• No se han encontrado resultados

R u í d o . R e l at o s de gu e rr a

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "R u í d o . R e l at o s de gu e rr a"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

TÍTULO...

R u í d o . R e l at o s de gu e rr a

AUTOR...

Mi g u e l A n x o M u r a d o

EDITORIAL...

L V G - G a l a xi a

Nº DE PÁXINAS...

1 0 6

(a edi ci ó n da Bibliot e c a G a l e g a 1 2 0, de L V G )

XÉNERO...

co nt o s

Argumentos

Ruído

Uns xornalistas, Bill e Mike, editan a fita de vídeo que gravou o seu compañeiro Tom xusto segundos antes de morrer en Turanj, perto de Karlobac, cando o alcanzou un proxectil de morteiro. Á hora de editar a noticia, revisan varias veces a gravación, para constatar a mala sorte do seu amigo, a quen coñecían desde había unha semana, e decátanse de que todas esas imaxes ficarán arquivadas, como moitas outras, até que a banda magnética se borre, como os recordos.

Francotiradores

Na cidade de Zágreb, en 1991, onde as rúas tiñen barricadas anticarro, as armas das milicias de defensa se vían por toda a parte, e a onde acudían os desprazados de Eslovenia e Croacia en busca de seguridade, un xornalista suízo chamado Henri Hoffmann albérgase nun hotel da rúa Mihanoviceva.

Nesa rúa é onde actúa un dos moitos snajper (francotirador) que sementan a morte de maneira tan aleatoria. Pouco a pouco Hoffmann vaise obsesionando máis e máis co snajper que dispara desde o outro lado da rúa, e a quen as forzas de seguridade croata non son quen de deter. O reporteiro suízo pacientemente observa e tira fotografías cos seus potentes obxectivos, coa esperanza de descubrilo. Cando o logra, decátase de que arma de precisión tamén ten un

(2)

potente obxectivo, que precisamente o está a observar a el. Ambos morren, Hoffmann tiroteado, e o snajper ao caer pola xanela, non sabemos se nun acto de suicidio ou de axustizamento por parte das forzas croatas que entran no seu piso.

Partida de caza

Aquí temos como protagonista, e narrador, un soldado regular serbio. Cando está a durmir cos seus compañeiros nunha tenda, espértano os mandos. Acaban de romper a liña dos ustashi (milicianos de extrema dereita croatas), e hai que ir cazalos “como coellos”. No medio da noite, por lugares que non coñecen e polos que dificilmente se orientan con axuda de mapas, van atrapando e axustizando sumariamente paramilitares croatas, e a noite remata cun baño aínda maior de sangue. Xa na parte final da súa viaxe topan cos chetniks (forzas paramilitares serbias), e despois acompáñanos a unha aldea croata, onde, tras incendiala, asasinan todos os seus moradores.

Os chatarreiros

Radomir é un vello serbio, antigo partisán de Tito no 44, que, despois da guerra, encontrou un medio de vida: apañar toda a ferralla que os combates deixaron tras de si. Na súa furgoneta vella, vai recuperando todos os días restos de vehículos blindados, municións, armas inservíbeis e algunhas aínda útiles... Mais sempre co perigo das minas, que tamén fican no campo de batalla, ameazantes, asasinas, activas. Un día Goran faise cun axudante, un rapaz croata chamado Goran, vítima dunha mina duante a guerra, e que tras a desmobilización non ten cartos para voltar á súa vila de Dalmacia.

Radomir vaille aprendendo a profisión a Goran, o valor dos restos, os perigo das minas, a competencia dos ciganos, a quen odia visceralmente... Un día atopan un botín realmente valioso, un carro de combate totalmente intacto, rodeado dun campo de minas, ao que tamén se achegan os ciganos. Para defender o “seu”, o vello non dubida en se enfrentar a tiros cos xitanos, e a tiros os mata e o matan a el, mentres que Goran, nun intento de calmar e salvar o vello, morre vítima

(3)

A morte en Croacia

O absurda e arbitraria que é a morte nunha guerra. Un xornalista decide saír do hotel un sábado pola mañá. Este día non ten traballo, porque os deportes ocupan moito máis espazo nos informativos da fin de semana, pero non quere ficar todo o día alí. Decide ir a Susak, fotografar a ponte destruída e a refinería a arder, así que aluga un coche, ponlle un distintivo rudimentario de

“Press”, e marcha cara a Panonia. A autoestrada, que atravesa campos de millo, tornouse coa guerra nunha via fantasmagórica, baleira e por veces perigosa, dada a proximidade da fronte. O xornalista encóntrase con soldados iugoslavos, que xa tiñan varios vehículos retidos antes de que el chegase. Ordénanlle que baixe, como aos ocupantes dos outros coches, e sen pedirlle a documentación, nin máis nada, mátanos a todos. Así de imprevisíbel, e absurda, e a morte na guerra, en Croacia.

Zoolóxico

Un xornalista visita o zoolóxico de Os., guiado polo comandante Hervé, un mercenario franco- arxelino que combate do lado dos croatas. Está ao mando do destacamento que defende o zoolóxico, que o azar quixo situar xusto na liña da fronte. A visita ao é como un paseo polos infernos: os animais que non morreron sobreviven asustados polos disparos e o ruído, os mortos fican sen enterrar, non hai comida con que alimentalos, nin coidadores , nin terra para sepultalos.

O máis impresionante da visita ao zoolóxico é o elefante. Unha granada abríralle o ventre, e agoniza ao coidado dunha médica voluntaria inglesa. O elefante, de case 100 anos de idade, ten a ferida máis grande da guerra de Croacia, e tardará aínda en morrer. Non poden sacrificalo e aforrarlle todo ese sufrimento, porque non hai onde enterralo, nin xeito de sacalo de alí, e o cadáver en descomposición será intolerábel para os milicianos que defenden o zoolóxico.

Por último, Hervé tamén lle mostra ao xornalista un tigre de Bengala, famento e débil na súa gaiola, sobre o que baleira a súa pistola, descargando así o seu odio contra o símbolo dos chetniks, os guerrilleiros serbios.

(4)

Nas mans de Deus

Neste caso a sorte xoga a favor dos protagonistas, oito soldados serbios que fican esquecidos polos seus mandos e atrapados en Bosnia no medio de territorio inimigo. Grazas a un pastor local, que coñece o terreo, e que está disposto a axudalos unicamente se lle compran os oito años que ten ao seu cárrego, logran dar co camiño de volta, marchando de noite, para non seren vistos.

Mais fica un último obstáculo, atravesar as liñas bosnias da frente, acampadas á beira dun regato, para se atopar cos seus. O día está a punto de chegar, o luar é forte nestas últimas horas da noite, e só a aparición milagrosa dunha mesta néboa que xorde do regato lles permitirá atravesar as liñas inimigas sen seren vistos. Estaban nas mans de Deus, e este fíxolles un favor.

Zapatos

Un xornalista intenta recuperar a normalidade na praza Jelačić, ao anoitecer, cando a xente volta ocupar os espazos públicos, saíndo dos refuxios antiaéreos. Un vello borracho, con quen dificilmente logra entenderse, ofréceselle para limpar os zapatos, e o breve e difícil diálogo que teñen sérvelle de catarse ao xornalista para se desfacer da presenza da morte, que tan de perto vira esa mañá.

Insomnio

Un xefe de policía, en Herzegovina Occidental, ten problemas de insomnio, e non sabe moi ben a que se deben. Un día, chegan á comisaría unhas mulleres da aldea de K., que lle piden que vaia alí, porque teñen algo que lles pode interesar. E o que teñen de interese para o policía é o cadáver mutilado dun mozo, veciño da aldea, que combatía no exército croata de Herzegovina. O seu irmán máis vello, tamén do HVO, agarda pola morte na casa dos pais.

Foron os veciños que axustizaron a seu irmán, e o pai de ambos pídelle ao xefe de policía de K. que os mate, a seu fillo que aínda esta vivo e mais a el. O xefe de policía...

Fogo amigo

Un xornalista regresa á frente de Sisak para reencontrar o seu coñecido Vanja e a súa patrulla da

(5)

humor e certa resignación ven como ao seu redor andan a construír trincheiras mentres caen casas, ao tempo que manifestan temor sobre a sorte que correrá a súa vida.

Unha noite, o xornalista acompaña este destacamento de Sisak nunha viaxe para lles levar gasolina aos que combaten na fronte, e por causa dun accidente, Vanjia falece, queimado pola gasolina que tiña que lles levar aos correlixionarios.

Grandes cambios no último minuto

Unha caravana da Axencia de Solidariedade leva un cargamento humanitario a través dun territorio ocupado e controlado militarmente polos croatas. Pasan varios controis, sen problemas, e no sei camiño ascendente polo medio da neve encontran un grupo de mulleres e nenas, que lles piden que as leven a territorio seguro. Os da Axencia acceden, desfanse do cargamento de caixas para encheren o camión cun cargamento de mulleres e nenas, entre os que, no último minuto, tamén aparecen 4 homes. Os da Axencia teñen prohibido levar ou axudar a combatentes, mais ante a insistencia dos refuxiados, deciden levalos a todos.

Os problemas xorden no control, no camiño de regreso. Os croatas non permiten que pasen os civís, e na negociación que estabelecen, finalmente os cooperantes deberán entregarlles, no último minuto, os 4 homes a cambio de poder seguir o camiño o resto.

Entre o millo

Campos de millo atravesados por unha estrada. Un home que se agocha neles coa súa bicicleta durante o día, e que agarda que chegue a noite para seguir a súa viaxe. Un soldado, moi novo, veciño dunha aldea próxima, a quen lle encargan que vixíe esa estrada durante 24 horas. Un can que vai do un ou outro, e que serve de fío para a narración. No fin da tarde, o soldado dispara sobre o ciclista, cando este se dispón a reiniciar a súa fuxida. A vítima fica tendid sobre a estrada, enleada na bicicleta. O vixía dubida se o matou ou se debe repetir o disparo. O fuxitivo vive, e ferido agardará inmóbil pola escuridade, que é a súa salvación e a condena para o soldado, a quen matará cun coitelo esa noite.

(6)

Os inmortais

Un xornalista adormece no hotel, despois de arriscarse ese día visitando a rúa de Turanj chea de francotiradores, na procura de imaxes e de acción. Cando adormece, ten un soño, onde se lle aparece o percorrido da mañá, con sangue, e resulta ferido, e seus pais veno... E como todos os soños, acaba despertando.

Valoración

Ruído. Relatos de guerra é un volume de 13 contos, todos eles bastante breves (só 1 supera as

10 páxinas, “Francotiradores”), que teñen a guerra de Croacia por tema ou por pano de fondo. O autor coñeceu de perto esa guerra porque traballou alí como reporteiro. Cada unha das narracións presenta unha breve parte introdutoria, que aparece xa cunha tipografía diferente, e separada do relato en si, que segundo nos di Miguel Anxo Murado nunha breve nota introdutoria, “son feitos reais que provocaron ou deron orixe a cada historia, aínda que ás veces a relación pareza distante.”

Para boa parte do profesorado, este conflito do ano 1991 é un feito aínda relativamente recente, que no “novo” marco da Europa poscomunista inaugurou o cambio de moitas fronteiras a base de balas e matanzas. A guerra de Croacia, e despois a de Bosnia, e a de Kosova, e os bombardeos sobre Serbia, foron conflitos moi próximos da Europa Occidental, e que de novo demostraron algo que xa se viviu na guerra civil española: o fácil que é despertar o odio, e converter a aqueles e aquelas que conviviron durante moitos anos en vítimas e verdugos. Esa idea está presente en varios dos relatos (“Francotiradores”, “Os chatarreiros”, “Nas mans de Deus”, “Insomnio”...).

Porén, para a maior parte do alumnado da ESO e do Bacharelato (que naceu cando a guerra de Croacia xa rematara), este conflito (como tantos outros) é algo remoto ou mesmo inexistente, e a idea que teñen da guerra oscila entre as imaxes “espectaculares” do telexornal ou dos filmes ou as non menos virtuais dos videoxogos. Por iso os relatos de Ruído poden ser de interese para traballar na aula, xa que inciden no tráxico e absurdo carácter aleatorio da morte, na

(7)

brutalidade e insensibilidade dos asasinos, na indefensión absoluta das vítimas civís, na gravidade da perda de garantías xurídicas, na denigración moral e irreversíbel do agresor...

Pola súa extensión, e pola súa sinxela estrutura, son narracións que permiten ser abordadas en poucas sesións de traballo, e o seu estilo, breve, directo, debedor do xornalismo, tórnaos accesíbeis para un público amplo. Tamén é certo que nalgunhas das narracións reflíctese a violencia de maneira franca e mesmo crúa, de modo que é importante que seleccionemos ben o conto en función do grupo con que queiramos traballar.

Información sobre o autor

Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965), arqueólogo de formación, ten na escrita a súa vocación (precoz), e fixo dela a súa profesión. É autor de libros de narrativa, ensaio, mesmo realizou algunha incursión no teatro, e como xornalista colabora na actualidade con diferentes medios, como La Voz de Galicia, a BBC, a Cadena Ser ou a Radio Galega. Foi correspondente de guerra en Croacia entre 1991 e 1993, e entre 1998 e 2003 viviu en Palestina.

A páxina web de Miguel Anxo Murado

Miguel Anxo Murado na Biblioteca Virtual Galega Miguel Anxo Murado

na Galipedia

Miguel Anxo Murado

na Praza das Letras

Outras obras do autor de interese

Na súa condición de xornalista e de escritor, Miguel Anxo Murado ten viaxado bastante, e ten escrito sobre algúns dos lugares onde foi dar. Consecuencia desta descoberta son dúas obras de ensaio que nos transmiten as súas impresións de Xapón (Caderno de Xapón, Galaxia, 2001) ou de Palestina (Fin de século en Palestina, Galaxia, 2008), lugar onde viviu varios anos, onde chegou como empregado da ONU e de onde saíu como correspondente de diferentes medios de comunicación. Son dúas obras de lectura amena, cheas de curiosidades, que nos achegan de 1ª man información sobre países exóticos ou conflitos terxiversados polos medios de comunicación.

(8)

Como narrador, tamén podemos mencionar, e recomendar, O soño da febre (Galaxia, 2007), outro volume de contos que ten na febre, e na percepción distorsionada da realidade que esta provoca, o seu fío condutor.

Tamén en 2008 vén de publicar en español Otra idea de Galicia (Debate, 2008), unha obra que aspira a presentar a un publico non galego a historia, a xeografía, a literatura, a política, ou a economía galega. A amenidade volta a ser unha das claves deste libro, que contén pasaxes divertidas ou paradoxais, e que por veces peca dun exceso de humor ou de afirmacións controvertidas.

Niveis para o traballo co libro

Como son 13 os contos de Ruído, e relativamente variados, o libro ofrécenos posibilidades para calquera curso da ESO ou do Bacharelato. Así, nos dous primeiros cursos da ESO poderíamos traballar con aqueles contos máis amábeis polo seu final, e de menor crueza, como son “Nas mans de Deus”, ou “Zapatos”, se ben este último ten un ritmo narrativo feble e tal vez a comprensión dos estados de ánimo dos personaxes a que poida chegar o alumnado destes niveis sexa relativamente superficial.

Para 3º e 4º da ESO proporíamos contos como “Francotiradores”, “Os chatarreiros”, “A morte en Croacia” ou “Grandes cambios no último minuto”. Son narracións áxiles e breves, cunha violencia máis presente que nos anteriores, e onde as consecuencias da guerra aparecen ineludíbeis e con crueza.

“Zoolóxico”, na nosa opinión o relato máis logrado do volume, así como “Insomnio” e “Entre o millo” son relatos máis complexos, cunha recreación realista e dura da violencia, que os fan máis acaídos para o bacharelato.

Materias en que pode ser de utilidade didáctica

Lingua Galega e Literatura, Ciencias Sociais, Educación para a Cidadanía.

(9)

Selección dalgún fragmento

(...)

As liñas de fronte son caprichosas. Están trazadas por unha man nerviosa na escuridade. En Os. a liña pasaba preto do zoo da cidade. A JNA fixera retirar a milicia croata ata aquí e agora o zoo era un punto estratéxico defendido por un pequeno destacamento das HOS e as MUP. A reo a artillería batía no perímetro do zoo e polas noites as milicias irregurales, os chetniks barbudos e crentes, facían internadas ata as mesmas portas do complexo en ruínas para deixar caer bombas de man polas ventás.

Os animais seguían alí, mentres tanto. Á maioría non era posible trasladalos a outro lugar mais seguro. Tampouco había con que alimentalos. Agonizaban nas gaiolas, estarrecidos polo ruído.

Nesta visita ós círculos dantescos acompañábame o comandante Hervé, como un Virxilio escuro. Como el era un poeta maldito, pero a súa maldición buscáraa el mesmo. Tratábase dun mercenario franco-alxerino, un tipo sensible, culto e criminal. Amaba a poesía de Withman e premer no gatillo. Era a terceira vez que nos encontrabamos en distintos lugares do mundo. Xa nos coñeciamos.

Aquela era a súa poesía e estaba feliz. Sorrindo coa boca e o ollo que aínda lle quedaba, este ciclope en uniforme negro da HOS iame explicando o zoo e o que había en cada gaiola, coma nunha absurda visita guiada, iluminada pola artillería, mentres por riba das nosas cabezas pasaban zumbando as balas con ese son seco e case metálico, coma de arame.

-Aquí estaban as cebras -dixo, referíndose a un habitáculo desfeito que aínda despedía un forte cheiro acre-. Unha explosión abriulles a porta e escaparon. Foi impresionante -dicía-. Pasaron entre nós coma centellas e correron cara eles, quen sabe por que. Abatíronas con fogo de metralladora. Seguen alí, en terra de ninguén.

No patio de cemento dos pingüíns vin os dous que quedaban vivos. Andaban a correr espavoridos entre os restos dos seus compañeiros, inmóbiles coma paxaros disecados, mordiscados pola metralla, descolorados.

Non todo o que contaba Hervé parecía proceder dunha mente racional ninpertencer á realidade, pero a medida que proseguiamos polo labirinto fétido de gaiolas abertas e laios e bestas atrapadas todo semellaba posible. Protexidos nos muros das gaiolas desfeitas, nas dependencias e nas oficinas, os milicianos facían o seu traballo, indiferentes ós estraños animais que soltos e mortos de medo, vagaban por todas partes.

Dous chacais colgaban dunha corda.

(10)

-Tivemos que matalos. Botábanse ós cadáveres dos nosos. Ese é exactamente o problema: non podemos alimentar atodo canto bicho hai aquí.

-¿E os coidadores?

-Mortos. Queda un. O vello que carretaba o lixo. Polo menos sabe os nomes. É o único que os tranquiliza. Sabemos os nomes das bestas. Os nosos ninguén os sabe pronunciar -dixo rindo.

Eles eran un pequeno destacamento da Brigada Internacional de Voluntarios, recrutada a toda presa un par de meses antes. Fundamentalmente ingleses, franceses e italianos, rapaces de dezasete anos saídos da violencia europea, dos barrios miserables de París e Londres, ambiciosos de cartos, de brutalidade ou dun soño disparatado. Poucas horas de combate abondaban para baleirar á maioría e convertelos en criaturas enfermas de esa curiosa mestura de medo e suficiencia coa que se constrúen os exércitos.

-Son carne de canón -dicía Hervé, poeta e soldado profesional dunha raza moi distinta, da dos que sobreviven sempre-. Os croatas os desprezan case que tanto coma ós inimigos. Por outra parte eles non saben onde están.

(...)

Miguel Anxo Murado, “Zoolóxico “, in Ruído. Relatos de guerra

Referencias

Documento similar

C.C. POR 1 DÍA - Por acta de asamblea general extraordi- naria unánime de fecha 30/10/2015 como consecuencia de la transformación de la sociedad a una Sociedad

VIGÉSIMO QUINTO. Que en razón de lo anterior y conforme a los fundamentos normativos señalados, así como el contenido del dictamen emitido por la Dirección de

percibido por la misma fallecida además de que por el hecho de haber fallecido, mi representado está obligado a pagar esta prestación en forma directa a sus

forma y que haya omitido justificar sus inasistencias con documento que acredite la situación de inasistencia en las fechas que se indican en las posiciones articuladas. Sin

Se encuentra ubicada en la Amazonía y tiene el rol de prestar el servicio de distribución y comercialización de energía eléctrica con carácter de servicio público o de libre

primordial, porque hemos sido arrancados de nuestra condición, como bien intuía Spinoza. Es notable que los distintos asentamientos indoeuropeos y sus lejanas migraciones

a) Los pagos se realizarán por el “INSTITUTO” por parte del departamento de Recursos Financieros, contra factura la cual deberá ser enviada al correo del área

Optó por el mayor aristocratismo del espíritu, porque no sólo era la forma de combatir al filis- teísmo burgués, sino también la de insertar la poesía en el