• No se han encontrado resultados

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA"

Copied!
96
0
0

Texto completo

(1)

Número 653 IX lexislatura 2 de xuño de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.4. Procedementos de información

1.4.4. Preguntas

1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

- 50932 (09/POC-007610)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón e 4 máis

Sobre a información e as xestión levadas a cabo polo Goberno galego en relación coa posible venda dos centros de produción de Alcoa en Galicia, a garantía do mantemento dos postos de traballo e as súas previsións respecto do desenvolvemento dun plan de rein-dustrialización no caso dunha perda significativa de actividade empresarial nas comarcas da Mariña e da Coruña 152346

- 50708 (09/POC-007576)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da demanda ao Goberno central de mantemento do partido xudicial da Estrada152348

- 50712 (09/POC-007577)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Lomba, José Manuel e 4 máis

Sobre o impacto que terá no tecido económico de Vigo a anunciada caída, no ano 2017, do tráfico de cruceiros no seu porto, as previ-sións da Xunta de Galicia respecto da elaboración dun plan especí-fico para remediala e, se é o caso, as medidas concretas que vai adoptar para ese fin 152351

- 50713 (09/POC-007578)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Lomba, José Manuel e 4 máis

Sobre o impacto que terá no tecido económico de Vigo a anunciada caída, no ano 2017, do tráfico de cruceiros no seu porto, as

(2)

fico para remediala e, se é o caso, as medidas concretas que vai adoptar para ese fin 152353

- 50716 (09/POC-007579)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 4 máis

Sobre a situación na que se atopa a explotación de áridos do con-cello de Trazo, a existencia dalgún aval para a rexeneración da zona ao remate da súa actividade e as razóns para non facelo nese intre, así como o estudo por parte da Xunta de Galicia dun uso distinto

para esa mina 152355

- 50721 (09/POC-007580)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis

Sobre as razóns do Goberno galego para non establecer unha nor-mativa que ampare a artesanía alimentaria de Galicia 152357

- 50723 (09/POC-007581)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis

Sobre as medidas adoptadas e previstas pola Xunta de Galicia para resolver as deficiencias detectadas na atención prestada na resi-dencia da terceira idade de Melide, e os datos ao respecto 152359

- 50737 (09/POC-007582)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Dorado Soto, Javier e 3 máis

Sobre a avaliación e as previsións da Xunta de Galicia para a mellora da accesibilidade mediante transporte público aos

aeropor-tos galegos 152361

- 50739 (09/POC-007583)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Dorado Soto, Javier e 3 máis

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da construción da estación intermodal de Vigo 152362

- 50746 (09/POC-007584)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación Universitaria respecto da elaboración dun novo regula-mento orgánico de centros educativos e a súa opinión en relación coa inclusión nel das novas casuísticas xurdidas na comunidade

educativa 152364

- 50747 (09/POC-007585)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máis

Sobre as intencións do Goberno galego respecto da introdución dalgún centro da provincia de Lugo no Programa Piteas, destinado a fomentar o talento nas aulas, así como a valoración da posibilidade de implantar o bacharelato internacional nas provincias de Lugo e Ourense

152367

- 50774 (09/POC-007586)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre a información do Goberno galego respecto da posible venda das plantas de Alcoa en Galicia a outro grupo empresarial 152370

- 50783 (09/POC-007587)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre os criterios do Goberno galego en relación co intercambio ou compravenda de cotas de pesca, a avaliación da situación da frota de arrastre a consecuencia destas prácticas e a aplicación deste modelo para o cerco e outras artes, así como as medidas que vai implementar para garantir unhas cotas mínimas que posibiliten a rendibilidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo nos seus distintos segmentos 152372

- 50786 (09/POC-007588)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 3 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da dotación de embarcacións de salvamento á zona dos encoros da Ribeira Sacra e as razóns concretas para denegarlle ao Concello de Ribas de Sil a súa solicitude ao respecto 152375

- 50792 (09/POC-007589)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coas escolas infantís do concello de Narón e a inclusión deste con-cello na liña de subvencións anunciada para a construción deste tipo de escolas nos parques empresariais 152378

- 50802 (09/POC-007590)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación Universitaria respecto da construción do pavillón deportivo

(3)

cuberto comprometido no Colexio de Educación Infantil e Primaria Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras, a solución que está a valorar para a execución das obras e a dispoñibilidade do pro-xecto construtivo para ese fin, así como a súa licitación, cronograma

e orzamento 152382

- 50809 (09/POC-007592)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre a valoración do Goberno galego respecto do asinamento pola Unión Europea dos acordos pesqueiros con Liberia e Mauritania, así como da ampliación da rede de acordos de pesca con terceiros paí-ses, os beneficios que van supoñer para a frota comunitaria e o ins-trumento incluído no novo acordo para posibilitar no futuro o regreso da frota cefalopodeira galega ao caladoiro mauritano 152385

- 50810 (09/POC-007593)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre as liñas de apoio que vai desenvolver a Xunta de Galicia para a recuperación da actividade na empresa Fandicosta, na ría de Vigo, e as medidas adoptadas para colaborar na extinción do incendio e na retirada dos residuos xerados polo lume 152387

- 50817 (09/POC-007594)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 5 máis

Sobre as previsións do Goberno galego para a realización das ins-peccións técnicas dos equipos ou maquinaria de aplicación de pro-dutos fitosanitarios no prazo establecido na normativa vixente e evi-tarlles desprazamentos aos usuarios, así como os datos referidos ás empresas autorizadas para ese fin 152389

- 50821 (09/POC-007595)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 5 máis

Sobre os datos do Goberno galego referidos aos casos detectados en Galicia de rexistro de colmeas de apicultores transhumantes como asentamentos estantes co fin de non ter que gardar a distan-cia establecida na normativa vixente, a existendistan-cia dalgún protocolo de inspeccións para evitar estas prácticas e as medidas previstas

para ese fin 152392

- 50825 (09/POC-007596)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos publica-dos polo Instituto Nacional de Estatística en relación coas condi-cións de vida das persoas en Galicia 152397

- 50837 (09/POC-007597)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Méndez Romeu, José Luis e 4 máis

Sobre a opinión do Goberno galego respecto da mellora da resposta ás catástrofes naturais coa inclusión de calquera territorio no Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-Costa (2015-2021), as actuacións previstas para evitar os danos ocasionados polas enchentes e asolagamentos do río Gallo ao seu paso pola vila de Cuntis e as demandas que vai realizar ao Ministerio de Fomento para solucionar a tubaxe do regato de Calvos que atravesa a N-640

152399

- 50840 (09/POC-007598)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre os datos referidos ás inspeccións realizadas pola Xunta de Galicia nos últimos catro anos na mina de San Finx e, en particular, na balsa de lodos tóxicos existente nas súas inmediacións, así como as medidas adoptadas para garantir o cumprimento da normativa vixente en materia ambiental e mineira 152402

- 50843 (09/POC-007599)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máis

Sobre as achegas económicas facilitadas polo Sergas ás mulleres que teñen que desprazarse fóra de Galicia para interromper o seu embarazo despois das primeiras catorce semanas de xestación, os resultados da investigación comprometida nos hospitais da Seguri-dade Social acerca das condicións nas que se levan a cabo estas intervencións e os datos referidos ás realizadas nos anos 2015 e 2016

152405

- 50857 (09/POC-007600)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis

Sobre a valoración pola Xunta de Galicia da posibilidade de prohibir ou limitar o uso de herbicidas con glisofato nos lugares públicos

152408

- 50866 (09/POC-007601)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa

Sobre a situación de progresivo desmantelamento dos servizos pos-tais de Correos en Galicia, a realización polo Goberno galego

(4)

tións realizadas diante do Goberno central, así como as actuacións previstas ao respecto 152411

- 50873 (09/POC-007602)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre os datos referidos ás camas que se van pechar e as vaca-cións do persoal que se van cubrir durante os meses de verán de 2016 nos centros hospitalarios do Sergas, así como os criterios seguidos ao respecto 152414

- 50879 (09/POC-007603)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa

Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para apoiar e promover os mercados de proximidade e a venda directa dos pro-dutos agrarios, se é o caso, a súa dotación orzamentaria e os seus obxectivos, as actuacións que vai levar a cabo para a creación dunha marca de calidade que ampare e identifique os produtos da horta galega e a súa opinión respecto da suficiencia das medidas que se están a desenvolver para garantir as rendas e a viabilidade

das explotacións 152416

- 50883 (09/POC-007604)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis

Sobre a información do Goberno galego respecto dos plans de Alcoa en relación coa posible venda dos seus centros produtivos en Galicia, así como as actuacións levadas a cabo ou previstas para garantir o mantemento das súas factorías e dos seus postos de tra-ballo na comunidade autónoma 152419

- 50891 (09/POC-007605)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Ron Fernández, José Javier e 4 máis

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da atención das demandas do colectivo de farmacéuticos inspectores de Saúde

Pública referidas á apertura dunha mesa de negociación en relación coa periodicidade das inspeccións e controis da calidade das augas e o impulso dunha asignación de recursos humanos e económicos axeitada, así como a ampliación do horario dos servizos 152422

- 50899 (09/POC-007606)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 3 máis

Sobre os datos referidos ás sentenzas xudiciais polas que o Sergas deberá pagar xuros de demora 152425

- 50904 (09/POC-007607) Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María Consuelo Sobre o prazo e as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar as deficiencias reflectidas no informe presentado pola organización de conservación da natureza World Wildlife Fund res-pecto do Plan director da Rede Natura 2000 en Galicia 152427

- 50917 (09/POC-007608)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat

Sobre os datos referidos ás camas que se van pechar e as vaca-cións do persoal que se van cubrir durante os meses de verán de 2016 nos centros hospitalarios do Sergas e a valoración do seu impacto no emprego sanitario, así como a avaliación das súas reper-cusións nas listas de espera e nos servizos de urxencias e os crite-rios seguidos ao respecto 152429

2.2. Composición do Parlamento e dos seus órganos

2.2.9. Composición dos grupos parlamentarios

Resolución da Presidencia do Parlamento, do 1 de xuño de 2016, pola que se toma coñecemento da substitución do deputado don José Luís Méndez Romeu por dona Patricia Vilán Lorenzo como por-tavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia 152344

(5)

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 31 de maio de 2016, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios

1.4. Procedementos de información

1.4.4. Preguntas

1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, asigna-ción á comisión e publicaasigna-ción

- 50932 (09/POC-007610)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón e 4 máis

Sobre a información e as xestión levadas a cabo polo Goberno galego en relación coa posible venda dos centros de produción de Alcoa en Galicia, a garantía do mantemento dos postos de traballo e as súas previsións respecto do des-envolvemento dun plan de reindustrialización no caso dunha perda significativa de actividade empresarial nas comarcas da Mariña e da Coruña.

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación

- 50708 (09/POC-007576)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da demanda ao Goberno central de mantemento do partido xudicial da Estrada

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 50712 (09/POC-007577)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Lomba, José Manuel e 4 máis

Sobre o impacto que terá no tecido económico de Vigo a anunciada caída, no ano 2017, do tráfico de cruceiros no seu porto, as previsións da Xunta de Galicia respecto da elabo-ración dun plan específico para remediala e, se é o caso, as medidas concretas que vai adoptar para ese fin

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo - 50713 (09/POC-007578)

Gallego Lomba, José Manuel e 4 máis

Sobre o impacto que terá no tecido económico de Vigo a anunciada caída, no ano 2017, do tráfico de cruceiros no seu porto, as previsións da Xunta de Galicia respecto da elabo-ración dun plan específico para remediala e, se é o caso, as medidas concretas que vai adoptar para ese fin

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo - 50716 (09/POC-007579)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 4 máis

Sobre a situación na que se atopa a explotación de áridos do concello de Trazo, a existencia dalgún aval para a rexenera-ción da zona ao remate da súa actividade e as razóns para non facelo nese intre, así como o estudo por parte da Xunta de Galicia dun uso distinto para esa mina

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo - 50721 (09/POC-007580)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis

Sobre as razóns do Goberno galego para non establecer unha normativa que ampare a artesanía alimentaria de Galicia Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes - 50723 (09/POC-007581)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis

Sobre as medidas adoptadas e previstas pola Xunta de Gali-cia para resolver as deficienGali-cias detectadas na atención pres-tada na residencia da terceira idade de Melide, e os datos ao respecto

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50737 (09/POC-007582)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Dorado Soto, Javier e 3 máis

Sobre a avaliación e as previsións da Xunta de Galicia para a mellora da accesibilidade mediante transporte público aos aeroportos galegos

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 50739 (09/POC-007583)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Número 653

(6)

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da cons-trución da estación intermodal de Vigo

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 50746 (09/POC-007584)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da elaboración dun novo regulamento orgánico de centros educativos e a súa opinión en relación coa inclusión nel das novas casuísticas xurdidas na comunidade educativa

Comisión 4ª, Educación e Cultura - 50747 (09/POC-007585)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máis

Sobre as intencións do Goberno galego respecto da introdu-ción dalgún centro da provincia de Lugo no Programa Piteas, destinado a fomentar o talento nas aulas, así como a valoración da posibilidade de implantar o bacharelato inter-nacional nas provincias de Lugo e Ourense

Comisión 4ª, Educación e Cultura - 50774 (09/POC-007586)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre a información do Goberno galego respecto da posible venda das plantas de Alcoa en Galicia a outro grupo empresarial Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo - 50783 (09/POC-007587)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre os criterios do Goberno galego en relación co intercam-bio ou compravenda de cotas de pesca, a avaliación da situa-ción da frota de arrastre a consecuencia destas prácticas e a aplicación deste modelo para o cerco e outras artes, así como as medidas que vai implementar para garantir unhas cotas mínimas que posibiliten a rendibilidade da actividade e o man-temento dos postos de traballo nos seus distintos segmentos Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 50786 (09/POC-007588)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 3 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da dotación de embarcacións de salvamento á zona dos encoros da Ribeira Sacra e as razóns concretas para denegarlle ao Con-cello de Ribas de Sil a súa solicitude ao respecto

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 50792 (09/POC-007589)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Fran-cisco Xesús

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en rela-ción coas escolas infantís do concello de Narón e a inclusión deste concello na liña de subvencións anunciada para a cons-trución deste tipo de escolas nos parques empresariais Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50802 (09/POC-007590)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da construción do pavi-llón deportivo cuberto comprometido no Colexio de Edu-cación Infantil e Primaria Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras, a solución que está a valorar para a execución das obras e a dispoñibilidade do proxecto cons-trutivo para ese fin, así como a súa licitación, cronograma e orzamento

Comisión 4ª, Educación e Cultura - 50809 (09/POC-007592)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre a valoración do Goberno galego respecto do asina-mento pola Unión Europea dos acordos pesqueiros con Liberia e Mauritania, así como da ampliación da rede de acordos de pesca con terceiros países, os beneficios que van supoñer para a frota comunitaria e o instrumento incluído no novo acordo para posibilitar no futuro o regreso da frota cefalopodeira galega ao caladoiro mauritano

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo - 50810 (09/POC-007593)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

152342 Número 653 2 de xuño de 2016

(7)

Sobre as liñas de apoio que vai desenvolver a Xunta de Gali-cia para a recuperación da actividade na empresa Fandi-costa, na ría de Vigo, e as medidas adoptadas para colaborar na extinción do incendio e na retirada dos residuos xerados polo lume

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo - 50817 (09/POC-007594)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 5 máis

Sobre as previsións do Goberno galego para a realización das inspeccións técnicas dos equipos ou maquinaria de aplica-ción de produtos fitosanitarios no prazo establecido na nor-mativa vixente e evitarlles desprazamentos aos usuarios, así como os datos referidos ás empresas autorizadas para ese fin Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes - 50821 (09/POC-007595)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 5 máis

Sobre os datos do Goberno galego referidos aos casos detec-tados en Galicia de rexistro de colmeas de apicultores trans-humantes como asentamentos estantes co fin de non ter que gardar a distancia establecida na normativa vixente, a exis-tencia dalgún protocolo de inspeccións para evitar estas prácticas e as medidas previstas para ese fin

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50825 (09/POC-007596)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística en relación coas condicións de vida das persoas en Galicia

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50837 (09/POC-007597)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Méndez Romeu, José Luis e 4 máis

Sobre a opinión do Goberno galego respecto da mellora da resposta ás catástrofes naturais coa inclusión de calquera territorio no Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-Costa (2015-2021), as actuacións previstas para evitar os danos ocasionados polas enchentes e asolagamentos do río Gallo ao seu paso pola vila de

Cun-Fomento para solucionar a tubaxe do regato de Calvos que atravesa a N-640

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 50840 (09/POC-007598)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre os datos referidos ás inspeccións realizadas pola Xunta de Galicia nos últimos catro anos na mina de San Finx e, en particular, na balsa de lodos tóxicos existente nas súas inme-diacións, así como as medidas adoptadas para garantir o cum-primento da normativa vixente en materia ambiental e mineira Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo - 50843 (09/POC-007599)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máis

Sobre as achegas económicas facilitadas polo Sergas ás mulleres que teñen que desprazarse fóra de Galicia para interromper o seu embarazo despois das primeiras catorce semanas de xestación, os resultados da investiga-ción comprometida nos hospitais da Seguridade Social acerca das condicións nas que se levan a cabo estas inter-vencións e os datos referidos ás realizadas nos anos 2015 e 2016

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50857 (09/POC-007600)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis

Sobre a valoración pola Xunta de Galicia da posibilidade de prohibir ou limitar o uso de herbicidas con glisofato nos lugares públicos

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes - 50866 (09/POC-007601)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa

Sobre a situación de progresivo desmantelamento dos servi-zos postais de Correos en Galicia, a realización polo Goberno galego dalgunha avaliación do seu impacto no dereito a ese servizo e as xestións realizadas diante do Goberno central, así como as actuacións previstas ao respecto

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Número 653

(8)

- 50873 (09/POC-007602)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre os datos referidos ás camas que se van pechar e as vacacións do persoal que se van cubrir durante os meses de verán de 2016 nos centros hospitalarios do Sergas, así como os criterios seguidos ao respecto

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50879 (09/POC-007603)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa

Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para apoiar e promover os mercados de proximidade e a venda directa dos produtos agrarios, se é o caso, a súa dotación orza-mentaria e os seus obxectivos, as actuacións que vai levar a cabo para a creación dunha marca de calidade que ampare e identifique os produtos da horta galega e a súa opinión res-pecto da suficiencia das medidas que se están a desenvolver para garantir as rendas e a viabilidade das explotacións Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes - 50883 (09/POC-007604)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis

Sobre a información do Goberno galego respecto dos plans de Alcoa en relación coa posible venda dos seus centros pro-dutivos en Galicia, así como as actuacións levadas a cabo ou previstas para garantir o mantemento das súas factorías e dos seus postos de traballo na comunidade autónoma

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50891 (09/POC-007605)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Ron Fernández, José Javier e 4 máis

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da atención das demandas do colectivo de farmacéuticos inspectores de Saúde Pública referidas á apertura dunha mesa de negocia-ción en relanegocia-ción coa periodicidade das inspecnegocia-cións e controis da calidade das augas e o impulso dunha asignación de recursos humanos e económicos axeitada, así como a ampliación do horario dos servizos

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego - 50899 (09/POC-007606)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos e 3 máis

Sobre os datos referidos ás sentenzas xudiciais polas que o Sergas deberá pagar xuros de demora

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos - 50904 (09/POC-007607)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María Consuelo

Sobre o prazo e as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar as deficiencias reflectidas no informe pre-sentado pola organización de conservación da natureza World Wildlife Fund respecto do Plan director da Rede Natura 2000 en Galicia

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 50917 (09/POC-007608)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat

Sobre os datos referidos ás camas que se van pechar e as vacacións do persoal que se van cubrir durante os meses de verán de 2016 nos centros hospitalarios do Sergas e a valoración do seu impacto no emprego sanitario, así como a avaliación das súas repercusións nas listas de espera e nos servizos de urxencias e os criterios seguidos ao respecto

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

Marta Rodríguez Arias Vicepresidenta 1ª

2.2. Composición do Parlamento e dos seus órganos

2.2.9. Composición dos grupos parlamentarios

Resolución da Presidencia do Parlamento, do 1 de xuño de 2016, pola que se toma coñecemento da substitución do deputado don José Luís Méndez Romeu por dona Patricia Vilán Lorenzo como portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, co número 51084, o escrito asinado por 18 deputadas e deputa-dos do G.P. deputa-dos Socialistas de Galicia polo que comunican a substitución de don José Luís Méndez Romeu por dona Patri-cia Vilán Lorenzo como portavoz do grupo parlamentario.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

152344 Número 653 2 de xuño de 2016

(9)

A Presidencia, tendo en conta que a próxima reunión da Mesa do Parlamento non terá lugar ata o día 6 de xuño de 2016, en uso da delegación temporal de competencias de xestión ordinaria da Mesa do Parlamento na Presidencia da Cámara (Acordo da Mesa do Parlamento do 24 de novembro de 2012, publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicianúm. 16, do 14 de decembro de 2012), resolve: 1º. Tomar coñecemento da substitución de don José Luís Méndez Romeu por dona Patricia Vilán Lorenzo como por-tavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. 2º. Dar conta desta resolución á Mesa na vindeira reunión desta que teña lugar.

3º. Notificar esta resolución aos servizos da Administración do Parlamento de Galicia.

4º. Publicar esta resolución no Boletín Oficial do Parla-mento de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016 Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Número 653

(10)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Ramón Val Alonso, Abel Losada Álvarez, María de los Ángeles Ferreiro Vidarte, José Manuel Gallego Lomba e Noela Blanco Rodríguez, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 152 e 98 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta urxente para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

Segundo o publicado en distintos medios de comunicación a empresa Alcoa que conta con dúas factorías de produción de aluminio primario e unha planta de procesamento de bauxita en San Cibrao e Coruña está a trasladar a súa intención de desprenderse destas plantas.

Nos últimos días téñense producido visitas de grupos investidores a ambos os dous centros de produción, o que evidencia a clara intención por parte da empresa de desprenderse deles.

A falla de información está a provocar unha situación de importante incerteza entre os traballadores diante da posibilidade de perder o seu posto de traballo. Falamos de máis de 1.500 empregos directos nos tres centros pertencentes a Alcoa e preto de 600 vinculados á industria auxiliar.

É por todo isto que os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes preguntas:

1ª) Cal é a información que manexa o Goberno galego sobre a posible venda dos centros de produción da empresa Alcoa radicados en Galicia?

2ª) Que xestións ten realizado ao respecto?

(11)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4ª) Ten pensado a Xunta de Galicia desenvolver algún plan de reindustrialización no caso dunha perda significativa de actividade industrial nas comarcas da Mariña e da Coruña?

Pazo do Parlamento, 27 de maio de 2016

Asinado dixitalmente por:

José Ramón Val Alonso na data 27/05/2016 11:32:04 Abel Fermín Losada Álvarez na data 27/05/2016 11:32:19

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 27/05/2016 11:32:30 José Manuel Gallego Lomba na data 27/05/2016 11:32:47

(12)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Patricia Vilán Lorenzo, Pablo García García, Mª Soledad Soneira

Tajes, Noela Blanco Rodríguez

e

Ricardo Vicente Docasar Docasar

,

deputadas e deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia

, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión 1.ª, Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Hai máis de tres anos e previamente ás eleccións autonómicas de 2012, o

presidente da Xunta de Galicia, nun debate sobre o Estado da Autonomía,

anunciaba a bombo e pratiño a fusión voluntaria dos concellos de Oza dos

Ríos e Cesuras (A Coruña). Agora e previamente ás vindeiras eleccións

autonómicas, vimos de coñecer outro anuncio, tamén tutelado pola Xunta

de Galicia, o da fusión voluntaria dos concellos de Cerdedo e Cotobade, na

provincia de Pontevedra.

A cuestión é que semella que estas 2 fusións voluntarias se fixeron e se fan

respondendo máis ás necesidades políticas concretas e temporais de quen

as promove que aos posibles beneficios para o conxunto dos cidadáns e

cidadás.

Neste último anuncio de fusión entre Cotobade e Cerdedo, o Goberno

agochou que a fusión podería supoñer a alteración dos seus partidos

xudiciais (Cotobade pertence ao partido xudicial de Pontevedra e Cerdedo

ao de A Estrada).

O pasado 5 de maio, o Pleno do Concello de A Estrada votaba -por

unanimidade de todos os grupos políticos- a favor dun acordo sobre a

modificación do partido xudicial, no senso de manter este sen a presenza do

municipio fusionado, é dicir, de Cerdedo, quedando así o novo partido

xudicial conformado polos municipios de A Estrada e Forcarei.

(13)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

As razóns para o mencionado acordo unánime foron, basicamente, as

seguintes:

1.

As irrelevantes reducións de poboación e superficie coa saída de

Cerdedo.

2.

A relevancia xudicial do partido de A Estrada.

3.

A avanzada media de idade da poboación de A Estrada.

4.

As malas comunicacións existentes na comarca.

Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan a

seguinte pregunta para o seu debate en Comisión:

Vaille esixir ao Goberno do Estado o Goberno da Xunta de Galicia o

mantemento do partido xudicial de A Estrada, por razóns demográficas,

xeográficas, xudiciais e de comunicación?

Pazo do Parlamento, 19 de maio de 2016

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Pablo García García

Mª Soledad Soneira Tajes

Noela Blanco Rodríguez

Ricardo Vicente Docasar Docasar

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 20/05/2016 12:03:09 Pablo García García na data 20/05/2016 12:03:17

(14)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Noela Blanco Rodriguez na data 20/05/2016 12:03:32

(15)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Gallego Lomba, Abel Losada Alvarez, José Ramón Val

Alonso, Noela Blanco Rodríguez

e

Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte

,

deputados e deputadas pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia

, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e

Turismo.

O Porto de Vigo perderá en 2017 o liderado do Noroeste en cruceiros con a

metade de escalas, a programación non so recolle a chegada de 40

transatlánticos á Estación Marítima, a metade que o actual exercicio.

O Porto de Vigo non solo perderá na próxima temporada a súa hexemonía

no tráfico de cruceiros do Noroeste peninsular, senón que ademais

retrocederá a niveis de fai 25 anos. Coa campaña de 2017 practicamente

cerrada, temos que remontarnos a 1991 para encontrar un número de

atraques tan baixo como os 40 programados para todo ano. A cifra é a

metade do previsto para este exercicio.

As peores das previsións de cruceiros para Vigo, denunciadas polo Grupo

Parlamentario Socialista, acabaron cumpríndose.

Aínda que os síntomas de alarma empezaron no ano 2012, o trafico destes

buques na Estación Marítima leva máis de un lustro á deriva.

Dende entón foi perdendo escalas un ano tras outro e cada vez máis

ameazado por a terminal de Leixoes.

Por todo o exposto, os deputados e as deputadas que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1.

Considera a Xunta de Galicia que o turismo de cruceiros é un

elemento competitivo estratéxico para o noso sector turístico?

(16)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

2.

É consciente a Xunta de Galicia do impacto no tecido económico de

Vigo que terá a anunciada caída no tráfico de cruceiros no próximo

ano?

3.

Ten pensado elaborar a Xunta de Galicia algún plan específico para

combater esta caída no número de cruceiros que chegan ao porto de

Vigo?

4.

De ter elaborado este plan, que medidas concretas vai tomar a Xunta

de Galicia para remediar esta caída no número de cruceiros que fan

escala no porto de Vigo?

5.

De ter xa tomado algunhas medidas, cales son?

Pazo do Parlamento, 18 de maio de 2016

Asdo.: José Manuel Gallego Lomba

Abel Losada Alvarez

José Ramón Val Alonso

Noela Blanco Rodríguez

Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Gallego Lomba na data 20/05/2016 12:44:20 Abel Fermín Losada Álvarez na data 20/05/2016 12:44:27 José Ramón Val Alonso na data 20/05/2016 12:44:33 Noela Blanco Rodriguez na data 20/05/2016 12:44:40

(17)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Gallego Lomba, Abel Losada Alvarez, José Ramón Val

Alonso, Noela Blanco Rodríguea

e

Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte

,

deputados e deputadas pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia

, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

.

O Porto de Vigo perderá en 2017 o liderado do Noroeste en cruceiros con a

metade de escalas, a programación non so recolle a chegada de 40

transatlánticos á Estación Marítima, a metade que o actual exercicio.

O Porto de Vigo non solo perderá na próxima temporada a súa hexemonía

no tráfico de cruceiros do Noroeste peninsular, senón que ademais

retrocederá a niveis de fai 25 anos. Coa campaña de 2017 practicamente

cerrada, temos que remontarnos a 1991 para encontrar un número de

atraques tan baixo como os 40 programados para todo ano. A cifra é a

metade do previsto para este exercicio.

As peores das previsións de cruceiros para Vigo, denunciadas polo Grupo

Parlamentario Socialista, acabaron cumpríndose.

Aínda que os síntomas de alarma empezaron no ano 2012, o trafico destes

buques na Estación Marítima leva máis de un lustro á deriva.

Dende entón foi perdendo escalas un ano tras outro e cada vez máis

ameazado por a terminal de Leixoes.

Por todo o exposto, os deputados e as deputadas que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1.

Considera a Xunta de Galicia que o turismo de cruceiros é un

elemento competitivo estratéxico para o noso sector turístico?

2.

É consciente a Xunta de Galicia do impacto no tecido económico de

Vigo que terá a anunciada caída no tráfico de cruceiros no próximo

ano?

(18)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3.

Ten pensado elaborar a Xunta de Galicia algún plan específico para

combater esta caída no número de cruceiros que chegan ao porto de

Vigo?

4.

De ter elaborado este plan, que medidas concretas vai tomar a Xunta

de Galicia para remediar esta caída no número de cruceiros que fan

escala no porto de Vigo?

5.

De ter xa tomado algunhas medidas, cales son?

Pazo do Parlamento, 18 de maio de 2016

Asdo.: José Manuel Gallego Lomba

Abel Losada Alvarez

José Ramón Val Alonso

Noela Blanco Rodríguez

Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Gallego Lomba na data 20/05/2016 12:49:26 Abel Fermín Losada Álvarez na data 20/05/2016 12:49:33 José Ramón Val Alonso na data 20/05/2016 12:49:38 Noela Blanco Rodriguez na data 20/05/2016 12:49:43

(19)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García

,

José Antonio Sánchez Bugallo

,

Abel Losada

Alvarez, José Manuel Gallego Lomba

e

Noela Blanco Rodríguez

,

deputados e deputada pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia

, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e

Turismo

.

No concello de Trazo existe unha explotación de áridos que dende o ano

2009 xa non ten actividade, dita concesión era propiedade de Áridos de

Trazo, pertencente o grupo valenciano SEDESA.

A pesares de que fai 7 anos que xa non ten actividade, a situación na que se

atopa a mina é de abandono.

Ante isto, os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1.

En que situación se atopa na actualidade dita explotación?

2.

Existe un aval para a rexeneración da zona unha vez rematada a

actividade?

3.

Está a Xunta de Galicia a estudar un uso distinto para esta

explotación?

4.

Por que non se rexenerou dita mina ó cesar a súa actividade fai xa 7

anos?

Pazo do Parlamento, 19 de maio de 2016

Asdo.: Pablo García García

José Antonio Sánchez Bugallo

Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Noela Blanco Rodríguez

(20)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 20/05/2016 12:56:56

José Antonio Sánchez Bugallo na data 20/05/2016 12:57:02 Abel Fermín Losada Álvarez na data 20/05/2016 12:57:12 José Manuel Gallego Lomba na data 20/05/2016 12:57:17 Noela Blanco Rodriguez na data 20/05/2016 12:57:22

(21)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García

,

Raúl Fernández Fernández

e

José Ramón Val

Alonso

, deputados pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas

de Galicia

, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

A artesanía alimentaria é unha actividade que pode supoñer unha

alternativa para determinado tipo de producións en Galicia. Son cada vez

máis numerosas os eventos, feiras, mercados, etc deste tipo sen que en

Galicia se conte cunha normativa que ampare este tipo de producións en

igualdade de condicións que outras comunidades autónomas onde incluso a

súa incidencia podería ser moito menor.

A Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades

artesás e se refunde a normativa vixente en materia de artesanía, non

contempla como actividades as alimentarias.

E o Decreto 125/2014, de 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a

venda directa dos produtos primarios dende as explotacións ó consumidor

final, non recolle tampouco esta figura.

En definitiva, a falla de regulación fai que moitos produtores galegos non

poidan comercializar os seus produtos baixo a denominación de “artesáns”,

aínda sendo nin participara en ningún mercado ou evento dedicado a este

tipo de producións.

Ante isto, os deputados que asinan formulan a seguinte pregunta para o seu

debate en Comisión:

Cales son os motivos polos que a Xunta de Galicia non desenvolve esta

normativa ó igual que outras comunidades autónomas?

(22)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 20/05/2016 13:12:01

Raúl Fernández Fernández na data 20/05/2016 13:12:07 José Ramón Val Alonso na data 20/05/2016 13:12:14

(23)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Gallego Calvar, José Antonio Sánchez Bugallo, Carmen

Acuña do Campo e María Quintas Alvarez,

deputadas e deputado

pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte

pregunta

para a súa resposta

oral

en

Comisión

5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

.

En novembro do 2015 o Grupo Municipal Socialista de Melide denunciaba

o bloqueo de 36 prazas coas que se rematou o xeriátrico de Melide.

As obras de ampliación da Residencia da 3ª Idade rematáronse no mes de

agosto do ano pasado, o que permite dispoñer de 36 prazas para residentes.

Dende entón, as instalacións sen estrear, non teñen internos/as por falla de

persoal profesional, sen que o Consorcio Galego de Servizos Sociais e

Concello se preocupen pola demanda que hai do servizo.

O Concello e a Xunta de Galicia mentíronlle aos e ás melidenses ao afirmar

dende a Consellería de Política Social que a residencia da terceira idade

estaría plenamente operativa: “trabállase na planificación e posta en

funcionamento destas novas prazas, que estarán dispoñibles para os

primeiros meses de 2016” , “están presupostadas para o exercicio de 2016”,

e “xa están ofertadas e dotadas en catálogo”.

Dende agosto de 2015 hai instalacións totalmente equipadas e sen estrear

por unha decisión político – económica que non pensa no interese da

cidadanía.

Ante as queixas achegadas polos veciños e veciñas, non mes de novembro

do ano pasado, o Grupo Municipal Socialista de Melide denunciou

publicamente a situación e presentou unha Moción municipal para instar ao

concello e a Xunta de Galicia a que se adoptasen as medidas necesarias

para prestar un servizo con moita demanda. A resposta dadas polas

administracións foron mediante desculpas, mentiras e promesas sen

cumprir.

(24)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1.

Que medidas vai adoptar o Goberno galego pasar subsanar a

deficiente prestación deste servizo social con importante demanda?

2.

De ter tomado algunha medida, cales son?

3.

Que número de habitacións dispón para residentes? Cantos

residentes hai na actualidade nesta residencia?

4.

Que persoal atende esta residencia?

Pazo do Parlamento, 19 de maio de 2016

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

José Antonio Sánchez Bugallo

Carmen Acuña do Campo

María Quintas Alvarez

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Gallego Calvar na data 20/05/2016 13:27:30

José Antonio Sánchez Bugallo na data 20/05/2016 13:27:36 María del Carmen Acuña do Campo na data 20/05/2016 13:27:43 Maria Remedios Quintas Alvarez na data 20/05/2016 13:27:47

(25)

Á Mesa do Parlamento

Javier Dorado Soto, Jesús Goldar Güimil, Javier J. Guerra Fernández e Elena González Sánchez, deputados e deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

A conexión de transporte público entre os centros das cidades e os aeroportos galegos é esencial para garantir a accesibilidade e a mobilidade dos miles de pasaxeiros que empregan este medio de transporte nos seus desprazamentos.

A pesares de que, como é sabido, o Goberno galego xa está a traballar na mellora da conectividade mediante transporte público aos aeroportos galegos é necesario seguir avanzando por este camiño e reforzar a accesibilidade ás tres terminais aeroportuarias de Galicia.

E por isto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Comisión:

Que avaliación e previsións ten a Xunta de Galicia para mellorar a accesibilidade mediante transporte público aos aeroportos galegos?

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Asinado dixitalmente por:

Javier Dorado Soto na data 23/05/2016 12:29:04 Jesus Goldar Guimil na data 23/05/2016 12:29:15

Javier Jorge Guerra Fernández na data 23/05/2016 12:29:23 Elena Cruz González Sánchez na data 23/05/2016 12:29:31

(26)

Á Mesa do Parlamento

Javier Dorado Soto, Jesús Goldar Güimil, Javier J. Guerra Fernández e Elena González Sánchez, deputados e deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

A chegada da alta velocidade a Vigo semella ser unha boa oportunidade para mellorar a interconexión dos diferentes transportes existentes na cidade a tenor das longas distancias existentes entre os puntos de referencia dos principais medios de transporte. Este feito xa foi recoñecido pola Xunta de Galicia, quen en coherencia coas previsións e os compromisos políticos acadados, incluíu nos orzamentos do exercicio 2016 unha importante partida para as obras dunha estación intermodal na coñecida Estación de Urzaiz chamada a solventar unha deficiencia estrutural histórica na cidade olívica. Para facer realidade esta infraestructura, é necesario e imprescindible, a adaptación dos actuais accesos á nova magnitude da estación e ao incremento do tráfico previsto pola maior actividade que precisa o centro de Thom Mayne.

Esta derradeira actuación pertence ao campo competencial do concello de referencia, neste caso do Concello de Vigo, quen en sucesivas declaracións públicas amosou pouca ou ningunha vontade de cumprir coa súa obriga legal recollida mesmo na planificación urbanística aprobada por ese mesmo goberno e alcalde fai seis anos. Por isto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Comisión:

Que previsións ten a Xunta de Galicia sobre a construción da estación intermodal de Vigo?

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Asinado dixitalmente por:

(27)

Jesus Goldar Guimil na data 23/05/2016 12:30:54

Javier Jorge Guerra Fernández na data 23/05/2016 12:31:01 Elena Cruz González Sánchez na data 23/05/2016 12:31:08

(28)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, Emilio Vázquez Blanco e María Concepción Burgo López, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª.

Temos lamentablemente en vigor dende hai máis de dous anos unha lei educativa (LOMCE) fortemente rexeitada polo conxunto da comunidade educativa, tanto galega como española.

Temos en pleno funcionamento tamén a metade das reválidas que esa controvertida lei contempla: 3º e 6º de primaria, quedando pendentes de implantar as de 4º de ESO e 2º BAC.

Imos contemplando ao mesmo tempo como a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vai implementando “protocolos varios“ para afrontar novas “circunstancias” que acontecen nos centros educativos galegos, en vez de abordar estas cuestións dun modo global como vén demandando dende hai varios anos con escaso éxito o Grupo Parlamentario Socialista e que ten subliñado con reiteración as novas “casuísticas” que foron aparecendo nas comunidades educativas ao longo dos últimos 20 anos.

Nese contexto asistimos a pequenos conflitos por encargar ao profesorado e ao persoal non docente tarefas que entenden non lles competen.

Observamos situacións non desexadas relacionadas co mal uso das novas tecnoloxías: redes sociais, teléfonos móbiles ou aparatos de gravación.

Vemos certos inconvenientes na xestión das actividades complementarias e extraescolares.

(29)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

E poderíamos seguir enumerando diferentes casuísticas que están a xerar dificultades nos nosos colexios e institutos, segundo comentan equipos directivos, profesorado, estudantes e asociacións de nais e pais.

Hai que dicir que actualmente temos en vigor uns ROC que datan do ano 1996 ( coa excepción dos Centros Integrados de Formación Profesional que contan cun ROC dende 2011), e que eran válidos probablemente para aquel momento, pero as cousas teñen cambiado de maneira importante nos últimos 20 anos.

Os directores e directoras dos centros educativos galegos teñen pedido insistentemente cambios nos regulamentos orgánicos de centros (ROC) actualmente en vigor para adaptalos ás necesidades e aos tempos de hoxe.

A tramitación dunha nova lei educativa era precisamente unha das causas que alegaba no seu día a Consellería para non modificar os ROC vixentes.

O Grupo Parlamentario Socialista considera pois chegado o momento de afrontar ese cambio, e de facelo cun amplo consenso co conxunto da comunidade educativa.

Un ROC adaptado aos tempos actuais e que dea resposta ás necesidades de hoxe.

Un ROC que recolla, en suma, o sentir do conxunto da nosa comunidade educativa.

Por iso, e ante todas as circunstancias que vimos de expoñer, os deputados e a deputada que asinan preguntan:

1ª) Ten pensado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria elaborar un novo Regulamento orgánico de centros adaptado ás necesidades actuais da comunidade educativa?

(30)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

2ª) En caso afirmativo, ten previsto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facelo escoitando o sentir do conxunto da comunidade educativa?

3ª) E finalmente, considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que é aí onde teñen que regularse todas esas “casuísticas” que vimos de enumerar, e que veñen provocando conflitos na comunidade educativa, ou considera polo contrario que hai que seguir facendo “protocolos” a medida que aparecen os problemas e as protestas da comunidade educativa?

Pazo do Parlamento, 20 de maio de 2016

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 23/05/2016 16:51:13 Emilio Vázquez Blanco na data 23/05/2016 16:51:23

(31)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López, Juan Carlos González Santín, José Ramón Val Alonso e Emilio Vázquez Blanco, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª.

Nos últimos días vimos de coñecer que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela, poñerá en marcha de maneira

experimental en nove centros educativos un proxecto de formación e mentoring

denominado PITEA para fomentar o talento nas aulas dos centros educativos de Galicia, e que inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e do desenvolvemento do talento nas aulas, así como accións directas de fomento da creatividade e as ciencias co alumnado.

Sabemos que o nome deste proxecto débese a PITEAS, un navegante, explorador e científico grego do século IV antes de Cristo e a quen se atribúen importantes descubrimentos, pois soubo unir ciencia, esforzo e talento para construír unha nova mirada sobre o mundo que lle rodeaba.

Sabemos tamén que PITEAS é un programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e convenientemente adaptado á realidade educativa, económica e cultural do noso tempo, e que nace precisamente da necesidade de tomar conciencia do papel fundamental que xoga a promoción do talento na evolución das sociedades modernas e de darlle a cada persoa a oportunidade de desenvolver o seu potencial, e contribuír dese xeito a un progreso social baseado na produción científica e creativa.

PITEAS caracterízase, así mesmo, por ter unha dimensión transversal que se inclúe en todas as liñas de actuación: a necesidade de documentar e recoller resultados que evidencian melloras no rendemento académico dos alumnos, os niveis de competencias como a lectoescritura, o razoamento numérico, a coordinación viso-espacial ou mesmo a fluidez verbal...

(32)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

PITEAS busca pois en esencia optimizar o proceso do ensino e, en consecuencia, a aprendizaxe en todos os niveis educativos e que permite dar unha resposta axeitada ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, situacións sociais e identidades culturais de todo o alumnado, favorecendo ao máximo o seu desenvolvemento como persoa, aproveitando o seu potencial e enriquecendo as experiencias compartidas.

O Grupo Parlamentario Socialista comparte sen dúbida a importancia da posta en marcha de proxectos deste calibre, mais o que non pode compartir de ningún xeito é que se poñan en marcha en Galicia proxectos desta natureza ninguneando á provincia de Lugo, cousa que ten sucedido tamén, e temos amplamente denunciado, coa ausencia de oferta do denominado Bacharelato Internacional nas provincias da Galicia interior, neste caso en Lugo e Ourense, dando a impresión de que os galegos e as galegas non temos as mesmas oportunidades segundo o lugar onde decidamos vivir.

Meses atrás, intentamos convencer ao Goberno galego e ao grupo popular da necesidade de implantar o denominado bacharelato internacional de maneira equilibrada nas catro provincias galegas, e non o logramos.

E agora asistimos a unha nova discriminación coa provincia de Lugo, que non podemos nin queremos permitir.

Por iso, e para coñecer a opinión do Goberno de Galicia sobre esta cuestión, os deputados e a deputada que asinan preguntan:

1ª) Contempla o Goberno de Galicia introducir no Programa PITEAS algún centro da provincia de Lugo, de ser a resposta negativa, cales serían as razóns para non facelo?

2ª) Considera o Goberno de Galicia que a provincia de Lugo é de segunda categoría?

(33)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3ª) E finalmente, contempla o Goberno de Galicia a posibilidade de corrixir unha inxustiza histórica e implantar tamén nas provincias de Lugo e Ourense o denominado Bacharelato Internacional?

Pazo do Parlamento, 23 de maio de 2016

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 23/05/2016 16:37:09 María Concepción Burgo López na data 23/05/2016 16:37:20 Juan Carlos González Santín na data 23/05/2016 16:37:24 José Ramón Val Alonso na data 23/05/2016 16:37:35 Emilio Vázquez Blanco na data 23/05/2016 16:37:54

(34)

Á MESA DO PARLAMENTO

O deputado Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado, Ramón Vázquez

Díaz, Xabier Ron Fernández e Juan M. Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA

UNIDA-ANOVA), ao abeiro do artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a

seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

Hai novas que falan da posibilidade da venta das plantas en solo galego de Alcoa ao outro grupo empresarial.

Os propios traballadores teñen preocupación ante a falla de información sobre os movementos feitos pola empresa, que está a sondear dita posibilidade.

Máis de 2000 empregos directos dependen das dúas plantas que ten Alcoa en Galiza e, polo tanto, non se trata dunha cuestión menor.

Por outra banda persiste a mesma situación no marco normativo do sector enerxético que veñen denunciando.

Por todo isto, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte pregunta para a súa resposta en Comisión:

Cál é a información da que dispón o Goberno galego sobre esta situación?

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016.

(35)

Anton Sánchez García na data 24/05/2016 12:44:30

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 24/05/2016 12:44:43 Ramón Vázquez Díaz na data 24/05/2016 12:44:49

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 24/05/2016 12:44:59 Eva Solla Fernández na data 24/05/2016 12:45:04

Referencias

Documento similar