• No se han encontrado resultados

Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela"

Copied!
166
0
0

Texto completo

(1)

Orzamento da Universidade de Santiago de

Compostela

2017

Documento aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión do 16

de decembro de 2016 e polo Consello Social na súa sesión do 22 de

decembro de 2016

(2)

2

INDICE

1. Introdución ... 4

2. Marco xurídico ... 6

3. Procedemento de aprobación do Orzamento da USC... 17

4. Aplicación e dinámica do Plan Galego de Financiamento Universitario ... 20

Evolución de resultados da Usc no Panel de indicadores do PGFU ... 21

5. Volume, distribución e límites de gasto do orzamento ... 22

5.1 Fondos a incorporar ao orzamento definitivo ... 22

5.2 Cuantificación sobre variacións retributivas ... 22

5.3 Límites nos gastos de persoal ... 23

5.4 Teito de gasto non financeiro ... 23

5.5 Resumo do orzamento da USC para 2017 ... 24

INGRESOS ... 24

GASTOS ... 25

6. Análise do orzamento de ingresos ... 27

6.1 Capítulo III. Prezos públicos e outros ingresos ... 28

6.2 Capítulo IV. Transferencias correntes ... 29

6.3 Capítulo V. Ingresos patrimoniais ... 29

6.4 Capítulo VII. Transferencias de capital ... 30

6.5 Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros ... 30

7. Análise do orzamento de gastos ... 32

7.1 Análise desde o punto de vista económico: ... 32

7.2 Análise desde desde o punto de vista orgánico ... 33

7.3 Análise desde o punto de vista funcional ... 34

8. Liñas máis salientables de actuación cos recursos orzamentarios ... 36

8.1 En materia de persoal ... 36

8.2 En materia de xestión da I+D+i ... 38

8.3 En materia de oferta e calidade docente ... 39

8.4 En materia de internacionalización ... 39

8.5 En materia de especialización dos campus ... 39

8.6 En materia de infraestruturas de investigación ... 39

8.7 En materia de saneamento financeiro ... 39

9. Cadros de persoal ... 40

10. Programación de investimentos ... 40

11. Bases de execución do orzamento ... 41

11.1 Clasificación económica ... 41

11.2 Teito de gasto non financeiro ... 41

(3)

3

12. Normas de execución do orzamento ... 42

13. Anexos ... 59

Anexo I. Resumo do orzamento da USC para 2017 ... 60

Anexo II. Orzamento de ingresos ... 62

Anexo III. Orzamento de gastos 2017. Clasificación económica, Clasificación Orgánica, Clasificación funcional ... 68

Anexo IV. Gastos de persoal. Postos da RPT dotados orzamentariamente por categorías e Fondos para novas dotacións (pendentes de decisión) ... 122

Anexo V. Programa de investimentos. Obra de Reparación, Ampliación e Mellora e Plan de investimentos TIC ... 152

Anexo VI. Actualización de tarifas por prestación de servizos ... 157

(4)

4

1. Introdución

O 2 de decembro de 2016 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para 2017, que lle remitiu ao Parlamento para o seu debate e aprobación. Tal data de inicio do proceso parlamentario de discusión do orzamento, consecuencia do calendario político derivado das eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro, fai imposible dispoñer dun marco orzamentario autonómico definitivo antes do 31 de decembro. Igualmente, esa incerteza dáse con maior intensidade en relación coas determinacións que se deriven das regulacións que podan concretarse no orzamento do Estado, aínda non formalizado como proxecto.

Non obstante, a USC necesita aprobar en prazo (é dicir, antes do 31 de decembro de 2016)

o seu orzamento para 2017. Tal necesidade nace tanto das esixencias do noso Plan

Económico Financeiro de Reequilibrio, que fai que existan créditos que cómpre dotar para

facer fronte ao conxunto das súas previsións, como do feito de que consolidar unha

dinámica de normalidade orzamentaria na nosa institución, tras un prolongado período no

que se operou con orzamentos prorrogados, é moi importante para asentar unha xestión

económico-financeira rigorosa e ordenada. E esta, por outra parte, é un requisito básico

(5)

5

para que a institución avance na senda da mellora do seu desempeño no campo da docencia e da investigación, o desenvolvemento e a innovación, que son as funcións que ten encomendadas por parte da sociedade.

Neste contexto, os orzamentos de 2017 que se presentan á consideración do Consello de Goberno para a súa elevación ao Consello Social, parten de recoller, no plano cuantitativo, as certezas que se derivan do proxecto orzamentario da Xunta, á súa vez asentadas sobre as do Plan Galego de Financiamento Universitario, aprobado en decembro de 2015 e con vixencia ata 2020, que asegura un marco financeiro mínimo ao incorporar unha dinámica regrada de asignación de fondos, asi como dunha estimación prudente dos ingresos propios; e, no plano cualitativo, ten en conta as regulamentacións actualmente coñecidas, deixando á marxe da formulación inicial os aspectos que serán concretados nos orzamentos xerais do Estado.

Así, calquera modificación que teña orixe nestes, ou nos da Xunta que definitivamente se

aproben, requerirán as correspondentes adaptacións neste orzamento da USC.

(6)

6

2. Marco xurídico

Resulta obvio afirmar que a formulación dos orzamentos da USC ven condicionada polo marco económico xeral, pero, en particular, polo novo PGFU 2016-2020 e polo Plan Económico Financeiro de Reequilibrio; sen embargo, e dado o carácter da universidade como institución pública, é tamén moi relevante o marco legal e o conxunto de normas que determinan a capacidade de actuación da institución respecto a este documento.

Este marco normativo está orientado especificamente, nos últimos exercicios, a garantir a estabilidade orzamentaria das administracións públicas e á procura da consolidación fiscal, de forma que as normas afectan non só ao volume ou teito de gasto, senón tamén á composición deste, e en particular ao relativo aos gastos de persoal.

En consecuencia, preséntase a seguir a normativa básica que se relaciona co Orzamento da USC:

Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades

O artigo 2.2 desa lei (modificada pola Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril) recolle a competencia da universidade para elaborar e aprobar o seu orzamento anual. Nos termos da Lei, a autonomía das universidades comprende “A elaboración, aprobación e xestión dos seus orzamentos e a administración dos seus bens”.

O artigo 14.2 establece as competencias do Consello Social sobre o orzamento e a programación plurianual:

“Así mesmo, correspóndelle a aprobación do orzamento e da programación plurianual da universidade, a proposta do Consello de Goberno. Ademais, con carácter previo ao trámite de rendición de contas a que se refiren os artigos 81 e 84, correspóndelle aprobar as contas anuais da universidade e as das entidades que de ela poidan depender e sen prexuízo da lexislación mercantil ou outra ás que as ditas entidades poidan estar sometidas en función da súa personalidade xurídica”.

O título XI establece o marco do réxime económico e financeiro das universidades públicas. En concreto:

No artigo 79.1 recóllese que “As universidades públicas terán autonomía económica e financeira nos termos establecidos na presente Lei. A tal efecto, garantirase que as universidades dispoñan dos recursos necesarios para un funcionamento básico de calidade.”

O artigo 81 foi obxecto de importantes modificacións por parte do Real Decreto-Lei

14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no

(7)

7

ámbito educativo, que no seu artigo 6 establece a seguinte redacción para o referido artigo 81:

81.2: O orzamento será público e equilibrado, e comprenderá a totalidade dos seus ingresos e gastos. Para garantir un mellor cumprimento da lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, as universidades deberán cumprir coas obrigas seguintes:

- Aprobarán un límite máximo de gasto con carácter anual que non poderá ser superado.

- Os orzamentos e as súas liquidacións farán unha referencia expresa ao cumprimento do equilibrio e sustentabilidade financeiros.

81.4: Ao estado de gastos correntes acompañarase a relación de postos de traballo do persoal de todas as categorías da universidade, especificando a totalidade dos custes da mesma e incluíndo un anexo no que figuren os postos de novo ingreso que se propoñen.

Os custos do persoal docente e investigador, así como de administración e servizos, deberán ser autorizados pola Comunidade Autónoma, no marco da normativa básica sobre Oferta de emprego público. Así mesmo, o nomeamento de persoal funcionario interino e a contratación de persoal laboral temporal polas universidades deberá respectar a normativa básica estatal na materia.

81.5: As universidades deberán confeccionar a liquidación do seu orzamento antes do primeiro de marzo do exercicio seguinte.

En caso de liquidación do orzamento con remanente de tesourería negativo, o Consello Social deberá proceder na primeira sesión que celebre á redución de gastos do novo orzamento pola contía igual ao déficit producido. A expresada redución só poderá revocarse por acordo de dito órgano, a proposta do Reitor, previo informe do interventor e autorización do órgano correspondente da Comunidade Autónoma, cando a dispoñibilidade orzamentaria e a situación de tesourería o permitiran.

As transferencias, con cargo aos orzamentos da Comunidades Autónoma, a favor, directa ou indirectamente, das universidades requirirán a aprobación e posta en marcha da redución de gastos.

As universidades remitirán copia da liquidación dos seus orzamentos e o resto de documentos que constitúan as súas contas anuais á Comunidade Autónoma (….) A falta de remisión da liquidación do orzamento, ou a falta de adopción de medidas no caso de liquidación con remanente negativo, facultará á Comunidade Autónoma para adoptar, no ámbito das súas competencias, as medidas necesarias para garantir a estabilidade orzamentaria da Universidade.

En relación con esta regulación nova derivada do Real Decreto-Ley 14/2012, de 20 de

abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo,

(8)

8

cómpre salientar o cambio de natureza que supuxo respecto ás RPTs da universidade. En efecto, ata ese ano, as RPTs tiñan unha función reguladora, aínda que non se fixese unha adecuación sistemática entre esta e as dispoñibilidades orzamentarias anuais, utilizándose sistemas de xestión das RPTs que “dotaban” ou “desdotaban” postos sen producir necesariamente a súa amortización no caso de que non tivesen amparo orzamentario.

Dada a situación peculiar vivida na USC dende o ano 2011 ata o 2014, inclusive, en que o orzamento de 2011 foi prorrogado en tres exercicios económicos, non se fixo aplicación efectiva da nova regulamentación. Así, a diverxencia entre os postos financiables e os incluidos nas RPTs foi medrando.

O Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio estableceu a necesidade de axustar as RPTs orzamentarias aos postos con ocupación, minorados polas xubilacións que se produciran e que deran lugar a reducións de coste segundo as previsións do propio plan, e a incorporar mediante modificacións formais das RPTs os postos e prazas que se derivaran das Ofertas de Emprego Público a realizar, no caso de que fose necesaria a súa creación.

En relación co PAS, ademáis, a circunstancia de estar convocado dende abril de 2014 un concurso de traslados xeral para o persoal funcionario, no que foron ofrecidos todos os postos existentes na RPT vixente, e non axustada, concurso que non se resolveu de forma plena ata o 1 de novembro de 2016, fixo inviable unha regularización definitiva entre a RPT orzamentaria e a xeral.

Esa tarefa deberá acometerse de forma inmediata tanto para PAS como para PDI.

Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira

Publicada no BOE do 30 de abril de 2012, o seu artigo 2, b) establece que será de aplicación ás Comunidades Autónomas, incluíndo nas mesmas todas as entidades vinculadas entre as que se atopan as universidades.

O artigo 3, o principio de estabilidade orzamentaria, sinala:

1. A elaboración, aprobación e execución dos orzamentos e demais actuacións que afecten aos gastos ou ingresos dos distintos suxeitos comprendidos no ámbito de aplicación desta lei realizaranse nun marco de estabilidade orzamentaria, coherente coa normativa europea.

2. Entenderase por estabilidade orzamentaria das administracións públicas a situación de equilibrio ou superávit estrutural.

O artigo undécimo, referido á instrumentación da estabilidade orzamentaria, recolle que:

1. A elaboración, aprobación e execución dos orzamentos e demais actuacións que

afecten aos gastos ou ingresos das administracións públicas e demais entidades que

(9)

9

forman parte do sector público someteranse ao principio de estabilidade orzamentaria.

2. Ningunha Administración pública poderá incorrer en déficit estrutural, definido como déficit axustado do ciclo, neto de medidas excepcionais e temporais.

O capítulo IV da lei orgánica dedícase ás medidas preventivas, correctivas e coercitivas.

O seu artigo 18 sobre medidas automáticas de prevención indica no seu apartado primeiro:

1.- As administracións públicas farán un seguimento dos datos de execución orzamentaria e axustarán o gasto público para garantir que ao peche do exercicio non se incumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

Entre as medidas correctivas, o artigo 21 sobre o plan económico-financeiro sinala:

1. En caso de incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, do obxectivo de débeda pública ou da regra de gasto, a Administración que incumpra formulará un plan económico-financeiro que permita nun ano o cumprimento dos obxectivos ou da regra de gasto, co contido e alcance previstos neste artigo.

2. O plan económico-financeiro conterá como mínimo a seguinte información:

a) As causas do incumprimento do obxectivo establecido ou, se for o caso, do incumprimento da regra de gasto.

b) As previsións tendenciais de ingresos e gastos, baixo o suposto de que non se producen cambios nas políticas fiscais e de gastos.

c) A descrición, cuantificación e o calendario de aplicación das medidas incluídas no plan, sinalando as aplicacións orzamentarias ou rexistros extraorzamentarios en que se contabilizarán.

d) As previsións das variables económicas e orzamentarias das que parte o plan, así como os supostos sobre os cales se basean estas previsións, en consonancia co recollido no informe a que se fai referencia no número 5 do artigo 15. e) Unha análise de sensibilidade considerando escenarios económicos alternativos.

A sección terceira da lei orgánica dedícase ás medidas coercitivas para o caso de incumprimentos por parte da Administración pública responsable.

O artigo 25 sinala:

1. En caso de falta de presentación, de falta de aprobación ou de incumprimento do plan económico-financeiro ou do plan de reequilibrio, a Administración pública responsable deberá:

a) Aprobar no prazo de 15 días desde que se produza o incumprimento a non

dispoñibilidade de créditos que garanta o cumprimento do obxectivo establecido.

(10)

10

b) Constituír un depósito con xuros no Banco de España equivalente ao 0,2 por cento do seu produto interior bruto nominal. O depósito será cancelado no momento en que se apliquen as medidas que garantan o cumprimento dos obxectivos.

Se no prazo de 3 meses desde a constitución do depósito non se presentase ou aprobase o plan, ou non se aplicasen as medidas, o depósito non devengará xuros. Se transcorrido un novo prazo de 3 meses persiste o incumprimento, poderá acordar que o depósito se converterá en multa coercitiva.

2. De non adaptarse as medidas previstas na alínea a) do número anterior ou no caso de estas resultaren insuficientes, o Goberno poderá acordar o envío, baixo a dirección do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, dunha comisión de expertos para valorar a situación económico-orzamentaria da Administración afectada. Esta comisión poderá solicitar, e a administración correspondente estará obrigada a facilitar, calquera dato, información ou antecedente respecto ás aplicacións de ingresos ou gastos. A comisión deberá presentar unha proposta de medidas e as súas conclusións faranse públicas nunha semana. As medidas propostas serán de obrigado cumprimento para a Administración que incumpra.

Non se poderá autorizar ningunha operación de crédito, nin a administración correspondente terá acceso aos mecanismos de financiamento previstos nesta lei até que as devanditas medidas fosen implementadas.

Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (A súa vixencia esta afectada pola posterior reforma do artigo 135 da Constitución e pola promulgación da Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira).

Publicada no DOG do 29 de xuño de 2011, o seu artigo segundo establece que será de aplicación a:

c) Ás universidades públicas de Galicia e aos axentes vinculados a estas ou dependentes delas.

O artigo 3, principio de sustentabilidade financeira, sinala:

1. As actuacións dos axentes incluídos no ámbito de aplicación desta lei garantiran a sustentabilidade financeira das súas finanzas ao longo do ciclo económico.

2. Entenderase por sustentabilidade financeira, para os efectos desta lei, a capacidade de financiar compromisos de gasto presentes e futuros sen incorrer nun déficit ou endebedamento publico excesivo consonte as normas de estabilidade orzamentaria e os compromisos do Pacto de estabilidade e crecemento no ámbito da Unión Europea.

O artigo 4, principio de estabilidade orzamentaria, sinala:

(11)

11

1. A política orzamentaria dos axentes incluídos no ámbito de aplicación desta lei supeditarase ao cumprimento estrito do obxectivo de estabilidade orzamentaria fixado para a Comunidade Autónoma de Galicia, definido en termos de capacidade ou necesidade de financiamento e expresado en porcentaxe do produto interior bruto rexional a prezos de mercado.

3. Entenderase por estabilidade orzamentaria, en relación coas entidades do artigo 2.2 a), a situación de equilibrio ou superávit computada, ao longo do ciclo económico, en termos de capacidade de financiamento acorde coa definición contida no sistema europeo de contas nacionais e rexionais.

4. Entenderase por estabilidade orzamentaria, en relación coas entidades do artigo 2.2 b), a posición de equilibrio financeiro.

O artigo noveno, referido á instrumentación da estabilidade orzamentaria, recolle que:

1. A elaboración, aprobación e execución dos orzamentos dos distintos axentes comprendidos no artigo 2.2 a) realizarase en equilibrio ou superávit orzamentario, computado en termos de capacidade de financiamento segundo a definición contida no sistema europeo de contas nacionais e rexionais.

2. Excepcionalmente, en función da situación cíclica da economía ou de circunstancias extraordinarias, a Administración xeral da Comunidade Autónoma poderá presentar déficit, de acordo cos requisitos establecidos pola normativa básica en materia de estabilidade orzamentaria.

Os orzamentos iniciais, ou, se é o caso, modificados, dos restantes axentes deberán aprobarse e liquidarse en equilibrio en termos de contabilidade nacional, agás as aplicacións que se financien con remanente afectado.

3. A elaboración, aprobación e execución orzamentaria dos axentes aos que se refire o artigo 2.2 b) realizarase en posición de equilibrio financeiro, de acordo cos criterios do plan de contabilidade que lles sexa aplicable.

Entenderase que un axente se atopa en situación de desequilibrio financeiro cando incorra en perdas das que o saneamento requira a dotación de recursos non previstos nos orzamentos dos axentes do artigo 2.2 a) que os acheguen.

No seu artigo 21. Disposicións especificas para as universidades e para os axentes vinculados a estas ou dependentes delas, indica:

Ademais das disposicións contidas nos capítulos precedentes desta lei, ás universidades

e aos axentes vinculados a estas ou dependentes delas seranlles aplicables as seguintes

disposicións especificas:

(12)

12

1. Os orzamentos das universidades deberán elaborarse con criterios homoxéneos, de forma que sexa posible a súa consolidación cos orzamentos xerais da CC.AA. de Galicia.

2. As contas anuais consolidadas de cada universidade deberán remitirse á consellería competente en materia de facenda antes do 30 de xuño do exercicio seguinte. Esta documentación xuntaráselle á Conta Xeral da CC.AA. de Galicia para a súa remisión ao Consello de Contas de Galicia.

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

Esta lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.

Son obxecto de mención pola implicación que supoñen para o funcionamento da universidade os seguintes artigos:

Artigo 5, punto 4: A información suxeita ás obrigas de transparencia será publicada nas correspondentes sedes electrónicas ou páxinas web de maneira clara, estruturada e entendible para os interesados (...).

Artigo 8, punto 1: Os suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título deberán facer pública, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou orzamentaria (...)

Artigo 26, Principios do bo goberno, enumera entre os seus principios xerais para as persoas comprendidas no ámbito de aplicación deste Título:

- Actuarán con transparencia na xestión dos asuntos públicos, de acordo cos principios de eficacia, economía e eficiencia e co obxectivo de satisfacer o interese xeral;

Exercerán as súas funcións con dedicación ao servizo público; Respectarán o principio de imparcialidade; Asegurarán un trato igual e sen discriminacións de ningún tipo no exercicio das súas funcións; Actuarán coa dilixencia debida no cumprimento das súas obrigas e fomentarán a calidade na prestación dos servizos públicos; Manterán unha conducta digna e tratarán aos cidadáns con esmerada corrección; Asumirán a responsabilidade das decisións e actuacións propias e dos organismos que dirixen.

Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso á factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas do Sector Público

A raíz da entrada desta lei, a USC adaptou nos anos 2015 e 2016 os seus

procedementos para dar cabida á factura electrónica e, mediante instrución da

(13)

13

Xerencia XIII/2015, de 16 de decembro, estableceuse a obrigatoriedade de que os provedores presenten as súas facturas de forma electrónica a través do Sistema Electrónico de Facturación (SEF) da Xunta de Galicia, con excepción dos proveedores de servizos no exterior, e mentres a plataforma SEF non estea habilitada para a súa recepción.

En base ao disposto no Artigo 8 da Lei, respecto á creación do rexistro contable de facturas, que establece que cada un dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Lei, disporán dun rexistro contable de facturas que facilite o seu seguimento, cuxa xestión corresponderá ao órgano ou unidade administrativa que teña atribuída a función de contabilidade, a USC xa dispón do citado rexistro.

Ao longo de 2017 será necesario completar as funcionalidades tecnolóxicas para interrelacionar de xeito óptimo ese rexistro co sistema de información contable, para asegurarlle aos proveedores información de trazabilidade da súa facturación coa USC, e para permitir a emisión por parte da universidade de facturas electrónicas.

Lei de Orzamentos do Estado; Lei de Orzamentos da Xunta

Finalmente, as Leis de Orzamento do Estado e da Comunidade Autónoma establecen regulacións específicas de grande relevancia para as universidades, como son as variacións das retribucións do persoal, os límites de gastos de persoal autorizados, a taxa de reposición de efectivos e as súas especificidades, ademais de aspectos xerais que afectan a cuestións de carácter fiscal, financeiro ou de contratación administrativa.

Así, no proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia determínase o réxime retributivo do persoal da Universidade, o límite no gasto de persoal autorizado para o exercicio, o requisito de autorización das ofertas de emprego de persoal aplicando a taxa de reposición máxima que se determine na normativa básica aplicable, e as formalidades de comunicación ás consellerías competentes en mateira de universidades e orzamentos da contratación de persoal laboral temporal para cubrir necesidades docentes urxentes e inaprazables e se concretan as aportacións financeiras da Comunidade Autónoma ás universidades, en cumprimento das previsións do Plan Galego de Financiamento Universitario.

Novo Plan Galego de Financiamento Universitario (PGFU)

O novo PGFU 2016-2020 establece un novo marco financeiro para as tres

universidades do SUG, no que se marcan unhas novas areas de reparto e novos

indicadores. Este novo plan continúa as liñas básicas trazadas no anterior plan de

financiamento do SUG 2011-2015, mudando os criterios de reparto entre as tres

universidades e asignando novas ponderacións aos diferentes indicadores

aprobados.

(14)

14

Este plan mantén a liña iniciada no 2011 establecendo un moderado incremento da financiación para os próximos catro anos outorgando progresivamente un maior peso aos repartos por resultados.

Igualmente, o PGFU establece que, no caso de que o peche do exercicio supoña o incumprimento do obxectivo de equilibrio orzamentario, a universidade afectada deberá presentar perante a Consellería de Facenda, no primeiro semestre do exercicio inmediato seguinte, un plan económico-financeiro que terá o contido mínimo establecido no artigo 18.2 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, xa comentado, coa precisión de que debe recoller as previsións tendenciais de ingresos e gastos conforme á evolución das masas de financiamento previstas no plan para os primeiros, e do mantemento na natureza e peso dos gastos. Necesariamente estas previsións terán que separar os ingresos incondicionados dos de carácter finalista e tamén desagregar os gastos estruturais dos que tiveran financiamento afectado.

Polo órgano competente da Consellería de Facenda procederase á avaliación do plan e estableceránse, de ser o caso, as medidas complementarias que deberá aplicar a universidade para corrixir a situación de desequilibrio e, finalmente, avaliará o prazo necesario para acadalo.

O Plan Económico-Financeiro será obxecto de seguimento en cada un dos exercicios nos que resultase de aplicación e deberá ser actualizado como consecuencia da existencia de novas causas que orixinen o incumprimento do plan. Os prazos para a presentación desas actualizacións rematarán no primeiro semestre do exercicio seguinte ao considerado.

A non presentación do plan económico-financeiro ou o incumprimento das especificacións e obxectivos nel previstos, determinarán a retención do 10% dos créditos do subfondo Panel de Indicadores do Financiamento por resultados, correspondentes á institución afectada.

No que atinxe á situación da USC respecto ao equilibrio medido en termos de contabilidade

nacional (é dicir, en termos de capacidade/necesidade de financiamento, segundo o

Sistema Europeo de Contas, SEC) o Plan aprobado polos órganos de goberno da

universidade relativo aos ingresos e gastos non afectados está desenvolvéndose con

normalidade, sendo necesario no exercicio de 2016 presentar unha actualización do Plan

Económico-Financeiro de Reequilibrio ante a Xunta a causa das desviacións resultantes da

consolidación da información contable da USC coa da Xunta e o Estado no que atinxe a

créditos afectados. O sistema europeo de contas non permite considerar os ingresos

financeiros como recursos para establecer a capacidade de financiamento, polo que o

sistema de xestión dos recursos de I+D procedentes do Estado que se implementan coa

modalidade de anticipos ata a súa conversión en subvencións unha vez certificados os

gastos, e os remanentes de tesourería procedentes de ingresos de exercicios anteriores

non consumidos, non computan a estes efectos. Como, pola contra, os gastos financiados

con eses recursos se executan en certa medida, é relativamente doado que se produzan

(15)

15

desaxustes nas contas en termos de contabilidade nacional. A USC vai pechar coa Xunta a actualización do Plan, que se espera asegure a partir de 2017 un cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e que, en todo caso, non vai variar as previsións xa establecidas no que atinxe aos ingresos e gastos non afectados.

Estatutos da USC Artigo 170

A Universidade de Santiago de Compostela aprobará un orzamento anual que conterá os dereitos económicos estimados para liquidar durante o exercicio e a totalidade dos créditos necesarios para dar cumprimento ás obrigas. O orzamento será público, único e equilibrado. A estrutura do orzamento e o seu sistema contable axeitaranse ás normas que, con carácter xeral, estean establecidas para o sector público.

Artigo 172

O orzamento da Universidade de Santiago de Compostela conterá no estado de ingresos os seguintes recursos:

a) As transferencias fixadas anualmente pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As taxas, prezos públicos e restantes dereitos que legalmente se establezan, así como a compensación que deberá preverse polas exencións e reducións legalmente establecidas.

c) As transferencias, subvencións, herdanzas, doazóns e legados que reciba de calquera entidade pública ou privada.

d) Os rendementos procedentes do seu patrimonio e aqueloutros derivados da actividade universitaria e de actos e prestacións de servizos onerosos.

e) O produto do alleamento dos seus bens e as compensacións orixinadas pola súa cesión onerosa.

f) O produto das operacións de crédito que concertará a Universidade con entidades públicas ou privadas, para o financiamento dos seus gastos de investimento.

g) Os remanentes de tesouraría e calquera outro ingreso.

h) Os ingresos derivados de contratos que celebren a Universidade, os grupos de investigación por ela recoñecidos, os departamentos, os institutos universitarios de investigación, outras estruturas de investigación e o persoal docente e investigador, a través dos anteriores, para a realización de traballos por parte da Universidade de carácter científico, técnico, humanístico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación.

Artigo 173

O Consello de Goberno aprobará a estrutura do orzamento da Universidade, atendendo os

seguintes criterios:

(16)

16

a) Separación entre operacións correntes, de capital e financeiras.

b) O estado de ingresos atenderá as clasificacións orgánica e económica.

c) O estado de gastos clasificarase de acordo con criterios orgánicos, económicos e

funcionais.

(17)

17

3. Procedemento de aprobación do Orzamento da USC

O procedemento establecido na USC para a aprobación do se orzamento regúlase nas seguintes disposicións:

Artigo 171 dos Estatutos

1. O reitor presentará perante o Claustro Universitario as liñas xerais do orzamento, xunto coas da programación plurianual ou coa súa actualización.

2. Aprobadas as liñas xerais polo Claustro, o reitor presentará o proxecto de orzamento perante o Consello de Goberno, que o enviará ao Consello Social para a súa aprobación.

Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno (9/2/2015) Artigo 24. Da aprobación da programación plurianual e do orzamento

1.- Unha vez aprobadas as liñas xerais polo Claustro, o equipo de goberno someterá á

aprobación do Consello de Goberno tanto a programación plurianual ou a súa revisión, como o orzamento.

2- O proxecto de orzamentos porase á disposición de toda a comunidade universitaria.

3.- Os membros do Consello de Goberno disporán dun prazo non inferior a 10 días para a análise do proxecto de orzamentos e da programación plurianual e para a presentación de emendas.

4.- Rematado o prazo de presentación de emendas, tanto a programación plurianual como o orzamento serán sometidos a debate e informe na Comisión de Asuntos Económicos do Consello de Goberno.

En cumprimento destes preceptos, o Reitor presentou diante do Claustro, en sesión celebrada o día 3 de novembro, as liñas xerais do orzamento, que, coa incorporación das enmendas correspondentes, foron aprobadas.

As formulacións cuantitativas dese orzamento operaron cunha estimación afinada de

ingresos propios e coa hipótese do mantemento nominal das aportacións que a Xunta

realizou en 2016 ao conxunto do Sistema Universitario de Galicia en aplicación do PGFU,

dimensionando os recursos que lle corresponderían á USC aplicando os criterios de reparto

do fondo estrutural e o de resultados en función da información aportada polas

consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta na

sesión de 21 de Xullo de 2016 da Comisión de Seguimento do Plan Galego de

Financiamento Universitario e sen variación nas retribucións do persoal.

(18)

18

Tendo en conta que era previsible unha mellora do financiamento derivado do PGFU, o Claustro acordou que a contía que incrementase as estimacións coas que se elaboraron as liñas xerais sería aplicada da forma seguinte:

- Acrecer a dotación do Capítulo I para actuacións que non supoñan gasto consolidado, especialmente as dirixidas á formación do persoal, dedicando un 10%

dos recursos adicionais.

- Ampliar os créditos para investimento, que permitan atender, coa debida priorización, as necesidades de reforma, ampliación e mellora de edificios e ás melloras na dispoñibilidade de equipamentos xerais, especialmente nos centros docentes, para o que se aplicará un 45%.

- Ampliar os créditos descentralizados a centros, dedicando un 15%.

- Ampliar os créditos descentralizados a departamentos, dedicando un 15%.

- Ampliar os créditos descentralizados a Institutos e Centros de Investigación, dedicando un 5%.

- Ampliar as accións de renovación de equipamento docente, especialmente no tocante a recursos tecnolóxicos, aplicando un 5%.

- Acrecer os recursos destinados a servizos de apoio á docencia e á investigación, dedicando un 5%.

Tras esa sesión do Claustro, o día 4 de novembro celebrouse unha nova reunión da Comisión de seguimento do Plan Galego de Financiamento Universitario na cal as citadas consellerías da Xunta avanzaron os incrementos para 2017 dos fondos estruturais e de resultados, así como a distribución do crédito correspondente aos investimentos de Reforma, Ampliación e Mellora, e a unha primeira estimación do reparto por resultados ás universidades. Nesa sesión non se determinou aínda se en 2017 se ía producir o restablecemento da integridade das retribucións do persoal minoradas polo establecido na Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013.

Cos datos provisorios aportados nesa sesión, elaborouse un proxecto orzamentario que foi posto á disposición da comunidade universitaria e para o que se abriu un periodo de 10 días para a presentación de enmendas por parte dos membros do Consello de Goberno.

Ese proxecto e as enmendas presentadas foron analizadas na sesión da Comisión Delegada do Consello de Goberno para Asuntos Económicos celebrada o dia 1 de decembro. Nesa sesión acordouse incorporar un importante número das enmendas á formulación final do proxecto de orzamentos, que foi informado favorablemente.

Finalmente, o día 2 de decembro, o Consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos

da Comunidade Autónoma para 2017, o cal foi posto a disposición do Parlamento de

Galicia o día 3. Coñecido xa o texto dese proxecto, incorporáronse ao proxecto

orzamentario da USC as cifras exactas derivadas da recuperación retributiva xa sinalada,

(19)

19

que está prevista no orzamento da Xunta, axustáronse as cifras das subvencións da comunidade autónoma ás contías finalmente establecidas e incorporouse o importe do límite de gastos de persoal autorizados para a USC nesa norma.

En consideración a unha mellora técnica da orzamentación, o proxecto de orzamento da

USC traslada o crédito estimado para facer fronte a posibles indemnizacións en materia de

persoal, inicialmente considerado no Capítulo I, ao Capítulo V, Fondo de continxencia de

execución orzamentaria, cuxa contía medra en importe equivalente (de 250 a 350 mil

Euros), dado que a súa finalidade, “atender as necesidades de carácter non discrecional e

non previstas no momento inicial que podan presentarse ao longo do ano”, é máis acaída

para tal eventualidade.

(20)

20

4. Aplicación e dinámica do Plan Galego de Financiamento Universitario

Para comprender ben como se aplica o PGFU, e verificar a corrección na súa implementación, é aconsellable lembrar a dinámica establecida tanto para o incremento dos recursos do Plan como para o reparto das cantidades dos distintos fondos de que se compón.

a) En relación con esta última cuestión, especialmente salientable para a evolución dos recursos de que vai poder dispoñer a USC, convén indicar o seguinte:

-O financiamento básico que as universidades reciben da Xunta provén de dous fondos, relacionados entre sí: o estrutural, que se calcula sobre a variable primaria dos créditos matriculados en titulacións oficiais de grao e máster; e o de resultados, que se calcula en función de 12 indicadores de desempeño e do peso que cada universidade acada neles en relación co conxunto do SUG.

A dinámica dos créditos matriculados (ligada, obviamente, á evolución do número total de alumnos matriculados e á estrutura dos estudos, calculada sobre datos de cursos anteriores (en 2016, o curso 13-14; para o 2017, a media dos cursos 13-14 e 14-15; para o 2018, a media dos cursos 13-14, 14-15 e 15-16, e de aí en adiante (n), a media dos tres cursos anteriores con esta decalaxe n-2, n-3 e n-4) sabíase dende a formulación do Plan que ía decrecer durante os anos de vixencia do mesmo. Así, o fondo estrutural, á marxe dos incrementos que se puideran derivar de variacións nas retribucións do persoal, ía diminuír.

Para evitar que tal circunstancia supuxese unha diminución dos recursos dispoñibles para as universidades, estableceuse que as contías correspondentes a esa evolución acrecesen o fondo de resultados, de forma que durante a vixencia do plan ía producirse un aumento do peso relativo do reparto por resultados sobre o estrutural pero non se diminuiría o financiamento total do sistema.

-Tal dinámica concrétase xa en 2017, de forma que o trasvase de recursos do fondo estrutural ao de resultados respecto a 2016 acadou os 6,7 millóns de Euros.

-Para a USC esa dinámica é positiva, xa que o peso porcentual que a nosa universidade ten respecto aos resultados é superior á que nos corresponde pola dimensión estrutural.

-No que atinxe á outra contía asignada por reparto, que é a do RAM, que no Plan prevese que opere cunha progresión no cálculo que, partindo en 2016 dun 50%

para cada unha das dúas dimensións consideradas (contía percibida en 2015 e valoración dos bens inmobles de cada universidade), acadará en 2020 un 100% en base a esta última dimensión, polo que a nosa universidade tamén irá experimentando melloras dado o maior peso relativo do noso inmobilizado.

Para apreciar a dinámica dese xogo de fondos, os datos relativos á evolución entre 2016 e

2017 de créditos matriculados e de resultados obtidos pola USC son os seguintes:

(21)

21

Evolución de créditos matriculados na USC usados para o reparto do fondo estrutural

Reparto do ano 2016 Reparto do ano 2017

1.246.476,5 créditos 1.218.853,5 créditos

*Núm. de créditos de cada materia dos plans de estudo oficiais de grao e máster, multiplicado polo alumnado matriculado

Esta redución en valores absolutos, dada a maior diminución de créditos matriculados nas outras universidades, fai que a porcentaxe de participación na USC no reparto total pase do 41,55 % en 2016 ao 42,01 % en 2017.

E VOLUCIÓN DE RESULTADOS DA U SC NO P ANEL DE INDICADORES DO PGFU

INDICADORES 2016% 2017% Diferenza

PGFU-01 Número de grupos de investigación. Axudas vixentes 54,10 51,64 -2,46

PGFU-02 Captación de talento investigador 41,62 59,97 18,35

PGFU-03 Patentes en explotación 58,71 40,14 -18,57

PGFU-04 Sexenios 34,41 34,69 0,28

PGFU-05 Produción científica 39,76 40,43 0,67

PGFU-06 Visibilidade da produción científica 43,47 45,68 2,21

PGFU-07 Teses de doutoramento defendidas 38,6 38,45 -0,15

PGFU-08 Ingresos de investigación 41,05 40,61 -0,44

PGFU-09 Proxectos nacionais e internacionais 40,62 40,12 -0,50

PFGU-10 Alumnado de posgrao por graduado 29,3 30,04 0,74

PFGU-11 Taxa de graduación 30,97 36,59 5,62

PFGU-12 Alumnado estranxeiro total matriculado en Graos e Máster 58,02 55,37 -2,65 Porcentaxe obtida sobre o total do SUG (100 %) 44,02% 44,53% 0,51%

Como simple curiosidade, esa mellora de resultados, de se manter constante a contía distribuída no SUG por este fondo, aportaría unha mellora de 281.172,17 € á USC.

b) Non obstante, o PGFU prevé incrementos netos dos recursos aportados ás universidades que, para o fondo estrutural é a evolución dos costes da masa salarial –cuestión da que se falará máis adiante en relación co orzamento de 2017-, e un incremento do fondo de resultados equivalente ao índice de crecemento real do PIB de Galicia (o 2,3% é a porcentaxe considerada para incorporar ao exercicio de 2017).

Igualmente, o PGFU prevé que se manteñan constantes as contías para financiar os Consellos Sociais e a reservada para Reforma, Ampliación e Mellora de infraestruturas.

Finalmente, os fondos de financiamento afectado de Sexenios, Complementos Retributivos

Autonómicos, Compensación por Bolseiros e retribucións de persoal con praza vinculada

no SERGAS calcúlanse sobre certificacións de gasto, e o de fomento competitivo da I+D+i co

dobre da taxa de referencia de crecemento do PIB (1,8% x 2 = 3,6%).

(22)

22

5. Volume, distribución e límites de gasto do orzamento

5.1 Fondos a incorporar ao orzamento definitivo

En base aos criterios sinalados e de acordo cos datos finais de asignación do fondo estrutural e de resultados –antes da inclusión da recuperación retributiva que se comentará de seguido-, e unha dotación final do fondo de resultados de 63.125.437 € (fronte aos 55 millóns de Euros de 2016), o reparto definitivo do fondo estrutural e o de resultados entre as universidades do SUG (en millóns de Euros e porcentaxes) é o seguinte:

2016 % 2017 % Diferenza

Crédito total 296,45 100 297,835 100 1,385

UdC 76,20 25,70 76,93 25,83 0,73

USC 123,18 41,55 125,11 42,01 1,93

UdV 97,07 32,74 95,80 32,16 -1,28

No que atinxe ao RAM, e dada a variación do criterio de cálculo xa comentado (que en 2017 será do 62,5% por valoración de bens e o 31,5% pola contía recibida en 2015) a USC pasará a percibir 2.279.984 €, que supón o 45,16% do total do fondo.

Estes datos e a incorporación de fondos afectados, procedentes da Xunta, para sexenios, complementos retributivos autonómicos e compensación de matrículas; para o financiamento de custes de prazas vinculadas no SERGAS –todas elas fixadas en función de costes incorridos-; para o funcionamento do Consello social; para a estabilización de persoal investigador e para financiar os custes de redacción do proxecto básico da construción do novo Complexo Docente da Facultade de Medicina e Odontoloxía, e da Facultade de Enfermería, son os que se tomaron de base para o orzamento.

5.2 Cuantificación sobre variacións retributivas

Como xa se sinalou, esas contías, e a súa derivada no fondo estrutural, deben incrementarse en 2017 toda vez que o proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia contén o restablecemento da percepción íntegra das retribucións dos empregados públicos que, desde o regulado na Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013, están minoradas nun importe global do 5%.

Tal recuperación, en base aos cálculos finais realizados pola USC e validados pola Xunta,

supón un importe consolidado de 6.038.893 €, contía que incrementará os recursos a

(23)

23

percibir pola universidade en 2017 e a acrecer para anos futuros nese importe a masa salarial considerada.

5.3 Límites nos gastos de persoal

O proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia para 2017 establece os límites de gastos de persoal que se lles autoriza ás universidades.

Tal límite, en cumprimento do acordo sexto do Plan Galego de Financiamento Universitario en relación co disposto no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, parte da información subministrada pola USC o 29 de xullo de 2016, a requirimento da subdirectora xeral de custos de persoal da Consellería de Facenda, relativa á valoración dos postos de traballo dotados orzamentariamente de todas as categorías de persoal da universidade así como a previsión do custo para afrontar as modificacións que se vaian facer efectivas en 2017.

Desa información derivábase que a masa salarial calculada para 2017, sen ter en conta nin a recuperación retributiva á que se aludiu no parágrafo anterior nin calquera outro incremento que poda ser decidido no marco da normativa estatal ou autonómica, acada un importe de 138.206.198,08 €, que supón un incremento de 1.101.918,08 € e un 0,8% sobre o límite de gasto de persoal autorizado á USC en 2016 (que foi de 137.104.280 €).

Ese importe é congruente coas previsións do Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio.

Validada esa información pola Consellería de Facenda, o límite autorizado por esta, despois de engadir a recuperación retributiva sinalada no apartado anterior, queda fixada segundo o artigo 32.1 do proxecto de lei de orzamentos da Comunidade Autónoma, nas seguintes contías, expresadas en miles de Euros:

Universidade Masa salarial Cargas Sociais TOTAL

USC 128.362 € 16.028 € 144.390 €

5.4 Teito de gasto non financeiro

En base ás consideracións anteriores, e tendo en conta o criterio contrastado na Comisión

Mixta entre o Claustro, Consello de Goberno e Consello Social para o Seguimento do Plan

Económico-Financeiro de Reequilibrio, celebrada o pasado 24 de outubro, o teito de gasto

para 2017 (que, en base á lexislación aplicable, se determina para os gastos non afectados)

sitúase no importe equivalente ás contías dos ingresos previstos procedentes de fondos

non competitivos da Xunta e das estimacións doutros ingresos calculados en base ás

previsións de liquidación do exercicio de 2016, que son os reflectidos no orzamento de

ingresos que se presenta neste proxecto, acadando un importe de 162.631.992,6 €.

(24)

24

5.5 Resumo do orzamento da USC para 2017

INGRESOS

CAPÍTULO DESCRIPTOR NON AFECTADOS AFECTADOS TOTAL

III Taxas e prezos públicos 24.806.170 € 10.120.650 € 34.926.820 €

IV Transferencias correntes 118.886.015 € 17.589.170 € 136.475.185 €

V Ingresos patrimoniais 317.000 € - € 317.000 €

Total ingresos correntes 144.009.185 € 27.709.820 € 171.719.005 €

VI Alleamento de investimentos - € - € - €

VII Transferencias de capital 17.860.737,60 € 30.763.179,83 € 48.623.917,43 €

Total ingresos de capital 17.860.737,60 € 30.763.179,83 € 48.623.917,43 €

VIII Variación activos financeiros - € - € - €

IX Variación pasivos financeiros 762.070,00 € 4.005.660,00 € 4.767.730,00 €

Total ingresos financeiros 762.070,00 € 4.005.660,00 € 4.767.730,00 €

TOTAL INGRESOS 162.631.992,60 € 62.478.659,83 € 225.110.652,43 €

Fondo resultados imputado Capítulo VII 12.828.615 € Ingresos efectivos de consideración corrente 156.387.800 € Ingresos de capital efectivos 5.032.122,60 €

*Dada a signficación que en termos contables ten o balance entre operacións correntes, de capital e

financeiras, detállase a contía de financiamento básico (é dicir, destinado a atender obrigas correntes e non

suxeito a condicionamento para financiar actuacións de capital) que o PGFU imputa dentro do fondo de

resultados como transferencias de capital.

(25)

25

GASTOS

CAPÍTULO DESCRIPTOR NON AFECTADOS AFECTADOS TOTAL

I Gastos de persoal 128.696.873,26 € 15.627.376,00 € 144.324.249,26 €

II Gastos en bens correntes 22.486.733,32 € 1.977.850,00 € 24.464.583,32 €

III Gastos financeiros 787.011,00 € 787.011,00 €

IV Transferencias correntes 1.057.280,00 € 826.791,00 € 1.884.071,00 €

V Fondo de continxencia 350.000,00 € - € 350.000,00 €

Total gastos correntes 153.377.897,58 € 18.432.017 € 171.809.914,58 €

VI Investimentos reais 3.904.005,02 € 44.046.642,83 € 47.950.647,85 €

VII Transferencias de capital 200.000,00 € - € 200.000,00 €

Total gastos de capital 4.104.005,02 € 44.046.642,83 € 48.150.647,85 €

VIII Variación activos financeiros 500.000,00 € - € 500.000,00 €

IX Variación pasivos financeiros 4.650.090,00 € - € 4.650.090,00 €

Total gastos financeiros 5.150.090,00 € - € 5.150.090,00 €

TOTAL GASTOS 162.631.992,60 € 62.478.659,83 € 225.110.652,43 €

Con estes datos, as comparacións que é necesario facer entre os orzamentos de 2016 e 2017 son as seguintes:

NON AFECTADOS AFECTADOS TOTAIS

2017 162.631.992,60 € 62.478.659,83 € 225.110.652,43 € 2016 154.731.684,08 € 64.560.307,37 € 219.291.991,45 €

VARIACIÓN 1 7.900.308,52 €

-2.081.647,54 €

5.818.660,98 €

% 5,11

-6,42

2,65

Atrasos 2016 0 € 4.233.939,97 € 4.233.939,97 €

VARIACIÓN 2 7.900.308,52 € 2.152.292,43 € 10.052.600,95 €

% 5,11 3,57 4,67

Recuperación 2017 6.038.893,00 € 0 € 6.038.893,00 €

VARIACIÓN 3 1.861.415,52 € 2.152.292,43 € 4.013.707,95 €

% 1,20 3,57 1,87

(26)

26

A primeira, que é a comparación sen pretender a homoxeneidade entre ambos orzamentos, da un resultado dun incremento global da contía do 2017 sobre a do 2016 dun 2,65% que nace dunha redución dos recursos afectados do -6,42% e un incremento dos non afectados do 5,11%.

Non obstante, é necesario realizar dúas operación para establecer unha comparación correcta:

a) A primeira é detraer dos recursos afectados do 2016 a contía correspondente ao reintegro de contías detraídas das extras de exercicios anteriores e o exceso de financiamento das prazas vinculadas do SERGAS, o que supón un total de 4,233 millóns de Euros.

b) A segunda é detraer dos recursos non afectados de 2017 a contía consolidada da recuperación do importe retributivo derivado da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia de 2013, que, como xa se sinalou, supón un total de 6,038 millóns de Euros.

Con estas correccións, a variación comparable entre os dous orzamentos indica un

incremento global dos recursos orzamentarios de 4 millóns de Euros (un 1,87%), que

procede de 1,86 millóns de Euros non afectados (un 1,2%), e de 2,15 millóns de Euros

afectados (un 3,57%).

(27)

27

6. Análise do orzamento de ingresos

Cadro explicativo relacionado: ANEXO II

No que atinxe ao orzamento de ingresos, cómpre establecer a seguinte agregación e realizar as seguintes precisións:

Ingresos non afectados

Capítulo III 24.806.170 €

Capítulo III custes indirectos 2.074.930 €

Resto do Capítulo III 22.731.240 €

Capítulo IV 118.886.015 €

Capítulo IV custes indirectos 360.000 €

Resto do Capítulo IV 118.526.015 €

Capítulo V 317.000 €

Capítulo VI 0,00 €

Capítulo VII 17.860.737,60 €

Capítulo VII custes indirectos 2.752.130 €

Resto do Capítulo VII 15.108.607,60 €

Capítulo IX (custes indirectos) 762.070 €

TOTAL INGRESOS 162.631.992,60 €

O escenario para os ingresos non afectados parte da hipótese do mantemento nominal dos

que se prevén liquidar en 2016, segundo as estimacións realizadas a data 1 de novembro,

coa excepción dos recursos procedentes do PGFU, que se establecen en base ás cifras

resultantes das xa citadas previsións da Xunta en aplicación do PGFU e do ingreso do

anticipo/subvención do MINECO previsto para o exercicio.

(28)

28

6.1 Capítulo III. Prezos públicos e outros ingresos

Os conceptos de ingreso máis salientables e as súas contías neste capítulo son as seguintes:

Prezos públicos de matrícula, cun importe de 18.400 miles de Euros, que supón unha nova redución respecto aos 18.720 miles de Euros orzamentados en 2016 (á súa vez reducido sobre o previsto en 2015 que foron 19.140 miles de Euros) tendo en conta de que non se varía o importe unitario dos prezos e que a recadación obtida en 2016 diminúe a causa da transformación da estrutura dos estudos, como se pode deducir do cadro que se adxunta:

Curso 2016/2017 Curso 2015/2016 Evolución % evolución

Totales de grao 20.212 20.303 -91 -0,45 %

Totales de máster 1.958 1.937 21 1,08 %

Total doutoramento 2.343 1.809 534 29,52 %

Total de licenciatura 43 424 -381 -89,86 %

Total inicio de estudos grao 4.167 4.301 -134 -3,12 %

Data de comporbación do do curso 2015/2016: 5/12/2015 Data de comprobación do curso 2016/2017; 5/12/2016

Os Prezos polo uso de servizos universitarios (Centro de Linguas Modernas, Escola Infantil Breogán, Instalacións deportivas e Museo de Historia Natural) acadan un total de 1.128 miles de Euros, diminuindo lixeiramente a previsión realizada en 2016 (1.295 miles de Euros).

Mención específica merecen os ingresos por Dereitos de Aloxamento no Servizo

Universitario de Residencias, que se estiman en 2.170 miles de Euros. Respecto ao

exercicio de 2016 prevese un lixeiro incremento de ingresos de 62 mil Euros. Neste

exercicio, o financiamento das Bolsas Comedor do SUR, computadas como gastos no

Capítulo IV por un importe equivalente ao necesario para aportar aos titulares da bolsa de

estudo do Ministerio de Educación recursos equivalentes aos que necesitan para satisfacer

parte da diferencia entre o prezo da cota de residencia fixada no SUR e a cantidade

percibida por ese concepto do MEC, farase contra recursos afectados, procedentes da

partida do PGFU de compensación de bolsas MEC, prevéndose unha cantidade de 100 mil

Euros a financiar con recursos non afectados para atender a estimación do importe

necesario, que se mantén co mesmo importe de 621,79 miles de Euros ao considerado en

2016. Esa contía figura incluida na previsión de ingresos por cotas de aloxamento.

(29)

29

As previsións pola prestación de servizos docentes, excluidos os cursos de posgrao, (IV ciclo, cursos de verán), e os dereitos de inscrición en oposicións acadan un total de 164,1 mil Euros, mantendo o importe estimado para 2016.

Os ingresos derivados de canons de concesións e compensación de consumos de concesionarios de servizos por subministracións (auga, enerxía) abonadas pola USC, así como os de vendas de productos ou servizos (publicacións ou enerxía), o reintegro de anuncios de contratación administrativa e outros ingresos diversos, acadan un total de 678,5 miles de Euros, fronte aos 539,32 miles de Euros orzamentados en 2016, producíndose o maior incremento na venda de enerxía e na compensación de consumos dos concesionarios.

En calquera caso, os ingresos máis salientables a efectos da xestión universitaria son os obtidos por custes indirectos de actividades formativas (sobre todo, cursos de posgrao propio, pero tamén a inscrición en congresos ou seminarios), servizos de investigación ou prestacións clínicas, que dan lugar a un ingreso non afectado de 2.074 miles de Euros (fronte aos 2.009 miles de Euros de 2016 e os 1.564,5 miles de Euros do 2015), e xerando un gasto afectado de 10.120 miles de Euros.

6.2 Capítulo IV. Transferencias correntes

As partidas máis relevantes neste capítulo son as derivadas do novo PGFU xa comentadas e, en concreto, a subvención estrutural por financiamento de coste estandar de docencia, que acada os 103.044 miles de Euros; a de mantemento do Consello social, por importe de 200 mil Euros; e a parte imputada como transferencia corrente do financiamento por resultados derivado do panel de indicadores do novo Plan, por un importe de 15.281 miles de Euros.

Adicionalmente, impútanse a este capítulo o importe equivalente aos custes indirectos que resultan de detraer o 20% á subvención aportada polo Banco de Santander, que sendo de 1.800 miles de Euros, supón un ingreso non afectado de 360 mil Euros.

6.3 Capítulo V. Ingresos patrimoniais

Neste capítulo recóllense as estimacións de xuros a favor da USC polos seus saldos de

activo en contas bancarias, que se estiman en 6 mil euros, reducindo a estimación

realizada en 2016, de 13,5 mil Euros; os correspondentes a canons de concesións

administrativas, estimados en 100 mil Euros, e os derivados de alugueres e productos de

inmobles, estimados en 211 mil Euros, os cales non sufren variación respecto a 2016.

(30)

30

6.4 Capítulo VII. Transferencias de capital

Neste capítulo orzaméntanse, esencialmente, dous tipos de ingreso:

As subvencións ligadas ao PGFU de carácter non condicionado, que son a parte do fondo de resultados do panel de indicadores considerado como transferencia de capital, por un importe de 12.828 miles de Euros, e o fondo de RAM, con un importe de 2.279,9 miles de Euros.

Os custes indirectos derivados de actividades de investigación de orixes diversas acadan, como xa se sinalou, un importe total de 2.752 miles de Euros dando lugar a un gasto afectado de 30.323 miles de Euros.

6.5 Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros

Neste capítulo recóllese o ingreso por custe indirecto derivado dunha subvención do MINECO que, coa técnica que actualmente utiliza, asigna inicialmente a axuda como un anticipo que é transformado na contabilidade da USC en subvención de capital (CAPÍTULO VII) no momento en que se produce a xustificación de acción, e na do Estado, no momento en que este procede á súa certificación definitiva.

Esta forma de instrumentar as axudas está xerando problemas de cumprimento dos criterios de déficit definidos coa metodoloxía SEC en todas as universidades españolas, pero, en termos reais, os custes indirectos (neste caso, 762 mil Euros) e os recursos afectados vinculados, son ingresos que habilitan a execución de gastos no exercicio en que se recoñecen.

INGRESOS AFECTADOS

Capítulo III 10.120.650 €

Capítulo IV 17.589.170 €

Capítulo VII 30.763.179,83 €

Capítulo IX 4.005.660 €

TOTAL 62.478.659,83 €

Referencias

Documento similar

O orzamento de ingresos de 2010 da Universidade de Santiago de Compostela (en adian- te USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 281,39 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2011 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 242,84 millóns de euros, o que

♦ Curso de Unidades Didácticas. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Facultade de Psicoloxía. Santiago de

O orzamento de ingresos de 2008 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 291,38 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2006 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 232,01 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2010 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 281,39 millóns de euros, o que supón

O orzamento de ingresos de 2005 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 201,67 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2002 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC) que foi o prorrogado de 2001, liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de