• No se han encontrado resultados

Índice xeral

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Índice xeral"

Copied!
38
0
0

Texto completo

(1)

1. O Servicio de Normalización Lingüística……… 3

1.1. Persoal……… 4

1.2. Infraestructura……… 6

1.2.1. Locais………. 6

1.2.2. Soporte informático………. 6

1.2.3. Internet……….. 7

1.2.4. Comunicacións………. 7

1.2.5. Biblioteca e documentación……… 8

1.3. Relacións con outros organismos……….. 9

1.3.1. Mediante convenios……… 9

1.3.2. Mediante participación……….. 10

1.3.3. Outros……… 11

1.4. Formación do persoal………. 12

1.4.1. Asistencia a cursos ……… 12

1.4.2. Asistencia a congresos e xornadas………. 13

1.4.3. Conferencias e relatorios presentados……… 14

2. Asesoramento lingüístico……… 16

2.1. Organización da área………. 17

2.1.1. Optimización exterior………. 17

2.1.2. Optimización interior……….. 17

2.2. Traballo realizado……… 19

2.2.1. Corrección……… 20

2.2.2. Traducción……… 22

3. Formación……….. 24

3.1. Cursos organizados……… 25

3.1.1. Dirixidos ó persoal de administración e servicios………. 25

3.1.1.1. Cursos de reciclaxe de lingua galega……… 25

3.1.1.2. Cursos de linguaxe administrativa……… 25

3.1.1.3. Cursos de lingua galega oral……… 26

3.1.2. Dirixidos ós estudiantes……… 26

3.1.2.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación…. 26 3.1.2.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……… 26

3.2. Publicacións………. 28

Índice xeral

(2)

4.1. O Cartafol………. 30 4.2. Recolla de datos sociolingüísticos……… 30 4.2.1. Proposta para a obtención de datos sociolingüísticos na docencia.. 30 4.2.2. Proposta para a análise e coñecemento da realidade

sociolingüística dos centros……… 31 4.3. Proposta sobre recepción e tratamento de queixas………. 31 4.4. Análise da situación e proposta de actuacións para a

Escola Politécnica Superior de Lugo……….. 32 4.5. Campaña de apoio ó uso do galego en traballos de investigación……….. 32 4.6. Edición de Cen contos, ou sexa un plan incumprido de Jiri Suchy……….. 33 4.7. Actualización e mellora do sitio web do SNL……… 33 5. Terminoloxía……… 34 5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)… 35 5.1.1. Deseño do formato do BD_SNL……….. 35 5.1.2. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL……….. 35 5.1.3. Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL……….. 36 5.2. Edición do Glosario de Orientación Escolar e Profesional……….. 36 5.3. Traballos de asesoramento e revisión do Vocabulario de Química……….. 37 5.4. O Rexistro de proxectos terminolóxicos………. 37 5.5. Productos Realiter………. 38

(3)

1 O Servicio de N orma lizac ió n Lin güística

1.1 Persoal 1.2 Infraestructura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático 1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación 1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios 1.3.2 Mediante participación 1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1 .4.1 Asistencia a cursos

1.4.2 Asistencia a congresos e xornadas 1.4.3 Conferencias e relatorios presentados

(4)

1.1. Persoal

O Servicio de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas:

• Director técnico

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco

Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

• Bolseiros

Mª Soraya Domínguez Portela Antón Lado Lago

Sara Pino Ramos

Raquel Rodríguez Parada

• Administración

Ana María Domínguez Gigirey

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de linguaxe administrativa

Xosé Ramón López Boullón Cursos de lingua galega oral

Maite Vilar Álvarez

Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación Manuel Bermúdez Blanco

Xusto A. Rodríguez Río

Cursos de Reciclaxe de Lingua Galega

(5)

Cursos de Lingua Galega para non galegofalantes Monserrat Iravedra Leivas

Ana María Mata Iglesias Emilio Núñez Argiz Isabel Paños Rodríguez

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Léxico Panlatino de Internet Antonio Pérez Casas Daniel Romero Rodríguez Isabel Vaquero Quintela Léxico Panlatino de Biotecnoloxía

Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas Vocabulario de Pedagoxía

Feli Barreiro Fernández Esther Martínez Piñeiro Mª José Méndez Lois

Xesús Manuel Mosquera Carregal Xosé Rubal Rodríguez

Vocabulario Panlatino de Hemodinámica

José Ramón González Juanatey Vocabulario de Química

Uxío Benítez Fernández Marco Candia Durán Marcos Domínguez Varela Beatriz Formoso Gosende Xoán Guitián Rivera Xosé Lois López Zubiela Marcelino Maneiro Maneiro Carme Pampín Casal

María Presas Blanco David Rodríguez Garrido Xusto A. Rodríguez Río

(6)

1.2 Infraestructura

1.2.1 Locais

O SNL ocupa na actualidade a zona sur do segundo andar do Colexio de San Xerome, nun novo espacio que foi acondicionado recentemente. A totalidade do mobiliario do Servicio foi tamén renovado. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo.

1.2.2 Soporte informático

A infraestructura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte:

Campus de Lugo

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows 98

ƒ Unha impresora láser, branco e negro

Campus de Santiago

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows NT

ƒ Tres ordenadores tipo PC, S.O. Windows 95

ƒ Dous ordenadores tipo PC, S.O. Windows 98

ƒ Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs

ƒ Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

ƒ Unha impresora a cor, de inxección de tinta

ƒ Tres impresoras láser, branco e negro

ƒ Unha impresora láser, cor (compartida)

ƒ Un escáner

(7)

1.2.3 Internet

O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC e que se actualiza con frecuencia.

http://www.usc.es/snlus

1.2.4 Comunicacións

A infraestructura de comunicacións ó dispor do SNL é a seguinte:

Para os dous campus existe, desde finais do pasado curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL gracias á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Campus de Lugo:

ƒ A extensión telefónica 23582

ƒ Os seguintes enderezos electrónicos:

Xeral

snl.lugo@lugo.usc.es SNL.Campus de Lugo

(8)

Persoal

snlxusto@lugo.usc.es Xusto A. Rodríguez Río Campus de Santiago

ƒ Unha liña telefónica externa, o 981562265, con capacidade de voz e fax.

ƒ As seguintes extensións telefónicas:

11073 Manuel Núñez Singala 11152 Isabel Vaquero Quintela 11107 Manuel Bermúdez Blanco 11073 Ana María Domínguez Gigirey 11153 Bolseiros

ƒ Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais

snlusc@usc.es SNL. Campus de Santiago SNL218@si.usc.es Administración Persoais

snlusc@usc.es Manuel Núñez Singala snlisa@usc.es Isabel Vaquero Quintela mbermu@usc.es Manuel Bermúdez Blanco

SNL218@si.usc.es Ana María Domínguez Gigirey snlbolsa@usc.es Bolseiros

bolsasnl@usc.es Bolseiros

1.2.5 Biblioteca e documentación

O SNL conta cunha pequena biblioteca constituída por 915 volumes especializados en temas de lingüística. Non se inclúen as revistas. Ofrécese un servicio de empréstimo a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Durante o ano 2000 engadíronse 53 novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos.

Tódolos exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital.

(9)

O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servicio e ó mesmo tempo fichado en soporte informático.

Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios:

La Voz de Galicia El Correo Gallego O Correo Galego A Nosa Terra El País

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

O SNL ten asinado un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que data do ano 1991 e que se revisa e actualiza mediante o asinamento dunha addenda anual.

En concreto, na addenda para o ano 2000 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudiantes, profesorado e PAS, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos e o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación. A Direción Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 6.325.000 PTA.

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue.

O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de información e documentación no eido da terminoloxía.

(10)

O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes insitucións:

ƒ Unión Latina. DTIL. París (Francia)

ƒ Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España)

ƒ Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia)

ƒ Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de Corse. Córsega (Francia)

ƒ PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia)

ƒ Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia)

ƒ Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia)

1.3.2 Mediante participación.

O SNL participa e coopera cos seguintes organismos:

Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen .

Por outra banda, o director técnico do Servicio, e membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede. En calidade de tal participou o 13 de novembro de 2000 na IV Reunión Plenaria de Realiter, que tivo lugar en Lisboa.

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas organizou en Santiago de Compostela, o días 7 e 8 de outubro de 1999, a I Reunión de Coordinación de LINMITER.

Como continuación ó acordado naquelas xornadas, o SNL difundiu unha convocatoria de bolsas de formación para terminólogos galegos que, no seo do programa LINMITER, posibilitaría a realización dun curso de terminoloxía no TERMCAT, en Barcelona.

(11)

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociacion Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas acitivdades organizadas pola dita asociación. O director técnico asisitiu á Asemblea Xeral da AETER que tivo lugar en Madrid o día 21 de outubro de 2000.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración dun Plan de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servicio son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Durante o curso 2000-2001 participaron na reunión de constitución, o 14 de marzo de 2001, así como na segunda reunión, que tivo lugar o 20 de xuño do mesmo ano.

Union Generala di Ladins dla Dolomites

O SNL participou con este organismo apoiando a súa solicitude perante a Comisión Europea dunha axuda para o desenvolvemento do seu programa TERM-LeS (Standardizzacione lessicale e terminologia per le lingue ladina e sarda)

1.3.3 Outros

O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servicios lingüísticos:

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade do País Vasco

Universidade Pública de Navarra

(12)

Universitat Autònoma de Barcelona

Universitat d’Alacant

Univrersitat de Barcelona

Universitat de Girona

Universitat de les Illes Balears

Universitat Jaume I

Universitat de Lleida

Universitat Politècnica de Catalunya

Universitat Pompeu Fabra

Universitat Ramon Llull

Universitat Rovira i Virgili

Universitat de Valencia

Universitat de Vic

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica

TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia

Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia

TERMCAT. Cataluña.

Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña

Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil

Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia

TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina.

Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá Existen tamén intercambios de información, material e experiencias coa práctica totalidade de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación…

Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a cursos

♦ A arte de falar en público. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar entre os días 25 e 28 de setembro de 2000 en Santiago de Compostela.

Manuel Núñez Singala

(13)

♦ Creación dunha páxina web con FrontPage. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar en outubro de 2000 en Santiago de Compostela.

Isabel Vaquero Quintela

♦ Access. Iniciación. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar entre os días 11 e 20 de decembro de 2000 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Curso básico de ergonomía. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar entre os días 16 e 19 de xaneiro de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Técnicas de dirección. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar entre os días 4 e 6 de abril de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Deseño e implementación de campañas de normalización lingüística. Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. 22,23 e 29 de xuño de 2001.

Santiago de Compostela Isabel Vaquero Quintela

1.4.2 Asistencia a congresos e xornadas

♦ Jornadas sobre Lenguaje Científico y Lexicografía. Asociación Española de Terminología. Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. 20 e 21 de outubro de 2000. Madrid.

Manuel Núñez Singala

♦ Asamblea General de AETER. Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. 21 de outubro de 2000. Madrid.

Manuel Núñez Singala

♦ IV Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Novembro de 2000. Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

♦ IV Reunión Plenaria de REALITER. Universidade Nova de Lisboa. 13 de novembro de 2000. Lisboa.

Manuel Núñez Singala

♦ VII Simposio Iberoamericano de Terminologia. Fundação Calouste Gulbenkian. 14- 17 de novembro de 2000. Lisboa.

Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río

(14)

♦ XII Trobada de Serveis Lingüistics Universitaris. Universitat Jaume I. Do 30 de novembro ó 1 de decembro de 2000. Morella. Castellón.

Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala

♦ I Jornada EUROMAP 2001, que incluía o Seminario Nacional “Tecnologías para el lenguaje humano y contenidos digitales en la sociedad de la información” e mailo Seminario Temático “El comercio electrónico y las tecnologías para el lenguaje humano” Instituto Cervantes. Centro de Información y Documentación Científica del CSIC. Ministerio de Ciencia y Tecnología. 12 de xuño de 2001. Madrid.

Isabel Vaquero Quintela

1.4.3 Conferencias e relatorios presentados

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. Outubro de 2000. Lugo

Xusto A. Rodríguez Río

♦ IV Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Novembro de 2000. Santiago de Compostela. Presentación do relatorio “A calidade na corrección”.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ VII Simposio Iberoamericano de Terminologia. Fundação Calouste Gulbenkian. 14- 17 de novembro de 2000. Lisboa. Presentación do relatorio “Os traballos terminográficos galegos vistos polos seus potenciais ususarios”.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. Novembro de 2000. Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. 11 de xaneiro de 2001. Ourense.

Manuel Núñez Singala

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. Xaneiro de 2001. A Coruña

Isabel Vaquero Quintela

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización de normalización”. Febreiro de 2001. Vigo

Manuel Bermúdez Blanco

(15)

♦ A exeperiencia en terminoloxía do Servicio de Normalización Lingüística. Charla impartida a estudiantes de Terminoloxía da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo. 12 de marzo de 2001. Vigo.

Manuel Núñez Singala

♦ A lingua galega na sociedade do coñecemento. Xornadas para Inspectores de Educación. Presentación da conferencia “Experiencias de normalización lingüística na Universidade”. 15 de marzo de 2001. Santiago de Compostela

Manuel Núñez Singala

♦ O galego e as ciencias. Mesa redonda celebrada na Facultade de Matemáticas. 23 de abril de 2001. Santiago de Compostela.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ A normalización lingüística en Galicia. Simplificacións e prexuízos. Conferencia impartida no Instituto de Bacharelato de Muxía. 15 de maio de 2001. Muxía

Manuel Núñez Singala

(16)

Responsable da área

Manuel Bermúdez Blanco

2 Asesoram ento ling üístico

2.1 Organización da área

2.1.1 Optimización exterior 2.1.2 Optimización interior 2.2 Traballo realizado

2.2.1 Corrección 2.2.2 Traducción

(17)

2.1 Organización da área

A área de asesoramento acolle basicamente as tarefas de corrección e traducción de textos. Estes dous tipos de traballo tenden a ocupar unha gran cantidade de recursos humanos e de tempo de dedicación, e con frecuencia acaban fagocitando outras iniciativas normalizadoras que probablemente fosen máis redibles, pero que non contan coa urxencia ou a peremptoriedade con que os traballos de asesoramento adoitan presentarse.

Con todo, e malia os esforzos empregados durante anos na formación do persoal, a corrección e a traducción de textos son actividades aínda necesarias e resulta imposible prescindir delas.

Coa intención de minimizar o impacto deste tipo de traballos no SNL, de modo que tanto o tempo coma os recursos materiais e humanos dedicados a estas tarefas fosen os menores posibles, deseñáronse dúas estratexias, unha delas dirixida ó exterior, e outra dirixida ó interior do SNL.

2.1.1 Optimización exterior

Resulta evidente que canta maior autonomía en galego posúan os membros da comunidade universitaria, menos uso faran da área de asesoramento do SNL. A este respecto seguiuse traballando na mellora dos cursos de optimización lingüística e do deseño de traballos de investigación, destinados ós estudiantes que vaian presentar a súa tese, memoria de licenciatura ou proxecto de fin de carreira en galego, dado que son estes usuarios os que totalizan máis da metade (vid. 2.2) do traballo de corrección.

Púxeronse a disposición dos usuarios varios correctores ortográficos, ós que se pode acceder para seren descargados gratuítamente desde a páxina web do SNL.

Chegouse a un acordo cos Servicios Infomáticos para que, en tódolos equipos novos, se instale por defecto un corrector ortográfico.

Por último, xestiónase a instalación destas ferramentas informáticas en tódalas Aulas de Informática da USC.

2.1.2 Optimización interior

Estableceuse o concepto de “corrección significativa” e fixáronse varios niveis de corrección segundo a importacia ou a repercusión dun documento. É obvio que o impacto normalizador dun oficio interno non é o mesmo có dunha guía dun centro, e

(18)

tendo en conta determinados criterios. Isto permite dedicar máis tempo a escritos de maior importancia, e realizar unha corrección máis superficial e rápida a documentos de importancia menor.

Por outra banda, establecéronse protocolos de xestión do traballo de asesoramento, tanto da corrección como da traducción de textos, de modo que se estandarizasen os procedementos.

O proceso de traballo foi estudiado polo miúdo e reflectido en diagramas de fluxo:

Deste modo fixáronse uns procedementos de actuación estandarizados que resultan de utilidade para facilitar:

ƒ o traballo de varias persoas distintas nunha tarefa común

ƒ o seguimento de cada un dos traballos

ƒ o estado dun traballo determinado en calquera momento

ƒ a axilización do proceso

Unha das obsesións desta área foi a axilización do traballo e o cumprimento dos prazos fixados para a realización do traballo. A este respecto cómpre dicir que o resultado foi excelente:

Usuario Xusto

Ana Manuel

Manuel

Xusto traductor

doc. para traducir

ficha confidencialidade antivirus

-Análise documento - seguir cubrindo ficha

corríxese?

explicar motivos NON

SI

quen?

téc. bolseiro

- traducción - quén traduce

- prazos

- gardar documento e ficha

traducción e comentarios

pto. de inicio

tarefa

xeración documento

pto. de decisión

fin do proceso +

DIAGRAMA DO PROCESO DE TRADUCCIÓN NO SNL DA USC

supervisor

Revisa Acepta ou rexeita

(19)

Créase tamén unha base de datos documental na que se gardan en soporte dixital tanto os orixinais recibidos coma os traballos rematados, de modo que se lle asegure ó

“cliente” unha copia de seguridade en caso de problemas e que o SNL dispoña dunha fonte propia de documentación que se poida ser útil para a formación.

2.2 Traballo realizado

Durante o curso de referencia o SNL procesou un total de 4 620 folios. Destes, 161 corresponden a traduccións, e 4 459 a traduccións. Cómpre subliñar que o balance entre traduccións do galego ó español e vicerversa está moi equilibrado.

A tempo 88%

Despois do marcado

1%

Antes do marcado

11% Antes do

marcado 26%

A tempo 74%

Despois do marcado

0%

Grao de cumprimento de prazos verbo da corrección de textos

Grao de cumprimento de prazos verbo da traducción de textos

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500

Traduccións Correccións

(20)

2.2.1 Corrección

Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

Teses, memorias e proxectos

62%

Actas 3%

Programas académicos 1%

Exames 0%

Folletos 13%

Artigos e publicacións 5%

Memorias de servicios 1%

Convenios 1%

Outros 14%

Porcentaxe de documentos corrixidos por tipos

outubro novembro decembro xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro

S1 455

445 540

241 215

508

200 518

608

432

15 282

0 100 200 300 400 500 600 700

Volume mensual de páxinas corrixidas

(21)

Distribución de páxinas corrixidas por campus

3570

889

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000

Campus de Santiago Campus de Lugo

2736

285

1438

0 500 1000 1500 2000 2500 3000

Alumnado Profesorado PAS

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

3084 1375

Linguaxe específica Linguaxe xeral Distribución de páxinas

corrixidas segundo o tipo de linguaxe

(22)

Os datos máis significativos son os seguintes:

Teses, memorias e proxectos

24%

Exames 12%

Artigos 1%

Folletos 19%

Títulos 12%

Outros 32%

Porcentaxe de documentos traducidos por tipos

Volume mensual de páxinas traducidas

outubro novembro decembro xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro

S1 38

14

2 37

0 0

13 23

2 2

0

30

0 5 10 15 20 25 30 35 40

(23)

140

21

0 20 40 60 80 100 120 140

Campus de Santiago Campus de Lugo

79

16

66

0 10 20 30 40 50 60 70 80

Alumnado Profesorado PAS

69

92

Linguaxe específica Linguaxe xeral Distribución de páxinas traducidas por campus

Distribución de páxinas traducidas por colectivos

Distribución de páxinas traducidas segundo o

tipo de linguaxe

(24)

Responsable da área

Manuel Núñez Singala

3 Formación

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e servicios

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega 3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa 3.1.1.3 Cursos de lingua galega oral 3.1.2 Dirixidos ós estudiantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

3.2 Publicacións

(25)

3.1 Cursos organizados

Durante o curso 2000-2001 o Servicio de Normalización Lingüística organizou un total de 13 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

9 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 9 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 9 3 cursos de lingua galega, de reciclaxe

9 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación 9 1 curso de lingua galega oral

9 1 curso de linguaxe administrativa Por campus, a distribución foi a seguinte:

™ Campus de Santiago de Compostela: 7 cursos

™ Campus de Lugo: 6 cursos

O número total de estudiantes matriculados nos cursos do SNL foi de 229 persoas, das cales 125 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 104 no Campus de Lugo.

3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e servicios

Os cursos orientados ó persoal de administración e servicios (PAS) organízanse conxuntamente co Servicio de Planificación e Programación de PAS.

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega

Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos.

Durante o ano de referencia tiveron lugar tres cursos deste tipo, de trinta horas de duración, dous deles no Campus de Lugo, e un no de Compostela. O número total de asistente ós cursos foi de sesenta e tres persoas.

3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa

Con este tipo de cursos preténdese aproximar ó persoal da universidade a unha linguaxe de especialidade: o tecnolecto adminstrativo, de modo que se propicie un cambio efectivo na mellora da calidade lingüística da institución.

Durante o ano académico realizouse un curso deste tipo, de trinta horas de duración, no Campus de Santiago, e a matrícula ascendeu a vinte persoas.

(26)

3.1.1.3 Cursos de lingua galega oral

Os cursos de lingua oral diríxense preferentemente ó persoal que ten que levar a cabo tarefas de atención ó público, telefonistas, e en xeral a todo aquel que desexe perfeccionar e potenciar as súas capacidades de expresión.

Tivo lugar un curso no Campus de Santiago, dunha duración de vinte horas, cunha matrícula de 11 persoas.

3.1.2 Dirixidos ós estudiantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudiantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.5)

Os cursos consisten nun módulo de lingua galega, orientado especialmente a técnicas de redacción, e un módulo informático, basicamente sobre o procesador de textos Word.

As dezaseis horas de duración do curso repártense a partes iguais entre os dous módulos.

Durante o curso de referencia realizáronse catro cursos, cun total de 61 matriculados.

Dous dos cursos tiveron lugar no Campus de Lugo e os outros dous no campus de Compostela.

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Organízanse en dous niveis, un nivele elemental, dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e un nivel de competencia, orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua.

Os cursos teñen unha duración de oitenta horas, e ocupan a totalidade do ano académico, de novembro a xuño.

Durante o período de referencia tiveron lugar catro cursos: dous deles do nivel elemental, un no Campus de Lugo e outro no Campus de Santiago; e outros dous do nivel de competencia, un en cada campus. O total de matriculados nestes cursos foi de setenta e catro persoas: trinta e unha no nivel elemental e corenta e tres no de

(27)

Por primeira vez, nesta edición dos cursos, cada un deles computou cinco créditos de libre configuración.

A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

Verbo da procedencia daqueles estudiantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Galicia Estado Español

Alemaña

Arxentina Ecuador

Francia

Gran Bretaña Italia México Paraguay Romanía Turquía Venezuela

A Rioxa

Andalucía Aragón

Asturias

Cantabria Castela e León

Castela-A Mancha Cataluña Illas Baleares

Illas Canarias Madrid

País Vasco

Valencia

(28)

3.2 Publicacións

Durante o curso de referencia o SNL, conxuntamente coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a editorial Everest Galicia, editou o volume correspondente ó nivel elemental do Curso de lingua galega para non galegofalantes.

Esta obra parte dos materiais que foron creados inicialmente no SNL para a docencia dos cursos de non galegofalantes, e que reelaborou un equipo composto por lingüistas, polos propios profesores dos cursos e especialistas en didáctica, coordenado polo Servicio.

O obxectivo perseguido era que resultase de utilidade non só para os propios cursos do SNL, senón para o ensino en xeral da lingua galega a persoas alleas á nosa comunidade lingüística.

De feito o volume estase utilizando arestora na docencia de lingua galega en numerosos lectorados de universidades de todo o mundo, así como en cursos similares ós do SNL noutras universidades de Galicia.

(29)

Responsable da área

Isabel Vaquero Quintela

4 Din amizac ión lin güística

4.1 O Cartafol

4.2 Recolla de datos sociolingüísticos

4.2.1 Proposta para a obtención de datos sociolingüísticos na docencia

4.2.2 Proposta para a análise e coñecemento da realidade sociolingüística dos centros

4.3 Proposta sobre recepción e tratamento de queixas

4.4 Análise da situación e proposta de actuacións para a Escola Politécnica Superior de Lugo 4.5. Campañas de apoio ó uso do galego en traballos

de investigación.

4.6 Edición de Cen contos, ou sexa un plan incumprido, de Jiry Suchy

4.7 Actualización e mellora do sitio web do SNL

(30)

Durante o curso de referencia elaborouse o proxecto editorial da revisa O Cartafol, antigo voceiro do SNL que saíra a lume no ano 1992 e que subsistira ata os 24 números.

Durante anos revelouse como un sistema excelente de conexión e contacto coa comunidade universitaria, e aínda con outros organismos do país comprometidos coa normalización lingüística.

Preténdese sacar á luz o número 25 a partir do vindeiro curso, coincidindo co seu décimo aniversario, e editalo con periodicidade a partir de entón. En realidade trátase dun proxecto dobre, dado que o que se persegue é facer unha edición tradicional, en papel, e unha electrónica, en soporte web. A intención é darlle continuidade ó vello proxecto editorial pero actualizándoo, tanto en imaxe como en contidos. Ó respecto cóntase cunha axuda económica da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Está elaborado o proxecto editorial e cóntase xa cun subdominio web da Universidade para aloxar as nova publicación electrónica: http://ocartafol.usc.es/

4.2 Recolla de datos sociolingüísticos

Existen dous estudios amplos sobre a situación sociolingüística da Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro data do ano 1988 e o segundo do ano 1996. Resulta evidente que nun organismo dinámico e cambiante, cómpre posuír datos máis actualizados da situación da lingua. A este respecto, o SNL presentou dúas propostas que poden permitir, respectivamente, a situación do uso do galego na docencia ou nun centro determinado, e de forma actualizada.

4.2.1 Proposta para a obtención de datos sociolingüísticos na docencia A proposta foi elevada ó Vicerrectorado de Ordenación Académica, e consiste basicamente nunha enquisa sobre a lingua de uso ou de elaboración dos seguintes aspectos:

programa da materia

clases

material docente de elaboración propia

exames

(31)

A enquisa será enviada ós departamentos xuntamente co PDA (proxecto docente anual) de modo que os aspectos arriba citados poidan cruzarse con outros campos xa existentes:

código da materia

nome da materia

cidade

cuadrimestre

horas reais

carácter

área

departamento

Desta xeito, e cun esforzo mínimo, poderíanse obter datos reais (da totalidade) do uso da lingua na docencia universitaria.

4.2.2 Proposta para a análise e coñecemento da realidade sociolingüística dos centros

Trátase dun guión no que se recollen, de forma moi ampla, todos aqueles aspectos que poden fornecer información sobre a realidade lingüística dun centro determinado. Este documento pode resultar de moita utilidade para as comisións de normalización dos centros á hora de analizar a situación previa a calquera actuación de promoción da lingua.

O guión divídese en dúas partes: por un lado fai unha enumeración de tódolos factores que cómpre coñecer e por outro cita as fontes de información ás que se pode acudir ou que son susceptibles de producir información relevante sobre a lingua.

4.3 Proposta sobre a recepción e tratamento de queixas

Con certa frecuencia chegan ó servicio queixas ou denuncias de carácter lingüístico, basicamente sobre incumprimento do Regulamento de Uso do Galego ou sobre conculcacións dos dereitos lingüísticos de membros da comunidade universitaria.

A este rescpecto, a Área de Dinamización elaborou un documento destinado a coordenar a recepcióne a canalización destas queixas e denuncias de modo que sexa posible darlles unha solución axeitada coa maior brevidade e eficacia posible.

(32)

Politécnica Superior de Lugo

Tralo pedimento do equipo directivo da Escola Politécnica Superior de Lugo (EPSL) e facendo uso do guión descrito no apartado 4.2.2, elaborouse un amplo informe sobre a situación sociolingüística do dito centro así como unha proposta de actuacións que obran xa en poder do centro. Agárdase o dictame dos órganos de decisión da EPSL para poñer en marcha medidas que contribúan eficazmente a un maior índice de galeguización da Escola.

4.5 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación Dende o ano 1993 o SNL mantén unha campaña de apoio lingüístico e económico para a promoción do uso do galego nas teses de doutoramento. Unha campaña similar, dirixida ás memorias de licienciatura mantense desde o ano 1994. E desde o ano 1996 funciona unha dirixida ós proxectos de fin de carreira.

Durante o curso de referencia, ademais de manter os tres programas de axuda, actualizáronse e homoxeneizáronse os deseños gráficos do material que as anuncia.

Durante o ano 2000 beneficiáronse destes programas:

7 teses de doutoramento

14 memorias de licenciatura

50 proxectos de fin de carreira

(33)

4.6 Edición de Cen contos, ou sexa un plan incumprido, de Jiri Suchy O Servicio, conxuntamente co Instituto de Idiomas da USC e coa axuda económica da

Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, editou o libro de contos Cen contos, ou sexa un plan incumprido, da autoría do escritor checo Jiri Suchy en versión bilingüe galega e checa.

Trátase da primeira traducción dun autor checo á lingua galega. O traballo foi realizado polos alumos de checo do Instituto de Idiomas entre os anos 1994 e 1997 coordinados pola súa profesora Katerina Vlasáková. Por parte do Servicio, a bolseira Ana Domínguez Salgado foi a encargada da revisión lingüística en lingua galega e coordinación da edición.

Coa publicación desta obra bilingüe espérase contribuír a que a aproximación á lingua checa dos estudiantes do Instituto de Idiomas sexa posible desde o noso propio idioma.

4.7 Actualización e mellora do sitio web do SNL

O sitio web do SNL, que fora completamente remodelado en anos anteriores, segue unha liña continua de actualización e mellora.

En concreto, e como principais modificacións do curso 2000-2001, cómpre citar o engadido de novas e abundantes ligazóns, a incorporación de novos repertorios de palabras editados polo SNL e a posta en marcha dunha iniciativa nova: o rexistro de proxectos terminolóxicos, que se tratará máis amplamente no apartado 5.4.

(34)

Responsable da área

Xusto A. Rodríguez Río

5 T erminolo xía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)

5.1.1 Deseño do formato do BD_SNL

5.1.2 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

5.1.3 Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL

5.2 Edición do Glosario de Orientación Escolar e Profesional

5.3 Traballos de asesormento e revisión do Vocabulario de Química

5.4 O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos 5.5 Productos Realiter

(35)

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)

O Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística créase para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servicio e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas puntualmente, case sempre como solución a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ó que se lle irán engadindo pouco a pouco os traballos de terminoloxía sistemática xa levados a cabo polo Servicio. En principio é unha ferramenta de traballo só para uso interior, dispoñible unicamente dentro da rede telemática interna do SNL.

5.1.1 Deseño do formato do BD_ SNL

Partindo do modelo de ficha preexistente, deseñouse e elaborouse un máis complexo, de modo que permita a recolla dun maior volume de información e unha consulta máis axil e diversificada.

Así mesmo elaborouse tamén un Paquete de Axuda, necesario dada a crecente complexidade do Banco de termos. Nel explícase o seu funcionamento, fíxanse as convencións máis importantes e indícanse as informacións que cómpre incluír en cada un dos seus campos.

5.1.2 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

O Banco, tal e como se indicou arriba, foi aumentado coa inclusión de diversas fontes terminográficas. Arestora inclúe:

• As fichas que sobre problemas terminolóxicos puntuais se realizan no SNL, normalmente asociadas ó traballo de asesoramento lingüístico.

• A producción terminográfica do SNL (excepto 131 termos clave en educación social, que polas súas especiais características está máis preto dun traballo enciclopédico ca terminográfico)

- Léxico editorial

- Vocabulario de historia - Vocabulario de matemáticas - Léxico de arqueoloxía - Léxico de xeografía

- Glosario de orientación escolar e profesional

• Outros traballos terminográficos que xulgamos especialmente interesantes, ben por seren accesibles en versión dixital, ou por centrarse en especialidades sobre as que a

(36)

- Vocabulario de informática

- Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘bioloxía’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘botánica’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘xeoloxía’)

• O Vocabulario ortográfico do idioma galego (VOLG)

5.1.3 Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL

Levouse a cabo un importante traballo destinado a completar o Banco de termos, así como labores de revisión e depuración da información alí presente.

Este traballo, aínda en curso, pretende mellorar a calidade da información que se contén nel a través de tres accións:

• Completando as fichas incompletas ou que propoñen solucións que hoxe se consideran inadecuadas.

• Refundindo as fichas repetidas, elaborando unha nova que recolla a información que figura repartida en varias ou que homoxeneice propostas contradictorias.

• Eliminando fichas que se consideren non-pertinentes, na maioría dos casos por non remitiren a conceptos especializados.

5.2 Edición do Glosario de Orientación Escolar e Profesional

Durante o curso de referencia rematouse a revisión e editouse, coa autorización da AIOEP (Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional) e coa axuda económica da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Glosario de Orientación Escolar e Profesional.

Esta obra fai o número seis da colección de léxicos especializados, e recolle máis de setecentos termos específicos deste eido en lingua galega, cos seus correspondentes equivalencias en español, inglés, francés e alemán.

A coordinación dos especialistas que levaron a cabo este proxecto correu por conta do profesor Luís Sobrado Fernández, e a coordinación lingüística correspondeu a Antón Porto Sánchez, bolseiro deste Servicio.

(37)

5.3 Traballos de asesoramento e revisión do Vocabulario de Química Os traballos de elaboración do Vocabulario de Química están xa bastante avanzados:

revisouse xa o primeiro corpus de entradas, fóronse resolvendo as dúbidas puntuais formuladas polo equipo de especialistas e axiña se comezará coas revisións finais.

Agárdase que para comezos do ano 2002 sexa publicado.

5.4 O Rexistro de proxectos terminolóxicos

Desde o Servicio, e xa hai uns anos, constatamos que o volume de traballos terminolóxicos realizados en Galicia presentaba un notable incremento. Por outra banda, a existencia da maior parte deses traballos era ignorada ata que saían publicados ou vían a luz.

Isto provocaba, nalgúns casos, que se lle dedicasen esforzos e recursos (xa de por si ben escasos) ós mesmos eidos de especialidade. Por exemplo: o mesmo Servicio de Normalización Lingüística sacou a lume un Léxico de Arqueoloxía que se publicou case simultaneamente cun Diccionario de Arqueoloxía editado por Ir Indo Ed.; ou que cando xa estaba case rematado o Diccionario Latín-galego elaborado polo SNL, lésemos na prensa que o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo proxectaba a realización dun traballo similar.

Dado que os recursos humanos e económicos dedicados á terminoloxía en Galicia non son, nin moito menos, abundantes, parecía unha boa idea ofrecer á comunidade universitaria en particular, pero tamén á sociedade galega en xeral, un espacio no que dar a coñecer non os traballos xa realizados, senón simplemente os seus proxectos.

Creouse, partindo desta idea tan sinxela, o Rexistro de proxectos terminolóxicos, aloxado na páxina web do SNL. Nel ofréceselle a posibilidade, a todo aquel que o desexe, de rexistrar o traballo terminolóxico que teña pensado levar a cabo ou que xa estea desenvolvendo. Para iso só ten que cubrir un breve formulario que serve para homoxeneizar a información que posteriormente se publica.

(38)

diccionarios ou glosarios terminolóxicos, e pola outra os proxectos de investigación sobre terminoloxía ou linguaxes de especialidade.

Esperamos que con este Rexistro se ofreza un servicio de interese á investigación terminolóxica en Galicia.

5.5 Productos Realiter

O SNL forma parte da Rede Panlatina de Terminoloxía, e como tal participa na elaboración dos equivalentes en lingua galega dos glosarios, léxicos e vocabularios multilingües promovidos pola dita rede.

Durante o curso 2000-2001 colaborouse na realización dos seguintes productos:

♦ Glosario panlatino de biotecnoloxía: Mellora xenética de plantas e cultivo de tecidos, promovido polo Centro LexTerm, da Universidade de Brasilia.

♦ Léxico panlatino de Internet, promovido polo Bureau de la Traduction, Direction de la Terminologie et de la Normalisation. Quebec. Canadá

♦ Glosario panlatino das normas ISO de terminoloxía, promovido por TERMAR, Grupo Argentino de Terminología.

♦ Vocabulario panlatino de hemodinámica, promovido pola Associazione Italiana pera la Terminologia.

Algúns dos proxectos atópanse en fase xa moi avanzadas e agárdase que vexan a luz en breve.

Referencias

Documento similar

Como en anos anteriores contouse tamén coa colaboración dun Axudante de Bibliotecas do Servicio de Bibliotecas da Xunta de Galicia durante todo o ano, 5 becarios de

No entanto, em rigor, a lei inconstitucional (menos favorável), por não ser válida, não consta de uma verdadeira sucessão de leis penais, e, por isso a protecção do caso

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

E unha vez máis tamén, pódese apuntar que no sexenio 1999-2006 a taxa de execución da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (92,57%) é claramente peor cá da

Subscrito o día 27 de xuño de 2011 o Protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña

O Servizo de Xestión Académica (SXA), dependente da Secretaría Xeral da Universidade, ten como misión a realización das tarefas relacionadas con todos os procedementos

En virtude do artigo 16-e) da Resolución do 10 de decembro de 2008, da dirección Xeral de Ordenación e Ca- lidade do SUG, pola que se publica o convenio de colaboración entre

Resolución do 16 de outubro de 2017, conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que