• No se han encontrado resultados

Sociedade Medieval e Cultura Cortés

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Sociedade Medieval e Cultura Cortés"

Copied!
20
0
0

Texto completo

(1)

FACULTADE DE FILOLOXÍA

FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

MÁSTER OFICIAL

ESTUDOS MEDIEVAIS EUROPEOS: IMAXES, TEXTOS E CONTEXTOS

Sociedade Medieval e

Cultura Cortés

Pilar Lorenzo Gradín

Mª. Luz Ríos Rodríguez Rocío Sánchez Ameijeiras José António Souto Cabo

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2020/2021

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

AUTORES: Pilar Lorenzo Gradín, Mª. Luz Ríos Rodríguez, Rocío Sánchez Ameijeiras, José António Souto Cabo

Edición electrónica. 2020

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Fica prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

-Nome e código: Sociedade Medieval e Cultura Cortés, P5091203.

-Tipo de materia: Optativa.

-Número de créditos teóricos e prácticos: A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.

- Cuadrimestre: 2º.

-Prerrequisitos recomendados: Capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.

- Cronograma Horario: 16h-18h.

Marzo: 3, 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24.

Abril: 5, 6, 7, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 27, 28.

-Profesores que a imparten (indicando a área de coñecemento a que están adscritos). A materia será impartida por cinco profesores da Universidade de Santiago:

Dra. Pilar Lorenzo Gradín (Área de Filoloxía Románica) (1,5 crédito). G a b i n e t e 206 (Facultade de Filoloxía) Ext. 11826. pilar.lorenzo@usc.es

Dra. M.ª Luz Ríos Rodríguez (Área de Historia medieval) (1,5 crédito). G a b i n e t e 25 (Facultade de Xeografía e Historia) Ext. 12620. marialuz.rios@usc.es.

Dra. Rocío Sánchez Ameijeiras (Área de Historia da Arte) (1,5 crédito). Gabinete 202 (Facultade de Xeografía e Historia). Ext.

12597. mdelrocio.sanchez@usc.es.

Dr. José Antonio Souto Cabo (Área de Filoloxía Galega e Portuguesa) (1,5 créditos).

G a b i n e t e 224 (Facultade de Filoloxía). Ext. 22822.

(4)

joseantonio.souto.cabo@usc.es

-Lingua(s) en que se imparte: Galego, Castelán.

-Horario e lugar de titorías. O horario que se estabeleza estará suxeito ás obrigas académicas de cada un dos profesores; se houbese algún cambio, seralles comunicado aos alumnos durante o desenvolvemento do curso. Deben consultar o horario de titorías no sitio web correspondente.

Pilar Lorenzo Gradín. Gabinete 25 (Facultade de Xeografía e Historia).

Mª. Luz Ríos Rodríguez. Gabinete 25 (Facultade de Xeografía e Historia).

Rocío Sánchez Ameijeiras. Gabinete 202 (Facultade de Xeografía e Historia).

José António Souto Cabo. Gabinete 242 (Facultade de Filoloxía).

-Páxina web recomendada: http://www.usc.es/filrom/teaching/master/

-As clases impartiranse no Seminario de Historia da Arte. Facultade de Xeografía e Historia.

2. SENTIDO DA MATERIA NO PROCESO FORMATIVO DO MÁSTER

A materia cobre un aspecto fundamental na cultura medieval, xa que trata das principais características da cultura cortés, que se abordan a partir de diferentes parámetros. Na materia ofrecerase, en concreto, una introdución histórica e a análise das manifestacións escritas e visuais dos tópicos principais dunha cultura que, aínda que nace na corte, non se circunscribe exclusivamente ao ámbito laico, senón que abarca tamén o eclesiástico.

3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA

-Potenciar unha aproximación crítica ao fenómeno da sociedade estamental e aos variados sistemas de construción dun ideario nobiliario tardomedieval.

-Dotar o alumnado dun coñecimento crítico sobre a figura do cabaleiro por medio de exemplos que expresen a súa coraxe, virtude e honra.

-Potenciar un achegamento crítico ao carácter representacional das manifestacións visuais relacionadas coa morte na sociedade tardomedieval.

(5)

-Dotar o alumnado de ferramentas críticas e de análise para abordar a interpretación da literatura cortés, tanto na súa configuración amorosa como satírica.

-Dotar o alumnado de modelos analíticos na abordaxe do discurso visual sobre o amor e a sátira na sociedade medieval.

-Potenciar no alumnado a conciencia da necesidade dun achegamento multidisciplinar ao estudo da cultura cortesá tardomedieval.

-Potenciar no alumnado a reflexión crítica sobre a metodoloxía utilizada nos estudos culturais tardomedievais.

4. CONTIDOS, TEÓRICOS E PRÁCTICOS Tema 1. A sociedade feudal.

1.1. Concepción ideolóxica e realidade histórica.

1.2. Evolución e análise crítica dos cambios acaecidos na sociedade baixomedieval.

1.3. A nobreza laica e os cambios na mentalidade, ideoloxía e función.

Tema 2. Amor e sátira na cultura visual medieval.

2.1. Tópica sobre o amor na cultura visual medieval: os espazos, os regalos, os xestos, as metáforas orgánicas.

2.2. A sátira na Idade Media e a imaxinería marxinal: dos beirados das igrexas ás marxes dos manuscritos.

Tema 3. O ideal cortés na literatura: aspectos críticos, dialéctica e inversión.

3.1. O debate sobre o 'amor cortés' nos trobadores occitanos. Guilhem de Peitieu, Marcabru e Bernart de Ventadorn

3.2. A polémica da materia tristaniana. O amor cortés fronte aos principios cristiano- feudais

3.2.1. Béroul e Thomas d'Angleterre.

3.2.2. O 'Cligès' de Chrétien de Troyes. A intertextualidade como arma estética e ideolóxica.

3.3. A codificación da poética cortés e a súa parodia. Cantigas de escarnio e maldizer.

Poesía realista italiana. Roman de Renart.

3.3.1. A inversión da muller ideal.

3.3.2. Selección de tópicos trobadorescos. O servizo amoroso. A morte por amor.

3.4. A sátira da militia nas cantigas galego-portuguesas.

(6)

3.4.1. As campañas da Reconquista andaluza.

3.4.2. A guerra civil portuguesa 1245-1247

Tema 4. A adopción da lírica cortés no ámbito aristocrático galego e portugués.

4.1. A poesía medieval galego-portuguesa.

4.1.1. Panorámica xeral.

4.1.2. Puntos críticos. A reconstitución das coordenadas espacio-temporais.

4.2. A situación socio-política dos reinos de Galiza e de Portugal entre 1157 e 1230.

4.2.1. As casas reais e a aristocracia da corte.

4.2.2. As grandes liñaxes: Braganças, Cabreras, Minervas, Travas, Urgell, Vélaz etc.

4.2.3. O poder relixioso.

4.3. O panorama cultural.

4.3.1. Literatura e expresión artística. A cultura como emblema político.

4.3.2. O problema das orixes da lírica galego-portuguesa. Hipóteses.

4.3.3. As redes sociais e a expansión do trovadorismo.

4.3.4. Outros aspectos da cultura literaria da aristocracia galega na Idade Media.

4.4. Poetas e cabaleiros: Joam Vélaz, Joam Soarez de Paiva, Osório Eanes, Pedro Pais Bazaco, Rodrigo Dias dos Cameros, Munio Fernandez de Mirapeixe, Fernando Pais de Tamalhancos, Joam Soarez Somesso, Nuno Eanes Cérceo, Airas Fernandez Carpancho, Pedro Garcia de Ambroa, Lopo Lias.

5. BIBLIOGRAFÍA Tema 1

Aguiar, Miguel. Cavaleiros e cavalaria: ideologia, prácticas e rituais aristocráticos em Portugal nos séculos XIV e XV. Teodolito, Lisboa, 2018.

Álvarez Borge, I. Sobre nobleza, rentas regias y señoríos en Castilla la Vieja, c.

1290-c. 1350. Anuario de estudios medievales, nº 50, 1, 2020. Disponible en:

https://dialnet.unirioja.es/revista/112/A/2020

Beceiro Pita, I (dir.), Poder, piedad y devoción: Castilla y su entorno (siglos XII- XV).Madrid, Silex, 2014.

Beceiro Pita, I.-Córdoba de la Llave, R., Parentesco, poder y mentalidad. La nobleza castellana. Siglos XIII- XV. Madrid, CSIC, 1990.

(7)

Bisson, Thomas N., La crisis del siglo XII. El poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea. Crítica. Barcelona, 2010.

Cardini,F., Alle radici della caballería medievale. Firenze, La Nuova Italia, 1987.

Correa Arias, F., A Casa de Andrade,1160-1540.Nobreza, mentalidade e ideoloxía na Galicia baixomedieval, Noia,Toxosoutos, 2009.

Dacosta, A., Los linajes de Bizkaia en la Baja Edad Media: Poder, parentesco y conflicto, Universidad de Deusto, Servicio de Publicaciones, 2003.

Dacosta, A.-Prieto Lasa, J.R.-Díaz de Durana, J.R.(eds.), La conciencia de los antepasados: la construcción de la memoria de la nobleza en la Baja Edad Media, Madrid, Marcial Pons,2014.

Díaz de la Guardia y López, L. El poder feudal como origen de hidalguía en la Baja Edad Media castellana: un ejemplo del señorío de Villena, Espacio, tiempo y forma. Serie III, Historia medieval, n.º 18, 2005, 129-168. Disponible en:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2004245 Duby, G., Guillermo el Mariscal, Madrid, Alianza, 1985.

Fernández Suárez, G .F., La nobleza gallega entre los siglos XIV y XV. Los Sarmiento, Condes de Ribadavia. Santiago de Compostela. El Eco Franciscano, 2002.

Fleckenstein, J. , La Caballería y el mundo caballeresco. Madrid, Siglo XXI, 2006.

Franco Silva, A., La fortuna y el poder. Estudios sobre las bases económicas de la aristocracia castellana (siglos XV-XVI), Cádiz, Servicio de Publicaciones de la

Universidad de Cádiz, 1996.

Gerbert, M.C., Las noblezas españolas en la Edad Media. Ss. XI-XV, Madrid, Alianza,1997.

Heusch, C., Caballería castellana en la Baja Edad Media: textos y contextos.

Montpellier, Université de Montpellier III,2000.

Jara Fuente, J.A. (coord.) Discurso político y relaciones de poder: ciudad, nobleza y monarquía en la Baja Edad Media, Dykinson, Madrid, 2017.

Keen, M., La caballería, Barcelona, Ariel,2008. Disponible en:

https://es.scribd.com/document/402885212/Maurice-Keen-Chivalry-1984-Yale- University-Press-pdf

Martín, José-Luis; Serrano-Piedecasas, Luis. (1991), “Tratados de caballería.

Desafíos, justas y torneos”, Espacio, Tiempo y Forma, Serie III, Historia medieval nº 4, 1991, 161-242. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/revista/516/A/1991

Monsalvo Antón, J.M. Los conflictos sociales en la Edad Media. Síntesis, Madrid,

(8)

2016.

Nieto Soria, J.M., Iglesia y génesis del Estado Moderno en Castilla1369-1480, Madrid, Editorial Complutense, 1994.

Pascua Echegaray, Esther. Nobleza y caballería en la Europa medieval. Madrid, Síntesis, 2017.

Pardo de Guevara y Valdés, E.J. De linajes, parentelas y grupos de poder:

aportaciones a la historia social de la nobleza bajomedieval. Madrid, 2012.

Paredes Mirás, M.P., Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media, Noia, Toxosoutos, 2002.

Pizarro de SottoMayor, J.A. , Linhagens medievais portuguesas: genealogías e estratégias (1279-1325). Porto. Universidade do Porto, 1999.

Porro, N.R. La investidura de armas en Castilla: del Rey Sabio a los Católicos.

Valladolid,1998. Quintanilla Raso, M. C., La nobleza señorial en la Corona de Castilla, Granada, Universidad de Granada, 2008.

Prestwich, M. , Caballero: manual (no oficial) del guerrero medieval, Madrid, Akal, 2011.

Rodríguez-Picavea Matilla, E. Nobleza y sociedad en la Castilla bajomedieval. El linaje Padilla en los siglos XIV-XV. Studia Historica. Historia medieval, n.º 33, 2015.

Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/revista/1378/A/2015.

Rodríguez Velasco,J. Order and chivalry. Knightood and citizenship in Late Medieval Castile. Penn Press , 2010 .

Rodríguez Velasco, J. El debate sobre la caballería en el siglo XV: la tratadística caballeresca castellana en su marco europeo. Valladolid, 1996.

Scaglione, A.D. Knights at court: courtliness, chivalry, & courtesy from Ottonian Germany to the Italian Renaissance. Berkeley, 1991.

Torres Jiménez, R y Ruiz Gómez, F. (eds.), Órdenes Militares y construcción de la sociedad occidental (Siglos XII-XV), Madrid, Sílex Universidad, 2016.

Varios autores: Discurso, memoria y representación. La nobleza peninsular en la Baja Edad Media. Gobierno de Navarra, 2016 .Disponible en:

http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/DA399C57-3C97-4D44-B9D7- 1E81B9EF4A4D/350170/6megasSemanasMedievales_42_2.pdf

Varios autores: El estamento nobiliario. Poder político y económico. Anuario de estudios medievales, nº 37, 2, 2007. Disponible en:

https://dialnet.unirioja.es/revista/112/A/2007

(9)

Varios autores: Entre la competencia y la cooperación. Modelos de relación ciudad- nobleza a fines de la Edad Media. Edad Media: revista de historia., n.º 19, 2018.

Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/revista/452/A/2018

Varios autores: Nobleza bajomedieval en Castilla. Studia historica. Historia medieval, n.º 34, 2016. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/revista/1378/A/2016

Bases de datos, revistas y libros electrónicas en BUSC:

http://sp.bugalicia.org/san/subjects/databases.php?letter=bysub&subject_id=2.

http://sfx.bugalicia.org/san/az/

http://sp.bugalicia.org/san/subjects/databases.php?letter=bytype&type=Libros

%20electr%C3%B3nicos Otras:

https://dialnet.unirioja.es/

http://www.fordham.edu/halsall/sbook.html

Tema 2

Jager, E., The Book of the Heart, London, The University of Chicago Press, 2000.

Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y en el Renacimiento, Madrid, Alianza, 1987.

Camille, M., The Medieval Art of Love. Objects and Subjects of Desire, New York, Laurence King, 1988.

Camille, M., Image on the Edge. The Margins of Medieval Art, Harvard (Cambridge), Harvard University Press, 1992.

Love, Sex and Marriage in the Middle Ages. A Sourcebook, edited by Conor McCarthy, London, Routledge, 2004.

McIlwain Nishimura, M., Images in the Margins, Los Angeles, John Paul Guetty Museum, 2009.

Randall, Lillian M. C., Images in the Margins of the Gothic Manuscripts, Berkeley, University of California Press, 1966.

Stanbury, S., The Visual Object of Desire in Late Medieval England, Philadelphia, The University of Pennsylvania Press, University Park, 2008.

Tema 3

Azcárate Ristori, J. Mª., Arte gótico en España, Madrid, Cátedra, 1990.

(10)

Carriazo Rubio, J. L., La memoria del linaje. Los Ponce de León y sus antepasados a fines de la Edad Media, Sevilla, Universidad de Sevilla, Ayuntamiento de Marchena, 2002.

Duchet-Suchaux, G. (dir.), Iconographie médiévale: image, texte, contexte, Paris, CNRS, 1990.

Fernández de Larrea, J. A.-Díaz de Durana, J. R. (eds.), Memoria e Historia.

Utilización política en la corona de Castilla al final de la Edad Media, Madrid, Sílex, 2010.

Gibello Bravo, V. M., La imagen de la nobleza castellana en la Baja Edad Media, Cáceres, Universidad de Extremadura, 1999.

Lida de Malkiel, M. R., La idea de la fama en la Edad Media castellana, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1983.

Núñez Rodríguez, M., La idea de inmortalidad en la escultura gallega. La imagen funeraria del caballero, Ourense, Diputación Provincial de Ourense, 1985.

Núñez Rodríguez, M., “El caballero, su panegírico y la conjuración del miedo”, Semata l0, 1999, pp. 361-388.

Palencia Herrejón, J. R., “Elementos simbólicos de poder de la nobleza urbana en Castilla: los Ayala de Toledo al final del Medievo”, En la España Medieval, 18, 1995, pp. 163-179.

Pastor de Togneri, R., Relaciones de poder, de producción y de parentesco en la Edad Media y Moderna: aproximación a su estudio, Madrid, CSIC, 1990.

Yarza Luaces, J., La nobleza ante el rey. Los grandes linajes castellanos y el arte en el siglo XV, Madrid, El Viso, 2003.

Tema 4

Alvar, C., Poesía de Trovadores, Trouvères y Minnesinger (de principios del siglo XII a fines del siglo XIII). Antología, Madrid, Alianza Tres, 1995.

Antonelli, R.-Sapegno, M. S., L’Europa degli scrittori. Storia, centri, testi della letteratura italiana ed europea. 1a. Dalle origini al Trecento: la formazione del canone, Milano, La Nuova Italia, 2008.

Arbor Aldea, M., “Voz e voces na lírica profana galego-portuguesa: de Airas Moniz a don Afonso Sanchez”, La lirica romanza del Medioevo. Storia, tradizioni, interpretazioni, a cura di F. Brugnolo e F. Gambino, Padova, Unipress, 2009, vol. II, pp.

(11)

531-558 (accesíbel en http://www.academia.edu).

Arias Freixedo, X. B., Antoloxía da lírica galego-portuguesa, Vigo, Xerais, 2003.

Beltrán, V., A cantiga de amor, Vigo, Xerais, 1995.

Boitani, P. et alii, Lo spazio letterario del Medioevo. 2: Il Medioevo volgare, Roma, Salerno, 1999-2002, 5 vols.

Bologna, C.-Rocchi, P., Rosa Fresca Aulentissima. 1. Dalle origini a Boccaccio, Torino, Loescher, 2010.

Brea, M. (coord.), Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1996, 2 vols.

Brea, M.-Lorenzo Gradín, P., A cantiga de amigo, Vigo, Xerais, 1998.

Brea, M.-Rossell, A., El roman de Flamenca: novela occitana del siglo XIII, México, Arlequín, 2010.

Cabana, D. X., Antoloxía do Doce Estilo Novo, Vigo, Galaxia, 2004.

Creixell Vidal-Quadras, I., De amore / Andreas Capellanus = Tratado sobre el amor / Andrés el Capellán, Barcelona, Sirmio, 1990.

Di Girolamo, C., I trovatori, Torino, Bollati Boringhieri, 1989.

Luperini, R.-Cataldi, P., La scrittura e l’interpretazione. Storia della letteratura italiana nel quadro della civiltà e della letteratura dell’Occidente. I. Dalle origini alla letteratura umanistica e rinascimentale, Firenze, G. B. Palumbo & C. Editore, S. P. A., 1999.

Lanciani, G.-Tavani, G., As cantigas de escarnio, Vigo, Xerais, 1995.

Le Goff, J., La civilización del occidente medieval, Barcelona, Paidós, 1999.

Lorenzo Gradín, P., “Ideal caballeresco y sátira personal en la lírica gallegoportuguesa”, Cecco Angiolieri e la poesia satirica medievale. Atti del Convegno Internazionale, Siena, 26-27 ottobre 2002, a cura di S. Carrai e G. Marrani, Firenze, Edizioni del Galluzzo, 2005, pp. 159-195.

Manetti, R., Flamenca. Romanzo occitano del XIII secolo, Modena, Mucchi, 2008.

Miranda, J. C. Ribeiro, Aurs mesclatz ab argen. Sobre a primeira geração de trovadores galego-portugueses, Porto, Guarecer, 2004.

Monteagudo, H., Letras primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios

(12)

da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008.

Oliveira, A. Resende de, O Trovador galego-português e o seu mundo, Lisboa, Notícias, 2001.

Riquer, M. de, Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, Planeta, 1975, 3 vols.

Souto Cabo, J. A., Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa, Niterói, Editora da UFF, 2012.

Tavani, G., Trovadores e jograis. Introdução à poesia medieval galegoportuguesa, Lisboa, Caminho, 2002.

Corpora textuais-Bibliografía en rede

BEdT. Bibliografia elettronica dei Trovatori:

http://w3.uniroma1.it/bedt/-BEdT_03_20/index.aspx

BiRMED. Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval:

http://www.-cirp.es

Cantigas Medievais Galego Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt

Corpus des troubadours:

http://trobadors.iec.cat/autors_d.asp

MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa:

www.cirp.es

Rialto. Repertorio informatizzato dell’antica letteratura trobadorica e occitana:

http://www.rialto.unina.it/

Lucía Megías, J. M., Literatura románica en Internet. Los textos, Madrid, Castalia, 2002.

Lucía Megías, J. M.-Vargas Díaz-Toledo, A. (coords.), Literatura románica en Internet. Las herramientas, Madrid, Castalia, 2006.

6. COMPETENCIAS QUE SE DEBEN CONSEGUIR

-Coñecemento por parte do alumnado das características básicas da sociedade feudal e dos seus parámetros culturais.

-Coñecemento por parte dos alumnos da cultura cabaleiresca e da cultura da morte relacionada cos cabaleiros na época medieval.

(13)

-Capacidade por parte do alumnado para coñecer as limitacións ou as contradicións xurdidas da oposición tradicionalmente estabelecida entre cultura cortesá e cultura clerical.

-Coñecemento das características esenciais da literatura medieval a través da análise dos textos e autores máis representativos.

-Capacidade para identificar os tópicos referidos ao amor cortés.

-Coñecemento dos mecanismos de inversión do código cortés na literatura satírica en lingua romance.

-Capacidade para analizar o discurso visual sobre o amor e os códigos particulares da sátira na Idade Media.

-Manexo por parte do alumnado das novas metodoloxías de interpretación da cultura visual tardomedieval.

-Fomento entre os estudantes da necesidade de proceder a unha abordaxe interdisciplinar no estudo da cultura medieval.

7. METODOLOXÍA E RECURSOS

A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno.

Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30%

do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.

As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:

1. Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polos profesores. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.

2. Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e á análise de obras de arte medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas dedicadas ao traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos sobre sociedade feudal e cultura cortés. Estas clases prácticas estarán dirixidas polos profesores, pero buscarán a participación activa do alumnado, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, como na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en

(14)

común. Para as clases prácticas tamén se usarán os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.

3. Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, dos traballos que deben realizarse.

As actividades formativas non presenciais incluirán:

1. Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e para a adquisición das competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.

2. Elaboración e redacción dun traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.

8. SISTEMA DE AVALIACIÓN

Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:

1. Avaliación continua; valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.

2. Realización dun traballo academicamente dirixido (dunha extensión máxima de dez folios), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.

O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o estabelecido no RD 1125/2003 de 5 de setembro.

O sistema de evolución será o mesmo en calquera das dúas oportunidades (maio e xullo A data final de entrega dos traballos será o 31 de maio de 2021 para a primeira oportunidade e o 21 de xuño para a segunda. Deberase entregar unha copia impresa a cada profesor.

Os alumnos que teñan dispensa oficial para asistir ás clases terán que presentar outro traballo (de dez páxinas) que se lle indicará o día da presentación do módulo.

(15)

Nos traballos das materias debe evitarse toda forma de plaxio e, mesmo, de autoplaxio.

Isto è, non é lícito aproveitar partes duns traballos noutros aínda que sexan da autoría do mesmo estudante.

Terase, por tanto, especial vixilancia con esta práctica. Cando nun traballo se detecte a copia literal (total ou parcial), dun parágrafo exacto ao escrito noutro traballo, porase en coñecemento do estudante para que o modifique. No caso de que non teña en conta estas indicacións, o traballo pode ser cualificado como Suspenso. En calquera caso, queda sometida á decisión do grupo de profesores da materia a consideración dos casos particularmente ambiguos.

9. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE ORGANIGRAMA DO DESENVOLVEMENTO DA MATERIA

Cada profesor explicará na sesión de presentación da materia o cronograma de desenvolvemento dos seus temas.

En caso de que o profesor faga uso da plataforma virtual correspondente, as indicacións alí consignadas deben ser seguidas polos alumnos.

Contémplase a posibilidade de realizar unha viaxe de estudos que será vinculada en termos de horas lectivas á disciplina.

RELACIÓN DE TRABALLOS PROPOSTOS

Adxudicaranse os traballos tendo en conta os criterios dos profesores.

(16)

Criterios que deben seguirse para a realización do Traballo monográfico individual

En función do tema da súa elección, cada estudante traballará baixo a tutela dun dos profesores da materia, e dispoñerá de prazo ata o día que aparece fixado na guía docente para entregar a versión definitiva do traballo escrito, que se deberá ater ás seguintes pautas:

-Trátase dun traballo de iniciación á investigación, polo cal ten que combinar as observacións persoais co estado da cuestión sobre o tema.

-É fundamental a observación atenta dos materiais obxecto de estudo.

-Non se debe abusar das citas bibliográficas extensas; é preferíbel recoller as ideas principais e remitir ás obras en cuestión para completar a información.

-Extensión máxima: dez folios, en letra de corpo 12, con interlineado de 1,5 liñas (salvo para as notas a rodapé, que irán en corpo 10).

-Bibliografía: ao final do traballo, seguindo un dos seguintes modelos:

a) Apelido, N. (ano), título, lugar: editorial. // Apelido, N. (ano), “título”, revista, vol., pp. // Apelido, N. (ano), “título”, título da miscelánea, lugar: editorial, pp.

b) Apelido, N., título, lugar: editorial, ano // Apelido, N., “título”, revista, vol., ano, pp.

// Apelido, N., “título”, título da miscelánea, lugar: editorial, ano, pp.

-Referencias bibliográficas no texto do traballo ou en notas a rodapé: abreviadas:

a) Apelido, ano: pp.; b) Apelido, tít.abrev., pp.

-Coidarase de xeito especial a redacción e a puntuación.

-Non pode faltar un índice ao principio do traballo, nin unha breve introdución que explique os obxectivos quese perseguen, nin unha conclusión en que se dea conta dos resultados conseguidos.

(17)

OBSERVACIÓNS

Perante posíbeis escenarios de mudanza e no contexto de incerteza en que nos encontramos, propomos a adopción dalgunhas disposicións, se mudarmos o escenario, conforme indicado en “Bases para o desenvolvemento de ensino presencial seguro 2020/2021” fornecido pola USC. Desa forma, a avaliación proposta no programa sempre será realizada no Escenario 1. Se a evolución do Covid-19 nos levar á adopción de medidas de distancia ou fechamento das instalacións, adoptando os Escenarios 2 e 3, serán implementados os seguintes axustes na avaliación:

No caso de ser implementado o “Escenario 2: distanciamento” definido pola USC

METODOLOXÍA DO ENSINO:

Combinarase a docencia presencial coa virtual.

1) A docencia expositiva será impartida maioritariamente de xeito virtual, a partir do emprego dos mecanismos tecnolóxicos postos a disposición pola USC: aula virtual da materia, correo electrónico, ferramenta TEAMs para conexión síncrona, etc.

A gravación de vídeos coas clases expositivas por parte do profesorado para seren postos a disposición do alumnado na aula virtual complementarase coa posibilidade de impartir algunhas clases a través da ferramenta para vídeo-conferencias e reunións TEAMS. Así mesmo, fornecerase ao alumnado materiais bibliográficos e gráficos de apoio en formato pdf, ppt, así como enlaces a páxinas web e outros materiais audiovisuais on-line que sexan adecuados como complementos de carácter didáctico e formativo.

2) A docencia práctica interactiva será impartida maioritariamente de xeito presencial. Estas clases están pensadas cunha finalidade práctica e de participación activa do alumnado, polo cal se conciben como foros de posta en común de conceptos e métodos de análise e estudo, de resolución de dúbidas, e de ampliación e clarificación de determinados aspectos considerados nas clases expositivas, tendo como marco de

(18)

desenvolvemento a presencialidade na aula. Estas clases prácticas interactivas de carácter presencial constituirán un mecanismo de autoevaluación continua dos coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das clases expositivas e de avance da súa aprendizaxe autónoma.

SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:

Manterase o desenvolvemento dunha avaliación continua integrada por dous elementos complementarios:

1) A porcentaxe de 30% da nota final da materia corresponderá á avaliación de pequenos ensaios de reflexión, comentarios, resumos e recensións sobre cuestión diversas a partir dos materiais bibliográficos, documentais e gráficos fornecidos para tal finalidade polo profesorado, e que dun modo sistemático haberán de ser realizados polo alumnado e entregados por escrito ao profesorado para a súa avaliación (como sistema de seguimento da aprendizaxe). Estas tarefas, que haberán de ter unha especial relevancia na súa realización e posta en común durante as clases interactivas, alternarán a realización individual coa grupal por parte do alumnado. E tamén se incluirá a posta en común e presentación oral dalgunhas destas tarefas durante estas clases interactivas presenciais.

2) A porcentaxe de 70% da nota final da materia corresponderá á realización dun traballo individual de análise e revisión bibliográfica dun aspecto concreto da materia obxecto de estudo desta asignatura. Para iso o profesorado asesorará a cada alumno no deseño estrutural e de bibliográfica básica, e mesmo lle facilitará materiais documentais e/ou gráficos, así como bibliográficos específicos, con que poder desenvolver de xeito óptimo o devandito traballo. Unha vez entregado por correo electrónico no prazo fixado, o profesorado revisará e corrixirá o citado traballo, outorgando a xusta cualificación ao mesmo.

En todas estas tarefas que haberá de realizar e entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento

(19)

No caso de ser implementado o “Escenario 3: peche das instalación” pola USC METODOLOXÍA DO ENSINO:

Só se poderá desenvolver a docencia de modo virtual.

1) A docencia expositiva será impartida exclusivamente en modo virtual, a partir do emprego dos mecanismos tecnolóxicos postos a disposición pola USC: aula virtual da materia, correo electrónico, ferramenta TEAMs para conexión síncrona, etc.

A gravación de vídeos coas clases expositivas por parte do profesorado para seren postos a disposición do alumnado na aula virtual complementarase coa posibilidade de impartir algunhas clases a través da ferramenta para video-conferencias e reunións TEAMS. Así mesmo, entregaranse ao alumnado materiais bibliográficos e gráficos de apoio en formato pdf, ppt, así como enlaces a páxinas web e outros materiais audiovisuais on-line que sexan axeitados como complementos de carácter didáctico e formativo.

2) A docencia interactiva será impartida tamén exclusivamente en modo virtual. Estas clases están pensadas cunha finalidade práctica e de participación activa do alumnado, polo que se conciben como foros de posta en común de conceptos e métodos de análise e estudio, de resolución de dúbidas, e de ampliación e clarificación de determinados aspectos abordados nas clases expositivas. Neste caso terán como marco de desenvolvemento as plataformas e ferramentas virtuais como TEAMS, o

“foro” e outras aplicación e ferramentas de intercomunicación da aula virtual da materia, así coma o propio correo electrónico. Estas clases interactivas constituirán un mecanismo de autoevaluación continua dos coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das clases expositivas e de avance da súa aprendizaxe autónoma.

SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:

Manterase o desenvolvemento dunha avaliación continua:

1) A porcentaxe de 30% da nota final da materia corresponderá á avaliación de pequenos ensaios de reflexión, comentarios, resumos e recensións sobre cuestión diversas a partir dos materiais bibliográficos, documentais e gráficos proporcionados para tal finalidade polo profesorado, e que dun xeito sistemático haberán de ser realizados polo alumnado e entregados por escrito ao profesorado para a súa avaliación

(20)

(como sistema de seguimento da aprendizaxe) por medio do correo electrónico ou dos instrumentos e ferramentas que para tal finalidade están contidos na aula virtual. Estas tarefas, que haberán de ter unha especial relevancia na súa realización e posta en común durante as clases interactivas que se poidan desenvolver on-line, poderán alternar a realización individual coa grupal por parte do alumnado.

2) A porcentaxe de 70% da nota final da materia corresponderá á realización dun traballo individual de análise e revisión bibliográfica dun aspecto concreto da materia obxecto de estudo desta asignatura. Para iso o profesorado asesorará a cada alumno no deseño estrutural e de bibliográfica básica (con especial atención ás referencias bibliográficas disponibles on-line), e mesmo lle facilitará materiais documentais e/ou gráficos, así como bibliográficos específicos, cos que poder desenvolver de xeito óptimo o devandito traballo. Unha vez entregado por correo electrónico no prazo fixado, o profesorado revisará e corrixirá o devandito traballo, outorgando a xusta cualificación ao mesmo.

En todas estas tarefas que haberá de realizar en entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

Referencias

Documento similar

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

Mesmo sendo os fósiles máis antigos dos coñecidos, a súa estructura é xa complexa de máis como para aceptar que foran os primeiros seres vivos na Terra, polo que debemos supoñer que

Para el curso Edición y anotación de textos narrativos de Emilia Pardo Bazán y de Leopoldo Alas Clarín se seguirá una metodología teórico-práctica, aplicando los recursos propios

Esta materia procura contribuír á formación lingüística dos futuros graduados en Ciencias da Cultura e Difusión cultural cun enfoque eminentemente práctico, de

VI. ACTIVIDADE DE TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTO.. Ambiental de Galicia. Unha aproximación á Cultura Ambiental da sociedade galega. Santiago de Compostela: Xunta de

1) Proporcionar os recursos conceptuais básicos para unha aproximación xeral á noción de CULTURA a través da reflexión de grandes pensadores e autores literarios (Platón, Pico

Ademais do catálogo de procedementos, de acordo coa lei 11/2007, a Sede Electrónica ten que permitir a posibilidade de presentar calquera solicitude, comunicación ou

O feito de que se trate dun mercado creado a través dunha lei pode ter unha importante implicación sobre a capacidade de exercer poder de mercado (Pong e