INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE NARÓN
EXERCICIO 2013
ÍNDICE
I. INTRODUCIÓN ... 1
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE ...1
I.2 LIMITACIÓNS...1
I.3 NORMATIVA REGULADORA...2
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ... 5
II.1 INFORMACIÓN XERAL ...5
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ...6
III. CONTAS ANUAIS ... 7
III.1 ORZAMENTO INICIAL ...7
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO ...8
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS ...8
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS ...11
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO ...15
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA ...17
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS ...19
III.3 CONTABILIDADE FINANCEIRA ...20
IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN ... 22
IV.1 CONTROL INTERNO ...22
IV.2 ÁREA CONTABLE-ORZAMENTARIA ...24
IV.3 ESTADO DE ENDEBEDAMENTO...29
IV.4 ESTABILIDADE ORZAMENTARIA ...31
IV.4.1. CAPACIDADE OU NECESIDADE DE FINANCIAMENTO ...32
IV.4.2. REGRA DE GASTO ...33
IV.4.3. ENDEBEDAMENTO ...34
IV.5. PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO ...35
IV.6 ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN ...36
IV.6.1 MARCO ORGANIZATIVO ...37
IV.6.2 MARCO OPERACIONAL ...37
IV.6.3 PERFIL DO CONTRATANTE ...38
IV.7 FISCALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN ...39
IV.7.1. CONTROL INTERNO ...40
IV.7.2 CONTRATOS DE OBRAS ...40
IV.7.4 CONTRATOS DE SUBMINISTRACIÓNS...46
IV.7.5 CONTRATOS DE XESTIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS ...46
IV.7.6 CONTRATOS MENORES ...46
IV.8 GASTOS DE PERSOAL ...50
IV.8.1. PLANIFICACIÓN DE RECURSOS HUMANOS ...51
IV.8.2 ANÁLISE DA PLANTILLA E DA RPT ...52
IV.8.3. RETRIBUCIÓNS ...53
V. CONCLUSIÓNS ... 55
VI. RECOMENDACIÓNS ... 59
ANEXOS ... 63
TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ... 69
REPLICA ÁS ALEGACIÓNS ... 77
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas... 6
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores ... 7
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos ... 7
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais ... 8
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario ... 8
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos... 9
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior ... 9
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados ... 10
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 11
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos ... 12
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior ... 12
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 13
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 14
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio ... 15
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario ... 16
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior ... 17
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería ... 18
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais ... 18
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias ... 19
Cadro 20: Evolución do saldo da conta 413 por exercicio ... 22
Cadro 21: Detalle das modificacións orzamentarias ... 25
Cadro 22: Detalle das modificacións orzamentarias financiadas con cargo ao remanente de tesourería ... 25
Cadro 23: Composición do remanente de tesourería ... 26
Cadro 24: Desviacións de financiamento por programa. ... 26
Cadro 25: Mostra de ingresos. ... 27
Cadro 26: Dotación para provisións por insolvencias ... 28
Cadro 27: Análise das previsións de ingresos ... 29
Cadro 28: Estado do endebedamento ... 30
Cadro 29: Endebedamento do sector público municipal. ... 31
Cadro 30: Capacidade ou necesidade de financiamento. ... 33
Cadro 31: Cumprimento da regra de gasto ... 34
Cadro 32: Cumprimento do límite de endebedamento ... 35
Cadro 33: Contratos adxudicados ou formalizados no exercicio ... 40
Cadro 34: Contratos de obras fiscalizados ... 41
Cadro 35: Tempo medio de tramitación dos expedientes de contratación de obras ... 42
Cadro 36: Prazos de execución e de pago dos contratos de obras ... 44
Cadro 37: Contratos de servizos fiscalizados ... 45
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos ... 10 Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto ... 13 Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas ... 17
Anexo I: Contratos subscritos ou formalizados no exercicio. ... 65
AAPP ... Administracións públicas.
BEO ... Bases de execución do orzamento.
BOE ... Boletín oficial do Estado.
DOG ... Diario oficial de Galicia.
DOUE ... Diario oficial da Unión Europea.
DRN ... Dereitos recoñecidos netos.
EBEP ... Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público.
EELL ... Entidades Locais.
ENS ... Esquema Nacional de Seguridade.
ICAL ... Instrucións de Contabilidade Local.
ICIO ... Imposto sobre construcións, instalacións e obras.
ICO ... Instituto de crédito oficial.
IGAE ... Intervención xeral da administración do Estado.
INE ... Instituto nacional de estatística.
LALG ... Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia.
LCSP ... Lei 30/2007 de contratos do sector público.
LMLMOC ... Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
LMMGL ... Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.
LMRFP ... Lei 30/1984 de medidas para a reforma da función pública.
LOEOSF ... Lei orgánica 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
LOPD ... Lei orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.
LRBRL ... Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local.
LRJPAC ... Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
LXO ... Lei 47/2003 Xeral orzamentaria.
MINHAP ... Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
OEOEL ... Estrutura dos orzamentos das entidades locais.
ORN ... Obrigas recoñecidas netas.
PIB ... Produto interior bruto.
RBEL ... Regulamento de bens das entidades locais.
RD500 ... Real decreto 500/1990 de orzamentos.
RDFALHCN ... Réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. RDL 4/2012 ... RDL 4/2012 que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RDL 7/2012 ... RDL 7/2012 que crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores.
RDL ... Real Decreto Lei.
RDLex ... Real Decreto Lexislativo.
RDLMFPP ... RDL Mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RSCL ... Regulamento de servizos das corporacións locais.
RTFAL ...Decreto réxime de retribucións dos funcionarios de administración local.
SEC ... Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais.
TRET ... Texto refundido do Estatuto dos traballadores.
TRLXEO ... Texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.
TRRL ... Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
I. INTRODUCIÓN
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE
De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2014, acordou incluír no seu programa anual de actuacións para 2015 a realización dunha fiscalización de regularidade do exercicio 2013 do Concello de Narón (A Coruña).
A fiscalización de regularidade contable realizouse sobre as contas anuais ou estados contables da entidade fiscalizada, e incluíu:
- Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e subministracións.
- Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que son de aplicación.
- Análise financeira da situación económica da entidade.
Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:
- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria se realizou de conformidade coa normativa de aplicación.
- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas establecidos nas instrucións contables.
- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.
O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.
I.2 LIMITACIÓNS
O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo establecido polo Consello de Contas de Galicia, achegando toda a documentación solicitada e que se estimou necesaria para a realización desta fiscalización.
I.3 NORMATIVA REGULADORA
A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións ordenadas por competencia, rango e datas:
LEXISLACIÓN ESTATAL
- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 311, do 29 de decembro).
- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (LMRFP) (BOE nº185, do 3 agosto), nos artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.
- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas (BOE nº4, do 4 de xaneiro de 1985).
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime (BOE nº 80, do 3 de abril).
- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE nº 96, do 24 de abril).
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).
- Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores (BOE nº 75, do 29 de marzo).
- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións (LXS) (BOE nº 276, do 18 de novembro).
- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral orzamentaria (BOE nº 284, do 27 de novembro).
- Lei 57/2003, do 16 decembro, de medidas para a modernización do goberno local (BOE nº 301, do 17 de decembro).
- Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 59, do 9 de marzo).
- Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, de reforma da Lei orgánica 5/2001, complementaria da lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 126, do 27 de maio).
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (BOE nº 89, do 13 de abril).
- Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (BOE nº 261, do 31 de outubro).
- Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 313, do 31 de decembro).
- Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 (Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais), que establece normas sobre a morosidade das administracións públicas e sobre o rexistro de facturas nas administracións locais (BOE nº 163, do 6 de xullo).
- Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2011 (BOE nº 311, do 23 de decembro).
- Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira, para a corrección do déficit público (BOE nº 315, do 31 de decembro).
- Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público (BOE nº 276, do 16 de novembro).
- Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira (BOE nº 103, do 30 de abril).
- Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2013 (BOE nº 312, do 28 de decembro).
- Real decreto lei 4/2012, do 24 de febreiro, que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores (BOE nº 48, do 25 de febreiro).
- Real decreto lei 7/2012, do 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores (BOE nº 60, do 10 de marzo).
- Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade (BOE nº 168, do 14 de xullo).
- Real decreto lei 4/2013, do 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego (2ª fase do mecanismo de pago a provedores) (BOE nº 47, do 23 de febreiro).
- Real decreto lei 8/2013, do 26 de xuño, de medidas urxentes contra a morosidade das AAPP e de apoio ás EELL con problemas financeiros (3ª fase mecanismo de pago a provedores) (BOE nº
- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de servizos das corporacións locais (BOE nº 196, do 16 de xullo).
- Real decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de administración local (BOE nº 106, do 3 de maio).
- Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais (BOE nº 161, de 7 de xullo).
- Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF), aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE nº 305, do 22 de decembro).
- Reais decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
- Real decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, antiga Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 136, do 7 de xuño).
- Real decreto 896/1991, do 7 de xullo, sobre procedementos de selección de funcionarios da administración local (BOE nº 142, do 14 de xuño).
- Ordes 4040/2004, 4041/2004 e 4042/2004 do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de novembro, polas que se aproban as Instrucións de Contabilidade Local (ICAL), modelos básico, normal e simplificado respectivamente (BOE 296, do 9 de decembro).
- Real decreto 1463/2007, de 2 novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12.12.2001 de estabilidade orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais (BOE nº 264, do 3 de novembro).
- Orde do Ministerio de Economía e Facenda 3565/2008, do 3 de decembro de 2008, sobre estrutura dos orzamentos das entidades locais, (BOE nº 297, do 10 de decembro).
- Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na LO 2/2012, de estabilidade orzamentaria.
- Real decreto lei 2608, do 16 de decembro de 1929, sobre anticipos aos funcionarios públicos LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
- Estatuto de Autonomía de Galicia-Lei orgánica 1/1981 (BOE nº 101, do 28 de abril; DOG nº 24, do 1 de outubro).
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG nº 149, do 5 de agosto).
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro).
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
- Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG nº 114, do 13 de xuño).
- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia (DOG nº 32, do 17 de febreiro).
- Lei 14/2010, do 27 de decembro, de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG nº 35, 10 de febreiro).
LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO
- Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas (BOE nº 121, do 21 de maio).
- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG nº 130, do 9 de xullo).
- Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia do 25 de xuño de 1992 (DOG nº 138, do 7 de xullo).
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO
II.1 INFORMACIÓN XERAL
O ente fiscalizado é o concello de Narón. Está situado ao noroeste da provincia da Coruña, sobre a beira setentrional da ría de Ferrol. Limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda, situado ao noroeste da provincia da Coruña. Ocupa unha extensión de 66,91 Qm² e forma parte da mancomunidade da Ría e a comarca de Ferrol.
Segundo o INE, a súa poboación empadroada a 1/1/2013 era de 39.450 habitantes e de 39.574 habitantes a 1/1/2014.
O concello ten un organismo autónomo dependente, que é o Padroado de Cultura, e participa de xeito maioritario (51% do capital social) nunha sociedade mercantil Compañía de Servizos Ambientais do Atlántico SA (Cosma S.A), constituída en xuño de 2002, cuxa actividade é a prestación dos servizos que conforman o denominado ciclo integral da auga no seu termo municipal. Esta empresa mercantil rendeu as súas contas, en modelo abreviado e formatos *pdf,
simultaneamente ás do resto do concello, na plataforma habilitada para iso. O 49 % restante da compañía posúeno AQUALIA GIA SA (vinculada á multinacional FCC). Trátase, polo tanto, dunha empresa mixta municipal creada para prestar os servizos de subministración de auga potable e recollida e depuración de augas residuais.
O concello non ten entidades de ámbito territorial inferior ao concello.
A composición da Corporación resultante das eleccións de 2011 foi a seguinte: Terra Galega: 8 concelleiros; PP: 8 concelleiros; BNG: 2 concelleiros; PSdeG-PSOE: 2 concelleiros; Converxencia Galega 1 concelleiro. En 2015 os resultados electorais foron os seguintes: Terra Galega: 10 concelleiros; PP: 5 concelleiros; BNG: 2 concelleiros; PSdeG-PSOE: 2 concelleiros; Esquerda Unida 1 concelleiro, Eliximos Narón Electores 1 concelleiro. Resultou elixido Alcalde o representante de Terra galega.
O orzamento do exercicio 2013 foi aprobado por edicto de aprobación definitiva publicado no BOP o día 2 de xaneiro de 2013. Posteriormente, en marzo de 2013, detectáronse varios erros que foron emendados e deron lugar a unha nova aprobación do orzamento corrixido.
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS
En canto á liquidación e á aprobación da conta do exercicio fiscalizado, no seguinte cadro recóllense as datas máis relevantes ao respecto:
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas
Trámite Data límite Cumprimento
Aprobación definitiva do orzamento 31/12/2012 29/12/2012
Aprobación da liquidación do Orzamento 31/03/2014 27/02/2014
Formación da Conta Xeral 01/06/2014 14/05/2014
Informe da Comisión de Contas 01/06/2014 22/05/2014
Presentación da Conta Xeral ao Pleno 01/10/2014 30/05/2014
Aprobación plenaria da Conta Xeral 01/10/2014 31/07/2014
Data rendición da Conta Xeral 14/10/2014 23/09/2014
No que atinxe á rendición da conta, deuse cumprimento a dito trámite o 23 de setembro 2014, producíndose, deste xeito, a rendición en prazo, se ben foi cualificada como “remitida con defectos leves”por presentar erros de coherencia interna entre estados contables.
Con relación á rendición das contas dos oito exercicios anteriores, a situación é a seguinte:
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores
Exercicio Estado rendición Cumprimento
2006 Rendida fóra de prazo 15/10/2007
2007 Rendida fóra de prazo 20/10/2008
2008 Rendida fóra de prazo 15/10/2009
2009 Rendida fóra de prazo 25/11/2010
2010 Con defectos leves en prazo 13/10/2011
2011 Con defectos leves en prazo 09/10/2012
2012 Con defectos leves en prazo 18/09/2013
2013 Con defectos leves en prazo 23/09/2014
2014 Rendida en prazo 08/10/2015
Dende o exercicio 2010 as contas son rendidas dentro do prazo legalmente establecido, se ben todas elas presentaban defectos de tramitación e coherencia interna entre estados contables (excepto a conta correspondente ao exercicio 2014), o cal non impediu a súa cualificación como contas rendidas.
III. CONTAS ANUAIS
As cifras que figuran no presente informe son o resultado da agregación da información económico financeira do concello de Narón e do seu organismo autónomo dependente Padroado de Cultura, previa eliminación das operacións internas de financiamento do organismo autónomo por parte do concello, a fin de evitar duplicidades nas partidas afectadas.
III.1 ORZAMENTO INICIAL
As previsións de ingresos e créditos iniciais do concello de Narón para o exercicio 2013 ascenderon a 28.729,85 miles de euros e 28.662,22 miles de euros, respectivamente, cifras un 2,93% e 3,16% inferiores aos mesmos datos do exercicio anterior. Nos seguintes cadros presentase a evolución temporal das previsións de ingresos e créditos para gastos no período 2010-2013, e permiten destacar os seguintes aspectos:
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos
Previsións iniciais ingresos 2010 2011 2012 2013 VARIACIÓN
Ingresos Correntes 26.481.268,06 25.569.775,52 27.182.447,50 28.215.892,30 3,80%
Ingresos Capital 2.571.526,00 1.477.355,48 594.029,13 423.960,68 -28,63%
Ingresos non financeiros 29.052.794,06 27.047.131,00 27.776.476,63 28.639.852,98 3,11%
Activos Financeiros 90.000,00 90.000,00 71.500,00 90.000,00 25,87%
Pasivos Financeiras 2.000.000,00 1.550.000,00 1.750.000,00 0,00 -100,00%
Ingresos Financeiros 2.090.000,00 1.640.000,00 1.821.500,00 90.000,00 -95,06%
Total 31.142.794,06 28.687.131,00 29.597.976,63 28.729.852,98 -2,93%
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais
Créditos iniciais 2010 2011 2012 2013 VARIACIÓN
Gasto Corrente 25.585.522,77 24.462.026,00 24.704.136,91 26.302.700,50 6,47%
Gasto Capital 4.424.628,29 2.693.605,00 2.580.865,88 673.723,53 -73,90%
Gastos non financeiros 30.010.151,06 27.155.631,00 27.285.002,79 26.976.424,03 -1,13%
Activos Financeiros 71.500,00 71.500,00 71.500,00 90.000,00 25,87%
Pasivos Financeiros 1.061.143,00 1.460.000,00 2.241.473,84 1.595.794,80 -28,81%
Gastos Financeiros 1.132.643,00 1.531.500,00 2.312.973,84 1.685.794,80 -27,12%
Total 31.142.794,06 28.687.131,00 29.597.976,63 28.662.218,83 -3,16%
Prevese un incremento de ingresos e gastos correntes (do 3,80% e 6,47%, respectivamente) así como unha redución de ingresos e gastos de capital (do 28,63% e 73,90%); un incremento de activos financeiros do 25,87% (basicamente anticipos de nóminas) cuxo importe se estima igual en ingresos e gastos, e se prevé, así mesmo, non acudir a novo endebedamento (redúcese nun 100% o capítulo 9 de ingresos) e reducir tanto o gasto en amortización como en pago de xuros do endebedamento vixente (redución do 28,81% e 27,12%, respectivamente).
Conforme ao establecido na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, a elaboración, aprobación e execución dos orzamentos realizarase nun marco de estabilidade orzamentaria, entendéndose por tal a situación de equilibrio ou superávit orzamentario en termos de capacidade de financiamento. O exame destas magnitudes orzamentarias mostra unha capacidade de financiamento do exercicio de 1.663,43 miles de euros, que coa variación das operacións financeiras en –1.595,79 miles de euros, fan que a capacidade de financiamento prevista inicialmente ascenda a 67,63 miles de euros.
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario
Concepto 2010 2011 2012 2013
(+) Operacións non financeiras -957.357,00 -108.500,00 491.473,84 1.663.428,95
(+) Operacións activos financeiros 18.500,00 18.500,00 0,00 0,00
I. Resultado do exercicio -938.857,00 -90.000,00 491.473,84 1.663.428,95
II. Variación neta pasivos financeiros 938.857,00 90.000,00 -491.473,84 -1.595.794,80
Saldo orzamentario do exercicio (I + II) 0,00 0,00 0,00 67.634,15
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS
A liquidación do Orzamento de Ingresos recóllese no seguinte cadro:
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos
Capítulo
Previsións iniciais
2013
Modificacións das previsións
iniciais
Previsións definitivas 2013
Dereitos recoñecidos
2013
Dereitos anulados
Dereitos recoñecidos netos
2013
Recadación neta
Dereitos pendentes de cobro a 31-12
Exceso/defecto previsión 1 Impostos directos. 11.152.000,00 0,00 11.152.000,00 11.130.684,84 116.768,32 11.013.916,52 10.869.388,39 144.528,13 -138.083,48 2 Impostos indirectos. 55.500,00 0,00 55.500,00 267.424,18 427.181,96 -159.757,78 -171.639,51 11.881,73 -215.257,78 3 Taxas, prezos públicos e
outros ingresos. 5.310.107,49 46.006,02 5.356.113,51 4.851.165,91 79.671,27 4.771.494,64 4.053.500,14 717.994,50 -584.618,87 4 Transferencia correntes. 10.314.864,41 244.047,54 10.558.911,95 10.259.362,89 170.179,56 10.089.183,33 9.166.517,86 922.665,47 -469.728,62
5 Ingresos patrimoniais. 82.342,40 0,00 82.342,40 70.769,34 0,00 70.769,34 70.037,34 732,00 -11.573,06
6 Alleamento de
investimentos reais. 0,00 0,00 0,00 25.000,00 0,00 25.000,00 25.000,00 0,00 25.000,00
7 Transferencias de capital. 423.960,68 0,00 423.960,68 431.192,71 31.615,21 399.577,50 173.465,84 226.111,66 -24.383,18 8 Activos financeiros. 90.000,00 3.175.634,61 3.265.634,61 31.986,00 0,00 31.986,00 7.537,00 24.449,00 -3.233.648,61
9 Pasivos financeiros. 0,00 0,00 0,00 875.000,00 0,00 875.000,00 875.000,00 0,00 875.000,00
TOTAL 27.428.774,98 3.465.688,17 30.894.463,15 27.942.585,87 825.416,32 27.117.169,55 25.068.807,06 2.048.362,49 -3.777.293,60
A evolución dos ingresos liquidados en 2013 con relación ao ano anterior, así como a relevancia de cada fonte de financiamento sobre o total e os índices de liquidación das previsións definitivas de ingresos e de recadación de dereitos liquidados amosan os resultados que se amosan a continuación:
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior
Capítulo
Dereitos Recoñecidos
Netos 2012
Dereitos Recoñecidos
Netos 2013
Importancia relativa de cada
cap. (DRN cap/DRN totais)
Variación con relación ao ano
anterior (DRN 2013-DRN 2012)/DRN 2012
Índice de liquidación de dereitos (DRN 2013/prev
definit)
Índice de recadación de
dereitos (recadación neta 2013/DRN)
1. Impostos directos 11.019.489,18 11.013.916,52 40,62% -0,05% 98,76% 98,69%
2. Impostos indirectos 230.161,17 -159.757,78 -0,59% -169,41% -287,85% 107,44%
3. Taxas e outros
ingresos 5.318.332,51 4.771.494,64 17,60% -10,28% 89,09% 84,95%
4. Transferencias
correntes 10.884.960,24 10.089.183,33 37,21% -7,31% 95,55% 90,85%
5. Ingresos patrimoniais 119.238,98 70.769,34 0,26% -40,65% 85,95% 98,97%
6. Alleamento de
investimentos reais 7.440,00 25.000,00 0,09% 236,02% -- 100,00%
7. Transferencias de
capital 960.802,39 399.577,50 1,47% -58,41% 94,25% 43,41%
8. Activos financeiros 22.346,00 31.986,00 0,12% 43,14% 0,98% 23,56%
9. Pasivos financeiros 875.000,00 875.000,00 3,23% 0,00% -- 100,00%
TOTAL 29.437.770,47 27.117.169,55 100,00% -7,88% 87,77% 92,45%
Con relación ao ano anterior prodúcese unha caída salientable na liquidación dos impostos indirectos. Hai que destacar en relación ao ICIO, imposto indirecto, que no exercicio 2013 se producen devolucións de ingresos por un importe superior ao que se liquida, debido a que como consecuencia da crise houbo obras previstas que non se chegaron a realizar. Polo tanto, non só non hai recadación neta positiva por este imposto, senón que se minora a recadación total.
(267,42 miles de euros de dereitos recoñecidos e 427,18 miles de euros de anulacións, para unha recadación neta de -159,76 miles de euros).
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos
Os ingresos proveñen maioritariamente de impostos directos (40,62% do total de ingresos), taxas e outros (17,60% do total) e transferencias correntes (37,21% do total), tendo o resto de ingresos un carácter residual. Ademais, non se acode a novo endebedamento.
A evolución das previsións de ingresos, dereitos recoñecidos netos e índices de realización e recadación de dereitos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados
Ano
Previsións orzamentarias
definitivas
Dereitos
recoñecidos netos Recadación neta % de realización de dereitos
% de recadación de dereitos recoñecidos
2010 47.640.105,21 33.402.090,65 26.763.813,37 70,11% 80,13%
2011 38.745.814,15 27.521.923,51 23.947.129,46 71,03% 87,01%
2012 34.105.433,19 27.924.700,89 24.255.385,21 81,88% 86,86%
2013 30.894.463,15 27.117.169,55 25.068.807,06 87,77% 92,45%
Finalmente, o cadro seguinte recolle os principais indicadores do orzamento de ingresos do concello de Narón.
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento ingresos Narón 70,98% 72,04% 82,47% 88,27%
DRN/Previsións ingresos
media A Coruña 70,87% 69,23% 83,47% 79,12%
media Galicia 71,04% 70,90% 88,16% 84,31%
media nacional 68,32% 71,45% 90,98% 86,46%
Autonomía Narón 68,48% 79,18% 84,75% 87,84%
DRN 1 a 8 /DRN
media A Coruña 67,17% 78,25% 81,43% 85,95%
media Galicia 64,58% 75,27% 77,46% 83,44%
media nacional 64,80% 76,34% 70,35% 82,46%
Autonomía fiscal Narón 46,10% 50,97% 53,22% 52,99%
DRN tributarios/DRN
media A Coruña 41,32% 47,81% 49,36% 50,94%
media Galicia 37,75% 43,90% 45,86% 47,58%
media nacional 41,81% 49,46% 46,35% 53,92%
Índice dependencia subvencións Narón 25,77% 15,46% 12,24% 9,08%
DRN 4 e 7/DRN
media A Coruña 28,43% 18,21% 14,35% 12,27%
media Galicia 31,38% 19,63% 14,57% 12,98%
media nacional 24,34% 16,02% 11,13% 11,25%
Realización dos cobramentos Narón 80,94% 87,64% 87,38% 92,79%
Recadado/DRN
media A Coruña 91,58% 90,55% 90,69% 92,74%
media Galicia 91,99% 91,06% 91,50% 93,33%
media nacional 78,40% 79,36% 82,68% 82,35%
Obsérvase que o concello de Narón presenta uns índices de execución do orzamento de ingresos e realización dos cobramentos superiores á media da provincial, autonómica e estatal. Esta comparativa indica tamén que presenta un mellor cociente de autonomía e, polo tanto, unha menor dependencia ou necesidade de acudir ao endebedamento para financiar as súas operacións. Os recursos de orixe tributario son superiores á media provincial e autonómica e similares á media estatal, e en consecuencia a súa dependencia dos recursos procedentes doutras administracións é menor.
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS
A liquidación do Orzamento de Gastos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos
Capítulo Créditos iniciais 2013
Modif de créditos 2013
Créditos definitivos
2013
Gastos comprometidos
2013
Obrigas Recoñecidas
2013
Pagos 2013 Obrigas ptes pago 2013
Remanentes de crédito
2013 1 Gastos de persoal. 7.553.261,32 83.650,55 7.636.911,87 6.893.271,30 6.893.271,30 6.780.316,27 112.955,03 743.640,57 2 Gastos correntes en
bens e servizos. 15.109.088,12 1.033.625,22 16.142.713,34 14.793.281,68 14.734.335,71 13.373.171,84 1.361.163,87 1.408.377,63 3 Gastos financeiros. 668.571,70 0,00 668.571,70 436.608,86 436.608,86 400.978,92 35.629,94 231.962,84 4 Transferencias
correntes. 1.670.701,36 96.100,74 1.766.802,10 1.630.884,65 1.625.998,11 1.619.823,11 6.175,00 140.803,99 6 Investimentos reais. 673.723,53 1.421.961,66 2.095.685,19 1.819.123,12 1.805.508,92 1.532.036,66 273.472,26 290.176,27
8 Activos financeiros. 90.000,00 0,00 90.000,00 31.986,00 31.986,00 31.986,00 0,00 58.014,00
9 Pasivos financeiros. 1.595.794,80 831.250,00 2.427.044,80 2.426.075,35 2.426.075,35 2.227.174,68 198.900,67 969,45 TOTAL 27.361.140,83 3.466.588,17 30.827.729,00 28.031.230,96 27.953.784,25 25.965.487,48 1.988.296,77 2.873.944,75
Os datos relativos á importancia de cada tipo de gasto sobre o total, a súa evolución con relación ao ano anterior e aos índices de execución e pago das obrigacións son os seguintes:
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior
Capítulo
Obrigas recoñecidas
2012
Obrigas recoñecidas
2013
Importancia de cada cap: OR capítulo/total OR
Variación das OR 2013 con relación ás
OR 2012
Índice de execución orzamentaria
Índice de pago das obrigas
1 Gastos de persoal. 6.746.236,75 6.893.271,30 24,66% 2,18% 90,26% 98,36%
2 Gastos correntes en bens e
servizos. 13.739.075,44 14.734.335,71 52,71% 7,24% 91,28% 90,76%
3 Gastos financeiros. 620.677,00 436.608,86 1,56% -29,66% 65,30% 91,84%
4 Transferencias correntes. 1.497.394,41 1.625.998,11 5,82% 8,59% 92,03% 99,62%
6 Investimentos reais. 3.368.099,10 1.805.508,92 6,46% -46,39% 86,15% 84,85%
8 Activos financeiros. 22.346,00 31.986,00 0,11% 43,14% 35,54% 100,00%
9 Pasivos financeiros. 1.860.168,66 2.426.075,35 8,68% 30,42% 99,96% 91,80%
Total xeral 27.853.997,36 27.953.784,25 100,00% 0,36% 90,68% 92,89%
Con relación ao ano anterior aumenta o gasto de persoal, así como o gasto corrente en bens e servizos e as transferencias correntes, diminuíndo os investimentos reais e o gasto financeiro.
Increméntase así mesmo a amortización da débeda.
O índice de execución do orzamento é superior ás medias de Galicia e do Estado e o índice de pago de obrigacións é algo inferior, pero cunha diferenza non superior a 5 puntos porcentuais en ambos os casos.
Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto
Se analizamos a composición do gasto e o comparamos cos restantes concellos do mesmo tramo de poboación, resulta o seguinte:
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Tipo de gasto Nivel 2010 2011 2012 2013
Gastos de funcionamento
Estado 61,09% 67,00% 70,87% 72,04%
Galicia 64,23% 67,35% 75,14% 72,63%
Narón 63,50% 58,74% 69,34% 72,72%
Transferencias e subvencións
Estado 8,72% 8,98% 9,26% 9,13%
Galicia 5,24% 5,58% 5,37% 6,15%
Narón 8,31% 11,05% 9,45% 10,40%
Investimentos reais
Estado 23,26% 16,76% 9,47% 7,53%
Galicia 26,32% 21,80% 12,45% 13,74%
Narón 23,63% 24,36% 12,14% 6,44%
Operacións financeiras
Estado 6,94% 7,26% 10,41% 11,30%
Galicia 4,21% 5,27% 7,03% 7,48%
Narón 4,56% 5,86% 9,07% 10,43%
Un 72,04% dos gastos totais son gastos de funcionamento (persoal e gasto corrente en bens e servizos), porcentaxe inferior á media de Galicia e estatal. O gastos en transferencias e subvencións (9,13% do total) así como os gastos por operacións financeiras (11,30% do total) son superiores á media de referencia autonómica. Os gastos en investimentos (7,53% do total) son inferiores á media autonómica e superiores á media estatal.
A análise do ritmo de execución mensual das obrigacións recoñecidas ao longo do ano permite concluír que o mesmo é bastante uniforme, coas excepcións dos meses de abril e decembro, meses nos que se recoñecen respectivamente un 11,41% e 16,45% do total de obrigas do exercicio.
Finalmente, o cadro seguinte recolle os principais indicadores do orzamento de gastos do concello de Narón:
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento gastos Narón 74,50% 86,22% 82,27% 91,05%
ORN/Créditos definitivos
media A Coruña 69,96% 77,01% 75,73% 79,20%
media Galicia 72,09% 79,34% 78,22% 82,81%
media nacional 68,98% 75,17% 75,74% 79,29%
Índice gastos persoal Narón 26,20% 27,61% 24,92% 25,66%
ORN Capitulo 1/DRN 1 a 5
media A Coruña 37,13% 35,39% 30,40% 32,39%
media Galicia 42,98% 40,86% 34,95% 35,99%
media nacional 41,59% 41,79% 36,81% 36,22%
Esforzo investidor Narón 22,63% 23,22% 11,61% 6,17%
ORN Capítulo 6 e 7/ORN
media A Coruña 26,25% 21,58% 14,21% 13,97%
media Galicia 25,95% 20,83% 13,08% 14,65%
media nacional 22,33% 16,19% 9,50% 7,91%
Carga financeira exercicio Narón 5,77% 7,30% 9,16% 10,66%
ORN Capítulos 3 e 9/DRN 1 a 5
media A Coruña 4,73% 5,49% 5,91% 6,66%
media Galicia 5,47% 5,95% 7,15% 7,56%
media nacional 7,94% 7,60% 9,44% 9,92%
Realización dos pagos Narón 89,89% 87,83% 89,39% 93,20%
Pagos líquidos/ORN
media A Coruña 87,25% 88,13% 86,41% 90,56%
media Galicia 85,16% 86,43% 88,00% 90,60%
media nacional 76,53% 76,71% 82,29% 85,47%
O concello de Narón presenta unha porcentaxe de execución do orzamento de gastos superior a todas as medias consideradas do mesmo xeito que ocorre coa porcentaxe de realización dos pagamentos. O gasto de persoal supón unha porcentaxe dos ingresos correntes inferior ás medias de Galicia (provincial e autonómica) e media nacional, situación que se reproduce ao analizar o esforzo inversor. Finalmente, a carga financeira do exercicio é superior a todas as medias consideradas nesta comparativa.
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO
O resultado orzamentario que consta na Conta Xeral presentada, e cuxas cifras coinciden coa liquidación, é o seguinte:
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio
Conceptos DRN ORN AXUSTES Resultado
orzamentario
a. Operacións correntes 27.087.584,05 24.991.291,98 0,00 2.096.292,07
b. Outras operacións non financeiras 424.577,50 1.805.508,92 0,00 -1.380.931,42
I. Total operacións non financeiras (a+b) 27.512.161,55 26.796.800,90 0,00 715.360,65
II. Activos financeiros 31.986,00 31.986,00 0,00 0,00
III. Pasivos financeiros 875.000,00 2.426.075,35 0,00 -1.551.075,35
RDO. ORZAMENTARIO EXERCICIO (I+II+III) 28.419.147,55 29.254.862,25 0,00 -835.714,70 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de tesourería
para gastos xerais 0,00 0,00 1.359.083,66 0,00
V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0,00 0,00 91.391,24 0,00
VIN. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0,00 0,00 22.269,28 0,00 RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO
(I+II+III+IV+V+VII) 0,00 592.490,92
Como resultado das comprobacións efectuadas, resulta que as desviacións de financiamento que figuran neste estado contable non concilian coas que figuran na Memoria (Desviacións positivas de financiamento de importe 37,27 miles de euros e negativas de importe 3.837,16 miles de euros), feito que deu lugar a una incidencia na rendición da conta xeral do exercicio 2013, incidencia que se xustificou pola entidade como “erro de traspaso”.
Igualmente, debe terse en conta a evolución do saldo da conta 413 (acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento) que diminúe en 500,09 miles de euros durante o ano 2013 (obrigas de exercicios anteriores contabilizadas no exercicio 2013) pero aumenta en 127,41 miles de euros no exercicio 2014 (obrigas do 2013 transferidas ao exercicio seguinte). Polo tanto, o resultado orzamentario real debería aumentarse nese efecto neto de 372,68 miles de euros.
A evolución do resultado orzamentario nos últimos anos recóllese a continuación:
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario
CONCEPTO 2010 2011 2012 2013
a. Aforro Bruto (saldo de operacións correntes) -82.827,83 984.547,11 3.455.728,90 2.096.292,07 b. Outras operacións non financeiras -2.434.171,55 -6.766.903,85 -2.399.856,71 -1.380.931,42 Superávit/Déficit non financeiro (Total operacións non
financeiras (a+b)) -2.516.999,38 -5.782.356,74 1.055.872,19 715.360,65
II. Activos financeiros 0,00 0,00 0,00 0,00
III. Variación neta de endebedamento (Pasivos financeiros) 788.683,91 90.000,00 -985.168,66 -1.551.075,35 RDO. ORZAMENTARIO. EXERCICIO (I+II+III) -1.728.315,47 -5.692.356,74 70.703,53 -835.714,70 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de
tesourería para gastos xerais 11.979.926,67 9.412.782,68 1.384.515,66 1.359.083,66 V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 880.242,47 5.302.494,66 1.632.114,53 91.391,24 VII. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 3.298.401,15 682.469,61 755.235,10 22.269,28 (RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO
(I+II+III+IV+V+VII)) 7.833.452,52 8.340.450,99 2.332.098,62 592.410,52
Aforro Bruto
O aforro bruto representa o importe que resulta de descontar os gastos correntes dos ingresos correntes (capítulos 1 a 5 en ambos os casos), podendo destinarse ao financiamento doutro tipo de gasto.
Neste exercicio, este importe dedícase a financiar parte dos investimentos reais (capítulo 6) e á amortización de préstamos (capítulo 9). En definitiva, e como se reflicte nos dous cadros anteriores, hai un superávit non financeiro de 715,36 miles de euros, que se emprega na redución do endebedamento por 1.551,08 miles de euros, cubríndose a diferenza resultante con remanentes de tesourería para gastos xerais xerados en exercicios anteriores e coas desviacións de financiamento, dando como resultado unha capacidade de financiamento de 918,94 miles de euros.
Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA
O remanente de tesourería declarado que figura na Conta Xeral presentada, e que inclúe o relativo a 2012 e 2013, é o seguinte:
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior
Concepto 2012 2013
Fondos líquidos 2.687.814,13 1.894.433,65
Dereitos pendentes de cobramento 7.282.703,46 6.059.301,97
(+) Do orzamento corrente 3.669.315,68 2.048.362,49
(+) De orzamentos pechados 4.914.854,23 5.706.362,62
(+) De operacións non orzamentarias 3.314,29 3.410,86
(-) Cobramentos pendentes de aplicación definitiva 1.304.780,74 1.698.834,00
7 3. Obrigacións pendentes de pago 4.152.381,04 3.102.507,06
(+) Do orzamento corrente 3.076.874,37 1.988.296,77
(+) De orzamentos pechados 6.985,42 12.680,43
(+) De operacións non orzamentarias e pendentes de aplicación definitiva 1.068.521,25 1.101.529,86
I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 5.818.136,55 4.851.228,56
II. Saldos de dubidoso cobramento 2.628.258,04 3.861.829,27
III. Exceso de financiamento afectado 1.592.752,27 114.840,00
IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I – II – III) 1.597.126,24 874.559,29
Como se observa, o remanente de tesourería diminúe como consecuencia de que se reducen os
obrigas pendentes de pago.
Como resultado das comprobacións efectuadas, resulta que o importe do exceso de financiamento afectado declarado neste estado (114,84 miles de euros) non coincide coa cifra de desviacións de financiamento consignada na memoria (976,52 miles de euros), explicándose e documentándose a diferenza no trámite de alegacións. Situación que tamén se produce ao analizar o exceso de financiamento do exercicio 2012 (1.592,75 miles de euros no resultado fronte a 1.593,87 miles de euros na memoria)1.
Ademais, debería terse en conta que hai obrigas pendentes de imputar a orzamento por importe de 353,23 miles de euros, correspondentes tanto ao concello (296,75 miles de euros) como ao organismo autónomo (56,48 miles de euros). Polo tanto, o remanente de tesourería real sería inferior ao declarado nesa contía.
Por ultimo, tal como se analiza no epígrafe correspondente deste informe, o importe dos saldos de dubidoso cobramento están dotados nunha contía superior á que resulta obrigatoria, polo que neste aspecto non se precisa ningún axuste.
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería2
Axustes no cálculo do remanente de tesourería
Remanente de tesourería para gastos xerais declarado 874.559,29
Redución por saldo conta 413 -353.234,76
Remanente de tesourería para gastos xerais tras axustes 521.324,53
Por último, a comparación do remanente de tesourería para gastos xerais declarado de Narón co resto de concellos do seu mesmo tramo de poboación no ámbito de Galicia e do Estado pon de manifesto que, como se reflicte no seguinte cadro, é moi inferior á media dos mesmos3.
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais
Remanente de tesourería para gastos xerais de concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes Importe medio
Narón (consolidado concello e OA) 874.559,29
Media concellos provincia A Coruña 1.246.642,48
Media concellos entre 20.000 e 50.000 habitantes Galicia 2.357.706,19 Media concellos entre 20.000 e 50.000 habitantes Estado 2.543.448,16
1Parágrafo modificado no trámite de alegacións
2Parágrafo modificado no trámite de alegacións
3Parágrafo modificado no trámite de alegacións
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS
En relación ao resultado orzamentario e ao remanente de tesourería, calculáronse os seguintes indicadores:
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Índice de aforro bruto Narón -0,31% 3,72% 12,24% 6,97%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397-ORN cap 1 a 4)*100/DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397
media A Coruña 6,84% 10,75% 14,72% 14,92%
media Galicia 5,92% 9,08% 13,98% 15,43%
media nacional 6,59% 8,26% 13,52% 17,75%
Índice de aforro bruto no financeiro Narón 0,97% 5,42% 14,53% 8,59%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397-ORN cap 1,2 e 4)*100/DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397
media A Coruña 7,59% 11,70% 15,85% 16,03%
media Galicia 6,71% 10,16% 15,39% 17,08%
media nacional 8,09% 10,19% 16,17% 20,54%
Superávit/déficit por habitante Narón 204,61 214,35 59,43 15,02
Resultado orzamentario axustado/Nº de habitantes
media A Coruña 53,48 80,79 105,60 64,90 media Galicia 21,61 48,14 100,79 63,21 media nacional 21,81 44,27 231,11 115,03 Contribución do orzamento al remanente de tesourería Narón 2,14 4,72 1,46 0,68
Resultado orzamentario axustado/Remanente de tesourería para gastos xerais
media A Coruña 5,82 0,81 3,02 2,60 media Galicia 3,60 0,87 1,71 1,66 media nacional 1,75 2,60 1,63 1,22
Remanente por ingresos correntes Narón 0,14 -0,03 0,03 0,02
(Remanente de tesourería para gastos xerais-saldo 413)/DRN (cap 1 a 5, excepto 35,396 e 397)
media A Coruña 0,09 0,05 0,19 0,19 media Galicia -0,11 -0,15 0,04 0,07 media nacional -0,14 -0,17 0,04 0,05
Índice de debedores de dubidoso cobro Narón 10,92% 20,50% 36,09% 63,73%
Saldos de dubidoso cobro*100/Debedores pendentes de cobro
media A Coruña -166,60% 52,07% 39,24% 43,40%
media Galicia -61,76% 55,38% 48,20% 60,19%
media nacional 16,15% 25,30% 32,54% 41,69%
Como se deduce dos indicadores calculados, os índices de aforro bruto e aforro bruto non financeiro, aínda que melloran no exercicio 2012, son moi inferiores ás medias da mesma provincia, Comunidade autónoma e Estado.
O superávit/déficit por habitante, que nos exercicios 2010 e 2011 é moi superior ás medias de referencia, descende bruscamente nos exercicio 2012 e 2013.