1 OS MODELOS DE ATENAS E ESPARTA
A partir do s. VII a. C. na maioría das cidades producíronse importantes reformas políticas que permitirían a participación, en maior ou menor medida segundo as polis, dos cidadáns encadrados en corpos intermedios:
fratrías, demos e tribos.
Lexisladores como Solón e Clístenes, en Atenas, e Licurgo, en Esparta, sentarían as bases de novas formas de goberno coa creación de institucións que, aínda que con diferenzas, aparecen en todas os polis:
- A asemblea; chamada Ecclesia en Atenas e Apella en Esparta.
- O consello; coñecido como Bulé en Atenas e como Gerusía en Esparta.
- As magistraturas; aseguraban a administración de todos os servizos públicos e executaban as decisións da Asemblea e o Consello. En Atenas os maxistrados recibían o nome de arcontes (ἄρχοντες: "gobernantes") e en Esparta o apelativo de éforos.
Desde entón a lexitimación do goberno procedeu da convicción e non da forza, xa que as decisións tomábanse despois de ser libremente debatidas nas institucións.
En Atenas, tras a tiranía dos fillos de Pisistrato, Clístenes estableceu na segunda metade do s. VI as bases da democracia ateniense alcanzadas baixo o goberno de Pericles.
Solón de Atenas Licurgo de Esparta
Desde entón, o ideal político ateniense fundamentouse nunha vida en común na que o maior pracer do cidadán (ὁ πολίτης) consistía na participación na vida pública. En contraste, o termo griegο ἰδιώτης ( idiotes) designaba á persoa "privada" ou "particular" que adoitaba prestar só atención aos seus propios asuntos particulares, xeralmente unha persoa de escasa formación ou profano en asuntos da polis.
Atenas e Esparta convertéronse no século V a. C. nas dúas principais potencias do pobo grego e acabaron sendo rivais. Cada unha tiña un sistema político diferente; Atenas a democracia (goberno do pobo) e Esparta un sistema oligárquico. A súa rivalidade acabou enfrontándoas na Guerra do Peloponeso (431-404 a. C.) que terminou coa vitoria de Esparta, pero significou a decadencia da Hélade e da polis como forma de Estado.
A DEMOCRACIA ATENIENSE
O réxime político ateniense, que alcanzou o seu máximo esplendor con Pericles (443-429 a. C.) sustentábase en tres órganos fundamentais: os
2 maxistrados, o Consello ou Boulé e a
Asemblea ou Ecclesía.
Os MAXISTRADOS; 9 maxistrados, os arcontes, son elixidos por sorteo durante un ano e non poden ser reelixidos. 10 maxistrados, os estrategos, podían ser reelixidos cada ano. As súas funcións son dirixir o exército, a relixión e as finanzas.
O CONSELLO Ou BOULÉ; está integrado por 500 cidadáns maiores de 30 anos.
Eran elixidos por un ano mediante sorteo e entre as súas funcións estaba preparar os asuntos para a Asemblea.
A ASEMBLEA Ou ECCLESÍA; nela participaban todos os cidadáns con plenitude de dereitos maiores de 20 anos. Encargábanse de aprobar as leis que lle presentaba a Boulé; elixían os maxistrados anuais, decretaban os desterros (ostracismo). O que se aprobaba na Asemblea integrábase na constitución da cidade.
Os ÓRGANOS XUDICIAIS; o tribunal de xustiza civil HELIEA e o tribunal de xustiza criminal, AREOPAGO, que é un tribunal formado polos exarcontes. En época clásica ocupábase de xulgar os
delitos de sangue. O seu nome significa, literalmente, "outeiro de Ares"
En Atenas para participar en política había que ser cidadán (nacido de pai e nai atenienses), ser maior de idade (vinte anos) e ter todos os dereitos cívicos. Non participaban en política nin as mulleres, nin os estranxeiros nin os escravos.
ESPARTA
As institucións espartanas estendéronse desde a súa creación entre os s. IX e VIII a. C., atribuída ao mítico lexislador Licurgo, ata a desaparición das polis no s. IV a. C. A mestura de elementos de diversos réximes de Grecia:
DIARQUÍA OU GOBERNO DE DOUS REYES. En Esparta esta institución pasou a ser unha diarquía, un goberno hereditario de dous reis. Os reis procedían de dúas familias, dirixen o exército e son sumos sacerdotes.
Leónidas nas Termópilas, de Jacques-Louis David
A OLIGARQUÍA. A aristocracia monopolizaba as maxistraturas e o consello.
OS ÉFOROS. A polis de Esparta tamén chegou a contar cun corpo de maxistrados ou Éforos, así se chamaban os cinco maxistrados superiores en Esparta. Tiñan plenos poderes,
3 encargábanse de vixiar as leis e
controlar o poder dos Reyes. Son os encargados da seguridade do Estado e da política exterior.
Convocan a Apella. Eran elixidos por aclamación na Asemblea, por un ano.
GERUSÍA, un Consello de anciáns.
Estaba composto por 28 membros de máis de 60 anos, procedentes de familias nobres, e os dous reis. Eran elixidos con carácter vitalicio por aclamación na Asemblea. Actúa como tribunal superior de Xustiza.
APELLA. Asemblea espartana composta polos cidadáns espartiatas de máis de 30 anos. Ratificaba as leis propostas polos éforos e designaba por aclamación aos éforos e aos membros do consello de Anciáns. Tamén se coñecían co nome dos ' homoioi' ("os iguais").
O MODELO DE ROMA
A sociedade romana e as súas institucións foron cambiando ao longo dos tres períodos nos que se divide a súa historia: monarquía, república e imperio. Segundo Tito Livio sete reis sucedéronse en Roma despois de Rómulo, catro nativos (sabinos e latinos) e tres etruscos. Nun principio, o poder do monarca estivo limitado polos patricios que monopolizaban as dúas principais institucións, a asemblea e o consello de anciáns. Con todo, a chegada ao poder dunha dinastía
etrusca determinou un cambio político transcendental.
Nobilis patritii
O goberno e as súas institucións deixaron de ser patrimonio das familias patricias. Servio Tulio dividiu a poboación en cinco clases en función da súa riqueza e non da súa orixe ( patricio ou plebeyo). Estas medidas enfrontaron ao monarca coas grandes familias patricias que conseguiron a expulsión do último rei etrusco Tarquinio o Soberbio no ano 509 a. C e o establecemento da República en Roma.
REPÚBLICA ROMANA
Nun principio, a República estableceu un sistema político oligárquico no que se reservaban as principais institucións para os patricios. A exclusión dos plebeyos provocou unha sucesión de conflitos sociais que terminaron cunha igualación dos dereitos políticos no s. III a. C.
As principais institucións eran as maxistraturas, o Senado e as Asembleas.
AS MAXISTRATURAS
As magistraturas son o equivalente ao sistema de arcontado en Atenas. Eran funcionarios administrativos elixidos polas asembleas populares por un período dun ano, os censores por 5
4 anos. Seguen un escalafón, a carreira
política ou “cursus honorum”
iniciábase nas maxistraturas menos importantes. Se se demostraba capacidade, e contábase con apoios económicos e políticos, tentaban ser elixidos para maxistraturas de maior rango. Os maxistrados supremos do Estado son os cónsules (consules) que viñeron substituír ao rei. Nos comezos da República, o consulado veu ser como un poder único e indivisible, pero aos poucos foron xurdindo maxistraturas menores sometidas a eles que lles foron quitando atribucións. Convocaban as asembleas populares, presentan proposicións ante o Senado, presidían actos relixiosos do pobo e en casos de guerra dirixían ao exército.
En momentos excepcionais de perigo para o Estado un cónsul podía designar un dictator con plenos poderes e por un período de seis meses.
Inmediatamente despois dos cónsules estaban os pretores (praetores), encargados da administración de xustiza. Eran dous, un encargado dos litixios dos cidadáns e outro dos litixios dos estranxeiros. Por baixo os edís ( aediles), en número de catro;
encargábanse de vixiar os mercados, a conservación dos templos e monumentos e a organización dos xogos públicos. Os cuestores eran os encargados de administrar a facenda pública, en época de César eran corenta.
Ademais había outras magistraturas que xa non forman parte deste cursus honorum, en concreto os censores, os
que censan aos cidadáns e clasifícanos segundo a súa fortuna, elixían os senadores e cando eran indignos do seu cargo expulsábanos. E os tribunos da plebe defensores dos dereitos dos plebeyos fronte aos abusos dos patricios.
De todos estes maxistrados, os cónsules, o dictator e os pretores dispoñían de poder absoluto no desempeño das súas funcións. Cando cesaban das súas funcións adoitaban ir como gobernadores a unha provincia co título de procónsul.
O SENADO
O termo de Senado está relacionado con senex “ancián”. Senatus significa consello de anciáns. Eran trescentos e eran elixidos polo censor, tamén os podía expulsar. Era o órgano de goberno máis importante de Roma. O poder residía no pobo mediante as asembleas populares, pero era o Senado quen en realidade gobernaba xa que podía derrogar as decisións das asembleas.
Na época da República só estaban representados os patricios (nome que reciben os nobres en Roma). Co tempo abriuse aos plebeyos ricos. O Senado dirixe a política exterior (declara a guerra, facía a paz e pactaba alianzas) e controlaba a facenda pública. As reunións tiñan lugar nun edificio chamado Curia Hostilia.
5 Senado romano
AS ASEMBLEAS POPULARES
Ou comicios, era o medio polo que o pobo romano participaba en política.
Eran varios os tipos de asembleas que existían. Acudían a elas todos os cidadáns, patricios e plebeyos. As súas funcións eran; elixir os maxistrados, ratificar as leis que lles presentaban os cónsules e o Senado, facer propostas que debían de recibir o visto e prace do Senado. Escoitar as apelacións contra as decisións do Senado.
Augusto de Prima Porta O RÉXIME IMPERIAL
No ano 31 a. C. Octaviano, posteriormente Octavio Augusto, converterase en dono absoluto de Roma e inicia unha serie de reformas no sistema de goberno que supoñerá a desaparición da República e a instauración dun novo sistema de
goberno, o Imperio, que recupera moitos elementos da monarquía.
Algúns séculos despois, con Diocleciano, instáurase unha monarquía absoluta, o Dominado.
O PRINCIPADO
O nome de Principado deriva do título de Princeps, “o primeiro” do Estado que Octaviano adoptou. O trazo máis sobresaliente é a enorme concentración de poder que o Princeps acumula nas súas mans. Octaviano levaba o título de Imperator é dicir, xeneral en xefe do exército. Era o tribuno da plebe polo que era inviolable. Tamén foi princeps senatus, o primeiro do senado e pontífice máximo.
Dividiu as provincias entre imperiais e senatoriais e podía nomear aos gobernadores das primeiras.
A pesar do enorme poder non aboliu as institucións republicanas, aínda que as deixou desprovistas da maioría das súas funcións. O Senado constituído por seiscentos membros que eran nomeados polo Princeps, converteuse na única cámara lexislativa e administraba as provincias chamadas senatoriales e o tesouro público. O Senado non podía facer nada contra a política do Princeps.
O Príncipe creou novos postos e organismos para que lle axudasen na tarefa de goberno. En primeiro lugar temos o Consello imperial, formado por persoas elixidas libremente por el e cuxa misión era axudarlle e aconsellarlle a tomar decisións. Esta
6 institución acabou substituíndo ao
Senado. Outro cargo novo son os prefectos de pretorio ( praefecti praetorio), en número de dous que mandaban as tropas encargadas de protexer ao Príncipe, a garda pretoriana.
Os novos funcionarios imperiais eran escollidos directamente polo Príncipe e a súa duración no cargo dependía da vontade do soberano.
A última cuestión é quen escolle ao emperador. A resposta é dobre: era elixido polo emperador reinante, creándose auténticas dinastías, ou era nomeado polo exército, como sucederá sobre todo no século III.
O DOMINADO
Do título Dominus “Señor” vén o nome de Dominado co que se coñece a esta etapa onde o emperador era un rei absoluto. O emperador adquire un carácter sacro durante o século IV e o século V.
No exterior o Imperio divídese en máis provincias e en dous gobernos, Occidente e Oriente, que se encargaron a dous Augusti, é dicir, a dous emperadores con igual poder e atribucións. Cada un elexía como axudante a un Caesar, quen sucederá ao Augustus á súa morte. Este sistema creado por Diocleciano, denomínase tetrarquía (literalmente catro gobernos).
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA HISPANIA ROMANA
Tras a conquista da Península Ibérica por Roma iníciase o proceso de colonización e romanización do territorio. Fundáronse colonias para a poboación romana e latina. Estas colonias eran cidades tales como;
Corduba, Lucus Augusti, Gades, Bracara... que imitaban a Roma na estrutura urbana e na maneira de administrarse. Ás veces admitíase a poboación indíxena escollida dentro da colonia. Moi importante para a consolidación do control romano sobre o territorio foi a creación de municipios ou centros urbanos onde se concentraba a poboación indíxena dun determinado territorio, á cal se concedía o dereito de cidadanía romana, pasando a ter os mesmos dereitos que a poboación romana e latina. As rexións máis beneficiadas por este proceso foron; o Levante, o val do Guadalquivir e o nordeste da Península.
Para ser cidadán a poboación indíxena tiña que adoptar a forma de vida romana. A poboación das colonias e os municipios tiñan maiores dereitos que o resto da poboación hispana que non gozaban das vantaxes xurídicas do cidadán romano. Estas diferenzas entre cidadáns e non cidadáns finaliza no 212 d. C. cando Caracalla concedeu o dereito á cidadanía romana a todos os habitantes libres do Imperio.
7