballadores desprazados, transfronteirizos, migracións temporais, etc, o que implica desafíos administrativos que obrigan a superar a idea do concepto nacional de control, aínda que respectando a súa esencia.

Partindo desta perspectiva global e co referido anteriormente, ademais dos acordos bilaterais e redes de información, é cada vez mais necesario encontrar estratexias multilaterais, ligadas aos procesos de integración rexional. Compartir datos e informacións, recibir formación conxunta das dúas inspeccións de traballo co fin de cumprir obxectivos comúns, determinar liñas de acción e avaliacións comúns, e indispensable para conseguir a aplicación efectiva da lei e a realización do traballo en condicións dignas e con garantía de paz social.

Referencias

Documento similar

Este traballo estructúrase derredor da investigación e desenrolo de sensores de micropistas e píxeles de silicio para a construcción dun detector de vértice para a mellora

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas Clases de taboleiro en grupo

Durante o curso de referencia o SNL, conxuntamente coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a

A metodoloxía utilizada consistiu na comparación de medias mediante diferen- tes estatísticos (t de Student 2 e ANOVA 3 ) en función do tipo de pregunta clave pa- ra contrastar

Coñecer o fenómeno da segregación ocupacional é importante desde o punto de vista político, xa que as comunidades autónomas asumen competencias no de- seño de políticas de emprego

As competencias que desenvolver son a comprensión das organi- zacións e da contorna de traballo; a aplicación de coñecementos técnicos, a ob- tención de habilidades profesionais

Criado Fernández, Ángela DIAZ BALADO, ALICIA Educación emocional como ferramenta para a prevención da violencia de xénero... ALUMNO/A TITOR/A TÍTULO

Clave: L (edición facsimilar) Volumen: Páginas, inicial: 11 final: 51 (estudio introductorio) Fecha: 2008 Editorial (si libro): Consellería de Traballo, Xunta de Galicia. Lugar