• No se han encontrado resultados

INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO UNIVERSITARIO Anos 2003 e 2004 Sesión do 1 de xuño de 2005

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO UNIVERSITARIO Anos 2003 e 2004 Sesión do 1 de xuño de 2005"

Copied!
107
0
0

Texto completo

(1)

INFORME DO REITOR

AO CLAUSTRO UNIVERSITARIO Anos 2003 e 2004

Sesión do 1 de xuño de 2005

(2)

Introdución...4

1.Organización institucional e desenvolvemento normativo ...4

1.1 Organización institucional... 4

1.2 Aprobación dos Estatutos da Universidade ... 7

1.3 Normativas aprobadas polo Consello de Goberno ... 7

1.4 Outra actividade normativa... 10

1.5 Aprobación da Programación Plurianual 2004-2006... 11

2.Calidade e Planificación Estratéxica ...13

2.1 Calidade ... 13

2.2 Planificación Estratéxica... 19

2.3 Accións de comunicación interna e externa ... 19

3.Adaptación de estruturas e medios ao novo paradigma do ensino público superior ...20

3.1 Docencia ... 20

a) Oferta ...20

b) Accións de mellora e innovación docente ...25

c) As tecnoloxías para a aprendizaxe ...26

d) Melloras de xestión...28

e) A incorporación ao Espazo Europeo de Educación Superior...28

3.2 Investigación... 29

a) O papel da USC, e das universidades, en xeral, no espazo europeo de investigación...29

b) A USC, referente en Investigación de Galicia...30

I. Indicadores...31

II. Proxección social e económica da actividade de investigación e servizos de innovación ...31

III. Políticas activas de xestión da investigación e da transferencia de coñecemento e resultados de investigación...32

IV. Capacidade de formación de investigadores...33

V. Infraestruturas ...34

c) Resultados...39

d) BUSC - Biblioteca Universitaria da USC e Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia...41

e) AHUSC - Arquivo Histórico Universitario...42

f) TIC -investigación...42

g) As accións de emprendemento...43

3.3 Infraestruturas ... 43

a) Programación urbanística dos concellos e campus. ...44

b) Posta en funcionamento do POE...46

c) Aspectos tecnolóxicos e de soporte a usuario na área TIC...48

3.4 Persoal... 49

a) Novo marco de relacións sindicais: o Consello de Participación Sindical...49

b) P.D.I...51

c) P.A.S...52

d) Persoal de apoio a I+D contratado con recursos externos: inicio de negociación...57

e) Formación...59

f) Prevención de Riscos Laborais...59

3.5 Organización universitaria: modificacións organizativas... 65

a) Área de Información e Comunicación ...66

b) Servizo de Xestión da Calidade e Control Interno ...67

c) Centro de Orientación Integral ao Estudante...69

d) Área Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC)...71

e) Área de Mantemento de Instalacións...72

f) A estrutura corporativa: UNIXEST...73

3.6 Información e Comunicación... 73

a) Novo deseño da WEB institucional ...73

b) Unha nova imaxe corporativa. ...74

c) Novo formato do xornal electrónico...74

d) Xornadas de presentación aos novos estudantes...75

e) Información Xuvenil a través da Oficina de Servizos Integrados para a Xuventude...76

f) TIC e sociedade...77

3.7 Comunidade Universitaria ... 78

a) Asociacionismo e participación estudantil...78

Í ÍN Í N ND D DI I IC C CE E E

(3)

b) Compromiso social e voluntariado ...79

c) Axudas ao Estudante ...82

d) Área de orientación Laboral...83

e) Servizos da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) da USC ...85

f) Cultura...85

g) Deportes...87

h) Normalización lingüística...88

i) Outros servizos...89

3.8 Relacións institucionais e internacionalización ... 92

a) Programa a Ponte entre o Ensino Medio e a USC ...92

b) Programa Os Camiños da USC en América: Conferencia Iberoamericana de Reitores e de Responsables de RR.II. (USC, Santiago de Compostela-Lugo, 19/21 febreiro 2004)...94

c) Proxecto “Universidade Viva”...95

d) Mobilidade de Estudantes...96

3.9 Accións medioambientais... 96

4.Xestión Económica e Financiamento ...99

4.1 A elaboración e aprobación do Plan de Equilibrio Económico-Financeiro por parte dos órganos da Comunidade Autónoma e o Consello de Política Fiscal e Financeira do Estado... 99

4.2 A implementación do PEEF por medio de procesos de negociación e axuste interno coa comunidade universitaria ... 103

4.3 A negociación e aprobación dun novo Plan de Financiamento do SUG para o período 2005-2010 ... 104

4.4 Aprobación dos orzamentos de 2003, 2004 e 2005 ... 105

4.5 A modificación e mellora dos mecanismos de rendemento de contas, así como os de control económico-financeiro ... 106

5.Conclusión ...107

(4)

Introdución

Cando tomou posesión o Consello de Dirección, tiña a responsabilidade de dirixir a USC para abordar os seguintes retos:

1. A organización institucional da USC (por medio da aprobación da nova normativa e do establecemento de novas prácticas) logo da aprobación da LOU.

2. Afondar nas accións de planificación e mellora establecidas no Plan Estratéxico da Universidade para o período 2000-2010.

3. Facilitar a adaptación das estruturas e dos recursos da USC ao novo paradigma do servizo público universitario, caracterizado por estes trazos:

a) menor número de alumnos de 1º e 2º ciclo;

b) incremento da relevancia dos estudos de posgrao e formación continua;

c) modificación da práctica do proceso ensino-aprendizaxe;

d) internacionalización (sobre todo “europeización”) e concorrencia (competencia e cooperación) interuniversitaria no plano docente;

e) maior peso da acción investigadora;

f) aparición de novos roles: a universidade emprendedora.

4. Superar a situación económica derivada dos problemas arrastrados polo modelo de financiamento do SUG no período 1999-2003, prorrogado para o exercicio de 2004, e procurar un novo marco financeiro que asegurase un horizonte satisfactorio para o período 2005-2010.

En relación con estes retos, as accións do Consello de Dirección poden sintetizarse do seguinte xeito:

1. Organización institucional e desenvolve- mento normativo

1.1 Organización institucional

Na organización institucional e funcionamento dos órganos de goberno da Universidade durante 2003 e 2004 cómpre salientar os seguintes aspectos:

Consello de Dirección e asesores

O Consello de Dirección mantivo a composición coa que fora conformado en xuño de 2002, coas seguintes excepcións:

a) O 29 de xullo 2003 cesou como xerente da Unive rsidade, a petición propia, D.

José Vázquez Portomeñe, que foi substituído como xerente en funcións por D. Xosé Manuel Villanueva Prieto.

b) O 12 de abril de 2004 cesaron como vicerreitor de Tecnoloxías Infraestruturas o prof. Dr. D. Andrés Beiras Iglesia s, e como vicerreitor de Comunicación e Proxección Exterior o prof. Dr. D. Luis Hueso Montón. Estes ceses producíronse pola decisión reitoral de aplicar o acordo do 11 de marzo de 2004 do Claustro Universitario polo que se instaba “a que nos diferentes niveis de goberno da USC se analicen as posibilidades

(5)

de reorganización e/ou redución de cargos”. Esta decisión obrigou a prescindir de dous vicerreitorías con importantes competencias, que foron redistribuídas entre os membros do Consello de Dirección a través de sucesivas resolucións reitorais.

Polas razóns expostas, a Vicerreitoría de Estudantes foi reconfigurada como Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Institucionais, con competencias sobre proxección exterior. As competencias que tiña a Vicerreitora de Estudantes en relación co Sistema Universitario de Residencias fóronlle atribuídas á Vicerreitora de Extensión Cultural e Servizos. Creouse a figura de Responsable de Comunicación e da Oficina do Gabinete do Reitor, con competencias sobre comunicación.

Por outra banda, por Resolución reitoral do 14 de maio de 2004 reordenouse o cadro de asesores do reitor e das vicerreitorías, renomeando os postos como “directores” ou

“coordinadores” das diferentes áreas de responsabilidade: Director do CeTA, Director da RIAIDT, Director do Cuarto Ciclo, Coordinador do programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”, Coordinador do PETIC, Coordinador do Plan de Desenvolvemento Sostible, Coordinador de Extensión Docente, Coordinador para temas de Iberoamérica, e Coordinador de Investigación e Relacións Científicas.

Claustro Universitario

O Claustro Universitario fora elixido en maio de 2002, e nunhas eleccións celebradas o 27 de maio de 2004 foi renovado no sector de estudantes (1º, 2º e 3º ciclo). O Claustro celebrou tres sesións en 2003 (27 de marzo, 19-21 de maio e 18 de decembro) e dúas en 2004 (11 de marzo e 2 de decembro). Do contido de todas estas sesións deuse conta á comunidade universitaria a través da páxina web da USC, por medio de resumos elaborados pola Secretaría Xeral. Algúns dos temas tratados foron os seguintes:

- Na sesión do 27 de marzo de 2003 debateuse un informe da situación económica da USC, aprobáronse as liñas xerais do orzamento dese ano e recibiuse o informe do Valedor da Comunidade Universitaria do curso 2001-2002 e os dos cursos 1999-2000 e 2000-2001 que non puideran ser presentados no seu momento.

- Na sesión dos días 19, 20 e 21 de maio de 2003 debatéronse as emendas ao proxecto de Estatutos e votouse o texto resultante, que foi aprobado por maioría absoluta.

- Na sesión do 18 de decembro de 2003 debateuse e aprobouse a adaptación da proposta de Estatutos da USC ao control de legalidade da Xunta de Galicia, e encomendouse á Comisión de Estatutos a elaboración de propostas normativas de competencia do Claustro.

- Na sesión do 11 de marzo de 2004 realizouse unha análise da situación financeira actual da USC e das causas que a motivaron, e debatéronse e aprobáronse medidas para corrixir a situación financeira, así como as liñas xerais da programación plurianual 2004-2006, do orzamento 2004 e do Regulamento Electoral Xeral da USC.

- Na sesión do 2 de decembro de 2004 debateuse un informe sobre o Plan de Financiamento do S.U.G. 2005-2010, debatéronse e aprobáronse as liñas xerais do orzamento 2005, elixíronse os representantes do Claustro Universitario no Consello de Goberno, os membros da Comisión Electoral Central e outros representantes e órganos, e recibiuse e debateuse o informe do Valedor da Comunidade Universitaria correspondente ao curso 2002-2003.

Consello de Goberno

O Consello de Goberno mantivo durante case todo o período 2003-2004 a composición provisional propia da súa constitución o 24 de outubro de 2002. En novembro e decembro de 2004 tiveron lugar as correspondentes eleccións e

(6)

designacións dos sectores que forman o Consello segundo os Estatutos xa en vigor. O Consello de Goberno constituído de conformidade cos Estatutos tivo a súa primeira reunión o 20 de decembro de 2004. Fórmano o reitor, o secretario xeral e o xerente;

quince representantes elixidos o 19 de novembro anterior polos decanos de facultade e directores de escola, directores de departamento e directores de institutos universitarios de investigación; vinte representantes elixidos polo Claustro Universitario o 2 de decembro; tres representantes do Consello Social elixidos o 29 de decembro; e quince membros designados polo reitor. Con este fin o reitor designou aos vicerreitores e vicerreitores adxuntos, un membro do persoal de administración e servizos do colectivo CUPAS, que non acadara representación no Consello de Goberno, e tres membros do persoal docente e investigador propostos por cada un dos grupos organizados de profesores (Plataforma Universitaria Progresista, Converxencia Universitaria e Universidade Aberta).

O Consello de Goberno desenvolveu as súas funcións en pleno e en comisións. Neste aspecto, cómpre salientar a integración da comisión de Asuntos Económicos xunto coas comisións sobre a materia do Claustro Universitario e o Consello Social nunha Comisión Mixta aprobada polos tres órganos a finais de 2003, co encargo de analizar os temas económicos de maior significación e facer propostas de actuación.

O Consello de Goberno reuniuse en sete ocasións en 2003 (19 de marzo, 9 de abril, 12 de xuño, 10 de xullo, 23 de setembro, 13 de novembro e 12 de decembro) e en nove ocasións en 2004 (5 de febreiro, 30 de marzo, 12 de maio, 28 de maio, 22 de xuño, 22 de xullo, 29 de setembro, 17 de novembro e 20 de decembro). Nestas reunións ofreceuse e debateuse sobre diversas info rmacións aportadas polo reitor e o Consello de Dirección, e discutíronse e analizáronse numerosas propostas de normas, convocatorias, decisións, convenios, doazóns ou cesións, premios e outros tipos de acordos presentadas polo Consello de Dirección ou as comisións do Consello de Goberno. Algunhas destas normas e acordos desenvólvense noutros apartados deste informe.

Do contido de todas estas reunións deuse conta á comunidade universitaria a través da páxina web da Universidade, por medio de resumos elaborados pola Secretaría Xeral.

Consello Social

O Consello Social viu modificada a súa composición e funcións coa entrada en vigor da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia.

En agosto de 2003 deixou a presidencia don Jesús García Calvo e foi nomeada presidenta dona Manuela López Besteiro. En marzo cambiara o secretario do órgano; e en novembro de 2003 foi aprobada a composición do Consello Social conforme á nova lei.

Entre as actuacións do Consello Social destaca o programa de prácticas en empresas dirixido aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, con centos de empresas e alumnos participantes; ademais das actuacións propias de supervisión da actividade económica e social da Universidade, que deron lugar a un número de reunións similar ás do Consello de Goberno.

Outros órganos de goberno

Durante 2003 e 2004 continuou con normalidade o labor dos órganos de goberno e dirección das facultades e escolas, departamentos e institutos de investigación. A transición entre Estatutos deu lugar a algunha incerteza no proceso de renovación dos decanatos e direccións de centros e departamentos, que foron resolvéndose.

(7)

Cómpre salientar a celebración o 27 de maio de 2004 de eleccións de representantes en xuntas de facultade e de escola do persoal docente e investigador non funcionario e investigadores en formación, os estudantes dos tres ciclos e o persoal de administración e servizos; e eleccións de representantes en consellos de departamento do persoal docente e investigador a tempo parcial e investigadores en formación, os estudantes dos tres ciclos e o persoal de administración e servizos.

1.2 Aprobación dos Estatutos da Universidade

No ano 2003 tivo lugar a elaboración e aprobación dos actuais Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. O proceso encetárase por imperativo da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades; e dera comezo en outubro de 2002 coa creación e elección dunha Comisión de Estatutos no seo do Claustro Universitario. A comisión constituíuse en novembro de 2002 e nomeou como presidente, vicepresidente e secretario, respectivamente aos prof. Dr. D. Antonio López Díaz, D. Justo Beramendi González e D. Máximo Plo Casasús; e así mesmo designou unha ponencia de quince membros encargada de elaborar un borrador de Estatutos. A principios de marzo de 2003 a ponencia presentou á comunidade universitaria un anteproxecto de Estatutos co fin de que se lle remitisen comentarios e suxestións, dos que recibiu uns seiscentos. Unha vez discutidas estas suxestións, a Comisión elaborou un proxecto que foi enviado aos membros do Claustro Universitario para o seu estudo e presentación de emendas. Os días 19, 20 e 21 de maio de 2003 o Claustro debateu o proxecto e as máis de trescentas emendas presentadas, e o texto resultante foi sometido a votación o 21 de maio e aprobado por maioría absoluta na primeira votación.

Os Estatutos elaborados polo Claustro foron sometidos a revisión lingüística e enviados á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia. Esta fixo á Universidade unhas observacións de legalidade que foron analizadas conxuntamente e revisadas, e sometidas ao Claustro Universitario. O 18 de decembro de 2003 o Claustro acordou adaptar ao control de legalidade resultante a proposta de Estatutos que elaborara. O novo texto foi finalmente aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 22 de xaneiro de 2004, co Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro de 2004, e publicados no Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2004.

Do proceso de elaboración e aprobación dos novos Estatutos da USC cómpre subliñar o ánimo de consenso e colaboración na Comisión e ponencia que redactou o proxecto, e a ampla participación da comunidade universitaria na conformación do texto definitivo. Do resultado é salientable a intención de mellorar os Estatutos aprobados en 1997 respectando o novo marco lexislativo vixente e tendo en conta as incertezas sobre o necesario desenvolvemento estatal e autonómico da normativa universitaria.

1.3 Normativas aprobadas polo Consello de Goberno

Durante 2003 e 2004 o Consello de Goberno aprobou as seguintes normativas co fin de dar resposta a aspectos da vida universitaria que a experiencia aconsellaba regular:

Normativa sobre títulos propios de Graduado Superior (12 de xuño de 2003)

Regula a xestión académica e algúns aspectos conexos coa matrícula destes títulos propios, coa intención de resolver algúns baleiros e dúbidas existentes sobre a xestión

(8)

destes títulos, e para equiparar no posible os estudantes destas titulacións e os das titulacións oficiais.

Comité de Bioética da USC e Regulamento de funcionamento (23 de novembro de 20003)

Creouse o Comité co fin de avaliar os aspectos éticos que suscita a investigación científica levada a cabo na USC, en especial a que implica experimentación animal, experimentación biomédica en humanos ou con mostras humanas e experimentación con utilización de axentes biolóxicos ou con organismos modificados xeneticamente.

Normativa sobre alumnos visitantes (13 de novembro de 2003)

Iniciativa da Vicerreitoría de Comunicación e Proxección Exterior para fomentar a mobilidade fora dos programas institucionais de intercambio e facer posible a matrícula na USC de alumnos doutras universidades que queren estudar durante algún tempo na USC sen someterse aos requisitos formais esixidos para a matrícula ordinaria, pero sen dereito á obtención de títulos expedidos pola USC, agás regularizando a matrícula conforme á lexislación aplicable.

Normativa sobre a imaxe corporativa da USC (22 de decembro de 2003)

Instrucións e manual de imaxe corporativa da USC co fin de patrimonializar as siglas

“USC”, de uso xa consolidado na Universidade de Santiago de Compostela, e moi recoñecidas externamente; e para diferenciar os usos correctos e incorrectos dos logotipos, tipografía e outros aspectos formais na papelería e producións visuais.

Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) e Regulamento de réxime interno (22 de decembro de 2003)

Creouse o CeTA como un instrumento de capacitación e impulso no uso das TIC na función docente polos profesores da USC, por transformación e en substitución do Centro de Competencia de Innovación Educativa e Tecnoloxías da Información e Comunicación (CCIETIC); e aprobouse o seu Regulamento de funcionamento.

Regulamento Electoral Xeral (30 de marzo de 2004)

Normativa electoral da USC elaborada sobre a base do Regulamento de 2000, coas modificacións requiridas polos Estatutos de 2004 e seguindo as liñas xerais aprobadas polo Claustro o 11 de marzo. O texto distingue en dous Títulos diferenciados as eleccións directas pola comunidade universitaria (eleccións do reitor e de representantes en órganos colexiados) e as eleccións de decanos e directores de centro e directores de departamento, que teñen lugar no seo de órganos colexiados cun procedemento distinto.

As liñas aprobadas polo Claustro implicaron tamén a concentración nunha única Comisión Electoral Central de todos os recursos sobre temas electorais.

Centro de Linguas Modernas e Regulamento de réxime interno (9 de abril de 2003) Cambio de denominación do Instituto de Idiomas da USC polo de Centro de Linguas Modernas, e aprobación dun regulamento do novo centro, como ocasión para renovar a estrutura do servizo e relanzar as súas actividades.

Normativa de concesión de licencias de ano sabático (30 de marzo de 2004)

Regula a concesión de anos sabáticos atribuíndo a competencia do Consello de Goberno e sinalando os requisitos dos solicitantes, entre eles ter un mínimo ininterrompido de 6 ano s de docencia na USC en réxime de dedicación a tempo

(9)

completo e acompañar un informe do Consello de Departamento coa mención das medidas arbitradas para cubrir a docencia.

Normativa para a contratación de profesores eméritos (30 de marzo de 2004)

Criterios para contratar como profesores eméritos na USC a profesores xubilados aos 65 anos, como vía de incentivo á xubilación anticipada de profesores funcionarios en áreas de coñecemento con capacidade docente excedentaria co fin de reducir gastos no Capítulo I de conformidade co Plan de Equilibrio Económico e Financeiro e poder avanzar no obxectivo de reequilibrio de persoal entre áreas e categorías de profesorado.

Normativa para a contratación de traballos técnicos na USC (30 de marzo de 2004) Substitúe aos artigos 62 ao 65 do Regulamento de contratación da USC, para resolver unha lagoa normativa na contratación pola USC de traballos técnicos elaborados polo seu propio persoal

Normativa sobre estudos do Cuarto Ciclo (22 de xuño de 2004)

Regulación destes estudos ofertados pola USC co fin de dar certeza e confianza a estudantes, profesores e persoal de administración e servizos sobre o funcionamento e xestión desta actividade de extensión docente.

Regulación do título propio de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica (22 de xuño de 2004)

Regulación do título impartido pola Escola de Práctica Xurídica co Colexio de Avogados e o Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela. A norma trata de facilitar a xestión do título e reforzar a integración destes estudos na oferta e xestión académica xeral da USC, e segue as recomendacións do Consello Xeral da Avogacía.

Normativa sobre a utilización das TIC (22 de xullo de 2004)

Regulación do uso das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) na USC no contexto do Plan Estratéxico das TIC aprobado polo Consello de Goberno o 22 de xuño de 2004. A Normativa persegue a aplicación das TIC para os fins da USC e a protección da seguridade dos equipos, os sistemas e as redes de comunicación. Inc lúe tres anexos que conteñen normas sectoriais: 1) Normas sobre organización do servizo de correo electrónico, para regular o acceso dos membros da comunidade universitaria a unha conta de correo electrónico, e facilitar o uso do correo electrónico como ferramenta de comunicación na USC; 2) Normas de creación e publicación de páxinas web, para regular o proceso de creación de páxinas institucionais e a posibilidade de situar na web da USC páxinas de colectivos ou individuos da comunidade universitaria;

e 3) Política de protección de datos, que desenvolve este punto conforme á Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, e inclúe as bases para a aprobación dun Documento de Seguridade común da USC.

Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para efectos internos (22 de xullo de 2004)

Desenvolvemento do artigo 17 dos Estatutos da USC tendo en conta as diversas situacións laborais e administrativas existentes, e completándoo coa previsión de criterios para resolver os casos de igual antigüidade estatutaria e determinar a situación na prelación de corpos, categorías e contratos non explícitos nos Estatutos.

(10)

Criterios para a redefinición do catálogo de investigadores e grupos de investigación da USC (22 de xullo de 2004)

Criterios co fin de optimizar as unidades organizativas sobre as que desenvolver e avaliar as actuacións institucionais en materia de investigación.

Normativa pola que se regula o procedemento de elaboración e aprobación da relación de postos de traballo do PDI (20 de decembro de 2004)

Regulación provisoria da materia en aplicación da Disposición Transitoria Décima dos Estatutos e da encomenda realizada polo Claustro Universitario o 2 de decembro de 2004. A normativa prevé contar cunha bolsa de prazas non singularizadas sen adscrición a unha área de coñecemento determinada, para poder atender ás necesidades sobrevidas ao longo do ano, de xeito que a asignación destas prazas a unha área pode ser establecida resolución reitoral a proposta do Consello de Goberno.

Normativa pola que se regulan os concursos de acceso aos corpos docentes universitarios (20 de decembro de 2004)

Regulación tamén provisoria da materia tendo en conta as suxestións das centrais sindicais co fin de convocar os concursos de acceso para habilitados resultantes das prazas creadas pola USC. Entre outros aspectos, a normativa recolle expresamente o coñecemento da lingua propia da USC como un dos elementos que deben terse en conta na selección, e establecen un baremo para a valoración de méritos nunhas franxas que as respectivas comisións de selección deben fixar en función das características singulares da praza..

Protocolo de prevención e resolución de procedementos de acoso psicolóxico nas relacións laborais (20 de decembro de 2004)

Regulación informada polo Comité de Seguridade e Saúde da USC, co obxectivo de informar, mentalizar e educar para evitar o acoso psicolóxico na USC, ante a inexistencia dunha regulación específica sobre a materia. O protocolo crea un Comité de Resolución de Conflitos.

1.4 Outra actividade normativa

O Consello de Goberno modificou en 2003 e 2004 unha serie de normas existentes que por unha ou outra razón precisaban revisarse. Unha modificación do Regulamento do Centro de Estudos Avanzados (23 de setembro de 2003) regulou a renovación periódica do Consello Científico e ampliar a catro anos o mandato do director. Unha modificación do Regulamento da RIAIDT (22 de decembro de 2003) introduciu a figura de coordinadores das unidades e áreas, e actualizou a composición da Comisión Científica. O Regulamento de Estudos de Posgrao e Formación Continua modificouse o 12 de xuño de 2003 para diferenciar entre cursos de formación de Perfeccionamento (menos de 10 créditos) e de Experto (10 créditos ou máis), entre outras novidades; e modificouse de novo o 17 de novembro de 2004, xunto co artigo 15 do Regulamento do procedemento para a expedición de títulos propios da USC, para asimilar a sinatura e xestión destes títulos á dos oficiais. As Normas de Xestión Académica modificáronse tamén en varias ocasións: o 10 de xullo de 2003 introduciuse o recoñecemento dos cursos de nivelación como créditos de libre configuración, o 5 de febreiro de 2004 ampliouse a posibilidade de concorrer a premios de fin de carreira aos licenciados sen o grao de licenciatura e aos diplomados, co requisito de ter unha nota media no seu expediente de 2,5 ou superior; e o 22 de xuño de 2004 deuse unha redacción máis clara

(11)

ao art. 2.3 sobre condicións para a matrícula, de xeito que “o alumno que inicia estudos nunha titulación deberá superar un mínimo de 30 créditos nun máximo de tres cursos académicos”, e ampliouse a todo o curso o prazo para solicitar validacións e adaptacións, sen prexuízo dos prazos para modificacións de matrícula.

Por outra parte, os órganos de goberno, representació n e control da USC debateron e aprobaron outros documentos normativos que se desenvolven noutros apartados deste informe tales como o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (Consello de Goberno do 23 de setembro de 2003), a Programación Plurianual 2004-2006 (Claustro do 11 de marzo de 2004, Consello de Goberno do 12 de abril de 2004), o Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicación (Consello de Goberno do 22 de xuño de 2004), o Plan de Calidade da USC (Consello de Goberno do 29 de setembro de 20004), a Política de prevención de riscos da USC (Consello de Goberno do 20 de decembro de 2004), o Plan de Equilibrio Económico e Financeiro (Consello de Goberno do 4 de febreiro de 2004 e Consello Social do 27 de febreiro de 2004), os orzamentos de 2003 (Claustro do 27 de marzo de 2003, Consello de Goberno do 9 de abril de 2003, Consello Social do 23 de abril de 2003), os orzamentos de 2004 (Claustro do 11 de marzo de 2004, Consello de Goberno do 30 de marzo de 2004 e Consello Social do 14 de abril de 2004), e os orzamentos de 2005 (Claustro do 2 de decembro de 2004, Consello de Goberno do 20 de decembro de 2004 e Consello Social do 29 de decembro de 2005), polo tanto estes últimos antes do inicio do exercicio.

1.5 Aprobación da Programación Plurianual 2004- 2006

A Programación Plurianual 2004-2006, aprobada polo Claustro o 11 de marzo de 2004 e polo Consello de Goberno o 12 de abril, define os retos a abordar nos vindeiros anos pola USC, que son:

1. Mellorar a calidade (docente, de servizos e investigadora) para manter e superar a posición adquirida.

2. Prestar novos servizos que a sociedade demanda e que a Universidade pode achegar (no plano docente e no plano da investigación, a innovación e o desenvolvemento).

3. Situarse de xeito relevante no plano internacional, especialmente no espazo universitario europeo e no iberoamericano.

4. Aumentar a responsabilidade social da Universidade, establecendo sistemas para o rendemento de contas e a información á sociedade das súas actividades.

5. Obter un novo marco de financiamento, que teña en conta a calidade e a eficiencia docente, a corresponsabilidade financeira da universidade e dea peso á investigación, á innovación e ao desenvolvemento como actividades básicas da Universidade.

6. Modificar o deseño, a planificación e a xestión dos recursos (infraestruturas, capital humano, financiamento, procedementos de xestión) no marco da realidade dunha universidade bicampus, para adaptalo aos requirimentos do futuro.

E desenvolve as seguintes liñas para lles facer fronte:

1. FIXAR E ACADAR OS OBXECTIVOS DE MELLORA DA CALIDADE E DESENVOLVER A PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DA USC

1. Elaborar e aprobar un Plan de Calidade

(12)

2. Completar o proceso de avaliación institucional das titulacións.

3. Proceder á acreditación de titulacións

4. Proceder á avaliación/acreditación/certificación de servizos 5. Desenvolver a planificación estratéxica.

2. DOCENCIA

1. Para os estudos de GRAO proponse formular programas de mellora da calidade do ensino que, partindo dunha avaliación sistemática da acción docente, contribúan á mellora da aprendizaxe e dos resultados académicos.

2. Respecto ao POSGRAO e á FORMACIÓN PERMANENTE propóñense, entre outras, as seguintes liñas de actuación:

a) Avanzar no control de calidade e avaliación dos programas de doutoramento, nos Máster e Cursos de Especialización.

b) Ampliar a impartición de programas de doutoramento propios no estranxeiro, apoiándose nas oportunidades abertas pola introdución das TIC.

c) Continuar as accións de seguimento dos posgraduados egresados, con especial atención a súa incorporació n ao mercado laboral.

d) Axustar os programas de doutoramento e os títulos de posgrao ás novas necesidades de formación que se deriven da harmonización co sistema europeo de ensinanza superior e coa implantación dos estudos oficiais de posgrao en España.

e) Ache gar a oferta de cursos de posgrao ás necesidades de formación que a sociedade demanda, continuando o proceso iniciado no ano 2002 de análise da oferta e da demanda.

f) Promover convenios con institucións e empresas para a realización de prácticas vinculadas cos programas de doutoramento, máster e cursos de especialización.

g) Promover programas interuniversitarios/interdisciplinares, baseados na colaboración entre departamentos e institutos da USC.

h) Ampliar a oferta de formación continua externa, dirixa a empresas, profesionais e institucións.

3. INVESTIGACIÓN, INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO

1. Deseñar e poñer en marcha unha estratexia de aseguramento da calidade en investigación, encadrada no Plan de Calidade da USC

a) Redefinir o catálogo de grupos de investigación na USC

b) Actualizar os criterios de desenvolvemento e xestión das distintas unidades organizativas de referencia.

c) Deseñar e implantar mecanismos e instrumentos para a promoción da calidade investigadora nas áreas e unidades de investigación.

2. Establecer as bases e procedementos para a dotación dun cadro de persoal de apoio á investigación

3. Impulsar novos modelos para o desenvolvemento científico-tecnolóxico e de emprendemento con proxección e integración co exterior

a) Desenvolver a iniciativa UNIPARC (Parque cie ntífico da Universidade de Santiago de Compostela) no contexto do Parque científico-tecnolóxico das Universidades de Galicia

b) Impulsar accións para a promoción de iniciativas empresariais ligadas a resultados de investigación

4. Establecer un Observatorio de Prospectiva e Planificación da Investigación

(13)

4. INTERNACIONALIZACIÓN

1. Desenvolver accións máis decididas no plano da mobilidade e a incorporación de alumnos estranxeiros, revisando ou concertando a política de axudas.

2. Impulsar a mobilidade dos estudantes da USC, ampliando a oferta de prazas nos diferentes programas e reforzando o apoio institucional.

3. Establecer unha rede de correspondentes da USC en universidades europeas e iberoamericanas.

4. Desenvolver a presenza da USC no Grupo Compostela.

5. Definir e impleme ntar unha política de alianzas con determinadas universidades que permitan complementar e dar valor á actividade da USC e acrecer a súa proxección exterior.

5. RESPONSABILIDADE SOCIAL E INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DA ACTIVIDADE UNIVERSITARIA

1. Establecer e implementar un sistema institucional de rendemento de contas de actividade á sociedade, do tipo das Memorias de Sostibilidade.

2. Desenvolver un Plan de Comunicación interna e externa.

3. Potenciar o programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

4. Desenvolver políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais

5. Implementar o Plan de Desenvolvemento Sostible

6. Desenvolver o compromiso social e solidario da Comunidade Universitaria da USC

7. Desenvolver a acción cultural e deportiva da USC

8. Reforzar o apoio á incorporación laboral dos estudantes e egresados

9. Elaborar e implementar un Plan de fidelización de alumnos e empresas usuarias de servizos da USC

6. NOVO MARCO DE FINANCIAMENTO

1. Implementar o Plan de equilibrio Económico-Financeiro 2. Negociar o novo acordo de Financiamento do SUG 3. Acadar Financiamento público adicional

4. Incrementar o resto de recursos acadados pola USC 5. Incrementar a captación de recursos privados pola USC

6. Mellorar a eficacia, eficiencia, responsabilidade e transparencia na asignación dos recursos

7. NOVO DESEÑO E XESTIÓN DE RECURSOS

1. Recursos humanos 2. Administración e xestión 3. Infraestruturas físicas

2. Calidade e Planificación Estratéxica

2.1 Calidade

Como calquera nova área que se trata de desenvolver nunha organización, debe procurarse que se asente sobre bases firmes para que permaneza no tempo e, ademais, que todo o coñecemento que se adquira poida ser empregado no futuro.

(14)

O asentamento baseouse en tres premisas:

I. A mellora da calidade debe abranguer todas as actividades da USC.

II. A política de calidade debe definirse colexiada e participativamente.

III. Esta política debe executarse no marco das unidades, coa explícita colaboración dos seus responsables.

Enténdese, pois, a mellora da calidade como un obxectivo de todos.

Para definir e seguir a política de calidade créase a Comisión de Calidade e Planificación Estratéxica do Consello de Goberno. Esta Comisión elaborou, coa participación da comunidade universitaria, o Plan de Calidade da USC que someteu ao Consello (29-09-2004).

A xestión administrativa e de apoio ás actividades de mellora da calidade confíase ao Servizo de Xestión da Calidade e Control Interno, aprobado polo Consello de Goberno do 22 de Xullo de 2004. O Servizo conta coas áreas de Calidade, Información e Control Interno. Merece destacarse a área de Información, que pretende sistematizar e integrar toda a información relevante da USC para a súa difusión cara á comunidade universitaria e á sociedade. Un primeiro exemplo desta actividade é a páxina USC en cifras, que en decembro de 2004 incorpora á web da USC datos relevantes da actividade da institución nos últimos cinco anos.

O Plan de Calidade aborda a mellora da calidade desde a perspectiva da docencia, a investigación e a xestión, enmarcando a actividade nos grandes obxectivos que para estas parcelas fixa o Plan Estratéxico da USC. Nestes tres eidos contempla actuacións agrupadas en eixes estratéxicos:

Docencia:

a. Resaltar o papel da docencia.

b. Estender a cultura da calidade e da mellora continua.

c. Asegurar a adecuada converxencia ao espazo europeo da educación superior.

d. Mellorar a oferta formativa.

e. Mellorar a acción docente.

f. Fomentar a innovación docente.

Investigación:

a. Estender a cultura da calidade e da mellora continua.

b. Promover a proxección socioeconómica da actividade investigadora.

c. Garantir o desenvolvemento da investigación a partires da consolidación equilibrada de unidades organizativas e grupos de investigación capaces de manter unha proxección competitiva.

d. Potenciar as infraestruturas e servizos e mellorar a xestión de apoio a I + D.

Servizos:

a. Estender a cultura da calidade e da mellora continua.

b. Mellora organizativa.

c. Mellora da eficacia e eficiencia da xestión: xestión orientada a resultados.

Estes eixes vertebran e integran a maioría das actividades que a USC vai desenvolver cara ao 2010.

Durante o período de elaboración do Plan e antes da súa aprobación desenvolvéronse actividades de mellora da calidade que logo aparecen recollidas como actuacións importantes dentro dalgún dos eixes citados. O traballo foi particularmente intenso nestes dous anos na parcela da docencia e no que atinxe a:

a) Avaliación institucional

Continuouse co programa de avaliación iniciado no Plan Nacional de Evaluación de la Calidad de las Universidades, rematando no ano 2003 a avaliación das titulacións:

(15)

Enxeñeiro Químico Fac. Química

Enxeñeiro Técnico Industrial (esp. Química Industrial Fac. Ciencias (Lugo)

Mestre en Educación Primaria E.U. Formación Profesorado (Lugo) Mestre en Educación Infantil E.U. Formación Profesorado (Lugo) Mestre en Lingua Estranxeira E.U. Formación Profesorado (Lugo) Mestre en Educación Física E.U. Formación Profesorado (Lugo) Mestre en Educación Primaria Fac. Ciencias da Educación

Mestre en Educación Infantil Fac. Ciencias da Educación Mestre en Lingua Estranxeira Fac. Ciencias da Educación Mestre en Educación Musical Fac. Ciencias da Educación Licenciatura en Filoloxía Francesa Fac. Filoloxía

Licenciatura en Filoloxía Inglesa Fac. Filoloxía

E no marco do II Plan de Calidad de las Universidades remataron a avaliación no ano 2004 as titulacións:

Licenciatura en Historia Fac. Xeografía e Historia Licenciatura en Historia da Arte Fac. Xeografía e Historia Licenciatura en Educación Social Fac. Ciencias da Educación Licenciatura en Pedagoxía Fac. Ciencias da Educación Licenciatura en Psicopedagoxía Fac. Ciencias da Educación

Filoloxía Galega Fac. Filoloxía

Iniciouse ademais a participación no Programa de Evaluación Institucional (PEI) da ANECA, no que tamén participa a ACSUG en virtude dun Convenio Marco de colaboración entre as dúas Axencias de Calidade. A USC durante o curso 2003-04 avaliou tres titulacións baixo a coordinación da ANECA e dúas baixo a coordinación da ACSUG:

Axencia Titulación Centro

ANECA Licenciatura en Economía Fac. Administración e Dirección de Empresas

ANECA Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

Fac. Administración e Dirección de Empresas

ANECA Diplomatura en Ciencias Empresariais Fac. Administración e Dirección de Empresas (campus Lugo)

ACSUG Licenciatura en Filosofía Fac. Filosofía ACSUG Licenciatura en Ciencias Políticas e da

Administración

Fac. Ciencias Políticas e Sociais

A USC participou así mesmo no Programa de Acreditación. Proyectos Piloto 2003- 2004 da ANECA, que ten por obxecto comprobar se os resultados da formación dos graduados responden aos obxectivos preestablecidos e, ademais, é a adecuada. Valora tamén se as competencias adquiridas polos estudantes son as demandadas polo mercado de traballo e os capacita para contribuír ao desenvolvemento científico e cultural da sociedade no seu conxunto. Os proxectos piloto constituíron a base para establecer un futuro modelo de acreditación das ensinanzas conducentes á obtención de títulos de carácter oficial.

As titulacións que participaron no programa de acreditación foron:

Titulación Centro

Licenciatura en Psicoloxía Fac. Psicoloxía

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade Química

Industrial Fac. Ciencias (campus Lugo)

Os coordinadores do proceso en ámbolos dous centros participaron con posterioridade na elaboración das achegas que a USC fixo chegar á ANECA para a definición deste futuro modelo.

(16)

Estes procesos de avaliación permiten tomar conciencia dos puntos fortes e das debilidades que amosa cada titulación. Para que o proceso rinda froitos compre despois deseñar accións concretas, específicas e realistas, que permitan corrixir as disfuncións.

Estas accións aparecen recollidas no Plan de Mellora de cada titulación e a súa posta en marcha e financiamento acometeuse por primeira vez na USC no ano 2003 Estableceuse unha liña de financiamento, que continúa na actualidade, que permitiu, pola vía da negociación cos/as decanatos/direccións dos Centros responsables das titulacións, atender ás necesidades consideradas prioritarias para unha mellora da calidade docente nas mesmas.

b) Avaliación da docencia.

Xa que o obxectivo xeral de calquera proceso de avaliación da docencia é proporcionar información fiable e relevante orientada á mellora da calidade docente, dirixiuse nestes anos o proceso a unha mellora da fiabilidade da enquisa que reflicte a valoración do estudantado respecto da docencia que recibe. Procedeuse a unha remodelación da enquisa, transformándoa nunha enquisa de satisfacción, seguindo así as tendencias doutras Universidades, e leváronse a cabo múltiples reunións cos responsables de calidade dos Centros para asentar a súa dinámica da aplicación atendendo ás especificidades de cada un deles.

Ademais, como complemento da opinión dos estudantes introduciuse unha enquisa de opinión entre o profesorado con respecto, fundamentalmente, ás condicións nas que desenvolve o seu labor, púxose en marcha un proxecto piloto para avaliación das materias prácticas que fixo ver as dificultades da súa aplicación e analizouse tamén por primeira vez a docencia de posgrao.

De todos estes procesos proporcionouse cumprida información pola vía da publicación dos correspondentes informes na páxina Web da USC, onde poden ser consultados, e mantívose comunicación cos/as decanatos/direccións dos centros verbo daqueles aspectos significativos que puideran afectar ás titulacións radicadas neles.

No que respecta á opinión do estudantado, que no que atinxe á satisfacción global practicamente non variou ao pasar do curso 2002-2003 ao 2003-2004 (Figura 1), e importante destacar a alta opinión que lle merece a atención que recibe en titorías, se ben unicamente un 36% do estudantado (media dos dous cursos) acude regularmente a elas, mentres que a valoración máis baixa corresponde ao estímulo do traballo persoal por parte do profesor.

3,31 3,33

3,09

3,37 3,50

3,34 3,33

3,20 3,36 3,46

1 2 3 4 5

CC. Experimentais CC. Saúde Ensinanzas Técnicas

CC. Xurídicas e Sociais

Humanidades

Escala de puntuación desde 1 (Nada satisfeito) ata 5 (Moi satisfeito) Curso 2003/04 Curso 2002/03

Figura 1.- Puntuacións medias por áreas da enquisa de Avaliación da Docencia por áreas

(17)

No curso 2003-04 a USC centralizou a demanda de opinión ao alumnado de posgrao, para poder facer unha análise conxunta da satisfacción con este tipo de formación, cousa que non era posible coa avaliación que facía invidualmente o responsable de cada curso.

A satisfacción reflíctese no feito de que, como sinala a figura 2, preto dun 80% dos matriculados repetirían a experiencia na actividade que cursaron. Isto non quita para que se detectaran importantes disfuncións en moitos cursos, que foron analizadas polo CPTF cos correspondentes directores.

Si 79,4%

Non 20,6%

Figura 2. ¿Volvería a elixir este curso para realizar estudos de posgrao?

Coa enquisa de opinión do profesorado preténdese coñecer aspectos relativos á relación dos profesores cos estudantes, a motivación, os medios cos que se conta e tamén se se precisa algún tipo de formación complementaria cara ao futuro. O máis salientable dos datos é que o profesorado está altamente motivado, se ben percibe que a actitude do estudante ante a materia non o estimula na medida en que sería desexable.

Probablemente, entre outros motivos, esta asintonía leva ao profesorado a demandar nun alto porcentaxe formación de apoio para a súa docencia (Figura 3).

Si 85,2%

Non 14,8%

Figura 3. Estou interesado/a en recibir formación de apoio para a miña docencia

Atendendo a esta demanda de formación deséñase un novo Programa de Formación e Innovación docente, que pretende incidir de forma transversal en varios dos eixes do Plan de Calidade. O Programa incorpora dous elementos significativos. Por unha banda, procura achegar a formación ao profesorado, tendo en conta as súas necesidades específicas e mais a dos distintos centros da USC. Por outra, pretende que as actividades innovadoras, algunha delas financiada ou premiada polos Proxectos ou os Premios de

(18)

Innovación Educativa, vexan a luz máis alá dos centros ou departamentos nos que se desenvolveron. Por todo elo, ás actividades de tipo xeral incorporáronse demandas de actividades formativas formuladas polos/as decanatos/direccións dos Centros e experiencias de innovación docente previamente contrastadas, confluíndo todas nunha programación inicial que contempla sete bloques:

a. Elaboración de Guías Docentes b. Metodoloxía e avaliación

c. Orientación e Titoría Universitaria

d. Tecnoloxías da Información e da Comunicación aplicadas á docencia e. O profesor universitario no Espazo Europeo de Educación Superior f. Identificación e desenvolvemento de prácticas docentes innovadoras g. Desenvolvemento de outras habilidades docentes.

O Programa, que se desenvolve a través dos recursos do ICE e máis do CeTA, púxose en marcha en Novembro de 2004 e antes de finalizar o ano organizáronse sete actividades de formación nas que participaron 176 profesores.

c) A nivel de Servizos:

Rematouse o proceso de avaliación da Biblioteca Universitaria, definíndose as correspondentes accións de mellora. Puxéronse en marcha xa en 2004 algunhas accións de mellora puntuais e déronse os primeiros pasos para abordar unha das accións máis significativas, a elaboración do Plan Estratéxico da BUSC.

Iniciouse o traballo para a implantación da norma UNE- EN-ISO 14001 no Servizo de Prevención de Riscos. Esta norma define os criterios mínimos que debe cumprir un Sistema de Xestión Medioambiental para poder ser certificado. A unidade que pretenda ser certificada debe expresar publicamente o seu compromiso coa mellora medioambiental, cumprindo a legalidade vixente e, se é posible, definindo accións que vaian máis alá. Ademais, debe elaborar dinámicas de medición, establecer unha planificación e uns obxectivos que serán revisados e, no posible, mellorados anualmente e identificar todos os procesos medioambientais no que a unidade está implicada.

Iniciouse así mesmo o traballo para a implantación da norma UNE-EN-ISO 9001 na Área de Oferta e Xestión Académica, incluíndo actividades a desenvolver polos Servizos de Xestión da Oferta e Programación Académica e o de Xestión Académica. A implantación desta Norma implica que se deberán documentar, para a súa medición, análise e potencial mellora (definindo o obxecto e alcance, a unidade responsable e a persoa responsable, as unidades ou entidades colaboradoras e os indicadores asociados) unha serie de procesos do máximo interese para a actividade académica na USC, englobados en dous grandes bloques.

No primeiro, a Xestión da Oferta, inclúense aspectos como as materias de libre elección, a determinación do límite de prazas, a elaboración e aprobación do PDA e do POD, que rematan na confección da Oferta Académica de primeiro e segundo ciclo. No segundo, Xestión Académica, inclúense a admisión, matrícula, adaptacións, validacións e recoñecementos, actas, actos académicos e certificacións e expedición de títulos.

Este complexo traballo de revisión, documentación e análise da actividade deberá rematar na implantación dun sistema de calidade certificado cunha norma que fará visible a garantía dun traballo administrativo rigo roso e orientado á súa mellora progresiva.

(19)

2.2 Planificación Estratéxica

a) No que atinxe a esta área os esforzos dedicáronse ao proceso de planificación dos Departamentos e Institutos da USC, prestando o apoio preciso a estas unidades na elaboración dos seus Plans pola vía da edición de documentación de apoio e da resolución dos múltiples problemas que se lles foron plantexando ao longo do proceso.

Dun total de 76 departamentos 68 elaboraron e aprobaron en Consello o seu Plan Estratéxico, traballo que foi abordado por 9 dos 18 institutos de investigación.

Rematada a elaboración do Plan polos departamentos desenvolvéronse conversas individuais coa Dirección de cada un deles co fin de analizar a situación polo miúdo.

Estas conversas permitiron á Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica coñecer de primeira man a actividade desenvolta en cada unidade, precisar algúns aspectos ou mesmo suxerir a incorporación de actividades non previstas a algún Plan específico.

b) Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (PETIC).

O PETIC, unha referencia como Plan Estratéxico das TIC a nivel nacional e primeiro deste tipo a nivel galego, é moito máis que unha reflexión de estratexia; trátase dun auténtico plan de actuación, no que participaron máis de 100 persoas, usuarios e expertos, de todos os sectores da comunidade universitaria, cun cento de accións programadas, con responsables, indicadores e recursos implicados.

Esas 100 accións rodéanse nos seguintes grandes bloques:

1. Integración no proceso de ensino aprendizaxe.

2. Estudantes.

3. Investigación

4. Xestión e Administración

5. Bibliotecas e acceso a fontes de información.

6. Aspectos tecnolóxicos e de soporte ao usuario.

7. Formación

8. O web institucional.

9. Tic e sociedade.

En resumo, o PETIC representa o má is firme compromiso da USC coa incorporación das TIC na nosa institución e, por ende, desde esta cara á sociedade galega.

2.3 Accións de comunicación interna e externa

De moitas das actividades de mellora da calidade ou de planificación desenvoltas na USC deuse conta puntualmente no Xornal da USC e a documentación producida figura para a súa consulta na páxina Web. Ademais, en novembro de 2003 iníciase a publicación dun boletín electrónico, USCalidade , no que se pretende informar das accións no ámbito da calidade que se están a cometer polas distintas unidades da USC e noutras universidades españolas. Preténdese con esta publicación contribuír á extensión da cultura da calidade e da mellora continua, un dos eixes estratéxicos do Plan de Calidade.

(20)

3. Adaptación de estruturas e medios ao novo paradigma do ensino público superior

Esa pode ser a definición máis precisa da vontade coa que traballou o Consello de Dirección nestes anos. A USC debe adaptarse e modificar a súa estrutura e actividade interna para responder ao cambio radical que se está a producir no sistema de ensino público superior.

Esa adaptación, ademais, hai que abordala –consonte ao fixado na programación plurianual- buscando un novo deseño e unha nova xestión de recursos que permitan afrontar o reto de desenvolver equilibradamente a actividade da USC no marco da realidade dunha universidade bicampus. Esta orientación, que non se fará xa necesariamente explícita en todos os apartados que seguen a continuación, constituíu unha preocupación constante dos órganos de goberno da USC.

3.1 Docencia

Unha preocupación central do período ao que se refire o presente informe foi a docencia. Despois do forte impulso que recibiu a investigación no marco da LRU era necesario volver a situar a docencia no lugar que lle corresponde nunha Universidade como a USC, que ten entre os seus obxectivos procurarlle aos seus estudantes unha preparación cada vez mellor. Con este obxectivo leváronse a cabo unha serie de accións das que pasamos a comentar a continuación as máis salientables.

a) Oferta

Conseguir unha oferta de titulacións equilibrada entre todas as grandes áreas e diversificar e ampliar os estudos de posgrao e formación permanente, foi un obxectivo permanente da USC.

1. Docencia de primeiro e segundo ciclo.

En concreto, un dos obxectivos establecidos no Plan Estratéxico consiste en incrementar o peso porcentual das titulacións do ámbito tecnolóxico. A incorporación á oferta de catro novas titulacións (dúas no Campus de Compostela e outras dúas no Campus de Lugo) supuxo un avance importante nesta dirección. Tres delas son claramente titulacións tecnolóxicas (Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (en Santiago de Compostela), Enxeñería Técnica en Topografía e Enxeñería Técnica en Obras Públicas: Transportes e Servizos Urbanos (en Lugo). A cuarta (Comunicación Audiovisual (en Santiago de Compostela), aínda que está encadrada na gran área de Ciencias Sociais, é unha titulación fondamente ligada ás TIC.

Outro dato importante a salientar respecto a Comunicación Audiovisual é o feito de que se trata dunha titulación conxunta entre as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Trátase dunha experiencia pioneira no Sistema Universitario Galego e dunha das primeiras a nivel estatal, o que supuxo ter que explorar novas fórmulas de traballo conxunto entre universidades tanto no eido académico (elaboración do plan de estudos e impartición conxunta do mesmo) como no administrativo (procedementos de xestión de expedientes de alumnos que pertencen ao mesmo tempo ás dúas universidades). O esforzo pagou a pena: os alumnos que rematen este ano obterán xa o seu título de Licenciados en Comunicación Audiovisual polas Universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

(21)

Tamén botou a andar neste período a titulación propia do ámbito tecnolóxico de Gradua do Superior en Biotecnoloxía, coa participación de profesores pertencentes a unha ampla variedade de áreas de coñecemento, e co obxectivo de que moi pronto poida converterse en titulación oficial da USC.

Aprobouse a creación do Título (propio) de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica, para acreditar o excelente traballo na formación dos Licenciados en Dereito para a práctica profesional que na Escola de Práctica Xurídica veñen desenvolvendo a USC e os Colexios Oficiais de Avogados e Procuradores de Santiago de Compostela.

En relación coa oferta docente hai que indicar tamén que se completou a reforma dos plans de estudos pendentes de adecuar á normativa vixente: Enxeñería Química e, en especial, Dereito, cuxo plan de estudos databa do ano 1953.

2. Doutoramento

Os programas de doutoramento experimentaron neste período unha progresión tanto desde o punto de vista cualitativo como cuantitativo. Traballouse na mellora da súa calidade, na diversificación da oferta e na colaboración interuniversitaria a través dos correspondentes convenios, nalgún caso con programas específicos para a formación de doutores en universidades estranxeiras. O froito máis apreciable foron as 14 mencións de calidade do MEC conseguidas neste periodo, así como a posta en marcha dun programa de control da calidade a través das enquisas de satisfacción dos alumnos.

Os aspectos máis salientables recóllense de seguido por medio dos seguintes indicadores:

a) Evolución do número de programas de doutoramento:

Curso Académico Programas de Doutoramento

Mención de Calidade

2004-2005 67 14

2003-2004 64 7

2002-2003 63 --

b) Evolución do número de alumnos:

Curso Académico

Número de Alumnos en Terceiro Ciclo

Número de Alumnos en Programas

Número de Alumnos en Etapa de

Tese

2004-2005 3568 1613 1955

2003-2004 3547 1568 1679

2002-2003 3470 1518 1952

c) Mencións de Calidade do Ministerio de Educación e Ciencia:

A USC enviou 15 programas de doutoramento. Os resultados obtidos son os seguintes:

Novas adxudicacións 1. Lingüística

2. Química

(22)

3. Investigación e desenvolvemento de medicamentos 4. Medicina molecular

5. Interuniversitario en tecnoloxías da información 6. Neurociencia

Renovacións 1. Química orgánica 2. Endocrinoloxía

3. Enxeñería química e ambiental

4. Métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñería e ciencia aplicada 5. Teoría da literatura e literatura comparada

6. Química teórica e computacional (interuniversitario coordinado pola Universidade de Girona)

7. Ciencia e tecnoloxía de coloides e interfaces (interuniversitario coordinado pola Universidade de Barcelona)

8.-Edición e anotación de textos literarios españois e hispanoamericanos d) Número de Teses defendidas:

Curso

Académico Teses Defendidas

2004-2005 81*

2003-2004 199

2002-2003 222

*Datos provisionais, o curso académico 2004-2005 remata o 30 de setembro de 2005. e) Mencións Honoríficas de Doutoramento Europeo:

Curso Académico

Teses Defendidas

2004-2005 6*

2003-2004 24

2002-2003 20

*Datos provisionais, o curso académico 2004-2005 remata o 30 de setembro de 2005. f) Convenios:

Curso Académico

Convenios

2004-2005 25*

2003-2004 15

*Datos provisionais, o curso académico 2004-2005 remata o 30 de setembro de 2005. g) Participación en Programas Europeos e Interuniversitarios:

Curso Académico

Interuniversitarios Europeos

2004-2005 12 3

2003-2004 6 0

(23)

3. Posgrao e Formación Continua

Os estudos de posgrao e formació n continua son un complemento ós estudios universitarios de 1º e 2º ciclo e están orientados a satisfacer a demanda de formación especializada, así como a introducir ó alumno na realidade laboral. Coñecemos neste período o grao de satisfacción dos estudiantes de posgrao a través das enquisas de calidade elaboradas dende o Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua en colaboración coa Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica.

No que se refire aos estudos de posgrao, os aspectos máis salientables sintetízanse nos seguintes indicadores:

a) Número de cursos:

Curso Académico

Másteres Cursos de Especialización

Formación Continua 1ª Edición: 9 1ª Edición: 12 1ª Edición: 35

2004-2005 41

Renovacións:

32

40

Renovacións:28

69*

Renovacións:

34

1ª Edición: 7 1ª Edición: 12 1ª Edición: 34

2003-2004 37

Renovacións:

30

43

Renovacións 31

80

Renovacións:

46

1ª Edición: 9 1ª Edición:11 1ª Edición: 20

2002-2003 29

Renovacións:

20

41

Renovacións 30

37

Renovacións 17

* Oferta aberta a novas propostas

b) Número de Alumnos:

Curso Académico Alumnos Máster Especialización Formación Continua

2004-2005 1.692* 689 435 568

2003-2004 2.087 825 613 649

2002-2003 1.765 674 499 592

Oferta aberta a novas propostas

c) Bolsas: Todos os cursos de posgrao desta Universidade conceden bolsas propias de matrícula.

d) Convenios relativos a Cursos de Posgrao e Formación Continua:

Curso Académico

Colaboración Prácticas Total

2004-2005 45* 52* 97*

2003-2004 42 61 103

2002-2003 33 75 108

* Oferta aberta. O número de alumnos que realizan prácticas aumentou, se ben ao modificarse o xeito de xestionar convenios, asinando un único convenio por empresa e curso, o número de convenios diminúe

4. IV Ciclo:

No ano académico 2003-2004 impartíronse no Campus de Santiago tódalas materias ofertadas no 1º Ciclo (12) e tres das catro do 2º; en total 15 materias. No Campus de Lugo foron 12 no 1º Ciclo e cinco no 2º, que suman neste caso 17.

(24)

En conxunto, nos dous campus desenvolvéronse 35 materias, nas que se distribuíron os 135 alumnos (100 en Santiago e 35 en Lugo), dos cales cursaron materias do 1º Ciclo 85 (55 en Santiago e 30 en Lugo) e as do 2º Ciclo 50 (45 en Santiago e 5 en Lugo). Aos que hai que engadir os 23 alumnos que están a realizar o Excelsor (19 en Santiago e 4 en Lugo). O que fixo que o total de alumnos que participaron nas actividades ordinarias do IV Ciclo foran 158.

Os alumnos que acadaron o Graduado Senior foron 18, e 20 os que obtiveron o Graduado Superior Senior.

Ademais das actividades docentes ordinarias, o IV Ciclo participou na organización, xunto coa Fundación Española de la Tercera Edad, nos Cursos de Verán para persoas maiores celebrados do 21 ao 24 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela, no que participaron unha media de 45 alumnos por curso.

Así mesmo, a USC é socio fundador da Asociación Estatal de Programas Universitario para Mayores (AEPUM) que se constituíu no ano 2004, asociación da que forman parte a maioría (27) das universidades españolas que teñen este tipo de programas (aproximadamente 47). Sendo nestes momentos o Director do IV Ciclo Universitario -como representante da USC en dita asociación- membro da Xunta Directiva da Asociación.

5. Cursos Internacionais da USC, SA

No ano 2003 elaborouse, seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, un Plan de Negocio de Cursos Internacionais para facer unha descrición exhaustiva dos ámbitos de actuación e docencia de Cursos Internacionais e para traza- las principais liñas de actuación desta Sociedade nos próximos anos. Este plan foi presentado á Xunta da Sociedade, á Unixest e á Comisión correspondente da Universidade. A actividade deste servizo segue, dende entón, as directrices marcadas polo devandito Plan.

O número de estudantes que pasaron por Cursos Internacionais da USC aumentou nun momento en que as cifras do sector español de lingua estranxeira descenderon globalmente nun 18%, segundo datos do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). Conseguiuse manter a totalidade dos programas existentes e, ademais, firmouse co Instituto Cervantes un convenio para ofrecer un curso de verán avalado conxuntamente pola USC e dito Instituto, e dirixido fundamentalmente a licenciados da nosa universidade.

As cifras totais de estudantes estranxeiros que seguiron diferentes programas en Cursos Internacionais son as seguintes:

2003: 745 estudantes e 228 profesores de español/lingua estranxeira 2004: 842 estudantes e 273 profesores

Cursos Internacionais atendeu ademais, nestes anos, á docencia de 168 estudantes Erasmus que o CLM non podía asumir.

Por último, sinalar que Cursos Internacionais ten asinados convenios de colaboración con diferentes universidades estranxeiras e institucións como: a Subdirección Xeral de Cooperación Internacional do Ministerio de Educación y Ciencia, a Consellería de Educación da Embaixada de España en Washington, o Instituto Cervantes, así como con Cursos Internacionais das Universidades de Salamanca e Granada, cos que oferta programas conxuntos.

Referencias

Documento similar

Ademais, xa no ano 2014, e facendo uso desa mesma taxa de reposición, puidéronse convocar 3 novas prazas de Profesor Titular de Univer- sidade (correspondentes á mesma

A análise do efeito da auriculoterapia nos escores e sintomas de ansiedade e estresse dos professores do ensino fundamental I e II e do EJA demonstrou que a

O Estado de Liquidación do Orzamento (E), comprende a liquidación do Orzamento de gastos, no que as obrigas recoñecidas netas ascenden a 245,56 millóns de euros (que

Permiso por festividade propia do Centro de traballo e festas locais.- O PDI gozará tamén do día no que, consonte ao calendario académico aprobado, se celebre a festividade propia

O Servizo de Xestión Académica (SXA), dependente da Secretaría Xeral da Universidade, ten como misión a realización das tarefas relacionadas con todos os procedementos

Nova do Diario de Arousa do 28-V-2005 sobre as aportacións do Director da EHEC e da Xefa de Estación no “Taller para evaluar y asesorar el establecimiento de las condiciones

Campus de Lugo Lugo XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA Sant. XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO

O Documento de Personalización recolle unha relación detallada dos criterios de reparto empregados para aqueles casos nos que non se puideron relacionar os custos con