• No se han encontrado resultados

AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "AUTOINFORME DE SEGUIMENTO"

Copied!
67
0
0

Texto completo

(1)

AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

Grao en Veterinaria

Curso Académico: 2017-2018

(2)

■ Datos da universidade e do título obxecto do seguimento

■ Cumprimento do proxecto establecido

■ Dimensión 1. A xestión do título

■ Criterio 1. Organización e desenvolvemento

■ Criterio 2. Información e transparencia

■ Criterio 3. Sistema de garantía de calidade

■ Dimensión 2. Recursos humanos

■ Criterio 4. Recursos Humanos

■ Criterio 5. Recursos materiais e servizos

■ Dimensión 3. Resultados de aprendizaxe

■ Criterio 6. Resultados da aprendizaxe

■ Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento

■ Listaxe de evidencias e indicadores

■ Modificacións do plan de estudos

■ Plan de Melloras

■ Abertas Curso 2017-2018

■ Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

■ Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade

■ Criterio 4 - Recursos humanos

■ Criterio 5 - Recursos materiais

■ Criterio 6 - Resultados da aprendizaxe

■ Criterio 7 - Indicadores de satisfacción e rendemento

■ Finalizadas Curso 2017-2018

■ Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

■ Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade

■ GrV-AM-14

■ Criterio 4 - Recursos humanos

■ GrV-AM-15

■ Criterio 5 - Recursos materiais

■ GrV-AM-3

■ GrV-AM-6

■ GrV-AM-9

■ GrV-AM-11

■ GrV-AM-12

■ Criterio 6 - Resultados da aprendizaxe

■ GrV-AM-1

■ GrV-AM-2

■ GrV-AM-4

■ GrV-AM-5

■ GrV-AM-7

(3)

■ GrV-AM-8

■ GrV-AM-10

■ GrV-AM-13

■ Criterio 7 - Indicadores de satisfacción e rendemento

(4)

1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

Denominación do título Grao en Veterinaria

Mencións/Especialidades --

Universidade responsable

administrativa Universidade de Santiago de Compostela

En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s --

Centro responsable Facultade de Veterinaria Centro/s onde se imparte Facultade de Veterinaria

Rama de coñecemento Ciencias da Saúde

Número de créditos 300 ECTS

Profesión regulada Si

Modalidade de impartición Presencial

Curso de implantación 2010/2011

Data acreditación ex ante

(verificación) 30/06/2010

Data renovación acreditación 11/07/2017

(5)

2. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO:

Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada.

Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes.

1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.

Aspectos a valorar:

• O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos do seu ámbito académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

Dado que Veterinaria é unha profesión regulada, o perfil formativo do título debe rexerse por unha normativa específica que condiciona o plan de estudos. A Memoria do Grao en Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela foi elaborada segundo as indicacións da ORDE ECI/333/2008, do 13 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da Profesión Veterinaria, e obtivo a Verificación positiva do Ministerio de Educación o 2 de xullo de 2010 conforme adecúase ás previsións do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e é coherente co título deseñado.

De conformidade co artigo 24.2 do citado Real Decreto o título universitario oficial de Graduado/a en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela someteuse ao proceso de renovación da acreditación durante o ano 2017 (7 anos despois da súa Verificación).

Analizado o informe de carácter favorable emitido pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, o Consello de Universidades a través da súa Comisión de Verificación e Acreditación, na súa sesión do día 11 de xullo de 2017, resolveu “Renovar a acreditación do título universitario oficial de Graduado/a en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela”.

Esta proposta adáptase plenamente ao disposto na Directiva Europea 36/2005/ EC, trasposta á normativa española no RD 1837/2008, que regula os estudos de Veterinaria na contorna da Unión Europea, a cal esixe que os Plans de Estudo teñan unha duración mínima de 5 anos durante os que se cursen obrigatoriamente toda unha serie de materias dos tres perfís profesionais (Medicina e Sanidade, Produción Animal e Economía, así como Bromatoloxía, Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos). Desde a implantación do título, a Directiva Europea 36/2005/ EC foi levemente modificada por unha nova Directiva Europea 2013/55/UE, cuxo contido non esixiu cambios no deseño inicial do plan de estudos, pois este mantén plena vixencia en canto aos coñecementos e capacidades necesarias para a formación do veterinario descritos na nova normativa.

Por outra banda, as Facultades de Veterinaria en Europa poden someterse a un sistema de visitas e avaliacións periódicas levado a cabo pola EAEVE (European Association of Establishments for Veterinary Education) en coordinación coa FVE (Federation of Veterinarians of Europe), cuxo principal obxectivo é comprobar o cumprimento e a harmonización dos estándares descritos para a docencia veterinaria segundo a Directiva Europea 2005/36 e as súas modificacións. O sistema de avaliación e acreditación consiste en someter ás facultades asociadas a un rigoroso exame externo cada 10 anos (que serán 7 para as próximas revisións), o cal determina se o centro reúne ou non os requisitos mínimos de calidade e se se adecúa ou non á Directiva 36/2005/ EC e as súas modificacións. A Facultade de Veterinaria será re-avaliada en setembro de 2018, co obxectivo de manter a acreditación de calidade conseguida en 2002 e renovada en 2008. Durante o curso 2017-18 levouse a cabo a preparación e organización da visita e elaborouse o Informe de Autoavaliación; (Self Evaluation Report-SER).

En canto ao interese académico, científico e profesional seguen vixentes as condicións que o avalan desde o momento do deseño e implantación do novo plan de estudos.

Interese Académico:

Un bo indicador do interese do Grao é o “ Nivel de Preferencia da Titulación”, definido como a relación porcentual entre o número de estudantes que elixen un grao en primeira opción e o número de prazas ofertadas nese grao. Como se mostra na seguinte táboa, segundo os datos publicados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, o Nivel de Preferencia da Titulación no Grao en Veterinaria da USC no curso 2017-18, foi do 499,09% o que indica que por cada praza ofertada se preinscriben 5 estudantes en primeira opción. O valor deste indicador descendeu lixeiramente con respecto a cursos anteriores, pero mantense nuns valores moi aceptables.

(6)

(Fonte: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-

mecd/estadisticas/educacion/universitaria/estadisticas/universidades-centros-titulaciones/curso-2017-2018.html)

No curso académico 2017-18, a “Taxa de Ocupación”, definida como a relación porcentual entre a matrícula de novo ingreso por preinscrición e o número de prazas ofertadas, alcanzou un valor de 103,64% (110 prazas ofertadas e 114 estudantes matriculados por preinscrición) o que supón unha variación na matrícula de novo ingreso por preinscrición (indicador IN05G-PC-05) de +11,76, corrixíndose a tendencia negativa observada nos dous cursos anteriores. Esta foi posible grazas a actuación levada a cabo desde o centro, instando aos organismos pertinentes para que “revisasen” o proceso de admisión de modo que na medida do posible non quedasen prazas sen cubrir cando a demanda excede claramente a oferta.

En canto á procedencia xeográfica do alumnado matriculado, como se mostra na seguinte táboa os datos indican que a demanda para cursar o Grao en Veterinaria na USC supera amplamente o ámbito da comunidade autónoma (indicadores IN08G-PC-05 e IN09G-PC- 05): a porcentaxe de estudantes procedentes de fóra de Galicia supera o 50% e segue aumentando en relación cos cursos anteriores.

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Estudantes de Galicia 53,44% 52,92% 51,45% 49,48% 47,72%

Estudantes Nacionais de fóra de Galicia

(IN09G-PC-05) 43,97% 44,60% 45,81% 47,40% 49,49%

Estudantes Estranxeiros (IN08G-PC-05) 2,59% 2,48% 2,74% 3,12% 2,79%

Interese científico e profesional:

A vixencia do interese científico e profesional da titulación está avalada polo documento marco da FVE acerca da estrutura profesional veterinaria (https://www.fve.org/cms/wp-content/uploads/Regulating-of-the-veterinary-profession.pdf), o recoñecemento por parte da Organización Mundial da Saúde (OMS) do Veterinario como profesional sanitario (https://www.who.int/es), o recoñecemento que a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura ( FAO) fai do Veterinario como profesional agrario (http://www.oie.int/es/), así como a insistencia da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) no fortalecemento dos servizos veterinarios oficiais (http://www.fao.org/home/es/).

De acordo con estes avais, o veterinario perfílase como un elemento clave no armazón sanitario e agrario de calquera sociedade, podendo desenvolver o seu traballo en diferentes niveis do sector público e privado.

En abril de 2015 a FVE publicou unha macroenquisa realizada sobre 13.000 veterinarios en 24 países da UE, que permite comparar os datos demográficos, o mercado de traballo e os indicadores financeiros da profesión veterinaria en Europa (https://www.fve.org/publications/survey-of-the-veterinary-profession-in-europe/). Unha das súas conclusións finais recollida no sumario desta publicación, afirma que no futuro serán necesarios máis veterinarios nas áreas de benestar animal, control de enfermidades e medioambiente, así como para cubrir as crecentes demandas dos propietarios de animais de compañía e animais exóticos.

Facultade de Veterinaria -Universidade de Santiago de Compostela-

Curso académico Número de prazas ofertadas

Preinscritos en primeira opción

Nivel de preferencia da Titulación (Indicador de

Demanda)

2013-2014 110 625 568,18%

2014-2015 110 640 581,81%

2015-2016 110 672 610,90%

2016-2017 110 661 600,91%

2017-2018 110 549 499,09%

Curso académico

Número de prazas ofertadas (IN01G-PC-05)

Matrícula de novo ingreso por preinscrición (IN04G-PC-05)

Matrícula de acceso (IN04G-PC-05)

Taxa de ocupación (IN12G-PC-05)

2013-2014 110 117 124 106,36%

2014-2015 110 111 124 100,91%

2015-2016 110 107 114 97,27%

2016-2017 110 101 101 91,81%

2017-2018 110 114 114 103,64%

(7)

1.2.- O plan de estudos desenvolveuse seguindo a oferta de módulos e materias previstas na memoria verificada.

Aspectos a valorar:

• A oferta de módulos e materias correspóndese co establecido na memoria de verificación e, se é o caso, nas sucesivas modificacións.

• O Desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación, correspóndense co establecido na memoria de verificación e permite a consecución das competencias. O tamaño dos grupos é adecuado ás actividades formativas.

• No seu caso, o curso de adaptación cumpre a súa función en canto á adquisición de competencias e coñecementos, por parte dos estudantes que os cursen e adecúase ao establecido na memoria de verificación do título.

• Participación do alumnado en programas de mobilidade.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

O plan de estudos do Grao en Veterinaria implantouse de acordo coa memoria do título verificada.

Durante o curso 2017-18, respectouse o indicado na mesma en canto ás competencias que deben adquirir os estudantes así como ao desenvolvemento das actividades académicas, as metodoloxías docentes aplicadas e aos sistemas e criterios de avaliación. As guías docentes de cada unha das materias que conforman o plan de estudos foron publicadas na páxina web do centro antes do inicio do período de matrícula. Nelas atópase recollida toda a información referente ás competencias, actividades formativas, metodoloxía e distribución temporal de tarefas, sistemas e criterios de avaliación, etc.

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/titulacions.html?plan=14105&estudio=14106&codEstudio=13664&valor=9&orde=true&ano=68 Previamente á súa aprobación, as guías docentes de todas as materias foron revisadas polo Grupo de Traballo de Coordinación Semestral, integrado pola Vicedecana de Ordenación Académica e Estudantes, a Coordinadora do Grao, os coordinadores de semestre. A continuación, antes de ser aprobadas en Xunta de Facultade e publicadas na páxina web, as guías foron revisadas pola Comisión de Calidade para asegurar que cumprían o establecido na memoria do título, facendo un especial seguimento das competencias desenvolvidas en cada materia e os sistemas de avaliación.

Durante o curso 2017-18 tramitouse a solicitude de modificación, das fichas de dúas materias: Zoonoses e Saúde Pública (G2091431) e Epidemioloxía, Medicina Preventiva e Policía Sanitaria I (G2091427), tras ser aprobada en Xunta de Facultade. Dita modificación refírese á tipoloxía de docencia práctica que pasa de ser “interactiva de laboratorio ou computador” a “clínica non asistencial” e, no caso de ser aprobada pola ACSUG, está previsto implantala no curso 2018-19.

Unha vez finalizada a actividade académica do curso 2017-18, leváronse a cabo reunións de valoración do cumprimento do establecido nas guías docentes para as materias de cada semestre, facendo un especial seguimento das competencias profesionais (D1VUSC).

Nas ditas reunións participaron os profesores-coordinadores das materias do semestre, o coordinador/a do semestre, a Coordinadora do Grao, a Vicedecana de Ordenación Académica e Estudantes e dous representantes dos alumnos de cada semestre. Non se detectaron incidencias significativas no desenvolvemento da actividade docente do curso.

O tamaño dos grupos para as distintas actividades formativas realizadas axustouse ao indicado na Planificación Académica Anual da Universidade http://www.usc.es/es/servizos/sxopra/normativapaa.html.

Con todo, a realidade apártase dos valores medios e debe ser tida en consideración como contorna de traballo para cada curso académico. Así, as actividades interactivas reais no grao e o tamaño dos grupos -que vén establecido pola normativa de xestión académica que manexa o SXOPRA para toda a USC- é o seguinte:

• Prácticas de encerado: 100 alumnos/grupo

• Seminarios: 30 alumnos/grupo

• Titorías: 11 alumnos /grupo

• Prácticas de laboratorio, prácticas de campo e prácticas de computador: 20 alumnos /grupo, que se reduce a menos de 15 naquelas materias con suficiente capacidade docente mediante a creación de grupos de centro. Os grupos de centro non se reflicten no Plan Docente Anual, pero sí no Plan Organizativo Docente.

• Prácticas clínicas non asistenciais e visitas activas: 10 alumnos /grupo

• Prácticas clínicas asistenciais: 7 alumnos/grupo.

De acordo cos datos que nos achega o indicador IN31G-PS-01, o tamaño medio dos grupos de docencia expositiva mantívose próximo aos 100 alumnos/grupo, concretamente 95,15.

Media de alumnos por grupo de teoría (IN31G-PS-01) 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

93,28 89,42 92,43 93,97 95,15

O indicador IN32G-PS-01 mostra información relativa ao tamaño medio dos grupos de docencia interactiva. Non se observaron variacións significativas con respecto ao curso anterior.

(8)

Media de alumnos por grupo de docencia interactiva (IN32G-PS-01)

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Grupos de seminario 33,34 32,53 35,13 36,26 34,66

Grupos de laboratorio 21,29 21,19 22,30 20,91 21,98

Grupos clínicos 10,47 9,72 9,56 10,10 9,83

Participación do alumnado en programas de mobilidade.

No presente curso académico hai un lixeiro incremento de alumnos propios que deciden participar en programas de mobilidade (28 fronte aos 23 de 2017), co que a porcentaxe aínda que crece ano a ano, é realmente baixa 4,11 % (IN17G-PC-08). En canto aos alumnos alleos, temos o mesmo número que no ano pasado -23- malia que a porcentaxe baixa con respecto á taxa anterior: 3,38%.

Pensamos que as posibles razóns para explicar estas taxas tan escasas seguen a ser as mesmas que xa se apuntaran en 2017 e que parecen realmente difíciles de remediar.

Falta de homoxeneidade dos planos de estudos, especialmente nos cursos superiores, que fai difícil a convalidación de materias.

Os requisitos para participar nos programas (esencialmente o nº de ECTS cursados á hora de facer a solicitude) reducen as posibilidades de realizar unha estancia de mobilidade precisamente aos últimos anos do título.

Falta de axudas económicas suficientes, ou total ausencia en función do programa de que se trate.

Imposibilidade de establecer convenios con universidades do mundo anglosaxón onde o nivel de competencia profesional é máis atractivo.

Ausencia de materias impartidas en inglés no noso título, o que favorecería a chegada de alumnos da contorna Erasmus, pero que non xustifica os datos do programa SICUE ou do bilateral cara a Iberoamérica.

Información básica sobre mobilidade e ligazóns ao contido de cada programa na web do Centro:

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/mobilidade.html

1.3.- O título conta con mecanismos de coordinación docente que permiten analizar se o desenvolvemento do plan de estudos posibilita a adquisición das competencias por parte dos estudantes e, no seu caso, se establecen as accións de mellora oportunas.

Aspectos a valorar:

• A coordinación horizontal e vertical entre as diferentes materias do plan de estudos evita baleiros e duplicidades.

• No caso de que o título se imparta en varios centros da Universidade ou sexa interuniversitario, analizarase o funcionamento dos mecanismos de coordinación entre todos os centros/Universidades que imparten o plan de estudos.

• No caso de que existan prácticas externas, valorarase se os mecanismos de coordinación permiten aos estudantes alcanzar as competencias asociadas a estas prácticas.

• No caso de que o título se imparta en varias modalidades (presencial, a distancia, semipresencial) valorarase a coordinación docente entre as modalidades, co fin de que os estudantes podan alcanzar as mesmas competencias con independencia da modalidade cursada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

Coordinación da actividade semestral

Durante o curso 2017-18 e en consonancia co contemplado no Plan Estratéxico do Centro 2014-18 (http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/calidade.html) continuouse traballando na coordinación de contidos entre materias, co fin de

evitar duplicidades e solapamentos. Durante o curso 2016-17 planificouse un calendario de traballo para desenvolver durante os cursos académicos 2017-18 e 2018-19, coa finalidade de seguir mellorando a coordinación horizontal e vertical, tanto no referente aos contidos e a súa secuenciación temporal, como á distribución das competencias do grao entre as diferentes materias.

Coordinación das Prácticas Tuteladas (Prácticas externas curriculares obrigatorias).

Desde o curso 2014-15 existen coordinadores específicos para as materias de prácticas tuteladas, do mesmo xeito que ocorre con calquera outra materia do plan de estudos. A pesar do seu carácter multidisciplinar e moi diferente do resto, nestas materias a figura do coordinador é clave para resolver todas as cuestións relativas ao desenvolvemento de cada quenda de estancias, levar a cabo a interlocución cos titores profesionais e consensuar cos titores académicos os criterios para valorar as memorias que os alumnos deben entregar sobre o traballo realizado.

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/practicas_tuteladas.html

(9)

Coordinación das Prácticas Externas (Prácticas externas curriculares optativas).

Ao amparo do Real Decreto 592/2014 existe a posibilidade de realizar prácticas externas optativas coordinadas polo Vicedecanato de Prácticas externas. Toda a normativa que as regula pode consultarse na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/practicas_externas.html Coordinación da materia Traballo Fin de Grao.

O Título conta cunha comisión específica que se encarga de organizar e coordinar toda a actividade relacionada con esta materia.

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/traballofindegrado.html

1.4. Os criterios de admisión aplicados permiten que os estudantes admitidos teñan o perfil de ingreso adecuado para iniciar estes estudos.

Aspectos a valorar:

• Coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estudantado matriculado no título.

• No seu caso, os complementos de formación compren a súa función en canto á nivelación e adquisición de competencias e coñecementos por parte dos estudantes que os cursen.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

Os criterios de admisión de estudantes para o acceso ao ensino superior non son competencia da facultade pois están definidos pola Orde do 24 de marzo de 2011 que regula as probas de acceso aos ensinos oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (DOG nº66 do 24 de abril de 2011), dado que estas competencias están transferidas ás comunidades autónomas.

O proceso na nosa Comunidade está regulado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG - http://ciug.gal/) que aplica os criterios de adecuación e ponderación das diferentes modalidades de acceso ao perfil dos diferentes graos; os ditos criterios axústanse perfectamente aos requisitos e perfil de acceso que describe a memoria do noso título.

Os valores dos indicadores da nota media de acceso por preinscrición (IN06 G-PC-05) e a porcentaxe de estudantes que acceden ao grao con puntuación igual ou superior a seis (IN07G-PC-05) no curso 2017-18, foron 11,07 e 100% respectivamente, e reflicten o adecuado nivel formativo do alumnado que accede aos estudos do Grao en Veterinaria. Non se observa ningún cambio significativo con respecto ao curso anterior.

Ademais, obsérvase un claro perfil vocacional no alumnado que accedeu ao grao, posto que unha gran maioría elixiu estes estudos en primeira opción. A relación porcentual de estudantes preinscritos en primeira opción matriculados sobre o nº de prazas ofe rtadas (IN10G-PC-05) foi de 94,55% no curso 2017-18, incrementándose con respecto ao curso anterior.

Outro aspecto que reflicte a coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estuda ntado matriculado no título, dedúcese da baixa taxa de abandono durante o primeiro curso (IN40-G-S01-PM-01), que se mantén estable e en valores baixos, e a taxa de abandono final definida polo RD 1993 (IN41G-S01-PM-01) que, aínda que se incrementou lixeiramente, é previsible que se estabilice nos próximos cursos (ata o momento só transcorreron 8 cursos académicos desde que se iniciou o grao).

Nota media de acceso por preinscrición (IN06G-PC-05)

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2016-17

10,26 10,79 10,99 11,18 11,07

Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual o superior a seis (IN07G-PC-05)

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

99,15% 100,00% 100,00% 100,00% 100%

Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas (IN10G-PC-

05)

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 98,18% 91,82% 91,82% 83,64% 94,55%

(10)

Taxa de abandono durante o primeiro curso

(IN40G-S01-PM-01) 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Porcentaxe entre o estudantado de unha cohorte de novo ingreso que non se matriculou no título nos cursos X+1 e X+2, e o núm. total de estudantes da cohorte que accederon ao título no curso X

4,08% 4,85% 4,95% 7,84% 5,81%

Taxa de abandono RD 1393(IN41G-S01-PM-01) 2015-16 2016-17 2017-18 Porcentaxe entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que

deberon obter o título o ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior

1,85% 11,22% 15,53%

En relación coas taxas de abandono hai que ter en conta ademais que cada curso aproximadamente o 50% do alumnado de novo ingreso procede de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e constatouse que, ao longo dos seus estudos, un certo número traslada o seu expediente a facultades máis próximas ao seu lugar de orixe o que incrementa as taxas de abandono, a pesar de que en realidade o estudante mantén o seu vínculo co título escollido o que é coherente co perfil de ingreso establecido na memoria.

Actualmente o centro aplica un protocolo de actuación con aqueles estudantes considerados en risco de abandono potencial (estudantes de 1º curso de nova matrícula que non superan ningunha materia do primeiro semestre, segundo listado remitido pola Área de Calidade). Con estes estudantes lévase a cabo unha acción de titorización, orientación e seguimento individualizado para identificar e corrixir, na medida do posible, as posibles causas do seu baixo rendemento académico. No curso 2017-18 aplicouse este protocolo a 12 estudantes, dos que 8 seguen matriculados na actualidade.

1.5.- A aplicación das diferentes normativas contribúe á eficiencia nos resultados do título.

Aspectos a valorar:

• A aplicación das distintas normativas (normativa de permanencia, os sistemas de transferencia e recoñecemento de créditos, así como outras relacionadas coa avaliación, traballos fin de grao/máster, prácticas externas, ...) desenvólvense segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título.

Impacto delas nos resultados.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

Durante o curso 2017-18, aplicáronse todas as normativas segundo o establecido, o que permitiu resolver as diferentes cuestións expostas polo alumnado sen que houbese incidencias destacables. Os alumnos teñen acceso a través da páxina web da Universidade e a do propio Centro a toda a normativa, e reciben información máis específica das que consideramos fundamentais e que son as normativas de: Permanencia, Avaliación do Rendemento Académico, Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao.

A normativa que rexe as materias do décimo semestre, momento en que os alumnos deben realizar o rotatorio hospitalario e as estancias (prácticas externas curriculares obrigatorias), é a máis restritiva en canto aos requisitos no número de créditos superados necesario para poder matricularse nelas e a incompatibilidade de cursar simultaneamente ningunha outra materia en primeira matrícla dado que se consideran “materias a tempo completo”. O posible atranco que estas normas poderían supoñer para a adecuada progresión dos alumnos, motivou que no noso grao se inclúa un undécimo semestre cuxo contido é exactamente o mesmo do décimo.

Desta forma, aqueles alumnos que por diversas circunstancias non completen a totalidade das materias nos exames de xuño-xullo, poden empregar este undécimo semestre para graduarse no ano natural que lles corresponde, sen ter que consumir todo un curso académico adicional.

A tramitación das solicitudes de recoñecementos non é un procedemento académico que se xestione de inicio a fin na Facultade de Veterinaria. Os estudantes presentan as súas solicitudes na UXA, e desde alí e polos medios establecidos (aplicación FLEXIA) pídese informe ao centro.

As solicitudes clasifícanse en:

• Estudantes procedentes doutras titulacións da USC.

• Estudantes procedentes dun Grao en Veterinaria doutras facultades do estado español.

• Estudantes procedentes doutras titulacións a nivel estatal.

• Estudantes procedentes de estudos iniciados fóra de España, maioritariamente da titulación de veterinaria de universidades iberoamericanas.

No organigrama da Facultade de Veterinaria non existe unha Comisión de Validacións, sendo a Xunta de Facultade ou, no seu caso a Comisión Permanente, quen asume esta competencia. Así pois, as solicitudes recibidas no Centro remítense aos coordinadores das materias obxecto de recoñecemento, que son os responsables de emitir un informe motivado; este é vinculante para a decisión que se tome. De existir antecedentes, para solicitudes sucesivas aplícase o mesmo criterio das informadas previamente. Para o alumnado procedente de facultades de veterinaria de España empréganse as táboas de equivalencia entre graos de veterinaria elaboradas pola conferencia de decanos. No curso 2017-18 tramitáronse os expedientes de recoñecemento de estudos de 25 estudantes: 9 procedentes do Grao de Veterinaria iniciado noutras facultades de España (León, Córdoba, Complutense de Madrid e Alfonso X), 8 procedentes doutros graos da USC (Nutrición Humana e Dietética, Enfermería, Farmacia e Enxeñería Agrícola), 7 procedentes doutros graos iniciados en facultades fóra da USC (Psicoloxía, Nutrición Humana e Dietética, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Bioloxía),

(11)

e 1 procedente dun Grao en Medicina Veterinaria iniciado nunha Universidade estranxeira (Universidade do Oeste Paulista, Brasil).

Para o noso título non se pode establecer ningún tipo de recoñecemento de créditos procedentes de Ciclos Superiores de Formac ión Profesional, xa que ao tratarse dunha Profesión Regulada aplícase o Art. 6 punto 4 do Real Decreto 1618/2011, que neste caso particular impide o recoñecemento dos devanditos créditos ao non responder as condicións esixidas para garantir a cualificación profesional necesaria.

(12)

DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA:

Estándar: A institución dispón de mecanismos para comunicar de maneira adecuada a todos os grupos de interese as características do programa e dos procesos que garanten a súa calidade.

Analizar e valorar se a información relevante sobre o título é pública e está dispoñible, en tempo e forma, para todos os axentes implicados nel (estudantes, empregadores, administracións educativas e outros grupos de interese).

2.1.- A institución publica, para todos os grupos de interese, información obxectiva, suficiente e actualizada sobre as características do título e sobre os procesos que garanten a súa calidade.

Aspectos a valorar:

• Publícase información suficiente e relevante sobre as características do programa formativo, o seu desenvolvemento e os resultados alcanzados.

• A información sobre o título é obxectiva, está actualizada e é coherente co contido da memoria verificada do título e as súas posteriores modificacións.

• Garántese un fácil acceso á información relevante do título a todos os grupos de interese.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

A difusión da información entre os grupos de interese é un tema de enorme importancia na xestión do título, e para iso disponse de dúas canles fundamentais de comunicación.

A páxina web do centro (http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/) que permite manter actualizada e accesible a información relativa por exemplo a:

• As características do título de Grao en Veterinaria.

• O Sistema de Garantía Interna de Calidade (Memoria de Calidade,
 Informes de Seguimento, Plan Estratéxico Programación Plurianual).

• A organización académica (calendarios de exames, horarios de clases, prácticas externas e tuteladas, traballo fin de grao, campus virtual).

• As infraestruturas e servizos.

• O 
Plan de autoproteción e prevención de riscos.

• A organización da facultade.

• Caixas de incidencias, preguntas, suxestións e reclamacións.

Ademais calquera novidade se insire no taboleiro de anuncios: ofertas de traballo, convocatorias de prácticas e mobilidade, cursos e xornadas, etc.

Hai pantallas informativas nos pavillóns central e de aulas, adquiridas como consecuencia dunha acción de mellora comprometida no curso 2015-2016.

Unha proba de que as canles de transmisión da información funcionaron satisfactoriamente, son os resultados de valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible (IN23G-PC-12), cuxo valor mantense no entorno dos anos anteriores.

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 3,00 3,00 3,36 3,60 3,12

(13)

DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE:

Estándar: A institución dispón dun sistema interno de garantía da calidade formalmente establecido e implementado que asegura, de forma eficaz, a mellora continua da titulación.

Analizar a implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e valorar a súa contribución á mellora continua do título.

3.1.- O SGC posúe os mecanismos necesarios para recoller a información precisa, analizala, detectar debilidades e propoñer accións de mellora, realizando o seu seguimento.

Aspectos a valorar:

• Os procedementos que permiten recoller a información de forma continua, analizar os resultados e empregalos para a toma de decisións e a mellora da calidade do título, desenvolvéronse de acordo ao establecido.

• No caso dos títulos interuniversitarios ou dos títulos que se imparten en varios centros da Universidade, as accións levadas a cabo como consecuencia da implantación do SGC están coordinadas en todos os centros participantes no programa formativo.

• Os procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e o profesorado desenvolveuse de acordo ao establecido.

• O procedemento de suxestións e reclamacións desenvolveuse de acordo ao establecido.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) busca propiciar a mellora continua nas Facultades e Escolas da USC, permitíndolles acadar niveis de calidade que faciliten a acreditación e renovación dos títulos que se imparten nelas, de acordo co establecido no RD 1393/2007 e no RD 861/2010, e abrindo o camiño cara a acreditación institucional deses centros, de acordo co RD 420/2015.

O SGC marco da USC deseñouse seguindo o modelo da axencia de calidade nacional e autonómica ACSUG, e estaba articulado inicialmente en 7 directrices de acordo co programa FIDES-AUDIT pasando a distribuírse en 6 directrices na súa última versión, que da resposta aos criterios e directrices europeos para a garantía de calidade (ESG).

O noso centro adaptou o Manual simplificado ás nosas particularidades, que foi aprobado polo Consello de Goberno da USC o 4 de febreiro de 2015. A composición da Comisión de Calidade da Facultade de Veterinaria foi aprobada na Xunta de Facultade do 20-12-2017. Durante o curso 2017-18 realizáronse as seguintes reunións da comisión de calidade do centro:

12/09/2017: Constitución da nova Comisión de Calidade do Centro

16/01/2018: Reunión preparatoria elaboración informe seguimento 2016-17 26/01/2018: Análise proposta PDA 2018-19

16/02/2018: Análise borrador Informe Seguimento Grao e accións de mellora 08/03/2018: Aprobación informe de seguimento 2016-17

O SGIC implantado en febreiro de 2011 basease no SGC marco da USC. Na web da Facultade de Veterinaria pódese consultar toda a información relativa ao SGIC e ao seu desenvolvemento que inclúe o acceso ao manual completo e abreviado, informes de seguimento, accións de mellora, política de calidade, plan estratéxico e programación plurianual.

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/calidade.html

Os capítulos 7, 8 e 10 do SGIC están especificamente vencellados á análise de resultados e da calidade do título, a ensinanza e o profesorado. Os procesos incluídos en cada un permiten establecer as canles de participación dos axentes implicados, recoller os datos necesarios para a análise e establecer as medidas correctoras.

Polo que se refire á avaliación e mellora do ensino, dende o primeiro curso de implantación do grado realízanse reunións de valoración ao final de cada semestre, nas cales o profesorado fai unha reflexión sobre o desenvolvemento e os resultados do proceso formativo e os alumnos aportan a súa visión, suxestións e críticas que serven para a reflexión e a eventual corrección das deficiencias detectadas, e para mellorar o que se evidencia como posible. Dende fai catro cursos, elabóranse unhas enquisas que, con diferente acerto, buscan recoller de forma máis organizada a opinión do alumnado en canto a aspectos concretos da docencia recibida e singularmente sobre a adquisición de competencias clave na profesión.

Durante o curso 2016-2017 propúxose como acción de mellora, de acordo coa ACMP, incluír as reunións de valoración de semestre no procedemento Vet-PC-10 (GrV-AM-8-Curso 2016-2017). De acordo con esta acción e unha vez dispoñible a nova versión do SGIC elaborado pola ACMP (aprobado pola Comisión de Calidade delegada do Consello de Goberno o 23/02/2018) se procederá a súa inclusión dentro dos procesos PC-04 (Desenvolvemento das ensinanzas) e PS-04 (Satisfacción, expectativas e necesidades) incluídos no “Manual de procesos de centro”.

(14)

A continuación analízanse os diferentes indicadores e informes proporcionados polos servizos centrais da universidade correspondentes ao Sistema de Garantía de Calidade, incluíndo a evolución durante os últimos cinco cursos académicos.

O primeiro dos indicadores refírese á satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade (IN15G-PC-08) que experimenta una melloría importante respecto aos niveis do curso pasado. Non obstante, no correspondente informe INF 04, indícase que se cubriron 3 cuestionarios (de 3 estudantes en total do programa de mobilidade da Facultade de Veterinaria: 1 alumno de terceiro curso e 2 alumnos de cuarto) e a este número de cuestionarios cubertos asínaselle unha taxa de resposta do 6 % (que se calcula respecto ao total da USC). Se ben a taxa de resposta é global para toda a USC, comprobamos que esta baixa participación corresponde igualmente ao Grao en Veterinaria (3 cuestionarios dos 28 alumnos); aínda así facilitaría o análise si as taxas de resposta se puideran coñecer por centro e non respecto ao global da USC.

IN15G-PC-08-Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 3,42 4,24 3,04 3,53 4,19

Nº de cuestionarios 3 2 3 6 3

Taxa de resposta 13,00% 10,53% 25,00% 18,18 5.88%

En canto á satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade (IN16C-PC-08) o valor máximo corresponde ao curso 2017-18, ainda que soamente se recibiu un cuestionario correspondente ao noso centro (5070.INF.05), o que lle resta validez en canto á representatividade dos 23 estudantes recibidos nesta titulación procedentes doutras universidades.

IN16C-PC-08-Satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 4,60 5,00 3,00 4,00 5,00

Nº de cuestionarios 5 3 2 6 1

Taxa de resposta 23,10% 20,60% 15,70% 20,80% 14,45%

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade

Total

(15)

Aínda que en xeral os datos relativos á satisfacción dos estudantes do Grao en Veterinaria en canto aos programas de mobilidade saínte e entrante, son aparentemente satisfactorios para o curso 2017-2018, hai que destacar o baixo número de respostas, e a dificultade de interpretación cando esta taxa se calcula respecto ao total da USC.

En contraste, a satisfacción dos estudantes coas prácticas externas (IN19G-PC-09) aínda que se mantén nun nivel alto acadou o nivel máis baixo dende o curso 2014-2015 e ademais obsérvase unha “aparente” baixa participación dos estudantes nas correspondente enquisas (INF.06). Pensamos que pode deberse ao maior número de estudantes que realizaron as prácticas externas durante o curso 2017-2018, xa que neste caso 46 cuestionarios supoñen unha taxa de participación do 11,96%, mentres que no curso 2016-17 os 23 cuestionarios representaban o 14,02 %.

IN19G-PC-09-Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 4,39 4,40 4,45 4,22

Nº cuestionarios cubertos 17 23 46

Taxa de participación 5,78% 14,02% 11,96%

No sentido contrario evolucionaron os informes sobre a satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas (IN20G-PC-09), xa que este indicador acadou o nivel máis alto dende a súa implantación. Obsérvase ademais un incremento claro na taxa de resposta nas enquisas (INF.07) que se duplicou nos últimos catro anos.

IN20G-PC-09-Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 3,77 4,05 4,17 4,09 4,30

Nº cuestionarios cubertos 14 34 21 34

Taxa de resposta 11,11% 15,45% 13,29% 26,56%

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade

Total

1 1,5 2 2,5 3 3,5 4 4,5 5

2012-13 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Total

Total

(16)

Respecto á taxa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas (IN21G-PC-09), os datos obtidos mostran os valores máis altos dende o curso 2014-2015, acadando un valor de 4,52 en 2017-2018. Ademais no documento relativo a esta enquisa (INF.08), indícase un incremento na taxa de respostas que acada valores do 53 %, aínda que o número de cuestionarios cubertos (9) son os mesmos que no ano 2014-2015 mentres que a taxa de respostas nese ano representou un valor moito máis baixo.

IN21G-PC-09-Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Curso 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 4,33 4,17 3,86 4,52

Taxa de resposta 22,50% 13,95% 42,11% 52,94%

Nº de cuestionarios 9 6 8 9

No criterio 2 deste informe xa se recollen os datos do indicador IN23G-PC-12 que se refire á satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible, que baixa lixeiramente respecto ao curso anterior (3,60 no curso 2016-17 e 3,12 no curso 2017-18). En relación ao grao de satisfacción dos egresados coa titulación segue a ser bastante bo, malia que experimenta un lixeiro descenso con respecto a 2016-17, na liña do anterior indicador.

IN42G-S01-PM-01-Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 2,32 3,60 3,72 3,31

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

(17)

Observase un descenso na nota acadada na maioría dos aspectos avaliados deste indicador; aínda que no ítem referido á satisfacción coa adecuación dos horarios, o calendario académico e de exames e a organización académica en xeral do título, o grao de satisfacción incrementase de forma notable (de 2,60 pasa a 3,40).

Agora ben, a baixa participación dos egresados fai que a información que nos transmiten estes indicadores non sexa suficientemente representativa.

Informe (INF.09) da ENQUISA DE SATISFACCIÓN DE EGRESADOS/AS

Curso 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Taxa de resposta --- 8,11% 7,46% 6,02%

Nº de cuestionarios ---- 3 5 5

En canto a satisfacción do alumnado coa docencia recibida (IN46G-S01-PM-01) obsérvase que a valoración neste aspecto foi de 4,02 para o curso 2017-2018, reflexando un dos valores máis altos dende o curso 2011-2012, e tamén a maior porcentaxe de participación acadada nos últimos anos. Convén salientar neste apartado a evolución positiva da taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida (IN48G-PM-02) que se incrementou nun 6% con respecto ao curso 2016-2017, aínda que se mantén bastante baixa (taxa de resposta 31,85 % no curso 2017- 2018). O profesorado anima aos alumnos a cubrir as enquisas cando chegan as datas para facelo.

IN48G-PM-02-Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 3,81 3,82 3,80 4,07 4,02

Participación(%) 18,34 29,25 25,48 25,26 31,85

Do mesmo xeito mantense estable o nivel de satisfacción do profesorado coa docencia impartida (IN47G-S01-PM-01) respecto aos cursos anteriores, cun nivel de participación similar ao de cursos anteriores. Sinalar que nos dous apartados referentes ao interese por recibir formación de apoio hai un erro nos datos, xa que aparecen porcentaxes superiores ao 100%.

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2012-13 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Total

(18)

IN47G-S01-PM-01-Satisfacción do profesorado coa docencia impartida e participación nas enquisas

Curso 2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

Total 3,83 3,70 3,84 3,84 3,82

Participación % 32,43% 69,92% 61.12% 52.27% 51.20%

Procedemento de suxestións e reclamacións

De acordo co establecido no manual do SGIC, proceso Vet-PM-04, na páxina web da facultade existe un formulario para que os usuarios (calquera membro da USC) poidan facer chegar calquera tipo de suxestión ou reclamación:

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/suxerencias_reclamacions.html.

Se esta queixa ou suxestión excede o ámbito de resolución do centro, derívase ao servizo que corresponda.

Reciprocamente, as incidencias recibidas pola Oficina de Análise de Reclamacións da USC (OAR) e que afectan aos aspectos que a xestiona a facultade , fanse chegar e tramítanse como corresponda.

Para que os usuarios coñezan o proceso, xunto ao formulario ofrecese un PDF para consultar o diagrama de fluxo tomado do propio manual do SGIC:

http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/veterinaria/descargas/Flujo_Gestion_Incidencias.pdf Dende o curso 2013-14 a Facultade de Veterinaria conta cun rexistro propio de suxestións e reclamacións recibidas directamente; así no curso 2017-18 presentáronse 2 queixas e suxestións relacionadas con cortes de corrente eléctrica por obras de reformas no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, ambas presentadas por profesores e estimadas e resoltas por parte da Fundación Rof Codina e a Vicexerencia. No curso 2017-2018 non se rexistrou ningunha queixa do alumnado. En conxunto vese unha diminución das queixas e suxestións recibidas que pasan de 11 no curso 2016-17 a 2 en 2017-18.

Dentro do alcance do sistema de xestión de calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2015 de que dispón a USC, está contemplado o tratamento das queixas, suxestións e recursos administrativos tramitados na OAR (Oficina de Análise e Reclamacións), e ten como obxectivo prioritario a mellora continua dos seus servizos tendo como referente o usuario, intentando satisfacer as súas expectativas. Polo que se refire ás incidencias rexistradas na OAR, no curso 2017-18 resolvéronse 7 recursos referentes á Facultade de Veterinaria (dun total de 181 rexistrados na USC) dos que 1 relacionábase coa imposibilidade de continuación de estudos e os 6 restantes con recoñecemento de estudos (http://www.usc.es/es/servizos/oar/documentacion.html). De todos eles 3 foron estimados, 3 desestimados e 1 parcialmente estimado.

Facultade de Veterinaria 7

Grao en Veterinaria 7

Imposibilidade de Continuación de Estudos 1

Recoñecemento de Estudos 6

No informe da OAR tamén se mencionan 3 queixas e suxestións relativas á Facultade de Veterinaria en 2017-18:

Facultade de Veterinaria 3 Grao en Veterinaria 3 Acceso á Secretaría Virtual 1

Docencia 1

USC-Virtual 1

1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50 4,00 4,50 5,00

2013-14 2014-15 2015-16 2016-17 2017-18 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

(19)

Rexistráronse ademais 4 recursos estimados no proceso PXA7-Adaptacións, Validacións e Recoñecementos.

Neste punto é de destacar que as queixas e suxestións rexistradas na OAR non se trasladan aos centros, do mesmo xeito que as suxestións e reclamacións recibidas directamente na Facultade non se trasladan a OAR, polo que é imposible discernir se algunhas poden ser as mesmas, presentadas a través de diferentes vías administrativas.

Disponse ademais doutro formulario para comunicar calquera incidencia relativa a instalacións e servizos da Facultade.

Este formulario recíbese na conserxería para actuar directamente naqueles aspectos que entren no seu ámbito de competencias, e se non comunicase á Oficina de Xestión de Infraestruturas (OXI) e ao decanato:

http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/incidencias.html. Non obstante, as incidencias fanse na maioría das veces a través de chamadas telefónicas e son moi poucos os usuarios que empregan o formulario, principalmente debido á urxencia por resolvelas. As principais incidencias achegadas á conserxería resúmense na seguinte táboa:

INCIDENCIAS CURSO 2017-2018

TIPO DE INCIDENCIA Nº DE INCIDENCIAS

Climatización e calefacción 44

Electricidade 33

Fontanería 52

Goteiras 11

Iluminación exterior 15

Iluminación interior (bombillas e tubos fluorescentes) 20

Incendios 1

Informática 18

Limpeza 15

Pragas 3

Recollida de material para reciclaxe 30

Seguridade dos edificios 10

Varios (carpintería, ascensores, cristais…) 48

3.2.- A implantación do SGC facilita o seguimento dos títulos, a renovación da acreditación e garante a mellora continua permitindo a introdución de modificacións no título.

Aspectos a valorar:

• As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGC permiten introducir modificacións para a mellora no título.

• O seguimento das melloras do título confirma que estas foron eficaces e que se conseguiron os obxectivos formulados.

• Os plans de mellora recollen as recomendacións dos diferentes informes derivados do proceso de verificación, modificación, seguimento e renovación da acreditación.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

Grazas á guía, á súa reforma e a colaboración imprescindible da Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, a realización dos Informes de seguimento anuais foise perfeccionando e constitúe unha ferramenta extraordinariamente útil para detectar e corrixir os posibles desaxustes, así como para propor as accións de mellora (apartado 5) necesarias para a súa consecución. Non obstante unha vez presentado o informe, non sempre se recibe a necesaria retroalimentación por parte da Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), posiblemente debido ao volume de traballo deste organismo; pero sería moi proveitoso contar sempre cunha resposta ao informe para completar todo o proceso de seguimento.

Compre destacar os baixos datos de participación nalgunhas das enquisas de valoración, así como a dificultade de interpretación cando a taxa de resposta se calcula respecto ao total da USC, o que non permite facer unha análise coa suficiente validez debido a que pode haber diferencias na taxa de resposta nos diferentes centros.

Dentro da súa política de calidade a facultade de veterinaria sométese dende o ano 1998 a un proceso de avaliación externa por parte da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE). Dende o ano 2002 o noso centro está acreditado de forma positiva en dita avaliación. A nova avaliación terá lugar durante setembro do 2018, co cal durante o curso 2017-2018 (que compete a este informe de seguimento) se levou a cabo a preparación da visita dos auditores. Entre outros, inclúese a elaboración dun autoinforme que revisa todo o relativo á impartición do Grao en Veterinaria e da facultade en canto aos medios humanos e materiais necesarios; o autoinforme inclúe aspectos relativos á implantación do SGIC nos diferentes capítulos (chamados estándares), e dedica o derradeiro á estrutura e funcionamento do propio SGIC (Standard 11. Outcome Assessment and Quality Assurance).

(20)

As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGIC son de gran axuda de cara a este proceso de avaliación por parte da EAEVE, xa que nestes anos a facultade foi incorporando medidas de mellora que nos permiten estar preparados para a avaliación no ano 2018.

3.3.- O SGC implantado revísase periodicamente para analizar a súa adecuación e, se procede, establécense as melloras oportunas.

Aspectos a valorar:

• A análise e revisión do SGC, no que participan todos os grupos de interese, deriva en plans de mellora (responsables, calendario de execución, etc.).

• Todos os grupos de interese foron implicados no proceso de elaboración, implantación e seguimento das melloras do SGC.

• As evidencias do SGC manifestan a existencia dunha cultura de calidade consolidada no centro que contribúe á mellora continua.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

O proceso de planificación Vet-PE-02 permite definir, difundir e revisar a política e planificación de Calidade do centro.

Neste sentido a Comisión de Calidade -que asume as competencias da Comisión de título- elabora, revisa e actualiza a planificación plurianual e os plans de mellora do título, e da conta do seu cumprimento.

Ao comezo de cada curso, pídeselles ás materias que reflexionen sobre o resultado do curso que vén de rematar e envíen á Comisión de Calidade as accións de mellora que consideren necesarias para ser incluídas no Informe de seguimento, como proposta para mellorar e completar o desempeño docente. Esta posibilidade é unha ferramenta de enorme valor que a implantación do SGIC ofrece para a continua corrección e mellora da actividade docente.

Os principais axentes implicados no proceso de ensinanza aprendizaxe, alumnos, PDI e PAS forman parte da Comisión de Calidade, na que aportan o seu traballo, ideas e suxestións. Todos os membros da comisión están involucrados no proceso de mellora continua o que consigue que pouco a pouco a cultura de calidade vaia chegando aos diferentes grupos implicados na titulación.

Entender a completa dimensión do que supón empregar o SGIC para todos os aspectos que permite protocolizar, require un tempo. Xa co título plenamente implantado, podemos percibir en que medida os procesos e procedementosse adaptan ao labor realizado no Centro, en que medida satisfán as necesidades do título, e cales requiren algunha modificación.

Neste sentido, a Comisión de Calidade levará a cabo no vindeiro curso 2018-19 o proceso de adaptación do actual SGIC á nova versión aprobada polo Consello de Goberno en febreiro de 2018.

(21)

DIMENSIÓN 2. RECURSOS

CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS:

Estándar: O persoal académico e de apoio é suficiente e adecuado de acordo coas características do título e o número de estudantes.

Analizar e valorar a adecuación do persoal académico e de apoio que participa no título obxecto de avaliación.

4.1.- Persoal académico. O título conta con profesorado suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos, as modalidades de impartición e as competencias que deben alcanzar os estudantes.

Aspectos a valorar:

• O profesorado que participa no título conta co nivel de cualificación (experiencia docente e investigadora) exixido para a súa impartición e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada. Revisarase especialmente o perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso de títulos de grado, a prácticas externas e asociado ao Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.

• O profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes.

• A institución ofrece oportunidades ao profesorado para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de mellorar a actividade docente.

• Participación do profesorado en programas de mobilidade.

• No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos á contratación e mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

A cualificación do profesorado que imparte docencia no Grao en Veterinaria, en canto a experiencia docente e investigadora, vén avalado polos datos de recoñecemento de tramos de investigación e de docencia: No curso 2017-2018, os 104 profesores que pertencían a categorías que poden ter experiencia docente ou investigadora recoñecida repartíanse 446 tramos (quinquenios) de docencia, o que supón unha media de máis de 4 tramos de docencia por profesor, e dá unha idea da experiencia docente do profesorado que imparte esta titulación. O 90,3% contaban con algún tramo de investigación (sexenio) recoñecido pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (IN24 C-PS-01), fronte ao 88,5% do curso anterior. A porcentaxe de profesores funcionarios diminuíu lixeiramente, pasando do 73,48 ao 71,67, continuando coa tendencia dos últimos anos. Ademais, o 95% do persoal docente eran doutores (IN25 G-PS-01), porcentaxe lixeiramente superior ao do curso anterior.

A media de alumnos por grupo de teoría foi de 95,15 (IN31 G-PS-01). Este dato foise incrementado lixeiramente ao longo dos anos, debido ao progresivo incremento do número de alumnos na titulación desde a súa implantación. O número de alumnos por grupo de docencia interactiva foi de 16,7 (IN32 G-PS-01), igual que o ano anterior. Ademais, os alumnos valoraron cun 4,02 a súa satisfacción coa docencia recibida (IN46 G- S01- PM-01) fronte ao 3,88 da universidade, dato moi similar ao do último ano e superior ao de anos anteriores. A taxa de resposta a estas enquisas foi do 31,85 ( IN48 G- PM-02). Entendemos que estes datos, aínda que mellorables, testemuñan que o profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes.

Distribución do Persoal Académico con docencia no Grao en Veterinaria

CATEGORÍA E15 2016-2017 E15 2017-2018

Asociado de Ciencias da Saúde 8 8

Asociado de Universidade 2 2

Axudante doutor 1 1

Bolseiro/a/investigador 2 12

Catedrático/a de Universidade 18 12

Colaborador/a 1 1

Profesor Contratado Substitución 7 5

Profesor Contratado Doutor 16 17

Titular de Escola Universitaria 3 2

Titular de Universidade 76 72

TOTAL 134 132

Analizando estes datos, é curioso que o número de profesores estables diminuíu considerablemente respecto ao ano anterior, cunha “perda” de 6 catedráticos de universidade e 4 profesores titulares de universidade, aínda que o número total mantense aparentemente grazas ao incremento no número de bolseiros/investigadores. Esta variación débese a algunhas xubilacións que se produciron, pero en gran medida é debida á redistribución de profesorado doutro centro que impartía escasas horas de

(22)

docencia neste grao.

Os facultativos de hospital son os encargados da docencia da materia Rotatorio Clínico Hospitalario. Para esta materia, o persoal parece insuficiente, tendo en conta que cada estudante ten que cursar 106 horas presenciais nun módulo de 2 estudantes/profesor, polo que para 100 estudantes resultarían 50 grupos de prácticas, que multiplicados por 106 horas arroxan un total de 5300 horas. Tendo en conta que cada Profesor Asociado de Ciencias da Saúde (PACS) na USC pode impartir ata 450 horas de docencia asistencial hospitalaria, serían necesarios 12 PACS para cubrir a docencia desta materia, e, con todo, cóntase unicamente con 8. Existe, polo tanto, unha carencia clara nesta categoría, que vén plenamente condicionada polo persoal do Hospital Clínico Universitario Rof Codina.

A Universidade de Santiago de Compostela posúe un Programa de Formación e Innovación Docente que ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional na universidade. Desta forma, a USC ofrece periódicamente un abano de cursos para a mellora da actividade docente do profesorado.

4.2.- Persoal de apoio (persoal de administración e servizos, técnicos de apoio á docencia, etc.). O título conta con persoal de apoio suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos.

Aspectos a valorar:

• O persoal de apoio é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todo o persoal docente e estudantes.

• O persoal de apoio que participa no título conta co nivel de cualificación exixido e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada.

• No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos á contratación e mellora do persoal de apoio.

• A institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de mellorar a súa labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

O persoal de administración e servizos aumentou nunha persoa respecto aos últimos anos, contando con 17 persoas de apoio ao grao.

DISTRIBUCIÓN PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS CURSO ACADÉMICO 2017-2018

Unidade Posto Escala/Categoría Total

Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos

Responsable da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos Escala de Xestión/Administración 1

Posto base Escala Administrativa-Administración 2

Secretaría do Decanato Escala Administrativa-Administración 1

Secretaría de Departamentos Escala Administrativa-Administración 1

Secretaría de Departamentos Escala Administrativa-Administración 1

Unidade de Asuntos Económicos Responsable de Asuntos Económicos Escala Administrativa-Administración 1

Conserxería

Conserxe Oficial de Servizos 1

Auxiliar Técnico Informático Auxiliar Técnico Informático 3

Oficial de Servizos Oficial de Servizos 1

Facultade de Veterinaria Técnico de Investigación Tec. Invest. (Área Bioloxía-Saúde) 3

Forno Crematorio Técnico de Investigación Tec. Invest. (Área Bioloxía-Saúde) 2

Total Persoal Administración e Servizos 17

Outros recursos humanos dispoñibles

• Técnico especialista en informática dependente da Área da Información e Comunicacións (ATIC), encargado das incidencias de tipo informático.

• Persoal da Oficina web.

http://www.usc.es/es/servizos/oficinaweb/index.html

• Os traballadores da Unidade de Xestión Académica do Campus de Lugo: responsables da matrícula e xestión de expedientes, así como das actas das materias regradas (non das do Traballo Fin de Grao, nin das Prácticas Externas, competencia ambas do Centro). http://www.usc.es/es/goberno/xerencia/lugo/uxalugo.html

• Oficina de Información Universitaria. http://www.usc.es/es/servizos/oiu/

• Servicio de Participación e Integración Universitaria. http://www.usc.es/es/servizos/sepiu/index.html

• Servicios de Apoio á Docencia e á Investigación. http://www.usc.es/gl/servizos/

• Área de Xestión de Infraestruturas. http://www.usc.es/es/servizos/axi/index.html

• Área de Cultura. http://www.usc.es/es/servizos/cultura/index.html

Persoal do Hospital Veterinario Universitario ROF CODINA

O persoal do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina non variou no último ano

(23)

Persoal Facultativo Número Persoal de administración y servicios Número

Facultativos Diagnóstico por Imaxe 2 Dirección Xerencia 1

Facultativo Análises Clínicos 1 Secretaria Dirección 1

Facultativo Unidade de Équidos 2 Técnico de Xestión e RRHH 1

Facultativo Servicio Ambulante de Animais de

Renda 1 Admisión 2

Facultativo Farmacia 1 Informática 1

Facultativo Neuroloxía 1 Oficial 1ª mantemento eléctrico 1

Facultativo Oftalmoloxía 1 Mantemento xeral e condutor 1

Facultativo Anestesia 1 Limpeza HVU-RC 3

Becas Servicio Atención Continuada 3 Limpeza CEBIOVET 2

Becas Apoio Asistencial 3

Internado Pequenos Animais 12

Internado Grandes Animais 4

Bolseiros de Formación Profesional

(laboratorio, esterilización, hospitalización) 3 Profesionais externos

A titorización non académica das prácticas do módulo de Prácticas Tuteladas e Prácticas externas, conta coa colaboración de profesionais externos, formalizada por convenios de colaboración con empresas/institucións do estado español e estranxeiro, asinados polo Reitor/Vicerreitor con competencia e aprobados polo Consello de Goberno.

Referencias

Documento similar

a) Dada a situación especial do primeiro cuadrimestre do curso 2020-2021, pódese flexibilizar o número de horas presenciais correspondente a cada crédito

Otro acuerdo capitular palentino de 1627 re- coge la dotación hecha por don Miguel San- tos de San Pedro, obispo de Solsona y anti- guo canónigo de la catedral, deseando “que

adjudicación, así como organización general de la asignatura Trabajo Fin de Máster homogéneos en cada una de las universidades del consorcio.. Datas Finalización:

1 Hai que advertir que as materias do primeiro semestre de 2º curso directamente achegaranvos contidos e favorecerán aprendizaxes que traballaredes experiencialmente na fase

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

Esta dirección delegada tena asumido unha profesora do Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a implantación

As accións de mellora comprometidas nos Informes de Seguimento do Grao en Administración e Dirección de Empresas e do Máster Universitario en Dirección de Empresas para o curso

Dun xeito moi satisfactorio queremos salientar que as accións levadas a cabo desde o SGC, (atendendo á recomendación do Informe de Renovación da Acreditación da oportunidade de