INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
O CONTRATO DE TRABALLO. MODALIDADES DE CONTRATOS
1.
O CONTRATO DE TRABALLO
O Contrato de traballo é un acordo libre e voluntario entre o empresario e o
traballador. O traballador obrígase a prestar os seus servizos baixo a dirección daquel,
a cambio dun salario.
2. ELEMENTOS ESENCIAIS DO CONTRATO DE TRABALLO
Para que exista o contrato teñen que darse os seguintes elementos:
• Consentimento: é o acordo entre empresario e o traballador. Este deberá
ser libre e voluntario, sen coaccións, nin fraudes, nin enganos
• Obxecto: é a prestación de servizos por parte do traballador. Esta prestación
ten que realizarse nunha actividade lícita ou legal.
• Causa: é a razón pola que se concerta o contrato: o acordo de intercambiar
a prestación do servizo por un salario.
3. PERSOAS CONTRATANTES
Empresario e traballador son as persoas que se obrigan no contrato de traballo.
Traballadores
O traballador é a persoa física que desempeña un traballo.
Non poderán traballar os menores de 16 anos, salvo en espectáculos públicos e previa
autorización da autoridade laboral, sempre que o traballo non prexudique a súa saúde
ou formación profesional.
Poden asinar validamente o contrato as seguintes persoas:
➢
Persoas maiores de 18 anos ou menores de idade e maiores de 16
anos que estean emancipados, isto é que vivan de maneira
independente.
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
Certos traballadores teñen unha capacidade limitada para asinar un contrato:
➢
Os traballadores menores de idade e maiores de 16 anos non
emancipados necesitarán autorización dos seus pais ou titores.
➢
Os traballadores que teñan algunha incapacidade necesitarán
consentimento do seu titor.
➢
Os traballadores estranxeiros:
a. Se son comunitarios: poden contratar libremente, pois
teñen o dereito á libre circulación en España
b. Se non son comunitarios: deberán ter un permiso de
traballo expedido polo Ministerio de Traballo e un
permiso de residencia.
Empresario
Pode ser empresario unha persoa física ou xurídica. Considérase empresario ou
empregador aquela persoa que recibe a prestación de servizos dos traballadores.
Una persoa física é un ser humano, pero para poder asinar o contrato libremente
deberá:
➢
Ser maior de idade ou menor emancipado.
➢
Ter capacidade de obrar (aptitude dunha persoa para realizar actos
xurídicos, asinar contratos ou dispoñer libremente dos seus bens).
Unha persoa xurídica é unha entidade á que a lei permite ser titular de dereitos e
contraer obrigas. Exemplos de persoas xurídicas son as sociedades mercantís tales
como a sociedade anónima, sociedade limitada, fundacións, sindicatos…
4. FORMA E CONTIDO MÍNIMO DUN CONTRATO
O contrato de traballo pode celebrarse de forma verbal, nos supostos de:
•
contratos por tempo indefinido ordinarios.
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
Nos demais casos teñen que ser formalizados por escrito, xa que do contrario se
presume indefinido e a tempo completo, agás que se acredite a súa natureza
temporal.
Cando o contrato sexa escrito deberá respectar uns requisitos mínimos esenciais que
identifican ás partes e estabelecen as condicións de contratación pactadas.
5.NULIDADE DO CONTRATO
O incumprimento dos requisitos esenciais do contrato pode dar lugar a súa nulidade
•
A NULIDADE SERÁ TOTAL cando os incumprimentos afecten a requisitos
esenciais do contrato, como a falta de capacidade para contratar. Os efectos
da nulidade xéranse dende o momento da súa declaración. O traballador
pode esixir a remuneración polo traballo realizado ata entón (exemplo:
cando o traballador non ten a idade ou a titulación requiridas).
•
A NULIDADE SERÁ PARCIAL cando exista unha cláusula ilegal no contrato.
Neste caso o contrato manterase na súa parte valida, e a parte nula
substituírase polo establecido na norma ou convenio aplicable. (Exemplo: se
unha cláusula establece 20 días de vacacións en lugar dos 30 establecidos
no E.T)
6. O PERIODO DE PROBA
O período de proba é o tempo que as partes contratantes teñen para comprobar se as
condicións do traballo responden as súas expectativas. Neste tempo o empresario
poderá verificar a aptitude profesional do traballador, e o traballador poderá coñecer
as condicións nas que vai a desenvolver o seu traballo.
FORMA: O seu establecemento non é obrigatorio, pero no seu caso deberá
formalizarse antes de iniciarse a relación laboral e por escrito.
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
A DURACIÓN máxima será a establecida nos convenios colectivos, e no seu defecto
non poderá exceder dos seguintes limites:
o
6 meses para técnicos titulados.
o
resto dos traballadores:
o
en empresas de menos de 25 traballadores: 3 meses
o
en empresas de máis de 25 traballadores: 2 meses
Nalgúns contratos a duración deste período de proba é diferente:
o
No contrato de prácticas o período de proba non poderá exceder de 2 meses
en titulados de grado superior e 1 mes en titulados de grado medio.
o
No novo contrato indefinido de apoio a emprendedores o período de proba
pode ser de 1 ano.
Aínda que neste tempo os traballadores teñen os mesmos dereitos que o resto,
existen unha CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS durante este período do contrato
•
Durante o período de proba compútase antigüidade.
•
Calquera das partes poderá rescindir o contrato sen alegar ningunha causa,
sen preaviso e sen dereito a indemnización (si hai dereito ao finiquito)
•
Non se poderá establecer período de proba cando o traballador xa
desempeñara as mesmas funcións con anterioridade na empresa, baixo
calquera modalidade de contratación.
•
Cando se produza unha situación de incapacidade temporal, maternidade,
adopción ou acollemento, o período de proba quedará interrumpido.
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
7. MODALIDADES DE CONTRATOS
• INDEFINIDOS • TEMPORAIS
• PARA A FORMACIÓN E APRENDIZAXE • PRÁCTICAS
7.1 CONTRATOS INDEFINIDOS
• Son aqueles que non teñen límite de tempo na súa duración
• Poderá ser verbal ou escrito (nalgúns casos é esixible a forma escrita). Comunicarase o seu contido ao Servizo Público de emprego no prazo de 10 días.
• Poderá celebrarse a xornada completa, parcial ou para fixos discontinuos. • Entenderase que un contrato é indefinido nos seguintes casos
➢ De non formalizarse por escrito cando sexa esixible (será indefinido e a xornada completa). ➢ Cando o traballador non sexa dado de alta na Seguridade Social.
CLAÚSULAS ESPECÍFICAS:
Os contratos indefinidos, poden nalgúns casos ser beneficiarios de incentivos á contratación, cando se cumpran os requisitos que en cada caso se esixan pola normativa de aplicación, dependendo das características da empresa, do traballador, e no seu caso da xornada:
Exemplos:
• indefinidos para persoas con discapacidade
• indefinido de apoio a emprendedores
• indefinido dun mozo por unha microempresa ou un empresario autónomo
• indefinido a tempo parcial con vinculación formativa
• indefinido para traballadores en exclusión social
CONTRATO INDEFINIDO ORDINARIOCONCEPTO
Pódese concertar por escrito ou de forma verbal. Non se esixe ningún requisito para a súa celebración e pode celebrarse a tempo completo ou parcial. Non da dereito a ningún incentivo
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO CONTRATO INDEFINIDO DE APOIO A EMPRENDEDORES
CONCEPTO Ten por obxecto facilitar a contratación estable dos traballadores e potenciar a iniciativa empresarial de empresas de menos de 50 traballadores
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO
•Por tempo indefinido
•Pode ser a xornada completa ou parcial •Forma escrita no modelo oficial
•Período de proba obrigatorio de 1 ano. Non se pode formalizar o período de proba se o traballador xa realizou as mesmas funcións na empresa
REQUISITOS DA EMPRESA
•Está pensada para empresas de até 50 traballadores
•Non poderán usar este tipo de contrato se nos 6 meses anteriores levaron a cabo despedimentos improcedentes
•Deberán manter ao traballador empregado 3 anos, e conservar o nivel de emprego da empresa como mínimo 1 ano, se queren gozar dos incentivos
INCENTIVOS
Incentivos fiscais (na declaración de Facenda)
• Se é o primeiro contrato da empresa e cun menor de 30 anos: dedución fiscal de 3.000 € na súa declaración
• Se o traballador é beneficiario dunha prestación contributiva de desemprego (debeu cobrala como mínimo 3 meses): deducirá o 50% da prestación que lle restaba por percibir ao traballador, até un límite de 12 mensualidades
O traballador poderá compatibilizar, se o desexa, xunto co salario, o cobro do 25% da prestación por desemprego que lle resta por percibir.
Bonificacións nas cotas á Seguridade Social que paga a empresa (durante 3 anos para traballadores inscritos na oficina de emprego:
• Traballadores entre 16 e 30 anos (1.000 € o primeiro ano, 1.100 o segundo, e 1.200 € o terceiro ano). No caso de que sexan mulleres en sectores onde estean subrepresentados incrementase a contía a 1.300 € ano
• Maiores de 45 anos inscritos como desempregados máis de 12 meses: 1.300 € anuais durante os 3 anos. (1.500 € se son mulleres en profesións onde estean menos representadas)
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
7.2 CONTRATOS TEMPORAIS
Son os que teñen por obxecto unha relación laboral por un tempo determinado
CONTRATO DE OBRA OU SERVIZOCONCEPTO
O obxecto deste contrato é a realización de obras ou servizos con autonomía e sustantividade propia, que non forman parte da actividade ordinaria da empresa. Este contrato faise para realizar un traballo ou servizo pouco habitual para empresa que pode requirir de traballadores que realicen esa actividade durante un prazo incerto, aínda que limitado no tempo.
FORMA Deberá formalizarse por escrito e identificar claramente a obra ou servizo.
DURACIÓN
En principio o contrato finaliza cando remata a obra ou servizo, sen que poda superar os 3 anos de duración, prazo ampliable a 12 meses máis polo convenio colectivo. Transcorridos estes prazos converteranse en indefinidos.
Se durase máis dun ano existe a obriga de preavisar ao remate do contrato cunha antelación de 15 días.
XORNADA Poderá ser a tempo completo ou parcial.
INDEMNIZACIÓN Ao finalizar o contrato o traballador ten dereito a unha indemnización 12 días por ano traballado
CONTRATO EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN
CONCEPTO
Ten por obxecto que as empresas poidan atender esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.
FORMA Debe formalizarse por escrito sempre que a súa duración sexa superior ás catro semanas ou sexa a tempo parcial
DURACIÓN
A duración máxima é de 6 meses dentro dun período de 12 meses, aínda que por convenio colectivo poderá modificarse o período de referencia ata 18 meses, e a duración do contrato ata un máximo de ¾ partes de dito período sen que sexa superior a doce meses
O contrato extinguirase, previa denuncia das partes, cando remate o prazo acordado. No caso de que rematado o prazo non houbera denuncia expresa e o traballador continuara traballando, entendese prorrogado ate o seu prazo máximo
XORNADA Poderá ser a tempo completo ou parcial
INDEMNIZACIÓN Ao finalizar o contrato o traballador ten dereito a unha indemnización de 12 días de salario por ano traballado
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO CONTRATO DE INTERINIDADE
CONCEPTO
Ten por obxecto
• substituír a traballadores con dereito a reserva de posto de traballo
• cubrir temporalmente un posto de traballo durante un proceso de selección para a súa cobertura definitiva
FORMA Debe formalizarse por escrito
DURACIÓN
O contrato extínguese
• cando se incorpora o traballador substituído ou remata o prazo para a súa incorporación
• ou polo transcurso de 3 meses nos procesos de selección para a provisión definitiva de postos de traballo (salvo na administración)
XORNADA
A tempo completo
Só poderá ser a tempo parcial cando a persoa substituída traballase a tempo parcial ou cando se complete a xornada de alguén que reduciu a súa xornada
INDEMNIZACIÓN Non da dereito a ningunha indemnización *(en proceso de cambio)
CONTRATO PRIMEIRO EMPREGO
CONCEPTO Ten por obxecto adquirir unha primeira experiencia profesional en mozos menores de 30 anos, desempregados que non teñan experiencia profesional ou sexa inferior a 3 meses FORMA Debe formalizarse por escrito
DURACIÓN A duración será mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses, salvo que por convenio se estableza unha superior (como máximo de 12 meses)
XORNADA A tempo completo ou parcial (mínimo dun 75%)
INDEMNIZACIÓN Ao finalizar o contrato o traballador ten dereito a unha indemnización de 12 días de salario por ano traballador
CONTRATO TEMPORAL DE RELEVO
CONCEPTO
É o contrato que se formaliza para cubrir a parte da xornada que deixa de facer un traballador que acceda á xubilación parcial. Concertase simultaneamente co contrato de xubilación parcial
INDEMNIZACIÓN Ao finalizar o contrato o traballador ten dereito a unha indemnización de 12 días de salario por ano traballado
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
7.3 CONTRATO PARA A FORMACIÓN E O APRENDIZAXE
CONCEPTO
Ten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, alternando a actividade laboral retribuída nunha empresa, coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo
INCENTIVOS
Estes contratos teñen os seguintes incentivos:
• Bonificación do 100% das cotas do traballador e da empresa á Seguridade social en empresas de menos de 250 traballadores
• Bonificación do 75% en empresas de 250 traballadores ou máis
• Se rematado o contrato se transforma en indefinido o empresario poderá reducir as cotas empresarias á seguridade social en 1.500 € durante 3 anos (1.800 se o contrato é a unha muller)
REQUISITOS DOS TRABALLADORES
Poderá celebrarse este contrato con traballadores maiores de 16 anos e menores de 25
excepcionalmente menores de 30 anos mentres a taxa de paro supere o 15% que carezan de titulación para celebrar un contrato en prácticas.
Non se aplicará este límite de idade cando se concerte con traballadores con discapacidade
Non se poderá utilizar este contrato para traballadores que xa desempeñasen o traballo con anterioridade durante máis de 12 meses
FORMA Deberá redactarse por escrito
DURACIÓN
Mínimo de 1 ano e máximo de 3 anos. Dependendo das necesidades da empresa a duración mínima pode fixarse en 6 meses por convenio.
Pódense establecer 2 prórrogas máximo de cómo mínimo 6 meses cada unha delas, sen superar nunca o tempo máximo do contrato (3 anos).
XORNADA
A tempo completo. Non poderá ser a tempo parcial, nin se poderán realizar horas extras (salvo por forza maior), nin traballos nocturnos nin a quendas.
A formación será dun mínimo dun 25% da xornada máxima no primeiro ano e dun 15% no segundo e 3º ano. O resto do tempo será de traballo efectivo.
RETRIBUCIÓN
A Retribución do traballador será proporcional ao tempo de traballo efectivo, de acordo co establecido no Convenio colectivo, e en ningún caso pode ser inferior ao SMI en proporción ao tempo traballado
SEGURIDADE SOCIAL
O traballador ten cubertas todas as continxencias, situacións e prestacións, incluída a prestación por desemprego
CERTIFICACIÓN Ao remate do contrato o empresario deberá entregar ao traballador un certificado de
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA O CONTRATO DE TRABALLO
7.4 CONTRATO PRÁCTICAS
CONCEPTO
Ten por obxecto a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudios cursados
REQUISITOS DOS TRABALLADORES
• Posuír un título universitario ou de FP ou un certificado de profesionalidade.
• Que non teñan pasado máis de 5 anos desde o remate dos estudios (7 no caso de
traballadores con discapacidade). Se o traballador ten menos de 30 anos non se ten en conta a data de remate dos estudos
FORMA Deberá ser obrigatoriamente por escrito
DURACIÓN
Duración mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.
Poderanse acordar ata dúas prórrogas cunha duración mínima de 6 meses .
Non se poden superar os 2 anos en prácticas na mesma ou distinta empresa polo mesmo título ou certificado de profesionalidade.
Ningún traballador pode ter un contrato en prácticas por tempo superior a 2 anos pola mesma titulación
XORNADA A tempo completo ou parcial
RETRIBUCIÓN
Será a fixada por convenio colectivo, sen que poda ser inferior ao 60% durante o primeiro ano, e ao 75% durante o segundo, dun traballador do mesmo nivel. En ningún caso poderá ser inferior ao SMI.
PERIODO DE PROBA
Non pode ser superior a 1 mes para titulados de grado medio ou certificado de profesionalidade do nivel 1 e 2, e 2 meses para titulados de grado superior ou certificado de profesionalidade nivel 3
INCENTIVOS
Cando a contratación se faga cun desempregado, inscrito como demandante de emprego:
• Se é menor de 30 anos (35 se é discapacitado), redución do 50% nas cotas
empresariais por continxencias comúns. Se o contrato é con persoas incluídas no sistema nacional de garantía xuvenil, aplicarase ademais unha bonificación do 50%.
• Se o traballador no momento do contrato estivese realizando PRÁCTICAS non
laborais (becarios) a redución será do 75%. Se é con persoas do sistema de garantía xuvenil, aplicarase ademais unha bonificación do 25%