U nha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo

0
0
10
1 week ago
PDF Preview
Full text
(1)Rev Gal Filo, 2017, 18: 69-78 Gravely: DOI: https://doi.org/10.17979/rgf.2017.18.0.3180. Unha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo cuantitativo. Brian M. Gravely University of Georgia Data de recepción: 12/12/2016 | Data de aceptación: 24/04/2017 Resumo: A variabilidade lingüística dos adverbiais u e onde é unha das diferenzas máis excepcionais no galego-portugués. Aquí pretendo analizar de xeito cuantitativo os usos de ambos os adverbios, fixándome tanto na variación ortográfica coma na variación semántica. A miña análise baséase nunha das coleccións máis grandes das composicións líricas da Idade Media, As Cantigas de Santa María, e probo que os usos específicos de u e onde documentados neste período para o galego-portugués marcaban os usos orixinais das respectivas variantes do latín. Palabras chave: galego-portugués; lírica medieval; cantigas; adverbio; locativo. Sumario: 1.0. Introdución. 1.1. Proposta. 1.2. Información do corpus. 1.2.1. Edición Mettmann. 2.0. ŭbī e ŭnde no latín vulgar. 2.1. As variantes de u e onde n’As Cantigas. 2.2. Exemplos achados de u, onde e as súas variedades. 3.0. Conclusións e extensión do traballo. Referencias bibliográficas.. A look at u and onde in the Cantigas de Santa María: a quantitative work Abstract: The linguistic variability of the adverbs u and onde is one of the most overlooked yet intriguing differences of Galician-Portuguese. I set out to analyze quantitatively the uses of both adverbs, concentrating on the orthographic variation as well as the semantic variation. My analysis has its base in one of the largest collections of lyrical compositions of the Middle Ages, As Cantigas de Santa María, proving that the specific uses of u and onde that were documented at this time in Galician-Portuguese were still marked by the original Latinate variants. Key words: Galician-Portuguese; medieval poetry; Cantigas; adverb; locative. Contents: 1.0. Introduction. 1.1. Proposal. 1.2. Corpus information. 1.2.1. Mettmann’s edition. 2.0. Ŭbī and ŭnde in Vulgar Latin. 2.1. The variants of u and onde in As Cantigas. 2.2. Examples of u, onde, and their varieties.3.0. Conclusions and extension of the work. Bibliography. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 69.

(2) Brian M. Gravely. 1. Introdución 1.1. Proposta A miña análise tratará de ampliar o traballo de Bittencourt (2003) e examinar o valor semántico de cada caso achado de u entre as catrocentas vinte e sete cancións monofónicas representadas n’As Cantigas, xa que a autora só analiza as primeiras cincuenta e dúas. Na época medieval da poesía galego-portuguesa (séculos XIIIXIV), namentres u sempre foi preferido a onde en caso de emprego de temporalidade, localización e dirección, o seu uso particular parece ter caído ao redor do século XVI (Said Ali, 1966: 185), ficando nunha interrogación de morfosintaxe fixa nas variantes de ulo no galego moderno. Igual cá autora, intento crear unha organización segundo as variantes ortográficas e semánticas, factores concomitantes dende o meu punto de vista.. 1.2. Información do corpus Os datos analizados veñen da maior colección unitaria de Cantigas da lírica galego-portuguesa da Idade Media. Aínda que o rei castelán Alfonso X foi acreditado coa realización da maioría das Cantigas, declaran Snow (1992) e Fidalgo (2002), entre outros, que seguramente foi o que ordenou e supervisou as obras escritas no seu nome, o cal sinala a súa facultade indirecta. De feito, Tavani (1986: 255) indica o grupo de trobadores que frecuentou a corte, e polo tanto, puido contribuír ao proxecto e desenvolveu o traballo deliñado por Alfonso O Sabio.1 A miña decisión de elixir este grupo de cantigas baseouse en dúas razóns. A primeira, polo feito de seren a maioría delas narrativas e facer referencia a aspectos da vida cotiá, é posíbel que a súa escrita represente, de maneira bastante fiábel, o tipo de fala achado nas conversas informais da época. Nun texto formal, coma nalgúns que revisa Bonfim (1993), a formación e emprego de u son case predicíbeis. Así mesmo, n’A vida e a fala dos devanceiros (X. Ferro Couselo, 1967), unha escolma de textos diacrónica que contén textos do século XIII até o XVI, por seren de carácter administrativo, xurídico, notarial, vemos que teñen un u moi determinado, moitas veces en combinación coas conxugacións do futuro de subxuntivo. O segundo motivo polo cal elixín este texto foi pola autenticidade das cantigas e os seus escritores. Tavani (1986: 255) expresa que non cabe dúbida de que os escritores baixo a tutela de Alfonso X foron trobadores e xograres 1 Véxase p. 256-262.. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 70.

(3) Unha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo.... galego-portugueses. A pesar do extensivo traballo que fai Bonfim, algúns textos analizados (Demanda do Santo Graal, Crónica Geral de Espanha de 1344, Regra de San Bernardo) foron traducidos ao galego-portugués do castelán ou francés, o cal pode sementar sospeitas de interferencias no uso natural de u ou onde.. 1.2.1. Edición Mettmann A edición crítica d’As Cantigas de Santa María de Walter Mettmann, na que me baseo, presenta a versión definitiva destas cancións a partir da análise e comparación dos códices conservados. Debemos notar que Mettmann inclúe o índice do códice E, completándoo cos epígrafes das cantigas que faltan. Con todo, na nosa investigación, non incluiremos o índice do códice E co que abre Mettmann a súa edición porque o seu contido sería reiterativo. Tamén é de notar que en tres ocasións aparece u no refrán que segue ao limiar ou epígrafe que serve de título da cantiga. Aínda que este refrán se repite tantas veces como estrofas teña a cantiga, neste traballo, só contabilizamos un u no caso de aparecer no refrán, por tratarse dunha mera repetición textual.. 2.0. ŭbī e ŭnde no latín vulgar As diferenzas entre u e onde e os seus usos teñen unha historia longa dende a evolución do latín. Como menciona Maurer Jr. (1959: 166), sábese que o papel de unde era moito máis limitado ca o da súa parella ubī. O primeiro adverbio tivo o dominio de procedencia, representando o que coñecemos hoxe en día como “de onde” e ás veces “de quen/de cal”. Por outra parte, ubī aparece nun número de situacións que non teñen correspondencia cos usos de u e onde no galego-portugués. Chegou a ser utilizado para casos de localización, dirección e temporalidade, e tamén era combinado cun elemento enclítico como nam, para expresar énfase na busca de algo ou alguén (Lewis, 1980).. 2.1. As variantes ortográficas de u e onde n’As Cantigas N’As Cantigas de Santa Maria achamos estas variantes das formas tradicionais u e onde que reflicten o polimorfismo da época medieval. No primeiro gráfico, vemos as variacións encontradas no texto destas cantigas.. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 71.

(4) Brian M. Gravely. As porcentaxes das variantes de u e onde Variantes. Ocorrencias. Porcentaxe. 586. 73,71. hu. 2. 0,25. du. 16. 2,01. onde. 86. 10,82. ond’. 100. 12,58. unde. 2. 0,25. und’. 1. 0,13. donde. 2. 0,25. 795. 100. u. TOTAIS. Táboa I. Ao analizarmos a porcentaxe de cada variante gráfica, podemos notar dúas cousas. A primeira, o uso de u xunto ás súas variantes triplica (75,97%) o número de veces nas que aparecen onde e as súas variantes respectivas. A segunda, a diversidade de variantes ortográficas coas que se representaban u e onde, é moito mais ampla que a documentada por Bonfim (1993) no seu estudo con base na Demanda do Santo Graal, unha tradución do francés do século XIII. Pódese ver aquí unha vantaxe ao traballar cun texto coma o das Cantigas, xa que hai un espectro variado canto ao número de persoas que forman parte do grupo de escritores. Estas pequenas diferenzas son mostras tanto de inseguridade gráfica coma de variación, cambio e desenvolvemento lingüístico.. 2.2. Exemplos achados de u, onde e as súas variedades A continuación, amósanse varios exemplos da diversa utilidade semántica da que dispuñan as variedades léxicas de u e onde. I). Localización U. (1) Aquesto farás: filla o pee de teu fillo, e non esperes a cras, mais ponllo u x’ ant’ estaba[…] (C.127, L.54) (2) E a bõa moller logo foi cata u a leixara[…] (C.335, L.55). Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 72.

(5) Unha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo.... Du. Hu Onde. Ond’. Unde Donde. (3) […] mas en aquestes non davan du a imagen estava… (C.161, L.35) (4) De saber tan sabedor é, que ben du con seu Fillo sé dali mostra[…] (C.168, L.13) (5) […] o outro de sobr’ un leyto, hu posera a sortella, atan toste lla furtava. (C.369, L.39) [adverbio relativo] (6) De Bretanna a Mẽor por dous que see gran[d]’amor avian e gran sabor de viveren sen pecado; onde foi ajudador esta Madre do Sennor […] (C.135, L.20) (7) […] e aqueles dous que chegar veedes, Jhesu-Cristo sen dultar ést’ e sa Madre, onde foi nacer. (C.261, L.61) (8) […] dizer que non rogue de coraçon seu Fill’, ond’ á vertude; (C.30, L.28) (9) […] e porend’ un seu miragre oyde, se Deus vos valla, que fezo en Vila-Sirga, ond’ outros muitos sabemos. (C.268, L.8) (10) […] e pois foi-ss’ a cas seu dono, unde mui maravillados eran quantos y estaban; (C.228, L.48) (11) Deu sa madr’ a Deus graças que lle tan ben comprido foi o que demandava e donde sse doya. (C.241, L.82). II). Movemento U. Du. Hu Onde Ond’. (12) E alá u o levavan, a Virgen que nos manten o foi fillar pela mão [...] (C.359, L.31) [«a onde»] (13) «Ai, amigos, tirade-me sen demora daqui u me deitou gente maa que ameud’ erra.» (C.103, L. 39) [adverio relativo; procedencia] (14) Logo, que non parecia du llos tiraran sinal, ante cuidavan ben todos que non ouvera en mal. (C.177, L.35) [procedencia] (15) «Juyão falsso, que rezõava mal a meu Fill’ e peyor a mi, por quanto mal nos ele buscava dá-nos dereyto del ben aly du vay ontr’ os seus, en que fiava, e sei de nos ambos vingador.» (C.15, L.101) [«por onde»] (16) E foi-ss’ hu eran os frades e seu abito pediu, e contou-lles quanto vira; (C.274, L.50) [«até onde»] (17) [...] e a maravilla fera foi enton ela mui leda poi-ll’ el diss’ onde vẽera, dizendo: Tornar-me quero, e leixade-m’ yr, varõa.» (C.55, L.72) [procedencia] (18) E aquel poço fervia en come caldeira, ond’ el espantad’ estava de maa maneira. (C.119, L.42) [adverbio relativo; «no que»] (19) E poren seu entendedor serei enquant’ eu viva, e a loarei e de muitos bees que faz direi e miragres grandes, ond’ ei sabor. (C.130, L.37) [adverbio relativo; «dos que»]. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 73.

(6) Brian M. Gravely. Und’ Donde. (20) [...] lles disse que sse tevessen de faze-la ata quando de Deus tal sinal ouvessen do logar u a farian a ssa Madr’, und’ el é Padre. (C. 309, L.28) [adverbio relativo; «da que»] (21) [...] e dentro no seu corpo cuydava e creya que tragia coobra, donde nos espantamos. (C.368, L.13) [adverbio relativo; «do que»]. III). Temporalidade U. Du. Onde. (22) U a viu o cavaleyro, foi con medo [e]spantado e preguntou-lle quen era. (C.152, L.26) [«cando»] (23) [...] ena eigreja da Madre de Deus, a que muito praz con nosso ben e acorre-nos cada u e mester. (C.318, L.13) [«cada vez que/sempre que»] (24) O ben que perdeu Eva du perdeu parayso, cobrou Santa Maria pelo seu mui bon siso. (C.320, L.20) [«dende que»] (25) E du o mar grande perderá sa semellança, di-ll’ o que soffriste u lle deron cona lança. (C.422, L.46) (26) Onde faz-ti levar logo sol que vires a luz cras; mas a missa que te digo da Madre de Deus farás dizer, e verá-lo corpo daquel que dela naceu [...] (C. 263, L.34). IV). Outros usos: Discursivo e Fraseoloxía U Onde. Ond’ Unde. (27) E tanto lle diss’ aquesto, que ela saborosa foi e d’ alegria lle jurou en sas mãos que con ele s’ irya e que leixaria log’ aquel mõesteiro, u al non averia. (C.285, L.40) [«certamente, sen dúbida»] (28) Onde come a Deus lle devemos amor e come a Padre e nosso Criador, e come a ome del coyta e door avermos de quanto quis por nos endurar. (C.50, L.25) [«así que»] (29) Ela lle disse: «Teu rogo de meu Fill’ é ja cabudo; onde por mingua que ajas non dés ren, mais atrevudo sei ben, ca mui gran tesouro te darei que ascondudo jaz soo terra [...] (C.348, L.26) [«de modo que»] (30) Ond’ aqueste nome santo o monge tragia sigo da Virgen Santa Maria, de que era muit’ amigo [...] (C.384, L.25) [«así que»] (31) Unde ao Bispo daquele bispado en que el morava foi end’ acusado; (C.32, L.17) [«de modo que»]. V). Variantes contextuais «per u»: (“por onde”). (33) [...] logo da capela u era metudo non viu end’ a porta nen per u vẽera. (C.11, L.156) «per u quer que»: (“por onde queira que”; “a onde queira que”). Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 74.

(7) Unha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo.... (34) E atal vida usou per u quer que andava muito, que jajũou nas feiras u mercava; (C.116, L.25). (35) [...] e por pouco serviço ostran que grand’ affan prenden u quer que vaam, pero longe non vam; (C. 401; L.67) «u quer que»: (“onde quiera que”). (36) [...] mas pero nunca achou, u quer que el estava, quen lle fezesse nojo ond’ ouvesse queixume. (C.116, L.29) «u xe quer»: (“onde quer que sexa”). (37) [...] que fez a que do lin[n]age deceu do bon Rei Davi, e tal miragre com’ este de contar é u xe quer. (C.318, L.8). A seguinte táboa clasifica a porcentaxe do emprego das variedades achadas de u e onde. Emprego das variantes de u e unde Número de ocorrencia u T 1. Localización 315 (Onde) 2. Movemento 65 a. Dirección (até onde, a onde) 3 b. Proveniencia (de onde, do/a/ os/as que) 3. Temporal 194 (cando, dende que, sempre que/ cada vez que) 4. Outros empregos – a. Discursivo (de modo que, así que) 9 b. Fraseoloxía (certamente, sen dúbida). hu % T. du % T. onde ond’ unde und’ donde % T % T % T % T % T %. 53,75. 1. 50. 2. 12,5 10. 11,09. 1. 50. 1. 6,25. 0,51. –. –. 9. 56,25 21. 33,11. –. –. 4. 25. 11,63 10. 10. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. 24,42 42. 42. 1. 50. 1. 100. 2. 100. –. –. –. –. –. –. –. –. 2*. 2. 62,79 46. 46. 1. 50. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. –. 1. –. –. –. –. – 54. 1,54. –. –. –. –. 1,16. –. –. Táboa II. Cómpre sacar varias conclusións deste cadro sobre a extensión do uso destes adverbiais, principalmente a de u. Aínda que o emprego deste último adoitaba oscilar Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 75.

(8) Brian M. Gravely. entre localización, dirección e temporalidade, chegando a constituír un 97,95% das ocorrencias, tamén existen casos de proveniencia, aínda que son escasos. Polo outro lado, as dúas variantes onde e ond’ forman a maior parte dos casos que indican procedencia, alcanzando xuntos un 79,75%, mentres que o seu uso co valor semántico de localización, apenas chega a un 5,92%. Emporiso, ambas as variedades de onde, aparecen con moita máis frecuencia asociadas a usos discursivos, en concreto no 99% deste tipo de casos, chegando a constituír un 53,76% dos usos totais de onde e ond’. As variantes menos frecuentes tamén revelan datos interesantes. Só aparecen en dúas ocasións unde e nunha und’. Neste sentido, comprobamos a preferencia pola variante onde que determina a case desaparición da variedade latina ŭnde. As dúas aparicións de donde son representacións da variante máis inesperada, e cuxa presenza pode ser xustificada pola combinación de de e onde, en ambos os casos co valor semántico de proveniencia. No entanto, du preséntasenos cos usos e porcentaxes máis singulares. Esta variedade léxica é unha clara combinación de de e u, que nun 56,25% das ocorrencias posúe un valor de proveniencia, mais tamén goza dunha porcentaxe sorprendentemente alta en canto ao uso temporal (25%). E dado que só aparece un caso das variantes de onde (incluíndo unde, und’ e donde por compartiren o mesmo valor semántico) asociados a usos temporais, du dá a impresión de ser a variedade máis híbrida en canto a se identificar tanto con u coma con onde. Pola súa parte, Hu utilízase en dous dos usos máis frecuentes de u, localización e dirección, resultando ser unha das variantes máis estándar. Así e todo, non debe sorprender que nas variedades de u e onde haxa unha mínima superposición en canto ao emprego de cada unha delas, pois Maurer Jr. (1959: 166) xa sinalou a respecto do latín vulgar casos en que ŭnde e ŭbī se confundían, entre varios outros adverbios de lugar.. 3.0. Conclusións e futuras liñas de investigación Neste traballo tentamos establecer unha visión sincrónica fiel á situación entre u e onde na época d’As Cantigas de Santa María. Como previsto, ao estendermos o alcance orixinalmente feito por Bittencourt (2003), que examinaba as primeiras cincuenta e dúas cantigas do cancioneiro sinalado, achamos que a diferenza de uso entre u e onde (en favor de u) era máis significativa naquel momento da historia ca en ningún outro. De case oitocentas ocorrencias entre as variantes de u e onde, as tres variedades ortográficas de u chegan a representar máis do 75% das veces nas que aparecen estes dous adverbios. É máis, na Táboa II precisamos as categorías que dan representación aos usos de u e onde ao recortarmos as delimitacións feitas Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 76.

(9) Unha mirada cara a u e onde n’As Cantigas de Santa María: un traballo.... por Bittencourt (2003: 165) de doce a seis por motivos de mera simplificación. Das nosas seis clases, achamos que onde só supera a u en dúas (a de proveniencia e a de usos discursivos) en canto á porcentaxe de uso e resulta contundente o dato de que na acepción maioritaria (localización) só se use onde e as súas variantes nun irrelevante 0,94 % dos casos. Ao termos en conta o que é sabido da perda de u e o predominio de onde, a pregunta que xorde, pois, é como puido caer un elemento cunha presenza tan forte e saliente coma u? A este respecto, e a pesar de ter analizado textos desde o século XIII até o século XV, Bonfim (1993), non chega a unha conclusión á que se pode aferrar: Pelo visto, se de um lado na segunda metade do século XV, u e onde são variantes estilísticas e, em meados do século XVI, está documentada a antiguidade de u, há uma lacuna nos dados da análise, referente ao início do século XVI. Torna-se, portanto, necessário recorrer a uma amostra complementar, para dar conta desse espaço de tempo. (Bonfim, 1993: 117). Na segunda metade do século XIV, u só retén un valor locativo e vese que a suba de onde como adverbio locativo principal comeza a aumentar. A pesar de ámbolos dous estudos mencionados aquí trataren o tema de u e onde dende un punto de vista cuantitativo, fai falla máis información, quizais máis sociohistórica ca sociolingüística, para chegarmos a unha conclusión da causa deste cambio. Así pois, cómpre seguirmos a investigar.. Referencias bibliográficas Bittencourt, Vanda de Oliveira. (2003). “U e onde nas Cantigas de Santa Maria: caminhos de gramaticalização e de discursivização”. En Leão, A. V. / Bittencourt, V. d. O. (eds.), IV Encontro internacional de estudos medievais (Minas Gerais, 4/7-7-2001), 159-167. Minas Gerais: Belo Horizonte. Bonfim, Monteiro (1993). Variação e mudança no portugués arcaico: o caso de u e de onde. Palavra, n.1, 96-116. Rio de Janeiro. Fidalgo Francisco, Elvira (2002). As Cantigas de Santa María. Vigo: Xerais. Lewis, Charlton, T. (1890). An Elementary Latin Dictionary. New York: American Book Company. Maurer, Theodoro, Jr. (1959). Gramática do latim vulgar. Rio de Janeiro: Livraria Acadêmica. Mettmann, Walter (ed.) (1981). As Cantigas de Santa María. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, S.A. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 77.

(10) Brian M. Gravely. Said Ali, M. (1966). Gramática histórica da línga portuguêsa. São Paulo: Edições Melhoramentos. Snow, Joseph (1977). The Poetry of Alfonso X, El Sabio: A Critical Bibliography. London: Grant & Cutler, Ltd. Tavani, Giuseppe. (1986). A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia, D.L.. Revista Galega de Filoloxía, 2017, 18: 69-78 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 78.

(11)

Nuevo documento

Amalgamation property in quasi modal algebras
Amalgamation Property It is known that the variety of modal algebras has the Amalgamation Property AP and the Superamalgamation Property SAP see [3] for these properties and the
Simultaneous approximation by a new sequence of Szãsz Beta type operators
Linear positive operators, Simultaneous approximation, Voronovaskaja-type asymptotic formula, Degree of approximation, Modulus of continuity.... and there holds the recurrence
A compact trace theorem for domains with external cusps
In [1] a different kind of trace result was obtained by introducing a weighted Sobolev space in Ω , such that the restriction to the boundary of functions in that space are in Lp ∂Ω..
A description of hereditary skew group algebras of Dynkin and Euclidean type
Λ[G] with G an abelian group and Λ an hereditary algebra of tame representation type The aim of this section is to describe all possible actions of a finite abelian group on an
Paths on graphs and associated quantum groupoids
Given any simple biorientable graph it is shown that there exists a weak *-Hopf algebra constructed on the vector space of graded endomorphisms of essential paths on the graph.. This
Drinfel’d doubles and Shapovalov determinants
The Shapovalov determinant for a class of pointed Hopf algebras is calculated, including quantized enveloping algebras, Lusztig’s small quantum groups, and quantized Lie superalgebras..
On semisimple Hopf algebras with few representations of dimension greater than one
In the paper we consider semisimple Hopf algebras H with the following property: irreducible H-modules of the same dimension > 1 are isomorphic.. Then M is the unique irreducible
Hopf algebras and finite tensor categories in conformal field theory
In more detail, one has the following Theorem: i The pair C, A, with C a modular tensor category and A a simple symmetric special Frobenius algebra in C, supplies all required
Global dimensions for Lie groups at level k and their conformally exceptional quantum subgroups
The previous equality relating global dimensions then follows from |Ak G| = |OE| and from the fact that, in the case of a quantum module E measuring a conformal embedding, the following
On twisted homogeneous racks of type D
Simple twisted homogeneous racks We now explore when Proposition 3.10 applies to a simple twisted homogeneous rack with L an alternating group An , n ≥ 5, or a sporadic group.. This

Etiquetas

Documento similar

GABINETE MUNICIPAL A L F R E D O A N T O N I O G A R C Í A R E Y E S A L C A L D E M U N I C I P I O D E A N Z O Á T E G U I M A R Í A S T E L L A C R U Z B O N I L L A PRIMERA DAMA M A R Í A M A R L E N Y C Á R D E N A S Q U E S A D A SECRETARIA GENERAL
SECTOR GRUPOS VULNERABLES 6.1 ATENCIÓN PARA LA POBLACIÓN MENOR INFRACTORA 6.2 MUJER POR EL CAMBIO Y EL PROGRESO 6.3 POR LA EXPERIENCIA Y SABIDURÍA ATENCIÓN Y APOYO AL ADULTO MAYOR 6.4
0
0
195
Por l o que la-X<A t i e n e f u n c i ó n de a n t i c u e r p o para-
Glokulinas Alfa-1 Alfa-2 Betta... Matraz Erlenmeyer de
0
0
139
E f e c t o de l a s r a d i a c i o n e s en e l organismo ,, y la hipertermia como un méto;o para e l tratamien to de los tumores" Presentan: Reyes Ramfrez Xaicelino V á z q u e z C a n o ' R u b é n
1461 and Bicher er u1 1471 reported " b a t the blood flow in mouse tumors increased upon heating "$t temperatures up to 41-42OC for 3 0 4 0 min, but decreased hen the heating was
0
0
101
NÜfMI G U A U H L U P E T O H H E N T t H ~ ULIVEilA
En el Cuadro No 2 se puede observar que el crecimiento de los microorganismos es mayor cuando el medio contiene glucosa complementado con pequeñas cantidades de ácido cítrico,
0
0
37
UNIVERSIDAD SANTO TOMAS F A C U L T A D D E E D U C A C I Ó N M A E S T R Í A E N E D U C A C I Ó N B O G O T Á , C O L O M B I A 2015
90 La Institución Percepción Educativa Comercial Santa Clara De Asís carece de información pertinente para orientar a los jóvenes en los procesos relacionados con el proyecto
0
0
97
El c a n c e r cervical es un p a d e c i m i e n t o t a n f r e c u e n t e q u e o c u p a
Later, because of a concern that the results of the second smear might have been influenced by the prior sampling, the cytologic results were compared for smears taken from different
0
0
111
U N I V E R S I D A D A U T ó N O M A METROPOLITANA
los medios masivos en México, los fundamentos legales que los rigen, así como el desarrollo de los mismos y la forma en que se les da cumplimiento, esto es con.. el fin de tener una
0
0
118
Es evi d e n t e q u e la d e n o mi n a d a cult u r a p r e v e n ti v a s e d e b e inicia r
[r]
0
0
5
U N I V E R S I D A D A U T Ó N O M A M E T R O P O L I T A N A Unidad Xochimilco
Un total de 50 especies fueron registradas en todos los sitios, mientras que el ambiente con más especies exclusivas fue la vegetación ribereña y Río Balsas con 13 especies Ardea
0
0
52
U n id a d d e A p re n d iz a je C o n s e c u e n te P ro g ra m a s e d u c a tiv o s e n lo s q u e s e im p a rte : M e d ic in a V e te rin a ria y Z o o te c n ia
[r]
0
0
11
U n iv e rs id a d A u tó n o m a d e l E s ta d o d e M é x ic o
Invención del arte Cambio de paradigmas y su contexto Mimésis El goce estético El Collage.. El arte y la vida
0
0
10
U n id a d d e A p re n d iz a je C o n s e c u e n te : N in g u n a P ro g ra m a s a c a d é m ic o s e n lo s q u e s e im p a rte : L ic e n c ia d o e n M e d ic in a V e te rin a ria y Z o o te c n ia
E l c onocim iento, desarrollo y aplicación de las com petencias propias de esta U nidad de aprendizaje, perm itirán al disce nte buscar soluciones a las lim itaciones con las que se
0
0
11
U n id a d de A p re n d iz a je C o n s e c u e n te P ro g ra m a s e d u c a tiv o s e n lo s q u e s e im p a rte : M e d ic in a V e te r in a r ia y Z o o te c n ia , F M V Z - U A EM
[r]
0
0
11
U n id a d de A p re n d iz a je C o n s e c u e n te : N in g u n a P ro g ra m a s e d u c a tiv o s e n lo s q u e s e im p a rte : M e d ic in a V e te rin a ria y Z o o te c n ia
D esarrollar en el alum no las com petencias que le perm itan adquirir y aplicar los conocim ientos para p rom over la salud de los anim ales silvestres en libertad o cautividad, a
0
0
15
A P O Y O A L A S E S T R A T E G IA S D E L P L A N M U N IC IP A L D E S A L U D P U B L IC A
Formular dos 2 proyectos que permitan la gestión con entidades del orden nacional y Nº de proyectos departamental para la formulados adecuación y mejoramiento de minimo dos vías de
0
0
5
Show more