• No se han encontrado resultados

TEXTO 3 REINADO ISABEL II

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "TEXTO 3 REINADO ISABEL II"

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

TEXTO 3

REINADO ISABEL II

Durante o reinado de Isabel II instaláse definitivamente o liberalismo; un liberalismo de tipo moderado. Será un reinado de gran inestabilidade pola falta de entendemento entre as distintas ramas liberais. Ao longo do seu reinado será frecuente o recurso ao pronunciamento para cambiar o goberno, e tamén a intervención do exército na vida política, debido á debilidade das forzas burguesas e á vinculación da coroa cun grupo concreto do liberalismo:

os moderados. Durante o seu reinado teremos catro textos constitucionais.

O reinado de Isabel II comeza en 1833 trala morte do seu pai Fernando VII.

Como aínda é menor de idade será a súa nai, María Cristina, a que asuma a rexencia. Podemos dividir o reinado en dúas etapas: a) de 1833 a 1844 a etapa de rexencias: María Cristina de 1833 a 1840 e a do xeneral Espartero, de 1840 a 1844; b) de 1844 a 1868, o seu reinado persoal, dividido en tres etapas; década moderada: 1844-54; bienio progresista: 1854-56; e etapa da Unión Liberal, de 1856 a 1868.

En 1833 María Cristina asume a rexencia, e mantén no goberno a Cea Bermúdez, que pretende gobernar sen moitos cambios, co apoio dos absolutistas leais e dos liberais moderados. Pero ten que atender ao problema do carlismo. Os carlistas, partidarios de Carlos María Isidro, non aceptan a rexencia e reclaman o trono, consideran ilegal a publicación da Pragmática Sanción, e desde, Portugal (están refuxiados desde finais do reinado de Fernando VII, reclaman o trono (Manifesto de Abrantes) e inician unha guerra: a 1ª guerra carlista. Os carlistas defenden posturas ultraabsolutistas, que se sintetizan, como expón María Teresa de Braganza a muller de D. Carlos no Doc.1, no lema Deus, Patria e Rei. O carlismo defende o concepto de soberanía real, fundamentado na idea de que o poder vén de Deus (Doc. 1, lín. 4), defenden o lexitímesmo, o predominio da Igrexa católica e o foralismo (respecto ás leis propias no País Vasco e Navarra). Os carlistas non queren perder os seus privilexios. Están apoiados por parte da nobreza, clero, fidalguía rural e campesiños do País Vasco, Navarra, norte de Cataluña, algo en Valencia e moi pouco en Galicia. Esta primeira guerra Carlista, conta con éxitos iniciais dos carlistas, dirixidos por Zumalacárregui, pero logo da súa morte, e coa recuperación do bando cristino-isabelino, serán derrotados polo xeneral Espartero. Remata a guerra co Convenio de Vergara de 1839 asinado por Espartero e o xeneral carlista Maroto. Por esta Paz os militares carlistas podían integrarse no exército cristino e eran respectados os dereitos forais. Os carlistas extremistas manteñen a guerra, dirixidos por Cabrera, ata ser derrotados en 1840.

Este problema carlista, obrigou a María Cristina a ter que buscar máis apoios,

(2)

e a realizar reformas para permitir un desenvolvemento económico. Deste xeito cesou a Cea Bermúdez e nomeou a un liberal moderado, Martínez da Rosa, que redactou o ESTATUTO REAL DE 1834. Este documento non é unha constitución senón unha Carta outorgada, xa que é unha autolimitación do poder por parte da Coroa. Basicamente consistía nunha convocatoria de Cortes, non se recollían liberdades, a soberanía seguía sendo do rei, non hai separación de poderes. Só se convocaban unhas Cortes divididas en dous cámaras: Próceres (para a alta nobreza...) e Procuradores (deputados); coas funcións de: aprobar impostos e contestar a consultas e dereito de petición;

pero non ten iniciativa lexislativa.

É un liberalismo moi censatario, só pensa en obter apoio de nobreza, burguesía, administración, exército, etc. para apoiar a Isabel II.

Outras reformas que suscita Mtnez da Rosa son: repoñer a Milicia Nacional, revalidar os empregos do Trienio, concellos, desamortización. A realización destas reformas divide aos liberais en: MODERADOS e PROGREISTAS.

Na década dos trinta vaise conformando a división dentro do liberalismo. Van aparecendo dúas correntes (non son partidos como os actuais) ligadas a certas personalidades, que se separan en torno a puntos centrais do liberalismo. Non son separacións moi nítidas, e os cambios dos deputados eran frecuentes. Os moderados asumen os principios do liberalismo doutrinario, responden aos intereses da burguesía alta e nobreza, e son partidarios da soberanía compartida (Doc. 3, lín, 1,2), de dar máis poder ao rei, de limitación de liberdades, de restrinxir a participación política, de maior predominio da igrexa, etc. Os progresistas responden aos intereses da burguesía media e baixa e defende a idea da soberanía nacional, ríxida separación de poderes, separación igrexa- estado, ampliar o sufraxio, do librecambismo, da elección de alcaldes polo pobo.

Esta división no liberalismo restáballe apoio a María Cristina, o que unido á mala marcha da guerra carlista e á pouca profundidade das reformas produciranse queixas.

Nese contexto prodúcense protestas e motíns (queima da fábrica Bonaplata en Barcelona), polo que María Cristina chama para formar goberno a un liberal destacado, Juan Álvarez de Mendizábal, que realiza medidas máis progresistas para solucionar o problema económico e a guerra: supresión de conventos, salvo os dedicados ao auxilio e obra social, e expropiación e posta en venda das súas propiedades; reforma no servizo militar. Estas medidas causan temor nos moderados, que logran que sexa cesado e o nomeamento dun moderado, Istúriz; pero o 13 de agosto de 1836 un grupo de sarxentos levan a cabo o Motín da Granja e obrigan a rexéntea a repoñer a constitución de 1812 e chamar de novo aos progresistas.

(3)

María Cristina ten que chamar a formar goberno aos liberais progresistas.

Forma goberno Calatrava (e Mendizábal en facenda) que elaborará a Constitución de 1837. A partir deste momento queda instalado definitivamente o liberalismo. Esta Constitución (Doc.2) é unha revisión da de 1812, e aínda que é progresista, e máis moderada que a do 12. Ten certo equilibrio entre os principios moderados e os progresistas. Pretende moderar algo a Constitución do 12, dando máis poder á Coroa, pero aumentado liberdades e máis tolerancia relixiosa. Os aspectos máis destacados son: a Soberanía nacional, que reside nas Cortes, recorte con respecto á Constitución de Cádiz que establecese unha soberanía popular. Reforzamento das prerrogativas do rei: exerce o poder executivo, nomea e separa ministros, comparte o poder lexislativo, ten veto absoluto, convoca e suspende cámaras, nomea senadores...Cortes bicamerais: Congreso e Senado. Iguais en funcións.

Congreso elixido por sufraxio censatario, Senado nomeado polo rei a partir dunha terna (grupo de tres).

· Declaración de dereitos e liberdades: amplos.

· Tolerancia relixiosa, pero mantendo os gastos de culto e clero.

· Elección popular de concellos.

Los moderados parecíalles moi progresista, polo que se organizaron mellor nas eleccións de 1838 e lograron a vitoria, formaron goberno e intentaron paralizar as reformas. O punto final foi a lei de concellos que María Cristina quería impoñer para nomear todos os alcaldes e poder parar as reformas, sobre todo a desamortización. A lei non tivo apoios (falou con Espartero, pero non a aceptou) e María Cristina impúxoa o que provocou motíns e a formación de Xuntas revolucionarias, polo que ante o cariz que tomaba a situación María Cristina presentou a renuncia e foi nomeado rexente o xeneral Espartero. Militar progresista de prestixio (vencedor dos carlistas). Espartero é rexente de 1840 a 1844. A súa rexencia será moi autoritaria, case despótica, e non gustase nin aos moderados nin aos progresistas. Entre as súas accións están: a desamortización de bens do clero secular (se continua coa desamortización do clero regular). Intento de solución do particularismo foral vasco-navarro. Lei paccionada con Navarra (supresión de particularismo a cambio dun cupo económico) e supresión do vasco (máis tarde reposto).

Acordo librecambista con Inglaterra (provoca a sublevación de Barcelona que

é bombardeada).

O seu autoritarismo e a imposibilidade de cambiar o goberno leva á realización dun pronunciamento[1] que fan os moderados: Ramón Narváez enfróntase en Torrejón de Ardoz ás tropas do goberno. Espartero se exilia a Inglaterra.

Unha nova intervención militar fai cambiar o goberno. Ante o temor a outra

(4)

rexencia é adiantada a maioría de idade de Isabel e proclamada Raíña. Inicia o seu reinado persoal (1844-68). O poder está nos progresistas, pero a raíz do incidente Olozaga (xefe de goberno progresista acusado de forzar á raíña a asinar o decreto de disolución de cortes), o poder pasou aos moderados, inaugurándose a primeira etapa do seu reinado: a década moderada (1844-54).

Os moderados controlan o poder (o xeneral Ramón Narváez é o artífice) e consolidarán o seu sistema liberal moderado: politicamente autoritario, oligárquico e centralista.

A súa aplicación faise cunha forte represión sobre as outras opcións políticas, co uso do exército e a Garda Civil, e o dominio ideolóxico da igrexa.

O seu sistema baséase na Constitución moderada de 1845 (Doc.2) e na lexislación que promulgan. Ao chegar ao poder os moderados revisan a Constitución do 37 e fan unha que responda aos seus intereses. Esta constitución responde aos principios básicos do moderantismo:

Soberanía: compartida Rei-Cortes (sendo nosa vontade e á das Cortes Doc.2, lín. 3)

División de poderes: reforzamento do poder executivo-rei.

Poder executivo: rei. Nomea ministros, designa senadores, convoca e disolve cortes, comparte o poder lexislativo.

Poder lexislativo: 2 cámaras: Congreso e Senado. Congreso por sufragio censitario, Senado de nomeamento real, reservado para a aristocracia.

Poder xudicial: perde a categoría de poder, fálase de administración de xustiza, dependencia do goberno.

Declaración de dereitos: semellante á do 37, pero leis posteriores limitaranos.

En materia relixiosa: vólvese á confesionalidade do Estado e pago de gastos de culto e clero.

Unida á Constitución hai unha lexislación que axuda a conformar o modelo conservador oligárquico; destacamos:

- Creación da Garda Civil, 1844, en substitución da Milicia Nacional.

- Lei de concellos de 1845, nomea os alcaldes o poder central.

- Reforma impositiva de Mon e Santilla, 1845. Impostos directos: contribución territorial, comercial e industrial; impostos indirectos: aduanas, hipotecas, especias/tabaco e consumos. Reforma moi impopular (motíns).

- Lei electoral de 1846: moi restritiva.

A práctica política reservada para unha camarilla dos moderados (Narváez) que gobernan co apoio da coroa e o uso sistemático da represión sobre as

(5)

demais forzas políticas.

Os progresistas intentan pronunciamentos, pero fracasan: exemplo: 1846 pronunciamento de Solís en Lugo e establécese en Santiago unha Xunta (secretario Antolín Faraldo); rematan fusilados en Carral: Os mártires de Carral.

Tamén se opoñen os carlistas: guerra dos matiners ou 2ª guerra carlista,

tamén fracaso.

Deste xeito os moderados gobernan sen oposición e sen control, pero nos anos 1850 o goberno pasa a mans dos grupos máis moderados: en 1851, Bravo Murillo firma Concordato coa Santa Sé: esta acepta a desamortización a cambio de: gastos culto, prohibir outras relixións e control educativo. Tamén intenta reforma constitucional para moderar aínda máis.

Os propios moderados danse conta da excesiva moderación, pero non queda máis camiño que recorrer a un PRONUNCIAMIENTO para poder cambiar o goberno. De novo unha intervención militar.

O Pronunciamento é organizado polo xeneral Leopoldo O´Donnell en Vicálvaro (30-6-54), que fracasa (foi chamada a Vicalvarada). Estes moderados descontentos ven necesaria a participación dos progresistas.

Buscan o seu apoio a través do MANIFESTO DE MANZANARES (7-7-54, redactado por Antonio Cánovas). Prodúcense motíns nas cidades e Isabel II ten que cambiar o goberno.

A segunda etapa do reinado é o BIENIO PROGRESISTA (1854-56). A raíña para controlar a situación ten que chamar a Espartero (líder dos progresistas) como xefe de goberno, e coloca a O´Donnell (moderado, líder da Unión Liberal, grupo formado por moderados de centro e progresistas moderados) como ministro da Guerra. Inícianse dous anos de goberno progresista. As principais accións son:

Redacción dunha nova constitución: a non nata de 1856. Progresista. (De novo a redacción dunha constitución que responde aos intereses dos que gobernan).

Aprobación da lei xeral de desamortización de 1855, Lei Madoz; e a Lei de ferrocarrís, de minas e sociedades anónimas de 1855.

Ten boas accións no terreo económico, pero esquécese do plano social por iso é polo que se produzan folgas en Barcelona, en 1855, e no campo en Castilla en 1856.

A falta de entendemento de Espartero cos moderados, a hostilidade da coroa, as protestas, levan á renuncia de Espartero.

(6)

Isabel II nomea a O´Donnell como xefe de goberno coa misión de moderar.

Entramos na última etapa, chamada etapa da UNIÓN LIBERAL (1856-68).

Unha vez controlada a situación por O´Donnell, Isabel II chamou a formar goberno a Narváez para volver ao sistema da Constitución de 1845. Posta en vigor e reprimida toda a oposición, Isabel II volve chamar a O´Donnell e á xente da Unión Liberal (grupo que se forma cos descontentos dos moderados e dos progresistas), que gobernará ata 1863 grazas a: illar aos sectores máis reaccionarios, manipular os resultados electorais, apoio da coroa, prosperidade económica, e pola política exterior agresiva (Indochina,

Marruecos, México....).

A partir de 1863 o goberno volve a un maior moderantismo e ao autoritarismo:

noite de S. Daniel estudantes- e cuartel de S. Gil.

Esta situación empeorará coa crise económica, agraria e financeira. Ao mesmo tempo esténdense as ideas políticas na sociedade española. Aos tradicionais grupos de moderados, progresistas, carlistas, temos que engadir, como nos sinala o Doc. 4, os demócratas e os republicanos. O grupo demócrata é unha escisión que se produce no 48 dentro do grupo progresista; caracterízanse pola petición do sufraxio universal, a extensión de dereitos e a limitación dos poderes do rei. O grupo republicano, do que Fernando Garrido, autor do Doc. 4, é un destacado membro, parte do principio do rexeitamento da monarquía, ao que se lle suman os principios máis progresistas: ríxida separación de poderes, sufraxio universal, laicismo. O republicanismo está algo estendido nos núcleos urbanos (A Coruña, Barcelona), dentro dos grupos burgueses e traballadores, pero están moi divididos entre unitarios e federais.

A crise fai que O´Donnell dimita en 1866 e volve Narváez, moi ultraconservador. Esta situación leva a que, no exilio, as forzas opositoras, progresistas e demócratas, dirixidos polo xeneral Prim, unen as súas forzas para derrocar a Isabel II. Parte das causas do pronunciamento están expostas no Doc. 5: Aldraxada a lei fundamental corrompido ou sufraxio, é dicir, o goberno autoritario que recorre á represión (muda a prensa), o abuso do poder, a corrupción, e que goberna co apoio da Coroa e a fraude. A esta situación hai que sumar a crise económica e a extensión das ideas políticas na sociedade, como xa dixemos antes. Dese modo, o 18 de setembro de 1868, o xeneral Prim e o almirante Topete inician en Cádiz un pronunciamento que dirixe o xeneral Serrano. Co grito de ¡Viva España con honra!, e coa promesa de medidas democráticas (sufraxio universal, ampliación de dereitos, conseguen o apoio da poboación. Fórmanse xuntas revolucionarias e do 26-28 de setembro prodúcese a batalla da Ponte de Alcolea (Córdoba). As tropas da raíña son derrotadas e Isabel II foxe a Francia.

(7)

A revolución setembrina ou Gloriosa, como foi chamada, derrubou a monarquía dos Borbón. De novo unha intervención militar, provocada pola incapacidade do réxime para permitir a alternancia, é a protagonista do cambio de goberno; a novidade, agora, é a propia caída da monarquía dos Borbón.

Acaba deste xeito o reinado de Isabel II. Un reinado durante o que se instala o liberalismo, pero moderado; un reinado moi convulso e inestable con continuos cambios de goberno e coa constante intervención militar.

[1] O pronunciamento consiste nun intento revolucionario que fai unha personalidade ou facción para que o goberno cambie de orientación política ou derrubalo. Interveñen forzas políticas e militares. É característico do liberalismo español, pola debilidade da burguesía. Inícianse durante o reinado de Fernando VII (Porlier, Espoz e Mina, Torrijos, Rego

Referencias

Documento similar

De manera preliminar y durante el proceso exploratorio en la elección del tema problema para este trabajo de profundización, se observó que dentro de las prácticas de

Los mercados zamoranos han estado más concurridos que el mes anterior, salvo en caballar y mular. Hubo pocas transacciones a precio ^ en baja, sobre todo en las especies de abasto.

Enrique, obispo brixiense y Alfonso, obispo firmanense; al noble señor caballero Gómez García y a Fernando Alvarez, abad de Valladolid, mis sobrinos y a Alfonso Fernández, tesorero

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

O Campus do Mar, proxecto liderado pola Universidade de Vigo e no cal tamén participan as da Coruña e Santiago, xunto co CSIC, o Instituto Español de Oceanografía e outras

Mesmo sendo os fósiles máis antigos dos coñecidos, a súa estructura é xa complexa de máis como para aceptar que foran os primeiros seres vivos na Terra, polo que debemos supoñer que

• Se recomienda realizar una prueba piloto de la IA a través de sistemas cognitivos que traerán como resultado el mejoramiento de los procesos, tiempos y elaboración de las

cio de promover los adelantamientos de la Botanica, dedicaría yo esta Obrita, destinada expresamente para su enseñan- za ? Sírvase pues V.. M ar­.. tin de