• No se han encontrado resultados

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS

Anuncio

RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 8 DE MARZO DE 2018 POLA QUE SE APROBA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS, SE NOMEA E SE CITA AO TRIBUNAL PARA A SÚA CONSTITUCIÓN E SE CITA AO TRIBUNAL E AOS ASPIRANTES PARA A REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE 1 TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVISTICA, ESCALA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, TÉCNICOS SUPERIORES, GRUPO A, SUBGRUPO A1, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO, QUENDA LIBRE, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA 2016.

“Tras ver que por Acordo da Xunta de Goberno de data 29 de setembro de 2017, foron aprobadas a

convocatoria e as bases xerais e específicas que rexerán o proceso para a selección de 1 Técnico Superior Arquivística, Escala Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores, grupo A, subgrupo A1, polo sistema de oposición, quenda libre, correspondente á Oferta de Emprego Pública do ano 2016.

Tendo en conta que o Acordo se publicou no boletín Oficial da Provincia número 241, de 20 de outubro de 2017.

Rematado o prazo de presentación de instancias, segundo o establecido nas Bases Xerais 8 e 9, que rexen o presente proceso selectivo, e en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVE:

1º.- Aprobar a seguinte lista provisional de admitidos ao proceso selectivo:

APELIDOS E NOME

1 ALONSO DOMINGUEZ, MIRIAM 2 ARCAY BARRAL, ÁNGEL MARÍA 3 CORRAL BERNÁRDEZ, GAEL 4 DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, LAURA 5 GAYOSO CARREIRA, SABELA 6 GRADÍN FERNÁNDEZ, ISIS 7 LEMIÑA LEMUS, Mª DEL MAR 8 LINARES GARCÍA, EREA 9 LÓPEZ RODRÍGUEZ, BEGOÑA 10 LOIS PEÓN, YOLANDA 11 LUIÑA LÓPEZ, ALEXIA 12 PASTORIZA ROZAS, PABLO 13 RAMÍREZ ABAL, BENITO

14 RODRÍGUEZ ABELAIRA, JOSÉ RAMÓN 15 SOUTO PIÑEIRO, ALICIA

16 VÁZQUEZ VÁZQUEZ, DANIEL

2º.- Nomear aos membros do Tribunal cualificador que a continuación se sinala, podendo actuar indistintamente titulares e suplentes:

(2)

PRESIDENTE:

Titular: Don Manuel García Mel, Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo. Suplente: Don Arximiro Fernández Arias, Técnico Asesor en Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.

VOGAIS:

Titular: Dona María Rosa Canto Reboredo, Licenciada en Filosofía e Letras, Arquiveira-Bibliotecaria, no Arquivo da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Dona Aurelia Balseiro García, Licenciada en Xeografía e Historia, Directora do Museo Provincial de Lugo.

Titular: Dona Mercedes Salvador Castañer, Licenciada en Xeografía e Historia, Responsable Biblioteca, no Departamento de Arquivo do Museo Provincial de Lugo.

Suplente: Dona María del Rosario Fernández González, Licenciada en Xeografía e Historia, Responsable de Etnografía e Artes Decorativas no Museo Provincial de Lugo.

Titular: Don Manuel Ángel Jove Losada, Xefe do Servizo de Contratación e Fomento da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Dona María Ángeles Rivas Vázquez, Xefa da Sección de Contabilidade e Contas, na Intervención, da Deputación Provincial de Lugo.

SECRETARIO:

Titular: Don Cristobal Victor Fraga Bermejo, Secretario Xeral da Deputación de Lugo.

Suplente: Don Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario-Interventor, Xefe do Servizo Asistencia Xurídica, Técnica e Económica aos Concellos, no Servizo do Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo.

Colaboradora: Ana Losada Real, Xefa da Unidade de Selección, Promoción e Carreira da Deputación Provincial de Lugo.

3º.- Citar aos membros do Tribunal para que comparezan o mércores día 21 de marzo de 2018 ás 9:00 horas no Salón Verde da Deputación Provincial de Lugo, para a súa Constitución.

4º.- Citar aos membros do Tribunal e máis aos aspirantes para que comparezan o xoves día 5 de abril de 2018 as 9 horas e 30 minutos, no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Lugo, para a realización do primeiro exercicio da oposición.

5º.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web desta Entidade e no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A subsanación de erros e alegación á lista provisional, poderán realizarse no prazo de dez días contados dende o día seguinte á publicación desta Resolución no BOP .

De non presentarse ningunha alegación á lista provisional, esta entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación.

Conta a lista definitiva poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta Resolución no BOP ou ben recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Adminitrativo de Lugo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da citada publicación.

Cando as impugnacións teñan por causa a composición do Tribunal, rexeranse polo establecido nos artigo 23 e 24 do Lei 40/2015 de 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público.

Non obstante, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen convenientes para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento conforme ao artigo 112.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.”

Pazo Provincial, 9 de marzo de 2018.- O SECRETARIO. Cristóbal Víctor Fraga Bermejo.

(3)

CONCELLOS

CHANTADA

Anuncio

Por Decreto de Alcaldía de data 16/02/2018 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xaneiro do 2018.

De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xaneiro 2018 terá lugar neste municipio dende o día 19 de febreiro de 2018 ata o día 18 de abril de 2018.

O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de xaneiro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Chantada, 16 de febreiro de 2018.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.

R. 0655

Anuncio

Por Decreto de Alcaldía de data 16/02/2018 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes a febreiro-2018.

De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes febreiro 2018 terá lugar neste Municipio dende o día 19 de febreiro de 2018 ata o día 18 deabril de 2018.

O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Chantada,16 de febreiro de 2018.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.

R. 0656

FOLGOSO DO COUREL

Anuncio

O Pleno do Concello de Folgoso do Courel, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de febreiro de 2018, aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de instalacións, construcións e obras (ICIO), a ordenanza fiscal reguladora do imposto de actividade económicas (IAE), a modificación da ordenanza reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) e a ordenanza fiscal da taxa pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos.

E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométense os expedientes a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar os expedientes e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

(4)

Se transcorrido dito prazo non se presentaran reclamacións, consideraranse aprobados definitivamente ditos Acordos.

En Folgoso do Courel, 1 de marzo de 2018.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa

R. 0667

LUGO

Anuncio

A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Lugo en sesión celebrada o 7 de febreiro de 2018, adoptou, entre outros, o acordo 7/60 MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, NO QUE RESPECTA AO PARÁGRAFO DE OBSERVACIÓNS DO POSTO DE DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA (CÓDIGO 2904), a parte dispositiva do cal é do seguinte teor literal:

PRIMEIRO.- Aprobar a modificación da Relación de postos de traballo do Excmo. Concello de Lugo no exclusivo particular de engadir ao parágrafo de observacións do posto de traballo do Director da Banda da Música (Código 2904) a lenda "ABERTO A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS", quedando como segue:

Código Posto D.O.T VIN TP Comp. Esp. Grupo Nivel Forma. Prov Escala Titulación Observ, A2904 Director Banda

Música

1 F S 11.560,20 A 29 Concurso F.A.E

Téc.Sup 1

Aberto a outras administracións SEGUNDO.- Proceder á súa publicación regulamentaria no BOP e DOG e a notificarlles este acordo á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa, así como aos sindicatos presentes na Mesa de Negociación do 26 de decembro de 2017.”

Lugo, 22 de febreiro de 2018.- O Tte. de Alcalde Delegado da Area de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Xosé Daniel Piñeiro Villares

R. 0658

MONDOÑEDO

Anuncio

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación do Concello de Mondoñedo, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de febreiro do 2018, da ordenanza fiscal de nova creación, do Precio Público por utilización do albergue de Vilar, e a Ordenanza Reguladora do Rexistro Municipal de Solares e Edificacións ruinosas do Concello de Mondoñedo, en cumprimento do disposto no RD Lex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público na Secretaría deste Concello, polo prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial de Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

En Mondoñedo, 2 de marzo de 2018.- Alcaldesa-Presidenta,

R. 0668

SARRIA

Anuncio

Por parte do Concello de Sarria vaise proceder á contratación dun laboral interino no matadoiro, asimilado a un Grupo E-Agrupacións Profesionais (EBEP)

BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A UNHA PRAZA DE OPERARIO DO MATADOIRO, DE CARÁCTER LABORAL INTERINO, ASÍ COMO A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO.

Prazo de presentación de instancias: 20 días naturais, contados a partires do día seguinte en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Bases para a selección, completas, publicadas no portal de transparencia do Concello de sarria (carpeta 1.7.2): sede.sarria.es

(5)

Sarria, 19 de febreiro de 2018.- A alcaldesa, Mª del Pilar López Yáñez.

R. 0660

Anuncio

Por esta Alcaldía, en data de 16 de febreiro de 2018, ditouse o Decreto de Alcaldía número 2018-0166, que é do seguinte tenor literal:

“DECRETO DA SRA. ALCALDESA Dª MARÍA DEL PILAR LÓPEZ YÁÑEZ

Os días 27 e 28 de febreiro de 2018, estarei fóra do municipio con motivo dunha viaxe en concepto realización dun curso formativo da FEMP.

En base ao disposto polos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 de novembro; e a atribución que me confire o artigo 21.1 a) e r) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

RESOLVO:

1º.- Delegar as funcións e as atribucións propias da alcaldía no primeiro tenente de alcalde, D. Efrén Castro Caloto.

2º.- Durante este período de substitución, a referida persoa exercerá as funcións e atribucións delegadas a título de alcalde en funcións.

3º.- No suposto de que esta alcaldía se reincorpore ás súas funcións antes de que transcorra o período de delegación expresado neste decreto, a delegación quedará automaticamente revogada.

4º.- Notificar esta resolución ao interesado e publicala así mesmo no Boletín Oficial da Provincia. 5º.- Dar conta do presente decreto ao pleno do concello na primeira sesión que celebre.-

Así o mandou e asina a Sra. alcaldesa, de que eu, como secretario do Concello de Sarria, certifico.”

O que se fai público en cumprimento do dispoto no apartado 2 do artigo 44 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Sarria, 27 de febreirp de 2018.- A Alcaldesa-Presidenta,

R. 0670

O SAVIÑAO

Anuncio

Exposición pública do padrón de contribuíntes suxeitos a AUGA, LIXO (urbán) e SUMIDOIROS correspondentes ao 6º bimestre do exercicio 2017, aprobado por Decreto de Alcaldía de data 1 de marzo do 2018.

Lugar: Servizo de Xestión Tributaria do Concello (Praza de España, 1)

Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 22 de marzo de 2018 ao 5 de maio de 2018.

PERIODO VOLUNTARIO DE RECADACIÓN: Nos termos do artigo 62.2 da Lei 58/2003: Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día vinte do mes posterior ou si este non fose hábil ata o inmediato hábil seguinte; se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes dende a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou si este non fose hábil ata inmediato hábil seguinte en período voluntario. A partir da devandita data os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 de Lei Xeral Tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación (RD 939/2005, de 29 de xullo).

A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

(6)

Contra o presente acto que pon fin a vía administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que considere oportuno o interesado, poderá interpoñer:

1. Recurso potestativo de reposición ante o propio órgano que ditou o presente acto no prazo dun mes a contar dende o día seguinte da súa notificación ao abeiro do establecido no artigo 108 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.

2. Ou ben, directamente, reclamación económico-administrativa ante o mesmo órgano no prazo dun mes, segundo establece o artigo 137 da mesma Lei.

O Saviñao, 1 de marzo de 2018.- Alcalde, Joaquín González González

R. 0671

MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS

Anuncio

Expediente número: A/27/21269.

Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: José Ramón Yanes Pérez.

Nombre del río o corriente: Río Vidal. Caudal solicitado: 20 l/seg.

Punto de emplazamiento: Trabadela (Sante). Término Municipal y Provincia: Trabada (Lugo). Destino: Accionamiento de molino harinero. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS:

Captación y conducción de las aguas por tubería hasta antiguo canal por el que se conducirán hasta accionar el molino; devolución al cauce por canalización.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Trabada, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente.

Oviedo, 6 de febrero de 2018.

EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez.

R. 0422

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL, O.A. COMISARIA DE AUGAS

Anuncio

INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/24201

Emilio Folgueiras Fernández solicita la concesión de un caudal de 200 l/s de agua, de mayo a octubre, y de 400 l/s, de noviembre a abril, procedente del río Neira, en el lugar de Os Mazos, parroquia de San Martín de Neira de Rei (San Pedro), T.M. de Baralla (Lugo) con destino a piscifactoría.

La captación se realiza mediante un azud que desvía el agua a un canal de derivación que la conduce a las instalaciones a abastecer.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baralla , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente.

(7)

Lugo, 26 de enero de 2018.- 26 de enero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0592

Anuncio

INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/04162

María Barreiro Varela en representación de la Comunidad de Usuarios Agua Pozo de Cortiña Vella solicita la novación de la concesión de un caudal de 0,019 l/s de agua procedente del pozo Cortiña Vella, en el lugar de Esperante, parroquia de Esperante (Santalla), término municipal de Lugo (Lugo), con destino a usos domésticos y la modificación de características consistente en la incorporación del pozo Cortiña de Fernal y la supresión de los usos ganaderos.

La captación se realiza en 2 pozos de 7 m y 25 m de profundidad desde los que parten sendas tuberías hasta los 3 depósitos de 1.000 litros de capacidad cada uno que distribuyen el agua a las zonas a abastecer.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Lugo , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente.

Lugo, 02 de febrero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0593

Anuncio

INFORMACIÓN PÚBLICA Expediente A/27/25334

Asunto: Aprovechamiento de aguas Titular: Caridad Mazoy Vázquez

Nombre del río o corriente: río Magdalena Caudal solicitado: 148,16 l/s

Punto de emplazamiento: Muíño da Torre, parroquia de Saldanxe (San Miguel) Término municipal y provincia: A Pastoriza (Lugo)

Destino: piscifactoría

Breve descripción: La captación se realiza en una presa de un antiguo molino de la que parten 3 tuberías de PVC enterradas bajo la rasante del terreno, por la que discurren las aguas hasta las instalaciones a abastecer.

Expediente V/27/00129-1

Asimismo se solicita la reducción del caudal de vertido de aguas residuales de la autorización con número de expediente V/27/00129 hasta 4.672.584 m3/año.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de A Pastoriza , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente.

Lugo, 07 de febrero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

(8)

Anuncio

Expediente: A/27/25769

De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30), se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, de fecha 04 de septiembre de 2017 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada a Francisco Lence Iglesias, la oportuna concesión para aprovechamiento de 0,022 l/s de agua procedente del pozo de la Zarra de Fontelas, en el paraje de Fontelas, parroquia de Romeán (San Pedro), término municipal de Lugo (Lugo), con destino a usos ganaderos.

Lugo, 22 de enero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0596

Anuncio

Expediente: A/27/02075

De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30), se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, de fecha 10 de julio de 2017 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada a la Comunidad de Usuarios Regata do Xastre, la oportuna novación de la concesión de un aprovechamiento de 0,133 l/s de agua procedente de un manantial, en el monte Regata do Xastre, en la parroquia de Santaballa (San Pedro), T.M. de Vilalba (Lugo), con destino a abastecimiento, otorgada a Fermín Millor Paz y otros por resolución de la Confederación Hidrográfica del Norte de fecha 28/11/1991, modificación de características consistente en la reducción del caudal a derivar a 0,10 l/s y cambio de titularidad.

Lugo, 22 de enero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0597

Anuncio

Expediente: A/27/22723

De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30), se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, de fecha 28 de julio de 2017 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada al Ayuntamiento de A Pastoriza, la oportuna concesión para aprovechamiento de 0,18 l/s de agua procedente de 3 manantiales sitos en las parcelas catastrales 128 y 124 del polígono 14, en el lugar de Fontao, parroquia de Bretoña (Santa María), T.M. de A Pastoriza (Lugo) para abastecimiento al núcleo de Fitoiro.

Lugo, 26 de enero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0598

Anuncio

INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/27893

Laureano Seijo Seijo con N.I.F. 76546282 M, solicita autorización para la tala de árboles que afectan al dominio público hidráulico, cuyos datos son los siguientes:

CORRIENTE: Río de Lama RIBERA: ambas

Nº Y ESPECIE DE LOS ÁRBOLES A TALAR: 6 alisos. LUGAR: Armea de Abaixo, parcela 71 del polígono 10 PARROQUIA: Armea (San Pedro)

(9)

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que puedan presentar, los que estén interesados, peticiones en competencia y compatibles con la anunciada, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Láncara, o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente.

Lugo, 27de febrero de 2018.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López

R. 0642

Asinado por: null

Data: 10.03.2018 08:00:01 CET Razón:

Localización: España

Referencias

Documento similar