• No se han encontrado resultados

GUÍA DOCENTE HISTORIA DE GALICIA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "GUÍA DOCENTE HISTORIA DE GALICIA"

Copied!
14
0
0

Texto completo

(1)

FACULTADE DE HUMANIDADES

GRAO SEMIPRESENCIAL CIENCIAS DA CULTURA E DIFUSIÓN CULTURAL

GUÍA DOCENTE

HISTORIA DE GALICIA

Carlos Baliñas Pérez

Ana Cabana Iglesia

(2)

2 1. DATOS DESCRIPTIVOS DA MATERIA Descrición da materia

Historia de Galicia é unha materia optativa do Grao Semipresencial de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que na actualidade na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Ten unha carga docente de 4.5 créditos ECTS, o que equivale a un total de 112.5 horas de traballo do alumnado. Dentro da distribución temporal da docencia do Grao, a materia Historia de Galicia encádrase no primeiro cuadrimestre do terceiro curso, impartíndose a parte presencial, os mércores de 12 a 13 horas na Aula 14 da Facultade de Humanidades. Este horario comprende toda a docencia presencial, incluíndo clases expositivas e interactivas, titorías presenciais e outras actividades, e a asistencia non é obrigatoria.

Prerrequisitos

Aínda que non existen prerrequisitos esenciais, aparte dos estritamente normativos, é recomendable ter cursado e superado con anterioridade as materias de Historia Antiga e Historia Medieval (1º curso do grao) e Historia Moderna e Historia Contemporánea (2º curso do grao), o que lle conferirá ó alumnado un marco xeral de gran valía para seguir a materia. Así mesmo, é imprescindible que os alumnos/as teñan a capacidade de expresarse correctamente en castelán e/ou galego.

As técnicas da crítica textual, a fluidez da lectura e unha axeitada capacidade crítica do material documental son habilidades que aqueles alumnos/as que cursen esta materia deberán desenvolver no transcurso do semestre, de tal xeito que o seu manexo, que pode vir dado por ter cursado outras materias nas que se incentiven estas capacidades crítico-reflexivas, facilitará considerablemente o traballo.

Profesores que imparten a materia.

A docencia será impartida polo profesor Dr. Carlos Baliñas e a profesora Dra.

Ana Cabana, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A lingua empregada no desenvolvemento das tarefas docentes será o galego, se ben poderanse adoptar estratexias docentes específicas para os

(3)

3

alumnos/as estranxeiros/as que non acrediten un coñecemento suficiente da lingua galega.

Horario e lugar de titorías

As titorías presenciais ordinarias, de carácter individual, serán atendidas nos despachos 117 (primeiro bimestre) e 118 (segundo bimestre) da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo nos días e horas que se indicarán ó alumnado ó comezo do curso. En canto á resolución de dúbidas xerais de interese común e para efectuar o seguimento das actividades non presenciais indicadas nesta guía, celebraranse na aula sesións puntuais de titorías en grupo, as cales serán comunicadas con antelación en función das necesidades existentes. Fóra do horario establecido, o alumnado poderá comunicarse co profesorado a través do campus virtual ou vía correo electrónico ([email protected] ; [email protected]).

2. SENTIDO DA ASIGNATURA NO PERFIL DA TITULACIÓN Bloque formativo

No actual Plan de Estudos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural a materia de Historia de Galicia intégrase no bloque formativo de Historia, dentro do módulo de Formación Humanística, xunto coas materias obrigatorias Historia Contemporánea, Historia del Mundo Actual, Historia de España e Historia Moderna, así como con las optativas del módulo: Historia Social y Cultural de Europa I e II e Escritura e Documento en el Mundo Moderno e Contemporáneo. Así mesmo, a materia mantén unha estreita vinculación con outras materias da titulación nas que tamén se desenvolven conceptos y contidos propios o afíns ao campo de coñecemento da Historia, de aí a súa estreita interrelación coas materias do módulo de Formación Básica Historia Antiga e Historia Medieval e en menor medida coa optativa de Formación Humanística Arqueoloxía e Historia da cidade antiga.

En xeneral, o obxectivo común do módulo de Formación Humanística e en especial do bloque formativo de Historia é o achegamento do alumnado á comprensión dos procesos históricos como instrumento de interpretación del pasado, para la comprensión del presente y la formulación del futuro.

En calquera caso, no marco de una titulación xeralista e interdisciplinar como o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural, é evidente que existe unha marcada

(4)

4

interrelación entre esta materia e as demais integradas no programa de estudos, especialmente coas que pertencen ós bloques formativos de Xeografía (Xeografía Humana e Xeografía dos Grandes Espazos Mundiais) e Historia da Arte (Historia da Arte I e II), as materias Literatura Galega e Literatura Contemporánea Galega e algunhas outra do módulo de Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural (Identidade Cultural e Patrimonio), xa que todas elas inclúen nos seus programas aspectos da cultura, a documentación, a produción literaria e artística, a ideoloxía e o pensamento, e polo tanto existe unha coincidencia de obxectivos con Historia de Galicia, aínda que evidentemente examinados dende diferentes perspectivas e enfoques metodolóxicos.

Papel da materia no bloque formativo

Para describir o papel da materia no bloque formativo temos que comezar por subliñar o seu carácter optativo, así pois, non todo o alumnado que acade ó título farao á formación proposta desde a materia. Segundo o Plan de Estudos e en relación coas demais materias do bloque formativo, a Historia de Galicia aportará ó estudante unha perspectiva global da evolución histórica ocorrida dende o mundo antigo ata os comezos da época democrática do século XX. O obxectivo da materia consiste na presentación, análise e discusión dos debates e os temas centrais no ámbito demográfico, económico, social, cultural, relixioso e político, que propón o estudo do período de tempo que se estende entre a configuración da sociedade castrexa e finais do século XX. Os conceptos e contidos desenvoltos nesta materia deben facilitar que os alumnos que cursen as demais materias do bloque formativo dentro do Grado poidan acceder a unha mellor compresión dos procesos de cambio e continuidade que experimentou a sociedade galega en relación cos períodos históricos inmediatamente anteriores e coetáneos. De aí a estreita relación, que xa se ten sinalado, con materias como Historia Medieval, Historia Moderna, Historia de España e Historia Contemporánea. Neste sentido, na materia Historia de España analízanse monograficamente procesos históricos que reverten nos contidos de ditas materias.

En relación ao Plan de Estudos, considerouse necesario orientar o desenvolvemento dos contidos da materia cara ó ámbito cultural, en consonancia co perfil da titulación.

(5)

5 Interese da materia para a futura profesión

No que se refire ás saídas profesionais previstas na Memoria do Grao, os contidos e conceptos desenvolvidos nesta materia resultarán especialmente importantes para todos aqueles que pretendan exercer a docencia na área das Ciencias Sociais e as Humanidades do Ensino Medio. Así mesmo, tamén servirá de base a aqueles outros que opten por continuar cos seus estudos universitarios coa intención de acadar unha maior especialización a través dos estudos de postgrao, máster e doutoramento.

3.OBXECTIVOS E COMPETENCIAS RELACIONADOS COA MATERIA Obxectivos xerais

En canto que disciplina do módulo de Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural, no marco de aprendizaxe da Historia, esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado un coñecemento preciso dos diversos procesos demográficos, económicos, sociais, culturais e políticos dende a configuración da sociedade castrexa ata finais do século XX. Prestarase especial atención ós aspectos culturais e terase sempre presente o marco de interdisciplinaridade propio do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Nun maior nivel de concreción, entre os obxectivos relacionados cos novos coñecementos ou habilidades adquiridas na materia cabe mencionar os seguintes:

1.Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura e do ensino.

2.Reflexionar sobre os problemas do mundo actual e analizar a súa posible evolución coa perspectiva que proporciona o coñecemento dos procesos históricos de épocas históricas.

3.Comprender as raíces da nosa cultura e os procesos diacrónicos da sociedade e do pensamento humano e que conduciron ao mundo de hoxe.

4.Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas expostos e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.

(6)

6

O obxectivo é conseguir que os alumnos adquiran un coñecemento básico sobre a sociedade, a cultura e a política de Galicia, o que supón un dominio dos principais feitos da súa evolución e as súas características e diferenzas espazo- temporais. Para todo iso é imprescindible un adecuado coñecemento e manexo das fontes e da bibliografía específica. Isto supón, por unha banda, que o alumno debe dominar os métodos e técnicas de análises dos documentos históricos e, por outra, que sexa capaz de completar esas informacións coa investigación actual, de modo que poida analizar, sintetizar e criticar os datos obtidos e contrastalos cos estudos actuais para obter as adecuadas conclusións.

A consecución con éxito destes obxectivos axudará aos estudantes a valorar as semellanzas e diferenzas estruturais que existen entre a realidade histórica analizada nesta materia e outras cuxo aprendizaxe se propón en materias diferentes (España, Europa, etc.), ou, noutra orde de cousas, dispor das aptitudes intelectuais suficientes para discernir a información histórica coa que pode atoparse en diversos medios de información nos seus diferentes formatos (prensa, televisión, internet).

Por último, entre os obxectivos de carácter instrumental e competencial da materia potenciaranse os seguintes:

1.Introdución aos procedementos heurísticos e metodolóxicos de construción do coñecemento histórico aplicados a aspectos tratados na materia.

2.Desenvolver as competencias de razoamento, argumentación e ordenación do coñecemento, tanto a través da selección de materiais como a discusión e exposición de resultados.

3.Fomentar a capacidade de autocrítica e superación que potencie a preocupación do estudante pola calidade do traballo persoal.

Competencias xenéricas e específicas

-Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da avangarda destes dous campos de estudo (1G)

-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que acostuman

(7)

7

demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura (2G)

- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (3G)

-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado (4G)

-Que los estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (5G) -Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (T2)

-Adquisición de coñecementos profundos acerca de calquera materia do ámbito humanístico (E4)

-Capacidade de elaboración de comentarios razonados e críticos de obras e textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico (E5)

-Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (E6)

4.CONTIDOS DA MATERIA Descrición xeral da materia

Cos contidos que se impartirán na materia preténdese ofrecer ao alumnado unha visión panorámica do proceso de formación histórica de Galicia, con especial incidencia nos aspectos sociais, políticos, económicos e culturais que axuden a enmarcar a comprensión da sociedade galega actual e a súa identidade específica no marco da Península Ibérica e de Europa e, ó mesmo tempo propiciar o desenvolvemento dun sentimento de identificación, respecto, aprezo e curiosidade cara a Historia de Galicia.

Estruturación dos bloques de contidos teóricos

Os contidos do programa da materia organízanse en dous grandes bloques (Bloque I: Galicia da Antigüidade e Medievo e Bloque II: Galicia do Antigo Réxime e Contemporánea) con criterios temáticos e cronolóxicos, a partir dos cales se

(8)

8

procederá á explicación dos principais acontecementos e procesos históricos que sucederon en Galicia.

Toda vez que se trata de una materia semestral de 4,5 créditos ECTS axustáronse os contidos ao número de horas totais de traballo contempladas incorporando aqueles contidos da disciplina que mellor se adaptan aos obxectivos xenéricos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e que ao mesmo tempo responden ós obxectivos que persegue a materia no seu conxunto, procurando favorecer, na medida do posible, a complementariedade cos contidos abordados por outras materias do mesmo bloque formativo.

En total, o programa está composto por 11 unidades didácticas.

Bloques e unidades de contido:

I. BLOQUE I.: A GALICIA ANTIGA E MEDIEVAL 1. A Historia de Galicia como concepto e como método.

2. A Galicia castrexa . 3.- A Galicia romana.

4.- A Galicia xermánica.

5.- A Galicia altomedieval.

6.- A Galicia de Xelmírez (ss. XI-XIII).

7.- A Galicia dos Irmandiños (ss. XIV-XV).

II. BLOQUE II. A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME E CONTEMPORÁNEA 8.- A Galiza do Antigo Réxime (I): foros, fidalgos e frades.

9.- A Galiza do Antigo Réxime (II): cultura letrada e cultura popular.

10.- A Galiza Contemporánea (I): Culturas políticas: liberalismo, republicanismo, nacionalismo.

11.- A Galiza Contemporánea (II): A construción da Galiza democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva.

5. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA Bibliografía básica

Barreiro Fernández, X.R. e Villares Paz, R. (coords.) (2007): A Gran Historia de Galicia (24 v.). A Coruña: La Voz de Galicia

(9)

9

Costa Rico, A., (2004), Historia da Educación e da Cultura en Galicia (sec. IV-XX), Vigo:

Nigra Trea

Míguez Macho, A. (2011), Historia breve de Galicia, Madrid: Silex Villares, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo: Galaxia

VV.AA. (1998), Atlas Histórico de Galicia, Vigo: Nigra Trea.

VV.AA. (1997), Historia Xeral de Galicia, Vigo: A Nosa Terra.

Bibliografía complementaria

-BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA PARA BLOQUE I:

Manuais de consulta:

Agrafoxo, X. (1993), Didáctica da Historia Antiga e Medieval de Galicia, Muros:

Toxosoutos.

Framiñán, A. (2005), Galicia na Idade Media, A Coruña: Lóstrego.

Bibliografía para a Galicia Antiga e Medieval:

Arias Vilas, F. (1992), A romanización de Galicia, Vigo: A Nosa Terra.

Baliñas Pérez, C. (1992), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media, Santiago, Coordenadas.

Baliñas Pérez, C. (1998), Gallegos del año Mil, A Coruña: Fundación Barrié.

Biggs, A. G. (1993), Diego Xelmírez, Vigo: Xerais.

Barros Guimeráns, C. (1988), A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo: Xerais.

Chao Rego, X. (2002), Prisciliano, A Coruña: Baía Edicións.

Díaz Martínez, P. (2011), El Reino Suevo (411-585), Madrid: Akal.

Ferreira Priegue, E. (1988), Galicia en el comercio marítimo medieval, A Coruña:

Fundación Barrié.

Fletcher, R. (1993), A vida e os tempos de Diego Xelmirez, Vigo: Galaxia.

García Fernández-Albalat, B. (1990), Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas, Sada: Edicións do Castro.

García Oro, J.( 1987), Galicia en los siglos XIV y XV, A Coruña: Fundación Barrié.

González García, F.J. (2007), Los pueblos de la Galicia céltica, Madrid: Akal.

López Carreira, A.(1992), Os Irmandiños: textos, documentos e bibliografía, Vigo: A Nosa Terra.

(10)

10

López Carreira, A. (1999), A Cidade Medieval Galega, Vigo: A Nosa Terra.

López Pereira, J.E. (1989), O primeiro espertar cultural de Galicia, Santiago: USC.

Portela Silva, E. (1981), La colonización cisterciense en Galicia, Santiago: USC:

Ríos Rodriguez, M.L. (1993), As orixes do foro na Galicia medieval, Santiago:USC.

Rodriguez Colmenero, A. (2011), Lucus Augusti, Lugo: Concello de Lugo.

Vázquez Varela, X.M. e García Quintela, M.V. (1998), A vida cotiá na Galicia castrexa, Santiago: USC.

Recursos en liña:

Cliphistoria: http://www.youtube.com/user/cliphistoria -BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA PARA O BLOQUE II

Manuais de consulta:

Dubert, I., (coord.) (2012), Historia de la Galicia Moderna, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela

Juana, J. de e Prada, J. (coords.) (2005): Historia contemporánea de Galicia.

Barcelona: Ariel

Bibliografía para a Galicia Moderna e a Galicia Contemporánea:

Barreiro Fernández, X. R. (1982): Liberales y absolutistas en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia

Beramendi, J. e X. M. Núñez Seixas (1995): O nacionalismo galego, Vigo, Ed. A Nosa Terra-Promociós Culturais Galegas SA, 1995.

Beramendi, J. G. (2007): De provincia a nación: historia do galeguismo político. Vigo:

Edicións Xerais de Galicia

Cabana Iglesia, A. (2009), Xente de Orde. O consentemento cara ó franquismo en Galicia, A Coruña: tresCtres

Cabana Iglesia, A. (2013), La derrota de lo épico, Valencia: PUV

Cabo Villaverde, M., (1998): O agrarismo ,Vigo: Eds. A Nosa Terra, 1998.

Carmona, X, e Nadal, J. (2005). El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza

Cid Fernández et al. (coord.), (2008), Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco

(11)

11

Dubert, I., ((2007), Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900, Santiago, Universidade de Santiago

Fernández Prieto, L., (1992), Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

García Blanco-Cicerón, J., (2006), Viajeros angloparlantes por la Galicia de la segunda mitad del siglo XIII, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza

Gónzález Lopo, D.L. (2002): Los comportamientos religiosos en la Galicia del Barroco, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural Grandío Seoane, E., (2010): A Segunda República en Galicia: memoria, mito e historia, Vigo: Ed. Nigra Trea

Grandío Seoane, E., (ed.) (2011): Las columnas gallegas hacia Oviedo: diario bélico de la Guerra Civil española, Vigo: Nigra Trea

Hernández Borje, J; González Lopo, D. (eds.), (2007), Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Juana López J. de; Prada Rodríguez, J.,(2006), Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio (1936-1939), Barcelona: Crítica

López López, R.J. (1995): Ceremonia y poder a finales del Antiguo Régimen. Galicia, 1700-1833, Santiago de Compostela, USC

Martín García, A., (2008), Auge y decadencia. Desarrollo económico, cultura y educación en Ferrolterra durante el Antiguo Régimen, A Coruña, Fundación Barrié Míguez Macho, A., (2009), Xenocidio e represión franquista en Galicia, Santiago de Compostela: Lóstrego

Núñez Seixas, XM. (1998), Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930), Vigo: Xerais

Pereira, D., (1994), A CNT en Galicia (1922-1936), Santiago, Ed. Laiovento

Prada Rodríguez, J. (2011), Geografía de la represión franquista en Galicia, Madrid, Catarata

Presedo Garazo (2008): A fidalguía galega. Estudos sobre a reproducción social dos fidalgos na Galicia Moderna, Santiago de Compostela: Lóstrego.

Rey Castelao, O. (2003): Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XVIII. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia

(12)

12

Rey Castelao, O.; Rial García, S., (2010), Historia de las mujeres en Galicia (siglos XVI- XIX), Vigo: Nigra Trea

Rey Castelao, O., (2003), Libros y lectura en Galicia. Siglos XVI-XIX, Santiago, Xunta de Galicia

Saavedra, P (1994): La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen. Barcelona:

Crítica

Saavedra, P.; Sobrado Correa, H., (2004), El siglo se las Luces. Cultura y vida cotidiana, Madrid, Ed. Síntesis

Sobrado Correa, H. (2001): La ciudad de Lugo en el Antiguo Régimen, sigloS XVI-XIX.

Lugo: Deputación de Lugo

Vazquez Lijó, J.M., (2010), Labrando carballos á beira do mar, A Coruña, Xunta de Galicia

Veiga Alonso, X.R. (1999), O conde de Pallares e o seu tempo, 1828-1908: aproximación ó activismo das élites na Galicia decimonónica, Lugo: Deputación de Lugo

Villares Paz, R., (1982), Foros, frades e fidalgos , Vigo: Edicións Xerais de Galicia

6. METODOLOXÍA DOCENTE Seguirase a seguinte metodoloxía:

-Aula introdutoria:sesión orientada a presentar o programa da materia, así como a tomar contacto e obter información das competencias, intereses e motivacións do alumnado coa finalidade de artellar na medida do posible a docencia para unha aprendizaxe máis significativa (escolla de lecturas, etc.).

-Aulas expositivas: explicación dos contidos da materia por parte do profesorado, co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC, e presentación das liñas básicas para o desenvolvemento das actividades relacionadas coa mesma.

Estes contidos serán obxecto de avaliación mediante un exame (véxase apartado

"sistema de avaliación EIXO 1")

-Aulas interactivas: os/as alumnos/as traballarán cos materias que se porán á súa disposición no Campus Virtual da USC realizando diferentes actividades (comentarios, lecturas, participación en foros, realización de probas, etc.) seguindo o cronograma establecido, o que contemplará un volume de traballo que será

(13)

13

obxecto de avaliación particular (véxase apartado de "sistema de avaliación" o EIXO 2)

-Titorías: os/as estudantes disporán dun horario de atención presencial ademais da posibilidade de realizas de modo non presencial vía ferramentas da Aula Virtual.

Esta materia impártese na modalidade semipresencial do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural polo que a metodoloxía empregada combina sesións presenciais dunha hora semanal e a formación telemática a través do campus virtual da USC, baseado na plataforma Moodle.

Nas sesións presenciais, de asistencia non obrigatoria para o alumnado, o profesorado expoñerá as liñas principais de cada tema, proporcionando indicacións para o estudo e a aprendizaxe autónoma dos alumnos/as. Algunhas das sesións presenciais dedicaranse a repaso e ó afondamento en aspectos concretos. Toda a información proporcionada e os materiais empregados nas sesións presenciais quedará a disposición dos alumnos/as na aula virtual.

En canto á formación telemática, o/a alumno/a dispoñerá a través da aula virtual de materiais específicos para a preparación de cada tema, así como orientacións bibliográficas e documentos de traballo. Para comprobar o progreso da aprendizaxe telemática poderán realizaranse actividades prácticas no campus virtual. A plataforma virtual utilizarase tamén para a entrega e avaliación dos traballos individuais así como para formular as posible dúbidas utilizando as ferramentas específicas (foro e mensaxes privadas).

7.AVALIACIÓN

AVALIACIÓN ORDINARIA:

Sistema de avaliación terá 2 eixos:

EIXO NÚMERO 1. Proba final (exame) que se realizará na data oficial sinalada polo centro: 50% da cualificación final. A nota de aprobado desta proba establécese en 5 puntos (sobre 10)

EIXO NÚMERO 2. Traballos persoais e/ou en grupo de entrega obrigatoria: 50%. Os docentes sinalarán actividades obrigatorias en función da temática da unidade didáctica (realización dunha lectura e comentario, visionado dalgún material audiovisual e análise, etc.). Considerarase superada a avaliación destas actividades

(14)

14

atendendo a dous aspectos: a) criterios académicos e b) entrega en prazo. Con respecto ós primeiros estes serán:

1.- Nivel de dominio dos contidos.

2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.

3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.

4.- Capacidade de análise crítica e razoamento interpretativo.

5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un comentario.

6.- Nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.

A correcta realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame e actividades prácticas) é obrigatoria e sen elas no será posible a superación da materia.

A avaliación positiva das actividades poderá ser conservada para a segunda oportunidade e sucesivas convocatorias, se os docentes así o consideran oportuno.

A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente.

Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ós autores e das fontes.

AVALIACIÓN PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE

1) Exame (computará por valor del 50% da cualificación final).

2) As actividades prácticas avaliadas negativamente ou non presentadas no seu momento deberán ser entregadas na data do exame oficial fixado pola facultade de Humanidades (50% da cualificación final).

Referencias

Documento similar