• No se han encontrado resultados

(1)290 § 7 REAL DECRETO DO 4 DE AGOSTO (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DO PROCEDE- MENTO PARA O ExERCICIO DA POTESTADE SANCIONADORA («BOE» núm

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "(1)290 § 7 REAL DECRETO DO 4 DE AGOSTO (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DO PROCEDE- MENTO PARA O ExERCICIO DA POTESTADE SANCIONADORA («BOE» núm"

Copied!
38
0
0

Texto completo

(1)

290

§ 7   REAL DECRETO 1398/1993, DO 4 DE AGOSTO (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DO PROCEDE- MENTO PARA O ExERCICIO DA POTESTADE

SANCIONADORA

(«BOE» núm. 189, do 9 de agosto de 1993)

PREÁMBULO

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra- tivo común (LRx-PAC) no seu título Ix regula a potestade sancionadora. Concretamente, no capítulo I establece os principios que informan o exercicio da dita potestade e no capítulo II os principios do procedemento sancionador.

Esta regulación responde á consideración de que o proce- demento para o exercicio da potestade sancionadora se inte- gra no concepto de procedemento administrativo común previsto na Constitución para garantía do tratamento común aos cidadáns, plasmándose nos principios recollidos na lei que deben ser respectados polas concretas regulacións dos procedementos específicos.

A disposición adicional terceira da LRx-PAC prevé que regulamentariamente, no prazo que a propia disposición adi- cional terceira establece, se leve a efecto a adecuación a ela das normas reguladoras dos distintos procedementos admi- nistrativos, calquera que sexa o seu rango, con específica mención dos efectos estimatorios ou desestimatorios que a falta de resolución expresa produza.

(2)

No ámbito dos procedementos para o exercicio da potes- tade sancionadora, a adecuación adquire características especiais, que son consecuencia da singularidade do seu obxecto. En efecto, malia o intento da Lei de procedemento administrativo de 1958 de reducir o número dos chamados procedementos especiais, establecéronse numerosos proce- dementos formalizados, respecto dos que a LPA tiña carác- ter supletorio.

Doutra parte, a LRx-PAC non contén unha regulación por trámites do procedemento sancionador, senón só os principios que deben informar os procedementos concretos que deben establecerse legal ou regulamentariamente, segundo o artigo 134. En consecuencia, a adecuación dos procedementos para o exercicio da potestade sancionadora desenvolve secuencialmente os principios do capítulo II do título Ix da LRx-PAC, introducindo tamén, como é natural, os principios xerais da potestade sancionadora pola súa conexión esencial, como tales principios, co mesmo proce- demento sancionador. Ten ademais unha intención racionali- zadora, mediante a configuración dun procedemento xeral e a redución do número de procedementos sancionadores, sen prexuízo da existencia dos procedementos específicos nece- sarios para os ámbitos sectoriais correspondentes.

A conveniencia de que exista un procedemento xeral non atenúa a plena aplicabilidade do principio de legalidade, en canto á atribución de tal potestade á Administración pública correspondente e á tipificación de infraccións e sancións, establecéndose o procedemento nas propias leis sancionado- ras ou no seu desenvolvemento regulamentario.

Iso resulta relevante para a Administración xeral do Estado e para as administracións das comunidades autóno- mas, pero é particularmente transcendental en relación coas entidades que integran a Administración local. Os tres niveis administrativos teñen competencia para establecer os seus propios procedementos para o exercicio da potestade sancio- nadora, sen prexuízo da supletoriedade deste regulamento prevista no artigo 149.3 da Constitución respecto das comu- nidades autónomas; polo que respecta ás entidades locais, o regulamento aplicarase directa ou supletoriamente segundo resulte das normas estatais, autonómicas ou locais ditadas ao

§ 7

(3)

§ 7

abeiro das regras de distribución de competencias expresa- das no bloque da constitucionalidade. No ámbito local, as ordenanzas –cunha longa tradición histórica en materia san- cionadora– son o instrumento adecuado para atender a esta finalidade e para proceder no marco das súas competencias a unha tipificación de infraccións e sancións; neste sentido, pese á autorizada liña doutrinal que afirma que as ordenan- zas locais, en tanto que normas ditadas por órganos repre- sentativos da vontade popular, son o equivalente no ámbito local das leis estatais e autonómicas e teñen forza de lei no dito ámbito, o regulamento considerou necesario manter o referente básico do principio de legalidade, de modo que as prescricións sancionadoras das ordenanzas completen e adapten as previsións contidas nas correspondentes leis.

Doutra parte, as exixencias formuladas pola entrada en vigor da LRx-PAC aconsellan que, no marco do proceso de adecuación, e desde unha perspectiva de rigoroso respecto á distribución constitucional de competencias e á autonomía local, exista unha norma regulamentaria que permita o exer- cicio da potestade sancionadora naqueles casos en que non exista –ao finalizar o período transitorio previsto na LRx- PAC– regulación procedemental ningunha.

O principio de seguridade xurídica exixe que en todo momento exista un procedemento que permita a salvagarda do interese xeral mediante a sanción daquelas condutas que están legalmente tipificadas como infraccións administrati- vas.O procedemento establecido no regulamento pretende simplificar os trámites que o integran sen que iso implique mingua ningunha dos dereitos recoñecidos ao presunto res- ponsable. Así, a redución dos documentos acusatorios a un é un paso nesa dirección. Tanto máis necesario cando se perse- gue un desenvolvemento áxil do procedemento axustado aos prazos que se establezan. Esta mesma liña argumental ins- pira a posibilidade de que o infractor recoñeza voluntaria- mente a súa responsabilidade e, cando as sancións sexan pecuniarias, de que o seu pagamento voluntario poña fin ao procedemento ou se establezan reducións na súa contía cando así estea previsto nas correspondentes disposicións.

(4)

A innovadora recepción que efectúa a LRx-PAC do prin- cipio da orde penal da separación entre órgano instrutor e órgano que resolve deberá entenderse, como é evidente e foi declarado pola xurisprudencia constitucional (Sentenza do 8 de xuño de 1981), de forma adecuada á natureza administra- tiva. Na orde penal, o principio atende á configuración, en moitas ocasións unipersoal, dos órganos xudiciais e pre- tende, por tanto, que non sexa a mesma persoa ou persoas as que acusen e resolvan. En sede administrativa a translación de tal principio require, para que constitúa unha verdadeira garantía, que o concepto de órgano non sexa asimilable ao de órgano administrativo meramente organizativo e xerárquico que recollen algunhas normas, senón que a capacidade de autoorganización que o artigo 11 da LRx-PAC lles recoñece ás administracións públicas debe traducirse no ámbito san- cionador nuna flexibilización ao servizo da obxectividade.

En consecuencia, o concepto de órgano que exerce –ini- ciando, instruíndo ou resolvendo– a potestade sancionadora resulta da atribución de tales competencias ás unidades administrativas que, no marco do procedemento de exercicio da potestade sancionadora e para os seus efectos, se consti- túen en órganos, garantíndose que non concorran nel as fun- cións de instrución e resolución.

Tamén se incorpora a exixencia de que o infractor repoña ao seu estado orixinario as situacións alteradas por el, e indemnice os danos e perdas causados, respectando o seu dereito de audiencia.

Na súa virtude, por proposta do ministro para as Admi- nistracións Públicas, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 4 de agosto de 1993, dispoño:

Artigo único. Apróbase, en aplicación da disposición derradeira, da disposición adicional terceira e en desenvolve- mento do título Ix da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede- mento administrativo común (1), o Regulamento do proce-

(1) Artigos 127 a 138.

§ 7

(5)

§ 7

demento para o exercicio da potestade sancionadora, que se insire a seguir.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Única.  1. Queda excluído do regulamento que é apro- bado por este real decreto o procedemento disciplinario regulado no Regulamento penitenciario, aprobado polo Real decreto 1201/1981, do 8 de maio (2).

2. Quedan en vigor as ordenanzas locais que establezan tipificacións de infraccións e sancións ou procedementos para o exercicio da potestade sancionadora, no que non se opoñan, ou a contradigan, á Lei 30/1992, do 26 de novem- bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e se axusten ao pre- visto no artigo 2.2 do regulamento que se aproba mediante este real decreto.

3. O regulamento que se aproba mediante este real decreto será de aplicación na súa totalidade aos procedemen- tos sancionadores en materia de pesca marítima.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Única. 1. Os procedementos sancionadores incluídos no ámbito de aplicación do regulamento que se aproba por este real decreto, iniciados con anterioridade á súa entrada en vigor, resolveranse de acordo coa normativa anterior.

2. O réxime de recursos dos procedementos a que se refire o punto anterior será o establecido no artigo 21.2 do regulamento que se aproba por este real decreto e no capítulo II do título VII da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admi- nistracións públicas e do procedemento administrativo común (3).

(2) O actual Regulamento penitenciario foi aprobado polo Real decreto 190/1996, do 9 de febreiro («BOE» núm. 40, do 15 de febreiro; corrección de erros no «BOE» núm. 112, do 8 de maio), sendo derrogados os artigos 272.1.d) e 274.2.g) polo Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo («BOE» núm. 173, do 21 de xullo), e 134 a 152 polo Real decreto 782/2001, do 6 de xullo («BOE» núm. 182, do 7 de xullo); así mesmo, o artigo 272.1.e) foi modificado polo Real decre- to 515/2005, do 6 de maio («BOE» núm. 109, do 7 de maio).

(3) Artigos 107 a 119.

(6)

§ 7

3. Os procedementos a que se refire o número 1 desta disposición deberanse resolver no prazo de seis meses desde a entrada en vigor do regulamento que se aproba polo pre- sente real decreto, e entenderanse caducados polo transcurso de trinta días desde o vencemento deste prazo de seis meses sen se ditar resolución.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Única. Este real decreto e o regulamento que aproba entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no

«Boletín Oficial del Estado».

REGULAMENTO  dO  pROcEdEMENTO  pARA  O  ExERcIcIO  dA  pOTESTAdE 

SANcIONAdORA

CAPÍTULO PRIMEIRO Disposicións xerais

Artigo  1. Obxecto e ámbito de aplicación.–1. A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido neste regulamento, en defecto total ou parcial de procedementos específicos previstos nas correspondentes normas, nos supostos seguintes:

a) Pola Administración xeral do Estado, respecto daquelas materias en que o Estado ten competencia exclu- siva.

b) Pola Administración das comunidades autónomas, respecto daquelas materias en que o Estado ten competencia normativa plena.

c) Polas entidades que integran a Administración local, respecto daquelas materias en que o Estado ten competencia normativa plena.

2. Así mesmo, aplicaráselles este regulamento aos pro- cedementos sancionadores establecidos por ordenanzas

(7)

§ 7

locais que tipifiquen infraccións e sancións, respecto daque- las materias en que o Estado ten competencia normativa plena, no non previsto por tales ordenanzas.

3. Quedan excluídos deste regulamento os procede- mentos de exercicio da potestade sancionadora en materia tributaria e os procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social. Non obstante, este regula- mento ten carácter supletorio das regulacións de tales proce- dementos.

As disposicións deste regulamento non son de aplicación nin teñen carácter supletorio respecto do exercicio polas administracións públicas da súa potestade disciplinaria res- pecto do persoal ao seu servizo e das persoas que estean vin- culadas a elas por unha relación contractual (4).

Art. 2. Imposición de sancións.–1. A aplicación das graduacións regulamentarias dos cadros de infraccións e sancións legalmente establecidas deberalle atribuír á infrac- ción cometida unha sanción concreta e adecuada, aínda cando as leis prevexan como infraccións os incumprimentos totais ou parciais das obrigas ou prohibicións establecidas nela.

2. Así mesmo, as entidades que integran a Administra- ción local, cando tipifiquen como infraccións feitos e condu- tas mediante ordenanzas, e tipifiquen como infracción de ordenanzas o incumprimento total ou parcial das obrigas ou prohibicións establecidas nelas, ao aplicalas deberán respec- tar en todo caso as tipificacións previstas na lei.

Art. 3.  Transparencia do procedemento.–1. O proce- demento desenvolverase de acordo co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do pro- cedemento, os interesados teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos docu- mentos contidos nel (5).

(4) Véxanse o artigo 127.3 e a súa nota da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(5) Véxase o artigo 35.a) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(8)

§ 7

2. Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audien- cia, os interesados poderán formular alegacións e achegar os documentos que coiden convenientes (6).

3. O acceso aos documentos que consten nos expedien- tes sancionadores xa concluídos rexerase polo disposto no artigo 37 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administra- cións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Con obxecto de garantir a transparencia no procede- mento, a defensa do imputado e a dos intereses doutros posi- bles afectados, así como a eficacia da propia Administración, cada procedemento sancionador que se tramite formalizarase sistematicamente, incorporando sucesiva e ordenadamente os documentos, testemuños, actuacións, actos administrati- vos, notificacións e demais dilixencias que vaian aparecendo ou se vaian realizando. O procedemento así formalizado cus- todiarase baixo a responsabilidade do órgano competente en cada fase do procedemento ata o momento da remisión da proposta de resolución ao órgano correspondente para resol- ver, quen se fará cargo del e da súa continuación ata o arquivo definitivo das actuacións.

Art. 4.  Réxime, aplicación e eficacia das sancións administrativas.–1. Só se poderán sancionar infraccións consumadas e respecto de condutas e feitos constitutivos de infraccións administrativas delimitadas por lei anterior á súa comisión e, se é o caso, graduadas polas disposicións regula- mentarias de desenvolvemento (7).

As disposicións sancionadoras non se aplicarán con efecto retroactivo, salvo cando favorezan o presunto infrac- tor (8).

2. O cumprimento ou execución das medidas de carác- ter provisional ou das disposicións cautelares que, se é o

(6) Véxase o artigo 35.e) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(7) Véxanse o artigo 25.1 da Constitución española de 1978 e o artigo 129 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(8) Véxanse o artigo 9.3 da Constitución española de 1978 e o artigo 128 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1).

(9)

§ 7

caso, se adopten compensaranse, cando sexa posible, coa sanción imposta (9).

3. En defecto de regulación específica establecida na norma correspondente, cando o xustifique a debida adecua- ción entre a sanción que deba aplicarse coa gravidade do feito constitutivo da infracción e as circunstancias conco- rrentes, o órgano competente para resolver poderá impor a sanción no seu grao mínimo (10).

4. En defecto de regulación específica establecida na norma correspondente, cando da comisión dunha infracción derive necesariamente a comisión doutra ou outras, deberase impor unicamente a sanción correspondente á infracción máis grave cometida.

5. As sancións só serán executivas na forma e circuns- tancias prescritas polas leis e por este regulamento.

Nos casos e na forma previstos polas leis, a Administra- ción poderá resolver motivadamente a remisión condicional que deixe en suspenso a execución da sanción.

6. Non se poderán iniciar novos procedementos sancio- nadores por feitos ou condutas tipificados como infraccións na comisión das cales o infractor persista de forma conti- nuada, mentres non recaese unha primeira resolución sancio- nadora daqueles, con carácter executivo.

Así mesmo, será sancionable, como infracción conti- nuada, a realización dunha pluralidade de accións ou omi- sións que infrinxan o mesmo ou semellantes preceptos administrativos, en execución dun plan preconcibido ou aproveitando idéntica ocasión.

Art. 5.  Concorrencia de sancións (11).–1. O órgano competente resolverá a non exixibilidade de responsabili- dade administrativa en calquera momento da instrución dos procedementos sancionadores en que quede acreditado que recaeu sanción penal ou administrativa sobre os mesmos fei-

(9) Véxanse os artigos 136 e 138 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(10) Véxase o artigo 131.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(11) Véxase o artigo 133 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(10)

§ 7

tos, sempre que concorra, ademais, identidade de suxeito e fundamento.

2. O órgano competente poderá aprazar a resolución do procedemento se se acredita que se está a seguir un procede- mento polos mesmos feitos ante os órganos comunitarios europeos. A suspensión alzarase unha vez que estes diten resolución firme.

De os órganos comunitarios impoñeren sanción, o órgano competente para resolver deberaa ter en conta para efectos de graduar a que, se é o caso, deba impor, podéndoa com- pensar, sen prexuízo de declarar a comisión da infracción.

Art.  6.  Prescrición e arquivo das actuacións (12).

1. Cando das actuacións previas se conclúa que prescribiu a infracción, o órgano competente acordará a non proceden- cia de iniciar o procedemento sancionador. Igualmente, se iniciado o procedemento se concluíse, en calquera momento, que prescribiu a infracción, o órgano competente resolverá a conclusión do procedemento, co arquivo das actuacións. En ambos os dous casos, notificaráselles aos interesados o acordo ou a resolución adoptados.

Así mesmo, cando transcorrese o prazo para a prescrición da sanción, o órgano competente notificarállelo aos interesa- dos.2. Transcorridos dous meses desde a data en que se ini- ciou o procedemento sen se practicar a notificación deste ao imputado, procederase ao arquivo das actuacións, notificán- dollo ao imputado, sen prexuízo das responsabilidades en que se puidese ter incorrido.

Art. 7.  Vinculacións coa orde xurisdicional penal.

1. En calquera momento do procedemento sancionador en que os órganos competentes coiden que os feitos tamén pui- desen ser constitutivos de ilícito penal, comunicaranllo ao Ministerio Fiscal, e solicitaranlle testemuño sobre as actua- cións practicadas respecto da comunicación.

Nestes supostos, así como cando os órganos competentes teñan coñecemento de que se está a desenvolver un proceso

(12) Véxase o artigo 132 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(11)

§ 7

penal sobre os mesmos feitos, solicitarán do órgano xudicial comunicación sobre as actuacións adoptadas.

2. Recibida a comunicación, e se se considera que existe identidade de suxeito, feito e fundamento entre a infracción administrativa e a infracción penal que puidera corresponder, o órgano competente para a resolución do procedemento acordará a súa suspensión ata que recaia resolución xudicial.

3. En todo caso, os feitos declarados probados por reso- lución xudicial penal firme vinculan os órganos administrati- vos respecto dos procedementos sancionadores que substancien.

Art. 8.  Recoñecemento de responsabilidade ou paga­

mento voluntario.–1. Iniciado un procedemento sanciona- dor, se o infractor recoñece a súa responsabilidade, poderase resolver o procedemento, coa imposición da sanción que proceda.

2. Cando a sanción teña carácter pecuniario, o paga- mento voluntario polo imputado, en calquera momento ante- rior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpor os recursos procedentes.

Nos termos ou períodos expresamente establecidos polas correspondentes disposicións legais, poderanse aplicar redu- cións sobre o importe da sanción proposta, que deberán estar determinadas na notificación da iniciación do procede- mento.

Art.  9.  Comunicación de indicios de infracción.

Cando, en calquera fase do procedemento sancionador, os órganos competentes consideren que existen elementos de xuízo indicativos da existencia doutra infracción administra- tiva para o coñecemento da cal non sexan competentes, comunicaranllo ao órgano que consideren competente.

Art. 10.  Órganos competentes.–1. Para efectos deste regulamento, son órganos administrativos competentes para a iniciación, instrución e resolución dos procedementos san- cionadores as unidades administrativas ás que, de conformi- dade cos artigos 11 e 21 da LRx-PAC, cada Administración

(12)

§ 7

lles atribúa estas competencias, sen que poidan atribuírse ao mesmo órgano para as fases de instrución e resolución do procedemento.

2. Os órganos competentes para a iniciación, instru- ción e resolución son os expresamente previstos nas nor- mas sancionadoras e, no seu defecto, os que resulten das normas que sobre atribución e exercicio de competencias están establecidas no capítulo primeiro do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (13). Cando da aplicación das regras anteriores non quede especificado o órgano competente para iniciar o procedemento, entende- rase que tal competencia lle corresponde ao órgano que a teña para resolver.

No ámbito da Administración local son órganos compe- tentes para a resolución os alcaldes ou outros órganos, cando así estea previsto nas correspondentes normas de atribución de competencias.

3. En defecto de previsións de desconcentración nas normas de atribución de competencias sancionadoras, e no ámbito da Administración xeral do Estado, mediante unha disposición administrativa de carácter xeral poderase des- concentrar a titularidade e o exercicio das competencias san- cionadoras en órganos xerarquicamente dependentes daqueles que as teñan atribuídas. A desconcentración deberá ser publicada no «Boletín Oficial del Estado». Os órganos en que se desconcentrasen competencias non poderán descon- centrar estas pola súa vez.

Os alcaldes e os plenos das entidades locais, mediante a correspondente norma de carácter xeral, poderán desconcen- trar nas comisións de goberno, os concelleiros e os alcaldes as competencias sancionadoras que teñan atribuídas. Esta desconcentración estará sometida aos mesmos límites e requisitos establecidos no parágrafo anterior. A norma de desconcentración publicarase no boletín oficial da provincia e no taboleiro de edictos do concello ou medio de publica- ción equivalente.

(13) Artigos 12 a 14.

(13)

§ 7

CAPÍTULO II

Actuacións previas e iniciación do procedemento Art. 11.  Forma de iniciación.–1. Os procedementos sancionadores iniciaranse sempre de oficio, por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como con- secuencia de orde superior, petición razoada doutros órganos ou denuncia.

Para efectos do presente regulamento, enténdese por:

a) Propia iniciativa: a actuación derivada do coñece- mento directo ou indirecto das condutas ou feitos suscepti- bles de constituíren infracción polo órgano que ten atribuída a competencia de iniciación, ben ocasionalmente ou por ter a condición de autoridade pública ou atribuídas funcións de inspección ou investigación.

b) Orde superior: a orde emitida por un órgano admi- nistrativo superior xerárquico da unidade administrativa que constitúe o órgano competente para a iniciación, e que expre- sará, na medida do posible, a persoa ou persoas presunta- mente responsables; as condutas ou feitos que poderían constituír infracción administrativa e a súa tipificación, así como o lugar, a data, datas ou período de tempo continuado en que os feitos se produciron.

c) Petición razoada: a proposta de iniciación do proce- demento formulada por calquera órgano administrativo que non ten competencia para iniciar o procedemento e que tivo coñecemento das condutas ou feitos que poderían constituír infracción, ben ocasionalmente ou ben por ter atribuídas fun- cións de inspección ou investigación.

As peticións deberán especificar, na medida do posible, a persoa ou persoas presuntamente responsables; as condutas ou feitos que poderían constituír infracción administrativa e a súa tipificación; así como o lugar, a data, datas ou período de tempo continuado en que os feitos se produciron.

d) Denuncia: o acto polo que calquera persoa, en cum- primento ou non dunha obriga legal, pon en coñecemento dun órgano administrativo a existencia dun determinado feito que podería constituír infracción administrativa.

(14)

§ 7

As denuncias deberán expresar a identidade da persoa ou persoas que as presentan, o relato dos feitos que poderían constituír infracción e a data da súa comisión e, cando sexa posible, a identificación dos presuntos responsables.

2. A formulación dunha petición non vincula o órgano competente para iniciar o procedemento sancionador, aínda que lle deberá comunicar ao órgano que a formulou os moti- vos polos que, se é o caso, non procede a iniciación do pro- cedemento.

Cando se presentase unha denuncia, deberáselle comuni- car ao denunciante a iniciación ou non do procedemento cando a denuncia vaia acompañada dunha solicitude de ini- ciación.

Art. 12.  Actuacións previas.–1. Con anterioridade á iniciación do procedemento, poderanse realizar actuacións previas con obxecto de determinar con carácter preliminar se concorren circunstancias que xustifiquen tal iniciación. En especial, estas actuacións orientaranse a determinar, coa maior precisión posible, os feitos susceptibles de motivar a incoación do procedemento, a identificación da persoa ou persoas que puidesen resultar responsables e as circunstan- cias relevantes que concorran nuns e outros.

2. As actuacións previas serán realizadas polos órganos que teñan atribuídas funcións de investigación e inspección na materia e, en defecto destes, pola persoa ou órgano admi- nistrativo que determine o órgano competente para a inicia- ción ou resolución do procedemento.

Art. 13. Iniciación.–1. A iniciación dos procedemen- tos sancionadores formalizarase co contido mínimo seguinte:

a) Identificación da persoa ou persoas presuntamente responsables.

b) Os feitos sucintamente expostos que motivan a incoación do procedemento, a súa posible cualificación e as sancións que puidesen corresponder, sen prexuízo do que resulte da instrución.

c) Instrutor e, se é o caso, secretario do procedemento, con expresa indicación do réxime de recusación deles.

(15)

§ 7

d) Órgano competente para a resolución do expediente e norma que lle atribúa tal competencia, indicando a posibi- lidade de que o presunto responsable poida recoñecer volun- tariamente a súa responsabilidade, cos efectos previstos no artigo 8.

e) Medidas de carácter provisional que acordase o órgano competente para iniciar o procedemento sancionador, sen prexuízo das que se poidan adoptar durante este de con- formidade co artigo 15 (14).

f) Indicación do dereito a formular alegacións e á audiencia no procedemento e dos prazos para o seu exerci- cio.

2. O acordo de iniciación comunicaráselle ao instrutor, con traslado de cantas actuacións existan ao respecto, e noti- ficaráselle ao denunciante, se é o caso, e aos interesados, entendendo en todo caso por tal o inculpado. Na notificación advertiráselles aos interesados que, de non efectuaren alega- cións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1, a iniciación poderá ser consi- derada proposta de resolución cando conteña un pronuncia- mento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do regulamento.

Art. 14.  Colaboración e responsabilidade da tramita­

ción.–1. Nos termos previstos polo artigo 4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce- demento administrativo común, os órganos e dependencias administrativas pertenecentes a calquera das administracións públicas facilitaranlle ao órgano instrutor os antecedentes e informes necesarios, así como os medios persoais e mate- riais necesarios para o desenvolvemento das súas actua- cións.

2. As persoas designadas como órgano instrutor ou, se é o caso, os titulares das unidades administrativas que teñan atribuída tal función serán responsables directos da tramita- ción do procedemento e, en especial, do cumprimento dos prazos establecidos.

(14) Véxase o artigo 72 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(16)

§ 7

Art. 15.  Medidas de carácter provisional.–1. De con- formidade co previsto nos artigos 72 e 136 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo moti- vado, as medidas de carácter provisional que resulten nece- sarias para asegurar a eficacia da resolución que puidese recaer, a boa fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as exixencias dos intereses xerais.

Cando así veña exixido por razóns de urxencia inapraza- ble, o órgano competente para iniciar o procedemento ou o órgano instrutor poderán adoptar as medidas provisionais que resulten necesarias.

2. As medidas de carácter provisional poderán consis- tir na suspensión temporal de actividades e a prestación de fianzas, así como na retirada de produtos ou suspensión temporal de servizos por razóns de sanidade, hixiene ou seguridade, e nas demais previstas nas correspondentes nor- mas específicas.

3. As medidas provisionais deberán estar expresamente previstas e axustarse á intensidade, proporcionalidade e necesidades dos obxectivos que se pretenda garantir en cada suposto concreto.

CAPÍTULO III Instrución (15)

Art. 16.  Actuacións e alegacións.–1. Sen prexuízo do disposto no artigo 3, os interesados disporán dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes e, se é o caso, propor proba na que concreten os medios de que pretendan valerse.

Na notificación da iniciación do procedemento indicaráse- lles aos interesados o dito prazo.

2. Cursada a notificación a que se refire o punto ante- rior, o instrutor do procedemento realizará de oficio cantas

(15) Véxanse os artigos 78 a 86 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(17)

§ 7

actuacións resulten necesarias para o exame dos feitos, soli- citando os datos e informacións que sexan relevantes para determinar, se é o caso, a existencia de responsabilidades susceptibles de sanción.

3. Se como consecuencia da instrución do procede- mento resultase modificada a determinación inicial dos fei- tos, da súa posible cualificación, das sancións impoñibles ou das responsabilidades susceptibles de sanción, notificaráse- lle todo iso ao inculpado na proposta de resolución.

Art. 17.  Proba.–1. Recibidas as alegacións ou trans- corrido o prazo sinalado no artigo 16, o órgano instrutor poderá acordar a apertura dun período de proba, de confor- midade co previsto nos artigos 80 e 137.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede- mento administrativo común, por un prazo non superior a trinta días nin inferior a dez días.

2. No acordo, que se lles notificará aos interesados, poderase rexeitar de forma motivada a práctica daquelas pro- bas que, se é o caso, propuxesen aqueles, cando sexan impro- cedentes de acordo co disposto no artigo 137.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A práctica das probas que o órgano instrutor coide pertinentes, entendéndose por tales aquelas distintas dos documentos que os interesados poidan achegar en calquera momento da tramitación do procedemento, realizarase de conformidade co establecido no artigo 81 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede- mento administrativo común.

4. Cando a proba consista na emisión dun informe dun órgano administrativo ou entidade pública, e sexa admitida a trámite, entenderase que ten carácter preceptivo, e poderase entender que ten carácter determinante para a resolución do procedemento, cos efectos previstos no artigo 83.3 da LRx- PAC.5. Os feitos constatados por funcionarios aos que se lles recoñece a condición de autoridade, e que se formalicen en documento público observando os requisitos legais pertinen- tes, terán valor probatorio, sen prexuízo das probas que en

(18)

§ 7

defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os propios administrados (16).

6. Cando a valoración das probas practicadas poida constituír o fundamento básico da decisión que se adopte no procedemento, por ser peza imprescindible para a avaliación dos feitos, deberá incluírse na proposta de resolución.

Art. 18. Proposta de resolución.–Concluída, se é o caso, a proba, o órgano instrutor do procedemento formulará proposta de resolución na que se fixarán de forma motivada os feitos, especificándose os que se consideren probados e a súa exacta cualificación xurídica, determinarase a infracción que, se é o caso, aqueles constitúan e a persoa ou persoas que resulten responsables, especificándose a sanción que propón que se impoña e as medidas provisionais que adoptase, se é o caso, o órgano competente para iniciar o procedemento ou o instrutor del; ou ben proporase a declaración de non existen- cia de infracción ou responsabilidade.

Art. 19.  Audiencia.–1. A proposta de resolución noti- ficaráselles aos interesados, indicándolles a posta de mani- festo do procedemento. Á notificación xuntaráselle unha relación dos documentos que constan no procedemento co fin de que os interesados poidan obter as copias dos que coi- den convenientes, concedéndoselles un prazo de quince días para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes ante o instrutor do pro- cedemento.

2. Salvo no suposto previsto polo artigo 13.2 deste regulamento, poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas, se é o caso, polo interesado de conformidade co previsto no artigo 3 e no punto 1 do artigo 16 deste regulamento.

3. A proposta de resolución cursarase inmediatamente ao órgano competente para resolver o procedemento, xunto con todos os documentos, alegacións e informacións que consten nel.

(16) Véxase o artigo 137.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(19)

§ 7

CAPÍTULO IV Resolución

Art. 20.  Resolución.–1. Antes de ditar resolución, o órgano competente (17) para resolver poderá decidir, mediante acordo motivado, a realización das actuacións complementarias indispensables para resolver o procede- mento.

O acordo de realización de actuacións complementarias notificaráselles aos interesados, concedéndoselles un prazo de sete días para formularen as alegacións que consideren pertinentes. As actuacións complementarias deberán practi- carse nun prazo non superior a quince días. O prazo para resolver o procedemento quedará suspendido ata a termina- ción das actuacións complementarias. Non terán a conside- ración de actuacións complementarias os informes que preceden inmediatamente á resolución final do procede- mento.

2. O órgano competente ditará resolución, que será motivada e decidirá todas as cuestións formuladas polos interesados e aqueloutras derivadas do procedemento.

A resolución formalizarase por calquera medio que acre- dite a vontade do órgano competente para adoptala.

A resolución adoptarase no prazo de dez días, desde a recepción da proposta de resolución e os documentos, alega- cións e informacións que constan no procedemento, salvo o disposto nos puntos 1 e 3 deste artigo.

3. Na resolución non se poderán aceptar feitos distintos dos determinados na fase de instrución do procedemento, salvo os que resulten, se é o caso, da aplicación do previsto no número 1 deste artigo, con independencia da súa dife- rente valoración xurídica (18). Non obstante, cando o órgano competente para resolver considere que a infracción reviste maior gravidade que a determinada na proposta de resolu-

(17) Véxase o artigo 134.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(18) Véxase o artigo 138.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(20)

§ 7

ción, notificaráselle ao inculpado para que achegue cantas alegacións coide convenientes, concedéndolle un prazo de quince días.

4. As resolucións dos procedementos sancionadores, ademais de conteren os elementos previstos no artigo 89.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, incluirán a valoración das probas practicadas, e especialmente daque- las que constitúan os fundamentos básicos da decisión, fixa- rán os feitos e, se é o caso, a persoa ou persoas responsables, a infracción ou infraccións cometidas e a sanción ou san- cións que se impoñen, ou ben a declaración de non existen- cia de infracción ou responsabilidade.

5. As resolucións notificaránselles aos interesados. Se o procedemento se iniciou como consecuencia de orde supe- rior ou petición razoada, a resolución comunicaráselle ao órgano administrativo autor daquela.

6. De non recaer resolución transcorridos seis meses desde a iniciación, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables aos interesados ou pola suspensión do procedemento a que se refiren os arti- gos 5 e 7, iniciarase o cómputo do prazo de caducidade esta- blecido no artigo 43.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra- tivo común (19).

Transcorrido o prazo de caducidade, o órgano compe- tente emitirá, por solicitude do interesado, certificación na que conste que caducou o procedemento e se procedeu ao arquivo das actuacións.

Art. 21.  Efectos da resolución.–1. As resolucións que poñan fin á vía administrativa serán inmediatamente executi- vas (20) e contra elas non se poderá interpor recurso admi- nistrativo ordinario (21).

(19) Na actualidade, conforme as modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, véxase o artigo 44.

(20) Véxase o artigo 138.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(21) Véxase o artigo 108 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

(21)

§ 7

2. As resolucións que non poñan fin á vía administra- tiva non serán executivas mentres non recaia resolución do recurso ordinario que, se é o caso, se interpuxese ou transco- rra o prazo para a súa interposición sen que esta se produ- cise.

3. Cando o infractor sancionado recorra contra a reso- lución adoptada ou a impugne, as resolucións do recurso ordinario e dos procedementos de revisión de oficio que, se é o caso, se interpoña ou substancien non poderán supor a imposición de sancións máis graves para o sancionado.

4. No suposto sinalado no punto anterior, as resolucións poderán adoptar as disposicións cautelares precisas para garantir a súa eficacia mentres non sexan executivas.

As mencionadas disposicións poderán consistir no man- temento das medidas provisionais que, se é o caso, se adop- tasen de conformidade co artigo 15 deste regulamento.

En todo caso, as disposicións cautelares estarán suxeitas ás limitacións que o artigo 72 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece para as medidas de carácter provisional.

Art. 22. Resarcimento e indemnización.–1. Se as con- dutas sancionadas causaron danos ou perdas á Administra- ción pública, a resolución do procedemento poderá declarar:

a) A exixencia ao infractor da reposición ao seu estado orixinario da situación alterada pola infracción.

b) A indemnización polos danos e perdas causados, cando a súa contía quedase determinada durante o procede- mento.

2. Cando non concorran as circunstancias previstas na letra b) do punto anterior, a indemnización polos danos e per- das causados determinarase mediante un procedemento com- plementario, a resolución do cal será inmediatamente executiva. Este procedemento será susceptible de terminación convencional, pero nin esta nin a aceptación polo infractor da resolución que puidese recaer implicará o recoñecemento voluntario da súa responsabilidade. A resolución do procede- mento porá fin á vía administrativa.

(22)

§ 7

CAPÍTULO V

Procedemento simplificado

Art. 23.  Procedemento simplificado.–Para o exercicio da potestade sancionadora no suposto de que o órgano com- petente para iniciar o procedemento considere que existen elementos de xuízo abondos para cualificar a infracción como leve, tramitarase o procedemento simplificado que se regula neste capítulo.

Art. 24.  Tramitación.–1. A iniciación producirase, de conformidade co disposto no capítulo II, por acordo do órgano competente no que se especificará o carácter simpli- ficado do procedemento e que se comunicará ao órgano ins- trutor do procedemento e, simultaneamente, será notificado aos interesados.

2. No prazo de dez días a partir da comunicación e noti- ficación do acordo de iniciación, o órgano instrutor e os inte- resados efectuarán, respectivamente, as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes e, se é o caso, a proposi- ción e práctica da proba.

3. Transcorrido o dito prazo , o órgano competente para a instrución formulará proposta de resolución de conformi- dade co disposto no artigo 18 ou, se aprecia que os feitos poden ser constitutivos de infracción grave ou moi grave, acordará que continúe tramitándose o procedemento xeral segundo o disposto no artigo 17, notificándollo aos interesa- dos para que, no prazo de cinco días, propoñan proba se o consideran conveniente.

4. O procedemento remitiráselle ao órgano competente para resolver, que no prazo de tres días ditará resolución na forma e cos efectos previstos no capítulo IV. O procedemento deberá resolverse no prazo máximo dun mes desde que se iniciou.

(23)

§ 8   REAL DECRETO 1778/1994, DO 5 DE AGOSTO (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE SE ADECUAN Á LEI 30/1992, DO 26 DE NOVEMBRO, DE RÉxIME xURÍDICO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E DO PROCEDEMENTO ADMINISTRA- TIVO COMÚN, AS NORMAS REGULADORAS DOS PROCEDEMENTOS DE OUTORGAMENTO, MODI- FICACIÓN E ExTINCIÓN DE AUTORIZACIÓNS

(«BOE» núm. 199, do 20 de agosto de 1994; corrección de erratas no «BOE» núm. 250 do 19 de outubro)

A disposición adicional terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, prevé que, regula- mentariamente, no prazo de dezaoito meses a partir da entrada en vigor desta lei, se leve a efecto a adecuación a ela das normas reguladoras dos distintos procedementos admi- nistrativos, calquera que sexa o seu rango.

En cumprimento do referido mandato, este real decreto ten por obxecto adecuar á Lei 30/1992, as normas regulado- ras dos procedementos para o outorgamento, modificación e extinción de autorizacións, acollendo unha concepción ampla do citado termo, do que se formula unha definición sintética que pon o acento principal na salvagarda do ordenamento xurídico e do interese público que corresponde á Adminis- tración, con independencia do ámbito material en que se exerce a potestade autorizatoria.

En consecuencia, o concepto utilizado permite entender incluídos no ámbito de aplicación do regulamento todos aqueles supostos que, baixo diferentes denominacións (auto-

(24)

§ 8

rizacións, licenzas, permisos, habilitacións e outros), respon- den ás mencionadas características no ordenamento xurídico vixente.

A adecuación dos procedementos autorizatorios á Lei 30/1992 verifícase mediante a regulación de determinados aspectos puntuais que son comúns a todos aqueles, con inde- pendencia da materia a que se refiran. Estes aspectos son, substancialmente, os referidos á achega de documentos, prazo de resolución, obriga de motivar as resolucións que se diten, fin da vía administrativa, efectos da falta de resolución expresa e posibilidade de terminación convencional.

O real decreto delimita o alcance do dereito recoñecido aos interesados no artigo 35.f) da Lei 30/1992, que deter- mina os supostos nos cales aqueles non están obrigados a achegar documentos que xa consten en poder da Administra- ción actuante, todo isto ao abeiro da habilitación contida na disposición derradeira deste texto legal.

Por outra parte, o real decreto imponlle á Administración a obriga de motivar todas as resolucións ditadas nestes pro- cedementos, xa sexan regradas ou discrecionais, e con inde- pendencia dos seus efectos favorables ou desfavorables para os interesados. Con isto, facendo uso da previsión contida no artigo 54.1.f) da Lei 30/1992, refórzanse os principios de obxectividade e transparencia da actuación administrativa e posibilítase unha plena tutela dos dereitos e intereses lexíti- mos dos cidadáns.

A natureza específica da potestade autorizatoria da Admi- nistración xustifica a eficacia estimatoria que este real decreto lle atribúe á falta de resolución expresa. Non obs- tante, esta regra xeral debe ceder, por exixencia legal, naque- les casos en que a estimación supuxese a transferencia de facultades relativas ao dominio público ou ao servizo público.

Así mesmo, prevense os efectos desestimatorios da falta de resolución expresa cando concorran especiais consideracións de orde pública, seguridade ou saúde pública ou outras de análoga relevancia.

Finalmente, e recollendo os principios establecidos na Lei 30/1992, prevese a posibilidade de que os procedemen- tos de outorgamento, modificación e extinción de autoriza- cións finalicen mediante unha terminación convencional

(25)

§ 8

entre a Administración pública e os solicitantes, garantindo o pleno respecto ao interese público, que ten encomendada a súa tutela á Administración actuante.

Na súa virtude, por proposta do ministro para as Admi- nistracións Públicas, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 5 de agosto de 1994, dispoño:

Artigo 1.  Obxecto e ámbito de aplicación.–1. Este real decreto aplicarase ao outorgamento, modificación e extinción das autorizacións administrativas, nos seguintes supostos:

a) Procedementos tramitados na súa totalidade pola Administración xeral do Estado ou polas entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquela.

b) Procedementos relativos a autorizacións establecidas en materias de competencia normativa plena do Estado e a tramitación das cales corresponda a outras administracións públicas.

2. Para os efectos deste real decreto, enténdese por autorizacións todos aqueles actos administrativos, calquera que sexa a súa denominación específica, polos que, en uso dunha potestade de intervención legalmente atribuída á Administración, se lles permite aos particulares o exercicio dunha actividade, logo de comprobación da súa adecuación ao ordenamento xurídico e valoración do interese público afectado.

3. Este real decreto non será de aplicación aos procede- mentos para o exercicio dos dereitos fundamentais e as liber- dades públicas.

4. Quedan igualmente excluídos do ámbito de aplica- ción deste real decreto os supostos de modificación e extin- ción de autorizacións, cando sexan consecuencia de procedementos de revisión de actos en vía administrativa, da execución de sentenzas xudiciais ou da imposición de san- cións administrativas.

5. Aos procedementos relativos a autorizacións regula- das en normas de dereito comunitario ou tratados internacio-

(26)

§ 8

nais dos que sexa parte España, aplicaráselles este real decreto, en canto non contradiga as citadas disposicións.

Art. 2.  Achega de documentos.–Cando os documentos exixidos aos interesados pola normativa aplicable xa estive- sen en poder de calquera órgano da Administración actuante, o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administra- cións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o docu- mento, debidamente xustificada no expediente, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presenta- ción ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Art. 3.  Resolución.–1. O prazo máximo para a reso- lución dos procedementos de outorgamento, modificación e extinción de autorizacións será o que estableza a súa norma- tiva reguladora e, no seu defecto, o de tres meses.

2. As resolucións destes procedementos serán sempre motivadas.

3. As citadas resolucións porán fin á vía administrativa, excepto nos supostos determinados nas normas correspon- dentes.

Art.  4.  Efectos da falta de resolución expresa.

1. Transcorrido o prazo máximo para resolver o procede- mento, sen que recaese resolución expresa, produciranse os seguintes efectos xurídicos:

a) As solicitudes de outorgamento e modificación de autorizacións poderán entenderse estimadas, salvo nos supostos recollidos no anexo deste real decreto.

b) As solicitudes de extinción de autorizacións poderán entenderse estimadas.

(27)

§ 8

c) Nos procedementos de modificación e extinción ini- ciados de oficio, producirase a caducidade nos termos pre- vistos no artigo 43.4 da Lei 30/1992 (1).

2. Para a eficacia das resolucións presuntas a que se refiren as alíneas a) e b) do número anterior, requírese a emi- sión da certificación prevista no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede- mento administrativo común (2), no prazo de vinte días desde que foi solicitada ou que, solicitada esta certificación, non se emitise transcorrido o citado prazo.

No transcurso do prazo para a emisión da certificación poderase resolver expresamente sobre o fondo, de acordo coa norma reguladora da autorización e sen vinculación cos efectos atribuídos á resolución presunta da que se solicitou certificación.

Art. 5.  Terminación convencional.–1. Cando pola natureza da actividade as normas reguladoras da autoriza- ción así o prevexan, poderase finalizar o procedemento mediante acordo entre a Administración e os interesados.

En calquera caso, a terminación convencional deberá garantir o interese público para a salvagarda do cal se exixe a autorización correspondente.

2. Para os efectos expresados no punto anterior, os soli- citantes ou o órgano competente para a instrución do proce- demento poderán, en calquera momento anterior á proposta de resolución, propor un acordo referido ao obxecto da auto- rización.

3. En caso de conformidade do órgano instrutor e dos solicitantes, a proposta remitiráselle, con todo o actuado, ao órgano competente para resolver, que o fará con liberdade de criterio.

4. Formalizado, de ser o caso, o acordo, este producirá iguais efectos que a resolución do procedemento.

(1) Na actualidade, conforme as modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, véxase o artigo 44.

(2) Téñase en conta que, conforme as modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a certificación de actos presuntos, do artigo 44 antigo, desaparece.

(28)

§ 8

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Única. Procedementos de autorización en materia tri­

butaria.–Este real decreto será de aplicación supletoria aos procedementos relativos a autorizacións que se diten en materia tributaria.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Única. Réxime transitorio dos procedementos.–1. Os procedementos incluídos no ámbito de aplicación deste real decreto que se iniciasen con anterioridade á súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior.

2. Ás resolucións dos procedementos incluídos no ámbito de aplicación deste real decreto, adoptadas con pos- terioridade á súa entrada en vigor, aplicaráselles o sistema de recursos establecido no capítulo II do título VII da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi- nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Única. Derrogación normativa.–Quedan derrogadas cantas disposicións, calquera que sexa o seu rango, se opo- ñan ou contradigan o disposto neste real decreto.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Única. Entrada en vigor.–Este real decreto entrará en vigor o día 27 de agosto de 1994.

ANExO

Procedementos nos que, conforme o artigo 4 1.a) do Real decreto, a falta de resolución expresa pode considerarse des- estimatoria da solicitude:

A) Seguridade cidadá.

1. Autorizacións reguladas no Regulamento de armas, aprobado polo Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro.

(29)

§ 8

2. Autorizacións reguladas no Regulamento de explosivos, aprobado polo Real decreto 2114/1978, do 2 de marzo (3).

3. Autorizacións reguladas na Lei 23/1992, do 30 de xullo, de seguridade privada.

4. Autorizacións previstas nas disposicións reguladoras dos xogos de azar.

5. Autorizacións previstas na Lei sobre tráfico, circula- ción de vehículos de motor e seguridade vial, texto articu- lado aprobado polo Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo; no Real decreto 13/1992, do 17 de xaneiro (4), polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación; no Código da circulación, aprobado polo Decreto do 25 de se- tembro de 1934, e nas demais disposicións para o seu desen- volvemento ou aplicación.

6. Acreditación de correspondentes estranxeiros, regu- lada no Real decreto 3882/1982, do 29 de decembro.

B) Estranxeiría.

Visados e autorizacións de entrada, permanencia ou estancia, residencia e traballo a estranxeiros, regulados na Lei orgánica 7/1985, do 1 de xullo, sobre dereitos e liberda­

des dos estranxeiros en España (5), e o seu regulamento, a excepción das previstas no Real decreto 766/1992, do 26 de xuño, sobre entrada e permanencia en España de nacionais de Estados membros das Comunidades Europeas (6).

(3) O actual Regulamento de explosivos foi aprobado polo Real decreto 230/1998, do 16 de febreiro («BOE» núm. 61, do 12 de marzo; corrección de erros no «BOE» núm. 157, do 2 de xullo), e tivo diversas modificacións.

(4) Polo Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, apróbase o actual Regulamento xeral de circulación, modificado polo Real decreto 965/2006, do 1 de setembro («BOE» núm. 212, do 5 de setembro).

(5) A mencionada lei orgánica foi derrogada pola Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro («BOE» núm. 10, do 12 de xaneiro; corrección de erros no «BOE»

núm. 20, do 24 de xaneiro; supl. gal. núm. 3, do 9 de febreiro), sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, reformada polas leis orgánicas 8/2000, do 22 de decembro («BOE» núm. 307, do 23 de decembro;

corrección de erros no «BOE» núm. 47, do 23 de febreiro de 2001; supl. gal. núm. 1, do 15 de xaneiro de 2001), 11/2003, do 29 de setembro («BOE» núm. 234, do 30 de setembro; supl. gal. núm. 12, do 1 de outubro) e 14/2003, do 20 de novembro («BOE» núm. 279, do 21 de novembro; supl. gal. núm. 14, do 24 de novembro).

(6) O citado real decreto foi derrogado polo Real decreto 178/2003, do 14 de febreiro («BOE» núm. 46, do 22 de febreiro), sobre entrada e permanencia en

(30)

§ 8

C) Sanidade e saúde pública.

1. Autorizacións exixidas para a elaboración, distribu- ción, comercialización, dispensación ou venda de especiali- dades farmacéuticas e outros medicamentos de uso humano, dentífricos e produtos hixiénicos similares, algodón e apósi- tos esterilizados, material e instrumental médico-cirúrxico estéril, reactivos para a realización de probas de detección de marcadores de infección por virus da familia «retroviridae»

na especie humana, produtos de ostomía e implantes clínicos e demais produtos e artigos sanitarios e, en xeral, en relación cos produtos, actividades e servizos que, por afectaren ao ser humano, poidan supor un risco para a saúde das persoas; a autorización prevista no artigo 7.1 do Real decreto 349/1988, do 15 de abril, polo que se aproba a Regulamentación téc­

nico­sanitaria de produtos cosméticos (7); autorizacións relativas á realización de ensaios clínicos con medicamentos, reguladas no Real decreto 561/1993, do 16 de abril (8), con excepción daquelas para as que esta norma estableza que o silencio poderá considerarse estimatorio da solicitude; auto- rizacións en materia de sanidade exterior, previstas no Real decreto 1418/1986, do 13 de xuño; nas normas sanitarias de importación ou exportación de terceiros países, e nas demais normas concordantes ou de desenvolvemento e aplicación.

2. Homologación e rexistro de praguicidas.

3. Acreditación de centros e unidades docentes para efectos de formación sanitaria especializada, no ámbito das competencias do Estado.

4. Autorizacións para a fabricación e a posta no mer- cado de medicamentos de uso veterinario; autorización para a realización de ensaios clínicos con animais produtores de alimentos de consumo humano.

España de nacionais de Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre Espazo Económico Europeo, que pola súa vez foi derrogado polo Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro).

(7) A citada regulamentación foi expresamente derrogada polo Real decreto 1599/1997, do 17 de outubro («BOE» núm. 261, do 31 de outubro), sobre produtos cosméticos, que foi obxecto, pola súa vez, de diversas modificacións.

(8) Derrogado polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro («BOE» núm. 33, do 7 de febreiro) que pola súa vez foi modificado polo Real decreto 590/2005, do 20 de maio («BOE» núm. 128, do 30 de maio).

(31)

§ 8

5. Autorizacións para a utilización e comercialización de encimas, microorganismos e os seus preparados na ali- mentación animal.

6. Autorizacións exixidas en relación co persoal super- visor, operador e xefes dos servizos de protección radioló- xica das instalacións nucleares e radioactivas; autorizacións de unidades técnicas de protección radiolóxica; autoriza- cións exixidas en relación co persoal que dirixa ou opere as instalacións de raios x con fins de diagnóstico médico.

D) Defensa nacional.

Autorizacións reguladas na Lei 8/1975, de zonas e insta- lacións de interese para a defensa nacional; no Real decreto 689/1978, do 10 de febreiro, polo que se aproba o seu regu- lamento, e nas demais disposicións para o seu desenvolve- mento ou aplicación.

E) Ordenación económica e financeira.

1. Autorizacións previstas na Lei 33/1984, do 2 de agosto, sobre ordenación do seguro privado (9), e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 1348/1985, do 1 de agosto (10), en relación coas entidades aseguradoras.

2. Autorizacións previstas no artigo 26 e nas disposi­

cións adicionais primeira e segunda do Real decreto 671/1992, do 2 de xullo, sobre investimentos estranxeiros en España; a autorización de investimento en países non mem- bros da Comunidade Económica Europea, regulada no número 2 do artigo 19 do Real decreto 672/1992, do 2 de xullo, sobre investimentos españois no exterior (11); a auto- rización de saída de moeda metálica, billetes de banco e che- ques bancarios ao portador en contía superior a 5.000.000 de

(9) Na actualidade Real decreto lexislativo 6/2004, do 29 de outubro («BOE»

núm. 267, do 5 de novembro; corrección de erros no «BOE» núm. 28, do 2 de febreiro de 2005) polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados, deixando en vigor certas disposicións da anterior Lei 30/1995, do 8 de novembro, e que tivo diversas modificacións.

(10) O vixente regulamento foi aprobado polo Real decreto 2486/1998, do 20 de novembro, tendo en conta que o mesmo foi obxecto de diversas modificacións.

(11) Estes dous últimos reais decretos foron derrogados polo Real decreto 664/1999, do 23 de abril («BOE» núm. 106, do 4 de maio), sobre investimentos exteriores.

(32)

§ 8

pesetas, establecida no artigo 4 do Real decreto 1816/1991, do 20 de decembro, sobre transaccións económicas co exte- rior, modificado polo Real decreto 42/1993, do 15 de xaneiro (12); autorizacións establecidas ao amparo do dis- posto nos números 1 e 2 do artigo 3 do Real decreto 1816/1991, do 20 de decembro, sobre transaccións económi- cas co exterior.

3. Autorizacións reguladas na Lei 8/1987, do 8 de xuño, de regulación dos plans e fondos de pensións (13), e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1307/1988, do 30 de setembro (14), a excepción das establecidas en relación cos actuarios de plans e fondos de pensións.

4. Autorizacións previstas nas normas reguladoras do monopolio de tabacos e de distribución do timbre do Estado, a excepción das establecidas no artigo 3 da Lei 38/1985, do 22 de novembro (15), e no artigo 13.1.a) do Real decreto 2738/1986, do 12 de decembro (16).

5. Autorizacións para a creación de bancos privados, entidades de crédito de ámbito operativo limitado, caixas de aforro e cooperativas de crédito; a autorización prevista no artigo 45, letra c), da Lei de ordenación bancaria; autorización para a creación de filiais, apertura de sucursais e instalación de oficinas de representación de entidades de crédito estranxei- ras, incluídas as de ámbito operativo limitado; autorización

(12) Téñase en conta que o mencionado artigo 4 do Real decreto 1816/1991, do 20 de decembro, foi modificado polo Real decreto 1638/1996, do 5 de xullo («BOE» núm. 165, do 9 de xullo).

(13) A citada lei foi derrogada polo Real decreto lexislativo 1/2002, do 29 de novembro («BOE» núm. 298, do 13 de decembro), polo que se aproba o texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións; téñase en consideración que a mesma sufriu diversas modificacións.

(14) Na actualidade o citado real decreto foi derrogado polo Real decreto 304/2004, do 20 de febreiro («BOE» núm. 48, do 25 de febreiro; corrección de erros no «BOE» núm. 88, do 12 de abril), polo que se aproba o Regulamento de plans e fondos de pensións, salvo os preceptos sinalados por este; téñase en conta que o artigo 75.2 foi modificado polo Real decreto 1332/2005, do 11 de novembro («BOE»

núm. 280, do 23 de novembro).

(15) A citada lei foi expresamente derrogada pola Lei 13/1998, do 4 de maio («BOE» núm. 107, do 5 de maio), de ordenación do mercado de tabacos e normativa tributaria, obxecto, pola súa vez, dalgunhas modificacións.

(16) Real decreto derrogado polo Real decreto 1199/1999, do 9 de xullo («BOE» núm. 166, do 13 de xullo), polo que se desenvolve a Lei 13/1998, do 4 de maio, que, pola súa vez, tivo diversas modificacións.

(33)

§ 8

para a transformación en bancos doutras entidades de crédito;

autorización para a adaptación de estatutos de cooperativas de crédito prevista na disposición transitoria terceira do Real decreto 84/1993, do 22 de xaneiro, polo que se aproba o regu- lamento de desenvolvemento da Lei 13/1989, do 26 de maio, de cooperativas de crédito; escisións e fusións que afecten a cooperativas de crédito; autorización para a conversión de cooperativas de crédito noutra clase de cooperativas.

6. Autorizacións establecidas na Lei 13/1992, do 1 de xuño, de recursos propios e supervisión en base consolidada das entidades financeiras, e as súas normas de desenvolve- mento.

7. Autorizacións que, en relación co comercio exterior de material de defensa e material de dobre uso, se regulan no Real decreto 824/1993, do 28 de maio (17); autorizacións relativas ao comercio exterior das especies protexidas a que se refire o Convenio sobre o comercio internacional de espe- cies ameazadas de fauna e flora silvestre, feito en Washing- ton o 3 de marzo de 1973; autorizacións administrativas de importación e exportación; certificados de importación e exportación; autorizacións relativas aos réximes de perfec- cionamento activo e pasivo e de importación temporal.

8. Autorizacións establecidas nas normas reguladoras da pesca marítima; autorizacións excepcionais de pesca en reservas mariñas; autorización para a explotación de coral;

autorización de instalación de arrecifes artificiais en augas exteriores; autorización de instalacións de acuicultura en bens de dominio público, en Ceuta e Melilla.

9. Autorización de transvasamentos de venda directa a venda a industrias e viceversa, prevista no artigo 11.3 do Real decreto 324/1994, do 28 de febreiro, polo que se esta­

blecen normas reguladoras do sector do leite e dos produtos lácteos e do réxime da taxa suplementaria (18).

(17) Na actualidade Real decreto 1782/2004, do 30 de xullo («BOE» núm. 210, do 31 de agosto; corrección de erros no «BOE» núm. 248, do 14 de outubro), polo que se aproba o Regulamento de control de comercio exterior de material de defensa, doutro material e de produtos e tecnoloxías de dobre uso, cuxo anexo I foi modificado pola Orde ITC/60/2006, do 12 de xaneiro («BOE» núm. 20, do 24 de xaneiro).

(18) O citado real decreto foi derrogado polo Real decreto 291/2004, do 20 de febreiro («BOE» núm. 45, do 21 de febreiro), polo que se regula o réxime da taxa

Referencias

Documento similar

Se houvesse uma carreira única para todo o Brasil, a exemplo do que ocorre nas Universidades e ou Institutos Federais, o poder de organização e negociação pela valorização

Período de realización (indicar meses ou períodos posibles de realización e xornada laboral: tempo completo ou parcial).. Do 01 de abril ao 30 de setembro en horario de

Asimesmo, existe un grupo de especies de distribución moi escasa en Galicia pero que teñen no Courel as súas poboacións máis numerosas, como ocorre coa orquídea sin clorofila,

No entanto, em rigor, a lei inconstitucional (menos favorável), por não ser válida, não consta de uma verdadeira sucessão de leis penais, e, por isso a protecção do caso

- Un curso formativo para los técnicos de laboratorio de la UPV sobre la prevención de los residuos en los laboratorios, que se llevará a cabo los días 23, 24, 25, 26 y 27

REAL DECRETO 598/2015, de 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto

3.  Finalizado o período de exposición pública, as cor- poracións locais adoptarán os acordos definitivos que proce- dan,  resolvendo  as  reclamacións 

REAL DECRETO 598/2015, de 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto