• No se han encontrado resultados

Definición dos indicadores establecidos no Sistema de Garantía Interna da Calidade.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Definición dos indicadores establecidos no Sistema de Garantía Interna da Calidade."

Copied!
32
0
0

Texto completo

(1)

Versión 30_09_2020

Definición dos indicadores establecidos no Sistema de Garantía Interna da

Calidade.

(2)
(3)

ÍNDICE

I. Indicadores ... 6

II. Definición dos indicadores ... 12

IN01- Prazas ofertadas ... 12

IN02- Matrícula ... 12

IN03- Matrícula de acceso ... 12

IN04- Matrícula de novo ingreso por preinscrición ... 13

IN05- Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición ... 13

IN06- Nota media de acceso por preinscrición ... 14

IN08- Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados ... 14

IN09- Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados ... 15

IN10- Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas ... 15

IN12- Taxa de ocupación ... 15

IN13- Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC ... 16

IN14-PC-05 Relación entre o número de matriculados en másteres dun centro e o número de egresados dese centro ... 16

IN15- Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade ... 17

IN16- Satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade ... 17

IN17- Porcentaxe de estudantes enviados pola USC a programas de mobilidade sobre o total de matriculados... 17

IN18- Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados ... 18

IN19- Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas ... 19

IN20- Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas ... 19

IN21- Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas ... 19

IN22- Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institucións ... 20

IN23- Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible ... 20

IN24- Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios sobre o PDI total ... 20

IN25- Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total ... 21

IN26- Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total ... 21

IN28- Satisfacción media do PDI coas actividades formativas desenvolvidas ... 21

IN29- Satisfacción media do PAS coas actividades formativas desenvolvidas ... 22

IN32- Media de alumnos por grupo de docencia interactiva ... 22

(4)

IN33- Grao de satisfacción dos egresados cos servizos ... 22

IN34- Taxa de rendemento ... 23

IN35- -01 Taxa de éxito ... 23

IN36- -01 Taxa de avaliación ... 24

IN37- Taxa de graduación ... 24

IN38- Duración media dos estudos ... 24

IN40- Taxa de abandono durante o primeiro curso ... 25

IN41- Taxa de abandono RD 1393/2007 ... 26

IN42- Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación ... 26

IN46- Satisfacción do alumnado coa docencia recibida ... 27

IN47- Satisfacción do profesorado coa docencia impartida ... 27

IN48- Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida ... 27

IN49- Satisfacción do PAS co traballo desenvolvido ... 28

IN50- Taxa de éxito dos egresados ... 28

IN51- Taxa de idoneidade na graduación ... 28

IN52- Taxa de transición de estudantes de grao a máster ... 29

IN53- Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados) ... 29

IN55 Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)( non se computa TFG/TFM, prácticas, e recoñecementos) 29 IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas) ... 30

III. Indicadores que se extinguiron no curso 2014/2015 ... 30

IV. Indicadores dispoñibles a partir do curso 2015/2016 ... 30

V. Indicadores eliminados a partir do curso 2018-2019 ... 30

VI. Indicadores novos a partir do curso 2018-2019 ... 31

VII Indicadores a suprimir a partir do curso 2019-2020 ... 31

(5)

Versión Modificacións Data Órgano

01 Versión inicial 01-10-2013 Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade 02 1ª versión 15-09-2014 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 03 2ª versión 17-02-2015 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 04 3ª versión 13-05-2016 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 05 4ª versión 21-07-2016 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 06 5ª versión 29-09-2016 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 07 6ª versión 21-10-2016 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 08 7º versión 03-01-2017 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 09 8º versión 19-12-2019 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos 10 9º versión 30-09-2020 Área de Calidade e Mellora dos Procedementos

(6)

O Manual do Sistema de Garantía de Calidade da USC establece que a Area de Calidade e Mellora dos Procedemento (ACMP) será a responsable de proporcionar os indicadores e informes establecidos no proceso institucional PI-06 Medición e Mellora.

Este documento presenta, polo tanto, un resumo das especificacións técnicas para a obtención dos indicadores recollidos no Sistema de Garantía da Calidade da USC,.

Os indicadores son facilitados polos servizos centrais da USC e postos a disposición dos títulos e centros para a súa análise dentro dos procesos e procedementos vinculados ao SGC de cada centro. O cálculo dos indicadores realízase para cada curso académico.

Nalgúns casos, os indicadores poden estar complementados con informes que conteñen información máis pormenorizada.

Ademais cada centro pode establecer indicadores e informes adicionais propios para os seus títulos.

(7)

I. Indicadores

CÓDIGO DO PROCESO

PROCESO DO SGIC CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PC-01 Perfil de ingreso e captación

IN01 Prazas ofertadas TÍTULO

IN02 Matrícula TÍTULO

IN03 Matrícula de acceso TÍTULO

IN04 Matrícula de novo ingreso por preinscrición

TÍTULO

IN05 Variación da matrícula de novo ingreso

por preinscrición TÍTULO

IN06 Nota media de acceso por preinscrición TÍTULO

IN07 Porcentaxe de estudantes que acceden a titulación con

puntuación igual ou superior a seis

TÍTULO

IN08 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

TÍTULO

IN09 Porcentaxe de estudantes nacionais de

fóra de Galicia sobre matriculados TÍTULO IN10 Relación de estudantes preinscritos

en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas (Grao)

TÍTULO

IN12 Taxa de ocupación TÍTULO

IN13 Porcentaxe de matriculados que son

titulados da USC (Máster) TÍTULO

IN14

Relación entre o número de

matriculados en másteres dun centro e

o número de egresados dese centro TÏTULO IN52 Taxa de transición de estudantes de

grao ao máster TÍTULO

PC-02 Planificación das ensinanzas

IN32 Media de alumnos por grupo de

docencia interactiva TÍTULO

IN55

Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación

básica por grupo de teoría (expositiva) TÍTULO

IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositiva)

TÍTULO

(8)

CÓDIGO DO PROCESO

PROCESO DO SGIC CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PC-04 Desenvolvemento das ensinanzas

IN15 Satisfacción dos estudantes saíntes cos

programas de mobilidade TÍTULO

IN16 Satisfacción dos estudantes entrantes

cos programas de mobilidade CENTRO

IN17

Porcentaxe de estudantes da USC enviados a programas de mobilidade

sobre o total de matriculados TÍTULO

IN18

Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre

o total de matriculados TÍTULO

IN19 Satisfacción dos estudantes coas

prácticas externas TÍTULO

IN20 Satisfacción dos titores externos coas

prácticas externas TÍTULO

IN21 Satisfacción dos titores académicos coas

prácticas externas TÍTULO

IN22

Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou prácticas en empresas e institucións

TÍTULO

IN51 Taxa de idoneidade na graduación TÍTULO

PC-05

Análise de resultados e Mellora dos

programas

IN34 Satisfacción dos titores académicos coas

prácticas externas TÍTULO

IN35 Taxa de éxito TÍTULO

IN36 Taxa de avaliación TÍTULO

IN37 Taxa de graduación TITULO

IN38 Duración media dos estudos TITULO

IN40 Taxa de abandono durante o primeiro

curso (Grao) TITULO

IN41 Taxa de abandono RD 1393 TITULO

IN42 Grao de satisfacción xeral dos egresados

coa titulación TITULO

(9)

CÓDIGO DO PROCESO

PROCESO DO SGIC CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PC-05

Análise de resultados e Mellora dos

programas

IN46 Satisfacción do alumnado coa docencia

recibida TÍTULO

IN47 Satisfacción do profesorado coa

docencia impartida TÍTULO

IN48 Taxa de resposta na enquisa de

satisfacción do alumnado coa docencia recibida

TÍTULO

IN49 Satisfacción do PAS co traballo

desenvolvido CENTRO

IN50 Taxa de éxito dos egresados TÍTULO

IN51 Taxa de idoneidade na graduación TÍTULO

IN52 Taxa de transición de estudantes de

grao o máster TÍTULO

IN53 Taxa de eficiencia (rendemento dos

egresados) TÍTULO

PS-01 Xestión dos recursos humanos

IN24 Porcentaxe de Persoal Docente Investigador (PDI) con sexenios sobre o PDI total con docencia no título

TÍTULO

IN25 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI

total TÍTULO

IN26 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o

PDI total TÍTULO

IN28 Satisfacción media do PDI coas

actividades formativas desenvolvidas USC IN29 Satisfacción media do PAS coas

actividades formativas desenvolvidas USC

IN55

Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias por grupo de teoría

(expositivas) TÍTULO

IN56

Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

TÍTULO

IN32 Media de alumnos por grupo de

docencia interactiva) TÍTULO

IN49 Satisfacción do PAS co traballo

desenvolvido CENTRO

PS-02 Xestión dos recursos

materiais e servizos IN33 Grao de satisfacción dos egresados cos

servizos TÍTULO

(10)

CÓDIGO DO PROCESO

PROCESO DO SGIC CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PS-04

Satisfacción, expectativas e

necesidades

IN48 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida

TÍTULO

IN49 Satisfacción do PAS co traballo

desenvolvido CENTRO

PS-06 Información pública IN23 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida

TÍTULO

(11)

Consideracións previas

I. Nivel de información dos indicadores: A información pode ser presentada en referencia ao título, ao centro ou á universidade. Na ficha de cada indicador pódese consultar o nivel concreto. Se o nivel de información é o de título e este ten especialidades, ou se imparte en distintos centros, a Aplicación de Axuda aos Sistemas de Xestión conterá información por separado. É preciso ter en conta que, á marxe de que se faga a reflexión sobre os resultados das distintas especialidades que se ofertan ou dos distintos centros nos que se imparte, o proceso de seguimento lévase a cabo sobre o título que figura inscrito no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

II. Títulos intercampus: No caso dos títulos que se imparten en máis dun centro, os datos están separados por título e centro onde se imparte en cada sistema individual, e aparecen de forma conxunta no sistema nomeado Intercampus.

III. Alumnado de mobilidade: Nos indicadores que fan referencia a matrícula (matrícula, matrícula de acceso e de novo ingreso por preinscrición) non se inclúe o alumnado que veña doutra universidade ou institución de educación superior cun programa de mobilidade (incoming). Estes indicadores si teñen en conta o noso alumnado que nalgún momento do curso académico estuda fóra da universidade como beneficiario dun programa de mobilidade (outgoing).

IV. Matrícula de acceso: Alumnado que se matricula por primeira vez no título nese curso académico (inclúe ao alumnado que procede doutro título, ao que adapta o seu expediente desde titulacións en extinción, ao alumnado que traslada o seu expediente desde outra universidade ou que accede por validación parcial de estudos estranxeiros).

V. Cohorte de novo ingreso: Na USC, a efectos do cálculo dos indicadores do SGIC, defínese a cohorte de novo ingreso como unha parte do alumnado de novo ingreso que ten que realizar a meirande parte dos créditos necesarios para obter a titulación, é dicir, que o número total de créditos recoñecidos é reducido. A limitación do número de créditos recoñecidos empregada é distinta para grao e máster. Para os graos, forman parte da cohorte os alumnos que teñan menos de 30 créditos recoñecidos, agás os que procedan de Formación Profesional que se permitirá que teñan ata 36 créditos recoñecidos (<36).

No suposto de titulacións de máster, o número de créditos recoñecidos (tanto totais coma no curso) debe ser menor que 10.

VI. Alumnado de novo ingreso por preinscrición: Inclúese nesta categoría ao alumnado que se matricula no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, excluíndo polo tanto a estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptación desde plans en extinción. Achega información sobre a captación de alumnado e o seu perfil de ingreso.

VII. Alumnado egresado ou que rematou os seus estudos e alumnado titulado: Considérase que o alumnado é egresado ou rematou os seus estudos cando ten os créditos necesarios superados para facer a solicitude do título independentemente de que non a teña feito.

É dicir, ten os créditos necesarios superados para obter o título.

Considérase que o alumnado se titulou cando solicitou o seu título formalmente.

VIII. Créditos ordinarios: Non inclúen créditos recoñecidos nin transferidos.

(12)

IX. Persoal Docente e Investigador: No cálculo do PDI englóbase ao persoal funcionario e contratado para tarefas docentes. A información correspondente á vinculación do profesorado ao título extráese da base de datos de recursos humanos (sexenios, doutores, réxime xurídico) ten como data de referencia o 31 de decembro do ano x para o curso académico x / (x+1) (exemplo: ano 2010 para o curso 2010/2011).

En xeral, para o cálculo dos indicadores relacionados con PDI empréganse as categorías LOU que teñen docencia no título. Isto implica que se exclúen o persoal bolseiro, profesorado externo, etc.

Por outra parte, para o cálculo do indicador relacionado con sexenios, só se teñen en conta as categorías que poden ter sexenios recoñecidos: Catedrático de Universidade, Catedrático de Escola Universitaria, Titular de Universidade, Titular de Escola Universitaria e Profesorado Contratado Doutor.

X. Programas de formación de PDI e PAS: Os datos do programa de formación do PAS son por ano natural polo que se ofrece para o ano de comezo do curso académico, é dicir, ano x para o curso académico x/(x+1). Os datos do programa de formación do PDI son por curso académico e ofreceranse os do curso anterior xa que no momento de realización do informe anual de seguimento pode non estar dispoñible o do curso de interese.

XI. Precisión dos datos: Os indicadores determinaranse con 2 decimais de precisión.

XII. Data de cálculo para o seguimento: Para realizar a explotación dos indicadores é preciso ter en conta as datas de peche de actas aprobadas en Consello de Goberno, así como os períodos de matrícula, modificacións de matrícula, anulacións, peche do POD, etc. A Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, en coordinación coa Área de Tecnoloxías da Información e Comunicación, determinarán as datas nas que estarán dispoñibles os resultados dos indicadores. En xeral, no mes de setembro, poderanse consultar os indicadores que non dependan do expediente académico e o resto na primeira semana de outubro xa que os títulos teñen que facer a súa análise e o prazo para a entrega é a finais do mes de outubro.

(13)

II. Definición dos indicadores

Código e nome do indicador Nivel de información

IN01- Prazas ofertadas TÍTULO

Definición Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese título, para a reflexión sobre o proceso de captación de estudantes na USC.

Cálculo Dato directo extraído da oferta aprobada para cada curso académico.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN02- Matrícula TÍTULO

Definición Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming. Inclúe o alumnado de todos os cursos que se imparten no título.

Cálculo Dato directo, extraído da ferramenta informática de xestión de matrícula.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato coa evolución dos cursos dispoñibles, e información desagregada por sexo.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN03- Matrícula de acceso TÍTULO

Definición Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez.

Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Achega información sobre a captación de estudantes en calquera curso da titulación.

Cálculo Dato directo, extraído da ferramenta informática de xestión de matrícula.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador coa distribución da matrícula segundo os diferentes tipos de acceso, información desagregada por acceso e a evolución dos cursos dispoñibles.

(Cómpre consultar as consideracións previas sobre a matrícula de acceso)

(14)

Código e nome do indicador Nivel de información IN04- Matrícula de novo ingreso por preinscrición TÍTULO

Definición Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. Achega información sobre a captación de estudantes do primeiro curso.

Cálculo Dato directo, extraído da ferramenta informática de xestión de matrícula.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato coa evolución dos cursos dispoñibles, e información desagregada por sexo. (Cómpre consultar as consideracións previas sobre a matrícula de novo ingreso por preinscrición)

Código e nome do indicador Nivel de información IN05- Variación da matrícula de novo ingreso por

preinscrición TÍTULO

Definición Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Amosa as variacións na matrícula de novo ingreso por preinscrición en relación co curso académico anterior.

Cálculo 𝑵𝑽x− 𝑵𝑽𝒙−𝟏

𝑵𝑽𝑿−𝟏 𝒙𝟏𝟎𝟎

NVx representa o número de estudantes de novo ingreso no curso académico (x)/(x+1) [exemplo: 2009/2010]

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato en forma de porcentaxe con dous decimais, que inclúe a evolución dos cursos dispoñibles, e a información desagregada por sexo.

(Cómpre consultar as consideracións previas sobre a matrícula de novo ingreso por preinscrición)

(15)

Código e nome do indicador Nivel de información IN06- Nota media de acceso por preinscrición TÍTULO

Definición Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos.

Determina o perfil de entrada , informando sobre a nota media de acceso ao título.

Cálculo Suma das notas de acceso dos estudantes que realizaron a preinscrición para ese título, dividido entre o número de estudantes que se matricularon no título.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, que inclúe a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN08- Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre

matriculados TÍTULO

Definición Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Amosa información sobre o perfil de ingreso do alumnado e a súa procedencia.

Cálculo

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒓𝒂𝒏𝒙𝒆𝒊𝒓𝒐𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙 𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, con desagregación dos datos por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles. Emprégase como información a nacionalidade que teña consignada o alumnado nos seus datos persoais.

(16)

Código e nome do indicador Nivel de información IN09- Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de

Galicia sobre matriculados TÍTULO

Definición Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Amosa información sobre o perfil de ingreso do alumnado e a súa procedencia.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒏𝒂𝒄𝒊𝒐𝒏𝒂𝒊𝒔 𝒅𝒆 𝒇ó𝒓𝒂 𝒅𝒆 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, con desagregación dos datos por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles. Emprégase como información a nacionalidade e o enderezo permanente que teña consignado o alumnado nos seus datos persoais.

Código e nome do indicador Nivel de información IN10- Relación de estudantes preinscritos en 1ª

opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas

ofertadas TÍTULO (GRAOS)

Definición Número de estudantes preinscritos en primeira opción matriculados por primeira vez dividido entre as prazas ofertadas. Este indicador só se proporciona para titulacións de Grao. Proporciona información sobre a captación de alumnos.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆 𝒑𝒓𝒆𝒊𝒏𝒔𝒄𝒓𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝟏ª 𝒐𝒑𝒄𝒊ó𝒏

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒂𝒔 𝒐𝒇𝒆𝒓𝒕𝒂𝒅𝒂𝒔 𝒙 𝟏𝟎𝟎

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato en forma de porcentaxe con dous decimais coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN12- Taxa de ocupación TÍTULO

Definición Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. Amosa información sobre a captación de alumnado.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐢𝐧𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐫𝐞𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢ó𝐧 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒂𝒔 𝒐𝒇𝒆𝒓𝒕𝒂𝒅𝒂𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

(17)

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, cos datos desagregados por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles. (Cómpre consultar as consideracións previas sobre a matrícula de novo ingreso por preinscrición).

Código e nome do indicador Nivel de información IN13- Porcentaxe de matriculados que son titulados

da USC TÍTULO (MÁSTER)

Definición Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Amosa información sobre o perfil de ingreso e sobre a captación do alumnado nese título.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒎á𝒔𝒕𝒆𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒔𝒐𝒏 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒅𝒂 𝑼𝑺𝑪 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒎á𝒔𝒕𝒆𝒓 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, cos datos desagregados por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN14-PC-05 Relación entre o número de matriculados

en másteres dun centro e o número de egresados

dese centro CENTRO

Definición Relación entre o número de estudantes matriculados en másteres que se imparten nun centro e o número de egresados dese centro. Amosa información sobre o perfil de ingreso, sobre a captación do alumnado e sobre os resultados nese centro.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒎á𝒔𝒕𝒆𝒓 𝒏𝒐 𝒄𝒆𝒏𝒕𝒓𝒐 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒅𝒐 𝒄𝒆𝒏𝒕𝒓𝒐 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles.

(18)

Código e nome do indicador Nivel de información IN15- Satisfacción dos estudantes saíntes cos

programas de mobilidade TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade. Achega información sobre a xestión dos programas de mobilidade para ese título.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.04) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN16- Satisfacción dos estudantes entrantes cos

programas de mobilidade CENTRO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade. Achega información sobre a xestión dos programas de mobilidade para ese centro.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.05) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN17- Porcentaxe de estudantes enviados pola USC a

programas de mobilidade sobre o total de

matriculados TÍTULO

Definición Número de estudantes enviados desde a USC nesa titulación a outras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Permite coñecer a participación de estudantes en programas de mobilidade.

(19)

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒏𝒗𝒊𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒂 𝑼𝑺𝑪 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 03) co destino dos estudantes participantes.

Código e nome do indicador Nivel de información IN18- Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC

de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

TÍTULO

Definición Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Permite coñecer a participación de estudantes en programas de mobilidade.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒓𝒆𝒄𝒊𝒃𝒊𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒂 𝑼𝑺𝑪 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 03) coa procedencia dos estudantes participantes.

(20)

Código e nome do indicador Nivel de información IN19- Satisfacción dos estudantes coas prácticas

externas TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas. Amosa información sobre a xestión das prácticas externas no título.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.06) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN20- Satisfacción dos titores profesionais coas

prácticas externas TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas. Amosa información sobre a xestión das prácticas externas no título.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.07) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN21- Satisfacción dos titores académicos coas

prácticas externas TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas. Amosa información sobre a xestión das prácticas externas no título.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.08) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

(21)

Código e nome do indicador Nivel de información IN22- Porcentaxe de estudantes egresados nun curso

académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institucións

TÍTULO Definición Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que

ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Achega información sobre o peso relativo dos estudantes egresados que realizan prácticas en empresas ou institucións.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒇𝒊𝒙𝒆𝒓𝒐𝒏 𝒑𝒓á𝒄𝒕𝒊𝒄𝒂𝒔 𝒆𝒙𝒕𝒆𝒓𝒏𝒂𝒔 𝒅𝒖𝒓𝒂𝒏𝒕𝒆 𝒐𝒔 𝒔𝒆𝒖𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒅𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝒙 𝟏𝟎𝟎

Periodicidad e

Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN23- Satisfacción dos egresados coa información

pública dispoñible TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a información pública do título.

Cálculo Media ponderada das valoracións das preguntas relativas á información pública que compoñen a enquisa de egresados

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF.09) cos resultados da valoración media por cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN24- Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador

(PDI) con sexenios sobre o PDI total TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios Achega información sobre o perfil do profesorado.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒄𝒐𝒏 𝒔𝒆𝒙𝒆𝒏𝒊𝒐𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝒆 𝒒𝒖𝒆 𝒑 𝒐𝒅𝒆 𝒕𝒆𝒓 𝒔𝒆𝒙𝒆𝒏𝒊𝒐𝒔𝒙 𝟏𝟎𝟎

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles.

(22)

Código e nome do indicador Nivel de información IN25- Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Achega información sobre o perfil do profesorado.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒅𝒐𝒖𝒕𝒐𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN26- Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Achega información sobre o perfil do profesorado.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒇𝒖𝒏𝒄𝒊𝒐𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝑷𝑫𝑰 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒒𝒖𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒖 𝒅𝒐𝒄𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐 𝒕í𝒕𝒖𝒍𝒐 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, coa desagregación por sexo e coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN28- Satisfacción media do PDI coas actividades

formativas desenvolvidas USC

Definición Valoración media de todas as respostas do PDI á enquisa de satisfacción das persoas asistentes aos cursos do Programa de Formación e Innovación Docente. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a xestión dos recursos humanos na USC.

Cálculo Media ponderada das valoracións outorgadas a todas as preguntas da enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 10) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

(23)

Código e nome do indicador Nivel de información IN29- Satisfacción media do PAS coas actividades

formativas desenvolvidas USC

Definición Valoración media de todas as respostas do PAS á enquisa de satisfacción dos/as asistentes aos cursos do Programa de Formación de PAS. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a xestión dos recursos humanos na USC.

Cálculo Media ponderada das valoracións outorgadas a todas as preguntas da enquisa.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 11) cos resultados da valoración media para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN32- Media de alumnos por grupo de docencia

interactiva TÍTULO

Definición Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒑𝒓á𝒄𝒕𝒊𝒄𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒑𝒓á𝒄𝒕𝒊𝒄𝒐𝒔 𝒅𝒆𝒔𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais desagregado en grupos clínicos, grupos de laboratorio e grupos de seminario e coa evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN33- Grao de satisfacción dos egresados cos

servizos TÍTULO

Definición Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a xestión dos servizos dispoñibles.

Cálculo Media ponderada das valoracións outorgadas as preguntas relacionadas cos servizos da enquisa de egresados.

Periodicidade Curso académico

(24)

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 09) cos resultados da valoración media por cada pregunta.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN34- Taxa de rendemento TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒂𝒅𝒐𝒔

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Para as titulacións de grao a información aparece desagregada por cursos (1º, 2º, 3º, 4º; 5º e 6º de ser o caso).

Código e nome do indicador Nivel de información

IN35- -01 Taxa de éxito TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒂𝒅𝒐𝒔

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Para as titulacións de grao a información aparece desagregada por cursos (1º, 2º, 3º, 4º; 5º e 6º de ser o caso).

(25)

Código e nome do indicador Nivel de información

IN36- -01 Taxa de avaliación TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂𝒅𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒐𝒓𝒅𝒊𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Para as titulacións de grao a información aparece desagregada por cursos (1º, 2º, 3º, 4º; 5º e 6º de ser o caso).

Código e nome do indicador Nivel de información

IN37- Taxa de graduación TÍTULO

Definición Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒓𝒆𝒎𝒂𝒕𝒂𝒓𝒐𝒏 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 (𝒙 + 𝒏 − 𝟏)𝒐𝒖 (𝒙 + 𝒏) 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙𝟏𝟎𝟎

Sendo n=número de anos que dura o estudo Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN38- Duración media dos estudos TÍTULO

Definición Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒂𝒏𝒐𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒕𝒂𝒓𝒅𝒂𝒓𝒐𝒏 𝒆𝒏 𝒓𝒆𝒎𝒂𝒕𝒂𝒓 𝒐𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐𝒔 𝒐𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒙 𝟏𝟎𝟎

Periodicidad

e Curso académico

(26)

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN40- Taxa de abandono durante o primeiro

curso TÍTULO

Definición Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de ingreso matriculados no título no curso académico X, que non se matricularon nos cursos X+1 e X+2, e o número total de estudantes desa cohorte de entrada que accederon no curso académico X. Amosa información sobre o grao de non continuidade dos estudantes en cursos superiores.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒏𝒐𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐𝒔 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐𝒔 (𝒙 + 𝟏)𝒆 (𝒙 + 𝟐) 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙 𝟏𝟎𝟎 Periodicidad

e

Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles. Cómpre consultar as aclaracións previas sobre a cohorte de novo ingreso.

(27)

Código e nome do indicador Nivel de información

IN41- Taxa de abandono RD 1393/2007 TÍTULO

Definición Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior. Amosa información sobre o grao de non continuidade dos estudantes en cursos superiores.

Cálculo Graos

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒏𝒐𝒏 𝒕𝒊𝒕𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆 𝒏𝒐𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐𝒔 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐𝒔 (𝒙 + 𝒏 − 𝟏) 𝒆 (𝒙 + 𝒏) 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒅𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙𝟏𝟎𝟎

Sendo n=número de anos que dura o estudo Sendo x= ano do inicio do curso académico

Cálculo Máster (60 ECTS)

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒏𝒐𝒏 𝒕𝒊𝒕𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆 𝒏𝒐𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 (𝒙 + 𝟏) 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒅𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙𝟏𝟎𝟎

Cálculo Máster (120 ECTS)

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒏𝒐𝒏 𝒕𝒊𝒕𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆 𝒏𝒐𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 (𝒙 + 𝟏) 𝒆 (𝒙 + 𝟐) 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒅𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙𝟏𝟎𝟎

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN42- Grao de satisfacción xeral dos egresados coa

titulación TÍTULO

Definición Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a planificación e desenvolvemento do título.

Cálculo Media ponderada das valoracións outorgadas ás preguntas relacionadas co título da enquisa de egresados.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles. Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 09) cos resultados da valoración media por cada pregunta.

(28)

Código e nome do indicador Nivel de información IN46- Satisfacción do alumnado coa docencia

recibida TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a docencia que reciben.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa de satisfacción.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e a evolución dos cursos dispoñibles.

Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 13) que recolle a media das valoracións para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN47- Satisfacción do profesorado coa docencia

impartida TÍTULO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida. Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre a docencia que imparten.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa de satisfacción.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e a evolución dos cursos dispoñibles.

Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 14) que recolle a media das valoracións para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información IN48- Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do

alumnado coa docencia recibida TÍTULO

Definición Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Permite analizar o peso relativo da valoración acadada no indicador IN46.

Cálculo Porcentaxe de resposta na enquisa proporcionado pola aplicación informática.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e a evolución dos cursos dispoñibles.

(29)

Código e nome do indicador Nivel de información IN49- Satisfacción do PAS co traballo desenvolvido CENTRO

Definición Valoración media da enquisa de satisfacción do PAS co traballo desenvolvido.

Permite coñecer a opinión dese grupo de interese sobre o traballo que desenvolven.

Cálculo Media ponderada das valoracións de todas as preguntas que compoñen a enquisa de satisfacción.

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e a evolución dos cursos dispoñibles.

Este indicador complétase cun informe complementario (INF. 21) que recolle a media das valoracións para cada pregunta da enquisa.

Código e nome do indicador Nivel de información

IN50- Taxa de éxito dos egresados TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔

𝑵ú𝒎. 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔𝒙 𝟏𝟎𝟎 Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN51- Taxa de idoneidade na graduación TÍTULO (Grao) Definición Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo

previsto no plan de estudos ou antes e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Cálculo

𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒓𝒆𝒎𝒂𝒕𝒂𝒓𝒐𝒏 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 (𝒙 + 𝒏 − 𝟏) 𝒐𝒖 𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝒄𝒐𝒉𝒐𝒓𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒊𝒏𝒈𝒓𝒆𝒔𝒐 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝒙𝟏𝟎𝟎

Sendo n=número de anos que dura o estudo Sendo x= o ano do inicio do curso académico Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

(30)

Código e nome do indicador Nivel de información IN52- Taxa de transición de estudantes de grao a

máster USC

Definición Porcentaxe de alumnado que, ao rematar un grao da USC, comeza un máster da USC no curso inmediatamente posterior ao da finalización do grao.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒐 𝒅𝒆𝒏𝒐𝒎𝒊𝒏𝒂𝒅𝒐𝒓 𝒒𝒖𝒆 𝒔𝒆 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒓𝒐𝒏 𝒏𝒖𝒏 𝒎á𝒔𝒕𝒆𝒓 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙 − 𝟏 𝒙𝟏𝟎𝟎

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN53- Taxa de eficiencia (rendemento dos

egresados) TÍTULO

Definición Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒂𝒄𝒖𝒎𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒅𝒐 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙

𝑵ú𝒎. 𝒕𝒐𝒕𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝒄𝒓é𝒅𝒊𝒕𝒐𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒂𝒄𝒖𝒎𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐𝒔 𝒆𝒈𝒓𝒆𝒔𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒐 𝒏𝒐 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒙𝒙 𝟏𝟎𝟎

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais, a desagregación por sexo e a evolución dos cursos dispoñibles.

Código e nome do indicador Nivel de información IN55 Media de alumnos matriculados en materias

obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)( non se computa TFG/TFM, prácticas, e recoñecementos)

TÍTULO

Definición Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔 𝒐𝒃𝒓𝒊𝒈𝒂𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒆𝒙𝒑𝒐𝒔𝒊𝒕𝒊𝒗𝒐𝒔 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒆𝒙𝒑𝒐𝒔𝒊𝒕𝒊𝒗𝒐𝒔 𝒅𝒆𝒔𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles.

(31)

Código e nome do indicador Nivel de información IN56 Media de alumnos matriculados en materias

optativas por grupo de teoría (expositivas) TÍTULO

Definición Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Cálculo 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒖𝒅𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒖𝒍𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔 𝒐𝒑𝒕𝒂𝒕𝒊𝒗𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒊𝒏𝒕𝒆𝒓𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒐 𝑵ú𝒎. 𝒅𝒆 𝒈𝒓𝒖𝒑𝒐𝒔 𝒆𝒙𝒑𝒐𝒔𝒊𝒕𝒊𝒗𝒐𝒔 𝒅𝒆𝒔𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂𝒔

Periodicidade Curso académico

Presentación Indicador dun só dato con dous decimais e coa evolución dos cursos dispoñibles.

III. Indicadores que se extinguiron no curso 2014/2015

IN30- Ratio de estudantes por profesor a tempo completo IN39- Eficiencia dos titulados

IV. Indicadores dispoñibles a partir do curso 2015/2016 IN49- Satisfacción do PAS co traballo desenvolvido IN50- Taxa de éxito dos egresados

IN51- Taxa de idoneidade na graduación

IN52-S01-PM-01 Taxa de transición de estudantes de grao a máster IN53-S01-PM-01 Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados) V. Indicadores eliminados a partir do curso 2018-2019

IN11_Relación de estudantes solicitantes sobre as prazas ofertadas(Máster) IIN27- Porcentaxe de PDI avaliado con resultado satisfactorio (DOCENTIA) IN31-PS-01 Media de alumnos por grupo de teoría( expositiva)

IN43- Porcentaxe dos titulados que dous anos despois de rematar os seus estudos están traballando

(32)

IN44- Porcentaxe dos titulados que dous anos despois de rematar os seus estudos están traballando en algo relacionado cos seus estudos

IN45- Tempo medio na procura do 1º emprego polos titulados que están traballando VI. Indicadores novos a partir do curso 2018-2019

IN55_Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

IN56_ Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas).

VII Indicadores a suprimir a partir do curso 2019-2020

IN07_Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual ou superior a seis

Referencias

Documento similar

Tomando como referencia a política de calidade da USC (enmarcada dentro do despregamento do seu plan estratéxico) a Escola elabora a súa política marcando como

As accións a implementar quedarán documentadas nunha acta da comisión de título e elevaranse á Comisión de Calidade do Centro para a súa aprobación e inclusión, de ser o caso,

a) A elección do/da decano/a e, de ser o caso, a súa revogación mediante unha moción de censura construtiva. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e

– Facilitar  anualmente  á  Comisión  de  Avaliación  de  Estudos  información  de  análise  da  demanda  de estudos  que  fan  os  estudantes,  a  partir 

A Facultade de Química é o Centro da USC encargado da xestión e organización na Universidade de Santiago de Compostela dos estudos conducentes á obtención do título de Graduada/o

As comisións que forman parte integral do desenvolvemento e seguimento do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias son a Comisión de Calidade do Centro e as

Así pois, a Comisión de Docencia e Asuntos Económicos actuará a todos os efectos como a Comisión de Título (do Grao en Matemáticas), incluíndo neste caso ao responsable

No caso da Facultade de Xeografía e Historia, e previa solicitude a Vicerreitoría de Oferta e Innovación Educativa (Xunta de Facultade de 20 de decembro de 2017), as funcións da