• No se han encontrado resultados

Servizo de hospedaxe web

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Servizo de hospedaxe web"

Copied!
15
0
0

Texto completo

(1)

Servizo de hospedaxe web

Transferencia de arquivos mediante protocolo SFTP

Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións Unidade de Sistemas

http://www.usc.es/atic/sistemas

(2)

Táboa de contidos

1. Introdución...3

1.1. ¿Que é SFTP?...3

1.2. ¿A quen vai dirixido este manual?...3

2. Descarga e instalación de FileZilla...4

3. Configuración inicial de FileZilla...9

4. Transferencia de arquivos ao servidor...13

(3)

1. Introdución

O presente manual documenta o procedemento a seguir para a transferencia de arquivos mediante o protocolo SSH File Transfer Protocol (SFTP).

1.1. ¿Que é SFTP?

SFTP é un protocolo que permite establecer conexións seguras para transferencia de arquivos. A diferencia do clásico FTP, SFTP facilita un canal de datos cifrado que protexe a comunicación entre o cliente e o servidor.

Pode atopar mais información en http://es.wikipedia.org/wiki/SSH_File_Transfer_Protocol 1.2. ¿A quen vai dirixido este manual?

Este manual vai dirixido especialmente aos administradores de contidos no servizo de hospedaxe web da USC.

Pode atopar mais información sobre este servizo en http://www.usc.es/atic/web

(4)

2. Descarga e instalación de FileZilla

Na actualidade existen moitos programas comerciais e gratuítos que permiten a transferencia de ficheiros mediante o protocolo SFTP. Nós imos amosar como se utiliza FileZilla, comezando pola súa descarga e instalación.

1. Co seu navegador web acceda á dirección http://filezilla-project.org/

2. Prema no botón “Download FileZilla Client (All platforms)”.

3. Na páxina que se amosa prema no enlace de descarga correspondente á súa plataforma (Windows, Linux, MacOS X) e garde o ficheiro instalador no seu ordenador (é posible que a descarga non se inicie ata pasados uns segundos).

4. Faga dobre clic sobre a icona do instalador que descargou no apartado anterior.

5. Se lle aparece unha ventá cunha advertencia de seguridade na que se lle pide confirmación para iniciar a instalación, acéptea premendo no botón “Ejecutar”.

6. Igualmente, se lle aparece unha ventá de control de contas de usuario que lle pide permiso para

(5)

iniciar a instalación, acéptea premendo no botón “Sí”.

7. Acepte a licencia de uso de FileZilla premendo no botón “I Agree”.

8. Marque para cales usuarios do seu ordenador persoal vai estar dispoñible FileZilla. Pode elixir entre darlle acceso a todos os usuarios (Anyone who uses this computer (all users)) ou darse acceso unicamente a vostede mesmo (only for me). Calquera das dúas opcións é válida. A continuación prema no botón “Next >”.

(6)

9. Seleccione que partes do programa quere instalar. As opcións por defecto son axeitadas, pero se desexa que lle apareza unha icona no escritorio para iniciar o programa marque a derradeira opción

“Desktop Icon”. Prema no botón “Next >”.

10. De seguido pregúntaselle onde quere instalar o programa. Se non sabe onde pólo é aconsellable que

(7)

utilice a opción por defecto. Prema no botón “Next >”.

11. E finalmente defina o texto que desexa que lle apareza no menú Inicio. Prema no botón “Install”.

12. Logo dunha ventá na que se amosa o avance da instalación aparece outra que lle informa que xa rematou. Se non quere usar FileZilla neste momento desmarque a caixa “Start FileZilla now” e

(8)

prema no botón “Finish”.

(9)

3. Configuración inicial de FileZilla

Antes de comezar a usar FileZilla para transferir os ficheiros ao seu sitio web, é preciso facer uns lixeiros axustes á súa configuración para facilitarlle o seu traballo.

1. Abra FileZilla facendo dobre clic na icona do escritorio (se é que a creou no apartado 9 do proceso de “Descarga e instalación de FileZilla”), ou na entrada do menú inicio (se a creou no apartado 11 do proceso de “Descarga e instalación de FileZilla”).

2. Aparece a ventá do programa cunha caixa de benvida. Prema no botón “Aceptar”.

3. Unha vez na ventá principal do programa, prema na icona da esquerda da barra de botóns que se atopa na parte superior (ATENCIÓN: prema na icona, NON no pequeno triángulo negro ao seu carón).

4. Aparece unha nova ventá. Prema no botón “Nuevo sitio”.

5. No panel da esquerda, xusto debaixo do título, aparece unha caixa que lle permite inserir un nome que lle facilite identificar o acceso aos ficheiros do seu sitio web.

6. No panel da dereita, na pestana “General”, debe indicar os datos de conexión co servidor. No caso de que se desexe acceder ao servizo de hospedaxe web da USC, cubra o formulario cos

(10)

datos indicados no correo electrónico de confirmación de creación do espazo web recibido no proceso de alta.

Servidor : www-php2.usc.es

Puerto : déixeo baleiro

Protocolo : SFTP - SSH File Transfer Protocol

Modo de acceso : Normal

Usuario : o facilitado na mensaxe de correo electrónico de confirmación

Contraseña : a facilitada na mensaxe de correo electrónico de confirmación 7. Prema na pestana “Avanzado” para continuar coa configuración.

8. Se ten definida unha carpeta local na que almacena todos os ficheiros que vai subir ao servidor web prema no botón “Examinar...”.

(11)

9. Localice a carpeta local na que almacena todos os ficheiros que vai subir á súa web, prema sobre ela e, finalmente, prema sobre o botón “Aceptar”.

10. Escriba agora na caixa chamada “Directorio remoto predeterminado:” o texto /home/USUARIO/public_html onde USUARIO é o mesmo que usou no apartado 6 desta sección.

(12)

11. Prema no botón “Aceptar” que se atopa na parte inferior central da ventá.

(13)

4. Transferencia de arquivos ao servidor

Se ten FileZilla instalado e configurado xa pode comezar a usalo para trasladar os arquivos da súa web ao servidor.

Para facilitar a xestión nós recomendámoslle que sempre teña unha carpeta no seu ordenador local na que almacene, de xeito ordenado e ben estruturado, todos os ficheiros que forman parte da súa web, tanto para centralizar a xestión dos mesmos como para evitar ter enlaces rotos entre as páxinas.

Durante o resto deste manual imos supoñer que vostede ten creada esta carpeta e preparados os ficheiros que forman parte da súa web.

1. Abra o programa FileZilla.

2. Prema na pequeno triángulo negro que aparece ao carón da primeira icona da esquerda da barra de botóns (ATENCIÓN: prema no triángulo, NON sobre a icona). No menú despregable que aparece, prema no elemento que lle da acceso aos ficheiros do servidor web, tal e como o creou no apartado 6 da sección anterior “Configuración inicial de FileZilla”.

3. A primeira vez que acceda ao sitio aparecerá unha ventá que lle informa sobre a clave do sitio descoñecida. Marque a caixa “Confiar siempre en este sitio, añadir su clave a la caché”

e prema no botón “Aceptar”.

4. Aparécelle a ventá do programa. Os dous módulos da esquerda amosan os ficheiros e carpetas no seu ordenador local, mentres que os da dereita amosan os ficheiros e carpetas no servidor.

(14)

5. Para subir os ficheiros ao servidor non ten máis que arrastrar os ficheiros dende o panel do seu ordenador local (o da esquerda ) ao do servidor (oda dereita).

6. Premendo co botón dereito nun ficheiro situado no panel de ficheiros do servidor (o da dereita) ten dispoñibles unha serie de accións que lle poden ser útiles para xestionar os ficheiros unha vez xa os teña subidos.

(15)

Referencias

Documento similar