• No se han encontrado resultados

Implantación da xornada de traballo de 35 horas e a flexibilidade horaria. 1. As xornadas de traballo na Universidade de Santiago son as seguintes:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Implantación da xornada de traballo de 35 horas e a flexibilidade horaria. 1. As xornadas de traballo na Universidade de Santiago son as seguintes:"

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

Implantación da xornada de traballo de 35 horas e a flexibilidade horaria 1. Xornada e horarios de traballo

1. As xornadas de traballo na Universidade de Santiago son as seguintes: a) Xornada ordinaria continuada de traballo

Será de 35 horas semanais e realizarase, con carácter xeral, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas, na quenda de mañá e de 15:00 a 22:00 na quenda de tarde.

Os centros, con carácter xeral, permanecerán abertos de 8:00 a 22:00 horas, agás que as necesidades do servizo precisen doutros horarios.

b) Xornada diaria partida

De luns a venres, ata completar un total de 35 horas semanais.

No período de xornada reducida este persoal deberá realizar unha xornada de 30 horas en cómputo semanal que, en atención á diversidade de horarios nos que desenvolve a súa xornada, deberá concretarse co responsable do servizo ou actividade de que se trate.

c) Xornada irregular

De 35 horas semanais en cómputo mensual, non axustada a quenda.

No período de xornada reducida este persoal deberá realizar unha xornada de 30 horas en cómputo semanal, non axustada a quenda.

d) Outras xornadas

O resto das xornadas establecidas na Universidade adaptaranse ao cumprimento das 35 horas coas especificidades que en cada caso procedan, negociado cos órganos correspondentes e previa autorización da Xerencia:

- xornada nocturna;

- xornada dos traballadores da Escola Infantil;

- xornada para os traballadores/as do Centro de Linguas Modernas; - xornada especial realizada en sábados, domingos e festivos. 2. Horario de verán, Semana Santa e Nadal

Con carácter xeral, desde o 16 de xuño ata o 15 de setembro, así como durante a Semana Santa e o período de Nadal que se estableza no calendario de cada ano, a xornada semanal será de 30 horas de traballo e desenvolverase para o persoal en quenda de mañá nun horario de 9:00 a 15:00 horas e para o persoal en quenda de tarde de 15:00 a 21:00 horas.

(2)

A redución horaria dos traballadores a tempo parcial será proporcional ao número de horas que represente o seu contrato de traballo.

3. Cómputo da xornada

O cómputo anual da xornada calcúlase descontando ás horas anuais equivalentes a 365 días as horas correspondentes aos seguintes conceptos:

- 12 días de festas non recuperables fixados pola Comunidade Autónoma - 2 días de festas de ámbito local

- 22 días hábiles de vacacións

- 104 días correspondentes a sábados e domingos - 2 días adicionais: 24 e 31 de decembro

Isto supón 223 xornadas de traballo e un total de 1560 horas. Desta forma, quedarán 53 horas dispoñibles para a súa realización en momentos en que a acumulación de traballo o faga necesario.

O total de horas anuais realizarase coa xornada e horarios establecidos nos apartados 1 e 2.

Formación obrigatoria

34+1: a xornada en cómputo anual contemplará 1 hora semanal de formación obrigatoria en horario de traballo, que poderá acumularse ata completar 40 horas de formación en cómputo anual. No caso de non poder realizar esa formación por causas xustificadas, deberán acreditarse como horas de traballo efectivo.

4. Pausas durante a xornada

a) Pausa na xornada continuada de traballo

Durante a xornada continuada de traballo, poderase gozar dunha pausa por un período de 30 minutos que se computará como de traballo efectivo. Esta interrupción non afectará á prestación dos servizos e, con carácter xeral, efectuarse entre as 10 horas e as 12:30 horas para o persoal da quenda de mañá e entre as 17 horas e as 19:30 horas para o persoal da quenda de tarde.

b) Interrupción na xornada de traballo

Aquel persoal que realice outras modalidades de xornada de traballo, das recollidas no artigo 43 do convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos, de forma continuada, no período comprendido entre as 10 horas e as 19 horas poderá interromper cando menos unha hora a súa xornada.

5. Rexistro de entradas e saídas

Todo o persoal de administración e servizos da Universidade debe rexistrar as entradas e saídas de principio e fin da xornada no seu terminal informático de uso habitual. Para os supostos nos que o persoal non dispoña dun terminal informático, habilitaranse os medios necesarios para realizar a fichaxe.

(3)

O persoal debe permanecer no seu posto de traballo a totalidade da súa xornada, agás os seguintes casos:

- Pausa de descanso, regulada no apartado anterior e excluída da obriga de fichar. - Calquera outra ausencia, que deberá ser comunicada e/ou autorizada de ser o caso, pola persoa responsable da unidade e xustificada polo/a traballador/a, tanto se é unha actividade programada (reunión, formación, citas programadas...) como se se trata dun deber inescusable ou causa de forma maior, no que se xustificará con posterioridade.

6. Flexibilidade horaria

a) Xornada continuada de traballo

Poderán acollerse a esta modalidade de horario flexible o persoal que teña establecida unha xornada continuada de traballo, sempre e cando se cumpran as horas de traballo aplicables en cómputo mensual e se garanta a apertura dos centros nos horarios establecidos.

a. parte fixa: 5 horas (9:00 a 14:00 horas en quenda de mañá e de 16:00 a 21:00 horas en quenda de tarde)

b. parte flexible: para a quenda de mañá, as horas restantes ata completar a xornada realizaranse en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres, ou entre as 15:00 e as 20:00 horas os, martes, mércores e xoves. Na quenda de tarde, as horas restantes ata completar a xornada realizaranse en horario de 15:00 a 22:00 horas, de luns a venres, ou entre as 8:00 e as 15:00 horas os martes, mércores e xoves, sempre que sexa posible.

A parte flexible durante a xornada reducida de verán, Semana Santa e Nadal non poderá comezar nin estenderse fóra dos horarios de apertura dos centros.

Os permisos por asuntos particulares descontarán un máximo de 7 horas das recuperables.

Para determinados colectivos que teñan outras quendas de traballo, poderanse realizar horarios distintos aos propostos nos parágrafos anteriores, en función das necesidades do servizo, por proposta do persoal de administración e servizos afectado, co visto e prace do responsable da unidade organizativa e aprobado pola Xerencia.

A implantación da xornada flexible será obxecto dun período de proba de 3 meses, despois do cal se poderán establecer horarios distintos para a parte flexible que se recollerán nun anexo por unidades administrativas.

b) Unidades con atención ao público

As oficinas onde se atenda aos usuarios terán un horario xeral de apertura ao público de 9 a 14 horas, de luns a venres. Naquelas unidades que a Xerencia determine, se hai

(4)

persoal acollido a flexibilidade horaria establecerase un horario adicional de apertura ao público durante as tardes dos martes e xoves en horario de 16:00 a 20:00 horas. O resto das horas a compensar polo persoal realizaranse os luns, mércores ou venres de 8:00 a 15:00 ou de 15:00 a 20:00 horas, sen que poida superarse a xornada ordinaria máxima legal.

Os horarios mencionados poderán ser distintos a proposta da unidade administrativa de que se trate e autorizado pola Xerencia.

c) Procedemento para a autorización da flexibilidade

A flexibilidade horaria concederase a solicitude da persoa traballadora e terá como requisito o informe favorable do responsable da unidade administrativa de que se trate. Neste informe establecerase o horario de referencia para recuperar a parte flexible de forma que se observen as seguintes cuestións:

- que se fomente o uso eficiente das infraestruturas

- que non implique servizos que non se estiveran prestando antes da concesión - que se asegure a prestación de servizos ligados aos horarios de atención ao

público, as funcións de apertura e peche de edificios ou instalacións, traballos de mantemento e a actividade docente ou investigadora

Excepcionalmente poderá denegarse por necesidades do servizo ou polas funcións realizadas polo traballador que o solicite.

A prestación do servizo en horario flexible poderá ser suspendida temporalmente cando necesidades do servizo debidamente motivadas así o xustifiquen, previa autorización da Xerencia.

d) Exclusións. O persoal que se recolle a continuación non poderá acollerse á flexibilidade horaria:

1. persoal contratado con cargo a actividades e proxectos de investigación 2. postos que perciban complemento de xornada ou de especial dispoñibilidade 3. postos provistos mediante libre designación por determinación da Xerencia 4. postos singularizados que teñan recoñecida a dispoñibilidade horaria

establecida no art. 45 do Convenio Colectivo:

a. Grupo I, singularizado, complementos 0, 1, 2, 3 b. Grupo II, singularizado, complementos 1, 2 c. Grupo III, singularizado, complementos 1, 2

5. postos singularizados de funcionarios con nivel 24 ou superior

6. traballadores en xornada especial de sábado, domingo e festivos, xornadas irregulares, xornada partida, xornada por quendas, técnicos superiores de linguas modernas do CLM e persoal da Escola Infantil Breogán

Non obstante, este persoal poderase acoller á flexibilidade horaria coa autorización da Xerencia, previa solicitude do/a traballador/a, sempre que se asegure a prestación do servizo e o superior xerárquico informe favorablemente a solicitude establecendo un horario de referencia para a parte fixa e para a recuperación.

(5)

7. Horario flexible por razóns de conciliación da vida familiar e laboral

Esta modalidade está prevista no artigo 92 no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Os/as empregados/as con fillos/as ou acollidos menores de doce anos, ou con familiares ata segundo grao que, por enfermidade ou avanzada idade, necesiten a asistencia doutras persoas, poderán solicitar a flexibilidade horaria.

Os homes e as mulleres que se encontren en proceso de nulidade, separación ou divorcio terán idéntico dereito, desde a interposición da demanda xudicial ou, por decisión da persoa interesada, desde a solicitude de medidas provisionais previas, ata transcorridos tres meses desde a citada demanda ou, de ser o caso, desde a citada solicitude.

Dentro das 8.00 e as 20.00 horas fixarase, en cada caso, por pedimento da persoa interesada e con informe da persoa responsable da unidade administrativa á que pertenza, o horario diario de referencia.

Dentro do horario diario de referencia establecido, a persoa interesada poderá cumprir a súa xornada de traballo con absoluta liberdade, sempre e cando resulten cumpridas todas as horas de traballo aplicables, en cómputo mensual e se respecten as necesidades do servizo.

Esta modalidade será incompatible coa flexibilidade horaria establecida no apartado 5. Por motivos de conciliación debidamente motivados (período de adaptación escolar, horarios de campamentos de verán, etc.), previo informe favorable da persoa responsable da unidade, poderá autorizarse o fraccionamento dun día de asuntos propios en 7 horas para poder facer uso delas separadamente e compensar ausencias na parte flexible da xornada.

Nota: elimínanse as referencias ao control horario porque a súa implantación é unha decisión da Xerencia. Figuraba en documentos anteriores na medida en que para a posta en marcha da xornada flexible é necesaria a implantación dun mecanismo que permita o seu control.

A nivel informativo inclúese a información sobre a súa implantación como un anexo a este documento.

(6)

Anexo. Control horario

O control horario terá por obxecto verificar o cumprimento da xornada de traballo establecida.

Para estes efectos, todo o persoal deberá efectuar a fichaxe no seu ordenador ou a través do medio que se habilite para estes efectos, mediante a identificación coas súas credenciais persoais ao inicio e final da xornada laboral así como en calquera outra interrupción que deba ser xustificada.

Diariamente, o persoal disporá de 15 minutos para efectuar as fichaxes de entrada e saída, que se computará como tempo de traballo efectivo. No caso de ter autorizada a xornada flexible, este período computará como tempo de traballo efectivo sempre que non afecte á parte fixa da xornada.

No caso de ter que efectuar máis de dúas fichaxes na xornada, os minutos para efectuar as fichaxes seguen sendo 15 minutos, en total, por día.

En ningún caso estes 15 minutos serán acumulables (utilizados noutro día), xa que o seu emprego é diario.

O persoal que pode acollerse a flexibilidade horaria e non o solicite, disporá diariamente de 30 minutos para compensar os eventuais atrasos na chegada ao seu posto de traballo. Neste suposto non será necesario xustificar esta demora, sempre e cando se recupere dentro da mesma xornada.

Para a posta en marcha do control horario ditaranse as instrucións necesarias e establecerase un período de 2 meses de proba despois do que se presentará á Mesa Xeral de PAS un informe sobre as incidencias xurdidas. Cos axustes necesarios e os que se acorden co órgano de representación mencionado, poñerase en marcha de xeito definitivo.

Persoal responsable do control horario

A responsabilidade directa do cumprimento da xornada de traballo incumbe a cada un dos membros do persoal de administración e servizos. A supervisión e control do seu cumprimento corresponde ao seu responsable orgánico e/ou funcional para garantir que todo o persoal realice, en condicións de igualdade, a súa xornada laboral e a permanencia no posto de traballo.

As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal deberán comunicarse, con carácter inmediato, á persoa responsable da unidade administrativa á cal estea adscrito o persoal empregado público. Para os efectos desta comunicación terán validez as comunicacións electrónicas que permitan deixar constancia da súa realización. As persoas responsables das unidades administrativas esixirán a xustificación oportuna de todas as ausencias e non autorizarán dentro da xornada laboral aquelas ausencias por asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, agás as que correspondan ao cumprimento dun deber inescusable.

No resto dos casos o tempo de ausencia será recuperado dentro das franxas de horario flexible dentro do mes no que a ausencia se produza ou no mes seguinte.

(7)

Non poderá constar ningunha ausencia no sistema de control sen que estea debidamente xustificada de conformidade coa normativa vixente.

As ausencias e faltas de puntualidade e de permanencia que non queden debidamente xustificadas ou as non compensadas darán lugar á dedución proporcional de haberes dentro dos 3 meses seguintes á finalización do ano, previa comunicación á persoa traballadora que disporá dun prazo de 15 días para xustificar as ausencias.

Calendario previsto de implantación

Actuación PAS PDI

Definición, formación e

incorporación da marcaxe nas unidades administrativas de forma progresiva Segunda quincena de decembro de 2018 ata o 28 de febreiro de 2019 Do 1 de febreiro de 2019 ao 30 de abril de 2019

Período de proba Do 1 de marzo de 2019

ao 30 de abril de 2019

Do 1 de maio de 2019 ao 30 de xuño de 2019 Avaliación e posta en marcha Mes de maio de 2019

para avaliación, posta en marcha o 1 de setembro de 2019

Mes de xullo de 2019 para avaliación, entrada definitiva en

funcionamento o 1 de setembro de 2019

Referencias

Documento similar

CG03 - Que estén capacitados para tomar decisiones de un modo crítico sobre la aplicación e interpretación de los resultados derivados de los procedimientos de evaluación e

Este traballo estructúrase derredor da investigación e desenrolo de sensores de micropistas e píxeles de silicio para a construcción dun detector de vértice para a mellora

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas Clases de taboleiro en grupo

rírse al interés que la Unión Soviética lia despertado en todos los sectores de la opinión británica desde que lucha con- tra Alemania, el autor contesta a la pri- mera

Os alumnos poderán inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados os 192 créditos obrigatorios. Na oferta de Traballos de Fin de Grao poderase

Proposta de acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela de 20 de decembro de 2019, de modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente

415 ÁREA DE FUNDAMENTOS DE ANALISE ECONOMICA BOLSA TRANSITORIA.. HISTORIA

O número de horas por crédito ECTS é de 25. Atendendo ás ne- cesidades de ensino-aprendizaxe, adaptado ao EEES, o traballo presencial na Aula en cada materia está no contorno do 33%