• No se han encontrado resultados

B OLETÍN DO CEDE DA USC

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "B OLETÍN DO CEDE DA USC"

Copied!
13
0
0

Texto completo

(1)

B OLETÍN DO CEDE DA USC

ISSN 1989-1369 2019 • Volume 11 (novembro)

C ONTIDOS

Actualidade 2

Oportunidades 5

Prácticas remuneradas 5

Ofertas de emprego 5

Financiamento 7

Sentenzas, autos e ditames do TXUE 8

Actos xurídicos 9

Participación dos cidadáns 11

Consultas públicas aos cidadáns 11

Suxestións bibliográficas 12

Obras dispoñibles na biblioteca da USC 12

Outras obras 13

Para recibir o anuncio de cada novo Boletín do CEDE por correo electrónico, subscríbase á lista de distribución.

(2)

A CTUALIDADE Comisión

Despois de rexeitar varias das persoas propostas inicialmente polos estados membros, e aínda que o Reino Unido se negase a propor ningunha, o Parlamento da UE deu o seu visto e prace á Comi- sión presidida pola conservadora alemá Ursula von der Leyen por 461 votos a favor, 157 contra e 89 abstencións, para un total de 707 votos emitidos. O novo executivo comunitario conta co apoio dos tres grandes grupos políticos da eurocámara e do gabinete proposto (populares, socialde- mócratas e liberais). A pesar das promesas de Von der Leyen a este respecto, a nova Comisión, que comezará a traballar no 1 de decembro, non ten unha composición paritaria: está integrada por doce mulleres —contando a presidenta— e quince homes. Cada integrante representa un esta- do membro. Como non hai representación británica, permanecen as dúbidas legais e hai un risco real de que as decisións da Comisión sexan impugnadas perante o Tribunal de Xustiza comunita- rio.

Comunicado de prensa da eurocámara.

Máis información sobre a composición da nova Comisión no EUobserver (en inglés) e sobre as dúbidas legais ao seu redor no El Mundo.

Clima

O Parlamento da UE declarou, nunha resolución aprobada con 429 votos a favor, 225 contra (de representantes conservadores e de extrema dereita) e 19 abstencións, unha emerxencia climática e ambiental. En véspersas da Conferencia da ONU sobre o Clima, o parlamento comunitario ped- iu que a UE se compromese a atinxir a neutralidade de emisións de gases de o máis tardar en 2050. Para iso, a Comisión debe garantir que todas as súas propostas respecten o obxectivo de re- ducir o aumento da temperatura global en 1,5 ºC, e débense reducir as emisións nos sectores ma- rítimo e da aviación.

Comunicado de prensa do Parlamento Europeo.

Máis información no The Guardian (en inglés) e no El País.

Fraude dos fondos agrícolas

Segundo revelou unha investigación do xornal estadounidense The New York Times, estase a fa- cer unha unha utilización fraudulenta dos fondos da política agrícola comunitaria, particularmen- te nos estados de Europa do leste. Como resultado, o diñeiro das axudas tende a acabar nas mans das elites afíns aos gobernos deses estados. Segundo fontes comunitarias, o problema non é que se estean a incumprir as normas da UE, senón que as normas son insuficientes para previr este tipo de abusos.

Máis información no The New York Times (en inglés).

Reino Unido

A Comisión iniciou un procedemento por infracción contra o Reino Unido por este se negar a cumprir as súas obrigacións legais na UE propondo unha persoa para a nova Comisión. • Entre tanto, o partido político para o brexit, liderado por Nigel Farage, non se presentará ás eleccións

(3)

xerais que terán lugar no 12 de decembro naquelas circunscricións en que puider prexudicar os conservadores, os cales se comprometeron a aplicar o máis axiña posible o acordo que o actual primeiro ministro, Boris Johnson, atinxiu coa UE; os laboristas, cuxo líder, Jeremy Corbyn, decla- rou a súa neutralidade a respecto do brexit, queren outro referendo para que os cidadáns escollan entre un novo acordo negociado coa UE e a permanencia no bloque comunitario; os liberais de- mócratas avogan por ficar na UE.

Comunicado de prensa da Comisión (en inglés) sobre o procedemento por infracción contra o Reino Unido.

Máis información sobre o procedemento por infracción contra o Reino Unido no The Guardian e no Politico (en inglés).

Máis información sobre a posición de Nigel Farage no Euractiv e sobre a posición dos outros partidos na BBC.

Orzamento comunitario

O comisario responsable do orzamento da UE, Günther Oettinger, recoñeceu que os líderes comu- nitarios non chegarían en 2019 a un acordo sobre o orzamento para o período 2021-2027. Segun- do afirmou. Os estados membros continúan divididos a respecto da proposta presentada pola Comisión: algúns estados reclaman un orzamento máis reducido se tiver lugar a saída do Reino Unido (o chamado brexit), outros reclaman manter o gasto en cohesión e mesmo incrementar o orzamento, en canto a maioría teme, finalmente, a redución dos fondos agrícolas.

Máis información sobre as desavinzas sobre o orzamento e sobre as diferentes posicións no Politico (en inglés).

Gasto público e débeda

No seu primeiro discurso como nova presidenta do Banco Central Europeo, a francesa Christine Lagarde pediu un maior investimento público e un impulso ao crecemento e á innovación. • A Co- misión Europa instou os Países Baixos e a Alemaña a destinar máis diñeiro nos seus orzamentos a estimular o crecemento e reverter a ralentización das súas economías e evitar un impacto negativo na eurozona en xeral. Así mesmo, a Comisión pediu a Bélxica, España, Italia e España que reduci - sen as súas débedas.

Máis información sobre o discurso de Lagarde no The Guardian (en inglés).

Máis información sobre a petición da Comisión na Politico.

Opinión sobre o impacto da economía alemá na comunitaria no The Guardian (en inglés).

Asilo, refuxio e inmigración

O Comisario para os dereitos humanos do Consello de Europa (organización allea á UE), criticou tanto a pasividade dos estados comunitarios perante a situación humanitaria das persoas que ten- tan entrar neles como a incapacidade dos 28 gobernos para atinxiren un acordo sobre como tratar estas persoas. O comisario cualificou como «desesperada» e «explosiva» a situación nos campos en territorio grego, entre eles o de Moira, deseñado para 3.000 persoas e que na actualidade aloxa 15.000. • Entre tanto, o goberno grego anunciou, após comprobar o aumento de chegadas de es- tranxeiros, e a pesar das críticas da ONU, un endurecemento das normas de asilo. • Todos os esta- dos comunitarios deberían sumarse ao acuerdo para a distribución de persoas estranxeiras

(4)

asinado por Italia, Malta, Francia e Alemaña, afirmaron o primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, e a súa homóloga alemá, Angela Merkel.

Máis información sobre os refuxiados no The New York Times e na BBC (en inglés).

Máis información sobre as normas de asilo gregras no Politico (en inglés).

Máis información sobre as declaracións de Conte e Merkel no Euractiv.

Turquía

Os ministros de relacións exteriores dos estados membros aprobaron no Consello da UE un cadro xurídico que lles permitirá adoptar sancións contra Turquía polas prospeccións de hidrocarburos

«non autorizadas» no Mediterráneo oriental, en augas próximas á illa de Chipre. As sancións con- sistirán na prohibición de viaxar á UE e a inmobilización de benes, tanto para persoas como para entidades. Alén diso, as personas e as entidades da UE terán prohibido pór fondos ao dispor da- quelas que figuraren na lista. • Pola súa parte, o goberno turco ameaza con enviar as persoas inte- grantes do da organización terrorista Daesh aos seus países de orixe, acusando os gobernos europeos de «irresponsables» por non se ocupar dos seus cidadáns.

Máis información sobre as sancións a Turquía no Politico (en inglés) e no Euractiv.

Máis información sobre a aameaza turca no Politico (en inglés).

América do sur

A UE aprobou prorrogar as sancións en vigor contra Venezuela por outro ano, en resposta á crise política, económica, social e humanitaria que vive o país. • O Parlamento da UE aprobou unha re- solución resumindo as conclusións dun debate sobre a situación en Bolivia após a renuncia dun presidente, Evo Morales, presionado polos militares e polas protestas na rúa. A eurocámara ins- tou todas as partes en Bolivia a mostrar «contención» e «responsabilidade» para que o país teña o antes posible novas eleccións pacíficas.

Máis información sobre as sancións a Venezuela no Euractiv.

Máis información sobre Bolivia no Euractiv.

Comunicado de prensa do Parlamento da UE.

Irán

Os ministros de relacións exteriores dos estados membros abordaron no Consello da UE maneira de se coordinaren perante a inminente publicación do último relatorio do Organismo Internacio- nal da Enexía Atómica (OIEA) sobre o cumprimento por Irán do acordo en virtude do cal renun- ciou ás armas nucleares e cuxa continuidade se ve agora ameazada. A UE, gran defensora dese pacto, constatou que a decisión de Irán de retomar o enriquecimiento de uranio «é un motivo de gran preocupación», segundo afirmou a alta representante da UE para a política exterior, Federi- ca Mogherini. • En resposta ás protestas dos cidadáns iraníes polo aumento do prezo do combus- tible e da reacción do goberno islamista, coa morte ducias de persoas, a UE emitiu un comunicado en que pediu ao goberno iraní contención no uso da forza.

Máis información sobre a posición da UE en relación á enerxía nuclear iraní no Euractiv.

Máis información sobre o encarecemento do combustible en Irán e sobre o comunicado da UE no Politico (en inglés).

(5)

O PORTUNIDADES

Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes.

Prácticas remuneradas

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando «traineeship» e «trainee») (en in- glés). Varios prazos.

• Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Banco Central Europeo (en inglés). Varios prazos.

• Mecanismo Europeo de Estabilidade (en inglés). Prazo até 1 de decembro.

• Organismo de Reguladores Europeos para as Comunicacións Electrónicas (en inglés). Varios prazos.

• Instituto Universitario Europeo de Florencia (en inglés). Varios prazos.

• Centro da UE para a Prevención e Control de Doenzas (en inglés). Prazo até 8 de decembro.

• Servizo Europeo de Policía (en inglés). Prazo até 8 de decembro.

• Axencia Europea da Seguranza Marítima (en inglés). Prazo até 19 de decembro.

• Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (en inglés). Prazo até 20 de decembro.

• Comité das Rexións (en inglés). Prazo até 31 de marzo.

• Axencia do GNSS Europeo (en inglés). Prazo até 30 de xunio de 2020.

• Axencia Ferroviaria Europea (en inglés). Prazo até 31 de maio de 2020.

• Axencia da UE para a Seguranza das Redes e da Información (en inglés). Prazo até 18 de xunio de 2020.

Ofertas de emprego

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección «Job vacancies», en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos.

(6)

• Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axencias da UE. Varios prazos.

• Banco Central Europeo (en inglés). Varios prazos.

• Banco Europeo de Investimento e Fondo Europeo de Investimento (en inglés). Varios prazos.

• Axencia Europea de Xestión da Cooperación Operacional nas Fronteiras Externas (en inglés).

Varios prazos.

• Servizo Europeo de Apoio ao Asilo (en inglés). Varios prazos.

• Comité Único de Resolución (en inglés). Varios prazos.

• Axencia Executiva para a Innovación e as Redes (en inglés). Varios prazos.

• Autoridade Europea dos Seguros e Pensións de Xubilación (en inglés). Prazo até 1 de decembro

• Organismo de Reguladores Europeos para as Comunicacións Electrónicas (en inglés). Prazo até 2 de decembro.

• Axencia Europea para a Seguranza da Aviación (en inglés). Prazo até 2 de decembro.

• Centro da UE para a Prevención e Control de Doenzas (en inglés). Prazo até 2 de decembro.

• Axencia Europea dos Medicamentos (en inglés). Prazo até 4 de decembro.

• Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (en inglés). Prazo até 13 de decembro.

• Empresa común para o ITER e o desenvolvemento da enerxía de fusión (en inglés). Prazo até 16 de decembro.

• Axencia Europea de Defensa (en inglés). Prazo até 17 de decembro.

• Axencia Ambiental Europea (en inglés). Prazo até 18 de decembro.

• Centro de Satélites da UE (en inglés). Prazo até 3 de xaneiro de 2020.

• Servizo Europeo de Acción Exterior (en inglés). Prazo até 13 de decembro.

• Autoridade Bancaria Europea (en inglés). Prazo até 13 de decembro.

• Axencia Europea das Substancias Químicas (en inglés). Prazo até 16 de decembro.

• Servizo Europeo de Policía (en inglés). Prazo até 16 de decembro.

• Fundación Europea para a Formación (en inglés). Prazo até 16 de decembro

(7)

Financiamento

Agricultura

• Accións de información no ámbito da política agrícola común para 2020. Prazo até 21 enero 2020.

Asuntos sociais

• Convocatoria de propostas Corpo Europeo de Solidariedade 2020. Prazo até 5 de febreiro de 2020.

Educación

• Programa Erasmus+: Convocatoria de propostas 2020. Prazo até 5 de febreiro de 2020.

(8)

S ENTENZAS , AUTOS E DITAMES DO TXUE

Selección das sentenzas, autos e ditames considerados máis relevantes.

Transporte en tren

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-349/18 a C-351/18, resolveu que cando un pasaxeiro entra nun tren sen adquirir billete, conclúe un contrato co transportador. É ese o caso cando o acceso ao tren é libre.

Resumo da sentenza.

Impacto ambiental

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto acumulado C-280/18, resolveu que cando non se permite ao público participar efectivamente na avaliación de impacto ambiental dun proxecto, non se lle pode opor un prazo de recurso contra a resolución de autorización do proxecto. É ese o caso can- do un procedemento de avaliación se organiza polo esencial nunha illa situada a 55 millas ma- riñas do lugar en que está situado o proxecto.

Resumo da sentenza.

Alimentos israelitas

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto acumulado C-363/18, resolveu que os xéneros alimenti- cios orixinarios dos territorios ocupados polo estado de Israel deben conter a indicación do seu te- rritorio de orixe, acompañada, se proveñen dun asentamento israelita situado nese territorio, da indicación desa proveniencia.

Resumo da sentenza.

Tribunal Supremo polaco

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-585/18, C-624/18 e C-625/18, resolveu que órgano xurisdicional de reenvío debe verificar a independencia da nova Sección Disciplinar do Tribunal Supremo polaco, a fin de determinar se esa instancia pode coñecer dos litixios relati- vos á xubilación forzosa dos xuíces do Tribunal Supremo ou se tales litixios deben ser estudados por outro órgano xurisdicional que corresponda a esa exixencia de independencia.

Resumo da sentenza.

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-192/18, resolveu que as regras polacas relativas a idade de xubilación dos maxistrados xudiciais e dos fiscais adoptadas en xullo de 2017 son contrarias ao dereito.

Centros de acollemento

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto acumulado C-233/18, resolveu que un solicitante de protec- ción internacional culpable dun incumprimento grave do regulamento do centro de acollemento no cal é acollido ou dun comportamento violento grave non pode ser sancionado coa retirada do benefi- cio das condicións materiais de acollemento relativas ao aloxamento, á alimentación ou ao vestiario.

Resumo da sentenza.

(9)

A CTOS XURÍDICOS

Selección dos actos considerados máis relevantes.

• Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informaren sobre infraccións do dereito da UE.

• Directiva (UE) 2019/1936 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, por que se modifica a directiva 2008/96/CE sobre xestión da seguranza das infraestruturas viarias.

• Regulamento (UE) 2019/1838 do Consello de 30 de outubro de 2019 por que se establecen, para 2020, as posibilidades de pesca de determinadas poboacións e grupos de poboacións de peixes no mar Báltico e por que se modifica o Regulamento (UE) 2019/124 a respecto de determinadas posibilidades de pesca noutras augas.

• Regulamento (UE) 2019/1858 da Comisión de 6 de novembro de 2019 sobre os produtos cosméticos. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Regulamento (UE) 2019/1857 da Comisión de 6 de novembro de 2019 sobre os produtos cosméticos. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Decisión (UE) 2019/1862 da Comisión de 6 de novembro de 2019 por que se establecen normas internas relativas á comunicación de información aos interesados e ás limitaciones dalgúns dos seus dereitos no contexto do tratamento de datos persoais pola Comisión no sistema da UE para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

• Regulamento (UE) 2019/1910 da Comisión de 7 de novembro de 2019 relativo a estatísticas comunitarias da sociedade da información, para o ano de referencia 2020. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Decisión (UE) 2019/1875 do Consello, de 8 de novembro de 2019, relativa á celebración do Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e a República de Singapur.

• Información relativa á data de entrada en vigor do Acordo de Libre Comercio entre a UE e a República de Singapur.

• Regulamento de Execución (UE) 2019/1882 da Comisión de 8 de novembro de 2019 por que se inician procedementos de licitación en relación co montante da axuda para o almacenamento privado de aceite de oliva.

• Decisión (UE) 2019/1908 do Consello de 8 de novembro de 2019 relativa á posición que debe adoptarse, en nome da UE, no Consello do Comercio de Mercadorías da Organización Mundial do Comercio, a respecto do Regulamento do Comité de Facilitación do Comercio.

• Regulamento (UE) 2019/1890 do Consello de 11 de novembro de 2019 relativo á adopción de medidas restritivas tendo en conta as actividades de perforación non autorizadas de Turquía no Mediterráneo oriental.

(10)

• Decisión (PESC) 2019/1894 do Consello de 11 de novembro de 2019 relativa á adopción de medidas restritivas tendo en conta as actividades de perforación non autorizadas de Turquía no Mediterráneo oriental.

• Regulamento (UE) 2019/1896 do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de novembro de 2019, sobre a Garda Europea de Fronteiras e Costas.

• Decisión (UE) 2019/1925 do Consello de 14 de novembro de 2019 relativa á sinatura en nome da UE e á aplicación provisoria do Protocolo de aplicación do Acordo de colaboración de pesca sustentable entre a UE e a República do Senegal.

• Regulamento (UE) 2019/1926 do Consello de 14 de novembro de 2019 sobre a distribución das posibilidades de pesca en virtude do Protocolo de aplicación do Acordo de colaboración de pesca sustentable entre a UE e a República do Senegal.

• Protocolo de aplicación do Acordo de Colaboración de pesca sustentable entre a UE e a República do Senegal.

• Regulamento de Execución (UE) 2019/1927 da Comisión de 19 de novembro de 2019 relativo ás excepciones a ás normas sobre produtos orixinarios establecidas no Acordo de Libre Comercio entre a UE e a República de Singapur que se aplican dentro dos límites dos continxentes anuais de determinados produtos procedentes de Singapur.

(11)

P ARTICIPACIÓN DOS CIDADÁNS

Iniciativas e consultas abertas recentemente.

Máis información sobre as posibilidades de participación cidadá na UE.

Consultas públicas aos cidadáns

Saúde

• Réximes de calidade alimentaria. Prazo até 27 de xaneiro de 2020.

• Etiquetaxe de alérxenos. Prazo até 4 de febreiro de 2020.

Transportes

• Aviación: regras comunitarias de notificación de incidentes de seguranza. Prazo até 30 de xa- neiro de 2020.

• Rede comunitaria de transporte ferroviario de emrcadorías. Prazo até 3 de febreiro de 2020.

Asuntos sociais

• Estratexia comunitaria sobre as drogas. Prazo até 4 de febreiro de 2020.

• Apoio do Fondo Social Europeo á educación. Prazo até 24 de febreiro de 2020.

Economía e empresa

• Regras de concorrencia da UE sobre acordos competition rules on horizontal agreements between companies – evaluation. Prazo até 12 de febreiro de 2020.

(12)

S UXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Obras dispoñibles na biblioteca da USC

Rodríguez Mateos, Pilar, Pilar Jiménez Blanco, e Angel Espiniella Menéndez. 2017. Régimen jurídico de os extranjeros e de os ciudadanos da UE. Cizur Menor: Thomson Reuters Aranzadi.

A presente obra estrutúrase en doce capítulos que atenden a diferentes aspectos do réxime das persoas non nacionais en España. Defínese a situación de estranxeiría, identificando a persoa extranxeira e discriminando as diferentes realidades de estranxeiría e da cidadanía da UE.

Preséntase o réxime xeral de entrada, saída e permanencia —regular e irregular— das persoas estranxeiras en España no contexto do sistema Schengen. Estúdanse as garantías xurídicas dos estranxeiros —incluíndo os procedementos administrativos de estranxeiría e a situación dos CIES— e o réxime sancionador. Finalmente, abórdase o procedemento de nacionalización.

Donofrio, Andrea. 2018. Érase una vez o eurocomunismo: as razones de un fracaso. Madrid:

Tecnos.

Este libro sobre o eurocomunismo no é só unha análise do proxecto e unha reflexión sobre os seus protagonistas, senón tamén un estudo da relación entre ambos e o contexto internacional.

Defende que as estratexias e as actuacións do Partido Comunista Italiano, o Partido Comunista Francés e o Partido Comunista Español só se comprenden no cadro do contexto internacional dos anos setenta e das políticas adoptadas polo resto dos partidos políticos. O albo non é facer un xuízo de valor sobre un acontecemento histórico, senón unha reflexión ponderada a fin de fomentar un necesario debate sobre as ideas expostas.

Becker, Peter, Chris Loynes, Barbara Humberstone, e Jochem Schirp, eds. 2018. The Changing World of Outdoor Learning in Europe. Londres e Nova Iorque: Routledge.

Esta obra aborda as mudanzas económicas e políticas ocorridas na cultura das actividades ao ar libre nas últimas dúas décadas, e faino adoptando múltiplas perspectivas: a institucional, a estatal e a educativa, entre outras. Os autores, tanto europeos como de fóra de Europa, explican a natureza, función e organización da educación ao ar libre en Europa. Alén diso, estúdase como a educación ao ar libre se transformou nun campo cada vez máis global en que as prácticas máis asentadas e influentes foron introducidas en estados para mellorar a súa modernización e democratización.

(13)

Outras obras

Weishaar, Stefan E., Niels Philipsen e Wenming Xu. 2017. Regulatory Reform in China and the EU: A Law and Economics Perspective. Cheltenham: Edward Elgar.

A experiencia en Europa pode influír de modo significativo nas reformas económicas que o goberno chinés quere introducir. Esta obra compara a reforma normativa en ambas as partes adoptando unha perspectiva xurídica e económica para tratar aspectos como os mercados financeiros, os regulamentos sociais e administrativos e a protección ambiental. A primeira parte da obra aborda a reforma bancaria e as normas do mercado de valores. A segunda parte aborda a lei de contratación e o impacto que a política comunitaria de axudas de estado pode ter na China. A terceira parte estuda a necesidade de maior protección ambiental e a súa relación co crecemento. A cuarta e última parte trata a cuestión da análise normativa empírica.

Grasso, Maria, e Christian Lahusen. 2018. Solidarity in Europe: Citizens’ Responses in Times of Crisis. Londres e Nova Iorque: Palgrave Macmillan. (Dispoñible en PDF e ePub en: https://

link.springer.com/book/10.1007%2F978-3-319-73335-7.)

Como se traduce a crise da integración comunitaria en termos de solidariedade, e cales son as reaccións entre as persoas particulares? Que factores e mecanismos contribúen a fortalecer ou erosionar a solidariedade en tempos de crise? Esta obra de acceso aberto aborda o tema das respostas solidarias dos cidadáns europeos en tempos de crise, e tenta responder a todas estas preguntas comparando diferentes estados europeos, nomeadamente da UE.

Smith, Stephen. 2019. a ruée vers l’Europe: a jeune Afrique en route pour le vieux continent.

París: J’ai lu. (Versión en inglés: The Scramble for Europe .Cambridge: Polity, 2019.) A «África nova» —40% da súa poboación ten menos de 15 anos— conta hoxe en día con 1.300 millóns de habitantes e de aquí a trinta anos contará con 2.400, fronte aos 500 millóns dunha UE cada vez máis envellecida. Non crea suficientes empregos para toda a súa poboación nova, a cal, porén, ten cada vez máis medios para partir á procura dunha vida mellor. A súa emigración en masa vai constituír un dos grandes desafíos do século XXI. A presión migratoria polariza o debate: segundo o autor desta obra, o estado do benestar sen fronteiras é unha ilusión ruinosa; a Europa «fortaleza», a tumba dos valores humanistas. Guiado polo pragmatismo, este ensaio de xeografía humana avoga pola necesidade de conxugar intereses e ideais.

Referencias

Documento similar

Castro Pazos, María 34 CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA (Horario de mañá e algunha tarde) SANTIAGO DE COMPOSTELA Castro Real, María 167 UNIDADE DE SAÚDE MENTAL DE

Fad y BBVA, a través de Acción Magistral, (de aquí en adelante la Organización), con el fin de dar visibilidad a iniciativas de innovación social educativa

La organización se reserva el derecho a modificar las presentes bases en cualquier momento, e incluso anular el premio, siempre que concurra causa justificada para ello.. En todo

Se necesita conocer cual es la utilización real de cada fondo, de hecho sería mejor conocer la utilización de cada serie, para poder tomar

La estrategia objeto de esta experiencia se centró en la transversalización de la proyección social, orientado a la articulación con la docencia e investigación para aportar a

O presente Regulamento, ditado en execución do artigo 48 dos Estatutos da USC, relativo aos departamentos da USC, ten por obxecto establecer os atributos organizativos dos

a) Elixir á persoa titular da dirección e, de ser o caso, proceder a súa remoción. b) Aprobar o Regulamento de réxime interno, que deberá ser ratificado polo Consello de

Nesta ocasión celebrouse o día 26 de outubro de 2018 ás 11 ho- ras no Salón Nobre de Fonseca, presidido o acto polo Rei- tor Reitor da USC e coa presenza na mesa presidencial do