Guía docente da materia
Ética e multiculturalidade POP Servicios culturais
Área de Filosofía Moral Beatriz Fernández Herrero Facultade de Humanidades Campus de Lugo Universidade de Santiago de Compostela
1. Datos descritivos da materia
1.1. Datos básicos
. Nome da materia: ÉTICA E MULTICULTURALIDADE . Código: P5022101
. Tipo de materia: OBRIGATORIA . Número de créditos: 4
. Cuadrimestre:
. Descritores: O fenómeno intercultural: aproximación conceptual, orixe e fundamentos éticos. A identidade moral nunha sociedade intercultural. A cidadanía nunha sociedade intercultural. Educación intercultural.
1.2. Prerrequisitos
Os requiridos para acceder ao Máster
1.3. Profesorado
Profesora Doctora Beatriz Fernández Herrero Departamento: Lóxica e Filosofía Moral
Área: Filosofía Moral
Linguas nas que se imparte: Galego, castelán 1.4. Titorías
Despacho nº 132 da Facultade de Humanidades Extensión: 24742
Correo electrónico: [email protected]
2. Sentido da materia no perfil da titulación
2.1. Bloque formativo
A materia “Ética e Multiculturalidade” ubícase no conxunto de materias obrigatorias do Máster, é dicir, das materias que todos/as os/as futuros titulados deben cursar, independentemente do itinerario que elixan a través da optatividade, e que pode tomar dúas liñas: A) “A Cultura e a súa Xestión”, e B) “Cultura e Diversidade”.
2.2. Papel da materia no bloque e no conxunto do Plano de Estudios
2.3. Interese da materia para a futura profesión
A materia “Ética e Multiculturalidade” , como acabamos de apuntar, inclúese no bloque de formación xeral dos titulados en “Servicios culturais”. Constitúe, por tanto, unha primeira aproximación reflexiva aos aspectos éticos e mesmo deontolóxicos que todo profesional especialista e Servicios culturais debe ter feita para o correcto exercicio da súa profesión.
materias obrigatorias
Traballo Fin de Máster
Liña A: A cultura e a súa xestión
Liña B: Cultura e diversidade
Ética e Multiculturalidade
Pero ademais, o carácter da materia ten un interese persoal na propia formación do/da estudante como persoa e como cidadán dunha sociedade plural e democrática, constituíndo por tanto unha ocasión para a súa propia preparación no ámbito ético-filosófico da formación para a cidadanía, o espírito crítico, e os valores que rexen nunha sociedade destas características.
Resumimos, pois, en dous, os intereses da materia:
● Desenvolvemento persoal en cuestións relativas a aspectos morais (individuais) e sociais (cidadanía).
● Capacitación profesional respecto da dimensión ética e moral do exercicio profesional da xestión cultural.
3. Competencias e obxectivos da materia
3.1. Competencias
3.1.1.Competencias xerais do POP:
X. 1. Que os/as estudantes acaden a capacitación para comprender e tratar as múltiples manifestacións socio-culturais do mundo actual.
X. 2. Que os/as estudantes sexan capaces de desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
X. 3. Que os/as estudantes sexan capaces de coñecer e concretar os diferentes ámbitos profesionais e investigadores vencellados aos servizos culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
X. 4. Que os/as estudantes adquiran as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
X. 5. Que os/as estudantes sexan capaces de traballar, no eido da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
X. 6. Que o/as estudantes sexan capaces de perfeccionar as aptitudes e destrezas precisas para organizar equipas humanas e formar parte delas.
X. 9. Capacitar ao estudante para comprender a complexidade do fenómeno intercultural e as diferentes aproximacións á multiculturalidade (do choque de civilizacións ao diálogo multicultural).
3.1.2. Competencias específicas da materia:
E. 1. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos, e comprender e tratar as múltiples manifestacións interculturais da sociedade actual.
E. 2. Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e da súa profesión.
E. 3. Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun xeito autodirixido e autónomo.
E. 4. Que os/as estudantes sexan capaces de diseñar programas para a realización de actividades educativas e formativas en entornos culturais e cidadáns.
E. 5. Que os/as estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza formativa do medio cultural e cidadá e construír recursos para a realización de actividades.
E. 6. Que os/as estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflictos que se poidan presentar na organización e no desenvolvemento de actividades culturais.
E. 7. Que os/as estudantes sexan capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación con persoas e profesionais de outras culturas.
3.2. Obxectivos
3.2.1. Obxectivos relacionados cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia:
- Comprender e manexar o vocabulario, conceptos e termos mais usuais da materia.
- Realizar unha aproximación conceptual ó fenómeno da interculturalidade desde o ámbito da ética.
- Analizar a problemática ética producida no contexto das relacións interculturais
- Analizar e profundizar nos fundamentos e na necesidade da educación intercultural
- Introducirse e profundizar nas cuestións relativas á educación multicultural e a sua necesidade na formación da cidadanía.
3.2.2. Obxectivos relacionados co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación:
- Saber acceder ás fontes de información.
- Desenrolar as capacidades de lectura comprensiva, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos.
- Introducirse nas técnicas de traballo en grupo e posta en común a través de exposicións orais e debates, así como de traballos escritos.
- Mellorar a comunicación oral e escrita, mediante a participación nas explicacións e nos debates e a realización de comentarios.
3.2.3. Obxectivos vinculados a valores e actitudes:
- Desenvolver a autoconciencia moral, propiciando a reflexión do alumnado, nas explicacións, nos comentarios e nos debates.
- Desenvolver a sensibilidade social ético-política, a través do fomento das capacidades empáticas e solidarias.
- Desenvolver a capacidade crítica, creativa e dialóxica do alumnado.
4. Contidos
4.1. Descritores da materia no Plano de Estudios
O fenómeno intercultural: aproximación conceptual, orixe e fundamentos éticos. O choque de civilizacións e o diálogo multicultural: bases éticas. A educación multicultural.
4.2. Estrutura dos bloques de contidos
Para facilitar a abordaxe da materia, esta se presenta dividida en catro temas, ainda que todos eles están estreitamente relacionados
entre sí: no primeiro, que ten un carácter introdutorio, abórdanse os aspectos éticos do fenómeno intercultural, definindo as súas bases éticas, e dedicando unha especial atención á súa fundamentación:
os Dereitos Humanos. O segundo tema céntrase na cuestión do suxeito moral como individuo, atendendo ao seu desenvolvemento moral e á percepción dos “outros”. O terceiro tema aborda os aspectos sociais do suxeito que convive e se relaciona cos “outros”, analizando como debe ser a cidadanía nunha sociedade intercultural, plural e democrática. Por último, o cuarto tema está dedicado á educación nunha sociedade intercultural, fundamentando a súa necesidade e sinalando os ámbitos de formación cidadá aos niveis formal, informal e non formal.
4.3. Temas e unidades de contido
Tema 1: Aspectos éticos do fenómeno intercultural - Bases éticas da interculturalidade
- A fundamentación nos DDHH
Tema 2: A identidade moral nunha sociedade intercultural - Desenvolvemento moral
- A percepción das alteridades
Tema 3: A cidadanía na sociedade intercultural - Cidadanía intercultural
Tema 4: A formación de persoas e cidadáns nunha sociedade intercultural
- Necesidade e fundamentación da educación intercultural
- Educación para a cidadanía: niveis formal, informal e non formal
O xeito de abordar cada un dos temas será prácticamente sempre igual: en primeiro lugar, terá lugar unha sesión de clase expositiva, na que a profesora fará unha breve introducción que preparará ao alumnado para o traballo de investigación, profundización, e elaboración dun ensaio ou dun dossier, que posteriormente será debatido e confrontado entre todo o grupo, o que permitirá enriquecer as aportacións individuais ou de pequeno grupo, e redactar as conclusións extraídas acerca dél.
TEMA 1: Aspectos éticos do fenómeno intercultural
1. Sentido do tema
Este tema constitúe unha primeira aproximación ao fenómeno da interculturalidade, que deberá ser definida xunto con outros conceptos relacionados, como o pluralismo, o relativismo, o multiculturalismo, a asimilación, etc., antes de abordar os seus aspectos éticos, que se fará seguidamente, pasando despois á reflexión acerca da posibilidade de fundamentar estes nos Dereitos Humanos, para o que será preciso traballar coa DUDH e investigar acerca do seu carácter histórico e universal, así coma noutros aspectos relacionados.
2. Epígrafes
- Bases éticas da interculturalidade - A fundamentación nos DDHH 3. Materiais ou referencias
A selección de materiais e de referencias concretas que debe traballar cada persoa ou grupo de persoas farase a partir da bibliografía, en función do número de alumnos/as que compoñan cada grupo.
4. Método de traballo
En primeiro lugar se procederá a unha explicación teórica dos conceptos básicos do tema, resolvendo as dúbidas que o alumnado presente trala exposición. A continuación se pasará á distribución
dos materiais e á formación de pequenos grupos de traballo, que deberán profundizar nas cuestións propostas (realización dun glosario de termos, debate contemporáneo acerca dos Dereitos Humanos, etc.) e elaborar un pequeno ensaio, que posteriormente será exposto ante o grupo grande e debatido, antes de ser formuladas as conclusións comúns acerca do conxunto do tema.
5. Bibliografía e materiais
a) BASES ÉTICAS DA INTERCULTURALIDADE:
- GONZÁLEZ, R.; ARNAIZ, G. (coord.): El discurso intercultural.
Prolegómenos a una filosofía intercultural. Madrid, Ed. Biblioteca Nueva, 2002.
- FARIÑAS DULCE, M.J.: “La tensión del pluralismo”, en FORNET- BETANCOURT, R.: Interculturalidad, género y educación”.
Documentación del V Congreso Internacional de Filosofía intercultural. London, 2004, páxs. 257-265.
- SENENT DE FRUTOS, J.A.: “El arte de la guerra y la crisis de las relaciones sociales”, en FORNET-BETANCOURT, R.:
Interculturalidad, género y educación”. Documentación del V Congreso Internacional de Filosofía Intercultural. London, 2004, páxs. 295 y ss.
- VILLORO, L.: “Condiciones de la interculturalidad”, en FORNET- BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur.
London, 2005, páxs. 219-230.
- DUSSEL, E.: “Modernidad, Imperios europeos, Colonialismo y Capitalismo”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur. London, 2005, páxs.155-177.
- OLIVÉ, L.: “Relaciones interculturales y justicia social”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur. London, 2005, páxs. 123-143.
- “Pluralismo y cultura”, en file://F:\intercultural\articulos electronicos\Pluralismoycultura.htm
b) DEREITOS HUMANOS:
- Declaración Universal de Dereitos Humanos, páxina a ONU:
http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm
- BUENO, G.: “Etnocentrismo cultural, relativismo cultural y pluralismo cultural”, en EL Cartoblepas, revista crítica del presente,
nº 2, abril, 2002, pág. 3. URL:
http://WWW.nodulo.org/ec/2002/n002p3.htm
- VIOR, E.J.: “Migración y Derechos Humanos desde una perspectiva intercultural”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Migración e interculturalidad. Aachen, 2004. páxs. 109-117.
- FORNET-BETANCOURT, R.: Transformación intercultural de la filosofía. Bilbao, Desclée de Brouwer, 2001; capítulo VIII: “Los Derechos Humanos, ¿fuente ética de crítica cultural y de diálogo entre las culturas?.
- FARIÑAS DULCE, M.J.: Los Derechos Humanos: desde la perspectiva sociológico-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson, 1997.
- MARTÍNEZ DE PISÓN, J.: Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Zaragoza, Egido, 1997.
- CARRILLO SALCEDO, J.A.: Dignidad frente a barbarie. Madrid, Trotta, 1999. Capítulo V: “Presente y futuro de la Declaración Universal de Derechos Humanos”, páxs. 105-153.
TEMA 2: A identidade moral nunha sociedade intercultural
1. Sentido do tema
O posibilitador primeiro da convivencia nunha sociedade plural é o desenvolvemento moral dos individuos que a forman, xa que unha deficiente maduración cognitiva e moral destes, conlevará o egocentrismo, o dogmatismo e toda unha serie de contravalores que dificultan as relacións interpersoal e a resolución pacífica dos conflictos.
Partindo deste suposto, neste tema se aborda a cuestión da formación das identidades individuais e o desenvolvemento moral, que é considerado como un paso previo é ao mesmo tempo consustancial á formación da cidadanía, considerando que é a partires del como se pode tomar conciencia dos dereitos dos “outros” como suxeitos en relacións de igualdade con “nos-outros”, aspecto que é profundizado no segundo epígrafe do tema, no que se dedica unha especial atención ás diferencias xenéricas é ás culturais.
2. Epígrafes
- Desenvolvemento moral - A percepción das alteridades 3. Materiais ou referencias
A selección de materiais e de referencias concretas que debe traballar cada persoa ou grupo de persoas farase a partir da bibliografía, en función do número de alumnos/as que compoñan cada grupo.
4. Método de traballo
En primeiro lugar se procederá a unha explicación teórica dos conceptos básicos do tema, incidindo especialmente na teoría do desenvolvemento moral de L. Kohlberg, resolvendo as dúbidas que o alumnado presente trala exposición. A continuación se pasará á distribución dos materiais e á formación de pequenos grupos de traballo, que deberán debatir e profundizar nas cuestións propostas e elaborar un pequeno ensaio, entre dous posibles: críticas ao pretendido universalismo de Kohlberg ou percepción das identidades, que posteriormente será exposto ante o grupo grande e debatido, antes de ser formuladas as conclusións comúns acerca do conxunto do tema.
5. Bibliografía e materiais
- “Estadios evolutivos del razonamiento moral”, en http://www.xtec.es/lvallmaj/passeig/kohlber2.htm
- HERSH, R.: REIMER, J.; PAOLITTO, D.: El crecimiento moral. De Piaget a Kohlberg. Madrid, Narcea, 1984.
- DELVAL, J.; ENESCO, I.: Moral, desarrollo y educación. Madrid, Alauda/Anaya, 1994.
- DIAZ AGUADO, M.J.; MEDRANO, C.: Educación y razonamiento moral. Bilbao, Mensajero, 1994.
- BÁRCENA, F.; GIL, F.; JOVER, G.: La escuela de la ciudadanía.
Educación ética y política. Bilbao, Desclée de Brouwer, 1999.
- JORDAN, J.A.; SANTOLARIA, F.F.: La educación moral hoy.
Barcelona, PPU, 1987.
- KOHLBERG, L.; POWER, F.C. : La educación moral según L.
Kohlberg. Barcelona, Gedisa, 1997.
- PEREZ DELGADO, E.; GARCIA ROS, R.: La psicología del desarrollo moral.Madrid, Siglo XXI, 1991.
- PETERS, R.S.: Desarrollo moral y educación moral. México, FCE, 1984.
- PUIG ROVIRA, J.: La construcción de la personalidad moral.
Barcelona, Paidós, 1996.
- GILLIGAN, C.: La moral y la teoría. México, FCE, 1985.
- COBO, J.M.: Educación ética para un mundo en cambio y una sociedad plural. Madrid, Endimión, 1993.
- NAIR, S.: El desplazamiento en el mundo: inmigración y temáticas de identidad. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1998.
- NASH, M.; MARRE, D. (ed): Multiculturalismo y género..
Barcelona, Bellaterra, 2001.
- DINA PICOTTI: “la filosofía latinoamericana y la cuestión del género”, en FORNET-BETANCOURT, R: Interculturalidad, género y educación. Documentos del V Congreso Internacional de Filosofía Intercultural.. London, 2004. páxs. 155-179.
- VALLESCAR, D. de: “La filosofía en Europa y la cuestión del género”, en FORNET-BETANCOURT, op. cit., páxs. 181-220.
- ONGHENA, Y.: “Dinámicas interculturales y construcción identitaria”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Migración e interculturalidad. Aachen, 2004. páxs. 259-273.
- TODOROV, T.: Les morales de l’ histoire. Post.scriptum: “la connaissance des autres. Paris, Grasset, 1991, páxs. 37-40.
- ALSINA, R.: Comunicación intercultural. Barcelona, Anthropos, 1999. Páxs. 44-87.
- LÓPEZ DE LA VIEJA, T.: “Ética de la diferencia”, en http://www.ucm.es/info/nomadas/1/tldlvieja1.htm.
TEMA 3. A cidadanía na sociedade intercultural
1. Sentido do tema
Unha vez definida no tema anterior a importancia da construcción de identidades individuais fortes, este tema adéntrase na cuestón da cidadanía como sentimento de pertenza a unha comunidade. Son moitas as definicións que se poden dar do concepto de cidadanía según o aspecto ao que se atenda, pero neste caso vaise prestar unha especial atención á ciudadanía intercultural, no sentido non só de cidadanía no seu compoñente legal (o/a cidadán como suxeito de dereitos), senón sobre todo ao aspecto de cidadanía como sentimento, o que conleva necesariamente a característica da participación.
2. Epígrafes
- Cidadanía intercultural 3. Materiais ou referencias
A selección de materiais e de referencias concretas que debe traballar cada persoa ou grupo de persoas farase a partir da bibliografía, en función do número de alumnos/as que compoñan cada grupo.
4. Método de traballo
En primeiro lugar se procederá a unha explicación teórica dos conceptos básicos do tema, resolvendo as dúbidas que o alumnado presente trala exposición. A continuación se pasará á distribución dos materiais e á formación de pequenos grupos de traballo, que deberán profundizar nas cuestións indicadas e elaborar un pequeno ensaio, que recolla as principais concepcións da cidadanía e a proposta dun modelo de cidadanía intercultural que posteriormente será exposto ante o grupo grande e debatido, antes de ser formuladas as conclusións comúns acerca do conxunto do tema.
5. Bibliografía e materiais
- KYMLICKA, W.: Ciudadanía multicultural. Barcelona, Paidós, 2000.
- “El enfoque intercultural en las políticas públicas para el desarrollo humano”. Col. Cuadernos de Q’ anil, nº 2.
- ABAD, L.: Inmigración, pluralismo y tolerancia. Madrid, Popular, 1993.
- ALGUACIL GÓMEZ, J.: “Ciudad, ciudadanía y democracia urbana”, en Cuadernos de documentación social, nº 119, páxs. 157-177.
- CONILL, J.: Glosario para una sociedad intercultural. Valencia, Bancaza, 2002.
- CONTRERAS, J.: Los retos de la inmigración: racismo y pluriculturalidad. Madrid, Talasa, 1994.
- CORTINA, A.: Ciudadanos del mundo. Madrid, Alianza, 1997.
- DAHRENDORF, R.: El conflicto social moderno. Ensayo sobre la política de la libertad. Madrid, Mondadori, 1998.
- GIDDENS, A.: Consecuencias de la modernidad. Madrid, Alianza, 1990.
- GARCÍA, A.; SAEZ, J.: Del racismo a la interculturalidad. Madrid, Narcea, 1998.
- IZQUIERDO, A.: La inmigración inesperada. Madrid, Tecnos, 1993.
- LAMO DE ESPINOSA, E. (comp): Culturas, Estados, Ciudadanos.
Una aproximación al multiculturalismo en Europa. Madrid, Alianza, 1995.
- MARTINEZ DE PISÓN, J.: Tolerancia y derechos fundamentales en las sociedades multiculturales. Madrid, Tecnos, 2001.
- RODRÍGUEZ PALOP, M.E.: Derechos culturales y derechos humanos de los inmigrantes. Madrid, Univ. Pontificia de Comillas, 2000.
- SARTORI, G.: La sociedad multiétnica. Pluralismo, multiculturalismo y extranjeros. Madrid, Taurus, 2001.
- SORIANO AYALA, E. (coord): Identidad cultural y ciudadanía intercultural. Madrid, La Muralla, 2001.
TEMA 4. A formación de persoas e cidadáns nunha sociedade intercultural
1. Sentido do tema
O tema 4 pode ser considerado, dalgún xeito, como o colofón ou a recapitulación e a posta en práctica de todo o aprendido
anteriormente na actividade profesional dos/as postgraduados/as en Xestión Cultural, que en última instancia ten necesariamente que formar aos cidadáns e cidadás para a convivencia nunha sociedade plural, democrática e intercultural. Por iso, tra-la reflexión teórica, o esencial da abordaxe do tema vai ser a realización dun proxecto (que pode desenvolverse no ámbito formal, informal ou non formal) de educación intercultural, o que pensamos que dará sentido e aplicación a todo o aprendido ao longo do curso.
2. Epígrafes
- Necesidade e fundamentación da educación intercultural
- Educación para a cidadanía: niveis formal, informal e non formal 3. Materiais ou referencias
A selección de materiais e de referencias concretas que debe traballar cada persoa ou grupo de persoas farase a partir da bibliografía, en función do número de alumnos/as que compoñan cada grupo.
4. Método de traballo
En primeiro lugar se procederá a unha explicación teórica dos conceptos básicos do tema, incidindo na necesidade da educación intercultural aos niveis formal, non formal e informal, resolvendo as dúbidas que o alumnado presente trala exposición. A continuación se pasará á formación de pequenos grupos de traballo, que deberán escoller un tema de entre varios propostos, sobre o que realizarán un proxecto educativo que recollerá os presupostos elaborados ao longo do curso e servirá para ensaiar a súa futura actividade profesional como especialistas en Servizos Culturais.
A elección dun tema para o proxecto decidirase segun as preferencias do grupo clase: pode ser traballado conxuntamente ou, no caso de que haxa varias opcións, formaránse grupos máis pequenos, que traballarán nos temas elixidos por cada un. A modo de suxerencia presentamos diferentes temáticas e cuestións que poden ser abordadas:
. Cidades educadoras
. Proxecto educativo nunha escola
. proxecto educativo para actividades de educación informal
. O xestor cultural como axente sensibilizador para as políticas públicas de interculturalidade
5. Bibliografía e materiais
- BÁRCENA, F.; GIL, F.; JOVER, G.: La escuela de la ciudadanía.
Educación ética y política. Bilbao, Desclée de Brouwer, 1999.
- BILBENY, N.: Democracia para la diversidad. Barcelona, Ariel, 2000.
- COBO, J.M.: Educación ética para un mundo en cambio y una sociedad plural. Madrid, Endimión, 1993.
- LLOPIS, C.: Los derechos humanos. Educar para una nueva ciudadanía. Madrid, Narcea, 2001.
- ORTEGA, R.E.; MINGUEZ, R.: La educación moral del ciudadano de hoy. Barcelona, Paidós, 2001.
- PÉREZ, G.: Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas. Madrid, Educación Popular, 1997.
- SCHUJMAN, G.: Formación ética y ciudadana: un cambio de mirada.
Barcelona, Octaedro, 2004.
- DE MIGUEL DÍAZ, M.: “Minorías y educación intercultural”. en Bordón, Nº 44 (1), 1992, PÁXS. 23-35.
- JORDAN, J.A.: La escuela multicultural. Paidós, Barcelona, 1994.
- RODRÍGUEZ ROJO, M.: La educación para la paz y el interculturalismo como tema transversal. Barcelona, Oikos-Tau, 1995.
- SAEZ ALONSO, R.: “En una sociedad pluralista, una educación intercultural”, en Revista Complutense de educación, vol. 3, nº 1 y 2.
Madrid, 1992, páxs. 263-281.
- SALES, A.; GARCIA, R.: Programas de educación intercultural.:
Bilbao, Desclée de Brouwer, 1997.
- SANTOS REGO, M.A. (ED): Teoría y práctica de la educación intercultural. Santiago, Univ.Santiago, 1994.
- TORRES, C.A.: Democracia, educación y multiculturalismo. Madrid, Siglo XXI, 2003.
- CAMPS, V.: Educar para la ciudadanía.Sevilla, Fundación ECOEM, 2007.
- ETXEBERRÍA, X.: Educación sentimental en la ciudadanía. Bilbao, Bakeaz, 2008.
5. Atribución de carga ECTS: Plan de traballo do alumnado
Actividade Horas
presenciais Factor Horas de traballo autónomo
Total
Clases expositivas 12 1
0 12 Horas interactivas
prácticas
(grupos de ata 15
persoas) 16 1,5 24 40 Horas de titorización
en pequeno grupo
(ata 5 persoas) 4 2 8 12 Elaboración de
proxectos e traballos 0 1 26 26 Lecturas, búsquedas
en páxinas web e
bibliográficas 0 1 10 10 Total 33 68 100
(Ante situacións imprevistas, este plan de traballo pode ser flexibilizado)
6. Indicacións sobre a avaliación dos procesos e resultados de aprendizaxe
Prégase a entrega dunha ficha á profesora durante a primeira semana de clase. Isto ven a significar o compromiso coa materia desde o inicio do curso, posibilitando o seguimento da metodoloxía proposta.
Concedemos ao proceso avaliativo o carácter de continuo, formativo e sumativo, establecendo as seguintes variables:
1. Asistencia e participación nas clases expositivas, nas horas interactivas/prácticas, e nas titorías presenciais, o que, nestes dous últimos casos, conleva o traballo previo sobre o material que se vaia tratar cando sexa requirido.
2. Elaboración e presentación dos traballos que se soliciten, sexan individuais ou grupais, segun se acorde.
3. Realización do exame na data exposta na zona de información sobre o calendario de exames do Centro.
Aspecto Criterios Instrumento Peso
Asistencia e
participación -Asistencia obligatoria - Participación nos debates - Participación nos traballos grupais
- Folla de firmas
- Observacións e notas da profesora
40%
Conceptos da
materia - Dominio dos conceptos teóricos e operativos da materia
- exercicio 20%
Realización de
traballos - Valoraráse:
. Presentación . Estructura .Calidade da documentación
Valoración dos productos ou actividades
40%
En todo caso, é requisito ter acadado un mínimo en cada unha das partes para superar a materia .