B OLETÍN DO CEDE DA USC

17  Download (0)

Full text

(1)

B OLETÍN DO CEDE DA USC

ISSN 1989-1369 2020 • Volume 7 (xullo)

C ONTIDOS

Actualidade 1

Oportunidades 5

Prácticas remuneradas 5

Emprego 5

Financiamento 6

Participación dos cidadáns 7

Consultas públicas aos cidadáns 7

Actos xurídicos 9

Sentenzas, autos e ditames do TXUE 11

Procesos por infracción contra España 13

Suxestións bibliográficas 15

Obras dispoñibles na biblioteca da USC 15

Outras obras 16

Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución.

Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, pode visitar a nosa páxina web.

Edición: Jesús M. Saavedra Carballido.

Elaboración dos contidos propios: Jesús M. Saavedra Carballido.

(2)

A CTUALIDADE Coronavirus

A Comisión Europea asinou un contrato coa empresa farmacéutica Gilead a fin de garantir doses terapéuticas de Veklury, a marca comercial do remdesivir. O Veklury foi o primeiro medicamento autorizado a nivel da UE para tratar a COVID-19. A partir do próximo mes e a fin de cubrir as ne- cesidades inmediatas, poranse a disposición dos estados membros lotes de Veklury, coa coordina- ción e o apoio da Comisión. • A Comisión presentou medidas a tomar a curto prazo para reforzar a preparación sanitaria da UE contra unha segunda onda de COVID-19. As medidas inclúen a reali- zación de tests de diagnóstico e o rastreo de contactos, unha mellor vixilancia da saúde pública e un acceso ampliado a equipamentos de protección individual, medicamentos e dispositivos médi- cos. • A Comisión presentou unha serie de orientacións para asegurar a protección dos traballado- res de temporada na UE, no contexto da pandemia de coronavirus. Estas orientacións van dirixidas ás autoridades estatais, ás inspeccións do traballo e aos interlocutores sociais, a fin de garantir os dereitos, a saúde e a seguranza dos traballadores de temporada e asegurar que teñen coñecemento dos seus dereitos.

Comunicado de prensa sobre a compra de remdesivir no sitio da Comisión.

Máis información sobre a compra de remdesivir no EuroEFE-Euractiv.

Comunicado de prensa sobre as medidas contra a segunda onda no sitio da Comisión.

Máis información sobre as medidas contra a segunda onda no EUobserver (en inglés) Comunicado de prensa sobre os traballadores de temporada no sitio da Comisión.

Opinión sobre o impacto da COVID-19 nas políticas de saúde pública comunitarias no EUobserver (en inglés).

Fondo de recuperación

Após a proposta inicial do xefe de estado francés, Emmanuel Macron, e da xefa de estado alemá, Angela Merkel, asumida como propia pola Comisión, os xefes de estado e de goberno dos vinte e sete estados da UE chegaron a un acordo para crear un fondo de recuperación para loitar contra a crise xerada pola Covid-19. O novo fondo mobilizará 750.000 millóns de euros, independentes do orzamento comunitario (aínda sen aprobar) e procedentes de empréstimos internacionais. Des- tes, 390.000 millóns adoptarán a forma de axudas directas a fondo perdido (en vez dos 500.000 propostos pola Comisión), e os 360.000 restantes serán créditos (dos cales se devolverán primei- ro os xuros). Este fondo, acordado despois de cinco días de negociacións a pesar das reticencias iniciais de catro estados (os chamados «frugais»: os Países Baixos, Dinamarca, Suecia e Austria) representa unha viraxe drástica a respecto da posición adoptada en anteriores crises, cando o con- xunto dos estados membros decidiron que non había recursos para axudas: será a primeira vez na súa historia que a UE se endebeda. Espérase que o financiamento do novo plano previsto veña acompañada pola creación de novos impostos comunitarios, entre os cales xa se menciona a cha- mada «taxa Google» e un imposto ás transaccións financeiras. En compensación polas súas ce- sións, os catro estados «frugais» (mais Alemaña) recibirán descontos na súa contribución ao orzamento comunitario, que será máis reducido (sufriran esta redución fondos e programas como o Fondo de Transición Xusta, para a reconversión de antigas rexións mineiras, e o programa de investigación e innovación Horizonte Europa); estas concesións xa foron criticadas no Parlamen-

(3)

to Europeo (véxase embaixo a noticia sobre o orzamento 2021-207). Alén diso, Polonia e Hungría conseguiren que non se ligue a recepción de diñeiro comunitario ao respecto ao estado de dereito, e Polonia verá rebaixadas as súas exixencias ambientais para 2050. Pola súa vez, os estados que máis fondos recibiren —entre eles seguramente España (que recibirá uns 140.000 millóns, a me- tade en axudas) e Italia— deberán facer reformas estruturais e fiscais.

Comunicado de prensa sobre o fondo no sitio do Consello Europeo.

Máis información sobre o fondo de recuperación no Politico, no The Washington Post (en inglés) no Le Monde (en francés) e no El País.

Opinións sobre o fondo de recuperación no Le Monde (en francés), no The Washington Post e no The Guardian (en inglés).

Orzamento 2021-2027

No mesma reunión en que acordaron o fondo de recuperación contra o coronavirus, os xefes de estado e de goberno fixeron unha proposta sobre o orzamento a longo prazo da UE (cadro finan- ceiro plurianual) para 2021-2027. En compensación polas súas cesións para a creación do fondo de recuperación, os catro estados «frugais» (mais Alemaña) recibirán descontos na súa contribu- ción ao orzamento comunitario, que será máis reducido. Sufriran esta redución fondos e progra- mas como o Fondo de Transición Xusta, para a reconversión de antigas rexións mineiras, e o programa de investigación e innovación Horizonte Europa. O financiamento da nova Política Agrícola Común (PAC) tamén está marcado por unha diminución dos fondos a escala comunita- ria, mais en principio as axudas para España non se verán afectadas. • O acordo sobre o fondo de recuperación, inicialmente criticado pola presidenta da Comisión, a alemá Ursula Von der Leyen, foi cualificado como «histórico» por moitos eurodeputados, pois, por primeira vez, os estados membros concordaron sobre a emisión de 750.000 millóns de euros de débeda conxunta. A mai- oría dos eurodeputados manifestou, no entanto, o seu desagrado cos cortes efectuados no cadro financeiro plurianual, o cal foi rexeitado no pleno. O presidente do Parlamento Europeo, o italia- no David Sassoli, xa lembrara, logo do acordo atinxido polos xefes de estado e de goberno a res- pecto do orzamento comunitario, que non era definitivo, pois que a Eurocámara talvez quixese aumentar os montantes propostos en certas áreas antes de aprobar o orzamento. • O orzamento proposto polos xefes de estado e de goberno tamén foi criticado por activistas ambientais que o consideran insuficiente para loitar contra as mudanzas climáticas.

Comunicado de prensa sobre o orzamento proposto no sitio do Consello Europeo.

Máis información sobre a distribución do orzamento proposto no Politico (en inglés).

Máis información sobre a PAC no EuroEFE-Euractiv.

Máis información sobre as declaracións de Von der Leyen no Politico (en inglés).

Comunicado de prensa sobre o rexeitamento dos eurodeputados no sitio do Parlamento Europeo.

Máis información sobre o rexeitamento dos eurodeputados no Euractiv (en inglés) e no Le Monde (en francés).

Opinión sobre as negociacións do orzamento no EUobserver (en inglés).

Máis información sobre o orzamento en materia ambiental no EUobserver (en inglés).

Opinión sobre o orzamento en materia ambiental no Euractiv (en inglés).

Opinión sobre o orzamento proposto no The Guardian (en inglés).

2

(4)

Presidencia do Eurogrupo

A dimisión de Mário Centeno como ministro das finanzas de Portugal, que non lle permitía conti- nuar na presidencia do Eurogrupo, a cal ocupaba desde decembro de 2017, abriu o proceso de se- lección dun novo presidente para ese órgano informal integrado polos estados membros da UE que adoptaron o euro. Os candidatos ao posto eran o conservador irlandés Paschal Donohoe, a so- cialdemócrata española Nadia Calviño e o conservador luxemburgués Pierre Gramegna. O candi- dato finalmente elixido foi o irlandés, que con dez votos se impuxo nunha votación secreta á candidata española. Ocupará o posto durante dous anos e medio prorrogables. Esta elección víase como unha oportunidade de medir as forzas no seo da Eurozona, e da UE, dos estados do Sur, la- tinos, partidarios dunha maior flexibilidade fiscal, aos cales se sumaba nesta ocasión Alemaña, cuxa influencia neste caso non foi decisiva. Entre as posibles razóns da súa derrota, Calviño men- cionou tamén o feito de ser muller nun momento en que a presidenta da Comisión e do Banco Central Europeo tamén o son, o feito de vir da mesma zona e do mesmo grupo político que o ante- rior presidente do Eurogrupo, e o feito de os estados máis pequenos da Eurozona tenderen ao apoio mutuo. • A elección foi criticada por un grupo de eurodeputadas por agravar a falta de pre- senza das mulleres en postos chave das institucións finaceitras comunitarias.

Comunicado de prensa sobre a elección no sitio do Consello.

Máis información no EuroEFE-Euractiv.

Entrevista a Nadia Calviño na Cadena Ser.

Opinión no Le Monde (en francés).

Máis información sobre a crítica das eurodeputadas no Politico (en inglés).

Enerxía

Por primeira vez, as enerxías renovables superaron as enerxías limpas no conxunto da UE. • Entre tanto, a Comisión presentou as súas estratexias para o sistema enerxético do futuro e o hidróxeno limpo. Espérase que entre as dúas abran o camiño para un sector enerxético máis eficiente e in- terconectado, impulsado polo duplo obxectivo dun planeta máis limpo e unha economía comunita- ria máis forte. Así mesmo, as novas estratexias contemplan investimentos en enerxías limpas, como a do hidróxeno, con potencial para estimular a recuperación económica após a crise do coronavirus, creando emprego na UE e reforzando o liderado e a competitividade nas industrias estratéxicas.

Máis información sobre as fontes de enerxía renovables no Euractiv (en inglés).

Comunicado de prensa sobre as novas estratexias enerxéticas no sitio da Comisión.

Máis información sobre as estratexias no Euractiv (en inglés).

Opinión sobre a estratexia do hidróxeno limpo no EUobserver (en inglés).

Estratexia de seguranza da UE

A Comisión Europea presenta unha nova estratexia comunitaria para a Unión da Segurança no período 2020-2025. A estratexia céntrase nos sectores prioritarios en que a UE pode axudar os estados membros a reforzar a seguranza de todos os que viven na UE. A estratexia define os ins- trumentos e as medidas a desenvolver para garantir a seguranza no ámbito físico e dixital: da loita contra o terrorismo e a criminalidade organizada, pasando pela prevención e detección de amea- zas híbridas e o aumento da resiliencia das infraestruturas críticas, até a reforzo da ciberseguran- za e a promoción da investigación e da innovación.

Comunicado de prensa no sitio da Comisión.

(5)

Tecnoloxía 5G

Co apoio da Comisión Europea e da Axencia da UE para a Ciberseguranza (ENISA polas súas si- glas en inglés), os estados membros da UE publicaron un relatorio sobre os progresos realizados na aplicación das medidas comúns de redución dos riscos de seguranza relacionados coa implan- tación da tecnoloxía 5G (quinta xeración de redes móbiles. Este conxunto de medidas define unha abordaxe común baseada na avaliación obxectiva dos riscos identificados e iniciativas de redución proporcionadas para encarar os perigos relacionados coa implantación das redes 5G.

Comunicado de prensa no sitio da Comisión.

Máis información no Euractiv.

Hong Kong

Tras un primeiro debate celebrado no Consello de Relacións Exteriores, o Consello adoptou unhas conclusións en que expresa a súa gran preocupación pola lei de seguranza nacional de Hong Kong aprobada polo Comité Permanente da Asemblea Popular Nacional da China. As conclusións rea- firman o apoio da UE á autonomía de Hong Kong conforme o principio «un país, dous sistemas»

así como a súa solidariedade cos cidadáns de Hong Kong, ao tempo que establecen un paquete co- ordinado de medidas. Entre elas. Cómpre salientar a limitación das exportacións de determinados equipos e de tecnoloxías sensibles cuxo destino final sexa Hong Kong.

Comunicado de prensa no sitio do Consello.

Máis información no Euractiv (en inglés).

Emprego xuvenil

A pandemia de COVID-19 veu pór en evidencia qué difícil é para moitas persoas mozas entrar no mercado de traballo. Para mellorar esta situación, a Comisión adoptou medidas para dar ás perso- as mozas todas as oportunidades posibles que lles permitan tirar o máximo partido do seu poten- cial para configurar o futuro da UE e prosperar nas transicións ecolóxica e dixital. A Comisión decidiu así integrar as novas oportunidades ecolóxicas e dixitais nas políticas de xuventude e em- prego da UE.

Comunicado de prensa no sitio da Comisión.

4

(6)

O PORTUNIDADES

Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes.

Prácticas remuneradas

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee) (en inglés).

Varios prazos.

• Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Delegacións da UE no mundo (en inglés). Varios prazos.

• Banco Central Europeo (BCE) (en inglés). Prazo até 31 de agosto.

• Tribunal de Xustiza da UE (TXUE). Prazo até 15 de setembro.

• Comité Económico e Social (en inglés). Prazo até 30 de setembro.

• Comité das Rexións (en inglés). Prazo até 30 de setembro.

Emprego

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección Job vacancies, en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos.

• Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axen- cias da UE. Varios prazos.

• Banco Central Europe (BCE) (en inglés). Varios prazos.

• Banco Europeo de Investimento (en inglés). Varios prazos.

• Instituto Europeo para a Innovación e Tecnoloxía (en inglés). Prazo até 30 de novembro.

(7)

Financiamento

Saúde

• Proxectos de innovación interrexionais COVID-19. Convocatoria de manifestacións de interese. Prazo até 7 de setembro.

Cultura

• Medición dos sectores culturais e creativos na UE. Prazo até 14 de setembro.

• A Música Move Europa. Convocatoria 2020. Prazo até 15 de setembro.

Empresas

• Apoio ás PeME europeas para participar na contratación pública fóra da UE. Prazo até 15 de se- tembro.

Educación

• Instituto Banco Europeo de Investimentos. Bolsa de investigación universitaria EIBURS. Prazo até 30 de setembro.

• Convocatoria de propostas Bolsas universitarias Banco Europeo de Investimentos 2020. Prazo até 30 de setembro.

• Acreditación Erasmus no ámbito da xuventude. Convocatoria de propostas 2020. Prazo até 31 de decembro de 2021.

Investigación e innovación

• Fondo Europeo de Innovación. Proxectos para tecnoloxías limpas a grande escala. Prazo até 23 de xuño de 2021.

6

(8)

P ARTICIPACIÓN DOS CIDADÁNS

Iniciativas e consultas abertas recentemente.

Máis información sobre as posibilidades de participación cidadá na UE.

Consultas públicas aos cidadáns

Transportes

• Avaliación do Libro Branco de 2011 sobre os transportes. Prazo até 23 de setembro.

• Estratexia para unha mobilidade sustentable e intelixente. Prazo até 23 de setembro.

• Transportes marítimos e por vías navegables interiores: Dereitos dos pasaxeiros (avaliación). Prazo até 2 de outubro.

• Transporte e autocar: Dereitos dos pasaxeiros (avaliación). Prazo até 2 de outubro.

Xustiza e dereitos humanos

• Relatorio de 2020 sobre a cidadanía. Prazo até 1 de outubro.

Economía e sociedade dixitais

• Identidade dixital europea (Euid). Prazo até 2 de outubro.

Consumidores

• Política dos consumidores: A nova «axenda do consumidor» da UE. Prazo até 6 de outubro.

Concorrencia

• Dereito da concorrencia da UE: Aviso de definición do mercado (avaliación). Prazo até 9 de ou- tubro.

Asuntos marítimos e pesca

• Consulta selectiva sobre a gobernación internacional dos océanos (en inglés). Prazo até 15 de outubro.

• Explotacións piscícolas da UE (acuicultura): Orientacións actualizadas. Prazo até 27 de outu- bro.

• Política da UE para o Ártico. Prazo até 10 de novembro.

• Estatísticas sobre o sector europeo da pesca: Simplificación da recolla de datos. Prazo até 23 de novembro.

Servizos bancarios e financeiros

• Empresas de seguros e de reseguros: Revisión das regras prudenciais (Directiva sobre Solvencia II). Prazo até 21 de outubro.

(9)

Agricultura e desenvolvemento rural

• Política agrícola común: Avaliación do impacto da PAC nos hábitats, na paisaxe e na biodiversidade. Prazo até 22 de outubro.

Clima

• Protección da capa de ozono: Revisión das regras europeas. Prazo até 9 de novembro.

Mercado único

• Servizos postais: Relatorio de avaliación. Prazo até 9 de novembro.

8

(10)

A CTOS XURÍDICOS

Selección dos actos considerados máis relevantes.

• Directiva (UE) 2020/876 do Consello de 24 de xuño de 2020 relativa á urxente necesidade de diferir determinados prazos para a presentación e o intercambio de información tributaria por causa da pandemia da COVID 19‐ .

• Regulamento (UE) 2020/900 do Consello de 25 de xuño de 2020 relativo a determinadas posibilidades de pesca para 2020.

• Regulamento (UE) 2020/972 da Comisión de 2 de xullo de 2020 por que se modifican o Regulamento (UE) n.º 1407/2013 no que respecta á súa prórroga e o Regulamento (UE) n.º 651/2014 no que respecta á súa prórroga e aos axustes pertinentes. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Decisión (UE) 2020/976 do Consello de 6 de xullo de 2020 relativa ás contribucións financeiras que deben pagar os estados membros para financiar o Fondo Europeo de Desenvolvemento, incluído a segunda parte do exercicio 2020.

• Decisión (UE) 2020/985 do Consello de 7 de xullo de 2020 relativa á celebración do Protocolo de aplicación do Acordo de Colaboración no Sector Pesqueiro entre a República Democrática de San Tomé e Príncipe e a Comunidade Europea.

• Decisión (UE) 2020/983 do Consello de 7 de xullo de 2020 relativa á celebración do Protocolo de aplicación do Acordo de Asociación no Sector Pesqueiro entre a Comunidade Europea e a República de Cabo Verde (2019-2024).

• Recomendación (UE) 2020/1039 da Comisión de 14 de xullo de 2020 relativa á subordinación da axuda financeira estatal ás empresas da UE á ausencia de vínculos con países ou territorios non cooperadores.

• Regulamento (UE) 2020/1043 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de xullo de 2020 relativo á realización de ensaios clínicos e á subministración de medicamentos para uso humano que conteñan organismos modificados xeneticamente ou estean compostos por estes organismos, destinados a tratar ou previr a doenza coronavírica (COVID-19).

• Regulamento (UE) 2020/1042 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de xullo de 2020 por que se establecen medidas temporais relativas aos prazos para as fases de recolla, verificación e exame da iniciativa dos cidadáns europea vista a crise da COVID-19.

• Regulamento (UE) 2020/1041 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de xullo de 2020 relativo aos recursos destinados á asignación específica da Iniciativa de Emprego Xuvenil.

• Regulamento (UE) 2020/1040 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de xullo de 2020 relativo ao impacto da crisis da COVID-19. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Recomendación (UE) 2020/1052 do Consello de 16 de xullo de 2020 relativo á restrición temporal das viaxes non esenciais á UE e ao posible levantamento desa restrición.

(11)

• Decisión (UE) 2020/1101 da Comisión de 23 de xullo de 2020 relativa á concesión dunha franquicia de dereitos de importación e dunha exención do IVA respecto da importación das mercadorías necesarias para combater os efectos da crise da COVID-19 durante o ano 2020 [notificada co número C(2020) 4936].

10

(12)

S ENTENZAS , AUTOS E DITAMES DO TXUE

Selección das sentenzas, autos e ditames considerados máis relevantes.

Cláusulas abusivas

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-224/19 e C-259/19, resolveu que o de- reito europeo se opón a que, en caso de nulidade dunha cláusula contractual abusiva que obriga o consumidor ao pagamento da totalidade dos gastos de constitución e cancelación de hipoteca, o xuíz nacional negue ao consumidor a devolución das cantidades pagas en virtude desta cláusula, salvo que as disposicións de dereito estatal aplicables en defecto de tal cláusula impoñan ao con- sumidor o pagamento da totalidade o dunha parte deses gastos.

Máis información no Eldiario.

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-698/18 SC e C-699/18, resolveu que a normativa estatal pode establecer un prazo de prescrición da acción de restitución exercitada so- bre a base dunha cláusula abusiva incluída nun contrato celebrado entre un profesional e un con- sumidor. Ese prazo non debe ser menos favorable que o aplicable a recursos similares do dereito estatal e non debe imposibilitar na práctica nin dificultar excesivamente o exercicio dos dereitos conferidos polo dereito da UE.

Resumo da sentenza.

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-81/19, resolveu que unha cláusula contractual que non fose obxecto de negociación individual mais que reflicta unha norma que, conforme o dereito es- tatal, se aplica entre as partes cando estas non pactasen outra cousa, non está comprendida no ámbito de aplicación do dereito da UE relativo ás cláusulas abusivas nos contratos celebrados cos consumidores.

Resumo da sentenza.

Protección de datos

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-311/18, invalidou a Decisión 2016/1250 sobre a ade- cuación da protección conferida polo «Escudo da privacidade UE-EUA». Polo contrario, declara que a Decisión 2010/87 da Comisión, relativa ás cláusulas contractuais tipo para a transferencia de datos persoais aos encargados do tratamento establecidos en terceiros países, é válida.

Resumo da sentenza.

Máis información no El País.

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-272/19, resolveu que a Comisión de peticións do Parla- mento dun estado federado dun estado membro está suxeita ao Regulamento xeral de protección de datos. As persoas que presentasen un petición perante esa Comisión dispón por iso, en princi- pio, do dereito a acceder aos datos de carácter persoal que os afecten.

Resumo da sentenza.

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-264/19, resolveu que cando un filme é subido de ma- neira ilegal a unha plataforma en liña, como YouTube, o seu titular unicamente pode solicitar ao

(13)

operador, en virtude da directiva relativa ao respecto dos dereitos de propiedade intelectual (Directiva 2004/48), o enderezo postal do usuario concernido, mais non a súa dirección de correo electrónico, nin o enderezo IP, nin o seu número de teléfono.

Resumo da sentenza.

Reagrupamento familiar

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-133/19, C-136/19 e C-137/19, resolveu que a data que se debe ter en conta para determinar se un membro da familia dun reagrupante fa- miliar é un «menor» é a data de presentación da petición de entrada e de residencia. Un recurso interposto contra a denegación dunha petición de reagrupamento familiar dun menor non pode ser declarado inadmisible unicamente porque o menor alcanzase a maioría de idade durante o procedemento xudicial.

Resumo da sentenza.

Indemnizacións ás vítimas

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-129/19, resolveu que os estados membros deben conce- der unha indemnización a todas as vítimas de delitos dolosos violentos, incluídas as que residan no seu propio territorio. A indemnización non debe cubrir a reparación íntegra dos danos, mais o seu montante non pode ser puramente simbólico.

Resumo da sentenza.

Traballadores do transporte

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-610/18, resolveu que o empregador dos condutores de vehículos de transporte internacional por estrada que traballen por conta allea é a empresa de transporte que exerce o poder de dirección efectivo sobre eses condutores, de cuxa conta corren os gastos salariais e que dispón da facultade efectiva para despedilos.

Resumo da sentenza.

Dereitos dos compradores

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-343/19, resolveu que un fabricante de automóbiles cu- xos vehículos manipulados ilegalmente son revendidos noutros estados membros pode ser de- mandado perante os órganos xurisdicionais deses estados. En efecto, o dano ocasionado ao adquirente materialízase no estado membro en que adquire o vehículo por un prezo superior ao seu valor real.

Resumo da sentenza.

Responsabilidade ambiental

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-297/19, resolveu que as persoas xurídicas de dereito público poden ser responsables dos danos ambientais ocasionados polas actividades desempeña- das en interese da colectividade en virtude dunha delegación legal de funcións, como a explota- ción dunha estación de bombeo para a drenaxe de superficies agrícolas.

Resumo da sentenza.

12

(14)

P ROCESOS POR INFRACCIÓN CONTRA E SPAÑA Identificación dos pasaxeiros

A Comisión decidiu iniciar unha acción contra España no TXUE, solicitando a aplicación de san- ción financeiras, por non ter trasposto as regras da UE en materia de rexistro de identificación dos pasaxeiros para fins de prevención, detención, investigación e axuizamento dos delitos de te- rrorismo e da delincuencia grave (Directiva (UE) 2016/681). O texto íntegro do comunicado de prensa está dispoñible en liña.

Auga

A Comisión enviou a España un ditame motivado instando a asegurar o cumprimento da directiva sobre nitratos (Directiva 91/676/CEE do Consello) para protexer as súas augas da polución por ese tipo de substancias provenientes de fontes agrícolas. España ten agora un prazo de tres meses para adoptar as medidas necesarias para remediar as deficiencias identificadas. Caso contrario, a Comisión poderá decidir iniciar unha acción no TXUE.

Dereitos dos accionistas

A Comisión insta a España a proceder á notificación das medidas adoptadas con vistas á transpo- sición da directiva relativa aos dereitos dos accionistas (Directiva 2017/828/UE). España dispón agora de tres meses para responder ao ditame motivado que lle foi enviado e tomar as medidas necesarias, procedendo á notificación da transposición integral da directiva para o seu ordena- mento xurídico. Se non, a Comisión poderá decidir incoar unha acción no TXUE.

Responsabilidade ambiental

A Comisión solicitou a España que realice as dilixencias necesarias para que a súa lexislación per- mita a todas as categorías de persoas singulares e colectivas mencionadas no artigo 12.º, n.º 1, da Directiva sobre Responsabilidade Ambiental (Directiva 2004/35/CE) solicitar á autoridade com- petente que adopte medidas destinadas a corrixir os danos ambientais. España ten agora un prazo de tres meses para rectificar a situación. Se non, a Comisión poderá decidir enviar un ditame mo- tivado.

Rede Natura 2000

A Comisión instou a España a tomar as medidas necesarias para a protección e a xestión da súa rede Natura 2000, respectando así as súas obrigacións en virtude da Directiva de Hábitats (Directiva 92/43/CEE do Consello). Até a data, España aínda non designou como zona especial de conservación 345 sitios, ou sexa, mais dun cuarto dos 1.278 sitios de interese comunitario. Além diso, a Comisión considera que houbo unha práctica xeral e persistente en 12 comunidades autó- nomas e a nivel central, de no definir obxectivos de conservación suficientemente pormenoriza- dos e cuantificados, ou as medidas de conservación necesarias. España dispón agora de dous meses para rectificar a situación. Caso contrario, a Comisión poderá decidir enviar un ditame mo- tivado.

(15)

Pesca

A Comisión instou a España a tomar medidas para reducir as capturas accesorias, segundo exixen a Directiva de Hábitats (Directiva 92/43/CEE do Consello) e pola política común da pesca (Regu- lamento (UE) 2019/1241) con vistas a evitar capturas accesorias insustentables de golfiños e to- niñas polos navíos de pesca. España dispón agora de tres meses para suprir as deficiencias mencionadas. Se non, a Comisión poderá decidir enviar un ditame motivado.

14

(16)

S UXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Obras dispoñibles na biblioteca da USC

Nieves Nieto, Nuria de. 2019. El trabajo de la mujer en el derecho de la Unión Europea: Del principio de igualdad de trato a la protección de la maternidad. Cizur Menor: Thomson Reuters Aranzadi.

Esta obra examina a cobertura que o dereito da UE deu á integración da muller ao emprego profesional e á promoción da igualdade de trato entre homes e mulleres nese ámbito. Alén de dar conta das correspondentes bases normativas, estuda o contido e alcance substancial do principio de igualdade, en cuxa configuración actual se integra a prohibición da discriminación directa e indirecta así como do acoso, tanto sexual como por razón de sexo, e a posibilidade de adopción de accións positivas como instrumentos de corrección de desigualdades.

Garcia Rico, Elena del Mar, María Isabel Torres Cazorla, Andrés Bautista Hernáez, e Alicia María Pastor García, eds. 2019. Hacia una identidad europea en materia de seguridad y defensa:

¿Realidad o utopía? Valencia: Tirant lo Blanch.

O momento por que pasa a UE e os desafíos que debe encarar en materia de seguranza requiren unha profunda reflexión á cal tenta contribuír esta obra colectiva. Destacados especialistas ofrecen unha perspectiva multidisciplinar para abordar os avances más recentes na procura dunha identidade comunitaria en materia de seguranza e defensa que reúna os seus aspectos internos e externos. É esta unha obra chave para entender o presente da UE e os seus estados membros, así como para preparar o futuro e resolver as incertezas como os cidadáns europeos reclaman.

Rosati, Eleonora. 2019. Copyright and the Court of Justice of the European Union. Oxford:

Oxford University Press.

Este libro céntrase na función e actividade do Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) no dominio dos dereitos de autor, fornecendo un panorama das resolucións dos xuíces comunitarios neste ámbito durante as dúas últimas décadas. A obra estrutúrase en tres partes. A primeira trata o papel do TXUE nos casos de copyright. A segunda aborda a actividade do TXUE en tres áreas do copyright: a construcións dos dereitos económicos, as excepcións e limitacións, a aplicación. A terceira parte estuda o legado do TXUE, adoptado dúas perspectivas: a dos efectos no dereitos dos estados membros e as discusións políticas concernentes á reforma dos dereitos de autor.

(17)

Outras obras

Boissenin, Angélique. 2019. Le financement de l’Union européenne, moteur d’une intégration politique? : Contribution à l’étude du système budgétaire européen. Issy-les-Moulineaux:

LGDJ.

O financiamento da UE ten sen dúbida contribuído ao reforzo da integración comunitaria, mais non necesariamente ao da integración política. O sistema de recursos propios desempeñou un papel determinante na construción do sistema orzamentario comunitario;

mais este dispositivo non evolucionou para se adaptar ás mudanzas da UE. O problema actual non é cuantitativo, antes é cualitativo, é inscríbese na transformación dos sistemas financeiros estatais á escala internacional. A necesidade de reformar o modelo de financiamento da UE e de transformar os sistemas fiscais e financeiros dos estados no novo contexto animan a meditar a posibilidade de dotar a UE de maiores capacidades tributarias, con vistas culminar non só a unión económica senón a integración política.

Gardner, Anthony L. 2020. Stars with Stripes: The Essential Partnership between the European Union and the United States. Londres: Palgrave Macmillan.

Nos últimos 60 anos, os EUA apoiaron integración europeo por razóns de interese, tanto do europeo como do estadounidense. A condición de parceiros nas iniciativas transatlánticas para abordar os desafíos económicos, políticos e de seguranza vese ameazada desde 2016 pola chegada á presidencia dos EUA de Donald J. Trump. Nunca foi máis importante que agora comprender o papel da UE como aliado estadounidense. A presente obra ofrece unha ollada rigorosa mais accesible a como ambas as partes colaboraron de maneira eficaz en temas como o comercio, a economía dixital, o ambiente e moitos outros.

Mantu, Sandra, P. E. Minderhoud, e Elspeth Guild. 2020. EU Citizenship and Free Movement Rights: Taking Supranational Citizenship Seriously. Boston: Brill.

Esta obra colectiva estuda como a cidadanía comunitaria non pode ser descrita de maneira precisa como unha cidadanía similar á estatal nin como unha condición equivalente á de inmigrante. Existen tensións obvias nas tentativas de captar a natureza da cidadanía comunitaria como unha condición supranacional en ámbitos como o reagrupamento familiar, os dereitos sociais e a expulsión. En canto acontecementos como o brexit mostran a importancia da cidadanía comunitaria, a súa construción en termos de non-discriminación e de igualdade continúa a ser unha tarefa pendente que require o esforzo de todas as partes implicadas, das institucións aos cidadáns.

16

Figure

Updating...

References

Related subjects :