• No se han encontrado resultados

Excusan asistencia

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Excusan asistencia"

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

Páx. 1 de 3 Asistentes:

Xosé Antón Romero(Presidente) Elena Pillado (CIG)

Mercedes Alonso (CIG) Alberte Pérez Viso (CIG) Mª Carmen Pazo (TGU) Francisco Otero (TGU) Manuel Fernández (TGU) Olga Vázquez (CCOO) Antonio Delgado (CCOO) Concha de Frutos (UGT) Margarita Abuín (UGT) Luís Blanco (Secretario) Excusan asistencia:

Lucas Fernández (CIG) Rosa López (CIG) Álvaro Vázquez(TGU)

Orde do día:

1. Aprobación das actas anteriores

2. Informe do presidente 3. Inicio do proceso

negociador para a

modificación do Acordo de Mobilidade.

4. OPE 2011.

5. Negociación dos 125.000 euros de ampliación e mellora recollidos nos orzamentos deste ano.

6. Convocatoria promoción C2 a C1.

7. Varios.

1.- Aprobación das actas anteriores.

Apróbanse as actas pendentes despois das correccións oportunas a excepción da do 26 de outubro que queda pendente para a próxima reunión.

2.- Informe do presidente.

O presidente informa sobre a páxina web da xunta de persoal, da que se lle mandou unha copia a todos os membros para que modificaran o que estimasen oportuno. Comenta que a intención é que este

“colgada” na páxina da USC a mediados de decembro.

Informa tamén de que se puxo en contacto coa vicexerenta de RRHH para preguntarlle sobre a posible funcionarización de persoas

REUNIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE PERSOAL Día: 25 de novembro de 2011

Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de Química (Stgo) Edificio CACTUS (Lugo)

Hora: 09:00

(2)

Páx. 2 de 3 pertencentes ao capitulo VI. A vicexerenta comenta que a negociación aínda está sen comezar e que se manterá informada á Xunta de persoal

3.- Inicio do proceso negociador para a modificación do Acordo de mobilidade.

O presidente informa que se puxo en contacto con el a presidenta da Xunta de Persoal da Universidade da Coruña para ver a posibilidade de mellorar o acordo de mobilidade, para o que suxire unha reunión entre as Xuntas de Persoal das tres Universidades antes de trasladarllo ás Reitorías.

Acordamos reunirnos para iniciar conversacións deixando claro que un novo acordo aceptable, para nós, debería tender a reducir os tempos de espera e a aumentar a cantidade de xente que se puidera mover.

4.- OPE 2011.

A Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos da USC, acorda informar desfavorablemente a proposta de oferta de emprego público de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela feita pola Xerencia:

1. No relativo a promoción interna a Xunta de persoal propón que se oferten as prazas necesarias para que todo o persoal do subgrupo C2 poida promocionar ao C1 e que se as cantidades orzamentadas (incluíndo a aplicación dos fondos da partida de ampliación e mellora) non son suficientes que se presuposten para o exercicio 2012.

2. Polo que respecta a promoción libre, na actualidade, no cadro de PAS funcionario da USC hai máis de 70 postos de traballo vacantes, ocupados por funcionarios interinos en situación de emprego precario. E, se se suman as prazas pendentes de cubrir da oferta correspondente ao ano 2010 e a oferta que se propón para o 2011 totalizarían 27 prazas, un terzo das vacantes. Hai que ter en conta tamén que, desas 27 prazas, 15 xa figuraban en ofertas anteriores ao ano 2007.

Neste caso nin sequera se poden esgrimir os problemas de restrición orzamentaria, porque o persoal está traballando e cobrando.

Por todo isto a Xunta de persoal acorda esixir á xerencia unha oferta de emprego que permita corrixir esta situación de emprego precario.

Xúntase a esta acta o informe como Anexo I.

5.- Negociación dos 125.000 euros de ampliación e mellora

recollidos nos orzamentos deste ano.

(3)

Páx. 3 de 3 Dende a Xunta de persoal acordamos solicitar unha reunión coa xerencia para pedir información, e negociar a execución dos fondos da partida de ampliación e mellora do cadro de PAS funcionario que puideran estar pendentes.

Acordouse tamén propoñer que as cantidades que faltaran, e na medida na que abondaran, se empregaran para os seguintes fins:

1º Aumentar a oferta de prazas de promoción interna para o acceso á escala administrativa, subgrupo C1, para que todo o persoal do subgrupo C2 poida promocionar.

2º No caso de que sobrara algo despois de ter feito a oferta exposta no punto anterior, avanzar na homologación co PAS da Universidade de Vigo.

Polo que respecta as cantidades correspondentes ao exercicio 2011, acórdase propoñer que se destinen a financiar unha paga de produtividade (ou outro concepto similar) a distribuír entre o PAS funcionario da USC no mes de decembro.

6.- Convocatoria promoción C2 a C1.

Acórdase emitir o informe que se achega como anexo II a esta acta e solicitar unha reunión coa xerencia para ultimar a convocatoria.

7.- Varios.

Neste punto coméntase as queixas que algunhas persoas fixeron chegar a membros desta Xunta de persoal en relación ao tribunal das oposicións do subgrupo A2. En concreto sobre a súa presidenta por considerar que podería non ser imparcial.

Sen máis asuntos que tratar remata a reunión as 11:30h

(4)

Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos

SRA. XERENTA

INFORME SOBRE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE PAS FUNCIONARIO DA USC CORREPONDENTE AO ANO 2011.

A Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos da USC, informa desfavorablemente a proposta de oferta de emprego público de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela feita pola Xerencia na reunión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2011, polos seguintes motivos que se expoñen a seguir:

1.- PROMOCIÓN INTERNA

Na proposta de oferta de emprego, figuran 8 prazas de promoción interna para a escala administrativa (subgrupo C1) que sumadas ás 29 da oferta do ano 2010 farían un total de 37. Isto implica que só a metade dos funcionarios da escala auxiliar (subgrupo C2) poderían promocionar. A Xunta de Persoal non pode estar de acordo con que se manteña por máis tempo unha situación na que traballadoras e traballadores que realizan as funcións correspondentes á escala administrativa se manteñan na escala auxiliar, traballando ao lado de persoas coas mesmas obrigas que están encadradas na escala superior coas conseguintes diferenzas salariais e de dereitos.

As limitacións impostas pola Xunta de Galicia non afectan ao número de prazas de promoción interna. Logo, o único argumento que se pode esgrimir é o da falta de recursos económicos para financiar a promoción. Isto lévanos a cuestionarnos varias cousas: Canto lle están custando estes traballadores á USC? Cal sería o custe se todos foran do subgrupo C1? Cal é a cantidade destinada nos orzamentos para financiar ese persoal? Porque son os traballadores dos grupos máis baixos os que teñen que pagar a crise? A que se destinaron ou se teñen pensado destinar os fondos presupostados para ampliación e mellora co cadro de PAS funcionario?

A Xunta de persoal propón que se oferten as prazas necesarias para que todo o persoal do subgrupo C2 poida promocionar ao C1 e que se as cantidades orzamentadas (incluíndo a aplicación dos fondos da partida de ampliación e mellora) non son suficientes que se presuposten para o exercicio 2012.

1.- PROMOCIÓN LIBRE

Na actualidade, no cadro de PAS funcionario da USC hai máis de 70 postos de traballo vacantes, ocupados por funcionarios interinos en situación de emprego precario. E, se sumamos as prazas pendentes de cubrir da oferta correspondente ao ano 2010 e a oferta que se propón para o 2011 sumarían 27 prazas, un terzo das vacantes.

Hai que ter en conta tamén que, desas 27 prazas, 15 xa figuraban en ofertas anteriores ao ano 2007, que no seu día non se cubriron. Isto significa que o total de prazas netas ofertadas para un período de 4 anos é de 12. Deses anos, só os exercicios 2010 e 2011 teñen unha restrición legal.

Non podemos resignarnos ao argumento da restricción imposta pola Xunta de Galicia. Non é admisible que sexan os máis débiles os que paguen erros cometidos polo goberno da USC coma os que se explican a seguir:

- Un proceso selectivo para cubrir 30 prazas da escala auxiliar (grupo D) ao que se presentan máis de 500 aspirantes e no que a USC deixou 15 prazas sen cubrir por non haber candidatos

“válidos”.

- Ofertas de emprego que non se fixeron ou que se fixeron mal.

- Unha deficiente planificación dos cadro de PAS funcionario.

(5)

Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos

SRA. XERENTA

A consecuencia de todo isto sumada á restricción da Xunta de Galicia danos como resultado que un importante número de postos de traballo seguirá a ser ocupado durante anos por traballadoras e traballadores en situación de emprego precario. Neste caso nin sequera se poden esgrimir os problemas de restrición orzamentaria, porque o persoal está traballando e cobrando.

A Xunta de persoal esixe que se arbitren os mecanismos legais necesarios para que se corrixa esta situación de emprego precario, e isto pasa, necesariamente por unha oferta de emprego axeitada.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

O presidente da Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos

Xosé Antón Romero Banzas

(6)

Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos

SRA. XERENTA

INFORME SOBRE A PROPOSTA DE CONVOCATORIA DE PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA O ACCESO ESCALA ADMINISTRATIVA, SUBGRUPO C1 POR PROMOCIÓN INTERNA.

Fase de oposición

Informamos favorablemente a proposta feita para a fase de oposición por recoller a suxestións feitas por esta Xunta de Persoal no seu informe do 25 de novembro de 2011. Aínda así, pedimos que na redacción final se faga constar expresamente que nos exercicios de tipo test as respostas erróneas non puntuarán negativamente.

Fase de concurso

Na proposta inicial feita para esta fase dicíase: “(adaptar segundo o recollido para as oposición dos Subgrupos A1 e A2) Valoración: 30 puntos”. A Xunta de Persoal estaba conforme con esta proposta.

Agora ben, na adaptación feita na proposta do día 20/01/2012 figura que se valorarán cursos de formación, cando nas convocatorias feitas para o A1 e o A2 este aspecto non se valoraba. Ademais, na valoración dos cursos de lingua galega as puntuacións propostas son imposible de aplicar, pois fálase de valorar o CELGA 4 por horas cando este é un certificado oficial que se obtén por acreditar un nivel e non por facer un curso de maior ou menor duración.

A Xunta de Persoal propón que na fase de concurso se valoren unicamente a antigüidade e o complemento de destino, tal como ocorre nas convocatorias feitas para o acceso aos subgrupos A1 e A2.

Temario

Tal como se dicía no informe do 25 de novembro de 2011, a Xunta de Persoal está conforme co temario proposto.

Proposta de membros para formar parte do tribunal Titular: José Antonio Delgado Suárez

Suplente: Manuel Fernández Iglesias

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

O presidente da Xunta de PAS Funcionario

Xosé Antón Romero Banzas

Referencias

Documento similar

En cumprimento do acordo sexto do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia en relación co disposto no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21

La campaña ha consistido en la revisión del etiquetado e instrucciones de uso de todos los ter- mómetros digitales comunicados, así como de la documentación técnica adicional de

En la base de datos de seguridad combinados de IMFINZI en monoterapia, se produjo insuficiencia suprarrenal inmunomediada en 14 (0,5%) pacientes, incluido Grado 3 en 3

En este ensayo de 24 semanas, las exacerbaciones del asma (definidas por el aumento temporal de la dosis administrada de corticosteroide oral durante un mínimo de 3 días) se

El contar con el financiamiento institucional a través de las cátedras ha significado para los grupos de profesores, el poder centrarse en estudios sobre áreas de interés

A Universidade de Santiago de Compostela un ano máis achégase ao Ensino Medio de Galicia a través do seu pro- grama estratéxico “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, que

b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e das normas que os desenvolvan... Son órganos de representación do persoal funcionario da Universi- dade

Proposta de acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela de 20 de decembro de 2019, de modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente