• No se han encontrado resultados

Televisin e radio en Galicia

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "Televisin e radio en Galicia"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

DATOS &

INFORMES

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Web consellodacultura.org

Twitter: @consellocultura

Facebook: facebook.com/consellocultura

Correo:

medios@consellodacultura.org

Telf: +34 981 95 72 02

16/09/2014

Televisión e radio en Galicia

Introdución

Nos últimos anos os xeitos de consumo dos medios de comunicación están a experimentar unha muda significativa, sobre todo polo aumento do uso de internet de forma cotiá. O impacto da rede é diferente no tipo de medio do que se trate. Ademais, as diferenzas demográficas ou socioeconómicas da estrutura poboacional galega tamén inflúen no uso da radio ou a televisión ao igual que variables como a idade, por exemplo.

A televisión experimentou unha evolución considerable nos últimos anos debido aos avances tecnolóxicos coa introdución da TDT, as canles temáticas, a introdución de 3D ou a televisión por internet, por poñer algún exemplo, que fai que o consumo televisivo se manteña ou mesmo se incremente.

O cesamento da televisión analóxica en 2010 produciu un xiro importante na oferta televisiva. En Galicia o proceso de transición da televisión analóxica á televisión dixital levouse a cabo en 2010.

Ao igual que sucede coa televisión, a oferta de radio tamén se ven incrementando nos últimos vinte anos, sobre todo a partir do ano 2000 no que aumentaron considerablemente o número de estacións de radio por internet. Na actualidade a porcentaxe de oíntes de radio en Galicia acada un 61,38%.

A televisión

A TDT supuxo unha oferta moito máis ampla de programación televisiva, o que fixo que mudaran os hábitos da poboación galega con respecto a este medio. En 2014, en execución dunha sentenza do Tribunal Supremo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo procedeu ao corte do sinal de 9 canais. O ano anterior deixara de emitir en Galicia Popular Televisión

(2)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Nº de minutos dedicados a ver a televisión en Galicia

Unidade: Media de minutos diarios por persoas

2009 2010 2011 2012 2013/2014

193 202 207 212 197

Fonte: Elaboración propia a partir de SGAE: Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2013 e Estudio General de Medios (outubro de 2013 a maio de 2014)

Aquí observamos que mentres no ano 2008 o tempo medio dedicado a ver a TV por persoa mantense algo por enriba das 3 horas diarias, en 2012 o tempo diario aumenta 20 minutos diarios para volver baixar no último período de referencia.

A audiencia da televisión en Galicia, ao igual que no conxunto do estado, escolle Tele 5 como cadea máis vista, seguidas da TVG, Antena 3 e La1. As televisións locais e V televisión suman un escaso 1%.

Share da televisión en Galicia (outubro de 2013 a maio de 2014)

Total nacionais 60,3

La1 11,2

La2 1,7

Antena 3 13,5

Tele 5 19,2

Cuatro 6,0

La Sexta 8,6

Total autonómicas 15,2

Autonómicas 14,7

TVG 13,9

TVG2 0,8

Autonómicas 0,5

V Televisión 0,5

Temáticas 23,9

Temáticas pago 3,4

Resto temáticas 20,5

Total locais 0,5

Resto cadeas 0,1

Fonte: Estudio General de Medios

(3)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Evolución do share das principais cadenas de televisión que emiten en Galicia

Fonte: Estudio General de Medios

A partir do anuario da SGAE de 2013, podemos tamén observar o perfil de audiencia da TVG por sexo, idade, clase social e hábitat. Segundo estes datos vemos unha evolución do perfil da audiencia da TVG moi interesante. Observamos que en 2012 aumenta a porcentaxe de mulleres que ve a TVG, que supera o 58%. Outro dato interesante é que aumenta en audiencia o grupo de idade de máis de 65 anos, que supero o 46% do total. A porcentaxe a audiencia infantil e xuvenil é moi reducida. No tocante ao hábitat, o máis significativo é que onde máis audiencia ten a TVG é nas vilas pequenas de menos de 10.000 habitantes.

Outro aspecto que cómpre salientar está relacionado cos contidos televisivos que ofrecen as televisións. Se observamos os datos dunha cadea de televisión pública de ámbito nacional, de tipo xeralista, como pode ser a TVE1 e a comparamos coa cadea de televisión pública galega, obtemos o seguinte reparto das achegas de cada xénero televisivo á audiencia destas cadeas.

Contribución dos xéneros televisivos á audiencia das cadeas en % do seu tempo de programación

2010 2012

TVE1 TVG TVE1 TVG

Información 38,6% 39,6% 35,4% 42,0%

Ficción 35,4% 26,9% 29,6% 16,6%

Cultural 9,6% 7,2% 9,1% 7,8%

Miscelánea 9,7% 9,9% 13,6% 17,9%

0 5 10 15 20 25 30

2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

(4)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Deporte 5,6% 3,1% 10,5% 2,5%

Concurso 0,2% 2,9% 0,2% 3,8%

Musical 0,6% 9,4% 1,1% 8,9%

Infoshow 0,3% 0,5% 0,2% 0,1%

Relixioso 0,0% 0,3% 0,0% 0,4%

Touros 0,1% 0,0% 0,2% 0,0%

Programa venda 0,0% 0,0% 0,0% 0,0%

Outros 0,0% 0,0% 0,1% 0,0%

Fonte: SGAE: Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2013

Os programas informativos son os que máis tempo ocupan na programación da TVG, seguidos dos de ficción, aínda que estes últimos experimentan un descenso importante en 2012 con respecto ao ano 2010, o contrario que acontece cos programas informativos, que superan aos programas deste xénero na TVE1.

Radio

Un 61,38% dos galegos escoita a radio. Aínda que o número de oíntes se sitúa 2 puntos porcentuais por debaixo da media, Galicia con case millón e medio (un 5,9% do total) ocupa a quinta posición respecto ao conxunto de ouvintes das comunidades autónomas que suman máis 25 millóns de oíntes. Á cabeza Andalucía, Cataluña, Madrid e a comunidade valenciana; e pola cola Cantabria, Navarra e A Rioxa. A seguinte táboa amosa os datos descritos.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia respecto ao total España, por comunidades autónomas. De luns a domingo. Período outubro 2013-maio 2014

Poboación

Número total de oíntes

Porcentaxe respecto á poboación

Porcentaxe respecto ao total de oíntes

Total España 39.680.000 25.277.000 63,70 100

Andalucía 7.098.000 4.118.000 58,02 16,29

Cataluña 6.269.000 3.849.000 61,40 15,23

Madrid (Comunidade de) 5.421.000 3.394.000 62,61 13,43

Comunidade Valenciana 4.236.000 2.442.000 57,65 9,66

Galicia 2.442.000 1.499.000 61,38 5,93

Castela e León 2.213.000 1.442.000 65,16 5,7

País Vasco 1.874.000 1.222.000 65,21 4,83

Canarias (Comunidade de) 1.809.000 1.083.000 59,87 4,28

Castela-A Mancha 1.779.000 1.045.000 58,74 4,13

(5)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Aragón 1.153.000 706.000 61,23 2,79

Asturias (Principado de) 951.000 619.000 65,09 2,45

Estremadura 952.000 593.000 62,29 2,35

Baleares (Illas) 944.000 587.000 62,18 2,32

Cantabria 512.000 349.000 68,16 1,38

Navarra (Comunidade Foral

de) 542.000 345.000 63,65 1,36

Rioxa (A) 272.000 168.000 61,76 0,66

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

A variable idade inflúe de xeito notable no índice da audiencia radiofónica; os galegos máis xoves son os menos interesados por este medio. A continuación pódese comprobar que a franxa de idade que menos escoita a radio é a comprendida entre os 14 e os 24 anos. A maior audiencia ven da man dos oíntes de entre 35 e 44 anos.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia segundo idade

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Case o 93% dos oíntes galegos optan pola FM, mentres OM e Radio por Internet están practicamente igualadas; No conxunto estatal a radio ‘on line’ sitúase 1,3 puntos porcentuais por riba da OM.

Audiencia xeral de radio en Galicia, segundo canle. (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

España Porcentaxe Galicia Porcentaxe

Total poboación1 39.680.000 - 2.442.000

-Total radio 25.277.000 - 1.499.000

-Radio OM 1.178.000 4,7 65.000 4,3

Radio FM 23.289.000 92,1 1.392.000 92,9

1

O universo do EGM está constituído pola poboación de 14 ou más anos residentes en fogares unifamiliares

14 a 19 anos 6%

20 a 24 anos 6%

25 a 34 anos 16%

35 a 44 anos 22% 45 a 54 anos

17% 55 a 64 anos

14%

(6)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Radio Internet 1.520.000 6,0 61.000 4,1

Radio TDT 343.000 1,4 21.000 1,4

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Un 95,3% dos galegos que elixen emisoras temáticas fano para escoitar música. As preferencias dos oíntes entre as radios xeneralistas e as temáticas son moi similares na comunidade galega, mentres que no total de España sintonízanse máis as cadeas de carácter temático (case cinco puntos porcentuais por riba de Galicia)

Audiencia xeral de radio en Galicia e España, segundo contido (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)*

España Porcentaxe Galicia Porcentaxe

Total oíntes de radio 25.277.000 - 1.499.000

-Total Xeneralista 11.980.000 47,1 771.000 51,4

Total Temática 15.611.000 61,5 856.000 57,1

Temática musical 14.563.000 57,3 816.000 54,4

Temática informativa 1.295.000 5,0 54.000 3,6

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Coruñeses e pontevedreses suman o 76% da audiencia de radio en Galicia, mentres que entre os ourensáns e os lugueses só acadan o 24% desta. Esta fonda distancia entre as catro provincias galegas, fai entrever que non só se debe ao gusto por escoitar a radio, senón tamén a posibles carencias técnicas ou de infraestruturas nas canles, tanto en Lugo como en Ourense.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia segundo provincia

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Nas dúas táboas seguintes expóñense os datos da audiencia galega por provincias, segundo ou ben polo tipo de frecuencia ou canle que escoitan ou polo contido das emisoras. Así, vese como, por exemplo, os oíntes da Coruña e de Lugo, prefiren escoitar a radio a través de Internet, ou como os pontevedreses son os que menos radio de temática informativa escoitan.

A Coruña 40%

Lugo 12% Ourense

12% Pontevedra

(7)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Audiencia xeral de radio en Galicia por provincias, segundo canle. Promedio diario de luns a domingo. (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

Radio OM Radio FM Radio

Internet Radio TDT

A Coruña 37,8 39,9 46,5 46,2

Lugo 9,6 11,8 16,3 6,7

Ourense 14,2 11,9 8,3 11,7

Pontevedra 38,4 36,4 28,8 35,3

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Audiencia xeral de radio en Galicia por provincias, segundo contido. Promedio diario de luns a domingo. (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

Xeneralista Temática Temática musical

Temática informativa

A Coruña 39,6 41,2 41,3 51,2

Lugo 13,0 10,7 10,3 13,0

Ourense 12,0 11,7 11,7 14,1

Pontevedra 35,3 36,4 36,8 21,7

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Cadena Ser é a emisora líder das cadeas xeneralistas nas ondas galegas. Un 44,4% dos galegos que escoitan de luns a domingo este tipo de emisoras elixen a Ser; séguena Cope, Radio Galega e Onda Cero. Respecto ás emisoras de temática musical, aínda que en primeiro lugar se sitúa Cadena 40, acompáñaa moi de cerca Cadena 100; entre as dúas acadan o 49,4% dos oíntes de música en Galicia, de luns a domingo. Na seguinte táboas amósanse estes datos.

Ránkingde cadeas por tipo de emisión en Galicia. (último período: outubro 2013-maio 2014)

(unidades: milleiros)

Luns a venres Luns a domingo

Total Porcentaxe Total Porcentaxe

Total ouvintes 1.553 63,6 1.499 61,4

Total xeneralista 786 32,2 771 31,6

Ser 349 14,3 342 14,0

Radio Galega 158 6,5 146 6,0

Cope 145 5,9 151 6,2

Onda Cero 124 5,1 110 4,5

RNE 64 2,6 65 2,7

Radio Voz 55 2,3 46 1,9

Total temática 897 36,7 856 35,1

Temática musical 854 35,0 816 33,4

C40 217 8,9 217 8,9

C100 197 8,1 186 7,6

EuropaFM 125 5,1 117 4,8

(8)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Dial 102 4,2 98 4,0

M80 36 1,5 34 1,4

Kiss FM 35 1,4 31 1,3

Rne R3 33 1,4 34 1,4

Radio Galega

Música 19 0,8 15 0,6

Máxima FM 16 0,6 15 0,6

Temática informativa 66 2,7 54 2,2

R5tn 30 1,2 25 1,0

Radio Marca 25 1,0 20 0,8

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Nesta mesma liña, ao enumerar as emisoras máis escoitadas en Galicia aparece en primeiro lugar a Radio Galega seguida de Radio Vigo FM da Cadea SER. Isto débese a que neste índice a Cadea Ser non está incluída como un ‘todo’ senón que vanse incorporando cada unha das frecuencias que esta emisora ten emprazadas polo territorio galego; de aí que a Radio Galega encabece o listado, tal e como se pode observar na seguinte táboa na que se recollen as vinte e unha primeiras emisoras segundo o número de oíntes.

Ránking de emisoras máis escoitadas en Galicia

Emisoras Número de ouvintes Porcentaxe

1 R. Galega Fm Rgal 144.000 5,9

2 R. Vigo Fm Ser 71.000 2,9

3 Vigo Fm C40 56.000 2,3

4 R. Coruña Fm Ser 56.000 2,3

5 R1/RNE Fm Rne1 55.000 2,3

6 R. Pontevedra Fm Ser 49.000 2,0

7 Rias Altas Fm C100 48.000 2,0

8 Generico Rock FM Fm RockFm 48.000 1,9

9 Orense Fm C100 46.000 1,9

10 La Coruña Fm C40 43.000 1,8

11 La Coruña/Ferrol Fm EuropaFM 39.000 1,6

12 Vigo Fm EuropaFM 36.000 1,5

13 Vigo Fm Cdial 36.000 1,5

14 Santiago Fm C100 (O) 33.000 1,4

15 R. Galicia Fm Ser 95.2 31.000 1,3

16 R3/RNE Fm Rne3 30.000 1,2

17 Vigo Fm Kiss FM 30.000 1,2

18 Pontevedra Fm C40 29.000 1,2

19 Pontevedra Fm Ocr (OO) 27.000 1,1

20 Lugo Fm C100 26.000 1,1

21 40 Principales Santiago Fm C40 25.000 1,0

(9)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Magnitudes transversais

En Galicia un 99,7% da poboación dispón no fogar de equipamentos nos que pode ver televisión, a mesma porcentaxe ca no conxunto de España. Os equipamentos de son para escoitar radio están presentes en case todos os fogares. Concretamente no período 2010-2011 un 91,3% da poboación española dispón deste equipamento no seu fogar. No caso de Galicia, esta porcentaxe é algo superior á do conxunto de España (93,3%). Porén este tipo de dispositivos ten una presenza cada vez menor, xa que tanto no conxunto de España como en Galicia a porcentaxe de fogares que dispoñen deste equipamento diminuiu con respecto ao período 2006-2007.

No tocante á evolución de gasto medio por fogar en Galicia no subgrupo de gasto “Outros bens e servizos: soporte a rexistro de son, imaxe e datos”, vemos que se reduciu aproximadamente nun terzo entre 2008 e 2012, ata chegar á cifra de 20,6 millóns de euros. Nesta gráfica obsérvase a evolución do gasto medio por fogar neste concepto en Galicia en comparación co conxunto de España, no que a caída é sensiblemente menor. Este descenso é proporcionalmente maior ao conxunto do gasto de consumo cultural, que no mesmo período supón un -21% en Galicia e un -16% en España.

Gasto medio por fogar (euros) en equipamentos de soporte de rexistro, imaxe e son

Fonte: INE. Encuesta de Presupuestos familiares. Base 2006

No mercado laboral da radio e a televisión entre outubro de 2008 e xuño de 2014 a contratación sube ata finais de 2011, momento a partir do cal descende de forma importante. En calquera caso, é unha rama de actividade que se comporta de modo diferente ao conxunto do emprego. Se entre xaneiro de 2008 e decembro de 2011 o total das afiliacións á seguridade social descenderon un 10,6% en Galicia, no sector da radio e a televisión o emprego creceu un

0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50

2008 2009 2010 2011 2012

(10)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

15%. En cambio, dende esa data ata xuño de 2014, o descenso das afiliacións neste sector é moi superior ao do conxunto do mercado laboral. Porén, en conxunto, o sector perde menos afiliacións (-7,6%) que o total de empregados (-14,1%) en todo o período estudado.

Evolución da afiliación mensual de traballadores á SS na rama 60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social

A maioría dos empregados no sector son traballadores por conta allea concentrados na provincia da Coruña (81%).

Ao fío da ocupación laboral, pasamos a analizar o marco empresarial deste ámbito. Entre 2009 e 2013 pecharon 7 empresas dedicadas á radiodifusión e unha a actividades de programación y emisión de televisión en Galicia. Esta tendencia é semellante en España no referido á radio e bastante mellor no que respecta á televisión.

Empresas de Actividades de programación y emisión de radio y televisión

2009 2010 2011 2012 2013

España

Actividades de radiodifusión 1.235 1.138 1.137 1.140 1.076

Actividades de programación y emisión de televisión 1.153 955 938 882 885

1300 1350 1400 1450 1500 1550 1600 1650 1700 1750 1800

(11)

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

Galicia

Actividades de radiodifusión 46 36 37 39 39

Actividades de programación y emisión de televisión 43 38 37 37 42

Fonte: INE. Directorio Central de Empresas

O 69% das empresas de radiodifusión son pequenas (0 a 5 asalariados). Algo semellante ao que sucede coas empresas de televisión, nas que 6 de cada 10 teñen este tamaño.

Conclusións

O 96,6% da poboación galega ve televisión. A media é de máis de tres horas diarias por persoa. A audiencia da televisión en Galicia, ao igual que no conxunto do estado, escolle Tele 5 como cadea máis vista, seguidas da TVG, Antena 3 e La1. As televisións locais e V televisión suman un escaso 1%.

A nosa comunidade autónoma, con case millón e medio de oíntes de radio, un 61,4% da súa poboación, ocupa a quinta posición (cun 5,9% do total nacional) respecto ao conxunto de ouvintes das comunidades autónomas. A maior audiencia ven da man dos oíntes de entre 35 e 44 anos. Coruñeses e pontevedreses suman o 76% da audiencia de radio en Galicia.

Malia que hai unha televisión e unha radio en practicamente todos os fogares de Galicia, o gasto neste tipo de soportes tende á baixa, chegando aos 20,6 millóns de euros en 2012.

Referencias

Documento similar

a) na última década produciuse un significativo achegamento á media comunitaria como consecuencia tanto do aumento experimentado en Galicia coma do recha- mante estancamento

ensinanzas de 1.º e 2.º ciclo Licenciado en Belas Artes Licenciado en Filoloxía Alemá Licenciado en Filoloxía Árabe * Licenciado en Filoloxía catalá * Licenciado en

Pero na poboación ga- lega fixéronse efectivos antes que na española os síntomas do avellentamento de- mográfico, notorios sobre todo a partir das décadas centrais do século XX

Como unha iniciativa do Programa A Ponte no Campus de Lugo, e tendo en conta o grave problema dos incendios ferestais en Galicia, que ao comezar o curso 2017/18 tiveron unha

Su chófer vendrá más tarde a recogerlo para llevarlo al siguiente alojamiento. • Comida por cuenta propia (Pasarás por numerosos bares y restaurantes en diversos pueblos que

Este curso conta co cofinanciamento do Concello de Ribeira, do Grupo LoMonaco, da Asociación Española de Psicología Conductual (AEPC), do Consello Oficial de Psicoloxía de Galicia,

Polo que respecta á parte cualitativa do estudo (táboa 1), preténdese identificar os factores clave do colectivo LGTB e da modalidade de turismo obxecto de estu- do, que doutro

A Universidade de Santiago de Compostela un ano máis achégase ao Ensino Medio de Galicia a través do seu pro- grama estratéxico “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, que