MEMORIA DE CALIDADE
Facultade de Filoloxía
Curso Académico: 2016/2017
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 1 de 37
Índice
1. Introdución ... 2
2. Seguimento do Sistema de Garantía Interna de Calidade ... 3
3. Plan de Melloras do Centro ... 10
4. Anexo: Informes de seguimento ... 21
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 2 de 37
1. Introdución
A Facultade de Filoloxía, tal e como vén plasmando nas Memorias de Calidade que elabora anualmente, está comprometida coa cultura da calidade, pois é consciente da importancia que ten para a mellora continua dos títulos que oferta.
A Facultade de Filoloxía viña sendo nos últimos anos un dos centros universitarios que contaba cunha oferta de títulos máis ampla e variada no Sistema Universitario Galego: cinco títulos de grao (un deles con cinco mencións) e cinco títulos de máster:
‐ Grao en Filoloxía Clásica.
‐ Grao en Lingua e Literatura Españolas.
‐ Grao en Lingua e Literatura Galegas.
‐ Grao en Lingua e Literatura Inglesas.
‐ Grao en Linguas e Literaturas Modernas.
‐ Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.
‐ Máster Mundus Encrucilladas nas Narrativas Culturais (EM Crossways in Cultural Narratives). Integrado, a efectos de docencia, no Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.
‐ Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (interuniversitario).
‐ Máster Universitario en Lingüística Aplicada (interuniversitario).
‐ Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
No curso obxecto de informe consolida e mellora esta posición no Sistema Universitario Galego, pois puxo en marcha un novo mestrado internacional, o European Master in Lexicography. Erasmus Mundus, cuxa memoria se aprobou no curso 2015‐
2016 na Xunta de Facultade do 18/12/2015, tal e como xa se recollera na Memoria de Calidade do curso passado.
Como se sinala en memorias anteriores, a Facultade ten unha estrutura organizativa bastante complexa, pero precisa, en todo caso, para dar conta da amplitude da súa oferta formativa. Así, para o desenvolvemento do SGIC, o Centro conta coa Comisión de Calidade do Centro, coas comisións de cada un dos títulos de grao e de mestrado, coa Comisión de Títulos de Grao e con outra de Títulos de Máster, amais do Equipo Decanal, da Responsable de Calidade do Centro e dos/as Coordinadores/as dos distintos títulos. Son accesibles a través da web a composición de todas estas comisións, os nomes dos membros do equipo decanal e das coordinadoras e coordinadores de todos os graos e mestrados, así como toda a documentación de referencia para o desenvolvemento do SGIC da Facultade de Filoloxía (en especial, as memorias de verificación dos títulos de grao e mestrado), ademais dos documentos marco da USC: Manual extenso do sistema marco de calidade da USC, Manual simplificado do sistema de grarantía interno de calidade e Manual Marco de Procesos e Procedementos.
Nesta Memoria de Calidade da Facultade de Filoloxía, correspondente ao curso académico 2016‐2017, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no Centro e ao plan de melloras do Centro para o curso 2017‐2018, que inclúe as accións de mellora derivadas do seguimento dos títulos.
A Memoria foi elaborada pola Comisión de Calidade do Centro e aprobada en reunión extraordinaria celebrada o 26/07/2018. O mesmo día 26/07/2018 a Comisión Permanente da Xunta de Facultade de Filoloxía ratificou esta aprobación.
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 3 de 37
2. Seguimento do Sistema de Garantía Interna de Calidade
2.1 Vixencia da Política de Calidade
Non se produciron modificacións no SGIC da Facultade durante o curso 2016‐2017. Actualmente, atópase en marcha o proceso de actualización e modificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade por parte dunha Comisión (aprobada na Xunta de Facultade de 30/05/2017) que prevé finalizar estas tarefas antes do remate do ano 2018. Tamén está previsto que durante o ano 2018, en colaboración coa Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC, se leve a cabo unha adaptación do novo Manual de procesos e procedementos, aprobado polo Consello de Goberno do 26/02/2018, ás particularidades do Centro, do que daremos conta na Memoria de Calidade do próximo curso.
2.2 Procesos, procedementos e documentación do SGIC: necesidade de efectuar cambios na xestión do Sistema de Garantía Interna de Calidade.
Durante o curso 2016‐2017 a Comisión de Calidade do Centro (CCC) reuniuse en seis ocasións: 22/12/2016, 30/01/2017, 07/03/2017, 09/06/2017 e 26/06/2017 (sesións extraordinarias) e 29/11/2016 (sesión ordinaria). Os asuntos máis salientables tratados nestas reunións foron:
Elaboración e aprobación dun Plan de Acción Titorial da Facultade de Filoloxía (29/11/2016 e 07/03/2017).
Elaboración e aprobación dos informes de seguimento e renovación dos títulos da Facultade (29/11/2016, 22/12/2016, 30/01/2017). Posteriormente, elaboración e aprobación dos plans de mellora e alegacións aos informes de renovación da acreditación (09/062017 e 26/06/2017).
Aprobación dos informes de seguimento dos plans de viabilidade dos graos en Filoloxía Clásica e en Lingua e Literatura Galegas (30/01/2017).
Aprobación da Memoria de Calidade do curso 2015‐2016 (07/03/2017).
Tal e como estipula o SGIC, as comisións de cada un dos títulos, a Comisión de Títulos de Grao, a Comisión de Títulos de Máster e a Comisión de Calidade do Centro levaron a cabo o seguimento do desenvolvemento e mellora do título, e así se recolle nas correspondentes actas. A composición de todas as comisións mencionadas é accesible a través da web (http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/calidade/index.html) e foise actualizando puntualmente, dando conta así da tarefa AM1.1 da Memoria de Calidade 2015‐2016.
Como xa se vén facendo nos últimos anos, desde a Facultade complementouse a información recibida desde a ACMP, especialmente no que atinxe á satisfacción dos grupos de interese, e realizouse unha enquisa para a análise do perfil de ingreso do estudantado de primeiro curso de grao e outra co fin de avaliar a satisfacción do alumnado co proceso de elaboración, titorización e defensa do TFG. Estas enquisas foron modificadas e actualizadas de acordo coas accións de mellora que se detallan a continuación:
(1) Análise do perfil de ingreso e dos procedementos para a captación de alumnado: no Plan de Melloras da Memoria de Calidade 2015‐2016 (AM‐6) incluíase unha acción para a revisión e mellora desta enquisa, eliminando algúns solapamentos e enchendo algunhas lagoas detectadas. A mellora efectuouse en setembro de 2017 e a nova enquisa xa foi cuberta polos estudantes de novo ingreso do curso 2017‐2018 na sesión de benvida celebrada o 11/09/2017.
(2) Análise do proceso de elaboración e defensa do TFG: no curso 2016‐2017 levouse a cabo unha modificación na enquisa realizada a petición da Comisión do Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM‐4 do IRA do Grao en Lingua e Literatura Inglesas) co fin de incluír preguntas que permitisen obter información sobre a escolla de minor/maior plus/modalidade mixta cursadas.
Como se pode ver máis arriba, as tarefas da Comisión de Calidade do Centro neste curso centráronse principalmente na elaboración dos informes de renovación da acreditación, proceso ao que se someteron os cinco graos do centro, os dous mestrados interuniversitarios (Máster en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións e Máster en Lingüística Aplicada) e o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. O Máster en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos xa realizara o proceso de renovación da acreditación, do que recibiu un informe favorable en xuño de 2015 (http://www.usc.es/filrom/wp‐
content/uploads/2014/09/ren_acr.pdf), de xeito que no curso 2016‐2017 só levou a cabo o seguimento anual. Os dous Máster Mundus da Facultade non se teñen que acreditar, pois seguen un proceso de aprobación e seguimento diferente.
No que se refire ao proceso de renovación da acreditación, as tarefas de análise, reflexión e elaboración dos autoinformes desenvolvéronse entre novembro de 2016 e xaneiro de 2017 e nel participaron as comisións de todos os títulos da Facultade, coordinados a través da Comisión de Calidade do Centro, tal e como se recolle nas actas correspondentes ás sesións do 29/11/2016 e 22/12/2016. Os autoinformes foron aprobados, en primeira instancia, polas respectivas comisións dos títulos e, posteriormente, o 30 de xaneiro de 2017, pola CCC e a Xunta de Facultade. Os Informes Provisionais de Renovación da Acreditación, emitidos pola ACSUG (con data de 2 de xuño de 2017 os correspondentes aos graos e de 9 de xuño de 2017 os dos mestrados), incluían unha valoración provisoria de cada un dos criterios avaliados e, eventualmente, aspectos que debían ser
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 4 de 37
obxecto de elaboración dun plan de melloras e/ou recomendacións para a mellora en cada un dos citados criterios. Aqueles aspectos que se sinalaba que debían ser obxecto de elaboración dun plan de melloras eran de obrigado cumprimento, mais a CCC acordou tamén tomar en consideración as recomendacións sempre que fose posible e que non fosen obxecto dalgunha alegación. Na sesión do 26 de xuño de 2017, a CCC aprobou as alegacións e plan de melloras de todos os títulos de grao e mestrado. Os informes definitivos recibíronse con data de 28 de xullo de 2017 e todos os títulos sometidos ao proceso de renovación da acreditación obtiveron o informe favorable.
2.3 Cambios na xestión do Sistema de Garantía Interna de Calidade
No ano 2013 a USC puxo en marcha a implantación nos Centros da Aplicación de Axuda aos Sistemas de Xestión (AASX), que ten como finalidade xestionar de forma máis eficaz os sistemas de calidade. En memorias anteriores foise dando conta do seu proceso de implantación no Centro e da ampliación do seu uso: elaboración dos informes de seguimento e acreditación, convocatoria de reunións da CCC, da Comisión de Títulos de Grao e da Comisión de Títulos de Máster etc.
Nesta mesma liña de aumento do uso da AASX, introduciuse o Plan de Melloras para o curso 2016‐2017 e levouse a cabo o seguimento das accións comprometidas no presente Plan de Melloras do curso 2015‐2016, completando así o ciclo anual de calidade (AM‐10). Así mesmo, tamén se introduciron os plans de melloras dos títulos de grao e mestrado no seguimento anual correspondente ao curso 2016‐2017.
Na Memoria 2015‐2016 sinalábase a necesidade de reactivar a Comisión de Títulos de Máster, que se convocou de novo o 07/07/2016: renováronse os seus membros, nomeouse unha secretaria e realizáronse importantes actuacións, como por exemplo unha solicitude coordinada na convocatoria de Axudas para Financiamento de Actividades de másteres oficiais da USC (ano 2016). Así mesmo, no seo desta Comisión de Títulos de Máster púxose en marcha, tal e como se recolle na acta de 18/10/2016, un seminario de formación permanente para o alumnado de mestrado da Facultade (recollido en AM‐5).
2.4 Funcionamento e resultados dos distintos procesos considerados no SGIC (resultados académicos e resultados dos restantes indicadores de eficacia do sistema)
Indicadores relativos ao acceso e admisión de estudantes
O número de prazas ofertadas na Facultade de Filoloxía para o curso 2016‐2017 foi de 413 e o número total de alumnos de novo ingreso foi de 363, de xeito que se cubriron o 87.89% das prazas.
Títulos Prazas
cubertas
Prazas ofertadas
Grao en Filoloxía Clásica 28 50
Grao en Lingua e Literatura Españolas [Grupo de Santiago] 52 50
Grao en Lingua e Literatura Galegas 29 50
Grao en Lingua e Literatura Inglesas 109 100
Grao en Linguas e Literaturas Modernas 84 75
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura 24 26
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 14 24
Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos 11 28
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 12 10
TOTAL 363 413
Táboa 1 Número de prazas ofertadas na Facultade de Filoloxía para o curso 2016‐2017
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 5 de 37
Tanto o Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (iMAES) como o Máster Universitario en Lingüística Aplicada (MILA) son títulos interuniversitarios, de xeito que hai estudantes matriculados tamén nas universidades de Vigo e da Coruña que se engaden aos recollidos na Táboa 1: no caso do MILA, 4 na Universidade da Coruña e 7 na Universidade de Vigo; no caso do iMAES, 9 na Universidade da Coruña e 9 na Universidade de Vigo. En canto ao Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura, hai que ter en conta que acolle nas súas clases os estudantes do Máster Mundus Encrucilladas nas Narrativas Culturais (un total de 21 estudantes no curso 2016‐2017), aínda que estes non computan aos efectos de número de matrícula.
Co obxectivo de dar a coñecer a oferta de mestrados da Facultade e contribuír á promoción destes títulos, organízase anualmente unha xornada informativa dirixida a estudantes de 4º curso, que no curso 2016‐2017 se celebrou o 24/04/2017.
Polo que se refire aos títulos de grao impartidos na Facultade de Filoloxía, todos cobren as prazas ofertadas, agás o Grao en Filoloxía Clásica (28) e o Grao en Lingua e Literatura Galegas (29). Estes dous títulos xa presentaran durante o curso 2014‐
2015 cadanseu Plan de Viabilidade de acordo co establecido no artigo 12.3 da Orde do 20 de marzo de 2012 na que se desenvolvía o Decreto 222/2011, que, pola súa vez, determinaba que, no caso dos campus da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, é preciso un número mínimo de 50 alumnos de novo ingreso para que o título se poida seguir impartindo. No caso do Grao en Filoloxía Clásica, o visto e prace definitivo do seu Plan de Viabilidade produciuse no curso 2015‐2016, pois o Plan enviado en primeira instancia recibira un informe desfavorable por parte de ACSUG e foi preciso elaborar unha segunda versión, finalmente aprobada o 26/02/2016. Durante o curso 2016‐2017 levouse a cabo o seguimento do Plan de Viabilidade do Grao en Filoloxía Clásica e do Grao en Lingua e Literatura Galegas, que foron aprobados nas respectivas comisións de grao (25 e 26 de xaneiro, respectivamente) e, posteriormente, en Xunta de Facultade o 30/01/2017.
Paralelamente ao seguimento do Plan de Viabilidade, a Secretaría Xeral de Universidades levou a cabo un proceso de recoñecemento de titulacións singulares do Sistema Universitario de Galicia. Así, tal e como se recolle na acta da Xunta de Facultade do 19/01/2017, o Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa requiriu da Facultade a elaboración duns informes en que se xustificase brevemente a singularidade dos títulos de grao e mestrado que non cumprían co requisito, establecido no decreto 222/2011, de contar anualmente co número mínimo de 50 estudantes de novo ingreso no caso dos graos e de 20 no caso dos mestrados. Os títulos do Centro que estaban nesa situación eran os graos en Filoloxía Clásica e en Lingua e Literatura Galegas e o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos. Estes informes foron aprobados pola Xunta de Facultade na devandita sesión do 19/01/207 e remitidos á Vicerreitoría para a súa posterior presentación diante da Secretaría Xeral de Universidades. Finalmente, con data de 2 de novembro de 2017, a Secretaría Xeral de Universidades publicou unha resolución pola que se declarou a singularidade de graos no Sistema universitario de Galicia, entre os que se encontraban o Grao en Lingua e Literatura Galegas e o Grao en Filoloxía Clásica. Polo que se refire aos mestrados, a día de hoxe aínda non se publicou ningunha resolución a este respecto.
Amais das accións recollidas nos seus Plans de Viabilidade e desenvolvidas desde cada unha destas titulacións, a Facultade contribúe á promoción dos títulos de grao a través do envío de folletos e marcapáxinas coa oferta da Facultade a todos os centros de ensino secundario públicos e privados de Galicia (AM‐1.4), que se realizou na primeira semana de maio de 2017.
Indicadores relativos aos resultados académicos
As medias das taxas de rendemento (IN34M‐S01‐PM‐01), éxito (IN35M‐S01‐PM‐01) e avaliación (IN36M‐S01‐PM‐01) dos mestrados son altas e están bastante próximas das globais da USC. Convén tamén sinalar que son bastante semellantes ás que presentan os mestrados da rama de Artes e Humanidades do Sistema Universitario Español nos últimos datos dispoñibles (vid.
Datos y cifras del Sistema Universitario Español. Curso 2015‐2016, que recolle, en realidade, datos do curso 2013‐2014).
Título Taxa de
rendemento
Taxa de éxito
Taxa de avaliación Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura 86,34 100 86,34 Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas
Aplicacións 76,43 99,07 77,14
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos
e Contextos 84,75 100 84,75
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 90,7 99,15 91,47
Media dos mestrados da Facultade de Filoloxía 84,56 99,56 84,93
Media dos mestrados da USC 90 99,26 90,67
Media dos mestrados do SUE (2013‐2014) 84,8 98,4 86,2
Táboa 2 Taxas de rendemento, éxito e avaliación dos mestrados impartidos na Facultade de Filoloxía para o curso 2016‐2017
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 6 de 37
niveis axeitados, se ben as taxas de rendemento e de avaliación do Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións son lixeiramente máis baixas ca as do resto dos mestrados. No Informe de Seguimento deste título faise unha análise pormenorizada deste problema e indícanse as medidas que se tomaron ao respecto, aínda que se conclúe que se trata dun feito illado (véxanse estas taxas na Memoria de Calidade do curso 2015‐2016, que foron de 83,40%) e que todo indica que no curso 2017‐2018 se corrixirá.
A taxa de abandono é, en consecuencia, baixa (11,31%), pero bastante superior á media da USC, que se sitúa en 7,15%. En todo caso, hai que notar a disparidade de valores que presentan os distintos mestrados e que, ademais, varían notablemente con respecto ao curso anterior:
Título 2015‐2016 2016‐2017
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura 0 9,52
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 0 0 Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos 8 28,57
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 11,11 7,14
Media 4,78 11,31
Táboa 3 Taxa de abandono dos mestrados impartidos na Facultade de Filoloxía (2015‐2016 e 2016‐2017)
Neste sentido, o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos, que presenta unha taxa superior ao resto dos mestrados, propuxo, no Plan de Melloras do Informe de Seguimento correspondente ao curso 2016‐2017, levar a cabo unha análise das causas do índice de abandono na comisión do propio título e nas reunións de coordinación cos estudantes (AM‐9).
En todo caso, os indicadores poñen de manifesto que os resultados acadados polos mestrados impartidos na Facultade son, en xeral, altamente satisfactorios.
No caso dos títulos de grao, as taxas non ofrecen cifras tan favorables, como cabe esperar deste tipo de titulacións. As taxas de rendemento, éxito e avaliación están, con todo, bastante próximas ás que presenta de media a USC (táboa 4).
Título Taxa de
rendemento
Taxa de éxito
Taxa de avaliación
Grao en Filoloxía Clásica 75,17 86,84 86,56
Grao en Lingua e Literatura Españolas [Grupo de Santiago] 74,82 85,83 87,17
Grao en Lingua e Literatura Galegas 69,26 83,03 83,41
Grao en Lingua e Literatura Inglesas 75,99 86,41 87,94
Grao en Linguas e Literaturas Modernas 63,43 79,29 80
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 71,73 84,28 85,02
Media dos graos da USC 78,31 87,35 86,96
Táboa 4 Taxas de rendemento, éxito e avaliación dos graos impartidos na Facultade de Filoloxía para o curso 2016‐2017
En correlación con estes datos, a taxa de abandono en primeiro curso foi de 32,03% (fronte á 14,48% da media da USC) e a taxa de abandono RD 1393 foi de 25,61% (fronte ao 22,56% da USC). Estes datos desfavorables complétanse coa taxa de graduación, que só chegou ao 36,16%, por debaixo da media da USC, que se sitúa en 56,83%. Co fin de analizar en profundidade as causas que provocan o abandono dos estudantes en primeiro curso, deseñouse unha acción no Plan de Melloras da Memoria de Calidade do curso 2014‐2015 (AM‐1), que neste momento se encontra exectuada parcialmente.
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 7 de 37
Título Taxa abandono
1º curso Taxa de abandono RD 1393
Taxa de graduación
Grao en Filoloxía Clásica 46,15 34,78 39,13
Grao en Lingua e Literatura Españolas [Grupo de
Santiago] 28,26 30,19 43,4
Grao en Lingua e Literatura Galegas 38,46 47,37 31,58
Grao en Lingua e Literatura Inglesas 17,12 22,92 50
Grao en Linguas e Literaturas Modernas 30,16 50 16,67
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 32,03 37,05 36,16
Media dos graos da USC 14,48 22,56 56,83
Táboa 5 Taxas de abandono e graduación dos graos da Facultade de Filoloxía para o curso 2016‐2017
Así mesmo, as comisións de cada un dos títulos levaron a cabo unha análise pormenorizada destas taxas, que recolleron nos informes de seguimento anexos a esta Memoria. En xeral, sinalan que unha das causas principais de abandono da titulación é que as/os alumnas/os matriculados no título están cursando un grao que non era a súa primeira opción. Todas as titulacións procuran levar a cabo accións de mellora que axuden a resolver este problema (vid. por exemplo AM‐10 do Grao en Filoloxía Clásica ou AM‐2 do Grao en Lingua e Literatura Españolas). Neste mesmo sentido e coa intención de dar cumprimento á AM‐1.2 da Memoria de Calidade do curso 2014‐2015, a CCC analizou esta cuestión na súa reunión do 26/07/2018 e considerou que as estratexias posibles para resolver este problema xa se están desenvolvendo desde hai anos: plans para a captación de alumnado, orientación e apoio ao estudantado de primeiro curso e análise dos informes de abandono potencial elaborados pola ACMP. A CCC propuxo continuar coas estratexias mencionadas, pois, segundo o seu parecer, trátase dun problema de carácter estrutural, imposible de afrontar dende un título ou dende un centro. Proba disto son as elevadas taxas de abandono que presenta no Sistema Universitario Español a rama de Artes y Humanidades, segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia no documento antes citado (Datos y cifras del Sistema Universitario Español. Curso 2015‐2016). A taxa sitúase no 46,0%, a bastante distancia das outras grandes áreas (o segundo posto ocúpao a área de Ingeniería y Arquitectura co 31,6%), moi por riba da media de todas as grandes áreas, que é do 32%. Estes datos do Sistema Universitario Español parecen indicar, por tanto, que se trata dun problema xeral, que afecta á rama de Artes e Humanidades no seu conxunto.
2.5 Información relativa á satisfacción dos grupos de interese. Queixas e reclamacións.
No que se refire á satisfacción dos grupos de interese, hai anos que a Facultade incorporou ao seu funcionamento habitual algunhas prácticas que procuran fomentar a participación nas enquisas. Entre elas, destacan os anuncios coa información sobre o proceso de avaliación en marcha e as datas en que se poden cubrir as enquisas: na pantalla informativa do hall, con letreiros en lugares visibles e tamén a través da lista de distribución de correo electrónico do profesorado, onde se anima a todo o PDI a que lembre nas clases a importancia de participar. Así mesmo, desde o curso 2015‐2016 o Campus Virtual da USC incorpora grupos de coordinación de cada un dos títulos/cursos e no curso 2016‐2017 xa se encontra practicamente xeneralizado o seu uso para difundir información e documentos a todo o profesorado e alumnado implicado na docencia/discencia do título. Proba do éxito destas boas prácticas é o alto índice de participación dos estudantes: no caso dos graos, foi do 42,09%, fronte ao 30,99% da USC; e o dos estudantes de mestrado foi do 59,5% fronte ao 43,75% do total da USC.
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 8 de 37
2.5.1 Indicadores relativos á satisfacción dos grupos de interese
Tal e como se pode comprobar na táboa 6, é moi salientable a alta puntuación que reciben os títulos da Facultade nas enquisas de satisfacción do alumnado coa docencia recibida (IN46M‐S01‐PM‐01): 4,02 os graos (fronte ao 3,85 de media da USC) e 4,25 os mestrados (fronte á media global da USC, 4,02).
Título 2016‐17
Grao en Filoloxía Clásica 4,12
Grao en Lingua e Literatura Españolas [Grupo de Santiago] 4,09
Grao en Lingua e literatura galegas 4,15
Grao en Lingua e Literatura inglesas 3,84
Grao en Linguas e Literaturas Modernas 3,89
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura 4,2 Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as
súas Aplicacións 4,3
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos:
Imaxes, Textos e Contextos 4,38
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 4,13
Media dos graos FF 4,02
Media dos graos USC 3,85
Media dos mestrados FF 4,25
Media dos mestrados USC 4,02
Táboa 6 Satisfacción do alumnado da Facultade de Filoloxía coa docencia recibida no curso 2016‐2017
Tamén son bos os resultados de satisfacción do PDI coa docencia impartida (IN47M‐S01‐PM‐01): 3,93 nos graos e 4,07 nos mestrados.
Respecto ás enquisas de satisfacción dos egresados, cabe destacar os seguintes aspectos:
1. Os estudantes egresados melloraron o seu nivel de satisfacción coa información pública dispoñible con respecto aos cursos anteriores, o que constitúe un bo indicador da eficacia dalgunha das accións de mellora realizadas, como a AM‐1 proposta na Memoria de Calidade do curso 2015‐2016:
2014‐2015 2015‐2016 2016‐2017
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 2,74 2,95 3,08
Media dos mestrados da Facultade de Filoloxía 2,91 2,92 3,19
Táboa 7 Satisfacción dos egresados da Facultade de Filoloxía coa información pública dispoñible
2. Os egresados están en xeral satisfeitos coas infraestruturas e materiais dispoñibles. Ademais, especialmente no caso dos graos, obsérvase unha valoración bastante superior á media da USC e tamén unha evolución moi positiva.
Sen dúbida, esta mellora na satisfacción é resultado das accións que se veñen desenvolvendo neste sentido na Facultade e que continúan no Plan de Melloras actual (vid. AM‐3, curso 2017‐2018):
2013‐2014 2014‐2015 2015‐2016
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 2,85 3,18 3,49
Media dos graos da USC 2,78 2,89 2,85
Media dos mestrados da Facultade de Filoloxía 3,27 3,79 3,34
Media dos mestrados da USC 2,96 3,12 3,25
Táboa 8 Satisfacción dos egresados coas infraestruturas e materiais dispoñibles na Facultade de Filoloxía
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 9 de 37
3. Os egresados dos títulos de grao tamén mostran unha alta satisfacción coa información e apoio recibidos nas actividades de acollida e presentación. De novo, as valoracións son superiores á media global da USC e presentan unha evolución positiva con respecto aos cursos anteriores, o que constitúe un bo indicador da eficacia do Plan de Acción Titorial que se puxo en marcha no curso 2016‐2017 (AM‐3). Con todo, hai que notar tamén que os mestrados mostran unha caída moi importante da satisfacción neste ítem, aínda que a evolución ata o momento viña sendo tamén moi positiva. Co fin de mellorar o grao de satisfacción deste grupo de interese, proponse a celebración dunha sesión de benvida específica para estes estudantes (AM‐6).
2013‐2014 2014‐2015 2015‐2016
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 2,88 3,24 3,45
Media dos graos da USC 2,76 2,90 2,84
Media dos mestrados da Facultade de Filoloxía 3,06 3,86 2,4
Media dos mestrados da USC 3,00 3,18 3,23
Táboa 9 Satisfacción dos egresados coa información e apoio nas actividades de acollida e presentación da Facultade de Filoloxía
4. Só un reducido número de alumnos realizaron prácticas externas e, deles, só algúns responderon ás enquisas, de aí probablemente a flutuación de datos duns cursos a outros. Con todo, convén esperar a ver se teñen efecto as medidas que se tomaron neste curso (AM‐4 da Memoria de Calidade 2015‐2016) para a mellora da coordinación e do proceso de avaliación das competencias adquiridas polos estudantes.
2013‐2014 2014‐2015 2015‐2016
Media dos graos da Facultade de Filoloxía 2,00 3,50 2,95
Media dos graos da USC 3,75 3,89 3,82
Media dos mestrados da Facultade de Filoloxía 3,42 3,13 3,38
Media dos mestrados da USC 3,71 3,45 3,57
Táboa 10 Satisfacción dos egresados coas prácticas externas da Facultade de Filoloxía
Finalmente, no que se refire ás actividades formativas desenvolvidas por PAS e PDI, obsérvase unha valoración moi positiva por ambos os colectivos, especialmente polo PDI (4,30 fronte ao 3,91 do PAS). Neste sentido continuamos coas actividades iniciadas no curso 2016‐2017 coa proposta para o curso 2017‐2018 de novas accións formativas que contribúan a manter este nivel de satisfacción do PDI (AM‐2) e do PAS (AM‐5).
2.5.2 Queixas e reclamacións
No curso 2016‐2017 recibíronse no Decanato catro reclamacións de estudantes de grao contra as cualificacións obtidas.
Destas catro reclamacións, dúas non foron admitidas a trámite e as outras dúas foron desestimadas. No caso dos mestrados, non se presentou ningunha reclamación.
As queixas e reclamacións de grao tramitáronse conforme o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións, aprobada polo Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011.
A Oficina de Análise e Reclamacións, na memoria do curso 2016‐2017, informa de que se presentaron cinco recursos de estudantes de grao da Facultade. Os asuntos que motivaron estes recursos teñen que ver principalmente cos procesos de matrícula, validacións, adaptacións e recoñecementos. Admitíronse a trámite os cinco recursos: catro estimáronse e un desestimouse. Tamén se presentaron un total de quince queixas e suxestións (catorce das titulacións de grao e unha da licenciatura), das que cinco foron estimadas, oito desestimadas, unha inadmitida a trámite e unha arquivada. Os temas que deron lugar ás queixas foron bastante variados: residencias universitarias, tarxeta universitaria, matrícula, cualificación de actas, USC‐
virtual, simultaneidade de estudos, SET etc.
No que se refire á difusión e promoción do sistema de traslado de queixas e reclamacións, levouse a cabo nas sesións informativas dirixidas ao estudantado, así como mediante a inclusión dun formulario na páxina web da Facultade para o envío de queixas, suxestións e felicitacións, tal como se pode comprobar en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/suxestions.html.
Versión: 01 Data: 20/07/2018
FACULTADE DE FILOLOXÍA Páxina 10 de 37
3. Plan de Melloras do Centro
3.1 Accións de mellora derivadas da revisión e seguimento do SGIC no curso académico obxecto de seguimento.
NOTA: Os documentos anexos que se mencionan nas AAMM están incluídos na AASX.
LISTAXE DE ACCIÓNS
ID ORIXE DESCRICIÓN ESTADO RESPONSABLE
SEGUIMENTO
DATA FIN
PREVISTO REMATADA
AM‐1 Propostas de Mellora
Proponse a realización dalgunhas actividades encamiñadas a mellorar competencias transversais (competencias orais, informacionais etc.) co fin de que os estudantes afronten con éxito a realización do TFG/TFM e, en última instancia, melloren as taxas de graduación de graos e mestrados.
Finalizada Elisa Fernández Rei 12/03/2018 12/03/2018
AM‐2 Propostas de Mellora Desenvolvemento de accións formativas encamiñadas á mellora da docencia, dirixidas ao
profesorado da Facultade de Filoloxía. Finalizada María José López
Couso 12/07/2018 12/07/2018 AM‐3 Propostas de Mellora Ampliación dos espazos dedicados á docencia e mellora dos recursos audiovisuais
dispoñibles. Activa María José López
Couso 31/07/2018
AM‐4 Propostas de Mellora
Realización das Xornadas de empregabilidade da Facultade de Filoloxía, encamiñadas á orientación dos estudantes na busca de emprego (8 horas), cos seguintes contidos:
1. Que se espera de ti no mundo profesional? Prepárate para saber que mostrar no teu CV
2. Es o que compartes na Rede!
3. Técnicas de selección de persoal.
Finalizada Elisa Fernández Rei 07/06/2018 07/06/2018
AM‐5 Propostas de Mellora Realización dunha actividade formativa para o uso instrumental do inglés. Finalizada Josefa Vázquez
Docampo 09/05/2018 09/05/2018 AM‐6 Propostas de Mellora Celebración dunha xornada de benvida dirixida especificamente ao estudantado dos
mestrados da Facultade Activa Elisa Fernández Rei 17/09/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 11 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐1
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 3. Garantía da aprendizaxe, ensinanza e avaliación centrados no estudante.
Definición
Análise causa Detéctase unha certa dificultade por parte dos estudantes para acometer a realización do Traballo de Fin de Grao/Traballo de Fin de Máster.
Definición/descrición proposta
Proponse a realización dalgunhas actividades encamiñadas a mellorar competencias transversais (competencias orais, informacionais etc.) co fin de que os estudantes afronten con éxito a realización do TFG/TFM e, en última instancia, melloren as taxas de graduación de graos e mestrados.
Data prevista de
finalización 12/03/2018 Data inicio 01/09/2017 Responsables Responsable da
implantación Elisa Fernández Rei
Tarefa1
Código AM‐1.1
Descrición tarefa
Realización do curso de formación "Competencias informacionais de nivel avanzado", organizado pola Biblioteca e dirixido ao alumnado de 4º curso das titulacións de Filoloxía (25 horas non presenciais).
Data prevista de
finalización 12/03/2018
Persoa responsable Elisa Fernández Rei
Finalización
Estado Executada Data estado 12/03/2018
Comprobación O curso celebrouse do 8 de febreiro ao 12 de marzo tal e como estaba previsto. Anéxase o programa.
Data comprobación 24/07/2018
Tarefa1
Código AM‐1.2
Descrición tarefa Realización do curso "Redacción de traballos académicos de investigación"
(20 horas presenciais), dirixido a estudantes de grao e mestrado.
Data prevista de
finalización 26/10/2017
Persoa responsable Elisa Fernández Rei
Finalización
Estado Executada Data estado 26/10/2017
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 12 de 37
Comprobación
O curso celebrouse en dúas quendas:
REDACCIÓN I (preferencia para estudantes de mestrado):
Datas: 16‐17‐18‐19‐23‐24‐25‐26 de outubro de 2017 Horas: 11,30‐14,00 h
Lugar: Aula B13
REDACCIÓN II (preferencia para estudantes de grao):
Datas: 2‐3‐4‐5‐9‐10‐11‐16 de outubro de 2017 Horas: 16,00‐18,30 h
Lugar: C02
No anexo inclúese o programa e convocatoria dos cursos correspondentes ás tarefas 1.2, 1.3 e 1.4
Data comprobación 24/07/2018
Tarefa1
Código AM‐1.3
Descrición tarefa
Realización do curso "Como elaborar presentacións eficientes para os traballos de investigación" (20 horas), dirixido aos estudantes de grao e mestrado.
Data prevista de
finalización 01/03/2018 Persoa responsable Elisa Fernández Rei
Finalización
Estado Executada Data estado 01/03/2018
Comprobación
O curso celebrouse en dúas quendas:
PRESENTACIÓNS I (preferencia para estudantes de mestrado):
Datas: 20‐21‐22‐23‐27‐28‐29‐30 de novembro de 2017 Horas: 11,30‐14,00 h
Lugar: Aula B13
PRESENTACIÓNS II (preferencia para estudantes de grao):
Datas: 19‐20‐21‐22‐26‐27‐28 de febreiro e 1 de marzo de 2018 Horas: 16,00‐18,30 h
Lugar: C02
No anexo inclúese o programa e convocatoria dos cursos correspondentes ás tarefas 1.2, 1.3 e 1.4
Data comprobación 24/07/2018
Tarefa1
Código AM‐1.4
Descrición tarefa Realización do curso "Deseño básico para o teu traballo de investigación" (10 horas), dirixido a estudantes de grao e mestrado.
Data prevista de
finalización 28/02/2018 Persoa responsable Elisa Fernández Rei
Finalización
Estado Executada Data estado 28/02/2018
Comprobación
O curso celebrouse en dúas quendas:
DESEÑO I (preferencia para estudantes de mestrado):
Datas: 26‐27‐28 de febreiro de 2018 Horas: 10,30‐14,00 h
Lugar: Aula B13
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 13 de 37
DESEÑO II (preferencia para estudantes de grao):
Datas: 20‐21‐22 de novembro de 2017 Horas: 16,00‐19,30 h
Lugar: C02
No anexo inclúese o programa e convocatoria dos cursos correspondentes ás tarefas 1.2, 1.3 e 1.4.
Data comprobación 24/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 14 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐2
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 4. Garantía e mellora da calidade dos recursos humanos
Definición
Análise causa O programa de Formación e Innovación Docente da USC non ofrece formación específica para o profesorado de Filoloxía.
Definición/descrición proposta
Desenvolvemento de accións formativas encamiñadas á mellora da docencia, dirixidas ao profesorado da Facultade de Filoloxía.
Data prevista de
finalización 12/07/2018 Data inicio 25/01/2018 Responsables Responsable da
implantación María José López Couso
Tarefa1
Código AM‐2.2
Descrición tarefa Realización dunha actividade formativa para o manexo dunha pantalla intelixente Clevertouch instalada no seminario D01 (2 horas).
Data prevista de
finalización 05/03/2018
Persoa responsable María José López Couso
Finalización
Estado Executada Data estado 05/03/2018
Comprobación Realizáronse dúas sesións formativas para o manexo dunha pantalla intelixente Clevertouch (22/02/2018 e 05/03/2018) no seminario D01.
Data comprobación 24/07/2018
Tarefa1
Código AM‐2.3
Descrición tarefa
Realización dun curso de formación para a mellora dos procesos de avaliación: "¿Cómo realizar una evaluación orientada para el aprendizaje?"
(18 horas, das cales 7 son presenciais e 11 en liña).
Data prevista de
finalización 12/07/2018
Persoa responsable María José López Couso
Finalización
Estado Executada Data estado 12/07/2018
Comprobación O curso realizouse co colaboración do Programa de Formación e Innovación Docente. Tivo unha actividade presencial na Facultade de Filoloxía o día 20
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 15 de 37
de xuño e unha actividade en liña que rematou o 12 de xullo. Anéxase o programa completo.
Data comprobación 24/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 16 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐3
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 5. Garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos
Definición
Análise causa
As necesidades de espazo, así como as innovacións tecnolóxicas, obrigan a unha continua actualización e mellora dos espazos e dos recursos
dispoñibles para a impartición de docencia.
Definición/descrición proposta
Ampliación dos espazos dedicados á docencia e mellora dos recursos audiovisuais dispoñibles.
Data prevista de
finalización 31/07/2018 Data inicio 15/01/2018
Responsables Responsable da
implantación María José López Couso
Tarefa1
Código AM‐3.1
Descrición tarefa
Acondicionamento dunha nova aula (B10) no espazo anteriormente ocupado por persoal en formación, que foi trasladado a despachos compartidos na zona dos departamentos. Este acondicionamento incluíra pintura, instalacións eléctricas, mobiliario etc.).
Data prevista de
finalización 07/09/2018
Persoa responsable María José López Couso
Finalización
Estado Activa Data estado 20/07/2018 Comprobación
Data comprobación
Tarefa1
Código AM‐3.2
Descrición tarefa Instalación de pantallas intelixentes no seminario D01 e na nova aula B10.
Data prevista de
finalización 31/07/2018
Persoa responsable María José López Couso
Finalización
Estado Activa Data estado 20/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 17 de 37
Comprobación
No caso do seminario D01 xa se substituí a pantalla e canón de proxección existentes por este novo recurso, que facilita unha maior interacción cos estudantes, amais de mellorar notablemente a calidade da proxección.
Data comprobación 27/07/2018
Tarefa1
Código AM‐3.3
Descrición tarefa
Substitución do mobiliario existente na sala de videoconferencias B13, por outro mobiliario que contribúe a mellorar a interacción entre estudantes ou participantes en reunións (instalación dunha mesa de xuntas). Tamén se aumentan os enchufes dispoñibles para facilitar a conexión de portátiles e outros aparellos electrónicos.
Data prevista de
finalización 07/09/2018
Persoa responsable María José López Couso
Finalización
Estado Activa Data estado 20/07/2018 Comprobación
Data comprobación
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 18 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐4
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 5. Garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos
Definición
Análise causa Os datos de inserción laboral dos estudantes de grao e mestrado son susceptibles de mellora.
Definición/descrición proposta
Realización das Xornadas de empregabilidade da Facultade de Filoloxía, encamiñadas á orientación dos estudantes na busca de emprego (8 horas), cos seguintes contidos:
1. Que se espera de ti no mundo profesional? Prepárate para saber que mostrar no teu CV
2. Es o que compartes na Rede!
3. Técnicas de selección de persoal Data prevista de
finalización 07/06/2018 Data inicio 06/06/2018
Responsables Responsable da
implantación Elisa Fernández Rei
Tarefa1
Código
Descrición tarefa Data prevista de
finalización
Persoa responsable
Finalización
Estado Finalizada Data estado 20/07/208
Comprobación As xornadas celebráronse o 6‐7 de xuño na Facultade de Filoloxía.Anéxase programa completo.
Data comprobación 24/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 19 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐5
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 4. Garantía e mellora da calidade dos recursos humanos
Definición
Análise causa
É necesaria a formación en inglés do PAS da Facultade para mellorar a atención aos estudantes estranxeiros, especialmente no momento da súa recepción.
Definición/descrición
proposta Realización dunha actividade formativa para o uso instrumental do inglés.
Data prevista de
finalización 09/05/2018 Data inicio 12/03/2018
Responsables Responsable da
implantación Josefa Vázquez Docampo
Tarefa1
Código
Descrición tarefa Data prevista de
finalización
Persoa responsable
Finalización
Estado Finalizada Data estado 27/07/2018
Comprobación
A Sección de Formación de PAS da USC, previa solicitude da Facultade, organizou un curso de Inglés Instrumental dirixido ao PAS da Facultade.
Este curso foi impartido polo profesorado do Centro de Linguas Modernas da USC. A duración do curso foi de 40 horas: 30 horas presenciais e 10 de traballo do alumno, comenzou a impartirse o día 12 de marzo e rematou o 9 de maio de 2018. Neste curso tratáronse os seguinte contidos:
‐ Pronunciación.
‐ Linguaxe funcional (uso do idioma con fins prácticos).
‐ Desenvolvemento de comprensión lectora.
‐ Desenvolvemento de vocabulario.
‐ Aprendizaxe autónoma.
Data comprobación 24/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 20 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora Código AM‐6
Tipo Acción de Mellora
Ámbito
Ámbito de aplicación Directriz 5. Garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos
Definición
Análise causa Detéctase unha baixa satisfacción dos egresados dos títulos de máster en relación coa información e apoio recibidos nas xornadas de benvida.
Definición/descrición proposta
Celebración dunha xornada de benvida dirixida especificamente ao estudantado dos mestrados da Facultade.
Data prevista de
finalización 17/09/2018 Data inicio 03/09/2018 Responsables Responsable da
implantación Elisa Fernández Rei
Tarefa1
Código
Descrición tarefa
Data prevista de finalización
Persoa responsable
Finalización
Estado Activa Data estado 24/07/2018 Comprobación
Data comprobación
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 21 de 37
3.2 Accións de mellora de cursos anteriores en proceso de execución ou non executadas
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de mellora
Código AM‐1 da Memoria de Calidade 2014‐2015 Tipo Acción de mellora.
Ámbito
Ámbito de aplicación
Acción de mellora correspondente á DIRECTRIZ 3 Fides‐Audit Garantía da aprendizaxe, ensinanza e avaliación centrados no estudante e ao
CRITERIO 7 Indicadores de satisfacción e rendemento dos Informes de Seguimento do curso 2014‐2015 dos seguintes graos: Grao en Filoloxía Clásica (AM‐1), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM‐4), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM‐6), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM‐4), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM‐1).
Definición Análise causa
Analizados os indicadores de resultados, obsérvase que as taxas de abandono (IN40G‐S01‐PM‐01 e IN41G‐S01‐PM‐01) dos graos que se imparten na Facultade presentan porcentaxes elevadas, mesmo superiores ás medias da USC.
Definición/descrición proposta
Diminución das taxas de abandono (IN40G‐S01‐PM‐01 e IN41G‐S01‐PM‐
01) dos Graos.
Data prevista de finalización Xullo de 2018.
Data inicio Decembro de 2015.
Responsables Responsable da implantación María José López Couso, Decana.
Tarefa1
Código AM‐1.1
Descrición tarefa
Identificación das causas do abandono, obtendo información dos estudantes, e a través da comparación coas porcentaxes acadadas noutros títulos (da mesma e doutras ramas de coñecemento), tanto na USC coma noutras universidades.
Data prevista de finalización Xullo de 2016.
Persoa responsable Coordinadores dos títulos de grao.
Finalización
Estado Executada
Data estado 19/04/2018
Comprobación
Contamos coa análise da taxa de abandono dos graos en Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas e Lingua e Literatura Inglesas (vid. Informes de Seguimento 2016‐2017 destes graos). O Grao en Filoloxía Clásica, pola súa parte, prevé no IS 2016‐
2017 unha AM neste sentido (GFC‐3, Curso 2017‐2018); de igual maneira, o Grao en Linguas e Literaturas Modernas tamén recolle unha AM para atender este problema (AM‐10).
Data comprobación 20/07/2018
Tarefa2
Código AM‐1.2
Descrición tarefa
Busca e posta en marcha de estratexias, derivadas das reflexións levadas a cabo na tarefa 1, para mellorar as taxas de abandono na titulación.
Data prevista de finalización Xullo de 2018.
Persoa responsable María José López Couso, Decana.
Finalización Estado Non executada
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 22 de 37
Data estado 26/07/2018
Comprobación Reflexións recollidas na acta da reunión da Comisión de Calidade do Centro do 26/07/2018.
Data comprobación 26/07/2018
Axustes/Novas tarefas
Non se prevén axustes nin novas tarefas, posto que a CCC considerou que non era factible poñer en marcha estratexias distintas das xa implementadas para mellorar as taxas de abandono nas titulacións de grao, por tratarse dun problema de carácter estrutural, imposible de afrontar dende un título ou dende un centro.
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de
Código AM‐6 da Memoria de Calidade 2014‐2015
Tipo Acción de mellora.
Ámbito
Ámbito de aplicación Acción de mellora correspondente á DIRECTRIZ 1. Fides‐Audit Política e obxectivos de calidade.
Definición
Análise causa
Detectadas certas discrepancias entre o Manual do SGIC da Facultade (aprobado no 2009) e o Manual Simplificado (aprobado, na súa versión inicial, no 2013) no que atinxe ás Comisións implicadas no Sistema de Garantía Interna da Calidade do Centro, cómpre levar a cabo unha revisión das funcións e, de ser necesario, unha modificación das Comisións da Facultade de Filoloxía que interveñen no desenvolvemento e cumprimento dos obxectivos marcados no SGIC.
Definición/descrición proposta
Modificación do Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Filoloxía no que atinxe ao número e composición das Comisións implicadas nos procesos de Calidade.
Data prevista de
finalización Xullo de 2016.
Data inicio Xaneiro de 2016.
Responsables Responsable da
implantación Belén López Meirama, Vicedecana e Responsable de Calidade do Centro.
Finalización
Estado Non executada
Data estado 20/07/2018
Comprobación
Non se realizou a modificación no prazo previsto. Nestes momentos a Comisión Redactora do novo Regulamento Interno da Facultade de Filoloxía está realizando as tarefas de revisión das distintas comisións do Centro, polo que non procede o desenvolvemento desta acción.
Data comprobación 20/07/2018
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 23 de 37
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de
Código AM‐2 da Memoria de Calidade do curso 2012‐2013
Tipo Acción de mellora.
Ám bito
Ámbito de aplicación Seguimento do SGIC.
Definición
Análise causa A acción derívase da análise realizada pola Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía.
Definición/descrición
proposta Deseño e implementación dun Plan Estratéxico da Facultade de Filoloxía.
Data prevista de
finalización 31/12/2016.
Data inicio 19/12/2014.
Responsables Responsable da
implantación María José López Couso, Decana.
Finalización
Estado Non executada
Data estado 23/07/2018 Comprobación ‐‐
Data comprobación 23/07/2018
Axustes/Novas tarefas
Non foi posible acometer esta tarefa, debido ao considerable incremento de traballo que supuxo atender os labores derivados do proceso de renovación da acreditación primeiro (curso 2016‐2017) e da revisión das memorias de verificación despois (curso 2017‐2018). No primeiro caso, estaban implicados os cinco títulos de grao da Facultade e tres dos seus mestrados e, no segundo caso, os cinco graos impartidos no Centro.
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 24 de 37
3.3 Accións de mellora executadas ao 100% no curso 2016‐2017
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de Código AM‐4 da Memoria de Calidade 2014‐2015
Tipo Acción de mellora.
Ámbito
Ámbito de aplicación
Acción de mellora correspondente á DIRECTRIZ 2 Fides‐Audit Deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos e ao CRITERIO 7 Indicadores de satisfacción e rendemento dos Informes de Seguimento dos seguintes títulos:
Grao en Filoloxía Clásica (AM‐3), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM‐
4), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM‐8), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM‐6), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM‐3) e Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura (AM‐6).
Definición
Análise causa
Considerando a utilidade da realización de prácticas en empresa en relación coa inserción laboral dos egresados, faise necesario potenciar a súa elección por parte dos estudantes a través dunha oferta máis completa e adecuada aos seus intereses.
Definición/descrición
proposta Ampliar e mellorar a oferta de prácticas en empresa.
Data prevista de
finalización Xullo de 2018.
Data inicio Setembro de 2015.
Responsables Responsable da implantación
O responsable desta tarefa era inicialmente o Vicedecano Javier Gutiérrez Carou. Foi substituído pola nova Vicedecana Responsable de Prácticas Externas, María José Domínguez Vázquez.
Finalización
Estado Finalizada Data estado 13/07/2018
Comprobación
Convocatoria de prácticas externas do curso 2017‐2018, publicada o 28/07/2017, onde se pode verificar a incorporación á oferta do curso 2016‐2017 de varias entidades.
Actas da Comisión de Prácticas Externas onde se pode comprobar as xestións realizadas e aínda en curso en relación coa sinatura de convenios con novas entidades para a realización de prácticas.
Data comprobación 20/07/2018
ACCIÓNS DE MELLORA
Definición
Acción de
Código AM‐5 da Memoria de Calidade 2014‐2015
Tipo Acción de mellora.
Ámbit o Ámbito de aplicación Acción de mellora correspondente á DIRECTRIZ 5 Fides‐Audit Garantía e mellora
da Calidade dos recursos materiais e servizos.
Definició n Análise causa
No seu momento, a distribución dos enchufes nas aulas e seminarios da Facultade de Filoloxía realizouse considerando unicamente as necesidades dos docentes, polo que non están preparadas para unha correcta
Versión: 01 Data: 20/07/2018 FORMATO Páxina 25 de 37
explotación de recursos tecnolóxicos no ensino‐aprendizaxe.
Definición/descrición proposta
Aumentar puntos de carga eléctrica e instalar enchufes nas aulas e seminarios da Facultade.
Data prevista de
finalización Xullo de 2016.
Data inicio Xaneiro de 2016.
Responsables Responsable da
implantación María José López Couso, Decana.
Finalización
Estado Finalizada
Data estado 31/07/2017
Comprobación Os enchufes xa foron instalados nas aulas e seminarios, tal e como se pode comprobar nos espazos correspondentes do edificio.
Data comprobación 31/07/2017
ACCIÓN DE MELLORA
Código AM‐1
Orixe Memoria de Calidade 2015‐2016
Ámbito de aplicación Directriz 6. Información pública
Análise causa
Na análise realizada no proceso de elaboración dos Informes de Renovación da Acreditación dos distintos títulos da Facultade detectáronse algúns aspectos susceptibles de mellora na información pública, a transparencia e a difusión dos títulos do Centro.
Definición/
descrición propuesta Melloras na información pública que se ofrece a través da web e doutros medios de difusión.
Datas Curso 2016‐2017
Estado/Eficacia Finalizada
Responsables Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía
Tarefa1 AM‐1.1
Descrición tarefa
Melloras na información que se ofrece na web da Facultade en relación coa composición de comisións, acordos dos órganos de goberno e de seguimento de calidade, presentación dos datos etc.
Data prevista de finalización 31/07/2017
Responsable María José López Couso, Decana da Facultade de Filoloxía
Estado Executada
Comprobación Tarefa
Descrición Comprobación
Publicación e actualización na web da Facultade da composición das comisións dos títulos de grao, das comisións dos títulos de mestrado, da Comisión de Títulos de Grao, da Comisión de Títulos de Máster e da Comisión de Calidade do Centro. Publicación dos principais acordos da Comisión de Calidade e da Comisión de Títulos de Grao.e da Comisión de títulos de grao.
Data Comprobación 05/02/2018