• No se han encontrado resultados

INFORME DO REITOR

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "INFORME DO REITOR"

Copied!
228
0
0

Texto completo

(1)
(2)
(3)

INFORME DO REITOR

2010 - 2014

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(4)

Campus na nube

Impreso en papel reciclado Dep. Leg.: C 920-2014

(5)

5

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ÍNDICE

Limiar ...13

AS PE RSOAS ...15

1 PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR ...15

1.1 Actuacións en materia de PDI ...16

1.2 Dotación de prazas e promoción ...18

1.3 Formación ...19

1.4 Acción social ...21

2 PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS ...22

2.1 Convocatorias de prazas ...22

2.2 Reorganización dos servizos e modificacións na Relación de postos de traballo (RPT) ...25

2.3 Acordo sobre a xubilación parcial anticipada ...29

2.4 Formación ...29

2.5 Acción social ...31

2.6 Instrucións ...31

2.7 Pagamentos por sentenzas e custo do persoal indefinido ...32

3 ESTUDANTADO ...32

3.1 Actuacións de captación de estudantes ...33

3.2 Recoñecemento de créditos ...34

3.3 Servizos para o estudantado ...35

3.4 Prácticas en empresas ...38

3.5 Servizos de biblioteca e hemeroteca. Postos de estudo ...39

3.6 Igualdade de oportunidades ...39

ACTIVIDADE UNIVERSITARIA ...41

1 DOCENCIA ...41

1.1 Optimización da oferta ...41

1.1.1 Graos ...41

1.1.2 Másteres ...43

1.1.3 Programas de doutoramento ...45

1.2 Promoción da oferta de másteres ...55

1.3 Adaptación ao EEES e mellora da docencia ...55

(6)

6

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.3.1 Optimización da xestión académica ...55

1.3.2 Reorganización da estrutura de xestión dos programas de doutoramento ...56

1.3.3 Incorporación das TIC á docencia ...57

1.3.4 Seguimento e acreditación dos títulos ...58

2 INVESTIGACIÓN ...60

2.1 Avances no desenvolvemento de estruturas organizativas de Investigación ...60

2.2 Desenvolvemento dos Planos Estratéxicos dos Campus de Excelencia: Campus Vida e Campus Mar ...62

2.3 Posición internacional da USC no eido da investigación ...62

2.4 Relacións Universidade-Empresa ...64

2.5 Optimización da utilización dos servizos de apoio á investigación .66 2.6 As TIC de apoio á investigación ...68

2.7 Indicadores de I+D e produción científica ...68

2.8 Biblioteca ...68

3 TRANSFERENCIA E EMPRENDEMENTO...70

3.1 Creación da Área de Valorización Transferencia e Emprendemento: ...70

3.2 Reforzo da capacidade operativa da AVTE ...70

3.3 Valorización de resultados ...71

3.4 Integración das estruturas de apoio á transferencia de coñecemento e emprendemento: edificio EMPRENDIA ...72

3.5 Lanzamento do programa ARGOS ...72

3.6 Mellora da coordinación e comunicación con outros axentes sociais implicados no proceso de transferencia e emprendemento ...73

3.7 Indicadores de transferencia de coñecemento e emprendemento da USC: ...74

XESTIÓN INSTITUCIONAL ...77

1 ESTATUTOS DA USC ...77

2 ACCIÓNS DE PLANIFICACIÓN ...77

2.1 Plan estratéxico 2011-2020 ...77

2.2 Plan estratéxico das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (PETIC III) ...79

2.3 II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da USC ...79

2.4 Plan estratéxico BUSC ...79

2.5 Plan de sustentabilidade financeira ...80

(7)

7

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

3 ACCIÓNS RELATIVAS Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA E

INSTITUCIONAL ...80

3.1 Regulamento polo que se implantan os medios electrónicos e se crea a Sede Electrónica da USC ...80

3.2 Transformación en facultades das escolas universitarias de Formación de Profesorado, de Enfermaría de Santiago, de Óptica e Optometría, e de Relacións Laborais de Santiago ...81

3.3 Adaptación da composición do Consello de Goberno á LOMLOU 81 3.4 Adaptación á LOU da composición das xuntas de centro ...81

3.5 Protocolo sobre política de seguridade da información ...81

3.6 Convocatoria de órganos colexiados e duración do curso académico ...81

4 ACCIÓNS RELATIVAS AO PROFESORADO ...82

4.1 Promoción de profesorado funcionario acreditado a cátedra ...82

4.2 Modificación da normativa provisoria de selección do PDI funcionario: comisións de selección ...82

4.3 Prestación de servizos ao PDI e ao PAS xubilado da USC ...82

4.4 Bases para a convocatoria de axudas para a escolarización dos nenos e nenas menores de 3 anos no Campus de Lugo ...82

4.5 Modificación do Regulamento de adscrición funcional para efectos de docencia das materias das titulacións de grao e máster ás áreas de coñecemento, e do Regulamento de asignación efectiva do encargo docente das materias ...83

4.6 Protocolo sobre o procedemento de promoción a catedrático/a de profesorado titular de universidade con praza vinculada ...83

5 ACCIÓNS RELATIVAS AO ESTUDANTADO ...83

5.1 Regulamento de acceso á USC de maiores de 40 anos ...83

5.2 Proposta de normativa de deportistas de alto nivel ...83

5.3 Normativa de permanencia da USC ...84

5.4 Normativa de avaliación do rendemento académico dos/ das estudantes e de revisión de cualificacións ...84

5.5 Regulación dunha oportunidade de recuperación para os plans de estudo en proceso de extinción ...84

5.6 Normativa reguladora dos premios extraordinarios de fin de grao e máster ...84

5.7 Adaptación dos estudos do IV Ciclo ...84

5.8 Regulamento de intercambio interuniversitario de estudantes da USC ...84

5.9 Normativa de traballos fin de grao e fin de máster ...85

5.10 Programa de atención a estudantes non europeos (PATEX) ...85

(8)

8

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

5.11 Convocatoria de fin de carreira para titulacións de grao ...85

5.12 Recoñecemento de créditos ao abeiro do art. 12.8 do R.D. 1393/2007 ...85

5.13 Recoñecemento de niveis de idiomas e acreditación da lingua estranxeira para a obtención do título de grao ...85

5.14 Protocolo de validacións e recoñecementos ...86

5.15 Normativa sobre recoñecemento de estudos realizados en réxime de intercambio ...86

6 ACCIÓNS RELATIVAS A TITULACIÓNS...86

6.1 Normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas ...86

6.2 Vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais ...86

7 ACCIÓNS RELATIVAS A INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA ...87

7.1 Participación da USC na Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga ...87

7.2 Creación do Centro de responsabilidade social, goberno corporativo e protección do investidor ...87

7.3 Plan de promoción dos institutos universitarios de investigación ...87

7.4 Normativa do repositorio institucional Minerva ...87

7.5 Regulamento de estudos de doutoramento da USC ...88

7.6 Creación e participación no Consorcio ITMATI ...88

7.7 Creación da Escola de Doutoramento Internacional ...88

7.8 Creación do Centro Interdisciplinar de Bioestatística da USC ...88

7.9 Creación da Plataforma de Citometría ...88

7.10 Creación do Centro Integral de Análises e Resolución de Conflitos da USC ...89

7.11 Creación do Centro propio de carácter mixto de Estudos de Seguridade, da Universidade de Santiago de Compostela ...89

8 ACCIÓNS RELACIONADAS CON CENTROS E SERVIZOS ...89

8.1 Aprobación da Normativa do Centro de Posgrao ...89

8.2 Plan de prevención de riscos laborais ...89

8.3 Proposta de adscrición do Centro Superior de Hostalaría de Galicia ...90

8.4 Actualización da normativa de xestión académica ...90

9 ACCIÓNS RELACIONADAS CON NOMEAMENTOS DE CARÁCTER SINGULAR ...90

9.1 Nomeamento do valedor da Comunidade Universitaria ...90

9.2 Nomeamento de doutores honoris causa ...90

10 CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS ...91

10.1 Cátedra de Educación Médica ...91

10.2 Cátedra Extraordinaria de Traballo Autónomo ...92

10.3 Cátedra de Pensamento Psicanalítico ...92

(9)

9

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

11 CALIDADE ...92

11.1 Sistemas de garantía interna de calidade ...92

11.2 Renovacións e novas certificacións de servizos ...94

11.3 Medición da satisfacción de grupos de interese: enquisas ...95

11.4 Avaliación da actividade docente (Programa DOCENTIA) ...97

XESTIÓN ECONÓMICO-FINANCEIRA ...99

1 FINANCIAMENTO DA UNIVERSIDADE ...99

2 EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS 2010-2014 ...102

3 TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS RECIBIDAS E CON- CEDIDAS NO PERÍODO 2010-2013 ...106

4 DÉBEDAS CON ENTIDADES DE CRÉDITO E ANTICIPOS REEMBOLSABLES ...107

5 DÉBEDAS PENDENTES DE PAGO DE EXERCICIOS ANTERIORES .110 6 CONTAS ANUAIS ...111

7 PARTICIPACIÓNS EN EMPRESAS ...111

8 CONTABILIDADE ANALÍTICA ...112

9 MELLORAS DA XESTIÓN ...114

9.1 Melloras na xestión dos servizos dirixidos ao estudantado ...114

9.2 Avances na administración electrónica ...114

9.3 Xestión da información estatística da USC ...115

9.4 Seguridade da información ...117

9.5 Optimización dos recursos: o plan de licitacións e de racionalización do gasto ...117

9.6 Patrimonio ...123

9.7 Optimización dos recursos a través de melloras nos criterios de xestión ...123

9.8 Evolución da xestión do IVE na USC ...124

9.9 Plan anual de control interno ...125

10 INFRAESTRUTURAS ...125

10.1 Obra nova, RAM, seguridade, equipamento, reparacións e mantemento ...125

10.2 Renovación sostible das infraestruturas TIC ...127

(10)

10

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACTUACIÓNS ESPECIAIS PARA O CAMPUS DE LUGO. PLAN

ESTRATÉXICO CAMPUS TERRA ...129

1 MANTEMENTO DA CAPTACIÓN DE RECURSOS EXTERNOS ...129

2 AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DE NENAS E NE- NOS MENORES DE 3 ANOS ...130

3 FACILITAR AS XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS RELACIO- NADAS COAS PRAZAS DE PDI NO CAMPUS DE LUGO ...130

4 INFRAESTRUTURAS ...130

5 PLAN ESTRATÉXICO CAMPUS TERRA ...131

PROXECCIÓN EXTERIOR E INTERNACIONALIZACIÓN ...133

1 INCREMENTO DAS RELACIÓNS CON UNIVERSIDADES ESTRANXEIRAS ...133

2 CAPTACIÓN E APOIO DO ALUMNADO ESTRANXEIRO ...134

3 PROGRAMAS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL ...135

4 FOMENTO DA MOBILIDADE ...136

5 FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS E FOMEN- TO DO SEU USO NA DOCENCIA ...137

6 ACTIVIDADES DO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM) ...138

7 POSICIÓN DA USC EN RANKINGS INTERNACIONAIS ...139

8 INVESTIGADORES/AS MOI CITADOS/AS ...149

RESPONSABILIDADE SOCIAL ...151

1 INTEGRACIÓN ESTRATÉXICA DA RESPONSABILIDADE SOCIAL ...151

2 TRANSPARENCIA E RENDICIÓN DE CONTAS ...152

3 DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE ...153

4 IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES ...156

5 EMPRENDEMENTO FEMININO ...157

6 CONCILIACIÓN VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR ...158

7 SEGURIDADE E SAUDE ...158

(11)

11

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

8 INTEGRACIÓN SOCIAL E COOPERACIÓN PARA O DES-

ENVOLVEMENTO ...162

8.1 Voluntariado e participación social ...162

8.2 Cooperación para o desenvolvemento ...164

8.3 Integración e formación para a atención á diversidade do alumnado...165

9 CULTURA ...168

10 PUBLICACIÓNS ...174

11 DEPORTES ...175

ANEXOS ...179

ANEXO I. CONSELLOS DE GOBERNO ...181

ANEXO II. PLAN FINANCIAMENTO DO SUG ...183

1 PLAN DE FINANCIAMENTO DO SUG 2011-2015 ...183

1.1 Financiamento estrutural ...183

1.2 Financiamento por resultados ...186

1.3 Financiamento por mellora da calidade ...188

ANEXOS INFRAESTRUTURAS ...191

ANEXO III. PROGRAMACIÓN PLURIANUAL OBRAS 2011-2012 ...193

ANEXO IV. PROGRAMACIÓN PLURIANUAL OBRAS 2013-2014 ...209

ANEXO V. INVESTIMENTOS EN INFRAESTRUTURAS ...219

(12)
(13)

13

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

LIMIAR

Preto a rematar o mandato reitoral comprendido entre xuño de 2010 e maio de 2014 resulta necesario facer chegar á sociedade, e moi particularmente a aquela parte que constitúe a comunidade universitaria, non un documento que describa o acontecer cotián destes anos, mais si un detallado informe sobre as actuacións desenvolvidas polo equipo de goberno e que permitan valorar o transcorrer da nosa Universidade nestes catro anos de traballo feito.

Nunca anteriormente existiu tanta información a disposición de calque- ra interesado en coñecer polo miúdo distintos aspectos da nosa Universidade (dende as Relacións de Postos de Traballo do PDI e do PAS, ás memorias dos Institutos de Investigación ou ás cifras económicas que reflicten a nivel de centro de gasto e partidas orzamentarias, entre outros parámetros).

Porén, só cando se recolle dun xeito ordenado se é quen de verificar que as evidencias mostran unha Universidade viva con moita actividade que segue a liderar o camiño a seguir dende 1495, cara á Galicia do século XXI.

É ocioso, mais resulta obrigado dicir que os resultados que aquí se recollen son froito de todos, facultades e escolas, departamentos e áreas de coñecemen- to, unidades e servizos, e as persoas que como persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, e alumnado, dan sentido ao noso traballo.

Juan J. Casares Long Reitor (2010-2014)

(14)
(15)

15

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un informe de xestión pode iniciarse de moitas maneiras. Neste caso, o Informe da xestión desenvolvida durante o mandato 2010-2014 polo reitor e o seu equi- po, comeza co capítulo dedicado ás persoas. O profesorado, o persoal de admi- nistración e servizos e o estudantado constitúen a razón de ser e o motor desta institución cinco veces centenaria, e todas as decisións e accións desenvolvidas neste período tiveron no punto de mira o capital humano.

Un dos primeiros compromisos que asumiu o reitor foi o de manter o cadro de persoal, polo que se tratou de evitar por todos os medios que as consecuencias da crise económica e a aplicación de normas básicas de obrigado cumprimento levaran a adoptar medidas traumáticas. Agora pódese afirmar que a contención do gasto noutros ámbitos e a xestión responsable dos recursos permitiu manter este compromiso.

1 PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR

Os compromisos adquiridos polo equipo de resolver a bolsa de acreditados a cátedra na chegada ao goberno foi posible levala a cabo ao longo dos cursos 2010/11 e 2011/12.

A aprobación de normas moi restritivas por parte do Goberno de España (RDL 14/2012 e leis orzamentarias do estado anos 2012/13/14) e pola Comuni- dade Autónoma (Leis orzamentarias dos anos 2013/14) supuxeron unha modifi- cación radical dos plans de ordenacióna do cadro do PDI. Aínda así, foi posible levar a cabo acuacións nesta materia que se recollen nos apartados seguintes.

AS PE RSOAS

(16)

16

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.1 Actuacións en materia de PDI

Nos dous primeiros anos de xestión, o equipo de goberno foi quen de levar a cabo as medidas axeitadas para eliminar as bolsas de acreditados aos corpos de funcionarios de Titular de Universidade e de Catedrático de Universidade exis- tentes na USC.

Porén, a implantación dese modelo máis flexible e o deseño dun cadro de persoal nos ámbitos da docencia e da investigación que se pretendía viuse, nos anos seguintes, enormemente limitado polo RDL 14/2012 e as Leis de orzamen- tos do estado e da comunidade autónoma, que supeditaron unicamente ás nece- sidades docentes das diferentes áreas de coñecemento as autorizacións de prazas permanentes ou temporais. Este feito impuxo a necesidade de duras negocia- cións tanto coa Secretaría Xeral de Universidades como coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos para conseguir levar a cabo convocatorias de prazas de Contratado Doutor como continuidade da carreira profesional do Profesora- do Axudante Doutor que remataban o seu contrato ou para a estabilización de investigadores dos programas Ramón y Cajal e Parga Pondal. Finalmente, só se logrou que se puidese levar a cabo a cobertura interina das mesmas.

A nivel estatal, a USC participou directamente e cun papel prominente nas negociacións que por parte da CRUE se fixeron cos Ministerios de Educación e de Facenda para intentar conseguir a taxa de reposición dinámica, que final- mente non foi aceptada polos responsables ministeriais.

A pesar destas circunstancias moi adversas, fomos quen de conseguir man- ter o cadro de persoal de PDI da USC tal e como reflicten as seguintes táboas e figuras, nas que se recolle a evolución da mesma nos últimos anos. É certo que nos últimos dous anos obsérvase un pequeno retroceso debido principalmente á imposibilidade de convocar prazas de funcionario pola limitación da taxa de reposición ao 10% recollida na Lei de Orzamentos estatal.

Por outra banda, durante o ano 2013 estívose traballando no borrador da normativa de Dedicación Académica Anual do Persoal Docente e Investigador que supoñía a adaptación á modificación do artigo 68 sobre réxime do profesorado da Lei Orgánica 6/2011 de Universidades incluída no RDL 14/2012. A súa apli- cación permitiría definir a dedicación académica do profesorado nas vertentes docente, investigadora e de xestión dun xeito equitativo entre as distintas áreas de coñecemento, introducindo novos indicadores e parámetros que mellorasen substancialmente a calidade dos servizos e da oferta da USC. De feito, o antedito borrador recollía o recoñecemento de todas as actividades académicas que reali- za o PDI da USC ao longo da súa xornada laboral, co fin de acadar un equilibrio entre as actividades lectivas, investigadoras e de xestión do PDI, nas diferentes áreas de coñecemento. Lamentablemente, o rexeitamento suscitado por diferen- tes colectivos así como a situación de desencontro coa representación sindical do PDI nos últimos meses do ano, non permitiron levar a cabo un debate axei- tado do mesmo previo á súa aprobación en Consello de Goberno e, polo tanto, a aplicación da normativa no vindeiro curso académico.

Tamén se estivo a traballar na adaptación da normativa de profesores emé- ritos, necesaria tras a aprobación dos novos estatutos da USC polo Decreto

(17)

17

INFORME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro de 2014), para substituír a ata a de agora vixente aprobada polo Consello de Goberno o 21 de decembro de 2005. De novo, o rexeitamento por unha boa parte da Comunidade Universita- ria impediu o debate e aprobación da mesma.

-­‐  8  -­‐  

1.2. Dotación  de  prazas  e  promoción  

A  continuación  reflíctense  de  modo  máis  pormenorizado  as  acción  concretas  levadas  a  cabo   nestes  anos  con  respecto  á  dotación  de  prazas  e  promoción  do  PDI.  

No  curso  2010-­‐11  xestionouse  a  convocatoria  de  104  prazas  de  estrutura,  na  súa  maior  parte   destinadas  a  dar  cumprimento  aos  compromisos  de  estabilización  e  promoción  de  profesorado   así   como   a   facilitar   a   estabilización   de   investigadores   dos   programas   Ramón   y   Cajal   (RyC)   e   Isidro   Parga   Pondal   (IPP)   que   acadaron   avaliación   positiva   nos   programas   I3   ou   Manuel   Colmeiro.  A  distribución  por  categorías  é  a  seguinte:  Catedrático  de  Universidade  28,  Profesor     Titular   de   Universidade   15,   Profesor   Contratado   Doutor   22,   Profesor   Asociado   25,   Profesor   Asociado  de  Ciencias  da  Saúde  4,  e  Profesor  Axudante  Doutor  10.  

Cod.Cat. Categoría TipoCat. Dedic. Efectivos Efectivos Efectivos Efectivos

Ocupadas

Exc.Orixe

Transf.

A0500 Catedratico/adeUniversidade T 344 361 380 360 360

A0500 Catedratico/adeUniversidade P6 11 10 7 7 7

A0504 TitulardeUniversidade T 996 971 948 923 922

A0504 TitulardeUniversidade P6 20 20 19 17 17

A0505 Catedratico/adeEscolaUniversitaria T 15 14 12 9 9

A0506 TitulardeEscolaUniversitaria T 95 87 81 72 72

A0506 TitulardeEscolaUniversitaria P6 5 5 4 4 4

A0515 MestredeTaller T 1 1 1 0 0

EX Profesor/aEmerito/aLOU P6 19 19 6 4 4

FX Profesor/aAxudanteDoutor T 26 25 26 14 14

GX AxudanteLOU T 2 2 2 0 0

HͲI Asociado/aLRU T3 T 39 33 0 0 0

HͲI Asociado/aLRU T3 P6 54 52 0 0 0

HͲI Asociado/aLRU T3 P3 25 23 0 0 0

HͲI Asociado/aLRU T2 T 1 1 0 0 0

HͲI Asociado/aLRU T2 P6 9 8 0 0 0

HͲI Asociado/aLRU T2 P3 1 1 0 0 0

HL Lector/a T 11 12 11 11 11

HL Lector/a P6 0 0 0 0 0

HXͲIX Asociado/aLOU T3 P6 35 38 65 80 79

HXͲIX Asociado/aLOU T3 P3 49 51 51 54 53

HXͲIX Asociado/aLOU T2 P6 1 1 0 0 0

L AsociadodeCienciasda Saúde PACS 109 91 0 0 0

LX Asociado/aCienciasdaSaúdeLOU PACS 127 127 207 202 201

N Profesor/aLaboralAsim.aTEU T 4 4 4 4 4

N Profesor/aLaboralAsim.aTEU P6 3 3 2 2 2

PX Profesor/aContratado/aDoutor/a T 233 232 223 240 224

QX Profesor/aColaborador/a T 11 11 11 11 11

QX Profesor/aColaborador/a T 11 11 11 11 11

QXF Profesor/aColaborador/aFIXO T 0 0 0 0 0

SXͲTX Profesor/aInterino/aporSubstitución T3 T 13 12 9 7 7

SXͲTX Profesor/aInterino/aporSubstitución T3 P6 7 13 9 6 6

SXͲTX Profesor/aInterino/aporSubstitución T3 P3 3 4 6 5 5

VXͲWX Profesor/aInterino/aporVacante T3 T 20 19 46 68 68

VXͲWX Profesor/aInterino/aporVacante T3 P6 3 4 6 8 8

VXͲWX Profesor/aInterino/aporVacante T3 P3 1 1 0 1 1

2304 2267 2147 2120 2100

Datosa:09/01/2014 Totais:

EFECTIVOS PDI anos 2010 a 2013

2012

2010 2011 2013

(18)

18

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.2 Dotación de prazas e promoción

A continuación reflíctense de modo máis pormenorizado as accións concretas levadas a cabo nestes anos con respecto á dotación de prazas e promoción do PDI.No curso 2010-11 xestionouse a convocatoria de 104 prazas de estrutura, na súa maior parte destinadas a dar cumprimento aos compromisos de esta- bilización e promoción de profesorado así como a facilitar a estabilización de investigadores dos programas Ramón y Cajal (RyC) e Isidro Parga Pondal (IPP) que acadaron avaliación positiva nos programas I3 ou Manuel Colmeiro. A dis- tribución por categorías é a seguinte: Catedrático de Universidade 28, Profesor Titular de Universidade 15, Profesor Contratado Doutor 22, Profesor Asociado 25, Profesor Asociado de Ciencias da Saúde 4, e Profesor Axudante Doutor 10.

Ao longo do curso académico 2011/12, as actuacións máis significati- vas levadas a cabo foi a xestión da convocatoria de prazas de Catedrático de Universidade e de Profesor Titular de Universidade, coas que se continuaba o proceso de eliminación das bolsas de acreditados aos corpos de funcionarios.

Ademais, creouse unha praza de Titular de Universidade para a estabilización dun ERC-Starting Grant, e leváronse a cabo accións de estabilización ao abeiro da Disposición Transitoria dos Estatutos, promocións ao abeiro do II Convenio Colectivo do PDI laboral, reposición de vacantes, transformación de contratos Profesor Colaborador temporal a fixo, adaptacións de Profesorado Asociado TP e PACS (LRU) ao réxime laboral, paso de Profesorado Asociado TC (LRU) a Interino de substitución por vacante.

Durante ese curso, levouse a cabo a proposta e posta en marcha dos proce- sos de transformación de prazas orientados á finalización da vixencia das prazas de profesorado asociado e profesorado asociado de Ciencias da Saúde de réxime administrativo, que concluíu coa amortización de todas elas con efectos do 31 de xullo de 2012.

A distribución por categorías é a seguinte: 30 de Catedrático de Universi- dade, 22 de Titular de Universidade, 39 de Profesor Contratado Doutor (1 delas vinculada), 22 de Profesor Axudante Doutor (con amortización de prazas de di- ferentes tipoloxías), e 21 de PACS LOU (con amortización de 21 de PACS LRU).

No curso 2012/13, os maiores esforzos no primeiro semestre do curso cen- tráronse na xestión da convocatoria de prazas de PDI laboral efectuada por reso- lución reitoral do 21 de setembro de 2012 e parcialmente anulada por resolución do 16 de novembro de 2013. A xestión centrouse, polo tanto, nos concursos que tiveron continuidade (8 prazas de profesor contratado doutor – 2 ERC-Starting Grant, 4 RyC e 2 interinos de longa duración – e 1 praza de profesor axudante doutor). En virtude do acordado polo Consello de Goberno o 23 de marzo de 2012, nesa mesma data convocáronse 16 prazas de profesor contratado doutor, 15 vinculadas á estabilización de investigadores do programa IPP 2006-2011, creadas no mes de setembro tras obter os investigadores a avaliación favorable do seu curriculum pola ANEP, e 1 praza vinculada á estabilización dun investi- gador do programa Ramón y Cajal que remataba o contrato en febreiro de 2013.

No mes de outubro xestionouse tamén a creación de 6 prazas de profesor con-

(19)

19

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

tratado doutor para facilitar a estabilización de investigadores do programa IPP 2007-2012, tras obter os investigadores a avaliación favorable da ANEP.

Xa no segundo semestre, a toma de decisións e a xestión centráronse na pro- gramación dos recursos de PDI para o curso académico 2013-14: prórrogas de contratos de profesorado asociado, PACS e lectores, e reposición de vacantes. As actuacións de carácter estrutural sobre prazas de PDI quedaron á espera de obter a preceptiva autorización da Xunta, que xa fora solicitada pola Universidade no mes de novembro de 2012 e reiterada por petición daquela nos meses de xanei- ro e abril de 2013, esta última con posterioridade á aprobación da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A resposta a estas solicitudes produciuse nos meses de agosto e setembro polo que ata ese momento non puideron ser adoptadas as correspondentes decisións estruturais.

Unha vez recibida a non autorización para convocar prazas de Contratado Doutor, pero si a súa cobertura interina, procedeuse a nomear 12 profesores interinos de Contratado Doutor correspondentes a Profesores Axudantes Dou- tores que remataban contrato. Ademais, iniciáronse os trámites para a saída a concurso e posterior contratación na mesma figura de profesor interino de Con- tratado Doutor, das prazas correspondentes á estabilización de investigadores dos programas Ramón y Cajal e Parga Pondal.

No curso 2013-14, tras fracasar os intentos de lograr a taxa de reposición dinámica, e co fin de dar saída á convocatoria anulada de prazas de Profesor Titular de Universidade e facilitar a estabilización de persoal con ERC-Starting Grant, convocáronse 4 prazas desta categoría correspondentes á taxa de reposi- ción do ano 2013. Ademais, xa no ano 2014, e facendo uso desa mesma taxa de reposición, puidéronse convocar 3 novas prazas de Profesor Titular de Univer- sidade (correspondentes á mesma convocatoria anulada), así como 3 prazas de Catedrático de Universidade (convocatoria actualmente en curso). A convocato- ria destas prazas permitiu, aínda que de forma moi tímida, comezar a dar saída á importante bolsa de persoal acreditado para o corpo de catedráticos.

Por outra banda, e aínda que nos anos 2010 e 2011 puideron pasar á catego- ría de Profesor Emérito seis profesores que pertencían ao corpo de Catedráticos de Universidade, non houbo convocatorias posteriores á espera do desenvolve- mento dos novos estatutos da USC. Na actualidade estase a traballar na modifi- cación do Regulamento para nomeamento de Profesores Eméritos e adaptala así aos novos estatutos.

1.3 Formación

O Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional do profesorado universitario.

As actividades do Programa están destinadas ao Persoal Docente e Investi- gador (PDI) da Universidade de Santiago de Compostela que exerce ou colabora

(20)

20

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

na docencia regrada: profesores/as dos corpos docentes universitarios e profe- sores/as contratados, investigadores contratados dos programas Parga Pondal, Ramón y Cajal ou investigadores/as Ángeles Alvariño e bolseiros/as-contratos predoutorais (FPI, FPU, María Barbeito, PREU). Para dar resposta ás necesida- des dun colectivo tan amplo e diverso, o PFID establece unha oferta axeitada ás necesidades específicas dos grupos de destinatarios que se estrutura en diversas propostas:

a) Plan Xeral de Formación, está dirixido a profesores/as en activo e inves- tigadores/as Ramón y Cajal e Parga Pondal con carga docente no POD do curso vixente e promove con diversas modalidades de cursos levar á práctica as aprendizaxes promovidas e reflexionar con outros profesores/

as sobre a experiencia na aula.

b) Plan de Formación de Noveis, que se crea no curso 2010-11, está dirixido a investigadores Ramón y Cajal, Parga Pondal que non participan no POD, ou investigadores/as Ángeles Alvariño e persoas con bolsas-contratos pre- doutorais (FPI, FPU, María Barbeito, PREU). Esta nova oferta creouse coa finalidade de dar apoio a aquelas persoas que se inician na carreira docen- te universitaria e cuxos programas inclúen a posibilidade de participar no POD e esixen unha formación neste ámbito.

A oferta de ambos os dous plans xira en torno a cursos de carácter xeral ou específico agrupados nos seguintes ámbitos formativos: tecnoloxías da informa- ción e da comunicación aplicadas á docencia; metodoloxía: estratexias de ensi- no-aprendizaxe, titoría, avaliación, e desenvolvemento profesional.

Inclúense ademais diversas actividades en colaboración con outros servizos da USC: Servizo de Normalización Lingüística, Oficina de Igualdade de Xénero, Servizo de Prevención de Riscos, etc.

Dende o PFID ofertáronse unha media de máis de 80 cursos anuais, cunha participación de máis de 1200 profesoras/es e de 70 noveis ao ano.

Nas táboas seguintes reflíctense o número de matriculados nas diferentes actividades, clasificadas por temáticas, así como o número de actividades reali- zadas nos campus de Santiago e Lugo, indicando tamén o número de relatores e participantes nas mesmas.

(21)

21

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Número de persoas matriculadas por tipo de actividade do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID)

-­‐  11  -­‐  

 

Inclúense  ademais  diversas  actividades  en  colaboración  con  outros  servizos  da  USC:  Servizo  de   Normalización   Lingüística,   Oficina   de   Igualdade   de   Xénero,   Servizo   de   Prevención   de   Riscos,   etc.  

Dende   o   PFID   ofertáronse   unha   media   de   máis   de   80   cursos   anuais,   cunha   participación   de   máis  de  1200  profesoras/es  e  de  70  noveis  ao  ano.  

Nas   táboas   seguintes   reflíctense   o   número   de   matriculados   nas   diferentes   actividades,   clasificadas   por   temáticas,   así   como   o   número   de   actividades   realizadas   nos   campus   de   Santiago  e  Lugo,  indicando  tamén  o  número  de  relatores  e  participantes  nas  mesmas.  

Número  de  persoas  matriculadas  por  tipo  de  actividade  do  Programa  de  Formación  e   Innovación  Docente  (PFID)

   

Programa  de  formación  e  innovación  docente  

 

*Xa  que  unha  persoa  puido  matricularse  en  un  ou  varios  cursos,  o  número  de  asistentes  non   coincide  coa  matrícula  total  

1.4. Acción  social  

Mantívose  todos  estes  anos,  a  pesar  das  dificultades  económicas,  a  acción  social  da  que  o  PDI   viña  gozando.  As  accións  son  as  seguintes:  

Temática 2009-10 2010-11 2011-12 2012-13

Espazo Europeo de Educación Superior 0 40 2 0

Guías docentes 104 14 10 0

Habilidades docentes 634 445 337 270

Metodoloxía e avaliación 71 79 142 19

Orientación e titoría universitaria 38 55 0 0

Prácticas docentes innovadoras na USC 28 44 59 0

TIC aplicadas á docencia 818 546 863 819

Prevención de riscos laborais 12 20 7 30

Igualdade de xénero 55 62 29 13

Tratamento e xestión de información 40 16 0 0

Actualización de contidos 548 59 68 65

Matrícula total 2348 1380 1517 1216

2009-10 2010-11 2011-12 2012-13

Actividades realizadas

Campus de Santiago 97 69 65 65

Campus de Lugo 50 28 23 26

Núm ero de relatores

USC 112 110 149 106

Externos 50 36 29 29

Persoal asistente*

Campus de Santiago 1.591 1.074 1.136 886

Campus de Lugo 645 306 381 330

Persoal en formación 46 59 56

Programa de formación e innovación docente

-­‐  11  -­‐  

 

Inclúense  ademais  diversas  actividades  en  colaboración  con  outros  servizos  da  USC:  Servizo  de   Normalización   Lingüística,   Oficina   de   Igualdade   de   Xénero,   Servizo   de   Prevención   de   Riscos,   etc.  

Dende   o   PFID   ofertáronse   unha   media   de   máis   de   80   cursos   anuais,   cunha   participación   de   máis  de  1200  profesoras/es  e  de  70  noveis  ao  ano.  

Nas   táboas   seguintes   reflíctense   o   número   de   matriculados   nas   diferentes   actividades,   clasificadas   por   temáticas,   así   como   o   número   de   actividades   realizadas   nos   campus   de   Santiago  e  Lugo,  indicando  tamén  o  número  de  relatores  e  participantes  nas  mesmas.  

Número  de  persoas  matriculadas  por  tipo  de  actividade  do  Programa  de  Formación  e   Innovación  Docente  (PFID)

   

Programa  de  formación  e  innovación  docente  

 

*Xa  que  unha  persoa  puido  matricularse  en  un  ou  varios  cursos,  o  número  de  asistentes  non   coincide  coa  matrícula  total  

1.4. Acción  social  

Mantívose  todos  estes  anos,  a  pesar  das  dificultades  económicas,  a  acción  social  da  que  o  PDI   viña  gozando.  As  accións  son  as  seguintes:  

Temática 2009-10 2010-11 2011-12 2012-13

Espazo Europeo de Educación Superior 0 40 2 0

Guías docentes 104 14 10 0

Habilidades docentes 634 445 337 270

Metodoloxía e avaliación 71 79 142 19

Orientación e titoría universitaria 38 55 0 0

Prácticas docentes innovadoras na USC 28 44 59 0

TIC aplicadas á docencia 818 546 863 819

Prevención de riscos laborais 12 20 7 30

Igualdade de xénero 55 62 29 13

Tratamento e xestión de información 40 16 0 0

Actualización de contidos 548 59 68 65

Matrícula total 2348 1380 1517 1216

2009-10 2010-11 2011-12 2012-13

Actividades realizadas

Campus de Santiago 97 69 65 65

Campus de Lugo 50 28 23 26

Núm ero de relatores

USC 112 110 149 106

Externos 50 36 29 29

Persoal asistente*

Campus de Santiago 1.591 1.074 1.136 886

Campus de Lugo 645 306 381 330

Persoal en formación 46 59 56

*Xa que unha persoa puido matricularse en un ou varios cursos, o número de asistentes non coincide coa ma- trícula total

1.4 Acción social

Mantívose todos estes anos, a pesar das dificultades económicas, a acción social da que o PDI viña gozando. As accións son as seguintes:

Escola infantil Breogán en Santiago e axudas para a escolarización de nenos menores de tres anos en Lugo

(22)

22

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Instalacións deportivas

Achegas a un plan de pensións: anos 2010, 2011 e 2014. Non se puideron facer as achegas nos anos 2012 e 2013 por imperativo legal

Axudas e subvencións de prezos públicos

Incapacidade transitoria, maternidade, adopción e acollemento e sus- pensión por risco durante o embarazo

Anticipos reintegrables

2 PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Foi prioritario para este equipo de goberno manter os postos de traballo, confor- mando unha boa organización e optimizando a prestación dos efectivos do PAS, conforme ás súas capacidades.

De seguido, expóñense as iniciativas levadas a cabo e os logros acadados nestes catro anos de goberno, e que se conseguiron grazas á implicación e traba- llo dos servizos que xestionan os temas de PAS, e tamén ás persoas que, dunha ou outra forma, contribuíron coas súas achegas a que todo isto fose posible.

2.1 Convocatorias de prazas

Publicación das Ofertas de Emprego Público (OPE) 2010 e 2011: Dende hai anos as prazas a convocar publicábanse na páxina web da USC; esta práctica podía non ser suficiente de cara a argumentar as esixencias derivadas da limitación no acceso do persoal, por iso, recompiláronse OPE non publicadas, computáron- se outras prazas vacantes e procedeuse á publicación das OPE correspondentes aos exercicios 2010/2011, dentro sempre da taxa de reposición de efectivos. Isto permitiu poder publicar convocatorias de concurso-oposición e lograr unha elevada diminución da temporalidade. E tamén permitiu argumentar estas con- vocatorias a raíz da petición de informes da administración xeral do Estado.

Estes procesos de promoción na carreira profesional do PAS iniciáronse no ano 2011, no que se convocaron 30 prazas por concurso-oposición das que 22 prazas son de persoal funcionario e 8 de laboral.

Continuouse no ano 2012 convocándose un proceso selectivo de persoal funcionario con 37 prazas e 10 procesos selectivos de persoal laboral no que se ofertaron 38 prazas, e concluíronse 4 procesos selectivos de persoal laboral con 4 prazas ofertadas.

No ano 2013, convocáronse 21 procesos selectivos de persoal laboral, aínda pendentes de resolver, cunha oferta de 35 prazas. Remataron 3 procesos selecti- vos de persoal funcionario cun total de 59 prazas ofertadas, e 5 de persoal labo- ral con 10 prazas ofertadas.

En resumo, co obxecto de levar a cabo a OPE 2010-2011, realizáronse ata o día 30 de abril de 2014, os seguintes procesos selectivos:

(23)

23

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

3 procesos selectivos de persoal funcionario, todos eles concluídos, que supuxeron a promoción interna de 44 persoas e a incorporación pola quenda de acceso libre de 15.

As convocatorias realizadas foron: Escala de Técnico Superior de Admi- nistración, subgrupo A1, 7 prazas; Escala de Axudantes de Arquivos, Bi- bliotecas e Museos Especialidade Bibliotecas, subgrupo A2, 13 prazas e Especialidade Arquivos 2 prazas ; Escala Administrativa, subgrupo C1, 37 prazas.

40 procesos selectivos de persoal laboral, cunha oferta total de 40 prazas por promoción interna e 52 pola quenda libre. Destes procesos 13 xa están concluídos e supuxeron a promoción interna de 1 efectivo e a incorpo- ración de 26 por quenda libre.

Convocatorias concluídas:

Xornalista 3 prazas; Técnico superior de investigación, análise elemental, 1 pra- za; Especialista de oficios, xardineiro, 4 prazas; Técnico superior de investiga- ción, arqueometría 1 praza; Técnico superior de investigación, difracción de raios X, 1 praza; Técnico superior de investigación, animalario de produción, 1 praza; Técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, 1 praza; Técnico superior de xestión, 7 prazas; Enxeñeiro técnico industrial, 1 praza; Técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, 3 prazas;

Técnico especialista de investigación, especialidade de imaxe, 1 praza.

Convocatorias en proceso:

Técnico en instalacións, 2 prazas; Técnico especialista en instalacións, 2 prazas;

Técnico en prevención de riscos, especialidade de seguridade no traballo, hixie- ne industrial e ergonomía e psicoloxía aplicada; Técnico en prevención de riscos, especialidade de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicoloxía aplicada, 1 praza; Técnico en prevención de riscos, especialidade de seguridade no traballo, 1 praza; Técnico especialista de investigación, especiali- dade física, 1 praza; Enxeñeiro industrial, 1 praza; Analista, 1 praza; Arquitecto, 1 praza; Técnico superior de telecomunicacións, 1 praza; Técnico xestor de sis- temas, especialidade de xestión de sistemas, 1 praza; Técnico grao medio e-lear- ning, 2 prazas; Técnico de investigación, área bioloxía-saúde, leira de prácticas, 1 praza; Técnico especialista investigación, especialidade saúde, 2 prazas; Téc- nico de investigación, área bioloxía-saúde, 4 prazas; Técnico de investigación, área bioloxía-saúde, animalarios, 2 prazas; Técnico especialista investigación, especialidade química, Análise elemental, 1 praza; Técnico especialista investi- gación, especialidade química, Raios X, 2 prazas; Técnico especialista investiga- ción, especialidade química, RMN, 3 prazas; Técnico especialista investigación, especialidade química, Espectrometría de masas, 4 prazas; Técnico especialista investigación, especialidade química IR-Raman, 1 praza.

(24)

24

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatorias concluídas de procesos selectivos

Réxime xurídico Nº de

procesos selectivos

Prazas

ofertadas Promoción

interna Quenda

libre

Procesos selectivos PAS Laboral 13 P: 20/ L: 7 1 26

Procesos selectivos PAS

funcionario 3 P: 49/ L: 10 44 15

Convocatorias en trámite

Réxime xurídico Nº de

procesos selectivos

Prazas

ofertadas Promoción

interna Quenda libre Procesos selectivos PAS

Laboral 27 P: 43/ L: 26 - -

Convocatorias de concursos de méritos e libre designación:

No ano 2011, ofertáronse 227 postos por concurso de méritos e 4 postos de libre designación.

Continuouse no ano 2012 no que se convocaron a concurso 4 postos de libre designación para persoal funcionario e 1 para persoal laboral, e 155 postos de persoal laboral.

No ano 2013, leváronse a cabo 3 convocatorias de concurso permanente de per- soal laboral no que se ofertaron 114 postos e se realizaron 3 cambios de destino.

En 2014 convocouse e resolveuse 1 posto de libre designación e está convocado o concurso de méritos para persoal funcionario no que se ofertan 145 postos.

Así mesmo, estanse negociando co Comité Intercentros 3 convocatorias de con- curso específico no que se ofertarán 5 postos.

En resumo:

Persoal funcionario: convocouse o concurso de traslados de PAS fun- cionario que non se realizaba dende 2007. O número de postos ofertados foi de 149, e o número de persoas trasladadas foron 76.

Libre designación: realizáronse 5 convocatorias de concurso nas que se ofertaron 10 postos, dos que se cubriron 9.

Persoal laboral: efectuáronse 9 convocatorias de concurso permanente, nas que se ofertaron 396 prazas, e se levaron a cabo 27 cambios de postos.

Ademais convocáronse 5 concursos específicos nos que se ofertaron 15 postos e se realizaron 8 movementos.

(25)

25

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concursos de méritos convocados

Tipo de concurso Nº de

convocatorias Nº postos

ofertados Movementos realizados

Permanente PAS Laboral 9 396 27

Específico PAS Laboral 5 15 8

Funcionarios 1 149 76

Funcionarios (en trámite) 1 145 ---

Concursos de libres designacións

Colectivo Nº de

convocatorias Nº postos

ofertados Movementos realizados

Funcionarios 3 9 8

Laborais 1 1 1

2.2 Reorganización dos servizos e modificacións na Relación de postos de traballo (RPT)

Co obxecto de implantar un modelo de xestión de recursos humanos máis flexi- ble e diverso que, segundo un deseño do cadro de persoal nos ámbitos da docen- cia, a investigación e a administración, supoña un aproveitamento equilibrado dos recursos e das potencialidades, realizáronse unha serie de adaptacións na RPT que permitiron manter o cadro de persoal, facendo as transformacións de postos necesarias para realizar funcións derivadas de novas necesidades (médi- co, técnico de investigación, redistribución de postos base, cambios de adscri- ción e de dependencia).

Modificacións da RPT Consellos de

Goberno Nº postos creados Nº postos

suprimidos Nº postos

modificados

10 64 56 189

As modificacións máis salientables foron:

Creación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e dotación de re- cursos humanos nos dous campus.

Creación da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento.

Creación da Oficina de Desenvolvemento Sostible

(26)

26

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dotación dunha estrutura básica no Laboratorio de Radiofísica do Campus de Santiago.

Reforzo da dotación administrativa do servizo de Xestión de Persoal de- dicada á xestión da contratación de persoal con cargo a proxectos, con- tratos e convenios de investigación.

Reforzo administrativo da Oficina de Información Universitaria (OIU), do Centro de Posgrao (CP), que tamén incorpora a atención á Escola de Doutoramento Internacional (EDI).

Reforzo da Secretaría Xeral Adxunta para atender as demandas da posta en marcha da administración electrónica creando un posto de xefe de sección. E tamén reclasificación do posto que exerce a defensa da USC ante as distintas xurisdicións.

Reclasificación do posto que exerce a defensa da USC ante as distintas xurisdicións.

Reforzo da dotación administrativa do Centro de Linguas Modernas e do Museo Luís Iglesias.

Dotación administrativa para os novos Centros Singulares de Investi- gación, a medida en que estes se foron poñendo en marcha.

Redefinición das funcións dos distintos postos que conforman a Unidade de Apoio á Xestión de centros e Departamentos, e creación de 3 postos de xefes de unidade naqueles centros docentes que ata o de agora carecían del: Facultades de Filosofía, Óptica e Relacións Laborais.

Outras medidas que redundan na reorganización dos servizos e explicación de- tallada dalgunhas das recollidas no punto 2.1.

No ámbito do Persoal Laboral (Comite Intercentros-Mesa de Negociación)

Para dar cumprimento ao recollido na disposición adicional segunda do vixente Convenio Colectivo, a Xerencia negociou co Comité Intercentros a reclasificación da categoría de Oficial de Laboratorio a Técnico de Inves- tigación e a reclasificación da categoría de Auxiliar de Servizos en Oficial de Servizos, tendo en conta a identidade de funcións. Esta negociación foi referendada na mesa de negociación do Convenio Colectivo na reunión celebrada o 24 de marzo de 2014, asinándose o oportuno acordo. Esta reclasificación foi aprobada no Consello de Goberno do día 26 de marzo de 2014.

No ámbito do Comité intercentros chegouse a un acordo en torno á proposta da Xerencia de normativa para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), no que atinxe a categorías, funcións e abano de retribucións, for- malizándose acordo, que quedou supeditado a que fora aprobado polo Consello de Goberno, o que aconteceu en sesión celebrado o pasado 26 de marzo.

(27)

27

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dende o ano 2013 estivo aberto un proceso de negociación coas organi- zacións sindicais de cara a afrontar unha reorganización das conserxerías que consistiría en:

Unificar o modelo existente xa que na actualidade conviven ata 3 ca- tegorías diferentes.

Integrar nunha única categoría ao persoal adxudicándolle novas funcións.

Revisión dos manuais de funcións vixentes

Facilitar aos traballadores a formación necesaria para desenvolver as novas funcións.

Este proceso non acadou acordo.

Continuouse coa negociación dun novo Convenio Colectivo, iniciada no 2009, dado que o vixente está en situación de prórroga. Neste punto non se avanzou polos condicionantes laborais do momento que ocasionan reticencias para ne- gociar por parte das organizacións sindicais.

En todo caso, elaboráronse as propostas correspondentes ao articulado do capítulo de provisión, selección e contratación .

Así mesmo, o actual equipo de goberno, a través DA REITORÍA e da xe- renta, comprometeuse a non denunciar o convenio, compromiso que se mantivo ata agora.

No ámbito de Persoal Funcionario (Xunta de Persoal).

Coa Xunta de Persoal negociouse un novo baremo para o concurso de méritos de persoal funcionario. O que está actualmente en vigor data de decembro de 1995, e está completamente obsoleto, non só na súa concepción e filosofía, se- nón tamén en algo tan importante como as titulacións. Este acordo foi aprobado polo Consello de Goberno celebrado o día 26 de marzo de 2014.

Tamén se acordou a aplicación ao persoal interino dos criterios relativos á recolocación do persoal temporal por mor dun concurso reflectidos no acordo de xestión de listaxes de agarda.

Mecanismos de reconversión dos servizos tradicionais.

Ano tras ano fóronse implantando novas estruturas de xestión acordes coas novas necesidades que se foron detectando, ben modernizando as xa estableci- das ben creando unhas novas.

a) No ano 2013 procedeuse a realizar distintas accións como a reforma ad- ministrativa da Xestión Académica da USC. Iniciada xa no ano 2002, déraselle un avance importante no ano 2006 coa creación das Unidades de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos, medida que introduciu cambios na xestión ata daquela en mans dos equipos de goberno dos cen- tros docentes. Aínda así, a reforma non callou, e a unidade seguía sendo un órgano unipersoal, os departamentos seguían xestionando as áreas que tradicionalmente tiñan asignadas e o/a responsable da unidade, agás ex- cepcións, contaba para asumir todo o traballo co apoio do/da posto base.

(28)

28

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sendo de todo imposible que estes responsables seguisen asumindo de xeito individual o volume de traballo coas novas titulacións de grao e máster, co incremento continuo da mobilidade dos estudantes, a atención aos órganos de dirección dos centros, aos órganos vinculados aos másteres, formar parte das comisións dos que son membros natos, xestionar as prácticas en empre- sas, as estancias, as competencias en materia de calidade, sede electrónica, etc., procedeuse a facer unha actuación en varias frontes:

Redefinición das funcións dos distintos postos que conforman as unidades, delimitando claramente o cometido de cada un, e cunha boa definición das dependencias do persoal.

Creación de tres postos de responsable de unidade, co obxecto de que cada centro docente teña á súa fronte un/unha responsable.

Cambio da adscrición e denominación dun posto de xefe de negociado da Escola de Práctica Xurídica, no contexto da impartición do novo Máster en Avogacía, que pasou a asumir a Unidade da Facultade de Dereito, e á finalización do máster propio que xestionaba a Escola.

b) Potenciouse o Servizo de Relacións Exteriores (SRE), dotando o posto de xefe de Sección de Mobilidade, Cooperación e Convenios, cos requisitos que para el estaban establecidos na súa creación por Consello de Gober- no do 17 de febreiro de 2010, e tamén se creou un responsable de Asun- tos Económicos. Estes postos son moi relevantes pola asunción de novas competencias dentro do Servizo de Relacións Exteriores e polas peculia- ridades do seu desempeño. Así mesmo, efectuouse a cobertura dos postos que se atopaban vacantes, para o que foi necesario facer unha convocatoria de listas de agarda con requisitos específicos de coñecemento de idiomas, para o idóneo desempeño dos postos.

c) Na Oficina de Información Universitaria (OIU) reforzouse a estrutura ad- ministrativa coa creación dunha xefatura de Negociado, con coñecemento de idiomas, o que, xunto coas modificación operadas nos postos de labo- rais, permitiu configurar unha unidade máis acorde coas actuais deman- das e coas novas tecnoloxías. Neste senso, os postos de laborais pasaron da categoría de teleinformadores á de Técnicos de Información, e os seus titulares recibiron formación específica para o seu adecuado desempeño.

d) No Centro de Posgrao (CP) implantouse unha dotación debidamente es- truturada, creando unha sección que asume a xefatura administrativa do centro, un posto de negociado e se perfilaron os postos existentes en con- sonancia coas funcións do centro. Así mesmo, tamén se estableceu o Cen- tro de Posgrao de apoio administrativo á nova Escola de Doutoramento Internacional (EDI).

e) Promoveuse a asignación de persoal de apoio para os centros CITIUS E CIQUS polas necesidades detectadas derivadas do aumento da xestión.

(29)

29

RME DO REITOR 2010 - 2014 ~ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

f) A complexidade e carga de traballo do posto de letrado, que atende a am- bos os dous campus, a diversidade do seu traballo que abrangue todas as ordes xurisdicionais e que se desenvolve tanto en tribunais de órganos unipersoais como en tribunais colexiados, fixo que se considerase axeitada a modificación do complemento de destino e específico do posto de Téc- nico Superior de Administración, especialidade Xurídica do Servizo da Asesoría Xurídica a un nivel 28.

g) Encargouse un estudo dos diversos animalarios existentes na Universida- de co obxecto de detectar a categoría profesional que segundo a lexislación vixente deben posuír as persoas que desenvolven estes postos.

2.3 Acordo sobre a xubilación parcial anticipada

Unha das maiores satisfaccións deste etapa foi a consecución do acordo de xubi- lación parcial anticipada para o persoal laboral que acade os requisitos previstos pola norma. Era esta unha vella reclamación das organizacións sindicais, que foi difícil fraguar polas dificultades da súa xestión e polos condicionantes que a Xerencia poñía sobre a mesa para non distorsionar o funcionamento normal dos servizos.

A finais de marzo de 2013 asinouse co Comité Intercentros do PAS laboral o acordo para acceder á xubilación parcial anticipada para o PAS laboral fixo, ao que se poderán acoller ata 2018, un total de 115 efectivos. A finais de abril de 2014, xa se acolleron a este acordo 27 persoas e está previsto efectuar outras catro xubilacións máis.

Este acordo, vella reivindicación da parte social, está permitindo facer unha renovación do cadro de persoal e unha reestruturación pola contratación dos de remuda en áreas e servizos nos que se detectan máis deficiencias de persoal ou necesidades non cubertas por mor das restricións implantadas polas normativas que nos son de aplicación. Tamén nos permite acadar un aforro de case 200.000 euros/ano, polo rexuvenecemento do cadro de persoal

Dentro das marxes establecidas pola lei, este acordo, así mesmo, favorece ao persoal que estaba contratado porque o estabiliza por un tempo e pode ter unhas expectativas laborais máis de futuro.

Tamén coas xubilacións anticipadas do PAS funcionario, permitidas polas novas normas, estase adaptando o cadro de persoal ás novas necesidades que as continuas reordenacións normativas provocan na xestión.

2.4 Formación

Dentro das posibilidades orzamentarias, a USC seguiu apostando decididamen- te pola formación do PAS. No seguinte cadro resúmese a actividade do período analizado.

Referencias

Documento similar