• No se han encontrado resultados

DO ANO ACADÉMICO 2004-2005 MEMORIA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "DO ANO ACADÉMICO 2004-2005 MEMORIA"

Copied!
45
0
0

Texto completo

(1)

MEMORIA

DO ANO ACADÉMICO

2004-2005

(2)

1. O Servizo de Normalización Lingüística……… 3

1.1. Persoal……… 4

1.2. Infraestrutura……… 5

1.2.1. Locais………. 5

1.2.2. Soporte informático………. 5

1.2.3. Internet……….. 6

1.2.4. Comunicacións………. 7

1.2.5. Biblioteca e documentación……… 8

1.3. Relacións con outros organismos……….. 8

1.3.1. Mediante convenio……… 8

1.3.2. Mediante participación……….. 9

1.3.3. Outros……… 11

1.4. Formación do persoal………. 12

1.4.1. Asistencia a cursos, congresos e xornadas……… 12

1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………. 13

2. Asesoramento lingüístico……… 14

2.1. Xeneralidades... 15

2.2. Tarificación de determinadas tarefas de corrección e tradución.……… 15

2.3. Corrección...……….. 16

2.3.1. Esixencias e límites... 16

2.4. Tradución... 16

2.4.1. Tradución castelán-galego... 16

2.4.1.1. O ES-GA... 16

2.4.1.2. A tradución ordinaria... 17

2.4.2. Tradución galego-castelán... 17

2.5. Asesoramento informático para a instalación de correctores... 17

2.6. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento... 17

2.7. Traballo realizado... 18

2.7.1. Corrección... 19

2.7.2. Tradución... 20

3. Formación……….. 22

3.1. Cursos organizados……… 23

3.1.1. Dirixidos ao persoal de administración e servizos………. 23

3.1.1.1. Cursos de reciclaxe de lingua galega………. 23

3.1.1.2. Cursos de linguaxe administrativa... 24

Índice xeral

(3)

3.1.1.3. Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega... 24

3.1.1.4. Cursos de adaptación ao cambio normativo... 24

3.1.2. Dirixidos aos estudantes……… 24

3.1.2.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación…. 24 3.1.2.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……… 25

4. Dinamización lingüística………. 27

4.1. Estudos e propostas...………... 28

4.1.1. Programarios en galego... 28

4.1.2. Plan para a galeguización dos materiais docentes... 29

4.1.3. Proposta orientadora sobre valoración do coñecemento do galego nos concursos para PDI funcionario e contratado... 30

4.1.4. Datos de uso do galego na investigación básica en 2004... 31

4.1.5. Datos de uso do galego na docencia... 31

4.2. Publicación... 32

4.2.1. O Cartafol dixital... 32

4.2.2. O Cartafol en papel... ... 33

4.3. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros... 33

4.3.1. Coordinación... 33

4.3.2. Facultade de Psicoloxía... 34

4.3.3. Escola de Relacións Laborais... 35

4.3.4. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais... 36

4.3.5. Escola Politécnica Superior e Facultade de Matemáticas... 36

4.3.6. Administración e Dirección de Empresas... 36

5. Terminoloxía……… 38

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)… 39 5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL……….. 39

5.1.2. O bUSCatermos: presentación e impacto...……….. 40

5.2. Elaboración de produtos terminolóxicos...………... 41

5.2.1. Vocabularios... 41

5.2.2. Outros produtos terminolóxicos... 41

5.3. Difusión de terminoloxía... 41

5.3.1. Difusión dos Termos esenciais de botánica... 42

5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”... 42

5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm... 42

5.4. O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos………. 43

5.5. Produtos Realiter………. 43

(4)

1 O Servizo de Normalización Lin g üística

1.1 Persoal 1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático 1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación 1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios 1.3.2 Mediante participación 1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas 1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados

(5)

1.1. Persoal

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas:

• Director

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística

Manuel Bermúdez Blanco Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

• Bolseiras

Ana Vigo Castromil Ana García García

Ana Belén González Basanta (ata abril de 2005)

• Administración

Francisco Javier Amigo Pombo

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de Lingua Galega para non galegofalantes

Mª Carme González Bueno Isabel Paños Rodríguez Mónica Martínez Baleirón Sara Pino Ramos

Cursos de linguaxe administrativa Alberte González Montañés

Cursos de reciclaxe de lingua galega Leonardo Henrique Fernández Campos

Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

(6)

Concepción Diéguez Diéguez Xoán Antón Lado Lago

Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega Leonardo Henrique Fernández Campos

Cursos de actualización á nova normativa Xoán Antón Lado Lago

Curso de actualización e normalización docente Carlos E. Santos Mato

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Léxico de contratos de comercio internacional

Iolanda Galanes Santos Susana Suárez Recouso

Termos esenciais de Botánica

Elvira Díez Vizcaíno Antonio Regueiro Rodríguez Xusto A. Rodríguez Río Juan José Villarino Urtiaga

1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

O SNL ocupa tres despachos no segundo andar da Casa da Balconada, no número 6 da rúa Nova en Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo.

1.2.2 Soporte informático

A infraestrutura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte:

(7)

Campus de Lugo

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP

ƒ Unha impresora láser, branco e negro Campus de Santiago

ƒ Oito ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP

ƒ Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs

ƒ Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

ƒ Unha impresora a cor, de inxección de tinta

ƒ Dúas impresoras láser, branco e negro

ƒ Un escáner

1.2.3 Internet

O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC e que se actualiza con frecuencia.

Durante o presente curso estívose traballando na actualización completa do web do servizo, axeitándoo ao novo estilo web da universidade e aproveitando para facer unha remodelación completa. Previsiblemente durante o curso vindeiro farase efectiva a actualización.

http://www.usc.es/snlus

(8)

1.2.4 Comunicacións

A infraestrutura de comunicacións ó dispor do SNL é a seguinte:

Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL grazas á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Campus de Lugo:

ƒ A extensión telefónica 23582

ƒ Os seguintes enderezos electrónicos:

Xeral

snl.lugo@lugo.usc.es SNL.Campus de Lugo

Persoal

snlxusto@lugo.usc.es Xusto A. Rodríguez Río

Campus de Santiago

ƒ Unha liña telefónica externa, o 981 528018

ƒ As seguintes extensións telefónicas:

11312 Manuel Núñez Singala 11309 Isabel Vaquero Quintela 11327 Manuel Bermúdez Blanco 11316 Francisco Javier Amigo Pombo 11364 Bolseiros

11314 Bolseiros 11324 Bolseiros 11369 Bolseiros 11369 Bolseiros

ƒ Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais

snlusc@usc.es SNL. Campus de Santiago snl218@si.usc.es Administración

Persoais

snlusc@usc.es Manuel Núñez Singala

(9)

snlisa@usc.es Isabel Vaquero Quintela mbermu@usc.es Manuel Bermúdez Blanco snl218@si.usc.es Fco. Javier Amigo Pombo snlbolsa@usc.es Bolseiros

bolsasnl@usc.es Bolseiros asesor1@usc.es Bolseiros asesor3@usc.es Bolseiros

1.2.5 Biblioteca e documentación

O SNL conta cunha biblioteca constituída por arredor de 1 100 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servizo de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Durante o curso 2004-2005 engadíronse arredor de 40 novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos.

Tódolos exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital.

O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servizo e ó mesmo tempo fichado en soporte informático.

Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios:

La Voz de Galicia El Correo Gallego Galicia Hoxe A Nosa Terra El País

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

O SNL ten asinado, dende o ano 1991, un convenio de colaboración coa Dirección Xeral

(10)

de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o devandito convenio revísase e actualízase mediante o asinamento dunha addenda anual.

En concreto, na addenda para o ano 2004 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudantes, PAS e PDI, a edición da revista O Cartafol en versión dixital e en papel, diversas accións para as comisións de normalización lingüística dos centros, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos, o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación e a realización dunha campaña para a galeguización dos programas das materias de todas as titulacións da USC, entre outras accións. A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 57.200 €.

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue.

O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de información e documentación no eido da terminoloxía.

O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións:

ƒ Unión Latina. DTIL. París (Francia)

ƒ Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España)

ƒ Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia)

ƒ Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de Corse. Córsega (Francia)

ƒ PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia)

ƒ Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia)

ƒ Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia)

1.3.2 Mediante participación.

O SNL participa e coopera cos seguintes organismos:

(11)

Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen .

Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede.

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue colaborando no proxecto LINMITER.

.

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística

O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade

Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servicio son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. O director do Servicio é o coordinador da devandita Comisión. Durante o curso pasado ambos os dous asistiron a dúas reunións desta comisión, os días

(12)

25 de setembro de 2003 e o 18 de marzo e o 30 de xuño de 2004.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Manuel Bermúdez Blanco incorpórase a esta comisión, e como novo membro asiste á reunión do 24 de xuño de 2004.

RITerm. Red Iberoamericana de Terminología

O Servizo de Normalización Lingüística é membro institucional de RITerm, organización en cuxos encontros e simposios veñen participando membros do Servizo.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O director do Servizo participa nun grupo de investigación para a adaptación ao contexto galego do Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación do Consello de Europa.

1.3.3 Outros

O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servizos lingüísticos:

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade do País Vasco

Universidade Pública de Navarra

Universitat Autònoma de Barcelona

Universitat d’Alacant

Universitat de Barcelona

(13)

Universitat de Girona

Universitat de les Illes Balears

Universitat Jaume I

Universitat de Lleida

Universitat Politècnica de Catalunya

Universitat Pompeu Fabra

Universitat Ramon Llull

Universitat Rovira i Virgili

Universitat de Valencia

Universitat de Vic

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica

TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia

Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia

TERMCAT. Cataluña.

Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña

Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil

Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia

TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina.

Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá.

Office québécois de la langue française. Quebec. Canada.

Université de Paris VIII

Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación…

Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a cursos, congresos e xornadas

♦ VII Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Xaneiro 2005. Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río Ana Vigo Castromil

(14)

♦ Presentación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Pazo de Congresos e Exposicións. Santiago de Compostela. Outubro 2004

Manuel Núñez Singala

♦ Recital e Presentación do acto “Canto á Paz nas linguas do mundo”. Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. Maio 2005. Santiago de Compostela.

Manuel Núñez Singala

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados

♦ I Xornadas sobre Modelo de Universidade, Modelo Lingüístico. Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística. Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña. Outubro de 2004. Participación na mesa reconda “Actualidade e perspectivas da Lingua na Universidade Galega”

Manuel Núñez Singala

♦ I Premio Luísa Villalta de iniciativas normalizadoras na Universidade da Coruña.

Participación como membro do xurado. Reitoría da Universidade da Coruña.

Decembro 2004 A Coruña.

Manuel Núñez Singala

♦ VII Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Xaneiro de 2005. Santiago de Compostela. Presentación do Recurso “Buscatermos. Buscador terminolóxico da USC”

Xusto A. Rodríguez Río Ana Vigo Castromil

(15)

Responsable da área

Manuel Bermúdez Blanco

2 Asesoramento lin g üístico

2.1 Xeneralidades

2.2 Tarificación de determinadas tarefas de corrección e tradución

2.3 Corrección

2.3.1 Esixencias e límites 2.4 Tradución

2.4.1 Tradución castelán-galego 2.4.1.1 O ES-GA

2.4.1.2 A tradución ordinaria 2.4.2 Tradución galego-castelán

2.5 Asesoramento informático para a instalación de correctores.

2.6 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento 2.7 Traballo realizado

2.7.1 Corrección 2.7.2 Tradución

(16)

2.1 Xeneralidades

A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a tradución de documentos. Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Tres bolseiros están adscritos especificamente a esta área.

2.2. Tarificación de determinadas tarefas de corrección e tradución

Neste período 2004-2005 establecéronse unhas tarifas para determinados traballos de corrección e de tradución. É importante salientar que ningún membro da USC, ao desenvolver a súa función laboral, vai ter que pagar prezo ningún por este servizo.

Trátase dunha tarificación pensada para tres casos:

1) Grupos de investigación que sexan contratados para desenvolver un traballo para fóra da USC.

2) Empresas con participación da USC

3) Empresas alleas á USC pero que teñan unha relación puntual con ela.

O que se pretende con este sistema é:

1) Dar un servizo mellor á comunidade universitaria

2) Darlle valor a aquelas empresas ou grupos que fan as cousas en galego 3) Captación de recursos externos. Neste punto deberamos aclarar que nunca o SNL ten previsto facer competencia desleal ás empresas que viven da xestión lingüística, de xeito que existe un compromiso moi firme en non saírmos dos tres casos establecidos.

2.2.1 Tarifas

O Consello de Dirección aprobou, por proposta do SNL, as seguintes tarifas:

Servizo de Normalización Lingüística 2004

Traduc. Grupo Investigac. (por palabra) cast-galego Linguaxe común 0,020 €

Traduc. Grupo investigación (por palabra) cast-galego. Linguaxe especializada 0,030 €

Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe común 0,005 €

Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe especializada 0,008 €

Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,030 €

Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe espec. 0,040 €

Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,010 €

Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe especial. 0,015 €

Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe común 0,050 €

Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe especializada 0,060 €

(17)

Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe común 0,015 €

Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe especializada 0,025 €

Recargo por urxencia 10%

Hai que salientar que nos poucos meses que levan establecidas recadouse un total de 745 euros.

2.3 Corrección

2.3.1 Esixencias e límites

Neste período afianzáronse os criterios establecidos no curso pasado para a admisión de documentos para a súa corrección. Son esixencias que permiten xestionar mellor e devolverlle ao usuario a responsabilidade do documento por el creado.

Tamén coa idea de facer posible combinar o labor de corrección coas demais tarefas que o SNL ten que desenvolver, o SNL marca uns límites moi claros que pretenden facer abandonar definitivamente a corrección masiva a unha selectiva, onde o SNL decida que paga a pena corrixir e que non. Con este obxectivo, os documentos que serán obxecto central da corrección serán aqueles que se caractericen polo seu carácter divulgativo e permanente e son diferentes segundo o colectivo de que se trate (PAS, PDI ou alumnado).

2.4 Tradución

2.4.1 Tradución castelán-galego

No período anterior (2003-2004) a Área de Asesoramento comezou a traballar cunha ferramenta que se mostrou moi útil: o Tradutor Automático ES-GA. Desde o principio estivemos convenciodos que unha correcta utilización desta ferramenta podía dar novas oportunidades á normalización do galego na nosa Universidade.

Neste período, verase mellor nos gráficos, aumentaron significativamente as páxinas que se traduciron, de tal xeito que sen o TA sería imposible. Así o SNL está a desenvolver unha tarefa que nos parece moi importante na normalización da institución. Trátase da tradución do catálogo de materias da Biblioteca Xeral.

2.4.1.1 O ES-GA

A Universidade de Santiago dispón, grazas a un acordo coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación, dun tradutor automático castelán-galego. A

(18)

utilización desta ferramenta consegue un aforro de tempo que chega ao 85% en relación á tradución tradicional, malia ter unhas limitacións que hai que ter moi en conta.

A posibilidade de contar con este tradutor automático é sen dúbida unha boa noticia pero foi necesario dispoñer criterios para seleccionar os documentos que se enviarán ao tradutor automático, para que a utilización da máquina non fose contraproducente no quefacer do Servizo.

2.4.1.2 A tradución ordinaria

A tradución castelán-galego feita polo Servizo é absolutamente marxinal. A través dos anos logramos que todos os que forman parte da USC sexan conscientes de que a galeguización de textos non é un asunto exclusivo do SNL e, normalmente, cada un considera o labor de tradución de certos documentos unha tarefa máis dentro do seu labor cotián.

2.4.2 Tradución galego-castelán

A tradución na dirección galego castelán, loxicamente, é tamén excepcional dentro dos labores do SNL. De todos os xeitos fíxose un traballo, como servizo ao colectivo máis desfavorecido da Universidade –o alumnado-, de tradución de títulos para que estes tivesen efectos fóra da nosa comunidade autónoma. Neste período notouse unha baixada moi significativa no número de páxinas traducidas.

2.5 Asesoramento informático para a instalación de correctores

Desde que se dispuxo da actualización do corrector ortográfico –comezos de 2004- a Área de Asesoramento Lingüístico fixo o labor de distribuír o corrector entre a comunidade universitaria. Por vía telefónica tamén se axudou ás persoas no proceso de instalación dos ficheiros.

2.6 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

Partimos do convencemento de que a corrección no ámbito da normalización lingüística non pode conformarse co obxectivo de paliar os erros ortográficos e morfolóxicos dun documento. A corrección que intentamos facer procura non só solucionar os erros senón achegar propostas que melloren o proceso comunicativo.

A forma de corrección séguese facendo con sistema de control de cambios, de maneira que o usuario recoñeza cales son os cambios que o SNL lle propón. Con este sistema

(19)

conséguense dous obxectivos: a corrección é máis fiable e ademais de converterse nunha boa oportunidade para a formación.

Por outra parte, procurouse a axilización do traballo e o cumprimento dos prazos fixados para a súa realización. A este respecto cómpre dicir que o resultado foi excelente:

Antes de prazo

15%

Despois de prazo

8%

No prazo previsto

77%

2.7 Traballo realizado

Os datos que se van ofrecer máis adiante correspóndense co período de outubro de 2004 a xuño de 2005, de maneira que aínda quedan por valorar catro meses do perído total 2004-2005. Durante o curso de referencia, a o SNL procesou un total de 8854 folios. Destes, 4114 corresponden a traducións, e 4440 a correccións. Cómpre subliñar que, a diferenza dos anos anteriores, a tradución aumentou moitísimo con respecto ao período anterior (2029). A razón deste aumento tan significativo é que a tradución do catálogo da Biblioteca por si só supón máis de 3000 páxinas. Tamén habería subliñar que baixou moito a tradución castelán-galego, que son basicamente títulos que hai que traducir a castelán; neste período suman unicamente 51 páxinas.

Grao de cumprimento de prazos

(20)

Traducións

Correccións

1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500

2.7.1 Corrección

Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

2366

1223

2476

0 500 1000 1500 2000 2500

Alumnado Profesorado PAS

C1

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

(21)

2790

1650

Linguaxe específica Linguaxe xeral

2.7.2 Tradución

Hai que salientar o aumento do número de páxinas traducidas con respecto aos anos anteriores, mesmo con respecto ao período 2003-2004, no que aumentaran moitísimo o número de páxinas traducidas pola inclusión da ferramenta de tradución ES-GA. No actual período as páxinas traducidas pasan das 4000 polo efecto que ten a tradución do Catálogo da BUSC.

Na distribución por sectores pode sorprender o aumento da tradución no PAS, onde se inclúe a tradución feita para a BUSC, e o descenso da tradución feita para o sector do alumnado. Isto débese a que as traducións para este colectivo son practicamente na dirección galego-castelán e xa indicamos que sumaron só 51 páxinas. O profesorado, pola súa parte, solicitou nestes nove meses 407 páxinas traducidas, algunhas menos ca no período anterior, aínda que porcentualmente serían máis ao contabilizar este ano un período máis curto.

Salientamos tamén que houbo moitas máis peticións para o acceso ao tradutor automático que foron desestimadas por non cumpriren os requisitos normalizadores esixidos.

Distribución de páxinas corrixidas segundo o

tipo de linguaxe

(22)

51

407

3656

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000

Alumnado Profesorado PAS

C1

(23)

Responsable da área

Manuel Núñez Singala

3 Formación

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega 3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa 3.1.1.3 Cursos de ferramentas informáticas

para a lingua galega

3.1.1.4 Cursos de adaptación ao cambio normativo

3.1.2 Dirixidos aos estudantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

(24)

3.1 Cursos organizados

Durante o curso 2004-2005 o Servizo de Normalización Lingüística organizou un total de 16 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

9 4 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 9 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 9 1 cursos de lingua galega, de reciclaxe

9 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación 9 1 curso de linguaxe administrativa

9 1 curso de ferramentas informáticas para a lingua galega 9 3 cursos de adaptación ao cambio normativo

Por campus, a distribución foi a seguinte:

™ Campus de Santiago de Compostela: 12 cursos

ƒ 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I

ƒ 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II

ƒ 2 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

ƒ 1 cursos de lingua galega, de reciclaxe

ƒ 1 curso de linguaxe administrativa

ƒ 1 curso de ferramentas informáticas para a lingua galega

ƒ 3 cursos de adaptación ao cambio normativo

™ Campus de Lugo: 4 cursos

ƒ 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I

ƒ 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II

ƒ 2 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

O número total de estudantes matriculados nos cursos do SNL foi de 305 persoas, das cales 269 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 36 no Campus de Lugo.

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

Os cursos orientados ó persoal de administración e servizos (PAS) organízanse conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS.

(25)

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega

Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos.

Durante o ano de referencia tivo lugar un único curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 14 persoas.

3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa

Estes cursos diríxense ao persoal de administración que desexe perfeccionar os seus coñecementos do tecnolecto administrativo galego.

Durante o ano de referencia tivo lugar un curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 25 persoas.

3.1.1.3 Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

Con este curso preténdese divulgar a existencia e o funcionamento de todos aqueles programas informáticos que poidan resultar útiles para a mellora da comunicación en lingua galega, desde correctores informáticos ou tradutores automáticos ata os recursos en liña máis útiles para a lingua galega, manuais de estilo, dicionarios en liña, etc. O número de asistentes a este curso foi de 16 persoas.

3.1.1.4 Cursos de adaptación ao cambio normativo

Este curso persegue a divulgación dos cambios que tiveron lugar no ano 2003 na normativa oficial. Tiveron lugar 3 cursos e o número total de asistentes foi de 75 persoas.

3.1.2 Dirixidos aos estudantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.1.4)

(26)

Estes cursos computan un crédito de libre configuración.

Durante o curso de referencia realizáronse catro cursos, cun total de 59 matriculados.

Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela e outros dous no campus de Lugo.

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Este tipo de cursos sufriu unha remodelación durante o presente curso académico.

Manteñen o nome tradicional, pero os dous niveis chámanse agora Básico I e Básico II.

Os cursos reducen a súa duración á metade, pasan por tanto de 80 a 40 h de duración, co obxectivo de encaixalos nos dous cuadrimestres lectivos. O cambio, de feito, vén motivado pola demanda de moitos estudantes de intercambio que só permanecían na nosa universidade un cuadrimestre, o que lles imposibilitaba asistir á totalidade dos anteriores cursos.

Organízanse en dous niveis, un nivel elemental, dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e un nivel de competencia, orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua.

Durante o período de referencia tiveron lugar seis cursos: tres deles do nivel Básico I, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago; e outros tres do nivel Básico II, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago. O total de matriculados nestes cursos foi de 136 persoas: 77 no nivel Básico I e 59 no Básico II.

Cada curso computou tres créditos de libre configuración.

A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

(27)

Galicia

Estado Español

Alemaña Arxentina Brasil Chile Colombia Corea do Sur El Salvador Estados Unidos

Exipto Finlandia

Francia HolandaItalia

Marrocos México

Verbo da procedencia daqueles estudantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Andalucía

Asturias

Canarias Cantabria Castela-A Mancha

Castela-León Cataluña

Illas Baleares Madrid

Navarra País Vasco

Valencia

(28)

Responsable da área

Isabel Vaquero Quintela

4 Dinamización lin g üística

4.1 Estudos e propostas

4.1.1 Programarios en galego

4.1.2 Plan para a galeguización dos materiais docentes.

4.1.3 Proposta orientadora sobre valoración do coñecemento do galego nos concursos para PDI funcionario e contratado

4.1.4 Datos de uso do galego na investigación básica en 2004

4.1.5 Datos de uso do galego na docencia 4.2 Publicacións

4.2.1 O Cartafol dixital 4.2.2 O Cartafol en papel

4.3 Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

4.3.1 Coordinación

4.3.2 Facultade de Psicoloxía 4.3.3 Escola de Relacións Laborais

4.3.4 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

4.3.5 Escola Politécnica Superior e Facultade de Matemáticas

4.3.6 Administración e Dirección de Empresas

(29)

4.1 Estudos e propostas

4.1.1 Programarios en galego

No primeiro trimestre do curso traballamos conxuntamente a responsable da Área de Dinamización xunto coa xefa de Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica na avaliación da campaña para a axuda á galeguización dos programas das materias de todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela, que se puxera en marcha no último trimestre do anterior curso 2003-2004, así como na elaboración dunha proposta de pagamentos aos departamentos que responderon a ela.

Como resultado da campaña, ao rematar o prazo oficial de entrega dos programas os departamentos cubriran o 77.81% dos programas: 2.826 dun total de 3.632 materias impartidas no conxunto da USC. Unicamente dous departamentos entregaran o 100%

dos programas nas dúas linguas: Historia e Institucións Económicas e Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía; a suma dos departamentos que entregaron máis do 50% dos seus programas nas dúas linguas é de 44 do total de 77 departamentos que conforman a USC.

Foron 45 os departamentos que entregaron máis da metade dos seus programas en galego. Dous departamentos entregaron o 100% dos programas nesta lingua, os xa anteditos Historia e Institucións Económicas e Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía). Por outra banda, 18 departamentos entregaron máis do 50% de programas en castelán e menos da metade en galego.

En total, o 58,92% dos programas cubertos entregouse con versión galega e o 67,62%

con versión en castelán.

Na proposta de pagamentos consideramos os seguintes criterios:

• O esforzo só se considerará cando chegue ou supere o 50% das materias programadas nas dúas linguas oficiais.

• A adxudicación das axudas responderá a dous criterios que medirá este esforzo:

o 1º criterio: Poderán ter dereito a el todos os departamentos que realizaran a metade da programación ou máis nas dúas linguas; é dicir, 44 departamentos.

o 2º criterio: O importe das axudas establécese en tres tramos para os departamentos que logo de reunir o primeiro criterio teñen a maior porcentaxe de programación feita en lingua galega.

O resultado da aplicación destes criterios é o seguinte:

(30)

Porcentaxe de programas en galego

Num.

Depart.

Contía da Axuda por Departamento

Total

Do 50 % ao 69 % 19 50 000 (300.51 €) 950.000

Do 70 % ao 84% 9 70 000 (420.71 €) 630.000

Do 85 % ao 100 % 16 90.000 (540.91 €) 1440.000

TOTAL 44 3.020.000

Esta campaña contou cun financiamento da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que achegaba 12.000 euros, e mais da Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica da USC, que achegou outros 6.000 euros.

Ademais, a Área de Dinamización realizou as accións oportunas para que a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado impulsase a segunda e definitiva volta desta campaña de galeguización dos programas das materias.

4.1.2 Plan para a galeguización dos materiais docentes

Para lle dar cumprimento ao PNL da USC así como á priorización de obxectivos e medidas que a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro realizara no curso anterior, a Área de Dinamización elaborou un Plan para a galeguización dos materiais docentes da USC.

A proposta respondía a dous obxectivos xerais:

• Contribuír á extensión do uso da lingua galega na docencia impartida na Universidade de Santiago de Compostela.

• Impulsar a edición de materiais docentes en galego, xa sexan de elaboración propia do profesorado da USC, ou traducións ao galego de textos doutras linguas.

O Plan prevía dúas importantes medidas dirixidas ao persoal docente e investigador:

• A creación dunha nova colección de publicacións da Universidade de Santiago de Compostela denominada Lecturas de..., para acoller versións en galego de seleccións de textos soltos que sexan de lectura obrigatoria para os alumnos dunha materia.

• Un programa de axudas á elaboración e publicación de materiais docentes en galego, que abranguía axuda lingüístico-terminolóxica e subvencións en diversa contía dependendo da importancia do material docente, o cal sería xulgado por unha comisión.

A proposta foille presentada ao secretario xeral, quen á súa vez a trasladou ao consello de dirección, onde foi desestimada.

(31)

4.1.3 Proposta orientadora sobre valoración do coñecemento do galego nos concursos para PDI funcionario e contratado

O Consello de Goberno do 20 de decembro de 2004 aprobou a Normativa pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios. O anexo desta Normativa recolle un baremo para a valoración de méritos, cunha categoría de “outros méritos relevantes para a praza”, en que se inclúe o coñecemento da lingua propia da USC.

Por outra banda, en xaneiro tivemos coñecemento de que o Consello de Dirección estaba a preparar a Normativa de selección de PDI contratado e interino, que incluiría tamén como mérito o coñecemento da lingua galega.

Co obxectivo de orientar o traballo de valoración dos comités verbo do coñecemento da lingua galega, dende a Área de Dinamización elaboramos unha proposta que partía da diferenciación, dentro deste subapartado, de catro tipos de coñecemento:

1. Coñecementos xerais de lingua

2. Coñecementos específicos de lingua e habilidades lingüísticas que melloren a capacidade lingüística xeral en ámbitos determinados

3. Coñecementos de linguaxes de especialidade 4. Outros

A proposta non foi incorporada a Normativa de selección de PDI contratado e interino, e descoñecemos se se lle está a fornecer aos membros dos comités de selección dos concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

4.1.4 Datos de uso do galego na investigación básica en 2004

Como todos os anos a Área de Dinamización estudou a principios de 2005 os resultados das campañas de axuda do ano 2004 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados (TIT).

Durante o ano 2004 beneficiáronse destas axudas:

8 teses de doutoramento

7 memorias de licenciatura

85 proxectos de fin de carreira

11 traballos de investigación tutelados

A evolución das axudas reflíctese na seguinte gráfica:

(32)

Evolución das axudas para o uso do galego nos traballos de investigación básica

0 20 40 60 80 100

1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

de axudas

Teses

Memorias

Proxectos

TIT

O descenso do número de teses de doutoramento e de memorias de licenciatura en galego vai en paralelo á diminución do número destes traballos de investigación en xeral.

4.1.5 Datos de uso do galego na docencia

A principios de 2005, coa axuda do persoal de UNIXEST que leva a aplicación de xestión académica, que nos forneceu os datos que precisabamos sobre o POD do curso 2004-2005 analizamos os datos de uso do galego na docencia. Cómpre lembrar que se trata das previsións que supostamente os docentes teñen sobre a súa docencia dun curso para outro, polo que pode haber pequenos desaxustes coa realidade, que de ningún xeito desvirtúan as tendencias xerais.

Os resultados son moi semellantes aos do curso anterior.

Idiomas da docencia na USC (porcentaxe de horas de docencia)

79,78

17,21 0,3 2,71

Castelán Galego Inglés Outros

Advírtense diferencias importantes entre departamentos e por áreas:

(33)

19 departamentos non utilizan o galego en sequera unha soa hora das clases que imparte. Pertencen ás Ciencias da Saúde (Cirurxía, Pediatría, Enfermería, Medicina, Obstetricia, Anatomía Patolóxica, Dermatoloxía, Estomatoloxía, Farmacia, Farmacoloxía, Xenética), ás Ciencias Experimentais (Bioquímica, Microbioloxía, Física da Materia, Física de Partículas, Química Analítica, Fisioloxía Vexetal), á Filoloxía e ao Dereito (Dereito Mercantil e do Traballo, Dereito Común).

18 departamentos impartan un máximo do 10% das súas horas docentes en galego 19 departamentos utilizan o galego entre o 10 e o 25% das súas horas de clase.

O maior uso do galego na docencia concéntrase na Área das Humanidades e nas Ciencias Sociais, así como nalgúns departamentos de Ciencias Experimentais.

11 departamentos imparten en galego entre o 25 e o 50% das súas horas de clase.

9 departamentos utilizan a nosa lingua propia en máis da metade das materias:

Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (53,27%), Filoloxía Galega (54,51% -cómpre subliñar que o departamento abrangue tamén as áreas de Románicas e Portugués-), Economía Aplicada (57,90%), Física Aplicada (62,59%), Filosofía e Antropoloxía (65,15%), Historia Contemporánea (70,80%), Historia e Institucións Económicas (71,09%), Teoría e Historia da Educación (73,83%) e Ciencias da Comunicación (74,86%).

4.2 Publicacións

4.2.1 O Cartafol dixital

Neste curso publicáronse os números 16 a 22 do Cartafol dixital (dende outubro ata maio). Isto supuxo:

• a elaboración duns 40 artigos sobre as máis variadas materias relacionadas co idioma na Universidade e fóra dela, algúns dos cales foron encargados a outros membros do SNL ou outros membros da USC.

• o seguimento mensual da prensa para a elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 38 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns

• a coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla” e “Sabías que?”

Cómpre informar de que a aplicación informática con que xestionamos os contidos do Cartafol dixital está a dar numerosos problemas que ralentizan a actualización do boletín de xeito considerable. É absolutamente necesario que para o vindeiro curso se afronte a encarga dunha nova aplicación.

Ademais, para o espallamento do Cartafol dixital utilízase fundamentalmente o correo electrónico:

(34)

• Fíxose chegar puntualmente a través de USC-Difusión a publicación de cada número para o seu coñecemento pola comunidade universitaria.

• Fíxose chegar a unha serie de contactos externos:

o Medios de comunicación (26)

o Centros de referencia en lingua galega (16)

o Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9) o Outros servizos lingüísticos e de normalización (31)

o Compromisos en Galicia (69) o Compromisos fóra de Galicia (11)

Estas comunicacións obrigan á actualización e corrección permanente das listas de envíos.

Para o vindeiro curso pretendemos mellorar o coñecemento do Cartafol dixital entre o estudantado, a través de envíos ás listas de correo electrónico corporativo de que poden dispoñer os alumnos e alumnas.

4.2.2 O Cartafol en papel

Publicamos os números 33, 34 e 34 do Cartafol en papel, correspondentes a cadanseu trimestre do curso escolar.

Aínda que en boa medida rendibilizamos o traballo que supón a elaboración do Cartafol dixital nesta versión en papel, as diferentes linguaxes dos medios así como a necesidade de axustarse a espazos distintos obrigan a unha reelaboración dos contidos.

En total neste curso foron 33 artigos feitos para O Cartafol.

Dende a Área de Dinamización, coa colaboración do administrativo do SNL, encargámonos da distribución nos diversos centros da USC, que se fai de xeito proporcional ao número de alumnos.

4.3 Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

4.3.1 Coordinación

• Seguimento e actualización da aparición e composición das cnl

• Seguimento e apoio das actividades das cnl, que incluíu asistencia a xuntanzas das cnl nos centros.

• Envío de información de xeito puntual

• Reunión de coordinación o 25 de xaneiro de 2005 para informar sobre o traballo desenvolvido polas comisión de normalización lingüística no curso 2003-2004 e programar para o ano 2005. Ademais na reunión insístese na

(35)

necesidade de incentivar a docencia en galego, para o cal se propoñen diversas medidas. (Vid anexo)

• Coordinación, seguimento e apoio das solicitudes de financiamento feitas polas cnl para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia.

• Labores de secretaría

• Encarga de 3 lonetas co logo da USC e das comisións de normalización lingüística, co obxecto de que figuren en canto acto público organicen as cnl. O SNL encárgase da súa custodia (2 no Campus de Santiago e 1 no de Lugo).

4.3.2 Facultade de Psicoloxía

1 Apoiamos o Obradoiro de expresión oral en galego, organizado por esta comisión e desenvolvido entre febreiro e abril de 2005:

• Planificación do obradoiro

• Programación dos contidos do obradoiro

• Profesorado

• Xestión (selección, matrículación, expedición de diplomas e certificados, pagamentos...)

• Publicidade

• Actuacións encamiñadas á súa inclusión no Programa de Formación e Innovación Docente.

2 Apoiamos a convocatoria dos primeiros “Premios á calidade lingüística dos

traballos académicos” para este curso 2004-2005, que finalmente organizan non só esta Comisión de Psicoloxía, senón tamén as de Económicas e da Escola Politécnica

Superior.

• Coordinación das tres iniciativas que xurdiron de xeito independente e diferente ata facelas converxer nunha soa.

• Elaboración dun plan de traballo

• Elaboración das bases do concurso

• Elaboración dun web información sobre o concurso e sobre ferramentas de apoio

• Folleto-cartel sobre o concurso: elaboración dos contidos, seguimento do deseño e da edición

• Elaboración de presentacións do concurso en Power Point

• Difusión do concurso:

o Nos centros: reparto e envío de folletos-cartel, presentacións organizadas polas cnl en cada un deles.

o En xeral: xunto co Gabinete de Prensa da USC organizamos dunha rolda de prensa, con asistencia do reitor da USC e do director xeral de Política Lingüísica da Xunta de Galicia, e elaboramos notas de prensa.

(36)

4.3.3 Escola de Relacións Laborais

1 Rematamos a elaboración dun estudo-diagnóstico sobre o centro, ao que se lle engadiu un pequeno estudo sociolingüístico do alumnado da Escola realizado polos membros da propia CNL co apoio do director do SNL. O estudo foi aprobado recentemente pola CNL, será publicado íntegro a través do seu web e tamén en papel, mais de xeito parcial en canto aos contidos e de xeito selectivo en canto aos seus destinatarios.

2 A partir dese estudo-diagnóstico tamén elaboramos unha serie de propostas de actuación baseadas en catro grandes liñas estratéxicas:

o Ligar o galego fundamentalmente co sentido práctico.

o Ligar o galego cos procesos de mellora do centro: calidade na titulación, calidade na docencia, maior coordinación e participación, incremento de innovación pedagóxica, uso de novas tecnoloxías, mellora das prácticas, establecemento de perfís formativos...

o Ligar o galego cunha maior proxección do centro dentro e fóra da USC.

o Ligar o galego cun proceso xeral de todo o ámbito profesional das relacións laborais en particular e de todo o sector socioeconómico en xeral.

Os grandes obxectivos que se perseguen son:

1. Eliminar ou reducir actitudes negativas, especialmente do profesorado.

2. Fomentar o mantemento da lingua galega entre o alumnado.

3. Fomentar un maior uso do galego na docencia.

4. Potenciar a elaboración, coñecemento e uso ás ferramentas que faciliten o uso do galego e melloren a competencia lingüística.

5. Tecer unha rede de cooperación para fomentar o uso do galego en todo o ámbito profesional.

Para iso proponse un total de 36 medidas.

A proposta tamén foi aprobada recentemente pola CNL.

3 A Área de Dinamización elaborou, co prace da CNL, os contidos dun folleto de presentación da CNL da Escola (acción planificada pola CNL e para a cal se recibira unha subvención da DXPL no marco da addenda do ano 2004). Dada a escaseza de medios (só se contaba con subvención para a súa edición pola Imprenta Universitaria), encargouse tamén do deseño do folleto e da obtención das imaxes necesarias.

O folleto xa está en poder da CNL, que procederá ao seus espallamento a principios do vindeiro curso académico.

(37)

4 A Área de Dinamización tamén elaborou unha primeira proposta de Xornadas sobre o galego e as relacións laborais. A CNL solicitou unha axuda para a realización dunhas xornadas neste sentido para o primeiro trimestre do ano.

Na proposta presentada, as Xornadas terían unha duración de 30 horas lectivas, polo que poderían dar 1 crédito de libre configuración.

4.3.4 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

1 Apoiamos a 1ª edición do Concurso de Monólogos Monolingües que se desenvolveu o 24 de novembro de 2004, cun importante éxito de participación, público e seguimento por parte da prensa.

• Seguimento da organización e planificación do Concurso

• Publicidade: notas de prensa

• Xestión

2 Apoiamos a exhibición da obra de teatro “Bicos con lingua”, do grupo Talía.

• Seguimento da organización

• Publicidade: notas de prensa

• Xestión

3 Apoiamos a convocatoria dos primeiros “Premios á calidade lingüística dos traballos académicos” (xa vista para Psicoloxía)

4.3.5 Escola Politécnica Superior e Facultade de Matemáticas

Apoiamos a organización de cadanseu “Curso de webs docentes en galego”.

• Coordinación coas cnl, co Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), e cos técnicos de Asesoramento e Terminoloxía do SNL (que se encargaron da docencia de varias sesións).

• Xestións varias

• Seguimento da organización

• Actuacións necesarias para incluír estes dous cursos dentro do Programa de Formación e Innovación Docente.

4.3.6 Administración e Dirección de Empresas

A Área de Dinamización elaborou os contidos dun folleto de presentación da CNL (acción planificada pola CNL e para a cal se recibira unha subvención da DXPL no marco da addenda do ano 2004). Dada a escaseza de medios (só se contaba con

(38)

subvención para a súa edición pola Imprenta Universitaria), encargouse tamén do deseño do folleto e da obtención das imaxes necesarias.

O folleto xa está en poder da CNL, que procederá ao seus espallamento a principios do vindeiro curso académico.

(39)

Responsable da área

Xusto A. Rodríguez Río

5 Terminoloxía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

5.1.2 O bUSCatermos: presentación e impacto 5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

5.2.1 Vocabularios

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos 5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de botánica 5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm 5.4 O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos 5.5 Produtos Realiter

(40)

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)

O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas puntualmente, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os traballos de terminoloxía sistemática realizados ou coordinados polo Servizo, así como algúns editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria.

Durante o curso de referencia o traballo centrouse na depuración dos datos nel recollidos e en mellorar a calidade da información existente, co fin de potenciar o seu uso a través de bUSCatermos.

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

(41)

Como acabamos de indicar, a inclusión de novas fontes non foi un obxectivo prioritario do labor deste ano. Aínda así, engadimos de xeito íntegro os repertorios seguintes:

López Taboada, C. (1998): Diccionario do seguro en lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-Dirección Xeral de Política Lingüística;

Barcelona: Wintenthur Ibérica

Rodríguez Río, X. (coord.) (2004): Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela-Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

O traballo de depuracion e reelaboración do material presente na base de datos é o que explica que –a pesar de que se engadiron dous repertorios íntegros e máis de 200 fichas de elaboración propia– o número total de fichas non aumentara. Seguimos, xa que logo, con pouco máis de 125 000 fichas terminolóxicas, e máis de 160 000 denominacións galegas.

5.1.2 O bUSCatermos: presentación e impacto

O bUSCatermos é unha interface que permite consultar desde calquera equipo informático pertencente ao dominio da USC o BD_SNL a través de Internet. Unha descrición máis detallada das súas características pode lerse en http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm

Ao longo deste curso, o obxectivo foi difundir entre a comunidade da USC a existencia da ferramenta e dinamizar o seu uso na medida do posible. Desde o pasado 1 de

(42)

outubro e ata o día en que se redactan estas liñas (30 de xuño de 2005) o bUSCatermos recibiu un total de 14 250 consultas.

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

5.2.1 Vocabularios

Durante o curso 2004-05 dedicouse un esforzo maior a este traballo, acadando avances significativos no proceso de elaboración do Vocabulario xeral de medicina e do Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

Ademais, durante estes últimos meses déronse os primeiros pasos para a elaboración dun “Léxico forestal” (título provisional). Despois de constituír o equipo de traballo, formado por docentes da Escola Politécnica Superior e por un técnico do SNL, actualmente estase elaborando a árbore que fixará a estrutura temática e determinando os conceptos que se consideran relevantes como para formar parte do léxico.

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos

Neste período de tempo puxemos en marcha tamén unha iniciativa orientada a aproveitar o material existente no BD_SNL para crear outro tipo de produtos terminolóxicos; en concreto, dicionarios temáticos personalizados.

No contorno do paquete ofimático Office chámaselles dicionario personalizado a unha lista de palabras que non aparecen recollidas no dicionario estándar dese paquete, pero que un autor desexa que o seu corrector ortográfico recoñeza como correctas.

Como os autores de documentación técnica en galego se queixan con frecuencia de que os correctores marcan como errónea moita terminoloxía, creando dúbidas e inseguridades entre os usuarios, comezamos a traballar na elaboración de dicionarios personalizados por áreas temáticas. Isto implica agrupar toda a terminoloxía técnica dunha área de especialidade recollida no BD_SNL, ver cál existía previamente no corrector ortográfico, e agrupar a non-existente nun arquivo de texto que se pode cargar como dicionario personalizado no paquete Office, e ser activado ou desactivado á vontade do usuario.

Nestes momentos está elaborada a versión beta do primeiro deles (pertencente á área de Química), a cal está sendo probada por unha serie de usuarios para detectar as súas eivas, antes de comezar coa súa difusión pública.

5.3 Difusión de terminoloxía

(43)

5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de botánica

O glosario Termos esenciais de botánica, primeiro título da colección “Termos esenciais de…”, publicouse a finais do curso 2003-04 pero foi neste cando se publicitou a súa existencia e se distribuíu entre as persoas interesadas.

Este labor de difusión realizouse fundamentalmente na Escola Politécnica Superior, en colaboración coa Comisión de Normalización Lingüística dese centro, e concretouse nun acto de presentación e no establecemento dun posto de entrega de exemplares na propia Escola durante todo un mes.

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

Durante o curso 2004-2005 a Área de Linguaxes de Especialidade mantivo a súa colaboración co sitio web Canalciencia.com e seguiu editando a sección Un idioma preciso, na que se comentan casos dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística.

Ata finais de xuño de 2005, levábanse publicados 54 artigos, cunha periodicidade de dous mensuais. O éxito da iniciativa medrou durante este curso –se o medimos por un dato obxectivo como o número de visitas á páxina–, xa que pasou de arredor de 2000 mensuais hai agora un ano a unha media de 5000 mensuais no pasado trimestre (marzo, abril e maio).

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Terminoloxía.1

1 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

(44)

Neste momento a lista conta con máis de 150 persoas subscritas e neste ano académico cruzáronse unhas 110 mensaxes das máis diversas áreas de especialidade.

5.4 O Rexistro de proxectos terminolóxicos

Actualmente, no web do SNL séguese mantendo activo o Rexistro de proxectos terminolóxicos (http://www.usc.es/~snlus/rexistro.htm) que se creou durante o curso 2001-2002 e no que se recollen 14 proxectos.

Pero amais, o seu deseño e contidos estanse renovando nestas semanas, dentro dun proxecto máis amplo de redeseño e actualización de todo o sitio web do SNL.

5.5 Produtos Realiter

O SNL forma parte da Rede Panlatina de Terminoloxía, e como tal participa na elaboración dos equivalentes en lingua galega dos glosarios, léxicos e vocabularios multilingües promovidos pola dita rede.

Durante o curso 2004-2005 colaborouse na realización dos seguintes produtos:

♦ Glosario panlatino de biotecnoloxía: Mellora xenética de plantas e cultivo de tecidos, promovido polo Centro LexTerm, da Universidade de Brasilia.

(45)

♦ Glosario panlatino das normas ISO de terminoloxía, promovido por TERMAR, Grupo Argentino de Terminología.

♦ Vocabulario panlatino de hemodinámica, promovido pola Associazione Italiana pera la Terminologia.

♦ Léxico panlatino de contratos de comercio internacional, promovido pola Universidade de París VIII.

Referencias

Documento similar

♦ Curso de Unidades Didácticas. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Facultade de Psicoloxía. Santiago de