• No se han encontrado resultados

7.374 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 72

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "7.374 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 72"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 25 de marzo de 2009 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico xestor de sis- temas, especialidade xestión web, gru- po II, unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decem- bro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web do grupo II vacantes no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes bases da convo- catoria:

Primeira.-Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas de técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web, grupo II, do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), unha pola quen- da de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción inter- na e libre realizaranse separadamente, e será en pri- meiro lugar o de promoción interna. De non cubrir- se a vacante por promoción interna, acumularase á de acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

1.4. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ambas as dúas fases.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ao dispos- to na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función públi- ca; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, da función pública de Galicia; no Real decre- to 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos fun- cionarios civís da Administración xeral do Estado;

no Decreto 95/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de

xaneiro, da Xunta de Galicia; no convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008); na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE do 12 de xaneiro), modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro (BOE do 23 de decembro), e nas bases desta convocatoria.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír, no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contra- to, os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude de tratados interna- cionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circula- ción de traballadores.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacio- nais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tra- tado, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal, en vir- tude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sem- pre que non estean separados de dereito. Así mes- mo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun docu- mento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de técnico superior, diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente. No caso de que o aspirante posúa unha titulación académica estranxeira, para poder partici- par no proceso selectivo terá que ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexis- lación española.

d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño.

Para estes efectos o aspirante declarará, ao cubrir a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse.

e) Non ter sido separado de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expe-

(2)

diente disciplinario, nin estar inhabilitado por sen- tenza firme para o exercicio da función pública.

f) Non estar sancionado coa suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do convenio colectivo para persoal laboral da USC.

g) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no punto 3.4.2 desta convocatoria para os discapacitados, para os membros de familias nume- rosas e para demandantes de emprego.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ade- mais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

c) Pertencer a unha categoría ou especialidade distinta da praza ofertada nesta convocatoria.

d) Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nestas probas selecti- vas deberá solicitalo ao reitor da USC en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais conta- dos a partir do seguinte ao da publicación do anun- cio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solici- tude a quenda pola cal se inscriben, libre ou promo- ción interna, segundo corresponda.

A instancia presentarase acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán pre- sentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co cal teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

-De conformidade co disposto na base 6.5 da con- vocatoria, os aspirantes que estean exentos da reali- zación da proba previa de acreditación do coñece- mento de castelán xuntarán, para tal efecto, fotoco- pia compulsada dos diplomas de español como lin- gua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non

poderán ser declarados exentos, polo que deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

Os antiguos diplomas de español nos seu niveis intermedio e superior serán equivalentes, para todos efectos, aos diplomas previstos no Real decre- to 264/2008, nos seguintes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2).

b) O diploma de español (nivel superior) será equi- valente ao diploma de español (nivel C2).

3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude; e non serán valo- rados méritos que non estean suficientemente acre- ditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitu- des. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.2.1. Certificación acreditativa dos servizos pres- tados, en cal conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da soli- citude se os servizos foron prestados na USC ou nou- tras administracións públicas.

3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de for- mación e cualificación profesional.

3.2.3. A certificación acreditativa dos extremos indicados nos anteriores puntos 3.2.1. e 3.2.2. (cer- tificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solici- tude do aspirante.

3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presen- tación de solicitudes.

3.2.5. En calquera momento a universidade pode- rá requirir dos aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.3. A presentación de solicitudes e da documen- tación indicada nos puntos anteriores farase no rexistro xeral da universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome, praza do Obradoi- ro s/n, Santiago de Compostela), no rexistro do Cam- pus de Lugo, situado no edificio de Servizos Admi- nistrativos e Biblioteca Intercentros, (avda. Bernar- dino Pardo Ouro; polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 35,08 €, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia Oposicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realizar o

(3)

ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.4.1. Serán excluídos todos aqueles aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de instancias, e non se concederá ningún prazo adicional para o abo- amento destes.

3.4.2. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de exame aqueles que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Tamén estarán exentos do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsa- da da cualificación da minusvalidez ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación des- ta convocatoria. Para o desfrute da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se tra- te, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesio- nal.

A certificación relativa á condición de demandan- te de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acre- ditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita do solicitan- te. Ambos os dous documentos deberán acompañar a solicitude.

3.4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame aos aspirantes que sexan excluí- dos por causas non imputables a eles. Para tal efec- to o reintegro realizarase de oficio, para o cal terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.5. Co fin de garantir a participación en condi- cións de igualdade, aquelas persoas cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións espe- cíficas e o seu motivo.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitu- des, o reitor da USC ditará resolución declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluí- dos. Nesta resolución, que se publicará no Diario

Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a lista completa de aspirantes admitidos e excluídos, na cal constará o nome e ape- lidos dos excluídos, o número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. Os aspirantes excluídos ou que non figuren na relación de admitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión.

4.3. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xus- tificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da reali- zación das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indi- carase o día, a hora e o lugar de realización do pri- meiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía admi- nistrativa, e contra ela poderase interpor recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris- dición contencioso-administrativa, ou recurso potes- tativo de reposición perante o reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.5. O feito de figurar na lista de persoas admiti- das non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 9 da convocatoria.

Quinta.-Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a cate- goría segunda das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 114/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

O procedemento de actuación do tribunal axusta- rase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis- tracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na reitoría da USC.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das adminis- tracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se tivesen realizado tarefas de prepara-

(4)

ción de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tri- bunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os mem- bros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria do presidente, constitui- rase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.7. Dentro da fase de oposición o tribunal resol- verá todas as dúbidas que puidesen xurdir na apli- cación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribu- nal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspon- dentes aos exercicios que coide pertinentes, limitán- dose os ditos asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os devanditos asesores deberán posuír titulación de igual ou supe- rior nivel á exixida nesta convocatoria. O nomea- mento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, o mesmo que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispoñer a incorpo- ración con carácter temporal doutros funcionarios para colaboraren no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que os aspirantes a que se refire o punto 3.5. parti- cipen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de órganos competentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirira- se do candidato o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorga- rá de forma automática, senón únicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corri- xidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes.

O tribunal excluirá aqueles opositores que consig- nen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número supe- rior de aspirantes que o das prazas convocadas. Cal- quera proposta de aprobados que contraveña o esta- blecido será nula de pleno dereito.

Sexta.-Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D, de confor- midade co establecido na Resolución do 29 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, e serán excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e conside- rados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de rea- lización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se fixo o primeiro deles así como na rei- toría da universidade, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vinte e catro horas á sinalada para a súa ini- ciación.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñece- mento de castelán mediante a realización dunha pro- ba, na cal se comprobará que posúen un nivel ade- cuado de comprensión e expresión oral e escrita nes- ta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outu- bro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualifi- carase de apto ou non apto; e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diplo- ma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) e os estranxeiros nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declarados exentos, e deberán, en consecuencia, realizar a proba descri- ta no parágrafo anterior.

(5)

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia ao interesado, debe- rá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, comu- nicándolle tamén as inexactitudes e falsidades for- muladas polo aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

Contra a exclusión do aspirante poderá interporse recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a par- tir da notificación da súa exclusión.

Sétima.-Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará públicas, no lugar ou lugares de realización dos respectivos exer- cicios e naqueloutros que coide oportunos, as rela- cións de aspirantes que superasen cada un deles, con indicación da puntuación obtida e do documen- to nacional de identidade.

7.2. Os aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da realización de cada exercicio, para presentaren reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspon- dente exercicio.

7.3. Así mesmo, os aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio corres- pondente, para presentaren reclamacións ás cualifi- cacións.

7.4. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntua- cións correspondentes á fase de oposición mais a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñece- mentos específicos, maior idade e orde alfabética.

7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ao das prazas convocadas. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da universidade xunto coa propos- ta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios da rei- toría.

Oitava.-Listas de espera.

8.1. Elaboraranse listas de espera, tanto para pro- moción interna como para acceso libre, cos aspiran- tes que superen algún exercicio da fase de oposi- ción.

Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, os aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria xunto coa solicitude de admisión ás probas selectivas.

Novena.-Presentación de documentos.

9.1. No prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte a aquél en que se fixese pública a relación definitiva de aprobados na reitoría da universidade, os aspirantes que figuren nela deberá presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Com- postela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a resi- dencia legal en España.

c) Fotocopia compulsada do título exixido.

d) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilita- do para o exercicio das funcións públicas, nin reali- zar actividade ou actividades suxeitas a incompati- bilidades. Os aspirantes de nacionalidade non espa- ñola deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Certificado médico oficial acreditativo de que posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermi- dade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorpo- rarse.

9.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustifica- da, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condi- cións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

9.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requi- sitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9.4. A petición de destinos por parte dos aspiran- tes aprobados deberá realizarse ante a reitoría da universidade, tras a oferta destes. A elección efec- tuarase de acordo coa puntuación total obtida no proceso selectivo.

Décima.-Contratación como persoal laboral fixo.

10.1. Concluído o proceso selectivo, os aspirantes que o superasen serán contratados como persoal laboral fixo. A contratación destes aspirantes efec- tuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

(6)

10.2. O período de proba será de seis meses, durante o cal os traballadores terán os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da rela- ción laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable aos aspirantes que con anterioridade estivesen desenvolvendo fun- cións similares na USC.

Décimo primeira.-Adxudicación de postos de traba- llo.

11.1. O persoal con discapacidade igual ou supe- rior ao 33 por cento poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. A solicitude debe- rá ir acompañada dun informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

Décimo segunda.-Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía adminis- trativa, poderá interpoñer recurso contencioso-admi- nistrativo perante a Sala do Contencioso-Adminis- trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguin- te ao da súa publicación, de conformidade cos arti- gos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdición contencioso- administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administra- tivo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso adminis- trativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ANEXO I

Denominación das prazas: técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web

Procedemento de selección

O sistema de selección será o de concurso-oposi- ción. Constará das seguintes fases:

1ª fase: coñecementos específicos. De carácter eli- minatorio para quendas de promoción interna e acceso libre. Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e corresponden-

tes á fase de coñecementos específicos que figura no programa.

O tempo de duración deste exercicio será de 120 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60% do total das respostas correctas.

De conformidade co disposto no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función públi- ca de Galicia, este exercicio deberá realizarse exclu- sivamente en lingua galega.

Segundo exercicio: proba práctica, que consistirá en contestar por escrito unha serie de preguntas cur- tas sobre un suposto facilitado polo tribunal relacio- nado cos coñecementos específicos do programa, que permita coñecer o grao de aplicación dos coñe- cementos teóricos do programa en escenarios e situacións semellantes ao do contexto profesional na USC.

O tempo de duración deste exercicio será de 3 horas.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 30 pun- tos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

2ª fase: coñecementos non específicos:

Quenda de promoción interna.

Proba de lingua: de carácter obrigatorio e non eli- minatorio. Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto de castelán para o galego e doutro de gale- go para o castelán, elixido por sorteo entre tres pro- postos polo tribunal.

O tempo de realización deste exercicio será dunha hora e valorarase de 0 a 5 puntos.

Quenda de acceso libre:

Terá carácter obrigatorio e non eliminatorio e constará de dúas partes:

Primeira parte: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correc- ta, propostas polo tribunal e correspondentes á par- te de coñecementos non específicos do programa.

O tempo para a realización desta parte será de 40 minutos e a súa valoración de 0 a 5 puntos.

Segunda parte: proba de lingua. Consistirá na tra- dución, sen dicionario, dun texto de castelán para o galego e doutro de galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo de realización desta parte será dunha hora e valorarase de 0 a 5 puntos.

Previamente a cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobados os criterios de avaliación e corrección e publicaraos antes da realización do exercicio. Can- do as probas que se van realizar sexan tipo test, tan-

(7)

to para quenda de promoción interna como de acce- so libre, en ningún caso as respostas incorrectas puntuarán negativamente.

Os aspirantes deberán presentarse para a realiza- ción de cada exercicio co DNI ou documento fide- digno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tri- bunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

3ª fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos.

Experiencia:

* Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas, valorarase ata un máximo de 20 puntos, a razón de 0,40 puntos/mes.

Non se valorará o tempo traballado en categoría superior por atribución temporal de funcións.

* Experiencia noutra categoría nas administra- cións públicas: valorarase ata un máximo de 10 pun- tos, 0,08 puntos/mes.

Formación: valoraranse cursos de formación e per- feccionamento dispensados por centros e organismos oficiais ou debidamente homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito:

* Cursos de formación recibidos:

-Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

-Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de dura- ción do curso.

* Cursos de formación impartidos: 0,03 pun- tos/hora.

* Cursos de formación de lingua galega recibidos:

-Curso de iniciación da lingua galega ou Celga 3:

0,01 puntos/hora.

-Curso de perfeccionamento lingua galega ou Cel- ga 4: 0,02 puntos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa básico: 0,02 puntos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa medio: 0,025 puntos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa superior: 0,03 puntos/hora.

* Cursos de formación de lingua galega imparti- dos: 0,03 puntos/hora.

No caso de posuír os cursos de iniciación de lin- gua galega ou Celga 3 e perfeccionamento de lingua galega ou Celga 4, só puntuará o de perfeccionamen- to ou Celga 4. No caso de ter feitos varios niveis do cursos de linguaxe administrativa, só se valorará o de maior nivel.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

Experiencia: máximo 25 puntos.

* Experiencia na mesma categoría ou categoría equivalente na USC, valorarase a razón de 0,40 pun- tos/mes.

* Experiencia na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas, valo- rarase a 0,10 puntos/mes.

* Experiencia noutras categorías da USC, valora- rase a 0,10 puntos/mes.

Formación: valorarase igual que para a promoción interna, ata un máximo de 5 puntos.

Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras administracións públicas prevista na fase de concurso e para a bare- mación das listas de espera, as dúbidas que xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous representantes da xerencia e dous en representación dos comités de empresa, un do Campus de Compos- tela e un do Campus de Lugo. Esta comisión intervi- rá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listas e poderalles solicitar infor- mación complementaria aos aspirantes en relación coas funcións e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO II

Denominación das prazas: técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web

Programa

Primeira fase: coñecementos específicos.

1. Tecnoloxías actuais de ordenadores: dos dispo- sitivos portátiles aos superordenadores e arquitectu- ras escalables (grid, clúster, MPP, SMP, arquitectu- ras multinúcleo). Base tecnolóxica. Compoñentes, funcionalidades e capacidades.

2. Conceptos de sistemas operativos. Estruturas, compoñentes e funcións. Características e evolu- ción. Administración de memoria. Procesos e sub- procesos. Entrada/saída. Sistemas de arquivo.

3. Linguaxes actuais de programación. Caracterís- ticas técnicas. Especialidade funcional. Produtivi- dade. Estandarización. Linguaxes de scripting en contornos Linux e Windows.

4. Concepto e compoñentes dun contorno de bases de datos. Utilización de bases de datos na organiza- ción: sistemas OLTP, MIS, DSS e almacéns de datos.

5. Sistemas de xestión de bases de datos relacio- nais. Antecedentes históricos. Características e ele- mentos constitutivos. A linguaxe SQL. Estándares de conectividade: ODBC e JDBC.

6. Arquitecturas cliente-servidor. Tipoloxía. Com- poñentes. Interoperabilidade de compoñentes. Van- taxes e inconvenientes. Arquitectura de servizos web.

(8)

7. Características técnicas e funcionais dos siste- mas operativos: Linux, Unix e Windows. Distribu- cións GNU/Linux.

8. Estruturas de datos: táboas, listas e árbores.

Algoritmos: ordenación, busca, recursión, grafos.

Organizacións de ficheiros.

9. Linguaxes de marca ou etiqueta. Características e funcionalidades. SXML, XML e os seus derivados.

10. Software libre e software propietario. Caracte- rísticas e tipos de licenzas.

11. Algoritmos de cifraxe. Certificados dixitais.

Almacenamento seguro de certificados: smartcards.

Infraestrutura de clave pública (PKI).

12. Informática de escritorio. Windows XP, GNO- ME e KDE. OpenOffice e Microsoft Office.

13. Aspectos básicos na internet (I). Navegadores, sitios web e URL. Configuración, seguridade, codifi- cación de caracteres.

14. Aspectos básicos na internet (II). Busca de información. Buscadores e índices, contidos, ende- rezos, imaxes. Filtración e restricións.

15. Servidores web. Servidores WAMP e LAMP.

Servidores de aplicacións.

16. Aplicacións web. Weblogs, sindicación de datos. Wiki, calendarios. Groupware.

17. Contornos virtuais de aprendizaxe (I). Admi- nistración e xestión de cursos e usuarios. Ferramen- tas didácticas.

18. Contornos virtuais de aprendizaxe (II). Están- dares. SCORM e IMS.

19. Contorno virtual de aprendizaxe na USC (III).

Aspectos técnicos.

20. Xestores de contidos. Tipoloxía e arquitectura.

Creación e tipoloxía de contidos. Fluxos de informa- ción. Xestión de roles.

21. Portais web. Tipoloxía e arquitectura. Portlets.

Información. Fluxos de publicación. Caracteres de control.

22. Deseño de sitios web (I). HTML, XML. Follas de estilo CSS. Applets. Páxinas dinámicas. Modelos, formularios e ferramentas de deseño.

23. Deseño de sitios web (II). AJAX. WML XHTML-MP.

24. Integración multimedia. Audio, vídeo e anima- cións en rede.

25. Control de sitios web. Arquitectura da informa- ción. Mecanismos e fluxos de información.

26. Deseño e implantación de imaxe corporativa.

Elementos básicos e estilos, principios básicos da identidade visual corporativa.

27. Manual de normas de identidade virtual corpo- rativa na USC.

28. Grafismo. Teoría da cor. Sistema de xestión de cores. Técnicas de pintura e edición de imaxes. Fil- tros, máscaras, canles, capas. Trazados vectoriais.

Optimización de imaxes para web.

29. Maquetación e edición fotográfica. Maqueta- ción de documentos. Edición de texto. Follas de estilo e formatos de caracteres e parágrafos. Tipogra- fía. Construción de libros electrónicos.

30. Portable Document Format. Tecnoloxía PDF.

Creación de arquivos. Modificación dun arquivo.

PDF accesibles. PDF e XML.

31. Accesibilidade. Descrición, estándares, nor- mativa e comprobación. W3C.

32. Usabilidade. Descrición, estándares e probas de usabilidade. W3C.

33. Web semántica. Estruturación de datos. Bases de datos e técnicas documentais. Sistemas de recu- peración documental. Comunidades virtuais.

34. Novas tendencias na web: web 3.0. Confluen- cia web 2.0 e web semántica. A web N.0.

35. Administración do sistema operativo e soft- ware de base. Funcións e responsabilidades. Control de cambios.

36. Prácticas de mantemento de equipos e instala- cións. Mantemento preventivo, correctivo e perfecti- vo. Monitorización e xestión de capacidade.

37. Conceptos de seguridade dos sistemas de información. Seguridade física. Seguridade lóxica.

Ameazas e vulnerabilidades.

38. Plan de seguridade. Plan de continxencias.

Plan de recuperación. Políticas de salvagarda. Siste- mas RAID, SAN, NAS.

39. Dimensionamento de equipos e sistemas. Fac- tores que cómpre considerar. Planificación da capa- cidade. Análise da carga. Ferramentas e técnicas utilizables.

40. Controis de cambios. Sistemas de control de versións.

41. Monitorización de sistemas. Notificación de alertas. Protocolos de xestión. SNMP. Acceso á con- sola remota. Protocolo SSH.

42. Programación e automatización de traballos en Windows e Linux. Programación do shell: BASH.

43. Redes locais. Tipoloxía. Medios de transmi- sión. Métodos de acceso. Dispositivos de intercone- xión. Redes privadas virtuais. VLAN. Redes sen fíos.

44. O modelo OSI. O modelo TCP/IP. Protocolo IP.

45. Apache HTTP Server e Apache Tomcat. Insta- lación, operación e mantemento.

46. Internet Information Server. Instalación, ope- ración e mantemento.

(9)

47. Xeración dinámica de contidos. JSP, ASP, ASP.

Net, PHP.

48. Sistemas de xestión de bases de datos: SQL Server e MySQL.

49. Servizos de directorio. Protocolo LDAP.

50. Servizos de autenticación. Single sign-on (SSO) en aplicacións web.

51. Seguridade en aplicacións web. Programación segura. Vulnerabilidades típicas. Cross-site scrip- ting. Inxección de código. Configuración segura de servidores.

52. Xestión e arquivo electrónico de documentos.

Sistemas de xestión documental. Busca de informa- ción: robots, spiders, outros.

53. Lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.

54. Sinatura electrónica. Normativa nacional e internacional. Autoridades de certificación. DNI electrónico.

55. As TIC na USC. Estrutura. Planificación estra- téxica. A área TIC.

Segunda fase: coñecementos non específicos.

1. A Constitución de 1978: estrutura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e ele- mentos. Requisitos e eficacia dos actos administra- tivos. Motivación e notificación, nulidade e anulabi- lidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Inicia- ción, ordenación, instrución e terminación. A revi- sión dos actos en vía administrativa: revisión de ofi- cio. O silencio administrativo.

4. Os recursos administrativos.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballa- dores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasifica- ción profesional e promoción no traballo. Mobilida- de funcional e xeográfica. Dos dereitos de represen- tación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

7. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

8. Creación e réxime xurídico das universidades públicas.

9. A USC: réxime económico e financeiro.

10. Órganos de goberno unipersoais e colexiados da USC. Clases e réxime xurídico do PAS.

11. Convenio colectivo do persoal laboral da USC.

12. A calidade na universidade española. Organis- mos que xestionan a mellora da calidade nas univer- sidades. Instrumentos utilizados para a xestión,

mellora e avaliación da calidade universitaria: con- ceptos básicos.

13. A Declaración de Boloña. Integración do Siste- ma Universitario Español no Espazo Europeo de Educación Superior. O sistema de transferencia de créditos (ECTS). Principais elementos do crédito ECTS e a súa diferenza co actual sistema español.

Os créditos ECTS e as cualificacións. Situación actual na Unión Europea en relación co crédito europeo.

14. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame.

ANEXO III

Denominación das prazas: técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web

Tribunal titular.

Presidente:

-Pedro García Moreno, xerente da USC.

Vogais:

-Javier Franco Tubío, director da Área de Tecnolo- xías da Información e das Comunicacións da USC.

-Carlos Tarrío Carrodeguas, persoal laboral do gru- po I da USC.

-Isabel Vaquero Quintela, persoal laboral do gru- po I da USC.

Secretario:

-José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actua- rá con voz e voto.

Tribunal suplente.

Presidente:

-Francisco Javier Colomer Fariña, vicexerente da USC.

Vogais:

-Luis Coladas Uria, catedrático de universidade do Departamento de Estatística e Investigación Opera- tiva da USC.

-Enrique Tacón Fernández, persoal laboral do gru- po IV 1 da USC.

-María Dolores Chedas Hervés, persoal laboral do grupo IV 1 da USC.

Secretaria:

-Amparo Azurmendi Rodríguez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actua- rá con voz e voto.

(10)

ANEXO IV

(POR TRIPLICADO)

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL LABORAL 1. CONVOCATORIA

1.1. DENOMINACIÓN DAS PRAZAS CONVOCADAS

Técnico xestor de sistemas, especialidade xestión web

1.2. DATA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE:

1.3. SISTEMA DE ACCESO

LIBRE

PROMOCIÓN INTERNA 1.6. TAXAS

Importe dereitos de exame 35,08 € Exención de taxas discapacitado

Exención de taxas desempregado

Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50% familia numerosa xeral 1.4. GRAO DE MINUSVALIDEZ

---%

1.5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

SI NON

1.7. NO CASO DE MINUSVALÍDEZ, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO:

2. DATOS PERSOAIS

2.1. NIF 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.4. NOME

2.5. DATA DE NACEMENTO

Día Mes Ano ~ ~ ~

2.6. PROVINCIA DE NACEMENTO

2.7. LOCALIDADE DE NACEMENTO 2.8. TELÉFONO/CORREO ELECTRÓNICO

2.9. ENDEREZO 2.10. CÓDIGO POSTAL

2.11. MUNICIPIO 2.12. PROVINCIA 2.13. NACIONALIDADE

3. TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS EXIXIDOS NA CONVOCATORIA

4. SERVIZOS PRESTADOS

SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: SI NON SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS : SI NON De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta:

DATOS BANCARIOS (imprescindible cubrir os 20 díxitos) NOME ENTIDADE BANCARIA

CÓD. BANCO CÓD. SUCURSAL D.C. NÚMERO DE CONTA

LOCALIDADE BANCO OFICINA OU SUCURSAL CÓDIGO POSTAL

Se non figurasen estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e as especialmente sinaladas por esta convocatoria, e comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

, de de 2009.

(Sinatura)

Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica da entidade bancaria.

Ingreso na conta nº 2091-0388-90-3110000646. CAIXA GALICIA.

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

(11)

ANEXO V

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA LISTA DE ESPERA DERIVADA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO POR RESOLUCIÓN REITORAL DO 25 DE MARZO DE 2009.

1. DENOMINACIÓN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO:

TÉCNICO XESTOR DE SISTEMAS, ESPECIALIDADE XESTIÓN WEB

ACCESO LIBRE

PROMOCIÓN INTERNA

2. OPCIÓN PARA CONTRATOS DE TRABALLO POR CAMPUS:

Marque cun X o recadro da súa opción

Campus Compostela Campus Lugo Campus Compostela e Lugo

3. DATOS PERSOAIS

3.1. NIF 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME

3.5. TELÉFONO: 3.6. CORREO ELECTRÓNICO:

3.7. ENDEREZO

3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO 3.10. PROVINCIA

………., ……….. de ……… de 2009.

(Sinatura)

UNIVERSIDADE DE VIGO

Resolución do 23 de marzo de 2009 pola que se convoca concurso de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgáni- ca 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU, e no Real decre- to 1313/2007, do 5 de outubro polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 421/2003, do 13 de novem- bro (BOE do 14 de xaneiro de 2004), da Xunta de Galicia.

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a praza que

figura no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases da convotaria:

Primeira.-Normas xerais.

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídi- co das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), os estatutos da Universidade de Vigo, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008 e, no non previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.

2.1. Para seren admitidos/as á realización destas probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finaliza- Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Referencias

Documento similar