• No se han encontrado resultados

Coord. x: Coord. y:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Coord. x: Coord. y:"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  008  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro 2.  LOCALIZACIÓN    

 Nome:   CASTRO DE PALIO DE RIBA

 Topónimo:   O Castro  Provincia:   Pontevedra  Concello:   Lalín

 Parroquia:   Rodís (San Xulián)  Lugar:   Palio de Riba CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)  

 UTM:  Fuso  29   Coord.  x:     573.487 Latitude:   42° 45' 27,896" N Coord.  y:     4.734.305 Lonxitude:   8° 6' 6,945" O  

 Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   122 - 22 Esc.  1/5.000:   0122A-0304 (malla anterior: 0122 4-3) ACCESOS  

Dende Lalín tómase a estrada que conduce a Vila de Cruces (PO-206). Á altura do núcleo de Espiñeira tómase, á man dereita, a estrada que conduce a Cercio (a EP-6007). Pasado o núcleo de Cercio, chégase a un cruce que hai que rebasar. Pasados 425 m. chégase a Palio de Arriba. Unha vez rebasadas as dúas primeiras construccións do pobo tómase un camiño de terra (en dirección oeste) durante uns 125 m., e logo torna cara ó NNE. A uns 325 m. a través de leiras atópase o castro.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO    Altitude:     487 m.s.n.m.

 Emprazamento  topográfico:   Emprázase no extremo dunha lomba de orientación SW-NE, preto dun punto onde conflúen dúas ramificacións do regos de Teixugueiras.  Utilización  do  entorno:    

Cara o oeste e norte hai un bosque autóctono ben conservado. Ó sur e ó leste está bordeado por terras de cultivo. O núcleo de Palio de Riba ubícase a uns 400 m. cara ó sueste.

(2)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN    Vexetación  

A croa está colonizada por unha densa vexetación de silvas, xestas, carballo e castaño. O recinto que se dispón ó suroeste da croa está destinado na súa meirande parte a pradaría, e nos bordes, coincidindo co terraplén, aparece unha vexetación de silva, fento e algún carballo.

 Descrición  das  alteracións:  

Escavacións no afloramento xistoso e nos térreos do entorno. O antecastro está moi alterado polos traballos agrícolas. En outubro do 2000 foi obxecto dunha aradura e a escavación furtiva por parte de buscadores de tesouros, en complicidade cun propietario co fin de buscar obxectos de ouro. Esta acción rematou nos tribunais con sentencia condenatoria (Presas 2008: 127).

 Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:  X   Regular:       Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:        Causas  de  alteración:  

Actividades agrícolas e escavacións furtivas.

 Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:      Protección  física:    

 Intervención  arqueolóxica:    

 Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X 5.  MATERIAIS  

Descrición:    

A. Presas (2008: 127) cita a aparición de cerámica durante as labores agrícolas. Nos anos 60 do pasado século César Gómez fala da aparición dunha pedra de granito de forma cadrada e uns 25 cm. de lado con círculos concéntricos nunha das caras. En escavacións furtivas do 2000 atopáronse moedas, cerámicas, restos dunha posible lareira e obxectos de pedra.

 Procedencia   Achado  casual:   X Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X  Lugar  actual  do  depósito:    Na  referencia  de  A.  Presas  non  se  cita  lugar  de  depósito.  

-­‐  Museo  ou  colección  pública:   -­‐  Museo  ou  colección  privada:  

(3)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

O castro ten un recinto principal de planta ovalada irregular cun eixo maior de orientación NE-SO, que mide uns 115 m. no exterior e uns 75 no interior. O seu eixo menor ten unhas dimensións no seu punto mais ancho (na zona central) duns 85 m. ó interior e uns 60 m. ó interior. O recinto está defendido en todo o seu contorno por un terraplén que presenta menor caída na zona sureste, a mais afectada polo laboreo agrícola. As súas defensas no resto do perímetro son impoñentes polo forte desnivel, cunha caída máxima duns 6 m. Segundo o plano topográfico e o Modelo Dixital do Terreo (extraído dos datos LIDAR) vense tamén o que poderían ser restos dun foxo na zona NE, defendido por un parapeto exterior, mais a densidade da vexetación neste punto dificulta a súa determinación.

A croa no seu marxe leste, aparece defendida por un parapeto aparentemente de terra que se estende ao longo duns 30 metros cunha anchura de 2 m. O desnivel cara ó interior e de 1 m. e 2 m. polo exterior. A entrada sitúase no sur-suroeste e ven marcada por unha interrupción do terraplén. Na zona NNO aparecen restos dun foxo aínda que a a densa vexetación neste punto dificulta a súa inspección.

Cara ó suroeste da croa hai outro recinto ou antecastro, ben definido no S e SO pero que non se observa nos laterais. No limite oriental desapareceu como consecuencia do intenso traballo agrícola dos terreos, e o occidental polo acondicionamento do camiño de acceso ás fincas. Este recinto, que conserva uns 60 m. lineais no eixo NO-SE, aparece defendido por un terraplén, cunha caída de 2 m. ó exterior, e un parapeto no extremo oeste.

(4)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

(5)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

9.  FOLKLORE  

Un informante local sabía da existencia de lendas pero non lembraba ningunha (Redactores da fichas). “estaba habitado polos mouros que deixaron alí moitas cousas entre elas un camiño”.

“Hai encantamentos e ouro” ( Buxán 1989: 33).

“Neste castro estiveron os mouros e tiveron un pasadizo subterráneo, unha especie de túnel, para levar a beber aos cabalos a unha fonte que hai pola parte de abaixo do recinto. Nesta fonte nace un regato que vai as Teixugueiras, un terreo con moita pendente, cercano ao río Arnego” (Presas 2008: 126).

“Por debaixo do castro había un túnel pero non se sabe moi ben a onde ía a dar” (Presas 2008: 126). Nos arredores do castro tense visto unha galiña con pitos. Quen puidera collelos faríase rico, porque se convertirían en ouro” (Presas 2008: 126).

“Dise que, en ocasións, saía polo túnel do castro un touro moi bravo e non había quen lle poidera botar a man. Aquel que o puidera coutar faríase cunha fortura, porque o touro levaríao ao interior do castro e alí atoparía de todo” (Recollido por Presas García en 2006; Presas 2008: 126) .

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X Non  axeitado:      Estado  de  conservación  actual:  

O yacemento conserva a croa e parte do antecastro.

 Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Habería que avaliar se as escavacións furtivas deixaron á luz restos de estructuras arqueolóxicas.

 Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Bo exemplo de castro de dous recintos emprazado na ruptura de pendente en extremo de lomba.

 Perceptibilidade  das  estructuras:  

Tanto os terraplén como o parapeto son visible. A visualización do castro non é boa aínda que ten unha posición dominante sobre a contorna. A densa vexetación boscosa reduce a visibilidade.

 Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

Acceso en coche ou bús ata Palio de Arriba, pero con dificultades de estacionamento, en especial para autocares. Entre o núcleo e o xacemento hai uns 300 m. que hai que percorrer por un camiño de terra que se embarra coa chuvia. É un paseo moi agradable para desfrutar da paisaxe agrícola da zona. Non hai servicios cerca.  

(6)

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

 Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Tanto polo emprazamento como pola características constructivas é un bo exemplo da arquitectura e paisaxe castrexa do Deza. Nas proximidades (aínda que non se pode ir a pé) está o núcleo de Cercio no que existen elementos de interese do patrimonio construído.  

 Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Limpeza de vexetación. Habería que avaliar o estado da croa, especialmente nos puntos que foron obxecto de escavacións furtivas, pois podería ser necesaria a consolidación dos restos. Sinalización mínima do acceso.  

 Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

Igrexa de Santiago de Cercio cunha interesante espadana barroca. A Casa de Montouto tamén en Cercio, casa señorial cun impoñente arco de entrada que parece de época moderna. Tamén a igrexa da Santa Baia a uns 350 m. do Castro, que podería ter elementos prerrománicos (César Gómez, citado en Presas 2008: 128-29).

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 33.

CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,universidade de Santiago de Compostela.

(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs: 142, 156, 324, 325.

EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-42 do PGOU de Lalín”.

FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 127.

GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de

Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 48-49.

MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos

Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia.

PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. Informante(s):  

Redactor(es):   Santiago Ferrer Sierra e Mar López Cordeiro Lugar  e  data:    

Lalín, 20 de novembro de 2012

 

(7)

GA36024008. CASTRO DE PALIO DE RIBA (Palio de Riba, San Xulián de Rodís)

IMG_6683. Antecastro.

(8)

IMG_6680. Terraplén en zona SSO, preto da zona da entrada.

(9)

Referencias

Documento similar

Recibidas as queixas e suxestións na dependencia afectada, esta, no prazo de vinte días e logo das aclaracións que considere oportuno recadar do cidadán, informará a este

Tema 3.- Antoloxía de textos poéticos representativos (selección do profesor sobre autores do período).. Antoloxía de textos poéticos (selección do profesor sobre autores

Los resultados obtenidos sobre los contenidos y recursos exhibidos por los enclaves de candidatos y partidos podrían estarnos indicando el riesgo de que dichos cibersitios

un culto auditorio; ó al astuto criado, siempre con las ludes sabidas de fidelidad y ciega adhesión :i sus amos, validos de la costumbre no verosímil, pero puesta

Otro acuerdo capitular palentino de 1627 re- coge la dotación hecha por don Miguel San- tos de San Pedro, obispo de Solsona y anti- guo canónigo de la catedral, deseando “que

23 Aqui, entre aspas, para não deixar de registrar nossa repulsa ao “essencialismo”.. Ao contrário, para os que se inserem no universo dialético, a liberdade começa a

Autor: AGUILERA PORTALES, Rafael Enrique (Coord.) Título: “La democracia en el Estado Constitucional”. Editorial: México

• As notas ao pé diferénciase do texto principal polo tamaño da letra, como xa dixemos, mais tamén poderemos inserir unha liña na súa parte superior que divida a zona da nota ao