O CONCELLO DE CAMARIÑAS, a través da XXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Descargar (0)

Texto completo

(1)

O CONCELLO DE CAMARIÑAS, a través da

XXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

CONVOCA

O XXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se celebrará durante a “XXV Mostra do Encaixe de Camariñas”, do 1 ao 5 de abril de 2015.

I. PARTICIPANTES

Poden concorrer a esta convocatoria tódolos noveis deseñadores, nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Poden intervir os alumnos e as alumnas que estudien en centros, escolas e academias que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non, os seus estudos rematados.

b) Todas aquelas persoas, vinculadas ó mundo do deseño, que aínda sendo profesional no campo da moda por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma. Dita circunstancia debe ser acreditada coa correspondente declaración xurada.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1) As coleccións versarán sobre PRIMAVERA - VERÁN 2015.

2) Cada participante ou grupo, presentará unha colección de 4 deseños de moda masculina ou feminina, incorporando Encaixe de Camariñas neles. Todos aqueles deseños que presenten outro encaixe diferente, non serán aceptados.

3) A modalidade á que poden optar é libre tanto para moda masculina como feminina, con tódalas súas variantes: rúa, festa, noiva, lencería, etc...

4) Cada unha das pezas e accesorios deberá levar no seu interior unha etiqueta que identifique o nome da colección.

5) As coleccións presentadas non puideron ser premiadas noutros certames de moda.

6) A calidade das memorias será valorada polo xurado. A puntuación obtida sumarase á valoración da confección, deseño e aplicación do encaixe.

(2)

Páx. 2 7) Na memoria deberase definir os tecidos utilizados e os complementos para cada un dos deseños presentados; no caso de que os materiais descritos non coincidan cos empregados nas prendas será motivo de eliminación.

8) Presentarase unha memoria por colección.

9) Formato da memoria: os participantes presentarán os seus deseños en láminas de formato DIN A-3 ou A-4, con deseño de fronte e posterior.

10) Xunto coa memoria deberase entregar un sobre pechado có nome da colección, no seu exterior, e, no interior, a folla de inscrición que se lle adxunta, debidamente cuberta, fotocopia do DNI por ámbalas dúas caras e currículo do/a autor/a e a declaración xurada no caso de ser necesaria.

11) En ningún caso nos deseños e memoria das colecciones presentadas deberán figurar datos que identifiquen ós deseñadores, para garantir o anonimato en todo momento.

III. INSCRICIÓNS

Os participantes deberán presentar ou enviar a memoria e o sobre citado anteriormente en/ a:

CONCELLO DE CAMARIÑAS (XXV Mostra do Encaixe), Praza Insuela, 57.

15123 CAMARIÑAS (La Coruña).

Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 1 de decembro de 2014.

O Concello de Camariñas reserva o dereito de anular o concurso, se as memorias recibidas non reúnen un mínimo de calidade ou o número de memorias recibidas non é o suficiente para organizar un desfile.

IV. DESENVOLVEMENTO

Dado o limitado número de prazas seleccionaranse as memorias presentadas.

O Concello de Camariñas comunicará a lista de memorias admitidas ó concurso antes do día 17 de decembro.

(3)

Todas as memorias seleccionadas recibirán unha cantidade de encaixe por valor de 300 euros, segundo catálogo e tarifa establecida de antemán polas asociacións de encaixeiras do municipio de Camariñas, catálogo que se lles fará chegar no caso de que desexen participar. O encaixe que se lles subministrará estará realizado en algodón e en cor branco.

Os seleccionados confeccionarán a colección cos seus catro deseños propostos, para desfilar na pasarela da XXV Mostra, desde o xoves ao domingo, cun promedio de 2 a 3 desfiles diarios. Os concursantes que poidan asistir á Mostra poderán estar no backstage atendendo as súas coleccións.

A organización da Mostra e a da Pasarela non se fará responsable de posibles deterioros por uso durante os desfiles ( por exemplo descosidos, botóns desprendidos, manchas de maquillaxe, ...)

As pezas confeccionadas terán que chegar ó Concello de Camariñas antes do día 23 de marzo do 2015. Cada conxunto debe de ir con percha e acompañado de unha ficha, onde conste o nome da colección, os complementos e as pezas que formen dito conxunto (no caso de ter algunha colocación especial debe de indicarse claramente) e o nome da modelo que se lle adxudicou.

As prendas confeccionadas deberán ser remitidas a:

CONCELLO DE CAMARIÑAS (XXV Mostra do Encaixe), Praza Insuela, 57.

15123 CAMARIÑAS (La Coruña). Teléfono. : (981) 737004-736000

REXEITARANSE TODOS AQUELES TRABALLOS QUE NON CUMPRAN AS CONDICIÓNS DO CONCURSO.

V. XURADO

O xurado, previa valoración das memorias, confección, deseño e encaixe (elección, distribución e aplicación), dictaminará os premios.

A composición do xurado, darase a coñecer no momento axeitado e estará composto por personalidades do mundo da moda ou que teñan relación con ela dalgún xeito.

(4)

Páx. 4 VI. PREMIOS

O XXII Concurso de Noveis Deseñadores estará dotado dos seguintes premios: 1º premio: 2104 euros e diploma.

2º premio: 1202 euros e diploma. 3º premio: 601 euros e diploma.

Ademais, haberá un premio especial de 601 euros, que será elixido polo público que participe nos desfiles.

O comité organizador entregará os premios coincidindo coa xornada de clausura da Mostra.

Asemade, farase entrega a cada un dos participantes no concurso dun diploma que acredite a súa participación no XXII Concurso de Noveis Deseñadores.

O xurado poderá deixar deserto un ou máis premios se estima falta de mérito nos traballos presentados, e a súas decisións serán inapelables.

VII. DEREITOS

As obras galardoadas cos tres primeiros premios quedarán en poder do Concello de Camariñas para a súa presentación en desfiles, exposicións e diversos actos durante 2 anos; sempre figurará o nome do autor. Durante este período se o deseñador precisa da colección para participar en outro evento a organización da Mostra enviaralle a colección para o evento solicitado.

As memorias serán entregadas na clausura da XXV Mostra ou enviadas por correo ós participantes que as soliciten.

Queda implícita a autorización dos autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación de imaxes ou contidos destas por parte do Concello de Camariñas ou calquera que estime oportuno.

Queda implícito na participación desta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a súa interpretación, ou calquera modificación desta, será resolta polo comité organizador da Mostra do Encaixe.

(5)

Datos do/a solicitante:

Apelidos Nome DNI

Enderezo Localidade

Provincia Código Postal País

Teléfonos de contacto Correo electrónico

Colección:

Nome da colección coa que concursa: Modalidade da colección:

Participa como alumno/a ?:

SI Nome da academia:___________________________________________________ Presentar copia da matrícula

NO Presentar declaración xurada de non ser profesional no mundo da moda Documentación complementaria: Fotocopia do DNI Currículo Fotocopia matrícula Declaración xurada

Sinatura do/a solicitante:

_______________________, ___ de ____________de 200__

XXII Concurso de Noveis Deseñadores XXV Mostra do Encaixe de Camariñas – 2015

Figure

Actualización...

Referencias

Related subjects :