• No se han encontrado resultados

Ética e política dos dereitos

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Ética e política dos dereitos"

Copied!
18
0
0

Texto completo

(1)

Guía docente da materia

Ética e política dos dereitos

humanos

Grado en ciencias da cultura e difusión cultural facult ade de humanidades

(2)

1.

Datos descritivos da materia

1.1. DATOS BÁSICOS:

NOME DA MATERIA: Ética e política dos dereitos humanos CÓDIGO: G5101233

TIPO DE MATERIA: Obrigatoria CICLO E CURSO: 2º

Nº DE CRÉDITOS: 6 SEMESTRE: 2

DESCRITORES: Concepto y fundamentos de los Derechos Humanos.

Contenidos de los Derechos Humanos. Otras Declaraciones y textos

complementarios de Derechos Humanos. Derechos Humanos y ciudadanía.

1.2. PRERREQUISITOS:

Os requiridos para a titulación

1.3. PROFESORADO:

Profesora: Beatriz Fernández Herrero Departamento de Lóxica e Filosofía Moral Área: Filosofía Moral

Lingua na que se imparte: Castelán

1.4. TITORÍAS:

(3)

Extensión telefónica: 24742

Correo electrónico: beatriz.fernandez.herrero@usc.es

Horario por determinar

2.

Sentido da materia no perfil

2.1. Bloque formativo:

Tras a formación básica acadada no primeiro ano do Grado, o 2º curso está composto de materias obrigatorias, entre as que figura Ética e política dos dereitos humanos, que debe ser cursada por todo o alumnado.

2.2. Papel da materia no bloque e no conxunto do

Plano de Estudios:

A materia Ética e política dos dereitos humanos está ubicada no 2º curso do Grado, no módulo de formación humanística, constituíndo un período que debe ser cursado obrigatoriamente por todos/as os/as estudantes do Grado, sendo por tanto considerada como un aspecto de interese fundamental para a súa formación.

2.3. Interese da materia para a futura profesión:

No módulo de formación humanística do Grado de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, a materia Ética e política dos dereitos humanos proporciona unha formación importante, a dous niveis:

. como cidadáns nunha sociedade cada vez máis globalizada, dota ás persoas dunha noción xeral dos dereitos humanos e da súa protección nos ámbitos internacional e nacional, potenciando a comprensión dos

(4)

valores que están na base dos dereitos, e da súa transformación e vixencia na sociedade contemporánea. . como graduados/as en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, proporciona ao alumnado coñecementos e destrezas relacionados co concepto, fundamentacións e evolución histórica dos dereitos, así como das garantías que deben establecerse para o seu cumprimento e efectividade nas sociedades presentes e futuras.

3.

Obxectivos e competencias da

materia

3.1. Obxectivos da materia:

. Adquirir nocións conceptuais relativas aos dereitos

humanos, os seus valores inherentes, a súa

fundamentación, a súa filosofía e a súa historia. . Reflexionar e debater acerca das características esenciais dos dereitos humanos.

. Estudar e coñecer o funcionamento dos órganos de protección dos dereitos humanos, avaliando fortalezas, debilidades e carencias.

. Establecer un marco de reflexión e diálogo sobre os actuais desafíos dos dereitos humanos.

. Brindar ferramentas para a elaboración de propostas de implementación, protección e garantías dos dereitos humanos no exercicio da actividade profesional das persoas graduadas en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

3.2.Competencias:

(5)

- O alumno será capaz de coñecer e apreciar as dimensións básicas dos Dereitos Humanos desde as perspectivas da Ética e a Filosofía Política.

- O alumno será capaz de explicar a xénese histórica dos

Dereitos Humanos, distinguindo as sucesivas xeneracions en que se teñen clasificado.

- O alumno será capaz de relacionar os textos xurídicos de

Dereitos Humanos.

- O alumno será capaz de coñecer os órganos de protección

dos Dereitos Humanos.

- O alumno será capaz de identificar e relacionar a

problemática dos Dereitos Humanos nos distintos ámbi tos do exercicio da cidadanía.

Serán traballadas as seguintes competencias xerais da

titulación:

- Adquisición da capacidade de aprendizaxe autónoma para

posuír a versatilidade necesaria nun mundo complexo e cambiante. Esta competencia será traballada a través de búsquedas guiadas na rede e consultas bibliográficas e se evaluará a partir do traballo correspondente ao tema 3.

- Desenvolvemento da capacidade comunicativa para

facilitar a expresión de ideas e o establecemento de relacións sociais. Esta competencia será traballada nas sesión presenciais a través das exposicións temáticas e das intervencións nos debates e será avaliada de xeito continuo.

(6)

4.1. Relación de contidos:

1. Nocións e conceptos básicos

2. Textos principais dos dereitos humanos

3. Sistemas de protección dos dereitos humanos

4. Alcance e avance dos dereitos humanos

5. Os dereitos humanos no século XXI

4.2. Estrutura dos contidos:

Tema 1: Nocións e conceptos básicos

Sentido do tema:

Este tema ten un carácter de introdución nos conceptos e nocións básicos e xerais acerca dos dereitos humanos, así como nalgunhas das súas características definitorias.

Epígrafes:

1.1. Concepto de dereitos humanos

1.2. Fundamentacións dos dereitos humanos

(7)

1.2. Universalidade dos dereitos humanos

Materiais e referencias:

NINO, C.S.: “El concepto de derechos humanos”, páxs. 21- 50 da obra referenciada na bibliografía.

MESTRE CHUST: capítulo “La fundamentación filosófica”, páxs. 31-37 da obra referenciada na bibliografía. Capítulo “El valor de los derechos humanos”.

APPIAH, K.A.: “Los fundamentos de los derechos humanos”, páxs. 115-127 da obra de Ignatieff referenciada na bibliografía.

FARIÑAS DULCE, M.J.: capítulo “La historicidad de los derechos humanos: su génesis social”, da obra referenciada en la bibliografía.

MEGÍAS QUIRÓS, J.J.: capítulos IV, V y IX da obra referenciada en la bibliografía.

BELLO REGUERA, capítulo “política de lo universal y derechos humanos” da obra de Rubio Carracedo referenciada na bibliografía.

Método de traballo:

A metodoloxía a seguir combinará a actividade teórica coa práctica: despois dunha presentación xeral do tema por parte da profesora, serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individual ou grupalmente, para ser debatidas nas sesións interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas como nas prácticas, para fomentar o protagonismo e a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que

(8)

resulten oportunos.

Referencias bibliográficas:

FARIÑAS DULCE, M.J. (1997): Los derechos humanos:

desde la perspectiva sociológico-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson.

FERNÁNDEZ, E. (1984): Teoría de la justicia y derechos

humanos. Madrid, Debate.

IGNATIEFF, M. (2003): Los derechos humanos como

política e idolatría. Buenos Aires, Paidós.

MARTÍNEZ ZORRILLA (2008): “La fundamentación teórica de los derechos humanos”, en BONET PÉREZ; SÁNCHEZ:

Los derechos humanos en el siglo XXI. Barcelona Huygens,

páxs. 73-102.

MEGÍAS QUIRÓS, J.J. (coord) (2006): Manual de derechos

humanos. Navarra, Aranzadi.

MESTRE CHUST, J.V. (2007): Los derechos humanos. Barcelona, UOC.

MUGUERZA, J. (coord) (1989): El fundamento de los

derechos humanos. Madrid, Debate.

NINO, C.S. (1984): Ética y derechos humanos.Buenos Aires, Paidós.

PECES-BARBA, G. (1995): Curso de derechos

fundamentales. Madrid, Universidad Carlos III.

RUBIO CARRACEDO, J.; ROSALES, J.M.; TOSCANO, M. (2002): Retos pendientes en ética y política. Madrid, Trotta. TRUYOL, A. (2000): Los derechos humanos. Madrid, Tecnos.

(9)

Sentido do tema:

Neste tema o alumnado coñecerá os diferentes textos dos dereitos humanos: o seu contido, a súa contextualización, etc.

Epígrafes:

2.1 A Declaración Universal dos dereitos humanos de 1948

2.2. Os Pactos de 1966

2.3. Outros textos

2.4. Declaración do Milenio

Materiais e referencias:

Textos dos documentos

SAURA ESTAPÁ, J. (2008): “La universalización de los derechos humanos”, na obra de Bonet Pérez referenciada na bibliografía.

Método de traballo:

A metodoloxía a seguir combinará a actividade teórica coa práctica: despois dunha presentación xeral do tema por parte da profesora, serán marcadas as lecturas que

(10)

deberán ser traballadas polo alumnado individual ou grupalmente, para ser debatidas nas sesións interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas como nas prácticas, para fomentar o protagonismo e a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.

Referencias bibliográficas:

BONET PÉREZ, J.; SÁNCHEZ,V. (dirs) (2008): Los

derechos humanos en el siglo XXI.. Barcelona, Huygens.

Tema 3. Sistemas de protección dos dereitos humanos

Sentido do tema:

Este tema aborda a cuestión dos mecanismos de protección e das garantías dos dereitos humanos, tanto históricamente como a través da análise das institucións e organismos que se encargan de velar polo seu cumprimento.

Epígrafes:

3.1. Historia e evolución da protección dos dereitos

humanos

(11)

dereitos humanos

3.3. Garantías estatais de protección dos dereitos

fundamentais

3.4. A efectividade dos dereitos humanos

Materiais e referencias:

Capítulos 1, 4 e 6 da obra de Bonet e Sánchez referenciada na bibliografía.

Método de traballo:

A metodoloxía a seguir combinará a actividade teórica coa práctica: despois dunha presentación xeral do tema por parte da profesora, serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individual ou grupalmente, para ser debatidas nas sesións interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas como nas prácticas, para fomentar o protagonismo e a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.

Referencias bibliográficas:

BONET PÉREZ, J.; SÁNCHEZ,V. (dirs) (2008): Los

derechos humanos en el siglo XXI.. Barcelona, Huygens.

ESCOBAR HERNÁNDEZ, C. (dir) (2009): Los derechos

humanos en la sociedad internacional del siglo XXI. Madrid,

Escuela Diplomática.

GONZÁLEZ, N. (1998): Los derechos humanos en la

(12)

MARTÍNEZ DE PISÓN, E. (1997): Derechos humanos.

Historia, fundamento, realidad. Zaragoza, Egido.

PÉREZ LUÑO, A.E. (1996): Derechos humanos y

constitucionalismo ante el tercer milenio. Madrid, Marcial

Pons.

PÉREZ LUÑO, A.E. (2005): Derechos humanos, Estado de

Derecho y Constitución. Madrid, Tecnos.

Tema 4. Alcances e avances dos dereitos humanos

Sentido do tema:

Este tema reflexiona acerca de distintos aspectos relacionados coa realización dos dereitos humanos.

Epígrafes:

4.1. Desenvolvemento dos dereitos humanos desde a

Declaración de 1948.

4.2. O proceso de implementación dos dereitos humanos.

4.3. A construcción social dos ideais de xustiza.

4.4. As xeneracións futuras como posibles titulares de

dereitos.

4.5. Dereito internacional humanitario e intervención

(13)

Materiais e referencias:

Páxinas 29-73 da obra de Ignatieff referenciada na bibliografía.

“El desarrollo de los derechos humanos desde la declaración Universal de 1948”, páxinas 97-112 da obra de Pérez Luño referenciada na bibliografía.

Capítulo VIII da obra de Fariñas Dulce referenciada na bibliografía.

Método de traballo:

A metodoloxía a seguir combinará a actividade teórica coa práctica: despois dunha presentación xeral do tema por parte da profesora, serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individual ou grupalmente, para ser debatidas nas sesións interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas como nas prácticas, para fomentar o protagonismo e a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.

Referencias bibliográficas:

BIDART CAMPOS, G.J.; RISSO, G.I. (coords) (2005): Los

derechos humanos del siglo XXI. Una revolución inconclusa.

Buenos Aires, Ediar.

FARIÑAS DULCE, M.J. (1997): Los derechos humanos:

desde la perspectiva sociológico-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson.

IGNATIEFF, M. (2003): Los derechos humanos como

(14)

MEGÍAS QUIRÓS, J.J. (coord) (2006): Manual de derechos

humanos. Navarra, Aranzadi.

PÉREZ LUÑO, A.E. (1996): Derechos humanos y

constitucionalismo ante el tercer milenio. Madrid, Marcial

Pons.

Tema 5. Os dereitos humanos no século XXI

Sentido do tema:

Este tema constitúe un estudo e unha reflexión acerca da situación dos dereitos humanos e da súa adecuación ao momento actual e aos seus diferentes contextos.

Epígrafes:

5.1. Reflexións xerais: situación dos dereitos humanos no

século XXI.

5.2. A “4ª xeneración” de dereitos humanos.

5.3. Contextos:

. dereitos humanos e interculturalidade . dereitos humanos no “terceiro mundo” . dereitos humanos e dereitos das mulleres . os dereitos da terra

(15)

Materiais e referencias:

Capítulo “la situación actual” da obra de Mestre Chust referenciada na bibliografía.

Capítulo de Imbert “Los derechos humanos en la actualidad” da obra de Pérez Luño referenciada na bibliografía.

Capítulo de Forte “Los derechos humanos hacia el futuro” de la obra de Bidart Campos referenciada na bibliografía.

Método de traballo:

A metodoloxía a seguir combinará a actividade teórica coa práctica: despois dunha presentación xeral do tema por parte da profesora, serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individual ou grupalmente, para ser debatidas nas sesi óns interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas como nas prácticas, para fomentar o protagonismo e a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.

Nesta unidade temática, ademáis, o alumnado deberá elixir un contexto específico para ser traballado de xeito individual ou en grupo, facendo unha visión comparada entre varios países.

Referencias bibliográficas:

BIDART CAMPOS, G.J.; RISSO, G.I. (coords) (2008): Los

derechos humanos en el siglo XXI. La revolución inconclusa.

Buenos Aires, Ediar.

(16)

Barcelona, UOC.

PÉREZ LUÑO, A.E. (1996): Derechos humanos y

constitucionalismo ante el tercer milenio. Madrid, Marcial

Pons.

RODRÍGUEZ PALOP, M.E. (2002): La nueva generación de

derechos humanos. Origen y justificación. Madrid,

Dykinson.

RUBIO CARRACEDO, J.; ROSALES, J.M.; TOSCANO,

M.

(2002): Retos pendientes en ética y política. Madrid, Trotta.

RUIZ VIEITEZ, E.; URRUTIA ASUA, G. (eds)

(2010):

Derechos humanos en contextos multiculturales. Zarauz,

Alberdania, S.L.

VINYAMATA CAMP, E. (coord) (2009): Derechos humanos,

nuevas realidades. Barcelona, Campus per la Pau.

5.

Atribución de carga ECTS:

Plan de traballo do alumnado

1) MODALIDADE PRESENCIAL:

ACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS PARA O ALUMNADO Actividades presenciais Horas Actividades non presenciais Horas Sesións expositivas 24 Estudo e preparación de

actividades programadas na clase 30 Sesións interactivas/de seminario 24 Realización de traballos de diverso

tipo

20

Sesións de titorías programadas 6 Lecturas 20

Sesións de avaliación 4 Preparación de exames 20

Outras actividades 2 Outras actividades

Total de horas de actividade presencial

60 Total de horas de actividade

non presencial

(17)

2) MODALIDADE SEMIPRESENCIAL: 18 horas presenciales de las cuales:

- Sesiones presenciales de asistencia voluntaria: 18 horas 132 horas de estudio y trabajo autónomo del alumnado Total de horas estimadas: 150

6.

Indicacións sobre a avaliación

dos procesos e resultados de

aprendizaxe

A) MODALIDADE PRESENCIAL:

A avaliación será continua, estará centrada nos traballos realizados e poderá implicar unha proba teórica acerca do contido.

A distribución do peso da cualificación será de 40% para a actividade presencial e 60% para os traballos que se requiran.

Se se dese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, os alumnos poderán realizar unha proba de recuperación de carácter escrito sobre os contidos dos documentos de estudo.

Ao final do cuadrimestre entregarase unha traxectoria de todo o realizado con respecto a esta materia.

Observación xeral:

Ao inicio de cada apartado temático entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.

Criterios específicos para o alumnado non asistente:

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias ou á totalidade das sesións de clase seguirá un sistema de titorización individualizada a partir de todo o exposto neste programa da materia, que se concretará a principios de curso, debendo realizar un traballo final que será entregado ao final do cuadrimestre, con data tope o día do exame.

Avaliación convocatoria extraordinaria

Para os alumnos que suspendesen a convocatoria ordinaria, aplicarase unha proba de dominio de competencias adquiridas na materia (exame individual) ou ben repetirán os traballos .

B) MODALIDADE SEMIPRESENCIAL:

O alumnado da modalidade semipresencial deberá seguir a materia a través da aula virtual, subindo os traballos requeridos á plataforma nos prazos sinalados, que contarán o 100% da calificación final.

(18)

Referencias

Documento similar

En el presente proyecto se estudiará la dinámica de poblaciones (tamaño y estructura poblacional) de las babosas Deroceras reticulatum, Milax gagates y Lehmannia marginata y de

Durante o curso de referencia o SNL, conxuntamente coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a

Los mercados zamoranos han estado más concurridos que el mes anterior, salvo en caballar y mular. Hubo pocas transacciones a precio ^ en baja, sobre todo en las especies de abasto.

o logro dun desenvolvemento sostible e a asunción e formación da súa responsabilidade social son obxectivos inherentes á misión da usC na súa relación cos seus grupos de

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

A análise do efeito da auriculoterapia nos escores e sintomas de ansiedade e estresse dos professores do ensino fundamental I e II e do EJA demonstrou que a

PRIMERO.— Así la demandante—ejecutante, Da - como la demandada—ejecutada Universidad de Santiago de Compostela (USC), se alzan, respectivamente, en suplicación contra el auto

• Proyectos: 10 proyectos de investigación: 1 en el plan nacional I+D, 1 Financiado por la Comisión Europea a la Junta de Andalucía e impulsado por la Consejería de