• No se han encontrado resultados

B OLETÍN DO CEDE DA USC

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "B OLETÍN DO CEDE DA USC"

Copied!
16
0
0

Texto completo

(1)

B OLETÍN DO CEDE DA USC

ISSN 1989-1369 2016 • Volume 6 (Xuño)

C ONTIDOS

Actualidade 2

Oportunidades 5

Financiamento 5

Prácticas remuneradas 5

Ofertas de emprego 6

Sentenzas 8

Actos xurídicos 9

Procesos por incumprimento relativos a España 11

Participación cidadá 12

Consultas públicas á cidadanía 12

Suxestións bibliográficas 13

Obras dispoñibles na biblioteca da USC 13

Outras obras 14

Actividades do CEDE 15

Para recibir o Boletín do CEDE no seu correo electrónico, pode subscribirse á lista de distribución.

Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, pode visitar a nosa páxina web.

(2)

A CTUALIDADE Día da UE

Como todos o anos, o 9 de maio celebrouse o Día da UE en conmemoración do discurso proferido en París, en 1950, por Robert Schuman, naquela altura ministro de Asuntos Exteriores francés. O discurso de Schuman expuxo a súa visión dunha nova forma de cooperación política na Europa, que tornaría impensable unha nova guerra entre pobos europeos.

Explicación do Día da UE.

Balanzo da situación actual da UE.

Solucións para o futuro.

Déficit, débeda e austeridade en España, Portugal e Grecia

A pesar do incumprimento do déficit por España, a Comisión Europea prefire non interferir na campaña das eleccións xerais do 26 de xuño de 2016, e adía até xullo a decisión acerca dunha po- sible multa. A «suspensión» de facto de todo o procedemento desagrada aos gobernos favorables á austeridade na UE, os cales temen que sexa o precedente para matar o Pacto de Estabilidade. • En canto negaba esta posibilidade aos xornalistas durante a campaña electoral, o presidente do goberno español en funcións, Mariano Rajoy, prometeu a Bruxelas máis cortes económicos se re- novar o seu mandato. • O goberno de Portugal, presidido por António Costa, rexeita aplicar novos cortes, como demanda Bruxelas. • Os membros da eurozona e o Fondo Monetario Internacional pactaron a concesión de máis fondos ao estado heleno e a reestruturación da súa débeda. O FMI decidirá antes do fin de ano se participa no terceiro rescate.

Máis información sobre a posible multa da UE a España.

Máis información sobre o malestar doutros gobernos da UE.

Máis información sobre as declaracións de Rajoy a xornalistas españois e a carta a Bruxelas.

Máis información sobre Portugal.

Máis información sobre a débeda grega.

Fin dos billetes de 500 euros

A finais do ano 2018, o Banco Central Europeo (BCE) deixará de fabricar os billetes de 500 euros.

Esta decisión resulta da presión dun grupo de gobernos da UE que sempre viron o billete como un medio de pago que facilita a evasión fiscal, a lavadura de diñeiro, o narcotráfico, o terrorismo e outras actividades ilícitas. Os billetes en circulación superviventes continuarán a ter validez como medio de curso legal; isto equivale a ditar unha amnistía fiscal para o diñeiro negro denominado neses billetes.

Máis información.

Acordos comerciais da UE

A Comisión chegou a un acordo co Canadá (o CETA, polas súas siglas en inglés), aínda pendente de ratificar nos parlamentos estatais, mais os gobernos presentaron obxeccións. Romanía e Bul- garia critican a discriminación do Canadá cos visados; Austria lamenta a falta de tempo para de- bater o acordo; Grecia advirte da desprotección do queixo feta. Os sectores críticos co acordo

(3)

Investimento que a UE negocia cos EUA (TTIP, polas súas siglas en inglés). • Despois de os EUA rexeitaren deixar de imitar o champaña, o xerez e o porto, Bruxelas tenta que Washington recoñe- za no TTIP 205 produtos rexionais protexidos con denominación de orixe, 25 deles españois. • Textos confidenciais revelados pola filial de Greenpeace sobre a negociación do TTIP nos Países Baixos falan de «continuas reticencias» e de posicións diverxentes en medio natural, cosméticos e organismos xeneticamente modificados. En particular, Washington quere que a UE poida facer probas con animais no sector dos cosméticos e que a Comisión Europea acepte «un nivel baixo»

de alimentos xeneticamente alterados.

Páxina da UE sobre o CETA.

Máis información sobre o CETA.

Máis información sobre o TTIP.

Máis información sobre os documentos filtrados.

Novas substancias autorizadas na agricultura ecolóxica

A UE autorizou o uso de 39 novas substancias na agricultura ecolóxica con diferentes obxectivos, incluído o de mellorar a produción, segundo informou a Comisión Europea. O comisario europeo de Agricultura, Phil Hogan, anunciou que, co fin de pór ao día a normativa nese ámbito, os novos produtos entran na lista de substancias que se poden utilizar na agricultura ecolóxica no espazo comunitario.

Lista das substancias (en inglés).

Máis información.

Etiquetas contra a fraude en produtos alimentarios

Eurodeputados de diferentes grupos políticos pediron que os estados da UE se doten de etiquetas para combater a fraude nos produtos pesqueiros, por exemplo na venda de especies que se fan pa- sar por outras. O asunto foi tratado nun debate do pleno da Eurocámara en que moitos dos depu- tados mencionaron un relatorio feito público pola ONG Oceana, segundo o cal 31,8 % do peixe que se serve nos restaurantes de Bruxelas non se corresponde coa especie pedida polo cliente. • Para restaurar a confianza dos consumidores, os eurodeputados tamén exixiron tornar obrigato- ria a indicación da orixe da carne en alimentos transformados.

Resolución sobre as etiquetas do pescado.

Resolución sobre as etiquetas de carne procesada.

Novo acordo de pesca entre a UE e a Mauritania

O Parlamento Europeo deu luz verde ao novo protocolo ao acordo de pesca entre a UE e a Mauri- tania, que permite o acceso de navíos españois e doutros países da UE ás augas mauritanas por un período de catro anos. Este é o protocolo de pesca máis importante actualmente asinado pola UE cun estado terceiro, cunha contribución financeira de 59,125 millón de euros por ano.

Comunicado do Parlamento Europeo.

Máis información.

Desaparece a Orquestra Nova da UE

A Orquestra Nova da UE, entidade pola cal teñen pasado máis de 3.000 músicos menores de 26 anos, anunciou a súa desaparición, o 1 de setembro, após corenta anos. A noticia segue o anuncio

(4)

do fin das axudas comunitarias, que até agora rondaban os 600.000 euros. Músicos como Juanjo Mena, Semyon Bychkov e Riccardo Muti mostraron a súa indignación.

Máis información.

Baixa o prezo do roaming

Viaxar pola UE e usar o móbil é moito máis barato a partir deste mes, no cal comezou o período transitorio marcado pola UE até a desaparición do chamado roaming, o cargo extra que cobran as compañías cando os seus clientes utilizan o móbil fóra do seu país. As tarifas redúcense até un 75% a respecto das anteriores. As novas tarifas estarán en vigor até 15 de xuño de 2017, data en que terá de desaparecer completamente o roaming, segundo acordou o Parlamento Europeo o pa- sado mes de outubro.

Máis información.

(5)

O PORTUNIDADES

Financiamento

Investigación e innovación (Horizonte 2020)

• Bolsas Marie Skłodowska-Curie para investigación predoutoral e posdoutoral en diferentes campos científicos (sección «Fellowship programmes», en inglés). Diferentes prazos.

Cultura

• Programa Europa Creativa (en inglés). Diferentes prazos.

Educación

• Sensibilización e educación para o desenvolvemento. Prazo até o 1 de xuño.

Empregos

• Cooperación en materia de mobilidade laboral. Prazo até o 8 de xullo.

Medio natural

• Proxectos para a estratexia mariña. Prazo até o 5 de setembro.

• Proxectos para a acción polo clima. Prazo até o 7 de setembr0.

Prácticas remuneradas

• Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando «traineeship» e «trainee») (en in- glés). Diferentes prazos.

• No Centro Común de Investigación (Joint Research Centre) (en inglés). Diferentes prazos.

• No Banco Europeo de Investimento (en inglés). Diferentes prazos.

• Na Autoridade Europea de Valores e Mercados (ESMA) (en inglés). Diferentes prazos.

• Na EuroPol (en inglés). Diferentes prazos.

• No Centro de Satélites da UE (SatCen) (en inglés). Diferentes prazos.

• Na EU-LISA (en inglés). Sen prazo.

• No FRONTEX (en inglés). Sen prazo.

• No Instituto Universitario Europeo de Florencia (en inglés). Sen prazo.

• No Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional (en inglés). Prazo até 6 de xuño.

(6)

• Na Axencia para a Cooperación entre os Organismos Regulares da Enerxía Estatais (ACER) (en inglés). Prazo até o 12 de xuño.

• No Banco Central Europeo (en inglés). Prazo até o 13 de xuño.

• Na Axencia da UE para a Seguranza das Redes e da Información (ENISA) (en inglés). Prazo até o 31 de decembro.

Ofertas de emprego

• Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección «Job vacancies», en inglés). Diferentes prazos.

• Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (en inglés). Di- ferentes prazos.

• Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Diferentes prazos.

• Procesos de selección da EPSO para diferentes institucións, organismos e axencias da UE (en inglés). Diferentes prazos.

• Empregos temporais ofrecidos pola EPSO para diferentes institucións, organismos e axencias da UE (en inglés). Diferentes prazos.

• No Banco Europeo de Investimento (en inglés). Diferentes prazos.

• Na Oficina Europea de Policía (EUROPOL) (en inglés). Diferentes prazos.

• No Centro de Satélites da UE (SatCen) (en inglés). Diferentes prazos.

• Na Axencia Europea de Seguranza Marítima (en inglés). Prazos até o 6 e o 20 de xuño.

• Na Axencia Europea do GNSS (GSA) (en inglés). Prazos até o 7 e o 16 de xuño.

• Na Axencia Europea de Control de Pesca, en Vigo (en inglés). Prazo até o 10 de xuño.

• Na Axencia Ambiental Europea (EEA) (en inglés). Prazo até o 10 de xuño.

• Como xefe de prensa na Axencia da UE para a Seguranza das Redes e da Información (ENISA) (en inglés). Prazo até o 12 de xuño.

• No Centro para a Prevención e Control de Doenzas (ECDC) (en inglés). Prazos até o 13 de xuño e 8 de xullo.

• Enxeñeiros na Fusión pola Enerxía (en inglés). Prazos até o 16 de xuño e o 31 de decembro.

• Na Axencia para a Cooperación entre os Organismos Regulares da Enerxía Estatais (ACER) (en inglés). Prazo até o 19 de xuño.

(7)

• Como coordinador de actos na Autoridade Bancaria Europea (EBA) (en inglés). Prazo até o 19 de xuño.

• No comité científico da Autoridade Europea de Seguranza dos Alimentos (EFSA) (en inglés).

Prazo até o 30 de xuño.

(8)

S ENTENZAS

Normativa do tabaco

O TXUE, en sentenza do 4 de maio relativa aos asuntos C-358/14, C-477/14 e C-547/14 (a última en inglés) declara que a nova directiva da UE (Directiva 2014/40/UE) relativa aos produtos do ta- baco é válida. Son lícitas tanto a ampla uniformización do empaquetado como a futura prohibi- ción dos cigarros mentolados na UE e a normativa específica sobre os cigarros electrónicos.

Resumo da sentenza.

Emisión de gases

O TXUE, en sentenza do 28 de abril relativa aos asuntos acumulados C-191/14, C-192/14, C- 295/14, C-389/14, C-391/14, C-392/14, C-393/14, declara que a cantidade anual máxima de licen- zas gratuítas de emisión de gases con efecto de invernadoiro fixada pola Comisión para o período de 2013 a 2020 é inválida. A Comisión dispón de 10 meses para establecer unha nova cantidade, non podendo ser impugnadas, porén, as atribucións anteriores de licenzas.

Resumo da sentenza.

(9)

A CTOS XURÍDICOS

• Acordo interinstitucional entre o Parlamento Europeo, o Consello da UE e a Comisión Europea sobre lexislar mellor.

• Decisión de Execución (UE) 2016/650 da Comisión, de 25 de abril de 2016, que establece normas para a avaliación da seguranza dos dispositivos cualificados de creación de asinaturas e selos nos termos dos artigos 30.°, n.° 3, e 39.°, n.° 2, do Regulamento (UE) n.° 910/2014 do Parlamento Europeo e do Consello relativo á identificacción electrónica e aos servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interno (Texto relevante para efectos do EEE).

• Directiva (UE) 2016/680 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativa á protección das persoas singulares no que di respecto ao tratamento de datos persoais polas autoridades competentes para efectos de prevención, investigación, detección ou represión de infraccións penais ou execución de sancións penais, e á libre circulación deses datos, e que revoga a Decisión-Marco 2008/977/JAI do Consello.

• Directiva (UE) 2016/681 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativa á utilización dos datos dos rexistros de identificación dos pasaxeiros (PNR) para efectos de prevención, detención, investigación e represión das infraccións terroristas.

• Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas singulares no que di respecto ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos e que revoga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral sobre a Protección de Datos) (Texto relevante para efectos do EEE).

• Regulamento (UE) 2016/777 do Consello, de 29 de abril de 2016, relativo á repartición das posibilidades de pesca mercé ao Protocolo de Execución do Acordo de Parcería no ámbito da Pesca Sustentable entre a UE e o Goberno das Illas Cook.

• Regulamento de Execución (UE) 2016/673 da Comisión, de 29 de abril de 2016, que altera o Regulamento (CE) n.° 889/2008 que establece normas de execución do Regulamento (CE) n.°

834/2007 do Consello relativo á produción biolóxica e á rotulaxe dos productos biolóxicos, no que respecta á produción biolóxica, á rotulaxe e ao control (Texto relevante para efectos do EEE).

• Recomendación (UE) 2016/688 da Comisión, de 2 de maio de 2016, relativa á monitorización e xestión da presenza de dioxinas e PCB en peixe e produtos da pesca provenientes da rexión do Báltico (Texto relevante para efectos do EEE).

• Directiva (UE) 2016/797 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de maio de 2016, relativa á interoperabilidade do sistema ferroviario na UE (Texto relevante para efectos do EEE).

• Directiva (UE) 2016/800 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de maio de 2016, relativa ás garantías procesuais para os menores sospeitosos ou investigados en proceso penal.

(10)

• Regulamento (UE) 2016/766 da Comisión, de 13 de maio de 2016, que prohibe temporalmente a pesca da cabra (Sebastes spp.) na zona NAFO 3M polos navíos que arboran o pabillón dun estado membro da UE.

• Decisión (UE) 2016/817 do Consello, de 17 de maio de 2016, relativa á celebración, en nome da UE, do Protocolo que fixa as posibilidades de pesca e a contrapartida financeira previstas no Acordo de Parcería no ámbito da pesca entre a Comunidade Europea, por un lado, e o Goberno da Dinamarca e o Goberno Local da Groenlandia, por outro.

• Decisión (UE) 2016/827 da Comisión, de 20 de maio de 2016, relativa á renovación do mandato do Grupo Europeo de Ética para as Ciencias e as Novas Tecnoloxías.

(11)

P ROCESOS POR INCUMPRIMENTO RELATIVOS A E SPAÑA Contratos públicos e concesións

A Comisión Europea solicitou a 21 estados membros, entre eles España, que traspuxesen integral- mente para o dereito estatal unha ou máis das tres directivas sobre os contratos públicos e as con- cesións (Directivas 2014/23/CE, 2014/24/CE e 2014/25/CE). Todos os estados membros estaban obrigados a notificar a transposición das novas regras en materia de contratación pública até 18 de abril de 2016. As novas directivas tornan os contratos públicos na UE máis eficientes, con re - gras mais «intelixentes» e maior recurso aos procedementos electrónicos. Alén diso, tornan a par- ticipación nos contratos públicos da UE e o cumprimento dos principios da transparencia e da concorrencia mais fáciles e menos onerosos para as pequenas e medianas empresas. Finalmente, as novas regras permiten as autoridades utilizar contratos públicos en prol de obxectivos políticos mais amplos, incluíndo de natureza ambiental, social e de innovación. Máis informacións (en in- glés), e resumo das novas regras de contratación pública e concesión introducidas o 18 de abril de 2016 (en inglés).

(12)

P ARTICIPACIÓN CIDADÁ

Consultas públicas á cidadanía

Emprego e asuntos sociais

• Avaliación intermedia do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEG). Prazo até o 18 de agosto.

Asuntos internos

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo Europeo para os Refuxiados (FER) no período 2008- 2010 (en inglés). Prazo até o 9 de agosto.

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo Europeo para os Refuxiados (FER) no período 2011- 2013 (en inglés). Prazo até o 9 de agosto.

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo Europeo de Integración de Nacionais de Países Terceiros no período 2007-2010 (en inglés). Prazo até o 9 de agosto.

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo Europeo de Regreso (FR) no período 2011-2013 (en in- glés). Prazo até o 9 de agosto.

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo para as Fronteiras Externas (FFE) no período 2011-2013 (en inglés). Prazo até o 9 de agosto.

• Accións realizadas ao abrigo do Fondo Europeo de Integración de Nacionais de Países Tercei- ros no período 2011-2013 (en inglés). Prazo até o 9 de agosto.

Xustiza e dereitos fundamentais, consumo

• Avaliación da calidade do dereito europeo do consumidor e da comercialización (en inglés).

Prazo até o 2 de setembro.

(13)

S UXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Obras dispoñibles na biblioteca da USC

Nasarre, Eugenio, Francisco Aldecoa Luzárraga, e Fernando Eguidazu, eds. 2015. Treinta años de España en la Unión Europea: El camino de un proyecto histórico. Madrid: Marcial Pons.

Coa asinatura do Tratado de Adhesión á UE, España superaba o seu secular illamento do resto de Europa e incorporábase ao proxecto europeo máis fecundo na época contemporánea. Trinta anos despois, o Movemento Europeo de España, coa colaboración de trinta e seis persoas relevantes da vida española e europea, pretende analisar o significado histórico daquel acontecemento, avaliar a traxectoria de España na UE e examinar os desafíos da UE para o futuro, coa consciencia de que a integración europea é un proceso en marcha, que debe avanzar para unha unión política de carácter federal. Os autores que colaboran neste libro cren que esta conmemoración debe servir para interrogarnos sobre o futuro da UE sabendo que aínda estamos a medio camiño e co convencemento de que a UE necesita un novo impulso político, ao cal España debe contribuír con determinación.

Lynggaard, Kennet, Ian J. Manners, e Karl Löfgren, eds. 2015. Research Methods in European Union Studies. Basingstoke: Palgrave Macmillan.

Esta colección fornece unha análise das vías de investigación sobre a UE da perspectiva das ciencias sociais, e establece unhas novas e innovadoras directrices para unha pescuda máis abranxente e cunha mellor base empírica. Quen investigar no ámbito dos estudos europeos debe encarar unha desconcertante variedade teórica, metodolóxica e analítica. Neste libro, reputados especialistas na UE adaptan o coñecemento dispoñible ás necesidades específicas dos seus respectivos campos. A obra tórnase así unha ferramenta indispensable para calquera estudante e estudioso.

Becerril Atienza, Belén, e Marcelino Oreja. 2015. Hacia una política cultural de la Unión Europea. Cizur Menor: Aranzadi.

A relación coa cultura do proceso de integración no seo da UE, e, de maneira máis específica, a acción que a UE ten desenvolvido en materia cultural, son cuestións que teñen recibido pouca atención até a actualidade. Este traballo trata a crecente acción cultural emprendida polas institucións europeas, analisando cales foron as súas bases competenciais e os actos adoptados. Tamén se estuda a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza, que frecuentemente se pronunciou sobre a legalidade de normas nacionais de política cultural (por exemplo, normas sobre prezos fixos dos libros, prezos de entradas a museos, promoción da lingua, axudas ao sector audiovisual) que restrinxen os principios de libre circulación ou vulneran o dereito da concorrencia. Téntase valorar en que medida a cultura constitúe un motivo de interese xeral susceptible de xustificar medidas que restrinxen o mercado interno. O obxectivo final é, non só coñecer a acción cultural da UE, e determinar se estamos no camiño para unha verdadeira política cultural, senón tamén poder avaliala á luz das tendencias e interrogantes das políticas culturais do noso tempo, e facer algunhas propostas para o futuro.

(14)

Outras obras

Lloyd, John, e Cristina Marconi. 2014. Reporting the EU: News, Media and the European Institutions. Londres e Nova Iorque: I.B. Tauris.

As crises por que a UE está a pasar nos últimos tempos puxeron á proba os coñecementos dos xornalistas europeos, moitos dos cales teñen dificultades para lidar coa complexidade da situación, e mostraron as diferenzas entre a cobertura nos diferentes estados membros. Ao mesmo tempo, as crises aumentaron o euroescepticismo en moitos estados, cuxa cidadanía exixe aos seus xornalistas unha actitude menos compracente, mesmo hostil. Esta tendencia fixo máis profunda a fenda ente os reporteiros e os funcionarios e o servizo de prensa da UE, os cales insisten na idea dunha UE cada vez máis unida. Este libro, baseado en entrevistas con, entre outros, correspondentes en Bruxelas, editores e xornalistas da UE, analisa a actual cobertura nos medios e fai unha serie de recomendacións sobre como podería servir mellor a cidadanía.

Harst, Jan van der, e Gerrit Voerman, eds. 2015. An Impossible Job?: The Presidents of the European Commission, 1958-2014. Londres: John Harper Publishing.

Durante a maior parte da historia do que hoxe se denomina a UE, a súa figura máis visible foi o presidente da Comisión. Esta obra reúne, pola primeira vez, unha colección de biografías políticas dos once presidentes de Walter Hallstein (1958-1967) a José Manuel Barroso (2004- 2014), examinando os seus éxitos e fracasos, o seu impacto e o seu legado. Completa a obra unha panorámica xeral que salienta as diferenzas e as similitudes entre os presidentes, tirando conclusións sobre o que un deles, Roy Jenkins, denominou «un traballo imposible». Á parte de ser relevante para calquera persoa interesada en saber como é que as UE chegou a ser o que é hoxe, o libro fornece moitas chaves para entender o labor do actual presidente da Comisión, Jean-Claude Juncker.

Haumont, Francis. 2014. Droit européen de l’aménagement du territoire et de l’urbanisme. 2.a ed. Bruxelas: Bruylant.

Aínda que, formalmente, a UE non sexa competente nos dominios do ordenamento do territorio nin do urbanismo, as intervencións da UE e a xurisprudencia do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos tocan, directa ou indirectamente, todos os elementos habituais dos códigos estatais de ordenamento do territorio e de urbanismo. Na súa segunda edición, actualizada, a presente obra examina non só o conxunto do dereito da UE e da xurisprudencia europea nestes ámbitos, analisando os seus fundamentos legais e xurídicos, senón tamén a posta en práctica da planificación territorial a través da política económica, social e territorial de UE. A obra termina coas regras de acceso á información, por un lado, e co réxime de infraccións urbanísticas e de sancións aplicables, polo outro.

(15)

A CTIVIDADES DO CEDE

Tui-Valença celebraron os 30 anos da entrada de España e Portugal na UE

Nun acto coordenado polo persoal do centro Europe Direct da Deputación da Coruña, re- presentantes dos centros de información da UE que teñen sede na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal celebraron na Eurocidade Tui-Valença o trixésimo aniversario da entra- da, en 1986, de España e Portugal na UE. A xornada, bautizada «30 Anos xuntos», come- zou cruzando a ponte internacional do século 19 que atravesa o río Miño e une Tui (Galicia) e Valença (Portugal). Estudantes de Valença lideraron o percorrido portando bandeiras de todos os estados membros da UE actuais. Se- guidos por políticos, traballadores, empresa- rios e outros cidadáns de ambas as beiras do río, a camiñada terminou na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença. Alí inau- gurouse unha exposición dos símbolos das re- des de información europea na Eurorrexión. A seguir, o director da Escola Superior de Ciên- cias Empresariais, João Paulo Vieito, introdu- ciu o alcalde de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o eurodeputado portugués José Manuel Fernandes, os cales falaron sobre o pasado, presente e futuro da UE, en particular sobre o lugar que Galicia e o norte de Portu- gal, Tui e Valença, teñen nela. Ao acabar as in-

tervencións institucional tivo lugar a actuación de Quico Cadaval, quen, convidado polo CEDE da USC, contou vellas historias sobre os antigos contrabandistas da raia, verdadeiros precursores da integración transfronteiriza. • Entrevista radiofónica con Cristina Couto, do Europe Direct da De- putación da Coruña. Noticia no Faro de Vigo. Noticia no Portal da Mocidade da UE.

Seminario acerca do Plano Juncker

O 4 de maio tivo lugar a conferencia «Oportunidades para Galicia no Plano Juncker (Plano de In - vestimentos para Europa)», organizada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais polo grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) en colabora- ción co CEDE da USC. Após ser presentada por Xavier Vence Deza, catédratico de Economía Apli- cada da USC, Ann Westman, Economic Governance Officer da Comisión Europea en España, explicou as principais características do plano e as posibilidades de financiamento a través do

Algúns dos participantes na celebración.

Momento da actuación de Quico Cadaval.

(16)

Banco Europeo de Investimentos. Entre outras cosas, foi anunciada a posta en marcha do Centro de Asesoramento ao Investimento que ha de facilitar a concesión de empréstimos para empresas.

Referencias

Documento similar

b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e das normas que os desenvolvan... Son órganos de representación do persoal funcionario da Universi- dade

Titulacións de 1º ciclo Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública Diploma en Empresas Hostaleiras Titulacións de 2º ciclo Gran Diploma de Xestión e Dirección

Proposta de acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela de 20 de decembro de 2019, de modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente

La Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, aprobada por el Pleno or-

Centro de Especialidades A Doblada - Vigo Alberte Estévez Adriana 80 Servizo Psicoloxía Deportiva- Santiago López Roel - Pontevedra Alonso Porto Paula 179 Asociación Faraxa

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy.. Para iso, volvemos premer

O presente Regulamento, ditado en execución do artigo 48 dos Estatutos da USC, relativo aos departamentos da USC, ten por obxecto establecer os atributos organizativos dos

17 Xustificante de ingresos percibidos en 2017 por algún membro da unidade familiar SC San Clemente 18 Certificado resume da declaración anual do IRPF ou certificado de imputacións