• No se han encontrado resultados

Pena da Cunca; Pena do Coto; O Coto de Cima do Alle; O Outeiro

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Pena da Cunca; Pena do Coto; O Coto de Cima do Alle; O Outeiro"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

   1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  023  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro 2.  LOCALIZACIÓN    

 Nome:   CASTRO DE FILGUEIRA

 Topónimo:   Pena da Cunca; Pena do Coto; O Coto de Cima do Alle; O Outeiro  Provincia:   Pontevedra

 Concello:   Lalín

 Parroquia:   Filgueira (Santa María)  Lugar:   Cima de Alle

CARTOGRAFÍA    

Coordenadas  (Datum  ETRS89)  

 UTM:  Fuso  29   Coord.  x:     570.087 Latitude:   42° 40' 45,639" N Coord.  y:     4.725.562 Lonxitude:   8° 8' 40,409" O  

 Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   122 - 41 Esc.  1/5.000:   0122A-0208 (malla anterior: 0122 8-2) ACCESOS  

Saíndo de Lalín, tomámola N-525 en dirección Santiago. Á altura do P.K. 294, desviámonos á dereita (ao norte), cara ao Polígono Industrial de Lalín. Collemos á esquerda (oeste) a rúa A, e pasados 500 m.. desviámonos á dereita (norte), para coller a rúa D. Seguimos durante 580 m. ata chegar á estrada que rodea polo norte o Parque Empresarial. Neste punto collemos á dereita (leste) e seguimos a estrada asfaltada durante uns 500 m. Chegados a este punto, o castro se atopa a 250 m. en dirección norleste, podendo acceder a el seguindo o cortalumes asociado á liña de alta de tensión.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO    Altitude:     589 m.s.n.m.

 Emprazamento  topográfico:   Ladeira que cae ao sur.  Utilización  do  entorno:    

(2)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN    Vexetación  

Monte baixo (toxo, silva e fentos) e algunhas árbores (carballos e pinos).  Descrición  das  alteracións:  

Cortalumes polo trazado da liña eléctrica. Torreta de electricidade. Recheos e escavacións na zona suroeste exterior da croa. Explanacións por actividades agrícolas.

 Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:       Regular:  X   Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:        Causas  de  alteración:  

Actividades agrarias. Instalación electrica.

 Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:      Protección  física:    

 Intervención  arqueolóxica:    

 Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X 5.  MATERIAIS  

Descrición:    

Segundo os veciños, apareceron restos de muíños circulares e tellas nunha leira denominada “Agro do Castro”, a 100 m. ao norte da cima (BUXAN 1989: 38).

En Presas (2008: 244) recolle referencias de X. Carballo sobre a aparición de muíños e tellas na mesma leira así coma un muíño barquiforme localizado por el na leira “Agro do Castro de Arriba”.

 Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X  Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:   -­‐  Museo  ou  colección  privada:  

(3)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

Castro cun único recinto de forma oval. Presenta as seguintes dimensións: no eixo N-S mide 90 m. (interior) e uns 100 m. (exterior). No eixo E-W mide 75 m. (interior) e un 85 m. (exterior). Presenta como única defensa un terraplén moi arrasado con unha altura de entre 1 m. e 1,5 m

Na zona oeste, polo exterior do recinto, intúese unha depresión pequena pegada ao terraplén, que parecen ser os resto dun foxo cegado e modificado por recheos.

No extremo norte da croa hai unha laxe alongada na que se aprecian gravados de algunhas coviñas e un cruciforme. As coordenadas UTM da laxe son: 570.082; 4.725.608 (Datum  ETRS89).  

(4)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

(5)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

9.  FOLKLORE  

De acordo con Presas (2008: 243) o castro mesmo non conta con folclore pero si unha zona próxima (a uns 300 m. ao NNE) chamada “Agro do Castro de Arriba”

- “Din que a "Pena da Cunca", que é onde se atopa o castro, está ao mesmo nivel ca o Pico Sacro e o alto de O Faro en Rodeiro” (Presas 2008: 243)

- “Cerca da Pena do Cota hai uns montóns de terra, que é onde enterraban aos mortos.” (Presas 2008: 244).

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:     Non  axeitado:   X    Estado  de  conservación  actual:  

Consérvase o terraplén, aínda que arrasado, en todo o recinto. O foxo poderíase conservar baixo os recheos no sector suroeste.

 Vulnerabilidade  ás  visitas:   Non se aprecian.

 Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):   A existencia dunha pedra con gravados na croa.

 Perceptibilidade  das  estructuras:  

Aceptable, unha vez eliminado o monte baixo. A perceptibilidade do xacemento dende a estrada de acceso e o contorno é limitada.

 Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

Ata a estrada que está a suroeste do xacemento acceden tanto coches coma autobuses, podendo estacionar nunha beira da estrada. Dende a estrada ata o castro, o acceso é regular: é costa arriba, por un cortalumes, tardándose uns 5 minutos en chegar. Xa no xacemento, a circulación é boa.  

 Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Ademais da xeral sobre o urbanismo e modo de vida castrexo, a existencia dunha laxe cos gravados que permite falar da sinalización da paisaxe.  

 Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

(6)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

 Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:   Gravados no interior da croa.  

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 29-38.

CARBALLO ARCEO, L.X.

(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323.

EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-22 do PGOU de Lalín”.

GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 42.

MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos

Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia.

Informante(s):  

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz Lugar  e  data:    

Lalín, 23 de novembro de 2012

 

(7)

GA36024023. CASTRO DE FILGUEIRA (Cima de Alle, Santa María de Filgueira).

IMG_6073 e IMG_6074. Vista exterior desde o NE.

(8)

IMG_6076. Vistas exterior desde o SO.

(9)

Referencias

Documento similar

Convém mencionar, no entanto, que este estudo apresenta algumas limitações, tais como a amostra ser de conveniência e pequena, o que impediu a análise do efeito do Reiki

Otro acuerdo capitular palentino de 1627 re- coge la dotación hecha por don Miguel San- tos de San Pedro, obispo de Solsona y anti- guo canónigo de la catedral, deseando “que

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

O obxecto da presente norma é regular para o concello de Mondariz a prestación do Servizo de Axuda no Fogar ( SAF), configurada na lexislación vixente como unha prestación bá- sica

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

• As notas ao pé diferénciase do texto principal polo tamaño da letra, como xa dixemos, mais tamén poderemos inserir unha liña na súa parte superior que divida a zona da nota ao