#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Campaña 2016
Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde. Este día é aproveitado pola Federación Alzhéimer Galicia e as súas asociacións para dar a coñecer a doenza e difundir información sobre a mesma e o traballo realizado polas entidades para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e o seu entorno. Todos os anos búscase con este Dia achegar á sociedade en xeral a problemática da enfermidade, que se estima que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas, así como ás institucións públicas.
Este 2016 é un ano no que dende a Federación Alzhéimer Galicia quérese, con especial insistencia, facer visibles as necesidades existentes no ámbito do alzhéimer, entre as que queremos destacar:
A declaración desta doenza como prioridade de saúde pública.
O recoñecemento automático do 33% de discapacidade á persoa diagnosticada de alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa. A posta en marcha dunha Política de Estado de Alzhéimer,
concretándose en Galicia unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da Administración Pública.
Recoñecemento público da figura do Coidador Familiar, dotándolle de recursos oportunos durante a etapa de coidado e unha vez o coidado rematou.
Isto quere dicir que este ano 2016 temos que dar un paso máis na consecución dos obxectivos da Federación Alzhéimer Galicia e das súas AFAs, tanto externos como internos, tratando de mellorar o traballo de todas as entidades mediante a creación de redes que permitan a interacción entre todas.
É por iso que o lema que utilizaremos para a campaña 2016 de FAGAL e as súas AFAs con motivo do Día Mundial do Alzheimer é o seguinte:
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Ademais queremos relacionar este lema cunha federación e unhas AFAs que estamos en continuo movemento, atopámonos activas co obxectivo de mellorar a vida das persoas afectadas e de facer que a sociedade coñeza o traballo que realizamos e que teñan máis información sobre as consecuencias da doenza.Obxectivos xerais da campaña
1. Buscar o compromiso e a implicación da sociedade na loita contra o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
2. Solicitar unha Política de Estado de Alzhéimer, e instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que implique ós diferentes departamentos daadministración autonómica.
3. Facer visible a necesidade do recoñecemento do 33% de discapacidade ás persoas con diagnóstico de alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.
4. Destacar a importancia de facer do alzhéimer unha prioridade de saúde pública.
5. Buscar o recoñecemento público da figura do Coidador Familiar, garantizando o mellor dos coidados no contorno familiar, que os coidados teñan como centro á persoa e normalizando a labor dos coidados.
6. Dar a coñecer o traballo da federación e das asociacións que a compoñen, mostrando os avances que se conseguiron nos últimos anos no traballo cos afectados polo alzhéimer e as súas familias.
7. Facer visible a importancia do alzhéimer na sociedade, buscando a implicación de asociacións doutras comunidades na campaña e mostrando o traballo que se está a realizar en España e as necesidades que demanda o sector.
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Cartaces
Este é o cartaz creado para a difusión da campaña dende a Federación Alzhéimer Galicia e as AFAs que a compoñen, no que destaca a presenza dunha persoa camiñando e deixando a súa pegada incrustada no chan, tratando de “Marcarlle o paso ó alzhéimer”. O cartaz tamén fai referencia á campaña en redes sociais posta en marcha o 1 de setembro da que se darán máis detalles neste documento.
Tanto dende FAGAL como as asociacións, farase unha distribución destes cartaces por diferentes emprazamentos das zonas de influencia de cada unha de elas, así como polas redes sociais e as páxinas web, para chegar ca nosa mensaxe o máis lonxe posible.
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Rolda de Prensa
O martes 6 de setembro ás 11h no Auditorio da sede de Afundación, na Rúa do Vilar 19 en Santiago de Compostela, presentarase a campaña do Día Mundial do Alzheimer 2016. Este acto servirá para mostrar a
situación que se está a vivir na actualidade en Galicia en relación co alzhéimer e outras demencias. Ademais, dende o Grupo de Traballo en Demencias de FAGAL, formado por profesionais do ámbito sociosanitario e investigadores, presentarase un decálogo elaborado polos componentes deste grupo no que se explica a situación que se está a vivir e unha serie de reivindicacións que demandamos tanto entidades como profesionais para mellorar a situación das demencias en Galicia.
O acto contará ca presenza de membros da xunta directiva da Federación Alzhéimer Galicia e componentes deste Grupo de Traballo, formado no ano 2014.
A continuación presentarase a campaña elaborada por FAGAL para este mes de setembro, así como un breve resumo das actividades que organizan as 13 asociacións membro para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer nas súas localidades.
Campaña en redes sociais
Nesta ocasión o obxectivo de FAGAL é que os seguidores en redes sociais aporten o seu gran de area á campaña colgando unha foto nas redes, pero buscando algo diferente á campaña do 2015.
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Tendo en conta que se vai a realizar a andaina polo alzhéimer, o propósito desta campaña é que cada persoa poña a súa pegada para marcar o paso que dá na loita contra o alzhéimer. Os usuarios poden dibuxala, fotografala, deseñala dalgún modo creativo… ou pode unirse mostrando que paso está a realizar para axudar a mellorar a situación, por exemplo, asociacións realizando obradoiros cos seus usuarios, unha persoa coidando dun afectado pola doenza, etc. O hashtag a utilizar será #MarcandoPasoAlzhéimer, para que se poida utilizar tanto en galego como en castelán, e que será utilizado en Facebook, Twitter e Instagram.Esta campaña en redes está dirixida a un público xeral, pero este ano vai ser moi interesante a participación de asociacións de fóra de Galicia. Dende a Federación Alzhéimer Galicia solicitouse a adhesión á campaña ás máis de 300 asociacións e federacións existentes en España, para mostrar o traballo que realizan a diario e demostrar que todas estamos a traballar para conseguir os mesmos obxectivos.
Video
Do mesmo modo que os carteis, o visual vai marcar o seguemento da nosa campaña polo Día Mundial do Alzheimer. É por iso que dende FAGAL e as AFAs realizouse a gravación dun video durante o mes de xullo, que enlaza o lema da nosa campaña co traballo que realizan a diario as nosas asociacións e as persoas coidadoras. Este video foi posible grazas á colaboración desinteresada de actores de teatro e foi íntegramente gravado en Santiago de Compostela.
Este video está dispoñible na canle que a Federación Alzhéimer Galicia ten en Youtube e será difundido a través das redes sociais tanto de FAGAL como das asociacións. Asi mesmo, esta peza será difundida nos diferentes actos que se van a levar a cabo nas asociacións durante o mes de setembro.
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Andaina Solidaria
Esta andaina terá lugar o sábado 17 de setembro de 2016 en Santiago de Compostela e nela participarán compoñentes das 13 asociacións que forman parte de FAGAL, así como cidadáns anónimos que queiran achegarse e acompañarnos durante os 4 km de camiño. Ó igual que os peregrinos que chegan a diario á cidade, nós imos a
realizar este último tramo do camiño para chegar ó noso lugar de peregrinación que é o Espazo da Memoria.
A andaina dará comezo ás 11h no Monte do Gozo, no monumento adicado a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. A partir das 10:30h membros de FAGAL repartirán entre os asistentes chalecos distintivos co lema da campaña e botellas de auga e unha barriña enerxética para os participantes, grazas á colaboración de Supermercados Froiz, así como para explicar o percorrido que se vai a realizar e os actos previstos na chegada. Así mesmo, farase unha foto de grupo para inmortalizar este acto.
Esta actividade pretende ser un acto de confraternización entre os membros das asociacións pertencentes a FAGAL e tamén de unión ca xente da rúa, para que coñezan a nosa existencia e que poidan mostrar as súas inquedanzas respecto a esta doenza.
A andaina terá unha duración de 4,5km e estímase que levará arredor de 1 hora e 30 minutos, percorrendo as seguintes rúas da cidade: Rúa do Gozo, Rúa Ponte de San Lázaro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.Cada 250 metros os asistentes atoparán marcando a ruta no chan un vinilo unha pegada co lema da campaña e o logo de FAGAL que irá marcando o camiño para que ningún asistente se perda. Ademais ó longo da andaina contaremos ca axuda de voluntarios do Centro Xuvenil e escola de tempo Libre Don Bosco, que guiarán a
marcha para que non haxa separación no grupo e se poida seguir o ritmo marcado para chegar á hora ó Espazo da Memoria.
o
Acto no Espazo da Memoria
Á chegada da andaina solidaria, ás 13:00h está prevista a inauguración deste Espazo da Memoria. O acto comezará ca intervención de personalidades políticas tanto da Administración autonómica coma local, para continuar co discurso do Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. Ó remate das intervencións, procederase á prantación da árbore, un Quercus Robur, e a introducción da cápsula do tempo dentro da pedra que contén a praca conmemorativa.
A principios de ano, a Federación Alzhéimer Galicia acudiu ó Concello de Santiago, como capital de Galicia, para plantexarlles a posibilidade da creación dun Espazo da Memoria, un emprazamento que sirva como símbolo da loita contra esta doenza, como homenaxe e recordo a todas esas persoas afectadas no pasado, no presente e no futuro desta doenza en Galicia.
Dende o Concello a idea foi moi ben acollida e finalmente foi aprobada a creación deste espazo no Parque de Bonaval, a través da prantación dunha
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
árbore e a colocación dunha pedra cunha praca conmemorativa e cunha pequena cápsula do tempo dentro dela. A árbore foi doada pola empresa Adoa Centro de Xardinería e a pedra foi realizada e doada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, grazas a un convenio asinado o pasado mes de agosto ca institución pontevedresa.Este Espazo da Memoria está situado na parte norte do Parque de Bonaval, na entrada dende a Rúa da Costiña do Monte.
Ó remate do acto, os asistentes disfrutarán dun pequeno aperitivo no patio do Colexio LaSalle, grazas á colaboración da Corporación Hijos de Rivera e INGAPAN.
Día 21 de Setembro
Este dia, xa que as asociacións van facer os seus propios actos, a Federación Alzhéimer Galicia aproveitará para difundir os actos que teñen previsto as AFAs ó longo do día. Asi mesmo, dende FAGAL resérvase ese día para realizar algún acto institucional coas Administracións Públicas segundo o
#MarcandoPasoAlzheimer
Día Mundial Alzheimer 2016
soliciten, nun acto propio de FAGAL que pode realizarse no Espazo da Memoria.Para ese mesmo día, como se fixo o ano pasado na Torre de Hércules da Coruña, este ano solicitouse ás 7 principais cidades galegas a iluminación dun edificio emblemático de cada vila coa cor violeta en recordo á loita contra o alzhéimer e as demencias. Esta solicitude, realizada entre a Federación Alzhéimer Galicia e as AFAs das diferentes cidades deu lugar á aprobación dos diferentes concellos desta proposta, que permitirá ver iluminados eses edificios durante á noite do 21 de setembro. A continuación detallamos os emprazamentos que serán iluminados, previsiblemente, durante o Día Mundial do Alzheimer.
A Coruña: A Torre de Hércules e o Castelo de San Andrés Ferrol: A Casa Consistorial
Lugo: Pendente de confirmación
Santiago de Compostela: Pendente de confirmación Cidade da Cultura de Galicia: As Torres Hedjuk. Pontevedra: Pendente de confirmación
Vigo: Pendente de confirmación Ourense: As Burgas.
Ademais de edificios emblemáticos das principais cidades galegas, dende FAGAL solicitouse ás Deputacións provinciais a iluminación da fachada das súas sedes para mostrar o seu apoio á nosa causa, polo que tamén estarán iluminadas coa cor morada.