• No se han encontrado resultados

TítuloArquitectura do grao e do esquecemento: muíños hidráulicos nas parroquias de Aguasantas, Buxán e Ermedelo, Concello de Rois, A Coruña

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "TítuloArquitectura do grao e do esquecemento: muíños hidráulicos nas parroquias de Aguasantas, Buxán e Ermedelo, Concello de Rois, A Coruña"

Copied!
26
0
0

Texto completo

(1)Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS,BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS ADXETIVAS INTRODUCCION OS MUIÑOS HIDRAULICOS. 33.

(2) 34 Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ.

(3) 4. AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS: INTRODUCCION OS MUIÑOS Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. Tal e como se recolle nos libros As construccións da arquitectura popular: patrimonio etnográfico de Galicia*4” e Muíños de Río nas terras de Pontevedra*5 , os muíños tradicionais son moi diversos, xa que no seu proceso evolutivo cambiaron e melloraron os sistemas, as técnicas e os procedementos. Por iso á hora de tentar facer unha clasificación que recolla esa diversidade de tipos, cada un coas súas propias características, os criterios a seguir poden ser varios. A definición que o dicionario dá da palabra "muíño" como aparello destinado a moer ou triturar distintos produtos é, ademais de curta, sumamente xenérica co fin de non excluír dela a ningún destes enxeños populares que por veces a máis do nome “muíño”, e da súa función trituradora, non teñen outra cousa en común cá de utilizar para tal fin o movemento de pedras. A primeira e principal distinción entre eles faise atendendo ao tipo de produtos que neles se tritura, posto que cada un está deseñado para a moenda dun en particular, aínda que ocasionalmente nalgún se moesen produtos para os que non foran ideados. Entre os muíños que atopamos en Galicia hainos que moen gran (case a totalidade) e unha pequena porcentaxe de características desiguais, por veces únicas, destinados á moenda de olivas, xofre, chumbo, cortiza, etc, que se localizan en puntos ou áreas moi concretas do territorio e que empregan coma forza motriz a auga ou aínda con máis frecuencia, o esforzo humano ou animal. Dentro dos dedicados á moenda do gran, as tipoloxías son numerosas e dispares, tendo como característica común o emprego de dúas pedras —unha móbil e outra inferior fixa— para a obtención da fariña. Os outros sistemas de trituración de cereais que non se acollen a esta peculiaridade como son as pías, escapan á denominación común de muíño. Nunha primeira escolma poderíanse dividir en tres grupos atendendo á natureza da enerxía que empregan para o seu funcionamento; os manuais (moas de man), os de vento (eólicos) e os de auga (hidráulicos). O grupo dos dedicados á moenda de cereais confórmano os hidráulicos que son, debido ás peculiaridades xeográficas e climáticas da nosa terra, os que con máis éxito proliferaron. Entre elas podemos distinguir os de roda motriz vertical (bruia) e os de roda motriz horizontal (rodicio). Nos primeiros inclúense as aceas que contan cunha enorme roda de madeira, a bruia, que transmite a través do seu eixo un movemento vertical que, a semellanza dos de vento, unha serie de engranaxes encárganse de transformar en horizontal para poder ser aproveitado pola moa. O segundo grupo está constituído polos muíños de roda motriz horizontal (rodicio) que se caracterizan pola carencia de engranaxes nos seus mecanismos de rotación. Dentro deles compre diferenciar os que se asentan ao longo dos ríos dos que aparecen situados na costa e que reciben o nome de "muíños de mares". Trataremos de xeito máis amplío cada unha das distintas tipoloxías de muíño que, tendo roda motriz horizontal, están englobados dentro dos chamados "de río" e que son os que este traballo abrangue. En realidade as catro tipoloxías que se recollen amosan considerables diferenzas entre elas, moi especialmente no tratamento da auga para conseguir o movemento do mecanismo. Ademais do rodicio, a única característica que os define é a de utilizar para o seu funcionamento a auga dos ríos e regueiros, representando entre todos eles case o 100% dos muíños hidráulicos galegos. En zonas onde estas tipoloxías conviven con algunha das modalidades de muíño xa citados, é frecuente atoparmos para eles a denominación xenérica de "muíños de auga", aínda que coidamos máis axeitada a de muíños de río para diferencialos, sen esquecermos que as aceas, malia estaren fóra deste grupo, son tamén muíños dos ríos. *4 As construcións da arquitectura popular: patrimonio etnográfico de Galicia, Manuel Caamaño Suárez *5 Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 35.

(4) Cuberta DE CANLE* Descuberta*. DE CUBO*. Vertical* Inclinado De Balsa Cubo-Canle. DE DORNA. Rodicio de turbina Rodicio do Pás (sen constatar). DE RIO RODA MOTRIZ HORIZONTAL (rodicio). DE AGUA (hidráulicos) DE TINALLA DE MARES. MOEN GRAN. Rodicio de turbina Rodicio de pas. OS MUIÑOS EN GALICIA” Bruia impulsada pola parte inferior ACEAS RODA MOTRIZ VERTICAL (Bruia). Bruia impulsada pola parte superior DE MARES. MANUAIS (Moas de man) FIXOS DE TORRE CON CUBERTA FIXA (bidireccionais) DE VENTO (Eólicos). FIXOS DE TORRE CON CUBERTA XIRATORIA XIRATORIOS DE ARMAZON DE EIXO VERTICAL. MOEN OLIVAS MOEN XOFRE MOEN CHUMBO. No caso que estamos a estudiar no Concello de Rois, tódolos muíños catalogados neste proxecto son muíños de gran hidráulicos e fariñeiros con roda motriz horizontal (rodicio) de río, con sistemas de aproveitamento das augas cos sistemas de cubo e de canle, que tal como se describe nas fichas do catalogo, abundan na maioría dos estudiados, unicamente son a tipoloxía observada.. * Tipoloxías predominantes no Concello de Rois. Imaxe 15: Esquema de clasificación dos muíños Fonte: Ramiro Barros Justo “Muíños de Río nas terras de Pontevedra”. 36. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.1. ESQUEMA CLASIFICACION DOS MUIÑOS.

(5) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.2. CLASIFICACION DOS MUIÑOS EN FUNCION DA SÚA PROPIEDADE Máis definitorio, se cabe, ca tipoloxía é a propiedade, é dicir: a quen pertence o muíño. Dependendo esencialmente desta circunstancia a clase de muiñadas que nel se realizarán é o que determinará, a fin de contas, o seu labor social. Atendendo á propiedade podemos atopar fundamentalmente en Galicia dous tipos de muíño: herdeiros e maquieiros. 4.2.1. MUÍÑOS HERDEIROS Estes muíños representaron sen dúbida a construción comunal máis abondosa en Galicia, incluso superando en número a fontes e lavadoiros, e sendo con frecuencia o sistema de propiedade máis espallado entre os muíños de río, moi por riba dos maquieiros. Cos muíños herdeiros pode ocorrer que xa xurdiran como tales, isto é, que unha veciñanza acordase erguer un repartindo o tempo de moenda entre todas as casas participantes na construción. Aínda que tamén é corrente que estes fosen con anterioridade maquieiros pero que co tempo esa única propiedade se fora dividindo coma un ben máis entre os herdeiros, de onde lles quedou a denominación, e canto máis tempo transcorrese, máis repartido aparecería o tempo de moenda. O tempo de moenda recibe o nome de "vez" e está repartido nun número determinado de horas cada tantos días para cada casa de herdeiros. Exemplo: 24 h. cada 8 días; 12 h. tódolos xoves, un das 12 h. ás 24 h. e outro das 24 h. ás 12 h. O número total de horas de que dispoñen os herdeiros de cada vez, conforma un ciclo ou período de moenda que pode oscilar moito duns muíños a outros, non sendo normalmente inferior a unha semana (168 h.) e abundando moito os ciclos de dúas semanas (336 h.). Outro tanto acontece co número de horas con que cada herdeiro conta individualmente, sendo este un bo baremo para medir a riqueza dunha casa. As veces máis comúns eran de 12 e 24 h., excepcionalmente había quen tiña unha semana. Pero na realidade estes tempos eran dificilmente respectados pola imposibilidade de calcúlalos con exactitude. O normal era que, cando un dos herdeiros chegaba ao muíño e aínda moían os anteriores, darlle un tempo razoable para que rematasen. A incorporación ao agro dos reloxos de campanario fixo posible unha maior exactitude, comprobándose, curiosamente, que só naquelas parroquias que contaron con aparellos deste tipo a vez nalgúns muíños aparece fraccionada en tempos de 3 h. ou incluso de 2,20 h. ou 1,15 h., debido seguramente á posterior difusión dos reloxos de man.. Muíños de Propiedade Varios propietarios (de herdeiros) Cada herdeiro pode: Dedicado a moenda propia Vender, prestar todas ou parte das súas horas Arrendar todas ou parte das súas horas Un só propietario Cada propietario pode: (1) Dedicado a moenda allea e propia (Maquieiro) (2) Dedicado a moenda allea (Maquieiro) (3) Dedicado a moenda propia Arrendalo a unha veciñanza (herdeiro) a outra persoa ou familia (1) (2) (3) Imaxe 16: Esquema de clasificación das variantes no sistema de propiedade dos muíños de río. Fonte: Ramiro Barros Justo “Muíños de Río nas terras de Pontevedra”. 37. Outra razón pola que un muíño maquieiro podía pasar a herdeiro era a venda directa de todas ou algunhas horas de moenda por parte do dono aos distintos membros dunha veciñanza, producíndose así un cambio súpeto no sistema de propiedade. Isto adoitaba ocorrer nos casos en que o propietario xa non dispuña de xente dabondo na casa para atender a muiñada ou por se ver na obriga dun traslado de residencia. Pero a venda de horas fóra deses casos de cambio no sistema de propiedade é un feito que se segue producindo con frecuencia ao longo da vida dos máis destes muíños, non sendo naqueles onde houbese unha norma específica que a prohibise. Esta norma non existía na maioría dos casos nos que as horas de vez representaban unha propiedade libre da que se pode dispoñer sen necesidade de consultar aos demais propietarios..

(6) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. Estes muíños, coma calquera outra construción comunal, estaban rexidos por unha serie de obrigas, coñecidas e cumpridas rigorosamente por todos os herdeiros, polo que os conflitos entre eles non eran correntes. Valla o que di o seguinte refrán: "as berras no común, mal de todos e ben para ningún". As obrigas que tiñan estes muíños eran as seguintes: -Os gastos de arranxos ou renovación de pezas rotas eran custeadas por todos en proporción ás horas de moenda. -Para os traballos de limpeza despois dunha temporada de inactividade, retellado, desbroza dos accesos ou realización de calquera tipo de mellora acordada, etc., acudirían cando menos unha persoa de cada casa e máis se fora preciso. -O muíño tiña que ser coidado con esmero, deixándoo limpo e varrido despois da muiñada. -Cando a vez de que se dispoñía era inferior ás 24 horas (normalmente 12 ou 6), esta tiña que ser repartida de tal xeito que unha tocase de día e a outra de noite, alternativamente norma a seguir moi especialmente para cando se vendían horas. Finalmente, había muíños nos que á parte destas regras existían outras particulares que polo regular, xa viñan de vello e tiveran o sen porqué: a prohibición da venda de horas; o dereito do herdeiro con máis horas a dispoñer do muíño para outros usos durante os meses de inactividade; a obriga de levarlle a chave, unha vez rematada a moenda, á casa do seguinte herdeiro. Os de herdeiros veñen ser unha proba máis da grande interdependencia que existiu noutrora na nosa sociedade rural, e da importancia da comunidade para a propia supervivencia do grupo familiar, só cando esta interdependencia foi menos empezaron os conflitos entre herdeiros derrubándose todo este complexo sistema de propiedade e, con el, os nosos muíños comunais. 4.2.2 MAQUIEIROS Ocupando o segundo lugar en canto a número, están os muíños maquieiros ou de maquía, que veñen sendo muíños particulares dedicados polo seu dono á moenda allea. Funcionan, xa que logo, coma pequenos negocios dos que se tira como beneficio a "maquía" -de ai o seu nome-, ou porción de gran que se lles extrae aos clientes coma pagamento pola moenda. Ao contrario dos herdeiros, estes tiveron sempre un único propietario, non coñecéndose casos de muíños que sendo comunais pasaran logo a mans privadas. Isto non quer dicir que todos os muíños maquieiros o fosen sempre, xa que ben nos primeiros momentos ou por temporadas ao longo da súa historia, algúns deixaron de prestar o seu servizo á comunidade para se dedicar en exclusiva á moenda da casa. A construción de moitos muíños maquieiros era emprendida con frecuencia polas entidades de poder no agro, os caciques nos pazos e a igrexa a través das parroquias e mosteiros, sendo común que estes puxesen á fronte do muíño un muiñeiro a xornal, ou que llo arrendasen a unha familia á que lle cobraban anualmente o foro. Pero coa progresiva redención dos foros, algúns destes muíños foron tamén redimidos, e o acceso á propiedade da terra por parte do campesinado significou un "enriquecemento" para moitas familias labregas que contaron con medios suficientes para acometer elas mesmas a construción dun muíño, que pasaría logo a ser un produtivo negocio familiar. No tocante á construción compre destacar que a destes muíños esixía xeralmente máis requisitos ca nos de herdeiros, e dos que xa se falou ao tratarmos os traballos.. 38.

(7) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. Os maquieiros como a explotación económica que son, están vencellados a outros espazos ou construcións que satisfán as necesidades que o muíño de por si non pode ofrecer, como é a de morada dos muiñeiros. É por isto que todos están ligados a unha casa-vivenda, na que ás veces está integrado o mesmo muíño, pero que nos máis dos casos sitúase a non moita distancia del. Sendo a vivenda imprescindible para a correcta explotación do muíño, á hora de herdar reparamos que en certas zonas, coma a que abrangue este traballo, a propiedade dos de maquía pasa comunmente de avoas a fillas e de fillas a netas por seren as mulleres as que casan para a casa ao existir unha predominación do matriarcado. É de supoñer que outro tanto acontecerá nos nomes nas zonas onde o que prima e o patriarcado. Tocante ás obrigas, teñen máis ben poucas ao ser o seu propietario o que establece as normas do seu muíño. Entre elas, dependendo das zonas, estaban as seguintes: -Se o muíño estaba feito en terreo común ou no resío dun río, tería que exercer sempre de maquieiro,dedicándose só á moenda propia cando os seus servizos non fosen requiridos por ningunha persoa. -En casos de arrendamento, o muiñeiro vai a medias nas ganancias co propietario. -Non moer os días santos, norma que se infrinxía normalmente. -Se o muíño recibía do Estado a consideración de "molinera", imposta a aqueles que moían un importante volume de gran non só para o autoconsumo das familias, senón para almacéns, etc., tería que pagar un imposto anual ao Servizo Nacional del Trigo instituído en 1940 polo goberno franquista, e coñecido popularmente como a "Triguera". Estes muíños que foron a máis florecente empresa do noso campo e que xogaran un papel tan importante dentro da cultura popular non foron perdoados polo avance do progreso. Existe, por último, outro sistema de propiedade ao que se acollen moi poucos muíños de río. Trátase daqueles muíños que, sendo dun único propietario, están dedicados só á moenda propia, aínda que é ben raro que non exercesen como maquieiros algunha vez. Están ligados case sempre a unha potente explotación agraria, -un pazo, unha granxa...- que conten con considerable volume de colleita, aparecendo aquí tamén con frecuencia a figura do muiñeiro a xornal. Concluiremos dicindo que tipoloxía e propiedade non van unidos. Por outra parte os muíños de varias rodas poden acoller distintos sistemas de propiedade cando cada unha delas foi deixada en herdanza a persoas diferentes, que as explotan de xeito desigual.. 39.

(8) As obras para poder crear unha infraestrutura capaz de dotar ó muíño propiamente dito da enerxía hidráulica precisan ter en conta as seguintes partes relacionadas coa auga: zona de captación; zona de condución; e dispositivo de admisión e regulación. A captación e desviación da auga prodúcese ben nun remanso natural do curso da corrente de auga ou pola interposición nel dun obstáculo mediante unha presa que, en casos, constitúe unha verdadeira obra de enxeñería, elixíndose para isto as mellores condicións topográficas do terreo. A magnitude da presa dependerá da anchura da corrente de auga, así como das condicións do terreo, utilizándose en ocasións unha mesma presa para levar auga a distintos muíños. O desvío e percorrido da condución da auga faise por medio dunha gabia no terreo natural, de ancho e profundidade variables, que arranca da presa para levala lovada da auga ó muíño. A maioría das veces vai paralela ó río, aínda que a distinto nivel, precisando moitas veces asentarse en muros ou peares. Xeralmente esta gabia chámase canle, (aínda que tamén lovada), o que se presta a confusión coa canle que empata con ela para mete-la auga cara ó rodicio. En casos, non se precisa da lovada. O dispositivo de admisión e regulación da auga para activalo rodicio faise mediante as modalidades de canle ou de cubo. Nos muíños de canle, a auga procedente da lovada vai directamente á canle, que é a peza que lle dá nome ó muíño, na maioría dos casos de pedra que se vai estreitando consonte vai chegando ó rodicio, con percorridos diversos e con capacidade grande. Os muíños de cubo, empregados nos casos de pequeno caudal, consisten en depósitos ou pozos nos que se almacena a auga para ila usando segundo conveña. Adoitan unhas veces a forma de funil rectangular, cilíndrica ou troncocónica, ambas construídas en granito. Nas dúas modalidades, a entrada da auga, que pode ter un percorrido da lovada de centos de metros, prodúcese a unha altura determinada, ben ó nivel do terreo, no caso de forma troncocónica moitas veces, ou sobre unha canle elevada e sostida por muretes e esteos. Esa entrada leva sempre unha grade ou “reixiña” (pezas de filtraxe) feita artesanalmente, de pau de piñeiro, salgueiro ou de ferro, para impedi-lo paso da ramallada, herbas, paus e outros elementos que poidan atranca-la entrada da auga á canle ou ó cubo. Queda, por último, o edificio do muíño, o lugar onde se produce o proceso de moenda para obtela fariña. Se descartamos a infraestrutura da auga, fóra do muíño atopamos diversos elementos arquitectónicos destinados a facilitar o acceso á construción e tamén outros destinados a protexela.. Imaxe 17: Esquema do proceso de captación Fonte: Manuel Caamaño Suárez:“As construcións da arquitectura popular”. 40. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.3. A INFRAESTRUCTURA EXTERIOR DA AUGA.

(9) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.3.1. OS ACCESOS. Entre os camiños máis comúns que dan acceso á construción está a "corredoira" ou camiño de carro. A presenza do carro no muíño é necesaria en especial durante a construción e tamén con posterioridade para cambiar as pedras ou, nalgúns de maquía, para transportar un gran volume de moenda destinado aos almacéns. Estas corredoiras, que poden ser terreas ou enlousadas, cobren en ocasións grandes distancias e, partindo da rede viaria, van serpeando por terreo empinado para morreren nas inmediacións do muíño. Como polo regular as corredoiras dan bastantes arrodeos para evitar as fortes pendentes, os "camiños" xorden como un xeito de atallo, que permite un acceso máis rápido a persoas e animais que son os verdadeiros portadores do produto. Os camiños poden ir igualmente empedrados ou limitarse a pequenos "carreiros" que conducen ata a mesma porta.. Imaxe 18,19 e 20: Fotografías de accesos dos muíños de casa de Fructuoso, A Senra(ficha nº 1), casa de Tubio, O Barreiro(ficha nº 23)e da casa de Diego, Beade (ficha nº 6),.. Outra das dificultades que adoita presentar o acceso aos muíños é o paso dos cauces de auga, en especial nos de maquía que buscan clientes da banda oposta. Os ríos crúzanse en ocasións polas pontes xa existentes se non están moi afastadas, polos vaos na temporada seca, por riba da ceña ou mesmo en barca. Sen embargo a solución arquitectónica máis empregada para dar paso aos muíños son as "pontellas" ou pontes sen arcos. Sinxelas construcións normalmente de pedra, feitas a base de lousas apoiadas sobre esteos que, segundo a súa anchura, podían permitir ou non o paso dos carros. As pontellas, debido á súa simple arquitectura, non se elevan moito sobre o nivel das augas e tampouco soportan grandes enchentes, polo que o seu uso queda restrinxido aos cauces de pequeno e medio caudal. Nos grandes ríos a solución máis adoptada son os "pasais" ou "pasadoiros", grandes pedras planas por riba, colocadas en ringleira nunha zona pouco fonda a escasa distancia entre si, de forma que no verán sobresaen das augas permitindo que as persoas atravesen o río brincando sobre elas. Dentro dos accesos cabería mencionar todos aqueles elementos que serven para acondicionar os arredores do muíño, facéndoos transitables nas zonas con auga e permitindo o acceso ás distintas partes situadas en desnivel. Son as pontellas, pedras e pasos dispostos arredor da construción para salvar a canle ou o regueiro que sae do inferno, así coma os chanzos e escaleiras de pedra que facilitan en ocasións a baixada ao inferno, a subida ao cubo, etc. 4.4. MUÍÑOS HIDRÁULICOS O aproveitamento da forza motriz xerada polo movemento e peso da auga nos muíños fixo que a utilización do modelo hidráulico fora o máis frecuente e difundido na transformación de cereais. O muíño hidráulico, que esencialmente consiste nunha construción central onde se acollen os mecanismos que promoven a moenda do gran, e outros anexos exteriores ó aire libre, que forman a infraestrutura necesaria para que poida funcionar, é o tipo predominante no Concello de Rois, como no resto da comunidade galega. Espállase por toda a xeografía, xa que non hai curso de auga que non conte coa presenza de varios destes muíños. Soamente se require que tanto os ríos como os regueiros leven un alto grao de regularidade e rapidez da auga que, cunha mínima infraestrutura, se desvía da corrente natural co obxecto de levala ó edificio do muíño para poder poñer en movemento os aparellos mecánicos.. 41.

(10) O muíño, para que cumpra coa súa función, precisa dunha serie de dispositivos situados no edificio, dos que os fundamentais son os mecanismos de rotación (rodicio, eixo, pezas de xiro e desprazamento vertical do mecanismo), situados na planta inferior ou INFERNO, e os de trituración, localizados no andar superior ou TREMIÑADO onde están o pé e a moa acompañados dunha serie de pezas e artiluxios independentes deses mecanismos aínda que necesarios para realizala moenda (moega, caixa de fariña, adella, pezas de redución ou anulación de caudal de auga –os pexadoiros e as biqueiras–, e de parada. A auga captada da corrente natural na presa e desviada e conducida pola lovada, admítese e regúlase na canle (1) ou no cubo(3). Para poñer en funcionamento o muíño, por medio da biqueira (4-5) dáselle saída á auga que baixa pola canle coa forza motriz necesaria para mover o rodicio (10), instalado na parte inferior da edificación ou inferno. Xunguido a el vai un dispositivo chamado arrieiro ou pau da porca (7), especie de trabe sobre a que se asenta o rodicio unida a outro madeiro chamado erguedoiro ou aliviadeiro (13), co obxecto de poder facer subir ou baixar todo o conxunto manexado dende o tremiñado, ó igual que o afiridoiro ou piadoira, para para-la moa, regula-la abertura entre a moa e o pé, ou arranxala. Dese xeito ponse en funcionamento o mecanismo de rotación, ó bater a auga contra as penas que van adosadas radialmente á roda motriz ou rodicio (10). O movemento xiratorio orixinado nesta roda pasa do inferno ó tremiñado por un burato aberto no piso de lousas de pedra que sosteñen os elementos da parte superior. Ese movemento transmítese á moa (3), a través dun eixo vertical composto de dúas pezas, a vara ou touzo (11) no tramo inferior e embutida no centro do rodicio e a arbre no superior, onde unha peza metálica en cruz embutida na moa, chamada segorella (18), xungue solidamente ámbalas dúas rodas horizontais.. 1-CANLE. 2-GRADILLA. 3-CUBO. 4-BUZO. 5-BILLA. 6-FERRO DA BILLA. 7-ARRIEIRO OU PAU DA PORCA. 8-PIA. 9-OVO. 10-RODICIO. 11-VARA. 12-ZUNCHO 13-ERGUEDOIRO OU ALIVIADEIRO. 14-MOEGA. 15-ESCADA. 16-CANALETA. 17-VARELON. 18-SEGORELLA. 19-BEO. 20-TREMIÑADO. 21-CAIXA. 22-CAPA - MOA. 23-PE 24-BURRA. O movemento xerado polo rodicio transmítelle a rotación a través do eixe ó mecanismo de trituración formado pola moa, peza circular móbil de pedra que leva no centro un burato, o ollo da moa, posta enriba doutra sólida peza cilíndrica fixa, chamada pé (23), ambas sobre o tremiñado. O gran para moer bótase nunha caixa de madeira de forma troncocónica aberta por dúas caras opostas, chamada moega (14), onde se inicia o labor da moenda: O gran esbara desta caixa polo seu propio peso , axudada polo movemento que lle transmite unha peza de madeira chamada tenxedoiro, cara unha canle de madeira adosada a ela, a adella, e esta méteo polo ollo da moa entre a moa e o pé. A moa xira á mesma velocidade que o movemento xerado no rodicio e tritura o gran contra o pé convertendoo en fariña, podendo regula-la súa calidade subindo ou baixando o arrieiro ou erguedoiro. Convertido o gran en fariña, esta cae no piso arredor do pé nun espazo chamado farneiro, e recóllese coa vasoira e pá, ou na caixiña de fariña no caso de habela. Se se quere moer trigo e centeo, as pedras usadas son as chamadas pedras albeiras, mentres que as que moen o millo, que son de inferior calidade, denomínanse pedras do país ou pedra mourenza. Hai numerosos artiluxios e pezas para cumprir diversos cometidos. Un deles para parar o paso da auga cando a moega se queda sen gran, a adella leva unha peza de madeira, o tenxedoiro, ou unha roda dentada, para transmitir vibracións á moega ó bater coa moa e así facilita-la saída do gran. Moitos muíños levan o aparello chamado burra, para poder pica-las pedras logo dun certo uso,.... Imaxe 21: Esquema de funcionamento do muíño hidráulico. Fonte: Autor. 42. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.5. ESQUEMA DO FUNCIONAMENTO DO MUÍÑO HIDRÁULICO DE RODA MOTRIZ HORIZONTAL ou RODICIO.

(11) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. A burra non é máis ca un guindastre de madeira cun brazo que se despraza horizontalmente e no cabo do cal vai un fuso de ferro (antigamente eran íntegras de madeira), termando dunhas cadeas ou un medio aro igualmente de ferro con dúas chavellas nos seus extremos. O seu manexo, aínda que sinxelo, require de certa habilidade. O brazo sitúase sobre a vertical da moa, previa retirada da moega e, xirando manualmente unha torniqueira, faise descender o aro ata que as chavellas estean á altura dos dous buracos enfrontados que a moa ten para este fin no seu borde. As chavellas son introducidas nos buracos e a torniqueira é xirada en sentido contrario por un home empolicado no alto dun banco. Conforme a moa vai erguendo hai que termar dela para que non vire, e cando xa levanta máis dunha cuarta por riba do pé, desprázase o brazo ata sácala da vertical deste, onde se lle dá a volta colocándolle un banco por baixo no que finalmente será depositada para pícala sen ceibala da burra. 4.6. RESUMO DA MORFOLOXÍA DO MUÍÑO HIDRÁULICO DE RODICIO A materialización do conxunto denominado muíño exprésase cunha combinación de enxeñería e arquitectura, como non se dá noutra construción da arquitectura popular, xa que a súa complexidade construtiva, aínda no caso máis simple e xeralizado cal é a do muíño hidráulico de rodicio, é grande. Para adaptarse ó entorno no que está integrado, cómpre escolmar unha serie de características determinadas aproveitando os desniveis do terreo ou os cursos onde se colla a auga para facelo andar. Por iso o muíño, no caso máis completo, abrangue un complexo construtivo que comeza polas obras de captación e condución, sistema de admisión e regulación da auga, da edificación onde se acollen os mecanismos de rotación e trituración que se moven pola forza motriz que aquela lles imprime, e unhas construcións que hai no territorio próximo para poder acceder a el persoas e animais. Xa que logo, no conxunto muíño debemos considera-las seguintes partes, que se ocupan da infraestrutura exterior da auga, do edificio central do muíño e os seus espazos, e das construcións do territorio próximo e anexas. 4.7. MUÍÑOS DE RÍO DE RODICIO A técnica máis difundida do muíño na nosa comunidade é a do muíño hidráulico de roda motriz horizontal ou rodicio, tanto polo seu alto número como por ser o máis corrente e tamén o máis antigo dos que aínda hoxe quedan en pé. A característica principal del radica no sistema mecánico de rotación, baseado nunha roda horizontal chamada rodicio ou reducio que leva radialmente adosadas no seu interior un número variable de paletas chamadas penas nas que, ó batela auga que ven do exterior contra elas e orixinar na roda un movemento rotatorio, este, por medio dun eixo vertical enxertado naquela, transmite a rotación a unha pedra circular móbil chamada moa posta enriba doutra moito máis grosa, fixa, chamada pé, e así logra-la trituración do gran e convertelo en fariña. Para levar a auga que poña en movemento o rodicio e as outras pezas mecánicas, cómpre contar exteriormente cunha mínima infraestrutura que, en función do grao de regularidade e rapidez da auga do curso do río ou regueiro, dará orixe a varios modelos de muíño hidráulico de rodicio. Tendo en conta o sistema de captación e utilización da auga para move-lo rodicio, pódense considerar tres modelos de muíños hidráulicos claramente diferenciados pola infraestrutura exterior: o muíño de canle, o muíño de cubo, e o muíño de dorna ou caldeira., se ben no Concello de Rois so se dan os dous primeiros.. 43.

(12) Esta é a tipoloxía máis abondosa e posiblemente a máis antiga entre os muíños de río galegos. Atópanse ao longo de case todo tipo de cauces, agás naqueles regueiros de moi escaso caudal estival. A auga, que o mesmo ca no resto dos muíños se toma do río por unha ceña, corre case sempre nun primeiro momento por unha presa terrea que no seu derradeiro tramo pasa a ser canle de pedra sufrindo un progresivo estreitamento e precipitándose con gran pendente cara ao rodicio. Esta pendente proporciónalle á auga a forza suficiente para poñer en movemento o rodicio e con el todo o mecanismo e, tras oo impacto nas penas, o torrente cae sobre o chan do inferno polo que corre saíndo de novo ao exterior. O aparello de rotación está composto, coma nos de cubo, por rodicios de penas radiais que poden ser de madeira ou ferro. As diferenzas que se observan entre os de canle son múltiples: dependendo do maior ou menor desnivel do cauce do río os muíños aparecen máis ou menos preto da ceña; a caída, pendente, soporte da canle, etc, varían moito duns a o litros... Aínda así, establéceme dúas tipoloxías ben diferenciadas: os de canle descuberta e os de canle cuberta. Os primeiros precisan dunha maior contribución de auga polo que no verán moitos deles paran. Teñen polo xeral unhas pequenas comportas no empece da caída da canle que, ademais de para cortar o subministro, son utilizadas para regular o caudal cando este é moito, porque aínda que algúns funcionaban sen ¡r a canle chea, o feito de que esta vaia desbordada dificulta considerablemente a moenda. O sistema de parada máis empregado é a piadoira de vara, táboa que se interpón na caída da canle tras ser accionada por unha bufarda dende o interior do muíño. No segundo grupo están todos os muíños que levan a canle cuberta no seu tramo inclinado. Estas canles van frecuentemente embutidas na terra e teñen unha maior inclinación e anchura cas descubertas debido a que tamén cumpren unha pequena función de almacenamento da auga. A canle remata no inferno nunha biqueira de pedra ou nun buraco de saída no que, na época de seca, se pode colocar unha biqueira de madeira que reduce o consumo de auga podéndose prolongar a temporada de moenda. O sistema de parada é calquera das piadoiras que actúan dentro do inferno. A gran maioría dos muíños de canle só acollen unha roda, aínda que nalgúns casos constatáronse ata tres, fornecidas por cadansúa canle que veñen sendo bifurcacións dunha canle principal pola que chega a auga a todo o conxunto. Só nos de canle cuberta se dá o infrecuente caso de que unha mesma canle abasteza a dous rodicios.. a‐Canle b‐Canleiro c‐ Inferno d‐ Tremiñado e‐Piadoira. Se cadra a razón do éxito dos muíños de canle é a de ser os de obra menos laboriosa, o que permite acometer a súa construción cos mínimos custos posibles.. Imaxe 22: Perspectiva seccionada dun muíño de canle descuberta. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 44. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.7.1. O MUÍÑO DE CANLE.

(13) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.7.2. O MUÍÑO DE CUBO Esta tipoloxía está especialmente deseñada para o aproveitamento de cauces de escaso caudal, debido ao seu mínimo consumo de auga durante a moenda. A forza que a auga precisa para por en movemento o rodicio conséguese nestes muíños a base da presión creada nun depósito chamado cubo ou pozo. Cando este depósito enche, o mesmo peso do líquido nel contido provoca unha gran presión na parte máis baixa dende onde arrinca un conduto cara ao inferno, lugar no que lle dá saída a través dun pequeno buraco polo que sae un enérxico chorro capaz de poñer en movemento todo o mecanismo. Os cubos, feitos en pedra, poden adoptar múltiples formas e tamaños segundo as necesidades de cada muíño e a orografía do lugar. Hainos cilíndricos, feitos en aros graníticos dunha soa peza; outros son trapezoidais, feitos en perpiaño e apegados a unha das paredes do tremiñado e mesmo hai algúns ao estilo balsa que a penas sobresaen do chan e que contrastan cos que acadan alturas de case 10 metros. Para o seu establecemento precisan, polo xeral, importantes desniveis do terreo nas marxes dos regatos para permitir, sen demasiado traballo, levar a auga aos pozos pola parte superior. Aínda así nun último tramo as canles de subministro que se deben manter horizontais, van progresivamente afastándose do terreo descendente, ás veces sobre muros macizos, outras sobre esteos de pedra, para finalmente acadar as bocas dos cubos onde verten o seu contido. O volume de auga vertido debe ser sempre superior ao que freneticamente sae no inferno, xa que de ser menos non había tardar en baleirar o pozo. É por isto que para un correcto funcionamento o cubo debe rebordar seguido polo chamado rebousadoiro. Para minorar o consumo de auga no buraco de saída colócaselles, o mesmo ca nos de canle cuberta, unha biqueira de madeira coa diferenza de que nestes é un elemento permanente mentres que naqueles é un accesorio para a temporada seca. O sistema de parada é unha piadoira dentro do inferno nas súas múltiples variantes.. a‐Canle b‐cubo ou pozo c‐Biquiera d‐Inferno e‐Tremiñado Imaxe 23: Perspectiva seccionada dun muíño de cubo vertical cadrado. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. Á hora de establecermos subtipoloxías teremos que recorrer a outras características dos cubos que non sexan a súa forma "redondos, cadrados, rectangulares" ou altura, pois como xa quedou dito no tocante a estes carácteres a diversidade é abraiante. Así pois, atendendo ao xeito en que se dispoñen as paredes dos cubos poderíanse dividir en: •. Verticais, onde se inclúen todos aqueles pozos de paredes laterais en vertical e cunha altura sempre maior cas súas dimensións en planta.. •. Inclinados, os que tendo igualmente unha altura maior cas dimensións en planta, contan cunha lixeira inclinación respecto á vertical.. •. De balsa, os semienterrados de importantes dimensións en planta, muros laterais en vertical e un fondo de pendente progresiva.. •. Cubo-canle, os enterrados ou embutidos en empedrados que escapan da verticalidade en todos os seus lados ou polo menos no directamente oposto á parede do muíño.. Estes catro subgrupos establécense coma un xeito de afondar na arquitectura destes muíños pero non están establecidos no coñecemento popular.. Imaxe 24: Diferentes tipoloxías de cubos. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 45.

(14) 4.8. O MECANISMO O muíño é en esencia un mecanismo de trituración, aínda que para o seu correcto desenvolvemento precisa tamén de toda unha infraestrutura de procesamento de auga así coma unha construción para acollelo, protexéndoo sobre todo contra os axentes atmosféricos.. Imaxe 25: Rodicio dos muíños comunitarios de O Piñeiro(ficha nº 20) Fonte: Autor. Tratarase o muíño coma un sinxelo mecanismo composto de distintas pezas destinadas a aproveitar a forza das augas para a trituración de cereais. Se ben o mecanismo é instalado no muíño despois de feita a construción, para a realización desta débense ter previamente en conta as elementais características desexadas para o mesmo: diámetro da roda motriz, gordor da moa, etc. Para unha maior comprensión dividiremos o mecanismo en dúas partes, segundo o lugar que ocupa dentro da construción: todas as pezas situadas na planta inferior do muíño chamada "inferno" considéranse incluídas no mecanismo de rotación, mentres as que se localizan na planta superior ou "tremiñado" vencellarémolas ao chamado mecanismo de trituración.. 1. 3. 4.8.1. O MECANISMO DE ROTACIÓN Está formado esencialmente por unha roda motriz (o rodicio), un eixo vertical, unhas pezas de sustentación do xiro e outras que permiten o desprazamento vertical do mecanismo. 4.8.1.1. O RODICIO. 4. 2. É a roda motriz horizontal do muíño. Encárgase de transformar a forza da auga que nel impacta nun potente movemento xiratorio base de todo o mecanismo. Segundo para que tipo de muíños traballe, é dicir, dependendo do distinto aproveitamento que da auga se faga, as características destes difiren notablemente, aparecendo tres tipoloxías ben diferenciadas: 4.8.1.1. 1. RODICIO DE PENAS Está formado por unha roda de culleres ou penas dispostas radialmente, que son as que acollen a forza da auga impulsora do movemento. O chorro bate nunha pena e o rodicio xira o suficiente como para que dea na seguinte e así sucesivamente, producindo unha rotación continuada de velocidade homoxénea. Son os máis frecuentes xa que aparecen en toda caste de muíños de canle e mais de cubo. Comezaron sendo de madeira e conformaban unha única peza xunto co eixo. Cada pena ía escaravellada no cabo dun taco que polo outro extremo estaba inserido directamente no eixo, levando se cadra un aro de ferro unindo todas as pezas. Outros estaban formados por unha coroa circular feita en madeira unida ao eixo mediante listóns e sobre a que se dispuñan unhas improvisadas penas, a base de taboíñas ou mesmo ferraxes equidistantes entre si. Estes rústicos e laboriosos enxeños foron desprazados polos de ferro, feitos nun principio por ferreiros habelenciosos que argallaban rodicios de dispares características dependendo da zona ou a inventiva de cada un. Elaborados con ferro doce, contaban con penas cuadrangulares ás que en ocasións se lles daba unha certa concavidade domeando as chapas de metal nunha singular prensa. A diferenza dos de madeira, os de ferro forman unha peza á. 5. 6. 7 1‐ Rodicio de fundición 2‐ Rodicio dun muíño de Dorna 3‐ Rodicio con penas de Ferreiro. 4‐ Rodicio feito dunha moa de pedra 5‐ Rodicio de Ferreiro 6 e 7‐ Rodicios de madeira Imaxe 26: Diferentes tipoloxías de rodicios. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 46. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. A práctica totalidade dos muíños de cubo acollen unha soa roda no seu interior e, só excepcionalmente, aparece algún cun pozo de gran tamaño capaz de fornecer dous rodicios. Por outra banda, os casos de muíños con dous cubos son aínda máis raros. A construción dos pozos amosa nalgúns un laborioso traballo en cantería, os máis deles só poden traballar con moas de escaso gordor, e con frecuencia paran durante o estío. Con todo, a súa principal vantaxe reside nas súas localizacións, posto que os regatos de escaso caudal nos que se erguen son os que con máis frecuencia corren preto dos núcleos de poboación, o que os converte nos máis accesibles..

(15) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. parte que pode ser desprendida do eixo con certa facilidade por ir encaixada nel a través dun oco central comunmente de forma cadrada.Por último difundíronse con grande éxito os rodicios de ferro fundido que, ao contrario dos anteriores feitos á medida segundo as necesidades de cada muíño, eran fabricados nas fundicións ou nos obradoiros con torno de fundir. Para adaptarse ás peculiaridades da maioría dos muíños, facíanse rodicios de diferentes diámetros e con distinto número de penas, aínda que os máis estendidos son os que teñen arredor de 1,25 m. de diámetro e vinte catro penas. A pesar do devandito, en ocasións non se daba co rodicio axeitado para cambiar o vello, polo que se recorría á compra das penas para móntalas despois nunha armazón á medida. Os de fundición compóñense nos máis dos casos dun oco central hexagonal de lados opostos distanciados 19 cms; das esquinas do hexágono saen uns brazos que sustentan un aro de ferro duns 60 cm. de diámetro, no que directamente van enroscadas as penas, de forma cóncava arqueada e 30 cms. de longo. As penas están finalmente soldadas polo seu extremo a outro aro máis fino que as circunda proporcionándolles estabilidade. 4.8.1.1. 2. RODICIO DE TURBINA Esta modalidade que aparece igualmente nos de mares, ten cabida entre os de río na tipoloxía de dorna. Debido ás condicións nas que traballa, as súas características difiren considerablemente dos de penas, tendo en común cos máis deles o feito de que rodicio e eixo son dúas pezas independentes, especialmente fáciles de separar nos de turbina. A súa estrutura é sinxela pero moi resistente para soportar o continuo e voluminoso embate da auga. Os rodicios máis antigos son de madeira, feitos en dous semicírculos, neles escárvanse tres cuadrantes de iguais dimensións a máis de medio buraco para o paso do eixo. Ambas metades úñense entre si mediante parafusos de madeira e aros perimetrais de ferro. Por traballaren estes rodicios sulagados na auga a madeira de piñeiro convenientemente tratada era a preferida na súa elaboración. Sen embargo, atopar unha árbore axeitada das dimensións precisas non era doado, polo que aparecen algúns feitos en seis ou incluso máis partes. Outra das diferenzas observadas é que mentres nuns todos os cuadrantes transcenden de arriba a abaixo, noutros só o fai un deles para permitir a extracción da chavella, ou ningún no caso de que o rodicio sexa extraído polo tremiñado. Tamén nesta modalidade se difundiron rodicios de fundición feitos nunha soa peza que arremedan perfectamente aos de madeira, pero que polo seu prezo e afastada fabricación non tiveron demasiado éxito.. Imaxe 27 e 28: detalle de rodicio de madeira localizada no muíño de Clemente, Buxán (ficha nº 16) Fonte: Autor. 4.8.1.1. 3. RODICIO DE PAS Son os máis escasos, traballando en muíños de tinalla e falta por constatar nos de dorna. En realidade non se trata estritamente dun rodicio posto que escapa á tradicional forma redonda que os define e porque tampouco ten sentido neste caso analizalo como peza independente ao formar parte do mesmo eixo. O seu sinxelo deseño baséase en ofrecer gran superficie de resistencia a un potente volume de auga. Para iso conta con dúas táboas de carballo dispostas en cruz, de altura variable e cunha lonxitude lixeiramente inferior ao diámetro da cámara na que traballan. As táboas, encaixadas entre si, van introducidas no eixo pola súa parte inferior que está fendida en cruz con tal finalidade. Unha argola pecha finalmente as entallas no máis baixo, conformando así un eixo de catro pas.. Imaxe 29 e 30: detalle de rodicio de ferro vista na central do Tambre en Noia, A Coruña Fonte: Autor. 47.

(16) 1. É a peza encargada de transferir o movemento do rodicio á moa, e está composto na maioría dos muíños por dúas pezas: o touzo e o beo.. 1. 2. O "touzo" ou “vara” é un toro de madeira feito normalmente do cerne dun carballo rectilíneo; a súa lonxitude está en función das dimensións do inferno e a lonxitude do beo, aparecendo algúns de a penas 60 cms, e outros de máis de 2 metros. Fixado a el vai o rodicio, a unha altura determinada pola situación do buraco de saída da auga, sen ir nunca por riba da metade do touzo e situándose na maioría na parte baixa. O encaixe entre touzo e rodicio realízase sempre mediante a adaptación do primeiro ás características do buraco central do segundo. Para impedir que o rodicio baixe da súa posición correcta, o touzo ten un maior diámetro na parte situada por debaixo deste, mentres que o seu diámetro mingua progresivamente canto máis cara a arriba. E para que o rodicio xire en consonancia co eixo métense unhas estelas de madeira ou, con máis frecuencia, no punto de unión o touzo adquire a forma xusta do buraco do rodicio (cadrada, hexagonal, etc.) de xeito que unha peza encaixa á perfección na outra. A máis do rodicio, unidos ao touzo van outras dúas pezas: a "ra" na súa testa ou cara inferior, e o "beo" na parte superior.. 1. 2 2. 3. 3 3 4. 4. 4 5 8. 5. 5. 8 8. O "beo" é unha barra de ferro doce de sección circular e aproximadamente 2 cms. de diámetro. Un dos seus extremos remataba nun "espigo" destinado a acoller a "segorella" ou peza sobre a que pousa a moa, mentres que o outro vai aplanado ou remachado para facilitar a transmisión do xiro por parte do touzo. O beo é fabricado polos ferreiros de cada zona que os elaboran a partir de pezas cuadrangulares dándolles forma circular só no extremo oposto ao remache, ou ben mercan as barras cilíndricas adaptándolles as puntas para que sirvan no muíño.. 7. 6 6. Para acoller o beo o touzo vai radiado pola parte superior, formando unha entalla ou "enxerto" na que se introduce a parte remachada do beo. O enxerto cerrase despois mediante "argolas" de ferro. En ocasións, para evitar desprazamentos laterais do beo, ocúpanse os espazos sobrantes ao longo da entalla cun listonciño a cada lado. O beo é unha peza a medio camiño entre o inferno e o tremiñado e serve de nexo entre o mecanismo de rotación e o de trituración.. 6. 1‐ Segorella 2‐ Espigo 3‐ Beo. 4‐ Argolas 5‐ Remache 6‐ Touzo 7‐ Lobete 8‐Enxerto. Nalgúns muíños, e formando parte do eixo, aparece unha peza máis que se interpón entre o touzo e o beo: o "lobete". O lobete é unha prolongación do touzo, está tamén feito de madeira e vai encaixado no enxerto do touzo, contando cunha entalla propia para acoller o beo. A presenza deste elemento é necesaria naqueles muíños que contan cun beo demasiado curto para o que se precisaría un touzo máis longo que posiblemente sería difícil de abocar dentro do inferno co rodicio posto. A inclusión do lobete facilita o desmonte do eixo e a posterior extracción e introdución das pezas no interior do inferno.. Imaxe 32: Diferentes tipoloxías de eixos. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. Imaxe 31: fotografía de eixo localizado no Muíño da casa de Castro, Cernan (ficha nº 10). Fonte: Autor. 48. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.8.1.2. O EIXO.

(17) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.8.2. AS PEZAS DE SUSTENTACIÓN DO XIRO Son dúas, unha xiratoria unida ao touzo, a "agulla", que traballa sobre outra a penas móbil denominada "ra". Ata hai ben pouco, na maioría dos muíños ambas pezas eran de pedra, elaboradas a partir de seixos do río de especial dureza, ou mesmo croios que algúns ían buscar á costa. As agullas eran polo xeral ovoides ou de forma máis alongada, e non precisaban de arranxo ningún. As ras, pola contra, son aplanadas e de maior tamaño, precisando para a súa utilización da elaboración dunha fenda na súa superficie. Esta fenda faise moi pequena coa finalidade de non opoñer a penas resistencia ao xiro o que provocaba, por outra parte, que con frecuencia a agulla saíse dela. Estas ras de pedra tiñan como única desvantaxe o perigo de rotura que se podía producir por un excesivo requentamento das pezas sometidas ao continuo rozamento. Para evitar este problema, en moitos muíños onde as salpicaduras do rodicio a penas refrixeraban as pedras, facíase na boca do inferno unha pequena represa de xeito que a auga empozase ata cubrir a ra, castigada polo intenso tradear da agulla. 1. Este inconveniente fixo que en moitos casos as de pedras foran dando paso a outras de ferro que se mercaban xa feitas e que, malia non romperen, contaban con outra desvantaxe derivada de sufrir un desgaste maior cas antigas. Para facer fronte a este problema recorrían a distintas solucións: agullas de catro puntas para cando se gastase unha colocar a outra, agullas de dúas puntas saíndo dun cubo con catro fendas que servía igualmente de ra, e mesmo as agullas dunha única punta podían ser levadas ao ferreiro para que as afiase. A agulla vaí introducida en parte nun buraco practicado á medida na testa do touzo, onde fica axustada coa introdución de estelas. Pola súa parte a ra vai tamén incrustada ou mesmo cravada no traveso de madeira denominado "arrieiro".. 2 2. 3. Imaxe 34 e 35: fotografías de agulla e rá sobre o seu arrieiro localizadas nun dos tres muíños comunitarios de O Piñeiro(ficha nº 20). Fonte: Autor. 4. 1‐ Agulla e rá de fabricación industrial 2‐ Agullas e rás de ferreiro 3‐ Agulla de ferreiro e rá de pedra(xoga) 4‐ Agulla e rá de pedra. Imaxe 33: Diferentes formas de sustentación. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 49.

(18) Debido a que as pedras de moer sofren un progresivo desgaste, e tamén que para moitos arranxos ou para deter algúns muíños compre unha separación distinta entre as pedras, pero sobre todo porque non sempre se precisa un mesmo tipo de fariña nin o gran pode ser moído igual durante todo o ano, os mecanismos de todos os muíños traballan sobre un traveso, "o arrieiro", que permite aumentar ou reducir a separación entre a moa e o pé, sendo accionados dende o tremiñado a través do "erguedoiro".. 1 2. O arrieiro é unha trabe de madeira de carballo, aínda que tamén os hai de piñeiro, madeira menos forte pero máis resistente á auga na que adoitan estar sulagados a maioría dos arrieiros. Vai dun lado embutido nunha das paredes do inferno e do outro enganchado por distintos sistemas ao erguedoiro. Moitas veces o arrieiro está solto, polo que se lle poñen unhas pedras de lado para impedir que se desprace horizontalmente. Outras veces conta no seu extremo fixo cun pequeno eixo que facilita grandemente os movementos verticais, como tamén o fai o feito de que a ra vaia no posible colocada máis preto deste punto de apoio, escapando da proximidade ao erguedoiro.. 3. 4. 3. O erguedoiro é a peza encargada de facer viable o erguido do arrieiro, e polo tanto de todo o mecanismo de rotación e da moa, dende o tremiñado. Aínda na actualidade a maioría dos muíños contan co antigo sistema consistente nun barrote cuadrangular de madeira que vai dende un extremo do arrieiro ata o tremiñado onde remata nunha "cruz" coa que fai que suba e baixe o arrieiro, xogando cunhas pequenas cuñas metidas debaixo dos brazos da mesma. Noutros muíños este sistema evolucionou cara a outro no que o erguedoiro é unha longa barra de ferro que remata no tremiñado nun fuso con volante en substitución da cruz, permitindo así unha maior precisión e facilidade no erguido. Finalmente, unha minoría de muíños contan con peculiares erguedoiros froito da inventiva persoal ou das necesidades moi específicas.. 4. 6 5. 4. 5 4. Imaxe 36,37,38 e 39: fotografías de distintas pezas empregada para o desprazamento vertical do mecanismo localizadas nos muíños de Fructuoso, A Senra(ficha número 1), muíño de Castro, Cernan (ficha nº 10), muíño de Chuco, O Barreiro (ficha nº 22)e muíño de Ventura, Cernán(ficha nº 12). Fonte: Autor. 1‐ Volante de ferro 2‐ Volante de madeira 3‐ Erguedoiros de ferro 4‐ Arrieiro 5‐ Erguedoiros de madeira 6‐ Cruz Imaxe 40: Diferentes formas de sustentación. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. 50. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.8.3. PEZAS PARA O DESPRAZAMENTO VERTICAL DO MECANISMO.

(19) Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. 4.8.4. O MECANISMO DE TRITURACIÓN Rachante Moente. Ollo. Aínda que en esencia o mecanismo de trituración está composto unicamente polas pedras de moer, incluiremos tamén nel a "segorella" e máis a "buxa" por estaren situadas dentro da planta do tremiñado.. Entrante. 4.8.4.1. AS PEDRAS. Moa. Son as encargadas directas da trituración do cereal. O gran desfaise ao pasar entre o mínimo espazo deixado entre elas sen que estas cheguen a tocarse. As pedras, que son dúas, reciben en conxunto o nome de "roda" mentres que por separado son nomeadas como "pé" e"moa". Buxa. O pé é a pedra inferior fixa, de forma cilíndrica e cun diámetro variable que nos máis dos casos anda arredor de 1 metro. A súa altura vai en función da antigüidade, xa que canto máis vellos máis erosinados aparecen. No caso de pés novos, que se teña constatado, a altura raramente excede dos 90 cm. Contan cun buraco central, o "ollo", duns 10-12 cms. de diámetro destinado ao paso do beo e no que vai incrustada a "buxa". A cara inferior do pé, que pousa no chan do tremiñado, é de forma plana mentres que a oposta presenta unha forma convexa máis ou menos acusada que ten como fin facilitar o tránsito do gran entre as pedras. Nesta cara algúns teñen uns pequenos sucos concéntricos arredor do ollo destinados a facilitar a rotura do cereal como primeiro paso da moenda. Para a obtención dunha fariña de calidade o pé debe ser dunha pedra lixeiramente máis branda cá da moa, e presentar un veteado en sentido vertical ao contrario do horizontal da moa.. Pé. Buxa con catro fechas. A moa é a pedra circular que traballa xirando enriba do pé, cun diámetro igual ao daquel ou unha chisca superior. Para adaptarse ao pé a súa cara inferior é cóncava mentres que a superior é plana nalgúns e convexa na maioría para equilibrar o peso nos bordes. O seu gordor, tamén minguante ao longo do tempo, non adoita exceder nas novas dos 20 cms., dependendo este valor da propia capacidade do muíño. As máis delas traballan ata que quedan con menos de 3 cm., cando finalmente rompen ou fican inútiles por non ofreceren o peso mínimo necesario para a trituración.. Moa con segorella dobre. Imaxe 41: Esquema de mecanismo de trituración. Fonte: Muíños de Río nas terras de Pontevedra, Ramiro Barros Justo. A moa conta igualmente cun ollo central polo que cae o gran e que ten un diámetro algo superior ao practicado no pé. O ollo vai por veces rematado cun recercado que representa nalgúns casos o único elemento superfluo ou adorno co que contan moitos muíños. No lado cóncavo a ambos lados do ollo, a moa presenta dous rebaixes na pedra destinados a acoller a segorella e que se cinguen ás medidas desta, é o chamado "segorellal". Para que a trituración se vaia realizando dun xeito progresivo a moa ten na súa cara moedeira unha concavidade maior cá convexidade do pé polo que cando a moa é baixada para que pouse no pé, non é toda a superficie a que asenta nel senón que só o fan os bordes. Dependendo da separación que en cada punto hai entre as dúas pedras, a superficie cóncava da moa recibe distintos nomes: a zona que rodea o ollo é o chamado "entrante", onde o gran non toca na moa e avanza cara ao exterior empurrado polo que vai caendo; a zona central é o "rachante" onde os grans de millo son esnaquizados ao entraren en contacto coas dúas pedras; finalmente, o cereal convértese en fariña no chamado "moente" ou zona perímetral da moa, que actúa tamén coma rachante cando o que se moen son os pequerrechos grans de centeo. As moas que responden a estas características son as chamadas "do país" ou "negreiras", feitas dunha caste especial de granito nas canteiras da Terra, variando a súa tonalidade e granulado dunhas zonas a outras.. Imaxe 42: fotografías de pé e capa do muíño de Ventura, O Barreiro (ficha nº 12). Fonte: Autor. 51.

(20) 4.8.4.2. A BUXA É unha peza cilíndrica de madeira de bidueiro que vai encaixada a mandadas dentro do ollo do pé, tapándoo na súa parte alta. A buxa, que é xunto co pé a única peza fixa do mecanismo, cumpre dúas importantes funcións: a de impedir que o gran caia para o inferno, e a de servir de punto de suxeición do eixo ao pasar o beo a través dela por un buraco á medida practicado no seu centro. Debido ao continuo rozamento do beo contra a madeira, a buxa é a peza que con máis frecuencia ten que ser renovada; para evitar un rápido desgaste, a algunhas introducíuselles polo lateral catro fechas de madeira de buxo que sosteñen verticalmente o beo permanecendo indelebles durante moito tempo. 4.8.4.3. A SEGORELLA E unha peza de ferro doce, que ben podería estar incluída dentro do eixo posto que vai unida ao beo. A súa función é a de manter a moa horizontal suxeitándoa equilibradamente polo medio no chamado segorellal. Outra das funcións que nalgúns casos desempeña é a de empurrar co seu xiro os grans entre as pedras. A súa forma é variada, as rectangulares coas puntas rebaixadas parecen ser as máis comúns, aínda que tamén as hai con puntas en forma de abanos e mesmo circulares no medio. En ocasións aparecen moas con dous segorellais cruzados, o que pode deberse á existencia de segorellas en forma de cruz —non constatadas— ou tamén porque a moa fose adaptada para unha nova segorella debido a un cambio de muíño. A segorella ten no medio un buraco cadrado no que entra axustado o espigo do beo, ambas pezas son unidas ou desligadas mediante un golpe seco do martelo ou do pico do muíño deitado.. Imaxe 43 e 44: fotografías de segorellal do muíño de Ventura, Cernan (ficha nº 12) e segorella nun dos tres muíños comunitarios de O Piñeiro(ficha nº 20). Fonte: Autor. 52. Título: ARQUITECTURA DO GRAO E DO ESQUECEMENTO | MUIÑOS HIDRÁULICOS NAS PARROQUIAS DE AGUASANTAS, BUXAN E ERMEDELO | Data: XUÑO 2014 Autor: J. CASTOR CAMPOS RODRÍGUEZ | Titulación: GRAO DE ARQUITECTURA TECNICA | FIN DE GRAO 2014 | E.U.A.T. UNIVERSIDADE DA CORUÑA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA E CENCIA DA REPRESENTACION GRAFICA | Tutores: JOSE ANTONIO DÍAZ ALONSO | JOSE MANUEL YAÑEZ RODRIGUEZ. Por outro lado están as coñecidas como "albeiras", moi escasas e que só aparecen nos muíños maquieiros acompañadas case sempre por unha ou máis rodas de moas do país. As albeiras teñen a peculiaridade de estaren especialmente deseñadas para a moenda do centeo ou o trigo e son recoñecibles a simple vista pota súa cor abrancuxada. Están feitas de rochas cuarcíticas das existentes na península en latitudes máis ao sur dende onde se traían, o que encarecía grandemente o seu prezo. Sen embargo tiñan importantes vantaxes coma a de non precisar picado máis ca unha vez ao ano, operación que nas negreiras chegaba a ser requirida incluso semanalmente. En canto á forma, a principal diferenza entre unhas e outras é a menor concavidade que presentan as albeiras na súa cara trituradora, onde tamén é frecuente que conten cunhas estrías radiais..

Referencias

Documento similar

Coordinador do 2º curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Rodríguez Guitián, Manuel Antonio. Coordinador do módulo “Os elementos do medio natural” do Máster

40 Literatura Española dos séculos XX e XXI 426 Literatura española: das vangardas ao século XXI 42 Técnicas de investigación literaria Técnicas de investigación literaria

A análise do efeito da auriculoterapia nos escores e sintomas de ansiedade e estresse dos professores do ensino fundamental I e II e do EJA demonstrou que a

PRIMERO.- Frente a la sentencia de instancia que estima la demanda interpuesta por la parte actora en reclamación del carácter indefinido de la relación laboral y

PRIMERO.— Así la demandante—ejecutante, Da - como la demandada—ejecutada Universidad de Santiago de Compostela (USC), se alzan, respectivamente, en suplicación contra el auto

Mientras que predominaban las mujeres en la mayoría de tipos de atenuadores, hemos podido obtener otra realidad de este corpus al contabilizar todos los empleos de la atenuación

Permiso por festividade propia do Centro de traballo e festas locais.- O PDI gozará tamén do día no que, consonte ao calendario académico aprobado, se celebre a festividade propia

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura