• No se han encontrado resultados

A puntuación máxima será de 30 puntos. Resultará seleccionada aquela proposta que obteña a maior puntuación.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "A puntuación máxima será de 30 puntos. Resultará seleccionada aquela proposta que obteña a maior puntuación."

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

1

BASES PARA A CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A

IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN PRÁCTICA AGRARIA EN HORTICULTURA

ECOLÓXICA DENTRO DO PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO

“BIO-EMPRENDE” (EXPTE. TR332A/2015-0025)

ANTECEDENTES

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” constitúese en xullo de 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación. Actualmente está a xestionar o Programa LEADER 2007-2013.

En maio de 2013, o territorio de actuación da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos é declarada dentro do Programa MaB da UNESCO como Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (RB MCeTM). Este recoñecemento ao territorio como lugar de experimentación de prácticas innovadoras para conciliar a actividade humana e a conservación do medio ambiente, abre novas oportunidades para traballar no fomento da sustentabilidade, contribuíndo a reducir a perda da biodiversidade conciliando aspectos ecolóxicos, sociais e económicos. Deste xeito, ademais das oportunidades ligadas á conservación ambiental e dos recursos naturais, perséguese o obxectivo dun desenvolvemento socioeconómico respectuoso co medio.

A declaración do territorio como Reserva da Biosfera supón a existencia dun Plan de Xestión (2013-2022) cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas da Biosfera.

Garantir un desenvolvemento sustentable do espazo rural é clave para apoiar a mellora da renda das explotacións agrarias, incluíndo a mellora da calidade das producións, o respecto polo medio ambiente, o mantemento dos servizos ecosistémicos e a diversificación das actividades. Neste senso as Reservas da Biosfera deben xogar un papel clave no fomento de prácticas agrarias sustentables que permitan obter produtos de mellor calidade fomentando simultaneamente a conservación da biodiversidade.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos é a entidade xestora encargada de levar a cabo as distintas funcións ligadas á Reserva da Biosfera. O territorio declarado ocupa un total de 116.724 ha, o que representa o 14,33 % da superficie da provincia de A Coruña, repartidas en 17 concellos (Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis,

Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado) e unha poboación próxima aos 190.000

habitantes.

O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO “BIO-EMPRENDE”

No ano 2015, a ADR “Mariñas-Betanzos” presenta a proposta do Programa Integrado para o Emprego “Bio-Emprende”, que ten sido aprobado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia na convocatoria do ano 2015. O Programa “BIO-EMPRENDE” está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de

(2)

2 desemprego, segundo a Orde do 31 de Decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2015 e 2016.

O Programa “BIO-EMPRENDE” pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN DE HORTA ECOLÓXICA e de AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS (viño, sidra, cervexa, zumes, conservas vexetais, marmeladas, leites vexetais, xabóns e cosmética natural), e sobre outras actividades ligadas ao EMPRENDEMENTO VERDE (bioconstrución, aproveitamento da biomasa forestal, avicultura ecolóxica, apicultura, aproveitamentos do monte) con clases teóricas e prácticas presenciais entre os meses de novembro de 2015 e setembro de 2016.

CLÁUSULAS

1. OBXECTO DA ASISTENCIA.

A presente convocatoria ten por obxecto:

Prestación dun servizo de asistencia técnica e aportar os coñecementos e experiencia para desempeñar as funcións de “IMPARTIR FORMACIÓN PRÁCTICA AGRARIA EN HORTICULTURA ECOLÓXICA”.

2. TRABALLOS A DESENVOLVER.

Desenvolver e impartir formación práctica en produción hortícola ecolóxica cunha duración total de 70 horas, podendo ampliarse en caso de ser necesario para levar a cabo o acompañamento dos proxectos que poidan desenvolverse polos demandantes. Esta formación práctica estará dirixida aos 25 demandantes participantes no Itinerario I (Produción Hortícola Ecolóxica), e pivotará fundamentalmente sobre o Temario incluído na proposta aprobada no Programa Integrado de Emprego que se xunta como Anexo II.

Desenvolver e impartir formación práctica en campo (explotacións hortícolas) en produción hortícola ecolóxica cunha duración total de 35 horas. Esta formación está dirixida aos 25 demandantes participantes no Itinerario I (Produción Hortícola Ecolóxica), e virá a reforzar a formación teórica.

Facer o control e seguimento (follas de control e material fotográfico) da asistencia dos demandantes participantes no Itinerario I.

Desenvolver unha avaliación continua sobre o perfil emprendedor dos demandantes participantes, para o intercambio de información cos responsables e técnicos da ADR “Mariñas-Betanzos” e a cumplimentación dun informe mensual.

Realizar unha avaliación final aos participantes do programa cos contidos impartidos.

Facer entrega á ADR “Mariñas-Betanzos” do material didáctico, en soporte dixital, empregado para a formación, quedando a propiedade intelectual do mesmo nos seus autores.

3. ORZAMENTO

O orzamento de licitación é de catro mil setencentos vintecinco euros, impostos incluídos (4.725,00.-€). Este importe pode ser inferior senón se certifican o total de horas previstas.

(3)

3 4. REQUISITOS DAS PROPOSTAS. SOLVENCIA ESIXIDA AO FORMADOR

Os candidatos/as deberán reunir e acreditar os seguintes requisitos:

a) Poderán contratar persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar.

b) A súa solvencia económica e financieira mediante a Declaración de non ter débedas coa Administración.

c) A súa solvencia profesional, sendo imprescindible para concursar:

Estar en posesión do título de Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnica Agrícola e/ou similares.

Acreditar, ao menos, a impartición de 350 horas de formación.

5. CRITERIOS PARA A ADXUDICACIÓN

5.1. A adxudicación farase de acordo á seguinte relación de criterios:

Criterio Valoración

Capacidade técnica e experiencia previa (nº horas de formación similar impartida; anos de experiencia profesional; nº de publicacións; nº horas de asesoramento a emprendedores/explotacións agrarias; anos de experiencia na xestión/desenvolvemento de Programas de Desenvolvemento Rural – Proder, Leader.)

Ata 15 puntos

Metodoloxía para a realización dos traballos (metodoloxía, coordinación coa Asociación

Mariñas-Betanzos, seguimento e acompañamento a proxectos) Ata 5 puntos Melloras presentadas (nº de horas de formación; nº de horas de

asesoramento/acompañamento a proxectos; etc.) Ata 5 puntos

Proposta económica Ata 5 puntos

Total valoración máxima 30 puntos

A puntuación máxima será de 30 puntos.

Resultará seleccionada aquela proposta que obteña a maior puntuación. 5.2. Forma de acreditación dos baremos de selección e documentación a presentar:

1. Fotocopia do DNI da persoa e/ou CIF da entidade, de ser o caso.

2. Acreditación da capacidade técnica e experiencia previa da persoa que impartirá a formación:

a. Curriculums vitae e titulacións académicas e profesionais. b. Informe de vida laboral.

3. Memoria, onde se recolla:

a. Metodoloxía para a realización dos traballos (metodoloxía; coordinación coa Asociación Mariñas-Betanzos; seguimento e acompañamento a proxectos).

b. Melloras propostas, de ser o caso (nº de horas de formación; nº de horas de asesoramento/acompañamento a proxectos; etc.).

(4)

4 6. COMISIÓN DE AVALIACIÓN

6.1. A Comisión de Avaliación estará composta polos seguintes membros: TITULARES

Presidente:

D. José A. Santiso Miramontes. Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

Vogais:

D. César Longo Queijo. Vicepresidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

D. Rodrigo López Piquín. Representante do Concello de Oleiros na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

D. Diego Miranda Barrós. Coordinador técnico do Programa Biosfera-Emprega. Secretaría:

Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez. Secretaria da Asociación Mariñas-Betanzos.

6.2. Tódos os membros da Comsión de Avaliación terán voz e voto. Tamén está previsto a asistencia de asesores, caso de considerarse necesario, con voz pero sen voto, nomeados polo Presidente da Comisión de Avaliación.

6.3. Para a válida constitución da Comsión de Avaliación aos efectos de celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presencia da metade máis un dos membros que a compoñen.

7. PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS E PRAZO DE EXECUCIÓN

A data límite para a presentación de propostas será o 19 de novembro de 2015.

As propostas dos candidatos a adxudicatarios da asistencia técnica, así como o ANEXO I (Modelo de Solicitude e Orzamento) debidamente cumprimentado deberán presentarse dos seguintes xeitos:

a. Formatos dixitais (obrigatorio):

Por medio do enderezo electrónico info@marinasbetanzos.org, indicando no asunto “Concurso

Asistencia Técnica Impartición Formación Práctica Agraria en Horticultura. Programa Bio-Emprende” e

marcando o envío con acuse de lectura. b. Formato papel (opcional):

Para aqueles que desexen facer entrega tamén de maneira complementaria as súas propostas en formato papel, poderán achegarse á sede da Reserva de Biosfera ou ben remitilas por correo postal ao seguinte enderezo:

Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos Rúa San Marcos, s/n, 15318 Abegondo (A Coruña)

En Abegondo, 4 de novembro de 2015

Asdo.: D. José Antonio Santiso Miramontes

(5)

5

ANEXO I: MODELO DE SOLICITUDE E ORZAMENTO.

CONTRATACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN PRÁCTICA AGRARIA EN HORTICULTURA ECOLÓXICA DENTRO DO PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO “BIO-EMPRENDE” (EXPTE. TR332A/2015-0025)

DATOS DA EMPRESA

NOME / RAZÓN SOCIAL C.I.F.

DIRECCIÓN TELÉFONO

NOME DO REPRESENTANTE E D.N.I.

OFERTA ECONÓMICA

OFRÉCESE UNHA PROPOSTA ECONÓMICA PARA A EXECUCIÓN DO ESTUDIO DE: EUROS (I.V.E. incluído)

A persoa abaixo firmante en representación da empresa arriba sinalada, solicita ser admitida no concurso ó que se refire a presente instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, comprometéndose a probar documentalmente tódolos datos que figuran nesta solicitude.

SINATURA REPRESENTANTE En__________________, a ____, de Novembro de 2015

SR. PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS

(6)

6

ANEXO II: TEMARIO A IMPARTIR NO ITINERARIO I DO PROGRAMA BIO-EMPRENDE

Módulo I. “Agrotecnoloxía”

o Multiplicación e conservación de recursos fitoxenéticos “in situ”. o A produción ecolóxica e as prácticas respectuosas co medio ambiente. o Selección varietal.

o Orientación para a transformación ecolóxica. o Control de pragas e enfermidades.

o Control de malezas. o Extractos de plantas. o Fertilización.

o Compostaxe e análises de fertilidade. o Infraestrutura ecolóxica: sebes e niños. o Mecanización.

o O material vexetal: produción de plantas e variedades autóctonas. o Rega.

Referencias

Documento similar

Neste suposto, o Responsable de Calidade do Centro debe remitir a proposta de revisión da programación plurianual á Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, quen

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

Cada una de las partes de la prueba se calificará de 0 a 10 puntos; la nota final de la prueba será el 80 % de la media aritmética de ambas partes, siendo la máxima puntuación

7.4 Otras herramientas para la implementación sobre sistema XScale Al optar por un sistema basado en un procesador de la gama XScale de Intel, ha sido necesario el uso de

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

SEGUNDO.— En la demanda rectora del presente procedimiento se pretende en síntesis que se compute en la base reguladora de la prestación de jubilación los periodos consignados

Esta actividad se realizará a lo largo de las clases de la asignatura y tendrá una puntuación máxima de 1,5 puntos, siendo la puntuación mínima a alcanzar en esta actividad, para

Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis). NOCIÓN