• No se han encontrado resultados

Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share " Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

INSTRUCIÓN CONXUNTA DO 23 DE XUÑO DE 2020, DA VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN E DA XERENCIA, POLA QUE SE DISPÓN A APERTURA DAS SALAS DE LECTURA NA REDE DE BIBLIOTECAS DA USC De conformidade coa Disposición primeira da Resolución reitoral do 22 de xuño de 2020, pola que se establecen as medidas de prevención e contención para o desenvolvemento da actividade na Universidade derivadas da fin do estado de alarma na Comunidade Autónoma de Galicia, ”A Biblioteca prestará os servizos de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, información bibliográfica e bibliotecaria e préstamo interbibliotecario, así como o resto de actividades ordinarias propias do servizo bibliotecario, sen que a ocupación das salas poida superar o setenta e cinco por cento sobre a súa capacidade máxima permitida. A Vicerreitoría de Investigación e Innovación e a Xerencia ditarán as instrucións necesarias para a posta en marcha dos servizos mencionados en condicións de seguridade.”

Á vista do exposto, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación e a Xerencia, DISPOÑEN

Primeira. Dispoñibilidade do servizo

Os servizos presenciais que se prestarán na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela coa entrada na nova normalidade realizaranse en todos os puntos de servizo que se poden consultar no Anexo I, atendendo ás limitacións de horario e aforo que corresponda en cada un deles a partir do 25 de xuño de 2020.

Segunda. Lectura en sala

1. Terán preferencia na asignación de postos os membros da Universidade de Santiago de Compostela e usuarios da BUSC, así como o alumnado das Universidade de Coruña e Vigo. Igualmente poderán acceder as persoas matriculadas nas probas de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

2. As persoas usuarias deben acreditar a pertenza a un dos colectivos sinalados mediante Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) da universidade correspondente, carta de lector da BUSC ou resgardo da matricula no caso do alumnado matriculado nas ABAU.

(2)

Terceira. Protocolo de seguridade e actualización da información sobre a BUSC 1. Darase difusión do protocolo de seguridade establecido para os servizos prestados na BUSC e que figura no Anexo II, a través das canles axeitadas para que o público o coñeza.

2. Na páxina web da BUSC e nas súas canles sociais actualizarase a información e daráselle difusión oportuna aos servizos e condicións nas que se ofertan.

Santiago de Compostela,

Vicente Pérez Muñuzuri Antonio Javier Ferreira Fernández Vicerreitor de Investigación e Innovación Xerente

Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

(3)

ANEXO I

PUNTOS DE SERVIZO OFERTADOS

Os horarios son provisionais. Darase publicididade dos cambios na web da Biblioteca:

https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/

BIBLIOTECA XERAL 80 prazas

Horario ata o 23 de xullo: 9:00-14:00 16:00-21:00 Do 24 ao 31 de xullo: 9:00-14:00

Do 17 ao 31 de agosto: 9:00-14:00 Pechada do 3 ao 14 de agosto

BIBLIOTECA CONCEPCION ARENAL 150 prazas

Horario ata 31 de agosto: 9:00-14:00 Pechada do 3 ao 14 de agosto

BIBLIOTECA DA FACULTADE DE BIOLOXIA

Pechada para lectura en sala por obras de acondicionamento.

BIBLIOTECA FACULTADE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS Aforo:117 prazas

Horario: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas

(Pendente a realización de obras a partir do 15 de xullo)

BIBLIOTECA FACULTADE FARMACIA Aforo: 13 prazas

Horario ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 Do 17 ata 31 de agosto: 9:00-14:00

(4)

Pechada do 3 ao 14 de agosto

BIBLIOTECA FACULTADE FILOLOXIA Aforo: 58 prazas

- Ata o 17 de xullo: de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas - Do 20 ao 31 de xullo: de 9:00 a 14:00 horas

- Do 17 ao 31 de agosto: De 9:00 a 14:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

BIBLIOTECA INTERCENTROS FACULTADE PSICOLOXIA-CIENCIAS DA EDUCACION

Punto de servizo do Campus Vida (Aforo 63 prazas) - Ata o 17 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas - Do 20 ata o 31/ de xullo: 9:00-14:00 horas - Do 17 ao 31 de agosto: 9:00-14:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

Punto de servizo do Campus Norte (Aforo 16 prazas):

- Ata o 31 de xullo: 9:00-14:00 horas - Do 17 ao 31 de agosto: 9:00-14:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

BIBLIOTECA INTERCENTROS DE FÍSICA E ÓPTICA E OPTOMETRÍA Punto de servizo Física

Aforo: 32 prazas

Ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas Pendente determinar agosto.

Punto de servizo Óptica Aforo: 32 prazas

(5)

Ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas Pendente determinar agosto.

BIBLIOTECA FACULTADE XEOGRAFIA-HISTORIA Aforo: 80 prazas

Ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

Pendente determinar horarios segunda quincena de agosto.

BIBLIOTECA FACULTADE FILOSOFIA Aforo: 21 prazas

Ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

Pendente determinar horarios segunda quincena de agosto.

BIBLIOTECA FACULTADE MATEMATICAS

Aforo: 59 prazas

Pendente concretar horario

BIBLIOTECA MEDICINA E ODONTOLOXÍA Aforo: 25 prazas

Horario ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 Agosto pechado

BIBLIOTECA ENFERMARIA Aforo: 25 prazas

Horario ata 31 de agosto: 9:00-14:00 Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

(6)

BIBLIOTECA FACULTADE QUIMICA Aforo: 25 prazas

Ata 31 de xullo: 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

Pendente determinar horarios segunda quincena de agosto.

BIBLIOTECA ETSE Aforo: 39 prazas Ata 31 de xullo:

De luns a xoves 9:00-14:00 e 16:00-21:00 horas. Venres: 9:00-14:00 Pechado: do 3/08/2020 ata o 16/08/2020

Pendente determinar horarios segunda quincena de agosto.

BIBLIOTECA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACION Aforo: 39 prazas

Horario: 9:00-14:00

Pendente concretar peche no mes de agosto

BIBLIOTECA DA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO – LUGO Aforo: 34 prazas

Pendente determinar horario de apertura.

BIBLIOTECA INTERCENTROS DE LUGO Aforo: 80 prazas

Horario ata 31 de agosto: 9:00-14:00 (pendente establecer horario de tarde) Pechada do 3 ao 14 de agosto

(7)

ANEXO II

PROTOCOLO DE SEGURIDADE ESTABLECIDO NA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA (BUSC) CO APOIO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS DA USC (SPR) Os servizos presenciais que se prestarán na BUSC coa entrada na nova normalidade realizaranse en todos os puntos de servizo, atendendo ás limitacións de horario e aforo que corresponda en cada un deles.

No que atinxe á ATENCIÓN AO PÚBLICO:

- Garantirase que a atención se realice gardando sempre a distancia mínima de 2 metros.

- A persoa ou persoas que atendan ao público protexeranse, preferentemente, mediante colocación de anteparos de metacrilato ou similares. No seu defecto establecerase o sistema necesario para garantir a separación mínima de 2 metros, por medio de sinalización horizontal ou instalación de barreiras físicas de separación. De non poder asegurarse de forma eficaz a separación mínima de 2 metros, será obrigatorio o uso de máscara hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.

- Non se permite o uso compartido de obxectos (bolígrafos, etc.). En caso contrario, débese proceder á desinfección inmediatamente despois do seu uso.

- Cómpre a limpeza e desinfección das mans e superficies de traballo despois de atender a cada usuario/a.

- O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir co requisito de distancia de seguridade entre persoas de 1.5 metros. En todo caso non se superará o 75% do aforo.

- De ser preciso, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas do local de atención ao público, de xeito que se garanta en todo momento respectar a distancia de seguridade entre persoas de 1.5 metros.

- De ser preciso, aplicaranse medidas para organizar as persoas que agarden no exterior do local de atención ao público, debendo gardar todas elas a distancia de seguridade de 1.5 metros.

- De ser preciso, para cumprimento destas medidas, ademais da persoa ou persoas que presten a atención ao público, contarase coa colaboración de persoal para informar e ordenar a entrada, saída e espera das persoas usuarias.

- Colocaranse obstáculos que impidan acceso de usuarios/as a zonas non habilitadas para a súa circulación.

- Os usuarios/as respectarán en todo momento a distancia de seguridade. Poderá colocarse sinalización no chan para marcar a distancia e dirixir aos usuarios aos postos de atención.

(8)

- Poñerase a disposición dos usuarios/as dispensadores de solucións hidroalcohólicas ou desinfectantes.

- Non está permitido o acceso directo aos fondos bibliográficos.

- Os usuarios/as non deben manipular o material exposto. A busca dos fondos realizaraa o propio persoal da Biblioteca.

- Informarase a usuarios/as das medidas de prevención fronte ao COVID-19 adoptadas dentro das instalacións e dos protocolos establecidos para prestación de servizos, así como da obriga de colaborar no seu cumprimento.

MEDIDAS ESPECÍFICAS NA PRESTACION DALGUNS SERVIZOS

1. Préstamo nos mostradores

Na zona de atención ao usuario/a, o espazo terá marcas no chan indicando a distancia mínima de seguridade entre o mostrador e o/a usuario/a (1.5 metros).

Poñeranse ao dispor dos usuarios/as dispensadores de xel, panos dun só uso e papeleiras con tapa e pedal.

2. Procedemento de devolucións

Na zona de atención ao público, separada do mostrador colocarase unha caixa de cartón onde o usuario/a depositará os libros que vai devolver, unha vez procesada a devolución no sistema de xestión da Biblioteca. Someteranse a corentena os fondos devoltos durante 48 horas. Non se desinfectarán libros nin publicacións en papel

3. Lectura en sala

Cada punto de servizo da BUSC determinará o aforo máximo dispoñible para postos de lectura en sala (ANEXO I). Para o establecemento deste aforo haberá que atender ao mantemento da distancia de seguridade (1,5 metros) e ter en conta non se pode superar o setenta e cinco por cento da capacidade total nin permitir o uso dos fondos en acceso directo por parte dos usuarios.

Deberán solicitalo nos mostradores.

Os fondos consultados na sala, unha vez rematado o seu uso, deberán pasar á corentena de 48 horas.

De ser o caso, as papeletas de solicitudes de fondos en deposito serán cubertas polo persoal da BUSC, evitando na medida do posible que sexa o usuario quen as cubra.

A asignación de postos farase por orde de chegada. O posto, unha vez desocupado, non pode ser utilizado de novo ata o cambio de quenda e limpeza da sala. Os asentos dispoñibles estarán sinalizados, considerándose inhabilitados ata que se limpe o posto de lectura.

(9)

4. Portátiles e uso de ordenadores

Os portátiles poderán prestarse coas condicións anteriores ao Covid-19, pero debese asegurar a limpeza e desinfección dos equipos unha vez devoltos.

Os equipos informáticos das bibliotecas ao dispor dos usuarios/as poderán empregarse, sempre que se respecten as medidas de seguridade relativas á distancia (1.5 m) e haxa normas de hixiene para quen as utilice (limpeza das mans antes e despois do uso con xel sanitizante).

5. Sala de investigadores da Biblioteca Xeral

O aforo estará limitado para manter o limite máximo do 75% e a distancia de 1.5 metros entre persoas. Recomendase empregar o correo electrónico para solicitar previamente os fondos e reservar unha cita.

Os/as usuarios/as deberán empregar luvas e máscaras. Pode ser aconsellable con algúns exemplares o emprego dunha luva de algodón por riba da luva de nitrilo/látex...

(10)

Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures

Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/06/2020 09:17:10.

Asinante/Firmante/Signer: VICENTE PEREZ MUÑUZURI, VICERREITOR DE INVESTIGACION E INNOVACION, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/06/2020 09:06:14.

CSV: BDFD-DBB2-4CE3-BE0B

Referencias

Documento similar

O obxecto da presente norma é regular para o concello de Mondariz a prestación do Servizo de Axuda no Fogar ( SAF), configurada na lexislación vixente como unha prestación bá- sica

Durante 2009 este último grupo, coordinado pola Directora da BUSC encargouse de elabo- rar unha enquisa de avaliación do servizo por colectivos e da organización dunha xornada

En 2005 a Biblioteca Universitaria continuou a colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia centrada, fundamentalmente, na selección e adquisición do

Artigo de: Flora e fauna na poesía galega : escolma e glosario / Dores Valcárcel Guitián, María Valcárcel Ares [recompilación] ; colaborador, Maximino Cacheiro Varela, colaborador

Artigo de: Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero / reunidos e editados por José Luís Rodríguez. -- [Santiago de Compostela] : Parlamento de Galicia : Universidade de Santiago de

Nesta ocasión celebrouse o día 26 de outubro de 2018 ás 11 ho- ras no Salón Nobre de Fonseca, presidido o acto polo Rei- tor Reitor da USC e coa presenza na mesa presidencial do

Nesta ocasión celebrouse o día 17 de novembro de 2016 as 11 horas no Salón Nobre de Fonseca, presidido o acto polo reitor da USC e coa presenza na mesa presidencial do Con-

Actas do simposio de antropoloxía : in memoriam Fermín Bouza Brey : Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992 / comisión organizadora, presidente Antonio Fraguas